Está en la página 1de 14

UNHA ANÁLISE URXENTE DO BORRADOR DO DECRETO

DO PLURILINGÜISMO NO ENSINO
Carlos Amoedo e Filipe Diez, xaneiro 2010

Este é un documento de uso libre baixo licenza Copyleft/GNUPL


(calquera copia ou modificación deberá ser distribuída libremente)

Ofrecemos a seguir a análise realizada polos editores do blog Carlos


Amoedo e Filipe Diez a respecto do "Decreto do Plurilingüismo"
anunciado pola Xunta ao remate do Consello da Xunta celebrado o
pasado 30 de decembro. Trátase dun argumentario que pretendemos
que sexa ao mesmo tempo sintético e abranxente, no cal se
introducen consideracións xurídicas e pedagóxicas, mais sobre todo
políticas.

Antes de entrar en cheo na análise, queremos salientar varias


cuestións centrais:
 Feijoo prometeu “desideoloxizar o ensino” e transladar ás aulas
a “cordialidade lingüística das rúas”. En vez diso, o que fai é
implantar a súa ideoloxía e socializar un conflito
lingüístico fabricado exclusivamente polo Partido
Popular para gañar votos, transladando ás escolas e
institutos a responsabilidade última das decisións e, con iso, a
tensión lingüística.
 Como xa ocorrera coa reforma da Lei da Función Pública de
Galicia nesta lexislatura, non se aborda a mellora da
calidade do servizo ofrecido á poboación: a única novidade
é a redución na presenza do galego, mais non se toman nin se
anuncian medidas para mellorar a calidade do ensino nin para
enfrontar os serios problemas estruturais que debe superar
para satisfacer as necesidades dunha sociedade avanzada do
século XXI. De feito, non se pensa nas necesidades dos alumnos
e alumnas, senón unicamente en dar cobertura ideolóxica –a
través da consulta aos pais e nais– ao programa político do
partido que hoxe goberna (con menos votos que a oposición
parlamentar, é bo lembralo).
 O novo decreto supón un ataque sen precedentes á
liberdade e á igualdade.
 Ataca a liberdade, porque non garante a adquisición de
competencias lingüísticas en galego e castelán, e sen
coñecer polo menos dúas linguas é imposible exercer
unha liberdade real de escolla. O que o decreto pretende
é consagrar que os fillos e fillas dunha pequena minoría (os
pais galegófobos) poidan vivir como os seus proxenitores: ou
sexa, cun contacto mínimo, e anecdótico, co galego.

1
 Atenta contra a igualdade e dignidade das linguas, porque
non lle garante ao galego a promoción compensatoria
necesaria para poder sobrevivir nunha sociedade cun
predominio brutal do castelán (imprensa, radio,
televisión, internet, cinema, economía, publicidade,
relixión...).
 E atenta contra a liberdade e a igualdade conxuntamente,
porque só garante os dereitos das maiorías, mais négallos ás
minorías: se aceptamos –como indican o sentidiño e o
ordenamento xurídico- que os dereitos son das
persoas e non das linguas, o seu recoñecemento debe
ser universal; se as minorías –non importa cal sexa a
súa opción de lingua en cada centro escolar– son
privadas de dereitos, quebrántase o respecto pola
igualdade entre os cidadáns e impédese o exercicio
da súa liberdade de escolla, abríndose o camiño á
verdadeira imposición lingüística.
 Ábrense as portas á segregación lingüística nas clases,
fundamentalmente no ensino infantil, dado que a escolla de
lingua se realiza no momento da preinscrición, polo tanto antes
da distribución dos alumnos por grupos.
 A pesar do longo tempo de xestación, o decreto adoece dun
altísimo grao de improvisación: de feito, o rascuño
presentado ten por título “Modelo B”, o que indica sen marxe de
dúbida que existían polo menos dous textos; de feito, cónstanos
que a decisión final sobre o que sería presentado á imprensa foi
adoptada persoalmente por Feijoo a noite do 29 de decembro.
Ao longo da análise, iremos debullando as lagoas derivadas da
falta de previsión.

