Moitas mans pequenas fan cousas moi grandes

Os/as participantes neste proxecto somos en realidade todos/as os que conformamos o
centro, xa que dende diferentes ámbitos contribuímos a que o mesmo se leve a cabo.
Aínda así o motor deste proxecto son os compoñentes do Comité Ambiental que neste
curso somos:
Profesores/as:
Yolanda Guerrero Mariño
Manuela Álvarez Lana
Rosa Varela Gómez
Mª Encarnación Moldes Cobelas
Carolina González Lago
Mª Nieves Alejandre Lorenzo
Pilar Santás Rodríguez
Patricia López López
Ana María Álvarez Silva
Mª Elena López Rodríguez
Aurea Ochoa Ochoa
Alumnos/as:
Xiana Rodríguez Rodríguez 6ºA
Lorena Calvo Cano 6ºA
Manuel Fernández González 6ºB
Alex Corzo Vega 6ºB
Marcos Sánchez Real 5ºA
Pedro Andrés Rodríguez 5ºA
Rafaela Almeida Gómes 5ºB
Uxía Rodríguez Méndez 5ºB
María Ruíz Ramos 4ºA
Naira Macía González 4ºA
Valeria González González 4ºB
Lina Castro Alonso 4ºB
Saúl García Sierra 3ºA
Iker Jairo Duraes Sotelo 3ºA
Naír Garrido Rodríguez 3ºA
Izan Rodríguez Fidalgo 3ºB
Iago González González 3ºB
Representantes da ANPA
Toñi Rodríguez Docampo
Verónica Reigada Justo
Coidadora
Mª Emilia Pérez Teijeiro
Cociñeira
Pilar Prada García

Moitas mans pequenas fan cousas moi grandes

XUSTIFICACIÓN
Non cambies o clima, cambia ti.
Hai anos que dende o noso colexio xa temos moi clara a importancia deste lema. É por
iso que vimos traballando na concienciación da nosa Comunidade Educativa co
convencemento de que se empezamos por cambiar as nosas posturas en relación ao
coidado e conservación da contorna máis próxima, chegaremos a un maior número de
persoas e polo tanto, a que esa contorna se transforme noutra moito máis ampla.
Resulta difícil que vexamos o cambio climático como algo moi achegado a nós e custa
comprender a magnitude do problema. Só, se pensamos no planeta cunha perspectiva de
futuro, seremos quen de acadar solucións que a longo prazo sexan eficaces.
No centro, temos unha morea de actividades encamiñadas todas elas á concienciación,
mellora e conservación do noso medio máis próximo e dende aquí formándonos e
formando á xente nova, pretendemos ir achegando ao presente, problemas que xa están
aquí, aínda que non queiramos velos.
Como dixo Confucio: “ A máis longa andaina comeza sempre por un paso” e iso
pretendemos, dar pequenos pasos para que cambiando nós, o clima non cambie”.
OBXECTIVOS
-Recoñecer a importancia que os pequenos cambios supoñen en relación ao problema do
Cambio Climático.
-Favorecer o interese polo medio ambiente, así como a participación activa na súa
conservación e mellora.
-Participar activamente na conservación da natureza a través de actividades de redución,
reutilización, reciclaxe e non contaminación dos recursos básicos (auga, papel, enerxía ...)
-Motivar os alumnos/as no respecto á contorna.
-Mellorar no desenvolvemento das Competencias Clave de Coñecemento do Medio, e
Autonomía e Iniciativa persoal.
-Provocar nos alumnos/as tarefas de reflexión e debate.
-Favorecer o desenvolvemento de habilidades sociais e cidadáns.

METODOLOXÍA
Para levar a cabo o noso traballo, no centro, estamos organizados en torno a existencia
do proxecto da AX21.
Dunha banda e como eixo principal, contamos cun Comité Ambiental no que está
representada toda a Comunidade Educativa e do que saen todas as propostas de traballo
que logo retornarán nun proceso continuo de feedback. Este órgano reúnese como
mínimo unha vez en cada trimestre e conta con alumnos, profesores, nais e persoal
laboral.
Os alumnos/as que forman parte do mesmo, son elixidos de forma democrática en cada
unha das súas aulas correspondentes polo resto dos seus compañeiros. Comezan no 3º
curso e hai sempre un titular e un suplente.

