Está en la página 1de 4

CUESTIONARIO SOBRE A SOCIEDADE DE CLASES NA ESPAÑA DO S.

XIX

1. ¿Por que dicimos que a sociedade de clases é unha meritocracia? Neste


sentido ¿en que se diferencia da sociedade estamental do Antigo Réxime?

Na sociedade de clases do século XIX os elementos fundamentais de status social eran


ou ben a riqueza ou ben a valía persoal e profesional, isto é, o mérito, de ahí que esta
nova organización social sexa denominada meritocracia; por seren estas as premisas de
ascenso social, está claro que era unha sociedade mobilista, pois calquera individuo tiña
a posibilidade de ir crecendo na escala social ó longo da súa vida. Pola contra, na
sociedade do Antigo Réxime o elemento principal de status era a linaxe; este factor
condicionaba a inmobilidade social, xa que os individuos, loxicamente, non podían
cambia-la súa procedencia, e se nacían en familias menos favorecidas, nunca poderían
ser considerados parte da aristocracia aínda que se fixeran cunha grande fortuna ou
tivesen aptitudes para determinados cargos. Pero aquí cabe facer unha aclaración, pois si
existía unha pequena posibilidade de ascender na escala social: acceder ó clero, e unha
vez que o individuo pasase a formar parte dunha comunidade relixiosa, gozaría dos
privilexios propios deste estamento, pero aínda así pertencería ó baixo clero, isto é,
nunca lograría desfacerse dese lastre que supón o haber nacido nunha familia humilde;
outro modo de ascenso era a compra de títulos, pois se fixera fortuna podíase permitir
mercar un título, que sería concedido polo rei; e xa moi a finais do Antigo Réxime
existiu outro modo de ascenso social: os casamentos, polo cal un individuo de orixe
modesta podería casar, mediante unha aportación económica, con outro individuo de
procedencia noble, convertíndose o primeiro polo tanto en noble.

2. ¿Que é o que dificulta a mobilidade social na sociedade estamental?


Relaciónao coa existencia de privilexios. ¿Por que a Igrexa podía ser un
medio de promoción social na sociedade estamental? ¿Coñeces outros?

Na sociedade estamental do Antigo Réxime apenas existía mobilidade social porque o


que condiciona que un individuo goce ou non de certo status social, é dicir, de
privilexios, é o nacemento e a pertenza ás vellas linaxes nobiliarias; pero estos
privilexios son para as persoas de procedencia humilde simples trabas legais que non
lles permiten ascender socialmente, pois por exemplo, mediante o ingreso na Igrexa, o
individuo humilde se convirte directamente en privilexiado por ser eclesiástico, pero
dentro da propia Igrexa hai estamentos, e este individuo estaría limitado a pertencer ó
baixo clero. Outro método de promoción social sería a concesión de títulos por parte do
rei, é dicir, na compra deses títulos; e xa polo século XVIII os casamentos con membros
da aristrocracia foi outro método de ascenso social.
3. Na adaptación da nobreza e clero (a vella aristocracia dominante no Antigo
Réxime) á nova sociedade de clases, ¿que elementos son comúns e cal son
diferentes en ambos grupos sociais?

Ambos grupos aristocráticos perden privilexios e influencia social, dende logo; o clero
incluso perde parte da súa influencia cultural, a pesar de mante-lo monopolio da
educación. Non obstante, o clero sae en maior medida perxudicado, pois a causa das
desamortizacións perde gran parte do seu patrimonio económico; pola contra, a nobreza
non sae economicamente perxudicada, pois tralas desvinculacións puido mante-lo seu
patrimonio (unicamente se liquidaron as limitacións xurídicas que existían sobre esas
terras); e no que respecta ó aspecto político a nobleza mantivo a súa preeminencia.

4. Valora a importancia do Concordato de 1851 no proceso de adaptación do


clero á sociedade burguesa. Fai tamén, neste sentido, unha valoración do
feito de que fose o liberalismo doutrinario o dominante na maior parte do
século XIX.

Este concordato foi un intento de regula-las relacións da Igrexa co novo Estado liberal,
polo cal éste se comprometía a mante-lo catolicismo e a permitirlle á Igrexa o
monopolio da educación; deste xeito os eclesiásticos poderían seguir exercendo o seu
influxo sobre a nova sociedade. Dito concordato foi aprobado durante un goberno
moderado, pois eran estos, os liberais doutrinarios quenes, sen querer romper tantos
lazos co pasado, apoiaron e favoreceron á Igrexa na medida do posible, aumentando
ésta a súa influencia nos períodos máis conservadores (xa que os gobernos progresistas
limitaban o seu poder), e por seren estos os maioritarios, o clero máis que intentar
adaptarse á sociedade burguesa, intentou adaptar ésta á Igrexa.

5. ¿Que importancia ten para a nobreza e alto clero o modo de cubrir os


postos de senadores que estipulan as constitucións conservadoras ou
doutrinarias (Estatuto real do 34, Constitución do 37, Constitución do
45...)?