I. Un decreto plagado de cinismo

O cinismo e a hipocrisía dos autores do decreto fica patente xa no


preámbulo, cuxo contido é claramente diverxente –e, na maior parte
dos casos, antagónico– a respecto das disposicións contidas no
articulado:

 Afírmase que “A lingua constitúe un elemento básico de


identidade cultural e representa un valor fundamental de
cohesión dunha comunidade”, sen que iso sexa óbice para
neglixenciar a promoción do galego como sinal de identidade
cultural nin para establecer, implicitamente, a existencia de
dúas comunidades lingüísticas diferentes, nun ataque
frontal á proclamada cohesión.
 Lémbrase o precepto constitucional de “especial respecto e
protección” ás linguas do Estado, ben como o mandato

2
estatutario no sentido de que “os poderes públicos de Galicia
potenciarán o emprego do galego en todos os planos da vida
pública, cultural e informativa, e disporán dos medios
necesarios para facilitar o seu coñecemento”. Porén, das
disposicións do decreto non emanan nin respecto nin moito
menos protección ao galego; e desde logo, non se potencia nin
sequera se garante o coñecemento do galego.
 Alúdese tamén á Lei de Normalización Lingüística, norma que
“garante a igualdade do galego e do castelán como linguas
oficiais de Galicia”. Porén, co novo decreto fica enterrada a
filosofía da igualdade xurídica entre as dúas linguas, que
era a inspiradora do anterior decreto –o famoso 124/2007,
aprobado polo goberno do Presidente Emilio P. Touriño (PSdeG),
con Laura S. Piñón (PSdeG) como Conselleira de Educación e
Marisol López (PSdeG) como Secretaria Xeral de Política
Lingüística.
 No colmo da desfachatez, tráense a tona a Carta Europea de
Linguas Rexionais e Minorizadas, ratificada polo Reino de
España en 2001, e o Plan Xeral de Normalización da Lingua
Galega, aprobado consensuada e unanimemente por todos os
grupos do Parlamento Galego en 2004, con Feijoo como
deputado e Vicepresidente da Xunta. E dicimos que se trata
dunha desfachatez porque ambos documentos propoñen unha
política de recuperación do galego que colide
abertamente coa deseñada no novo decreto (léanse as
páxinas 94 ss. do Plan Xeral para ter unha idea do abismo entre
a realidade alí proxectada e a agora decretada). Quen rompe
o consenso político arredor da política lingüística é,
claramente, o Partido Popular de Feijoo.
 Enúnciase como obxectivo principal do uso do galego
“erradicar especialmente o seu emprego sexista en
todos os ámbitos”, aspiración tan loable como secundaria
para unha lingua que perde falantes a pasos largos, e que
equivale a facerlle a manicura a un paciente que está na UVI.
 Critícase o decreto vixente (o 124/2007) co argumento de que
“podería chegar a cambiar o modelo de conxunción de linguas
desenvolvido en Galicia desde o inicio da autonomía cara a un
modelo de inmersión”. Sen entrar na cuestión de que os
modelos de inmersión son plenamente legais e son os
recomendados polos especialistas en sociolingüística e en
pedagoxía de linguas, a afirmación é radicalmente falsa: por un
lado, porque no novo decreto se abandona o modelo de
conxunción de linguas en favor da consideración da existencia
de dúas comunidades lingüísticas diferenciadas, ás cales non se
lles recoñecen dereitos iguais, pois só a maioritaria poderá
acceder ao seu exercicio; por outra banda, porque o problema
do decreto 124/2007, como recoñeceu a inefable Gloria
Lago, non era o seu contido, senón a vontade de facelo
cumprir, ao contrario do ocorrido co decreto 247/1995 (despois

3
modificado polo 66/1997), cuxo nivel de cumprimento foi moi
irregular –o que propiciou que un 20% dos estudantes que
conclúen a ESO declaren ser incapaces de falar en
galego–. Co novo borrador, como veremos, o goberno do
PPdeG volta á súa tradicional política do “obedézase mais non
se cumpra”.

Mais a maior mostra de cinismo é tentar manter unha hipócrita


apariencia de equidistancia entre os supostos extremos
representados por Galicia Bilingüe e por Queremos Galego. Os
primeiros –incapaces de xuntar máis de 2.000 persoas mesmo
fletando autobuses desde o País Basco, Cataluña, Madrid e Andalucía–
critican o borrador do decreto unicamente como estratexia para
contribuír a lexitimalo. Os segundos –que convocaron e organizaron
as dúas manifestacións mási multitudinarias desde o Prestige–
rexeitan o contido de decreto por principios coincidentes cos expostos
no presente artigo.

