Está en la página 1de 5

Cea: breves apuntes histrico-onomsticos

Frutos Fernndez Gonzlez


(Revista gora do Orcelln, n 28, 2014, pp. 11-20)
O ro leva moitos nomes
Plinio, Estrabn e Ptolomeo
preguntbanse onde remataba un
e onde comezaba outro...
Claudio Magris (O Danubio)

De vila medieval e parroquia a concello


A primeira referencia escrita de Cea atopmola nun documento de Oseira do ano 12241,
que cita entre as testemuas a un tal Fernandus Oduari de Cea. Logo, nun de 12492
flase da parrochia Sancti Christofori de Ceya, e noutro de 12533 da villa de Cea.
dicir, a mediados do sculo XIII Cea xa era unha vila medieval e unha parroquia coa
mesma devocin relixiosa que agora mantn. O territorio estaba limitado por San
Fagundo e Longos (Santa Baia), que figuran explicitamente neses primeiros
documentos referentes a Cea, e, hai que supoer que, coma agora, tamn lindara coas
parroquias da Canda (San Mamede), Covas (Sta. Mara) e Castrelo (S. Cibrao), pois
temos noticias delas desde 12544, 12535 e 13236 respectivamente, a poca na que foi
consolidndose a divisin parroquial que con poucos cambios chegou ata ns.
A parroquia de San Cristovo de Cea, no relixioso, dependa na Idade Media da
Dignidade de Castela da Catedral de Ourense, e no administrativo pertenca terra de
Bolo de Senda, unha das resultantes da fragmentacin da antiga terra de Castela que se
dera na primeira metade do sculo XIII, anda que gozaba de certa inmunidade
eclesistica como couto do mosteiro de Oseira, segundo se desprende do privilexio que
lle concede o rei Sancho IV a este mosteiro, en Ribadavia, no ano 1286, para celebrar
unha feria hun dia de cada mes en el su coto de ea que jaze en terra de Bolo de
Senda7. Xa na Idade Moderna, mantera a parroquia de Cea a sa dependencia no
mbito relixioso, pero no administrativo, unha vez desaparecidas as terras medievais,
pasara a formar parte da xurisdicin de Oseira, seoro xurisdicional de abadengo
dependente dese mosteiro, que inclua as parroquias de Oseira, Coiras, Carballeda,
Torcela, Longos, Lamas, Seoane de Arcos, San Fagundo, Cea, Pereda, Via e Souto,
xunto con vecios dos lugares de Ermida (Vilaseco), Xagrade (Orbn), Agra e Regueira
(Mandrs), Ribeira e Requeixo (Cornoces), San Banto (Pieiro) e Sabuxe e Santa Baia
(Cornoces).
Co fin do Antigo Rxime desapareceron as antigas xurisdicins e chegou a nova
configuracin administrativa do Estado Liberal. Nela, Cea, situada nunha posicin
privilexiada, no cruzamento de dous importantes camios, o de Ourense a Santiago e o
de Ribadavia a Lugo, e cunha notable actividade comercial por razn da sa feira,
converteuse en capitalidade do novo concello de Cea, situacin que vn perdurando con
continuidade desde o ano 1836.
1

CDO= ROMAN, M. (1990-2003): Coleccin diplomtica do mosteiro cisterciense de Santa Mara de


Oseira. vol.1 (1025-1257): vol. 2 (1257-1310), vol. 3 (1310-1399), vol. 4 (1400-1435). Edicins Trculo,
Santiago. Doc. 247, pp. 244-245, 1224
2
CDO, doc. 447, p. 420, 1249
3
CDO, doc. 702 , p. 662, 1253
4
CDO, doc. 716, pp. 675-676, 1254
5
CDO, doc. 702, p. 662, 1253
6
CDO, doc 1440, pp. 58-59, 1323.
7
CDO, doc. 1283, pp. 1123-1126, 1286.

