Documentos de Académico
Documentos de Profesional
Documentos de Cultura
ALUMN@:
1º bac
ies de melide
teatro grego
curso 2009-10
departamento de grego
○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○
○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○
○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○
Teatro de Dioniso, Atenas
Teatro grego. Páx. 1
As partes do teatro eran:
‐ Orquestra (ὀρχήστρα) onde se movía o coro.
‐ Corredores (πάροδος) por onde saía o coro á orquestra
‐ Escena (σκηνή) onde actuaban os actores.
‐ Proscenio (προσκήνιον) onde se representaban as intervencións dos deuses, e xunto coa escena constituía
un pano de fondo.
Esta é a planta do teatro de Epidauro, un dos
teatros gregos máis grandes e mellor conservados. Nas
súas gradas había cabida para 20.000 espectadores. Ó
igual que os demais teatros, está construído nas
ladeiras dun monte para aproveita‐lo desnivel e
goza dunha espléndida acústica.
Na posta en escena utilizábase un
complicado atrezzo: plataformas móbiles que
levaban ou sacaban obxectos da escena, grúas
para move‐los deuses...
2.2 Estructura da peza teatral
A peza teatral consta das seguintes partes:
‐ Prólogo: ponse ó espectador en situación.
Un ou varios personaxes (que poden
ser deuses) informan do que está a
acontecer.
‐ Párodos: primeira aparición do coro na
orquestra.
‐ Episodios: son os monólogos ou diálogos
entre os actores, e neles
desenvólvese a acción. Nos
episodios prodúcese o
enfrontamento ou agón (ἀγών) entre
os personaxes principais: o
protagonista (πρωτ‐αγωνιστής, lit.
ʺque loita de primeiroʺ) e o
antagonista (ἀντ‐αγωνιστής lit. ʺque loita en contraʺ).
‐ Estásimos: intervencións do coro, nas que se comentaba a acción ocorrida nos episodios. As intervencións
do coro eran partes líricas escritas en verso, ás veces de difícil interpretación. Estas partes eran
cantadas, podendo acompañarse tamén con danza, e dividíanse en estrofas e antístrofas. Os estásimos
alternan cos episodios ata o final da obra.
‐ Éxodo: o final da obra, que consiste no resumo final dos acontecementos.
En toda peza teatral, especialmente na traxedia, soe haber un momento de máxima tensión ou clímax que se
sucede dun anticlímax. No clímax soe producirse a morte tráxica do protagonista ou algún outro personaxe.
A representación da morte era tabú no drama grego, polo que este momento non podía ser posto en escena e
debía ser referido por outro personaxe, normalmente un mensaxeiro.
Un dos recursos para aumentar a tensión dramática é a chamada ironía tráxica, utilizada principalmente por
Sófocles. Prodúcese cando un personaxe é víctima dun discurso de dobre sentido, que coñecen os
espectadores, pero el non.
Nas pezas teatrais había unidade espacial e temporal: a acción desenvolvíase nun escenario único (un so
lugar) e nunha xornada (un so día)
Teatro grego. Páx. 2
3. OS XÉNEROS TEATRAIS
Traxedia Comedia
Temas heroicos ou lendarios (mitolóxicos) ficción
Tratamento solemnidade e maxestosidade desenfadado
Personaxes heroes ou heroínas personaxes populares, animais, deuses ou
heroes ridiculizados...
Na traxedia grega exprésase claramente o
sentimento tráxico da vida: céntrase no dolor
humano.
Todo xira en torno ó heroe tráxico. Nas
traxedias de Sófocles, o heroe é un personaxe que,
a pesares de ser moralmente superior aos demais,
non pode evitar cometer unha falta (ὕβρις) que
altera a orde moral establecida ou aceptada pola
sociedade. O destino ou ἀναγκή (ʺo inevitableʺ),
que está por riba de deuses e humanos,
equilibrará de novo a balanza. O heroe pasa por
unha situación de angustia que é compartida polo
público, espertando nel paixón e compaixón. Ó
final o heroe acepta o destino e a xustiza divina
que o liberan da súa angustia.
A función da traxedia era a de formar o pobo, darlle unha lección de temperanza e
moderación. O público nas representacións liberaba as súas paixóns, producíndose nel unha
liberación ou κάθαρσις (catarse).