Moitas mans pequenas fan cousas moi grandes

Aproveitan as horas dos recreos para poñer en común as distintas iniciativas (sempre coa
supervisión dalgún profesor)
Os profesores/as forman tamén un grupo que se reúne os luns a mediodía para debater
a forma de organizar e xestionar as distintas actividades e facer constancia delas nos
diferentes documentos do centro: (PEC, PXA..) Así como a participación en diferentes
programas de interese divulgativo ( PLAN PROXECTA, Premio de Galicia curso 20122013, accésit 2013-2014 REDEIRAS..) e nalgún concurso ou actividade relacionada co
tema ( ECOPREGUNTOIRO, VISITA A SOGAMA, V TELEVISÓN..)
Os pais/nais e persoal non docente do centro están sempre ao corrente das distintas
actividades aproveitando as horas de comedor, recreos etc para manter unha
comunicación o máis fluída posible.
En todo momento procuramos que os principios de actividade, funcionalidade, motivación
e interese marquen o ritmo e que teñan sempre un carácter lúdico para que os máis
pequenos se acheguen con máis ganas.
É preciso partir sempre da importancia do propio descubrimento, sen esquecer a
necesidade dunha guía, e partir, como en calquera tipo de investigación, da detección de
problemas aos que pretendemos buscar solucións.
A metodoloxía que levamos a cabo nestas actividades é moi activa e contextualizada
porque facilita a participación e implicación do alumnado e a adquisición e uso dos seus
coñecementos en situacións reais que son as que xeran aprendizaxes máis flexibles e
duradeiros.
Como especifica a nova lei ( Orde ECD/65/2015 de 21 de xaneiro) as metodoloxías
activas deben apoiarse en estruturas de aprendizaxe cooperativo para que a través da
resolución conxunta das tarefas os membros do grupo coñezan as estratexias utilizadas
polos seus compañeiros e podan aplicalas en situacións semellantes.
Así mesmo cabe destacar a importancia que as distintas tarefas teñen no desenrolo dos
diferentes tipos de pensamento:
Traballamos con emocións, sentimentos...Pensamento reflexivo.
Operamos con datos, feitos..Pensamento analítico.
Damos argumentos e razoamos. Pensamento lóxico.
Facemos preguntas, supostos.. Pensamento crítico.
Operamos con ideas, buscamos outras novas..Pensamento creativo.

ACTIVIDADES
As actividades que levamos a cabo, poderiamos enmarcalas nun proceso que constaría
dos seguintes pasos:
1º Reflexionamos
2ºOrganizámonos
3º Actuamos
4º Avaliámonos

1º Reflexionamos
Como xa dixemos antes, dende que comezamos infantil no noso colexio estamos a
traballar para coidar do Planeta Terra.
Parece incrible que sendo tan pequenos sexamos capaces de comprender o necesaria
que é a nosa axuda.
Ao principio pensamos que dende o noso pobo non podemos facer nada contra as

Moitas mans pequenas fan cousas moi grandes

xigantes chemineas das fábricas sempre a botar fume, contra a deforestación, a
contaminación das augas do Planeta ou o consumo de recursos non renovables.
Que podemos facer, ir cun tapón xigante ás fábricas para que non saia fume?
Meternos no medio do océano cun coador para sacar todo o lixo que é vertido nas augas?
Atarnos as árbores para que non as corten?
Pero entón escoitas aquilo de “se collemos o material escolar sen envoltorios innecesarios
podemos aforrarlle recursos á natureza” “ Se collemos envases grandes no comedor
aforrámoslle lixo ao Planeta”.
”Se aforramos utilizando os papeis polas
dúas caras, empregando máis os cadernos
e menos as fotocopias, salvamos árbores” e
o vemos porque asinamos un compromiso e
levamos un rexistro no mural do corredor
onde plantamos cada árbore que non se
corta grazas a nós.
Tamén o notamos cando coidamos de que
non queden as portas abertas no inverno,
impedindo que salga a calor da calefacción
ou deixando as luces apagadas cando están
as aulas valeiras, e así di o director que
aforramos cartos no gasóleo e nos recibos
da luz.
Hai cousas onde non sabemos se estamos a facer algo
polo coidado da Terra, cando non botamos lixo ao
retrete, cando salvamos unha castaña do magosto para
sementala no outono e que se converta nunha árbore,
cando coidamos os xardíns para que as plantas renoven
o osíxeno do ar, cando reempregamos todo o material
de refugallo como podemos para plástica, para
reconvertelos en macetas, cando seleccionamos o lixo
para que podan reciclalo, cando aprendemos nos
documentais do “Ecocine”. Non o notamos porque non
temos termómetro que mida todo o que intentamos
devolverlle á natureza, pero sentímonos ben así,
sentímonos importantes cando no Comité Ambiental
somos escoitados, mesmo por adultos que non son
mestres, as nais doutros, as cociñeiras, o do concello, e
sentímonos mal se non o facemos.
Seguiremos coidando das nosas cousas para coidar das dos demais