O nome de Cea: un hidrnimo


A documentacin de Oseira permtenos aclarar a verdadeira natureza do enigmtico
nome de Cea. Curiosamente, os primeiros rexistros do nome na sa Coleccin
Diplomtica non se refiren lugar de Cea, senn a un regato con ese nome. En
concreto, falan deste regato dous documentos do ano 1195: un primeiro8 referente
venda do casale que apellatur dos Arrancas (>Cazarrancas), situado na villa que
vocitant Longos subtus monte Egeuva, et sancti Facundi et Aariz e discurrente rivulo
Ceia; e un segundo9 referente venda dun terzo da vila de San Fagundo, no que se
explica que tal vila se sita discurrente rivulo Ceia. Se a iso unimos un documento de
Sahagn10, do ano 904, que fala dunha calzata que est sita super ripam fluminis cui
nomen est Ceia in finibus Gallecie, que se refire ro Cea, un afluente do Esla que
pasa polas provincias de Len, Valladolid e Zamora, e que lle d nome a un dos
municipios por onde pasa, o de Cea (Len), comprenderemos o indubidable carcter
hidronmico do nome de Cea; ademais, darmonos conta, por ese in finibus Gallecie,
de ata onde se consideraba que chegaba Galicia en pleno sculo X. Por iso non debe de
sorprendernos a homonimia entre estes dous ros aparentemente tan separados.
Tamn ten a sa importancia, referndonos caso do noso Cea, que o rexistro do nome
do curso de auga sexa anterior a calquera referencia do lugar habitado de Cea. Pola
natureza dos dous documentos de Oseira do ano 1195, semella que se houbera existido
un poboado con ese nome debera figurar neles. Con tdalas cautelas, podera
sospeitarse que se dara por eses mesmos anos a fundacin da vila medieval de Cea,
onde hoxe chamamos Fondo de Cea, porque mis tarde desprazouse localizacin
actual, por efecto da feira e do camio de Ourense a Santiago. Pero unha simple
hiptese. Do que non hai dbida de que o nome de Cea vn do dun regato homnimo.
Dse o mesmo caso con Barn, outro hidrnimo prelatino que deu nome a das vilas
medievais, que hoxe son o lugar de Barn (Seoane de Arcos, O Carballio) e a
parroquia do Barn (San Fiz) tamn no Carballio; e o mesmo con Barbantes, nome
orixinal do ro Barbantio, de onde veen os nomes do lugar de Barbantes (O Ro,
Vilamarn) e da parroquia de Barbantes (Santiago) en Punxn. Pero no caso de Cea, cal
o ro Cea? Porque agora ningn leva tal nome. Trtase, sen dbida, do ro que desde a
Idade Moderna se coece por ro Maraao. Claro que o ro Maraao est formado, sa
vez, polo Silvaboa (nome que lle vn a este regato por vir de cerca do lugar homnimo
da parroquia de Oseira), o rego do Toxo (que pasa por debaixo de Fondo de Cea) e o
regueiro que baixa de San Fagundo. Poderamos preguntarnos cal deles o rivulo
Ceia dos documentos, e non creo que ningun tea unha resposta clara. Pero este
problema dse na maiora das cabeceiras dos ros: no Avia, no Arenteiro, no Mio,,
incluso no Danubio. Por iso, antes de dar unha posible resposta para este conflicto tan
comn, convn dicir algo sobre o significado exacto de Cea.
Trtase dun tema ben difcil, fra das capacidades de quen isto escribe. Hai que acudir
s que entenden de linguas prelatinas e de hidrnimos para ver que din. Explicaba o
querido e lembrado profesor don Edelmiro Bascuas, o mis grande sabio en hidronimia
paleoeuropea de Galicia, a normalidade do proceso de perda da semivogal /i/ no paso de
Ceia a Cea, o mesmo c paso de Cegia a Cea, equivalente de
*Vegiana>*Vigiana>Viana11, pero non se meta para nada co significado do hidrnimo
8