E non deixa de ser igualmente cínico que se pretenda impoñer o


dereito de elección da lingua vehicular do ensino pouco máis dun mes
despois de que o Tribunal Supremo declarase a inexistencia de tal
dereito, como comentaremos máis abaixo.

II. A falacia do plurilingüismo como obxectivo educativo


básico

O novo decreto salienta desde o propio título como obxectivo dotar o


sistema educativo galego dunha caracterización plurilingüe, coa
incorporación do inglés e eventualmente doutras linguas estranxeiras
como idiomas vehiculares dun terzo das horas lectivas.

A adquisición de competencias en linguas estranxeiras é un obxectivo


fixado con carácter básico pola Lei Orgánica 2/2006, de Educación no
seu artigo 2.1, epígrafe f: o sistema educativo español orientarase á
consecución dos seguintes fins (...) “La capacitación para la
comunicación en la lengua oficial y cooficial, si la hubiere, y en una o
más lenguas extranjeras”. Pretendendo situarse na vangarda
española en materia de ensino de linguas, o novo decreto ampárase
na propia potestade autoorganizatoria da Comunidade Autónoma
para o establecemento do inglés como lingua vehicular nun 33% das
materias.

Porén, este alarde de pretensa modernidade é puramente formal,


pois é de imposíbel cumprimento. É innegable –e así o recoñeceu
o propio Conselleiro de Educación durante a presentación do texto–
que non existe profesorado capacitado para cubrir o 33% da
docencia en linguas estranxeiras. Ademais, chama a atención que
non se inclúa o portugués, unha das promesas de Feijoo, ao contrario
do que fan con enorme éxito as comunidades autónomas de

4
Extremadura e –máis recentemente– de Castilla y León. Tampouco se
fai mención ao francés ou ao italiano, que xa dispoñen de seccións
bilingües en diversos centros de Secundaria e Bacharelato do país.

Ademais, é discutible que a capacitación na lingua ou linguas


estranxeiras teña como única medida, ou medida preferente, a súa
utilización vehicular no ensino básico; e máis discutible é que esa
capacitación leve a que, por decreto, se reduza a presenza
vehicular das linguas cooficiais minorizadas como a galega.
Isto é xuridicamente incorrecto, pois malia ser certo que non hai un
dereito fundamental a reclamar a utilización das linguas cooficiais,
tampouco pode esquecerse que a lingua vehicular do ensino
aparece condicionada por normas con rango superior, que
obrigan a desenvolver medidas específicas de protección das
linguas minorizadas (Constitución Española, Estatuto de
Autonomía, Lei de Normalización Lingüística e Tratados Internacionais
ratificados polo Reino de España como a Carta Europea de Linguas
Minoritarias de 1992). O inglés non ten a condición de lingua cooficial;
nin ten tampouco, obviamente, un status de lingua minorizada en
España, polo simples feito de que a única lingua cooficial de Galiza
que ten o rango xurídico interno e internacional de lingua minorizada
é o galego (así o declarou o propio Reino de España ao ratificar a
Carta Europea de 1992). Isto descalabra, obviamente, o mundo ao
revés de Galicia Bilingüe e o argumentario PPopular da “imposición do
galego” e do exterminio do castelán.

Na realidade, o inglés introdúcese como pretexto e como


parapeto, sen previsión de medidas tendentes á súa efectiva
incorporación; unicamente para rebaixar, coa escusa dunha suposta
modernidade, a porcentaxe do galego até os niveis do decreto –nunca
cumprido– de 1995. E con dúas nefastas consecuencias
colaterais: (i) abrir un frente de conflito na distribución da carga
horaria por parte de cada centro escolar, por causa da imposibilidade
de ofertar un terzo de inglés; e (ii) promover a idea de que os pais
escollen a lingua vehicular do ensino, pero sen ofrecerlles a
posibilidade de decidir as materias a seren impartidas en lingua
estranxeira, reducindo o leque de elección a galego vs. castelán e
semeando polo tanto a idea de que unha lingua exclúe a outra,
cando o certo é que as linguas suman e que o coñecemento de máis
dunha lingua nos fai máis cultos e máis libres. No final das contas, as
únicas materias impartidas en linguas estranxeiras –ademais das
especificamente lingüísticas– seguirán a ser as que hoxe xa existen
grazas ás seccións bilingües; todo o demais é un discurso hipócrita
para restarlle ao galego horas de presenza no ensino,
fundamentalmente nas materias troncais e como lingua vehicular dos
primeiros anos de ensino.