A comedia perseguía fins semellantes aos da traxedia: liberar ó home das súas angustias e
opresións. O heroe cómico por medios fantásticos consegue liberar a Atenas dos seus males: a
guerra, os malos gobernantes, as incomodidades, os malos poetas... chegando a un estado de
felicidade.
A diferencia da traxedia, a comedia é moito máis explícita, hai unha ensinanza máis directa,
amósanos unha situación menos distante que na traxedia. É dicir, o espectador atópase máis cerca
do heroe cómico, que vive unha situación cotiá, que do heroe tráxico que vive unha situación
extraordinaria.
4. PRINCIPAIS AUTORES TEATRAIS GREGOS
Tráxicos:
‐ Esquilo (525‐428 a. C.) do que se conservan 7 traxedias.
‐ Sófocles (496‐406 a. C.) 7 traxedias
‐ Eurípides (480‐406 a. C.) 18 traxedias
Cómicos:
‐ Aristófanes (445‐385 a. C.) 11 comedias
‐ Menandro (342‐294 a. C.) 1 comedia e fragmentos.
Teatro grego. Páx. 3
5. EURÍPIDES
A semellanza dos outros dous poetas tráxicos, a súa vida transcorre no s. V a. C.,
pero diferénciase deles en que foi un cidadán ateniense que non participou activamente na
política.
Eurípides mostrouse preocupado polas correntes culturais máis avanzadas e
ideolóxicas máis avanzadas. Mantivo contacto cos pensadores máis relevantes (Anaxágoras,
Protágoras, Sócrates). Sábese que vivía retirado na illa de Salamina e que posuía unha boa
biblioteca, feito excepcional na Atenas desta época.
Obras: Eurípides é o poeta tráxico de quen conservamos máis obras (18); sen
embargo en vida recibiu moitos menos premios teatrais que Sófocles. Os títulos son: Alcestis, Medea, Heraclidas,
Hipólito, Andrómaca, Hécuba, Suplicantes, Electra, Troianas, Heracles, Ifixenia en Táuride, Helena, Ión, Fenicias, Ifixenia en
Áulide, Bacantes, Orestes e Cíclope
Trazos da súa obra:
Eurípides podería ser o representante dunha época en crise porque:
‐ Racionaliza os mitos e os humaniza, concedendo unha maior importancia ás accións humanas. O home non será
un mero executor do destino, é o responsable da súas accións. Os seus heroes tráxicos están máis
próximos ao home común, sofren e cometen erros coma el. Ex: Hécuba culpa a Helena de provocar a
guerra e dubida do famoso episodio do xuízo e de que as deusas “subornasen” a Paris. Menelao séntese
débil e pospón o castigo de Helena.
‐ Trata os temas do seu tempo con lucidez e crueza: problemas matrimoniais, a humillante situación da muller, as
debilidades e paixóns humanas, as relacións sexuais, o enorme poder do amor, o mundo dos escravos...
‐ Cuestiónase o papel da divindade: a xustiza de Zeus, a validez dos oráculos de Apolo... Critica a uns deuses que
actúan levados por vinganzas persoais. Ex: a vinganza de Atenea contra os gregos no comezo da obra ou
o abandono da cidade de Troia por parte dos deuses, permitindo a súa destrucción.
En canto ao seu estilo tamén é innovador:
‐ Resta importancia ao coro, que non comenta a acción da obra, senón que trata temas cotiáns próximos aos
espectadores: a situación da muller, os problemas do matrimonio, as penas dos humanos, os desastres da
guerra, a loanza da natureza... Os coros, aínda que non teñan peso no argumento, son dunha gran beleza
lírica.
‐ Emprega ás veces o “deus ex machina”, é dicir, unha figura divina que aparecía no escenario suspendida dunha
especie de grúa no final dalgunhas obras, aportando unha solución ao conflicto creado.
AS TROIANAS
As Troianas é un lamento de vencidos de guerra, dos vencidos
que sempre levan a peor parte da derrota: as mulleres.
A acción desenvólvese en Troia, despois de que os gregos conseguen
entrar nas murallas, saquean a cidade e matan impiamente ao propio
rei Príamo. As mulleres troianas son capturadas como escravas, e as
nobres agardan a ser sorteadas entre os xefes gregos.