2º Organizámonos
No Comité Ambiental.
Este é o órgano de representación
a través do que se canalizan todas
as actividades que levamos a
cabo no centro en relación ao
coidado e conservación do medio
ambiente.
Reunímonos tres veces ao ano,

Moitas mans pequenas fan cousas moi grandes

unha por trimestre, para poñer en común as propostas, melloras e novidades que van
xurdindo.
No Comité esta representada toda a nosa Comunidade Educativa, nais, alumnos e
alumnas,( dende 3º a 6º) cociñeira, coidadora, profesores e nalgunha ocasión
representante do Concello.
As reunións son fora do horario escolar para contar con suficiente tempo e poder acudir
todos e todas as compoñentes. Aí levamos as diferentes propostas de cada sector
representado, que anteriormente foron recollidas por cada un de nós, e tomamos
decisións sobre as novas actuacións que pretendemos levar a cabo ao longo do trimestre.
Deste xeito os alumnos/as e demais representantes do Comité facemos de enlace entre
este, e as diferentes clases, e encargámonos de transmitir aos nosos compañeiros/as
todo aquilo do que falamos.
Nas Inspeccións Ambientais
Ao longo do curso e por parellas, os alumnos/as do Comité inspeccionamos as distintas
dependencias do centro, provistos dunha folla de cotexo na que imos anotando aspectos
da aula como:

A existencia dun recuncho para a AX21.

A existencia dun tempo semanal dedicado a falar de temas medio-ambientais.

O feito de ter un lugar para o papel reutilizado.

A recollida selectiva dentro da aula.

Os aspectos relacionados co aforro enerxético ( luz, calefacción..)

A revisión do estado das luces e as persianas por parte dos encargados de clase.
Cara finais do curso, normalmente aproveitando a Semana das Letras Galegas, damos
un premio a clase máis ecolóxica.

Nas patrullas verdes
Traballamos ao longo de todo o curso, facendo unha labor de información e vixilancia no

Moitas mans pequenas fan cousas moi grandes

patio, para intentar manter este o máis limpo posible, non estragar o material común e
mellorar a reciclaxe selectiva nos colectores do patio.
Temos colectores de distintas cores e puxémoslles bolsas a todos para mellorar a
selección do lixo. Tamén fixemos uns carteis que plastificamos e colocamos enriba das
tapas para axudar aos nenos nos distintos elementos que hai que botar en cada un deles.
Todos os recreos saímos tres parellas de nenos repartidos nas tres zonas do patio (patio
central, zona cuberta e do pavillón ) e deixamos constancia dos puntos positivos
correspondentes aos nenos/as que reciclan axeitadamente nun caderno que levamos a tal
efecto.
-Os patrulleiros/as baixamos cinco minutos antes e colocámonos preto dos colectores
para así poder axudar aos que aínda teñen dúbidas.
-Levamos uns puntos verdes a modo de adhesivos que colocamos ós nenos e nenas que
fan recollida selectiva no patio.
Ao final do curso facemos un reconto para escoller: a aula que mellor coida o patio, a aula
máis ecolóxica , os nenos/as que mellor coidan o patio e os máis colaboradores coa AX21.
Cabe destacar que nesta actividade participan con máis motivación e ganas os nenos
máis pequenos e os de recente incorporación ao centro.

