Está en la página 1de 3

5.- LÍMITES DE FUNCIÓNS.

BCS2 CONTINUIDADE.

Prácticas
Exercicio 1.
Crea catro funcións (con cores diferentes) nun mesmo arquivo ggb, que sexan
fraccións alxébricas de grao inferior a 4, segundo as indicacións seguintes:
a.- Función f(x) (en verde, por exemplo).
i) Debe cumprir que lim . f ( x ) = +∞ lim . f ( x ) = +∞
x →−∞ x →+∞
ii) Cando o grao do numerador é maior có do denominador a función
tende a infinito.
iii) Se os termos de maior grao son de potencia par, os infinitos serán
positivos.
iv) Por exemplo, para introduci-la función
x2 − 4x
f ( x) =
2x − 3
hai que escribir na liña de entrada: f(x)=(x^2-4x)/(2x-3).
v) A roda do rato pódese usar para varia-lo zoom. Ctrl+botón
esquerdo+mover serve para desprazamento da zoa gráfica.
b.- Función g(x) (en azul, por exemplo).
i) Debe cumprir que lim . g ( x ) = +∞ lim . g ( x ) = −∞
x → −∞ x →+∞
ii) Cando o grao do numerador é maior a función tende a infinito.
iii) Se hai algún termo de maior grao con potencia impar, pode
conseguirse un infinito negativo.
iv) Cando nun denominador aparecen polinomios sen raíces reais (por
exemplo x2+1), a fracción alxébrica ten de dominio todo R.
c.- Función h(x) (en vermello, por exemplo).
i) Debe cumprir que lim . h( x ) = −∞ lim . h( x ) = +∞
x →−∞ x →+∞
ii)Un cambio de signo á función do apartado anterior pode soluciona-lo
problema.
d.- Función k(x) (en morado, por exemplo).
i) Debe cumprir que lim . k ( x ) = −∞ lim . k ( x ) = −∞
x →−∞ x →+∞
e.- Crea casiñas de control para ocultar obxectos para que se poidan ver cada
unha de xeito independente.
i) +∞, +∞, debe se-lo subtitulo para o apartado a., +∞, -∞, para o b., ….
ii) Debería ter cada unha a cor da función á que se refire.

Exercicio 2.
Crea dúas funcións (con cores diferentes) nun mesmo arquivo ggb, que sexan
fraccións alxébricas de grao inferior a 4, segundo as indicacións seguintes:
f.- Función f(x) (en verde, por exemplo).
i) Debe cumprir que lim . f ( x ) = 2 lim . f ( x ) = 2
x →−∞ x →+∞
ii)Cando o grao do numerador e o do denominador son iguais, a función
tende a división dos coeficientes dos termos de maior grao.
g.- Función g(x) (en azul, por exemplo).
i) Debe cumprir que lim . g ( x ) = 0 lim . g ( x ) = 0
x →−∞ x →+∞
ii) Cando o grao do numerador é inferior ao do denominador, a función
tende cero nos dous extremos.
h.- Crea casiñas de control para ocultar obxectos para que se poidan ver cada
unha de xeito independente.
i) Graos iguais num. e den., debe se-lo subtitulo para o a., Grao superior
denominador, para o b..
ii) Debería ter cada unha a cor da función á que se refire.

También podría gustarte