CDO, doc. 90, pp. 103-104, 1195


CDO, doc. 91, p.104, 1195.
10
Doc. 4907, pp. 293-295, 904, en Floriano Cumbreo, A.C. (1949-1951); Diplomtica espaola del
perodo astur. Estudio de las fuentes documentales del reino de Asturias (718-910); 2 vol. Oviedo.
11
Bascuas, E. (2002): Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega. Verba, Anexo 51. Ed. Universidad
de Santiago de Compostela, Santiago.
9

Cea, presente, ademais de nos dous ros citados, no ro Cea, hoxe chamado ro do Con,
que d nome parroquia de San Pedro de Cea en Vilagarca de Arousa, e no tamn ro
Cea, afluente do Mio pola dereita no concello de Arbo. O profesor da Universidade de
Salamanca Juan L. Garca Alonso12, investigador das linguas prerromanas faladas na
Pennsula Ibrica, propn para Cea, a partir da forma medieval Cegia<Cigia, un timo
*Cic-y-a, que derivara da raz *Kik- brotar, chorrear, presente en moitos topnimos
da rea cltica. Pola sa banda, J. J. Moralejo13, lembrado Catedrtico de Lingua e
Literatura Grega da USC e un dos mis destacados estudosos da toponimia prelatina
galega, recollendo o dato que aportaba o seu pai, Abelardo Moralejo, de que o ro Cea
de Vilagarca de Arousa via dunha forma medieval Sena14, explicaba o paso de Sena a
Cea por hipercorreccin de seseo. E ese Sena, presente en topnimos coma Sanabria
< med. Senabreca, ou Seia < med. Sena en Portugal, remitira en ltima instancia,
segundo Blanca Prsper15, raz indoeuropea sei- verter, gotear, chorrear, amplamente
presente na hidronimia europea, desde o propio Sena, o ro que pasa por Pars, Segre,
o afluente do Ebro que pasa por Lleida. E pouco mis din os sabios sobre o hidrnimo
Cea. Na realidade, das races hidronmicas paleoeuropeas pouco mis sacamos ca: rego
de auga, hmido, flur, brotar, etc. En definitiva, os antigos, coma ns ata hai
pouco, chamaban s seus regatos, regatos, e s seus ros, ros. Que podemos dicir de
Cea? Pois o mesmo, que unha palabra prelatina que se refire a un curso de auga, sen
mis precisins fiables. Pero isto xa dicir bastante. As que, volvendo conflicto
habitual de cal , entre varios, o regato que forma un ro: cal era o verdadeiro Avia?, cal
era o verdadeiro Mio?, cal era o verdadeiro Cea? Pois, probablemente todos os regatos
que conflen para formalo o fosen, porque todos eran cursos de auga ou ros, que era
o que significaban tales palabras na fala correspondente. Xa se sabe o frecuentes que
resultan as tautoloxas en hidronimia, e sempre se pon o exemplo do ro Guadiana, onde
estamos dicindo ro tres veces: primeiro na fala romance, logo na rabe e logo na
prelatina.

E o Maraao?
Non coezo ningunha referencia do ro Maraao da poca medieval. Non obstante, no
Catastro de Ensenada da xurisdicin de Oseira (1753) xa figura o nome, e seguramente
se viera usando desde moito antes, porque a ponte que cruza o ro nas proximidades da
ermida do San Bieito do Maraao semella ser baixo medieval, e non parece fcil que
cambiara o nome orixinal, que debeu ser sempre o de Ponte do Maraao.
Tamn resulta dubidosa a interpretacin do topnimo Maraao. Unha vez sabido que o
hidrnimo orixinal era Cea e que se perdeu, coma no caso do Cea de Vilagarca, parece
claro que o nome de Maraao imporase por pasar o ro por ese lugar, polo Maraao, do
mesmo xeito que ro Barn se lle coece mis co nome de Carrs, por pasar por ese
antigo lugar da parroquia de Seorn.
Para G. Navaza16, Maraao, o mesmo ca Maras ou As Maraas, aparenta ter relacin
con maraa, maleza o abundancia de hierba silvestre no diccionario etimolxico de
Corominas, talvez voz de orixe prerromana. Non obstante, eu teo as mias dbidas.
12

