Está en la página 1de 29

*Imaxes empregadas únicamente con fins

educativos

“A CAIXA DO CORREO”
Dende o Equipo de Normalización do CEIP CONDESA
DE FENOSA (O Barco de Valdeorras”-Ourense), queremos
presentarvos unha das novas proposta para este curso, que
deu comezo recentemente.
Trátase da actividade “A caixa do correo”. Na súa
andadura inicial, vai ter como destinatarios o alumnado de
3º e 4º curso de Educación Primaria. Máis coa posibilidade
de que a poidan disfrutar as etapas, niveis e grupos que así
o desexen, unha vez que esté asentada a actividade. Son os
obxectivos básicos desta actividade os seguintes:
 Favorecer o emprego da lingua galega como vehículo
de expresión e comunicación escrita.
 Mellorar a comprensión oral e escrita dun tipo de
texto: a carta.

 Favorecer a integración de todo o alumnado nunha
actividade de centro na que ninguén deberá quedar
discriminado.
Para por en marcha esta actividade tivemos que
pasar por unha fase previa de preparativos. Durante estas
últimas semanas estivemos a fabricar e pintar unha caixa
de correos de gran tamaño que colocaremos nunha das
entradas do centro.
ELABORACIÓN DA CAIXA DO CORREO

*Elaboración da caixa do correo: deseño
en madeira nas medidas 30x30x120cm ,
con boca para meter as cartas e porta
superior avisagrada con pechadura para
recoller o saco coas cartas. Pintado en
esmalte amarelo.

*Resultado do rotulado sobre a caixa do correo.
Letras e icono dun sobre en marquetería pintadas
en esmalte azul.

* Caixa do correo na súa ubicación definitiva, nunha das entradas do centro.

Tamén fabricamos o vestiario da figura do carteiro
(neste caso carteira). Unha gorra de carteira en “goma eva”
e máis unha compañeira conseguiu un pano orixinal de
carteira.

VESTIARIO DO CARTEIRO/A

*En “goma eva” deseñamos e realizamos
unha gorra de carteiro en azul co logotipo
dun sobre na parte dianteira.

*Conseguimos emprestado un pano orixinal dunha
carteira do servizo de correos da nosa localidade.

* Os dous complementos servirán para representar ao noso/a carteiro/a particular.

Amais diso, realizamos un modelo de sobre-carta
que nos permite escribir por unha cara o texto e pola outra
o remitente e destinatario. Impreso sobre un folio polas
dúas caras, recortando o seu contorno, dobrando as
lapelas e pegando cun gomet, conseguimos un sobre
totalmente pechado. Todo este proceso de preparación da
actividade, así como o resultado dos nosos esforzos podédelo
ver nas seguintes imaxes.
MODELO DE SOBRE-CARTA

*Deseñamos un modelo de sobre que impreso
sobre un folio DIN-A4 ten na súa face o espazo
para escribir a dirección do destinatario, a do
remitente e máis o logo do colexio a modo de
selo.

*No dorso do folio aparece o espazo para escribir a
carta.

Os titores dos grupos de A (3ºB e 4ºA) comezaron a
actividade asignando un compañeiro do grupo contrario
como destinatario. Ninguén debería quedar sen remitente,
así que ao comezo desta actividade os nenos/as non
poderán escoller destinatario para favorecer a integración
de todos con todos.
Dende o luns 2, ata o venres 6 de marzo, os
nenos/as escribiron as cartas nos seus cadernos a modo de
borrador onde recibiron as oportunas revisións dos
titores/as para que cumplan coas normas básicas de
formato, presentación e emprego axeitado da lingua.
Escribiron despois as súas cartas no modelo de carta-sobre
deseñado e fotocopiado, que logo recortaron e dobraron,
selándoo cun “gomet”, para facilitar a súa posterior
apertura.
ESCRITURA DA CARTA

*Un dos nenos de 3º, rematando de escribir a súa carta.

O venres 6, baixaron xunto cos seus titores e
fixeron o acto de depositar as súas cartas no buzón. Foi un
momento emocionante que reflicten as seguintes imaxes.
ENVÍO DA CARTA-NENOS E NENAS DE 3ºB

*Nenos, nenas, mestre titora e mestra de apoio preparados para introducir a súa carta na “Caixa do
correo” do cole.