III. A lingua vehicular na educación infantil

5
Feijoo e os seus saben que o futuro do galego pasa por formar
xeracións que se eduquen con normalidade na lingua propia do país,
e por iso o seu obxectivo básico é atacar a presenza do galego
tanto na educación preescolar (Galescolas reconvertidas en
Galiñas Azuis) como no tramo da educación infantil. En
consonancia co obxectivo de impedir que a escola compense
parcialmente o abafante dominio do castelán na sociedade, o novo
decreto establece medidas regresivas e antipedagóxicas, como as
que analisaremos a seguir.

Antes, permitide que lembremos que a política de Feijoo vai


directamente contra o previsto na Carta Europea citada no apartado
anterior. Conforme ao artigo 8 da Carta, o Reino de España (e a
Comunidade Autónoma correspondente, como parte del) está
obrigado a adoptar, no ámbito preescolar, algunha destas medidas:
“i) prever unha educación preescolar garantida nas linguas rexionais
ou minoritarias correspondentes; ou ii) prever que unha parte
substancial da educación preescolar se faga nas linguas rexionais ou
minoritarias correspondentes; ou iii) aplicar unha das medidas ás que
se referen os puntos i) e ii) anteriores, polo menos, para os alumnos
cuxas familias o desexen e cuxo número se considere suficiente”.

Como pode observarse, no ámbito europeo o modelo de segregación


por aula aparece vinculado á efectividade do dereito á educación na
lingua minorizada, que non se garante nin na rede preescolar nin –a
partir da aplicación do novo decreto– na educación infantil. Pola
contra, e como a continuación veremos, para Feijóo, o dereito de
opción paterna tradúcese nunha sorte de segregación á
inversa, deseñada para que a lingua maioritaria se impoña á
minoritaria.

III.1. Utilización obrigatoria da lingua vehicular que “predomine” entre


o alumnado da correspondente aula.

Como se determina a lingua predominante na aula? “Preguntándolle


a cada familia pola lingua materna do seu fillo ou filla. Esta consulta
farase mediante unha pregunta que as familias contestarán durante o
proceso de preinscrición”.

 O borrador recorre ao concepto de “lingua materna”, que a


sociolingüística moderna desbota exactamente porque a
transmisión lingüística é un fenómeno complexo que
ultrapasa amplamente o espazo familiar: de feito, se a
transmisión familiar funcionase, a “lingua materna” do 92% da
poboación galega sería a lingua propia do país, xa que só o 8%
dos residentes en Galiza teñen orixe foránea.

6
 Esquécese que unha parte importante da poboación
galega ten dúas linguas primeiras, polo que a redución a
unha escolla unívoca distorsiona de entrada a realidade.

 Ignórase que en moitos países europeos o ensino é bilingüe ou


mesmo trilingüe desde a educación infantil, polo que non hai
necesidade de excluír como lingua vehicular a escollida
pola minoría.

 Confúndese groseira e interesadamente o verdadeiro


obxectivo do sistema escolar, que debe partir do uso non para
consagralo socialmente, senón para posibilitar a adquisición de
competencias lingüísticas, aspecto especialmente importante
nunha sociedade con dúas linguas en contacto.

Pero o máis grave é que, a pouco que se repare, se verá que a forma
de determinación do “predominio” non se produce unha vez
xuntados os nenos e nenas “na aula”, senón no proceso de
preinscrición, antes de formarse os grupos. O cal permitirá
identificar a lingua “predominante” por centro (non por aula), que
supoñemos (pois a cousa non se concreta adrede) será a do 51% dos
matriculados e matriculadas. E a partir de aí, nada impede que os
centros ou a autoridade educativa poidan segregar aos
cativos en aulas distintas por razón de lingua, colocando en
aulas diferentes os que marcaron a opción de castelán ou de galego.