Garca Alonso, J.L. (2001); The Place Names Of Ancient Hispania And Its Linguistic Layers en
Studia Celtica, XXX, pp. 213-244 (p. 223).
13
Moralejo lvarez, J.J. (2010); Documentacin medieval galaica: topnimos en bre en Dic mihi,
mvsa, virvm: homenaje al profesor Antonio Lpez Eire. Ed. Universidad de Salamanca. Pp. 473-480.
14
Moralejo Laso, A. (1977): Toponimia Gallega y Leonesa, Santiago: Ed. Pico Sacro, p. 70
15
Prsper Prez, B (2002): Lenguas y religiones prerromanas del occidente de la Pennsula Ibrica. Ed.
Universidad de Salamanca. P. 153.
16
Navaza Blanco, G. (2006): Fitotoponimia Galega. Biblioteca Filolxica Galega -Instituto da Lingua
Galega. Ed. Fundacin Pedro Barri de la Maza, A Corua. Pp. 330-331.

Pode ser que o nome da paraxe non habitada de As Maraas, en Sober, ou mesmo o
lugar de A Maraa, en Arbo, presente ese tema, anda que resulte estraa tan escasa
presenza. Non obstante, dubido que esa explicacin valga para Maras e para Maraao.
Para min, os dous nomes poderan ter unha orixe antroponmica, a partir dalgn nome
persoal de orixe xermnico formado sobre a raz gtica *marha- cabalo de batalla17.
Maras, documentado como Maraniis en 124618, podera vir de Maraniiz, xenitivo dun
*Maranicius, con sufixacin en s do topnimo, fronte comn de Ourense en -z
(Savars/Savariz, Romars/Romariz,), pero xa estamos cerca do linde da zona de
transicin destas variantes dialectais (A Estrada, Silleda, Taboada,). Maraao, pola
sa parte, presenta a sufixacin ao< lat. anus, indicadora de orixe ou procedencia:
Ribeirao (do Ribeiro), Mariao (da Maria), Barreirao (da Barreira)Aqu podera
tratarse do alcume dun posesor orixinario de Maras, ou tamn dun cognome
*Maranianus, o mesmo ca O Viao podera vir dun cognome Ovinianus. Iso explicara
a rareza dos dous topnimos, pois Maras nico e Maraao soamente se atopa outro
(Maranho) nunha freguesa do centro de Portugal, de onde probable que vea o nome
do estado do Maranho do Brasil, que tampouco tera nada que ver con mato ou maleza.

Cea vs. San Cristovo de Cea e Pior vs. Pior de Cea


A maiora dos falantes sempre din concello de Cea, anda que saiban que o nome oficial
concello de San Cristovo de Cea. Non obstante, o concello naceu co nome oficial de
Cea, non co de San Cristovo de Cea, nome da parroquia exclusivamente. Entn, cando
se produciu ese cambio? Se un consulta obras tan importantes coma o tomo de Ourense
da Geografa General del Reino de Galicia (1928), escrito por Vicente Risco19, ou
mesmo a Gran Enciclopedia Gallega (1974)20, observa que nas das aparece o nome de
concello de Cea, nada de San Cristovo de Cea. E polo tanto podera pensar que o
cambio sucedeu xa na Espaa democrtica, pois na obra Os concellos galegos, de
Faria Jamardo (1990-93)21, xa figura San Cristovo de Cea, e apunta o autor que o
cambio produciuse para distinguila doutras vilas do mesmo nome (hai que pensar no
concello de Cea da provincia de Len), pero non di cando se puido producir o cambio.
Atopamos a data exacta nunha publicacin do Ministerio de Administracins Pblicas,
Variaciones de los municipios de Espaa desde 184222: o cambio producise o 2 de xullo
de 1916. Comprobamos as o escaso efecto da disposicin legal nas fontes
bibliogrficas.
O tema ten a sa importancia polas polmicas que se teen suscitado por nomes de
lugar compostos que parecen indicar certo tipo de dependencia, sempre molesta nestes
tempos onde tanto prima o individualismo, a singularidade e a diferenciacin co vecio.
Moi recente est o caso de Viana do Bolo, sobre o que manifestei a mia opinin no
diario La Regin23, e, mis prximo a Cea, o caso de Pior de Cea.
O concello de Pior, limtrofe co de Cea, ten ese nome oficial desde a sa creacin. Non
obstante, cocese moi comunmente polo nome de concello de Pior de Cea. E
ultimamente parece que non lle gusta esta denominacin a algns vecios dese concello,
17

