Está en la página 1de 1

GRUPO MUNICIPAL

Mª Teresa García Guillán, concelleira do Grupo Municipal Socialista do Concello da Pobra do


Caramiñal, o abeiro do disposto no art. 97/3 do R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión
plenaria, presenta ó Pleno unha moción relativa a simplificación dos documentos a aportar
polos interesados nos procedementos administrativos e o fomento da utilización dos medios
electrónicos coa seguinte

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Os cambios operados na prestación dos servicios que as administracións públicas


están a realizar nas últimas décadas son un fiel reflexo da sensibilidade cara a realidade
social a que pertencen. É indubidable o esforzo que as administracións públicas españolas
están realizando para adaptarse a un contorno, cambiante de seu, asumindo novas técnicas
e novas ferramentas que permitan a prestación de servicios acorde coas expectativas dos
cidadáns.
Un dos obxectivos fundamentais é a desburocratización da administración, simplificar
ó máximo a relación entre esta e o cidadán, facéndoa máis fluída, máis áxil e menos
onerosa, evitando gastos innecesarios de tempo, papel e diñeiro.
Seguindo así co xa establecido ca Lei 30/92, no seu artigo 35 f) de non presentación
de documentos que xa se atopen en poder da Administración, na Lei 11/2007, artigos 33.1º
e 34 referidos a xestión electrónica da actividade administrativa e de impulso dos medios
electrónicos aos medios de traballo e nas leis de transparencia e boas prácticas nas distintas
administración públicas tanto estatais como autonómicas, pretende ser un punto de arranque
para que a documentación que actualmente se ve obrigado a presentar o cidadán por esixilo
así a normativa que regula o procedemento para o cal formula a solicitude se vexa reducida
ao imprescindible. Nese sentido recóllese a non esixencia daqueles documentos que son
repetitivos , estean en poder das administracións ou que sexan susceptibles de ser
consultados e os que mesmo foran xerados pola propia administración.
De entre os documentos que actualmente se requiren para acompañar a solicitude
que os cidadáns formulen ante o concello, o máis reiterado é a copia do DNI., o certificado
de empadroamento ou o informe de convivencia e residencia, ou mesmo o xustificante de
pagamento dunha taxa ou dun imposto.
Eximir os cidadáns da presentación deses documentos resulta imprescindible na
administración actual. Ademais dunha menor carga, suporá un aforro importante de tempo e
medios para a propia administración e para o cidadán, evitando a viaxe do papel entre
unidades administrativas.

Por tal motivo, en representación do grupo socialista, solicito a adopción polo Pleno
do seguinte

ACORDO:

Nos procedementos administrativos que se tramiten nesta administración local:

1º.-Non esixir os/as veciños/as a presentación da copia do seu DNI, nin a verificación dos
datos da súa identidade.

2º.- Non esixir os/as veciños/as que aporten certificados de empadroamento ou informes de
convivencia e/ou de residencia como documento probatorio do domicilio e residencia.

3º.- Non esixir os/as veciños/as a aportación de documentos xerados polo propio Concello
como os orixinais de xustificantes de pagamento de taxas ou impostos.

Pobra do Caramiñal, a 15 de xaneiro de 2009.

Asdo..- Mª Teresa García Guillán

SR. ALCALDE PRESIDENTE DO CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL

También podría gustarte