*Por parellas, todos os nenos e nenas depositaron a súa carta na caixa do correo. Basta con mirar as
súas caras para darse conta do momento tan especial que viviron.

ENVÍO DA CARTA-NENOS E NENAS DE 4ºA

*Foto de grupo dos nenos, nenas e máis a titora de 4ºA, antes de meter as súas cartas na caixa do
correo.

*Podemos ver nas súas caras como disfrutaron deste momento.

Como figura do carteiro (neste caso carteira)
contamos coa colaboración de Natacha a nosa orientadora,
que todos os luns na primera ou segunda hora da mañá
fará o reparto das cartas, aula por aula, coa indumentaria
que lle facilitamos. O luns día 9 foi o primeiro reparto, e
para todos os nenos e nenas foi unha sorpresa atoparse
con esta “carteira” tan particular, cargando un saco
amarelo cheo de cartas.
A NOSA CARTEIRA PARTICULAR

*O noso agradecemento máis especial a Natacha, a nosa orientadora, que cun amplo sorriso se
puxo a gorra, o pano de carteira, e cun saco no hombreiro dispúxose a realizar a entrega das cartas.

Dentro de cada aula, a nosa carteira Natacha,
repartiu un a un a cada neno as súas cartas como
destinatarios, e explicou o modo en que como carteira debe
organizar o seu correo, así como os apartados dentro do
sobre que lle proporcionan a información que precisa para
facer a súa tarefa con eficacia.
As caras dos nenos e nenas reflectían a súa ilusión
polas misivas recibidas. Todos e todas estaban impacientes
por abrir a súa carta. Para moitos foi difícil ler unha letra
que non fora a súa, o cal foi en sí mesmo unha actividade
de eficacia lectora. Nestas imaxes podemos ver algúns
intres do proceso de entrega das cartas aos seus
destinatarios.
ENTREGA DE CARTAS EN 3ºA

*Entrada da carteira á aula, con gran sorpresa
para nenos e nenas.

*Coa titora seleccionando as cartas da súa aula.

*Comezando o reparto.

*Un a un e unha a unha, reciben as súas cartas.

*Unha breve explicación para aclarar como
realiza a súa tarefa.

*Os nenos descubren quén lle escribiu unha
carta.

*Incluso a titora tivo a sorte de recibir unha carta. Quén será será?

REPARTO DAS CARTAS EN 4ºB

.

*A carteira repartiu unha a unha tódalas cartas, para tódolos nenos e nenas no grupo.

SEGUNDO ENVÍO DE CARTAS!!!
Durante esta semana (9 a 13 de marzo) foron os
grupos contrarios de 3º e 4º de E.P. os que deberán
redactar a resposta ás cartas recibidas e depositala o venres
na nosa “Caixa do correo”.
ENVÍO DE CARTAS DE 3ºA

.

*Un a un e unha a unha, tódolos nenos e nenas do grupo, foron depositando as súas cartas na caixa
do correo…Incluída a titora!!

ENVÍO DE CARTAS DE 4ºB

.

*Un a un e unha a unha, tódolos nenos e nenas do grupo, foron depositando as súas cartas na caixa
do correo!! O seu sorriso denota o motivador da actividade!

SEGUNDA RECEPCIÓN DE CARTAS!!!
Pasada unha semana, o seguinte luns, (16 de marzo)
a carteira debeu realizar a entrega das cartas, para os
grupos 3ºB e 4ºA de E.P.
RECEPCIÓN DE CARTAS EN 3ºB

.

RECEPCIÓN DE CARTAS EN 4ºA

.

Durante un par de quendas continuarán este
proceso nos niveis de 3º e 4º de Educación Primaria, a fin
de que asenten ben as normas de funcionamento e
practiquen con eficacia na nosa lingua este tipo de

comunicación escrita.
Finalizado este tempo, estará a disposición do nivel
que así o solicite previamente, para a organización do
carteiro tanto na recollida como na entrega. Agardamos
que guste a actividade, que se instaure como actividade
permanente e que sirva ao seu propósito.

VOLTAREMOS!!!

Intereses relacionados