Está en la página 1de 1

GRUPO MUNICIPAL

Mª Teresa García Guillán, concelleira do Grupo Municipal Socialista do


Concello da Pobra do Caramiñal, o abeiro do disposto no art. 97/3 do R.O.F., para o
seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción relativa a
solicitude de reparación das lousas de pedra da rúa Rafael Calleja.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Hai poucos anos o equipo de goberno apostou por facer unha forte inversión na rúa
Rafael Calleja co obxecto de empedrala e darlle uso peonil, para elo colocáronse
uns bolardos para evitar a libre circulación dos vehículos.
Co tempo desapareceron os bolardos e incluso se construíu un edificio de vivendas.
Para dita construcción foi necesario que circularan os camións cargados con
toneladas de cemento e materiais de obra, pero os responsables municipais non
esixiron protección para evitar que as lousas de pedra colocadas no chan da rúa se
romperan.

Na actualidade mantense a libre circulación de vehículos en contra do que


determinou o equipo de goberno cando apostou pola pedra.
Toda esta deixadez ou permisividade fai que a rúa teña necesidade de renovar
moitas das lousas de pedra pois a maioría delas ou están rotas ou móvense, dando
un aspecto de abandono e supoñendo un perigo para a deambulación dos peóns.

E por elo, que solicitamos que o Pleno adopte o seguinte

ACORDO

Que se reparen tódalas lousas de pedra rotas ou que se moven da rúa


Rafael Calleja.

Pobra do Caramiñal, a 10 de marzo de 2009

Asdo..- Mª Teresa García Guillán

SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL.

También podría gustarte