Hécuba, a raíña esposa de Príamo, asume o protagonismo por
ser a máis nobre, a máis anciá e a que acumula máis sufrimentos que agora se ve sometida á humillación da
escravitude. A dor das mulleres irá aumentado progresivamente: primeiro coñecen o nome do seu novo amo, que
sempre será o máis odioso para cada unha delas. Andrómaca aparece en escena para compartir as súas desgracias
con Hécuba nun agón, e comunica a esta a morte da súa filla Polixena. Despois enfróntanse á suposta culpable da
guerra, Helena, e ven como sae impune das mans de Menelao. O clímax, ou momento de máxima tensión, chega
cando se anuncia a morte do pequeno Astianacte, fillo de Andrómaca e Héctor e posible herdeiro do trono troiano.
Pero aínda queda unha última desgracia para as mulleres cando están a piques de embarcar rumbo a Grecia:
presenciar a destrucción da súa propia cidade.
As Troianas son unha dura condena das guerras de conquista, un berro desgarrado de “¡NON Á
GUERRA!”. En palabras do propio Eurípides, postas na boca de Casandra, prisioneira filla de Príamo: “É preciso,
pois, que fuxa da guerra todo aquel que sexa sensato”.
Teatro grego. Páx. 4
6. CUESTIÓNS SOBRE AS TROIANAS DE EURÍPIDES
(Cuestións posibles para desenvolver no comentario de texto)
1. Guerra de Troia: resume en poucas liñas as causas, as partes belixerantes e o final da guerra.
2. Investiga nun dicionario de mitoloxía sobre os seguintes personaxes: Hécuba (ou Hécabe), Príamo, Héctor,
Andrómaca, Casandra e Helena. Indica os trazos principais da súa historia: de onde procedían, con
quen casaron, que fillos tiveron, cal foi o seu final...
3. Investiga que deuses/as apoiaron a cada bando na guerra de Troia e por que. ¿Cal é agora a actitude destes
deuses na traxedia? ¿A que se debe esta actitude?
4. Describe o personaxe de Hécuba ¿Por que cres que Eurípides a elixiu como protagonista?
5. Casandra, no seu parlamento (páx. 40), demostra que a cidade de Troia “é máis feliz ca dos gregos” ¿Que
argumentos expón? ¿Que diferenzas hai entre vencedores e vencidos?
6. Casandra profetiza o final de varios personaxes. Investiga como ocorreron:
‐ A destrución da casa de Atreo. ¿A quen se refire?
‐ O final de Hécuba
‐ A viaxe de Odiseo: Caribdis, Cíclope, os comedores de loto, as vacas sagradas do sol, a viaxe ao
Hades.
‐ A súa propia morte.
7. Explica a frase de Hécuba (páx. 46) “Non consideredes feliz a ningún dos mortais antes de que morra”.
Ten en conta as propias circunstancias de Hécuba.
8. A entrada de Andrómaca en escena produce novas dores a Hécuba ¿que mala nova lle comunica?
9. No parlamento de Andrómaca (páx. 52), expóñense as virtudes dunha esposa modelo. ¿Cales son?
10. ¿Porque Andrómaca se considera tan desgraciada?
11. As desgrazas van aumentando para Hécuba e as troianas ¿Cal é o momento e maior tensión ou clímax?
12. Aparece Helena en escena ¿como se defende das acusacións de todos?
13. Eurípides cuestiónase as actuacións dos deuses, polo que na súa época era considerado coma un impío. Pon
exemplos baseándote na contestación que lle da Hécuba a Helena.
14. Eurípides trata os mitos dende un punto de
vista máis humano, responsabilizando aos
homes dos seus actos ¿En que é culpable
Helena, segundo Hécuba?
15. Menelao propón que Helena sexa lapidada por
adulterio, aínda que apraza a súa decisión.
¿Parécete xusta esta medida? ¿Hoxe en día
séguese tomando algunha medida semellante
a esta? Explícao.
16. ¿Cal é última desgraza que han de afrontar as mulleres? ¿Cal é a opinión de Hécuba dos deuses ante esta
nova desgraza?