Piel, J.M. e Kremer D. (1976): Hispano Gotisches Namenbusch. Heidelberg: Carl Winter. P. 200.
CDO, doc. 585, pp. 543-544, 1246
19
RISCO , V. (1928), Geografa General del Reino de Galicia (Dir. por Carreras Candi). Provincia de
Orense. Barcelona.
20
Gran Enciclopedia Gallega (1974-1984). Editada por Silverio Caada. Ver Tomo 6.
21
Faria Jamardo, J. (1990-93): Os concellos galegos. 11 vol. A Corua: Fundacin Pedro Barri de la
Maza. Ver Tomo IX.
22
Variaciones de los municipios de Espaa desde 1842(2008). Ed. Ministerio de Administraciones
Pblicas. Secretara General Tcnica.
23
Fernndez Gonzlez, F. (2013): Viana do Bolo vs. Viana en La Regin. 29 de Agosto do 2013. P. 16.
18

seguramente molestos porque o nome semella indicar unha dependencia de Cea. Pero o
caso que a maiora das fontes bibliogrficas, Geografa General del Reino de Galicia
e Gran Enciclopedia Gallega includas, falan de Pior de Cea. Porque hai que saber que
o uso da forma composta tan antigo que se remonta a antes da creacin do propio
concello de Pior: xa o Dicionario Miano (1826-1829) fala do lugar de Pior de Cea,
na parroquia de Barrn, no antigo camio de Ourense a Santiago, e sinala que es
distinto de San Lorenzo de Pior, a parroquia do concello de Barbads. E trtase dun
apunte importante, porque explica a verdadeira causa da denominacin: diferenciar a
este lugar doutros Pior. E iso foi aplaudido no seu momento ata polo propio concello
de Pior, como o demostra o feito de que nunha espadana do antigo edificio da sa casa
consistorial rezou ata non hai moito Consistorial de Pior de Cea, anda que o nome
oficial fose Pior. E se por iso fose pouco, descubro que no ano 1986, concretamente o
da 20 de xuo dese ano, o eminente profesor e acadmico Xos Filgueira Valverde
asinaba un informe oficial da Real Academia de la Historia favorable pretensin do
concello de Pior de cambiar o seu nome oficial polo de Pior de Cea24. A iniciativa
fundbase no comn que resultaba a denominacin Pior de Cea, e tia como obxectivo
evitar a confusin co nome doutras localidades. Xusto a mesma razn que levou a
cambiar o nome do concello de Cea polo de San Cristovo de Cea. Non houbo, polo
tanto, ningn tipo de razn escura nin no cambio do nome oficial do concello de Cea a
concello de San Cristovo de Cea, nin na orixe do uso da forma Pior de Cea, que naceu
de xeito espontneo entre os falantes por unha necesidade de diferenciacin, e ata foi
impulsada polo propio concello de Pior, anda que non chegara nunca a facerse oficial.
En fin: o Nomencltor rexistra concello de San Cristovo de Cea e a maiora dos falantes
din concello de Cea; o Nomencltor rexistra concello de Pior e moitos din concello de
Pior de Cea. Que cada quen saque as sas conclusins. Porque, como dica o gran
filsofo Walter Benjamin: anda que non todo nesta vida resulta modlico, si todo
pode resultar exemplar.
O Carballio, novembro do 2014

24

Boletn de la Real Academia de la Historia, 1986. Seccin de Informes de la Real Academia de la


Historia, p. 324.

También podría gustarte