3º.Actuamos
Reducindo e reutilizando aforramos enerxía, papel, envases...
ENERXÍA
A introdución dunha actividade nova “Os inspectores ambientais” contribuíu en gran
medida a aumentar esta labor de aforro
enerxético.
As actividades víñanse desenvolvendo
dende hai anos no centro, pero esta
figura
aumentou,
si
cabe,
a
concienciación dos membros do centro
ao vernos aos alumnos preocupados
pola necesidade de levalas a cabo.
Os inspectores, somos nenos do Comité
Ambiental que percorremos as distintas
aulas e imos comprobando diferentes
aspectos das mesmas coma:

Moitas mans pequenas fan cousas moi grandes

A baixada no recibo do gasóleo grazas á figura do/a encargado/a da clase que se ten que
asegurar, especialmente no inverno, de que as portas principais de entrada ao centro
queden pechadas, unha vez que todos/as teñamos entrado, e tamén as das aulas nos
cambios de clase. Polo que sempre entrará e sairá en último lugar.
Tamén vixía que as luces queden apagadas ao saír das clases para ir ao recreo, á hora
de comer e á saída do colexio.
Así mesmo, controla que estas estean acesas só cando é preciso e que sempre que sexa
posible usemos con prioridade a luz solar.
Neste último punto contribúe a importancia do bo estado que as persianas e as luces
teñen no aforro de enerxía. Por iso, o encargado, avísanos das avarías puntuais.
Esta responsabilidade é rotatoria e todos/as os/as alumnos/as a asumimos de xeito
cíclico, así participamos todos/as.
Son, en resumo os encargados/as das aulas os que deben estar atentos nas saídas a que
todo quede en perfectas condicións.

PAPEL
O recuncho de reemprego do papel tamén reviste unha gran importancia porque
diminuímos o volume de papel para reciclar e concienciamos aos nosos compañeiros da
importancia de reducir e reempregar. Isto é o que facemos para conseguilo:
- Vixiamos que os profesores fagan un uso axeitado das impresoras e nos dean
fotocopias polas dúas caras.
- Priorizamos o uso das libretas.
- Os profesores póñense de acordo cos seus compañeiros á hora de facer as
fotocopias.
- Unha das actividades estrela é a elaboración de papel reciclado utilizando os
restos que se desbotan nas aulas.

As actividades plásticas constitúen o noso
mellor camiño para reempregar produtos en
xeral de refugallo:

Os adornos de Nadal feitos a partires de
botes de iogur, cartóns de leite, iogures
bebibles, cds usados...

Moitas mans pequenas fan cousas moi grandes



Os bonecos de compadres e comadres empregando xornais, teas, las...
Na confección dos mesmos disfraces de Entroido.
Uso de envases como recipientes para os distintos materiais de plástica.

Coa reciclaxe selectiva aforramos toneladas de lixo

A recollida selectiva mellorou moito no patio. Aínda que debe mellorar, os nenos e
nenas xa comezan a botar o lixo no colector correspondente.
En xeral, de todo o centro, incluída a cociña, enchemos como mínimo, nunha semana,
tres colectores amarelos, dos azuis e cinco orgánicos e aínda así a reciclaxe non é todo o
boa que sería desexable porque en moitas ocasións xa non temos onde baleirar os
residuos, xa que a recollida do Concello non é todo o habitual que sería necesaria para o
volume de residuos do centro.
Conseguimos que todas as aulas temos un colector de cada tipo ( papel, plástico e
orgánico).
Contamos coa inestimable axuda dalgúns nenos/as de atención educativa que pasan
polas clases baleirando os colectores e senón os encargados de aula fan a recollida .

Tamén facemos unha limpeza do patio todos os luns. Cada aula os días que lle
toca ten na súa porta o símbolo que marca o noso relevo. Provistos de luvas e por niveis,
saímos ao patio despois do recreo da mañá e facemos unha batida de recollida do lixo.
Facémolo os luns porque é o día que máis lixo hai no chan xa que a fin de semana entran
moitos rapaces maiores e o deixan en malas condicións.

Contamos tamén coa existencia dun COMPOSTEIRO aportado polo Concello que
temos instalado no horto ecolóxico. Xa hai anos que levamos adiante a reciclaxe orgánica,
aproveitando os restos do comedor que sexan axeitados ( pel de plátano, carozo de mazá
e pera, restos das limpezas dos hortos, céspede do xardín, follas da árbores...) pero este
ano, a maiores, levamos a cabo unha actividade na que os propios alumnos aportan os
residuos orgánicos das súas casas. Para elo cada un conta cun caldeiro ( aportado polo
Concello) que se encarga de levar a encher e traer para posteriormente baleirar. Trátase
dunha actividade de carácter voluntario na que se implican as familias.
O compós conseguido o utilizamos nos nosos hortos e desta forma podemos comprobar
moi ben como se pecha o círculo, co aproveitamento dos residuos e, á vez, se minimiza o
efecto que, pola queima de residuos non reciclados, afecta a contaminación atmosférica.