17. ¿Cal é a imaxe de Odiseo (Ulises) nesta traxedia? Compárao co que nos describe Homero na Ilíada.
18. Nesta traxedia faise unha dura condena da guerra. A guerra é mala para os vencedores e vencidos.
Explica clases foron as consecuencias da guerra para os gregos e os troianos.
19. Tenta maxinar unha traxedia como As Troianas ambientada no momento actual. Describe cal sería o
escenario, quen sería a/o protagonista, quen serían os gregos e quen os troianos, que personaxes
intervirían e, se houbese coro, por quen estaría formado.
20. Explica en poucas liñas o argumento da obra.
BIBLIOGRAFÍA
‐ http://aspasiamelide.blogspot.com (entrar en ciclo troiano: Guerra de Troia e Odisea)
‐ Diccionario de mitología griega y romana. P. Grimal. Ed. Paidós (signatura 292 na biblioteca)
‐ Diccionarios de mitoloxía (signatura 292 na biblioteca)
‐ Diccionario de la Literatura Clásica. Hotwatson, Alianza Editorial. (En “Diccionarios” 03, na biblioteca)
‐ La ilíada y la Odisea. Marcia Williams (signatura 292 na biblioteca)
Teatro grego. Páx. 5
7. ARISTÓFANES
Ateniense e posiblemente procedente dunha familia de autores cómicos,
Aristófanes vive un dos acontecementos de maior importancia e repercusión na
historia de Grecia: a Guerra do Peloponeso.
Na súa obra estará sempre presente a situación política do momento: non
só a presión externa que exercen os espartanos sobre Atenas, senón tamén as
tensións internas que provocan a guerra en Atenas e que desembocan nos intentos
antidemocráticos para impoñer gobernos oligárquicos e proespartanos. Por tratar os
problemas da πόλις esta comedia denomínase comedia política.
Obras: Acarnienses, Cabaleiros, Nubes, Avespas e Paz (1ª etapa: a busca da paz.
Comedias autenticamente políticas). Aves, Lisístrata, Tesmoforias, Ras, A Asemblea de
Mulleres e Pluto. (2ª etapa: busca a evasión e propón situacións e solucións utópicas)
Trazos da súa obra
‐ A linguaxe de Aristófanes é a lingua viva do pobo: directa, pero moi rica e imaxinativa. Recorre
constantemente ós xogos de palabras, ó equívoco e ó dobre sentido. Gústalle parodiar a traxedia,
utilizando o ton tráxico para asuntos cómicos, e sorprender o espectador con frases finais non
esperadas.
‐ Nas Asembleístas recorre a tópicos como a loita de sexos, o mundo do revés, as mulleres facendo de homes e
viceversa, e temas escatolóxicos. Son frecuentes as escenas típicas onde se poñen de manifesto os
defectos de ambos sexos: homes inútiles e miñaxoias, mulleres borrachas e obsesionadas polo
sexo...etc.
‐ O seu humor basease na parodia, na sátira e ataque contra os novos movementos intelectuais (os sofistas) e
os homes destacados no campo da política e da cultura (Cleón, Pericles, Eurípides...). As súas
comedias son unha importante fonte para coñecer o ambiente ateniense do s. V. a. C.
‐ Critica a tódalas clases sociais, pero escolle como protagonistas da súas obras ós personaxes do pobo chan
que queren vivir tranquilos e sen guerras.
AS ASEMBLEÍSTAS
As Asembleístas (ou A Asemblea de Mulleres)
estreáse no ano 392 a. C, momento no que a
desastrosa situación política de Atenas (ver páx. 2
) infunde o desánimo no pobo ateniense e fai que
os cidadáns non teñan interese en participar na
vida política. Este desinterese chega ata tal punto,
que as autoridades establecen un soldo para
fomentar que os cidadáns asistan a asemblea. A
asemblea ou ekklesía, integrada por todos os
cidadáns de Atenas, era o máximo órgano de
goberno na democracia ateniense; decidía sobre a
paz, a guerra, asuntos económicos...