III.2. “Atención” á adquisición do coñecemento oral e escrito da lingua


oficial minoritaria, ben como ao alumnado que non teña coñecemento
suficiente da lingua predominante na aula.

O atentado perpetrado contra o sentido común adquire tintes


dramáticos á medida que se avanza na lectura do decreto. No caso da
educación infantil, non se garanten os mínimos de competencia nas
dúas linguas cooficiais, senón que somente se establece o seguinte:

 Que os da lingua maioritaria adquiran coñecemento oral e


escrito da lingua oficial minoritaria. O proxecto educativo do
centro determinará as actividades para mellor prover o
aprendizado da lingua minoritaria: dado que non será lingua
vehicular, porque así o establece o decreto, a adquisición dese
coñecemento oral e escrito pode perfectamente consistir en
cancións, poemas e panxoliñas, elementos obviamente
insuficientes para que un cativo de 6 anos se incorpore á
Educación Primaria cun coñecemento básico da lingua na que
recibirá polo menos o 33% das clases.

 Que os da lingua minoritaria se incorporen á lingua maioritaria,


nun perverso mecanismo de negación da identidade lingüística

7
–moito máis perverso nas idades en que se aplicará– que nos
retrotrae aos piores momentos da Longa Noite de Pedra.

IV. A lingua vehicular nos tramos do ensino básico e


Bacharelato

Avanzamos na lectura do decreto e, con iso, na sensación de


esperpento. Vexamos as barbaridades previstas para os tramos do
ensino básico (Primaria e ESO) e do Bacharelato.

IV.1. Cada lingua cooficial terá reservado obrigatoriamente un 33%


das materias curriculares en cómputo semanal.

Ademais desa previsión xeral, o borrador do decreto estipula que, en


Primaria, das materias Coñecemento do medio natural, social e
cultural e Matemáticas, unha impartirase en galego e a outra en
castelán segundo a opinión das familias, que será vinculante.

O que non se aclara é o que pasa cando as familias sinalan a “casilla


castellano” para ambas materias: cal é a que se dá en galego?
ningunha? decide a Dirección do centro a cara ou cruz? En calquera
caso, se –como é lóxico– a opinión dos pais é a mesma para ambas, o
carácter vinculante da consulta ficará en papel mollado.

Canto á ESO, as familias decidirán en que lingua oficial se imparten as


materias de Matemáticas e Ciencias Sociais, opinión que será
vinculante. Isto permite voltar aos tempos en que “lo importante” se
imparte en castellano, para evitarlles aos rapaces a desgraza de dicer
“cinco ao caldeiro” ou “copeito de xis”, en vez de “cinco al cubo” e
“coseno de equis”. En Madrid, por fin, descansarán tranquilos.

Polo demais, cada centro educativo, a través do seu Consello Escolar,


decidirá a lingua en que se impartirá o resto de materias,
establecendo un equilibrio nas horas semanais ofertadas en galego,
en castelán e en lingua(s) estranxeira(s). Deste xeito, será habitual
encontrarnos con centros nos que o galego se vexa relegado a
Educación Plástica e Visual, Educación Física, Educación para
a Cidadanía ou Obradoiro de Iniciativas emprendedoras,
fronte á presenza do castelán en Matemáticas, Ciencias
Sociais e Física e Química. A isto chámanlle equilibrio.

A consulta aos pais adoece, a maiores dos xa sinalados, dun defecto


de partida: non se pode tratar de maneira igual realidades e
magnitudes desiguais. O galego está na mesma situación que un
púxil a quen, antes dun combate decisivo, se lle propina unha zurra
de varias horas, se lle priva de alimento e de coidados médicos, e se
lle somete a unha campaña para minar a súa autoconfianza nas
posibilidades de vitoria; despois de todo iso, pedéselle que suba ao
ring e combata "en igualdade de condicións" co seu oponente.