O Senado (ou Cámara Alta) durante os gobernos conservadores do Antigo Réxime


estivera conformado por membros nomeados polos respectivos monarcas, eran polo
tanto individuos dun certo poderío económico e pertencentes a familias distinguidas,
isto é, aristócratas (nobres e alto clero). Pero coa chegada da nova sociedade liberal isto
cambiou, e o Senado pasou a estar formado por unha banda, pola nova aristocracia do
diñeiro, e pola outra, pola vella aristocracia de linaxe, é dicir, nobreza e alto clero. Estes
últimos non estaban dacordo con este novo modo de constituí-lo senado, posto que lles
resultaría máis complicado mante-lo protagonismo e a influencia política que ata agora
viñeran custodiando, ou dito doutro modo, defende-los seus intereses, xa que agora
terían que compartir poder coa nova aristocracia, a cal tiña intereses opostos.
6. Explica por que é diferente a situación de reivindicacións do campesiñado
nas zonas latifundistas do sur da península e nas do norte con predominio
da pequena propiedade ou arrendamentos de longa duración.

Os campesiños españois do sur vivían unha situación de reivindicacións distinta da dos


campesiños do norte, posto que os primeiros, eran simples xornaleiros de grandes
latifundios pertencentes a ricos terratentenes, e o seu desexo era chegar a ser
propietarios; ademáis ameazados constantemente co paro e a fame levaron a cabo
numerosas revoltas. Pola contra, os campesiños do norte, que cultivaban minifundios,
aínda que non fosen propietarios posuían certos dereitos grazas ós foros, como por
exemplo arrendamentos de longa duración, o que lles proporcionaba unha maior
tranquilidade e estabilidade; deste xeito existía unha maior seguridade, e a pesar de
haber protestas pola ansia de ser propietarios, non houbo tantas revoltas coma no sur de
España.

7. Valora a situación da maioría da poboación campesiña na sociedade de


clases capitalista na España do século XIX.

En España, igual que no Antigo Réxime, o campesiñado seguiu a se-lo grupo máis
numeroso da poboación neste novo sistema liberal xa que, a diferencia doutros países
europeos intensamente industrializados, no noso país o proceso industrializador tivera
escasas repercusións. Ademáis, o nivel de vida deste sector da poboación era ínfimo,
pois trala desamortización civil os campesiños quedaron sen poder cultiva-las terras
pertencentes ó Estado que se repartían entre os veciños, e a desamortización eclesiástica
tampouco os axudou posto que moi poucos puideron mercar terras. Deste xeito, a
maioría dos campesiños pasaron a ser xornaleiros da rica oligarquía agraria.

8. ¿Que define como grupo social á grande burguesía e de que ideoloxía foi
sustento social?

A grande burguesía é o novo grupo social xurdido do sistema de clases liberal e que está
composto por unha minoría adinerada (industriais, comerciantes...) propietaria dos
medios de producción que emprega man de obra asalariada. Sendo a súa mentalidade
liberal doutrinaria, grazas ó desenvolvemento indutrial e do capitalismo conseguiron
facerse co control político e económico.

9. ¿Que tiñan en común as clases medias (en aspectos económico-sociais e


ideolóxicos) cos grupos populares urbanos ou proletarios?

No que respecta ó plano económico, ningunha das dúas clases era propietaria dos
medios de producción (excepto nalgún caso, pois algúns individuos pertencentes á clase
media eran pequenos propietarios), polo tanto a súa economía non era especialmente
próspera; socialmente cabe dicir que son os dous novos grupos desta recente sociedade
de clases e non eran moi numerosos neste século XIX; e no aspecto ideolóxico débese
mencionar que ambos eran partidarios dun liberalismo democrático que lles permitise
unha maior participación política, igualdade ante a lei.
10. Analizando os rasgos que definen ó proletariado, diferencia a súa situación
económico-social respecto a un traballador artesano gremial do Antigo
Réxime.

Os traballadores proletarios tiñan unhas condicións de traballo pésimas xa que na


maioría dos casos non tiñan tan sequera contratos laborais, polo que as xornadas de
traballo eran esgotadoras e os salarios mínimos; a causa disto socialmente eran vistos
como simples “máquinas”, un traballador industrial era considerado como “forza de
traballo”.
Pola contra, os artesáns gremiais do Antigo Réxime tiñan unhas condicións de traballo
máis dignas, pois toda a súa labor estaba controlada por normas gremiais que
controlaban os prezos, as ventas...e, polo tanto, os salarios eran máis proporcionados; e
ademáis, por estaren especializados e ter unha técnica e unha destreza adquirida,
socialmente estaban ben considerados.

11. Tendo en conta os rasgos da industrialización española do século XIX,


aplícaos para explica-los rasgos da clase social proletaria, ¿por que é posible
esta aplicación?

As características da industrialización española do século XIX inflúen de modo decisivo


nas peculiaridades do proletariado, como iremos vendo: as clases dominantes
sobreexplotaban ó proletariado, quen sofría unhas duras condicións laborais; así mesmo,
estes empresarios, na búsqueda de asegura-los seus beneficios, se mostraban
despreocupados ante a necesidade de mellora-lo método de traballo dos seus asalariados
(polo que éstes nin tan sequera estaban especializados no dominio de certas máquinas) e
a urxente necesidade de renovación técnica; realizando ademáis escasos investimentos
produtivos. Isto se traduciría nun escaso avance económico, menguando entón os
salarios dos traballadores, que vivían xa nunhas condicións de extrema miseria. Estas
duras condicións de vida e traballo irían xestando nos proletarios un fondo sentimento
de asociación e reivindicación que máis adiante se plasmarían en loita, nunha loita
obreira.

Tras este breve estudo observamos o estrepitoso fracaso do proceso industrializador en


España, e entendemos así que a clase social proletaria non fora numerosa ata o século
XX.

Mª Lourdes Vellón Nogueira


Nº 20 2ºBach.D

También podría gustarte