Nesta comedia plantéxase unha solución para salvar á cidade e Aristófanes recorre de novo á utopía:
entregar ó poder ás mulleres, xa que esta é a única novidade que faltaba por experimentar na política
ateniense. As mulleres, vestidas coas roupas dos seus maridos, cólanse na asemblea e conseguen levar a cabo
o seu plan: depositar o poder nas mans das mulleres que instauran un réxime de comunismo total de bens e
persoas. A artífice do plan é Praxágora, a protagonista da obra cun nome parlante que xa informa ó
espectador sobre as súas capacidades: Πραξάγορα é ”a que actúa na ágora 1 ”.
1 A ágora era a praza pública das cidades gregas, en torno a cal desenvolvíase a vida política, social e económica.
Teatro grego. Páx. 6
8. CUESTIÓNS SOBRE AS ASEMBLEÍSTAS DE ARISTÓFANES
(Cuestións posibles para desenvolver no comentario de texto)
1. ¿Por que as mulleres teñen que saír ás agachadas das súas casas? ¿que liberdades tiñan as mulleres na
antiga grecia?
2. Consulta cales eran as funcións da asemblea
(ἐκκλησία) na antiga Atenas, quen podía asisitir e
que asuntos se trataban.
3. Discurso de Praxágora a partir da páx. 40.
‐ Que de defectos achaca aos homes
atenienses?
‐ A que se refire cando di “o que recibe a
paga...” ¿que paga era esa?. Volve
mencionalo cando di “cobrades os vosos
salarios do erario público”. Asemblea (ἐκκλησία) na Antiga Atenas: 1. Acrópole. 2.
‐ Que tarefas eran habituais nas mulleres? Orador. 3. Gardián da orde. 4. Altar de Zeus. 5. Clepsidra. 6.
‐ Que tópicos sobre o comportamento das Escribas. 7. Cidadáns.
mulleres se mencionan?
4. A partir da páx.57 temos un agón entre Práxagora, Blépiro e Cremes:
‐ Describe os trazos de Blépiro
‐ A que se refire Blépiro cando lle di a súa muller: “Non me quites o meu sustento”. ¿como se
chamaban os delatores profesionais na antiga Grecia? Explica a posible etimoloxía desta palabra.
‐ Explica o plan de Praxágora.
5. Explica como usa Aristófanes a utopía nas Asembleístas. Ten en conta a situación real da muller en Atenas e
explica si a acción das Asembleístas resultaba posible na sociedade de aquel momento.
6. Busca trazos do humor de Aristófanes presentes na obra: o uso dos tópicos, escenas típicas...
7. Explica que é un nome parlante, cales hai na obra e cal é a súa etimoloxía. Busca no diccionario de grego a
palabra ἐκκλησία e cita algún helenismo derivado e explícao
8. Busca exemplos da linguaxe viva do pobo: xogos de palabras e dobres sentidos (case sempre en clave
erótica), metáforas fora de contexto (Ex: o home co que vivo, como é de Salamina, deume a noite enteira co
remo entre as sabas...)
9. Buscar exemplos de humor sutil e humor máis fácil: humor de tortas e bastonadas, humor escatolóxico.
10. ¿Cal é a situación de Atenas, dende o punto de vista histórico? Poderías explicar a partir de aquí por que
as mulleres deciden actuar?
BIBLIOGRAFÍA
‐ Introducción
‐ http://aspasiamelide.blogspot.com (entrar en Historia)
‐ wikipedia: http://es.wikipedia.org/wiki/La_mujer_en_la_Antigua_Grecia#Estatus
‐ Páxina do IES Azahar de Sevilla: http://sites.google.com/site/lavidacotidianadelamujer/Home/la‐mujer‐en‐
atenas
‐ http://gl.wikipedia.org/wiki/S%C3%A9culo_de_Pericles#A_Asemblea_do_pobo
‐ Diccionario griego‐ español. J. M. Pabón, Vox. (En “Diccionarios” 03, na biblioteca)
‐ Historia de la literatura griega. López Férez, J. A. (Ed.), ed. Cátedra (En lit. grega 875, na biblioteca)
Teatro grego. Páx. 7
APUNTAMENTOS
AsAsembleístas e comedias de Aristófanes en cómic
(en grego moderno)
Viñeta e Aristófanes:
- Están mudos os beizos dos impíos, alcalde
- ¡Milagre, Milagre!
○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○
○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○
○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○