8
Tras séculos de arrinconamento, desprezo, deturpación e denigración;
tras décadas de machacona insistencia no carácter inútil do galego
para a vida moderna, o que van votar os pais, mesmo aqueles que
aman o seu idioma? Arriscaranse a “imporlles” aos seus fillos unha
lingua “inútil”, “fracasada” e “fóra de época”, que pexe
definitivamente o seu éxito social?

Non, amigos: isto non é liberdade. Isto é un tongo como a Catedral de


Santiago. E tampouco é igualdade. É un xogo con cartas marcadas.

IV.2. Para lograr o plurilingüismo, introdúcese o inglés como lingua


vehicular do ensino básico (primaria e ESO) e Bacharelato, como
máximo no 33 % das materias curriculares. O que denominaremos
“terzo de Flandres”.

A introdución do inglés como lingua vehicular é dobremente


potestativa:

 O inglés pode ser sustituído por outra ou mesmo outras linguas


estranxeiras –aínda que en ningures se di como se determinan
estas opcións nin se fai mención expresa a outras linguas
estranxeiras.
 O terzo de Flandres “pódese” impartir en lingua(s)
estranxeira(s), co límite do 33%, mais de feito será impartido
nas dúas linguas cooficiais na inmensa maioría dos centros
escolares. Prevese un mecanismo excepcional para que se
poidan impartir en lingua estranxeira materias troncais como
Matemáticas ou Coñecemento do medio.

Este é un dos aspectos máis criticables e irreais do borrador, pois é


sabido que o profesorado galego non está en condicións de impartir
aulas en inglés, e a previsión desta formación obrigará a un cambio
sustancial das RPTs ou, cando menos, das retribucións do
profesorado, ben como un enorme investimento público na
“formación de formadores”. Aspecto este que deberá ser
cuantificado e plasmado, dito sexa de paso, na memoria económica
que acompañe a versión final do Decreto que suba ao Consello da
Xunta, co informe favorable da Dirección Xeral de Orzamentos. Unha
de dúas: ou menten e din que o Decreto ten custo cero, ou deberán
concretar as partidas económicas das que saia o correspondente
gasto público para financiar o impacto económico.

É legal, polo demáis, esta introdución do inglés como lingua vehicular


das materias do currículo xeral? A cuestión é máis que dubidosa. Os
aspectos básicos dos currículos son establecidos polo goberno
estatal, en desenvolvemento da Lei Orgánica 2/2006, de Educación. É
certo, no entanto, que a disposición adicional terceira do Real Decreto
1631/2006, de 29 de decembro, polo que se regulan as ensinanzas

9
mínimas da ESO, prevé que as Administracións Educativas poidan
autorizar que unha parte das materias do currículo se impartan en
Linguas Estranxeiras sen que iso supoña modificación dos aspectos
básicos do currículo. Así se recolle na disposición adicional quinta do
Decreto 133/2007, polo que se regula o currículo da ESO en Galiza1, e
na disposición adicional segunda do Decreto 126/2008, polo que se
regulan os contidos mínimos do Bacharelato2.

Porén, debe terse en conta que esa introdución, cando é xeneralizada


para unha materia ou conxunto de materias, e non por centros que
así o queiran, pode vulnerar a avaliación básica das materias
curriculares.

A Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Valencia 1097/2009 de


24 xullo (RJCA 2009\656), estimou o recurso contencioso-
administrativo interposto pola Confederación Sindical de CCOO-PV
contra a Orde de 10 de xuño de 2008 da Consellería de Educación
daquela comunidade autónoma, pola que se establecían formas de
organización pedagóxica para impartir a materia “Educación para a
Cidadanía” na ESO, concretamente mediante o inglés, con base neste
argumento. Reteñamos os argumentos do Tribunal Superior
valenciano:

“(…) la evaluación de cualquier materia se llevará a cabo de


acuerdo con los criterios de evaluación contemplados en la
Legislación básica y en el currículo aprobado por la Comunitat
Autónoma para esta materia. El currículo de educación para
ciudadanía no recoge criterios de evaluación
relacionados con la competencia en inglés. Por lo que
resulta contrario tanto al RD 1631/06, de 29 de
diciembre, como al Decreto 112/2007, de 20 de julio, del
Consell, la doble evaluación de la asignatura de
educación para la ciudadanía, una referida a la materia
contenida en el currículo y la otra vinculada a la
adquisición de destrezas lingüísticas de un idioma no
oficial (art. 3 de la CE ( RCL 1978, 2836) y art. 6 de EA ( RCL
1
  “La   Administración   educativa   podrá   autorizar   que   una   parte   del   currículo   se   imparta   en 
lenguas extranjeras sin que esto suponga modificación de los aspectos básicos del currículo 
regulados   en   el   presente   Decreto   y   de   acuerdo   con   lo   que   se   regula   en   la   legislación   de 
normalización  lingüística. Los centros que impartan  una  parte de las  áreas del  currículo en 
lenguas extranjeras no podrán incluir en ningún caso requisitos lingüísticos entre los criterios 
de admisión del alumnado”.
2
 “Enseñanzas impartidas en lenguas extranjeras:
1.   Los   centros   educativos   podrán   impartir   alguna   de   las   materias   del   currículo   de 
bachillerato en una lengua extranjera, dentro del programa de secciones bilingües. Esta 
decisión  quedará expresada en  el  proyecto  lingüístico que forma parte  del proyecto 
educativo de cada centro.
2.   Los  centros  que  impartan   alguna  materia   en  lengua   extranjera   aplicarán   en  todo 
caso los criterios de admisión del alumnado establecidos de forma general, sin incluir 
criterios lingüísticos”.

10
1982, 1821) pudiendo suceder que si el alumno no progresa en
sus conocimientos en inglés no pueda superar la asignatura de
ciudadanía, suponiendo esta doble evaluación una clara
interferencia en el proceso racional de adquisición de los
conocimientos insitos en la asignatura Principal –
Educación para la ciudadanía. Por ello dicho párrafo debería
ser igualmente declarado nulo aun cuando la asignatura se
impartiera en inglés”.

Por outra parte, o Tribunal Supremo español lembrou recentemente


que non existe o dereito a escoller a lingua vehicular do ensino. A
sentenza, de 18 de novembro de 2009, di textualmente: “La
circunstancia de coexistir dos lenguas en la Comunidad Autónoma no
sólo autoriza, sino que exige su conjunto tratamiento y exigencia
de la gallega en los niveles de estudios no universitarios. (...) La
discriminación se produciría precisamente en el caso de que la
Administración autorizase lo pretendido por el recurrente [isto é, o
ensino monolingüe, como o que se pretende incorporar ao ensino
infantil]” E engade que o dereito do pais a escoller o tipo de
educación dos seus fillos “no autoriza el diseño del currículo
educativo de los hijos a conveniencia de los padres”. Dito
noutras palabras: non existe o dereito a non aprender o galego,
que é o obxectivo último inspirador da campaña político-mediática
deseñada pola FAES e culminada –por agora– polo borrador do novo
decreto.

En definitiva: estamos ante un decreto de dubidosa legalidade e de


inviable execución, xa que pasarán moitos anos antes de que se
poida impartir o 33% das materias en inglés –probablemente máis
anos que os que terá de vixencia o novo decreto.

E mentras tanto, que pasará co resto dese terzo, isto é, coa reserva
de tempo que non se vai impartir en inglés? Pois o Consello Escolar
deberá decidir, garantindo unha distribución horaria
cuantitativamente igual entre galego e castelán, mais sen ningunha
garantía dunha mínima equidade no aspecto cualitativo. Por
certo, a decisión será tomada por uns Consellos Escolares cuxos
membros non presentaron un programa de actuación sobre este
asunto, polo simple motivo de que non existía o conflito que agora o
novo decreto crea, botando gasolina para dicir que había fogo e
deslocando a responsabilidade á sociedade (dirección dos centros,
profesores, nais e pais, e mesmo representantes dos propios
alumnos).

Ao final, o previsible é que acabemos chegando ao mesmo resultado


que co Decreto de 1995: o terzo de galego non se cumprirá e as
autoridades educativas non velarán polo seu cumprimento, e en
conclusión, o castelán seguirá sendo –como nos últimos douscentos

11
anos– abrumadoramente maioritario como lingua vehicular do ensino
en Galiza.