Moitas mans pequenas fan cousas moi grandes

A mellor contribución ao cambio de actitudes: Os Hortos
Temos dous hortos, un ecolóxico no que plantamos leitugas, acelgas, nabizas, tomates,
pementos, cebolas, fresas...que consumimos nalgunha ocasión no comedor e outro
aromático con plantas como lavanda, romeu, salvia, menta...
Os nenos e nenas xunto coa profesora encargada dos mesmos plantan, regan, quitan as
malas herbas e coidan en definitiva estes hortos.
Preto das distintas plantas, tanto nun coma noutro están colocados uns carteis co nome
das mesmas para axudar ao seu mellor recoñecemento.
O horto aromático foi reestruturado de novo no curso pasado e as plantas foron aportadas
polos mesmos nenos/as xa fosen para sementar ou plantar de forma directa.
Este é xa o terceiro ano que plantamos en macetas que temos colocadas nas ventás das
distintas aulas, xeranios, peonias, calas... que melloran o aspecto estético das mesmas e
matizan a luz na estación da primavera.

4º Avaliamos
Este é un exemplo do cuestionario de avaliación que colgamos o ano pasado na páxina
do colexio para que todos/as deramos a nosa opinión, e de feito, serviu como punto de
partida para este curso.

Coñeces as actividades que leva a cabo a axenda 21 no colexio?
• si
• non
Cres que estas actividades están ben difundidas e explicadas?
• si
• non
Participas nalgunha actividade da Axenda 21?
• si
• non

Moitas mans pequenas fan cousas moi grandes

Cal das actividades che gusta máis?
• Hortos
• Patrullas
• Inspectores ambientais
• Aforro enerxético
• Diminución do ruído
• Ecocine
• Reciclaxe selectiva
Cal delas quitarías?
• Hortos
• Patrullas
• Inspectores ambientais
• Aforro enerxético
• Diminución do ruído
• Ecocine
• Reciclaxe selectiva
• Ningunha (todas me parecen boas)
Valora de 1 a 10 a importancia de contar cun horto ecolóxico
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10
Nada

Moito

Valora de 1 a 10 a importancia de contar cun horto aromático
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10
Nada

Moito

Cres que dende que limpamos o patio os luns mellorou o seu aspecto?
• si
• non
A presencia de nen@s preto dos colectores serve de algo á hora de separar ben os residuos?
• si
• non
Sinala de 1 a 10 o nivel de ruído do comedor ao comezar o curso
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10
Pouco ruído

Moito ruído

Sinala de 1 a 10 o nivel de ruído do comedor ao rematar o curso
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10
Pouco ruído

Moito ruído

@s responsables do comité ambiental na clase actúan con responsabilidade?
• si
• non

Moitas mans pequenas fan cousas moi grandes

Cres que a merenda da hora do recreo é saudable

En cal destes apartados cres que aforramos máis este curso?

Estas de acordo en participar en todas as actividades de recollida que temos no centro?
Pilas, tapóns, tóners
• si
• non
Valora de 1 a 10 a proposta do eco-cine
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10
Nada

Moito

Están máis claras as quendas este ano que o anterior?
Entendedes mellor o novo formato?
• si
• non
Ao remate deste curso, faremos unha avaliación da actividade de compostaxe, pero xa
podemos adiantar que a resposta por parte das familias é moi positiva tanto no volume de
participación coma na selección axeitada dos residuos aportados.

CONCLUSIÓNS
Continuar coa labor emprendida, avaliar os resultados para ver que podemos mellorar,
dialogar en busca de novos camiños sen esquecer os obxectivos programados, e por
enriba de todo, que aínda que todos participamos, sexamos os nenos/as os protagonistas
principais deste proceso. Porque nós estaremos aquí no futuro vendo os resultados.
Ese sería o mellor dos logros!
Pode ser que o que levamos a cabo no centro non o saiba un gran número de persoas.
Tamén é certo que é importante dar a coñecer os nosos traballos, pero o máis importante
e o que verdadeiramente nos quedará ao facernos adultos, serán as marcas que van
deixando en cada un de nós para que, cambiando un pouco as cousas de cada día
cambiemos a realidade de mañá e loitemos por un mundo mellor.