V. Flancos abertos.

Cando os mediocres fan normas, nin sequera se pode esperar


calidade técnica do produto resultante, mesmo en fase de borrador.
Se ademais improvisan, é inevitable que se produzan innúmeras
lagoas, imprevisións e omisións. Sen ánimo de exhaustividade,
velaquí algunhas das que detectamos nunha primeira lectura do
rascuño do novo decreto:

 Disposición 2ª.
 No punto 1, faise referencia explícita ao respecto dos
dereitos lingüísticos do persoal docente, dereitos que non
están establecidos legalmente e cuxo alcance non se
especifica no decreto. Ademais, non se alude aos dereitos
do persoal non docente, o cal constitúe unha evidente
mostra de discriminación.
 No punto 2, dise que as programacións das materias de
lingua serán redactadas na lingua correspondente. Desa
redacción inférese que as programacións didácticas das
linguas estranxeiras deberán estar redactadas en inglés,
francés... Dado que eses documentos son de acceso
público e constitúen a base para as reclamacións de
notas, esíxelle implicitamente aos cidadáns o
coñecemento de linguas que a lexislación (Constitución e
Estatuto) non prevé, so pena de non poderen exercer os
seus dereitos. Tendo en conta que eses documentos son
obxecto de análise pola Inspección Educativa, ese mesmo
coñecemento esíxeselle ao corpo de inspectores, a pesar
de que accederon ao posto sen tal requisito.
 Disposición 5ª. Na Formación Profesional e nas ensinanzas
artísticas e deportivas, non se establecen cuotas nin
mecanismos de consulta, limitándose a dar mandato aos
centros para que “o alumnado alcance a competencia
lingüística propia do nivel en ambas as dúas linguas oficiais”.
Ou sexa: neste caso confíase no bo facer dos centros e apélase
a criterios pedagóxicos, mentres que nos restantes se
establecen complexos mecanismos de imposible cumprimento
e se colocan as necesidades educativas por debaixo dos
intereses políticos.
 Disposición 8ª. Establece que os libros de texto adoptados
estarán redactados na mesma lingua na cal se imparta a
materia e di que “A Administración educativa promoverá a
elaboración de materiais na outra lingua oficial de Galicia e en
lingua(s) estranxeira(s)”, nun lapsus evidente. Explicámonos: o
lexislador parte do convencemento de que a escolla será
idéntica en todos os centros, pois do contrario non afirmaría

12
que promoverá a edición de materias “na outra lingua oficial”,
xa que eses materiais deberían existir necesariamente para
aquela parte dos centros escolares nos cales tivese sido votada
maioritariamente. Unha vez máis, constátase que a Xunta
xoga coas cartas marcadas e que fai o decreto para dar
cobertura legal ao seu proxecto ideolóxico.
 Disposición 9ª, apartado 1, epígrafe d. Obrígase os centros
educativos a improvisar medidas de capacitación dos alumnos
para o seu aproveitamento nas materias cuxa lingua vehicular
descoñezan. Ou sexa: se se decide que unha determinada
materia sexa impartida en inglés e unha parte do alumnado non
ten nivel para seguir as clases, o centro terá que obrar o
milagre.
 Disposición 10ª. Pásase do apartado 4 ao 6, nunha proba
elocuente de que un texto redactado en galego é incompatible
cos máis elementares coñecementos matemáticos.
 Disposición 13ª. Alúdese ao CELGA a efectos de concurso de
traslados. Curiosamente, o lexislador esqueceuse dun detalle
moi relevante sobre o CELGA: aquel alumno que cursou o
ensino infantil en galego e que tivo a docencia das materias
troncais nesa lingua durante Primaria, ESO e Bacharelato; e
aqueloutro que só cursou –con sorte– o terzo legalmente
previsto en galego; alumnos que, obviamente, terán unha
competencia en galego moi diferente, terán dereito ao mesmo
certificado CELGA? A resposta é afirmativa: o cal incide unha
vez máis na idea do galego como lingua ritual e cuxo
coñecemento é unha mera esixencia legal e burocrática, sen
efectos prácticos sobre o seu uso.
 Disposición adicional 4ª. Dise literalmente: “Para a adquisición
de competencias nas linguas estranxeiras entre o profesorado,
a Administración educativa valorará a adquisición da dita
formación no desenvolvemento da carreira docente”. Isto
provoca necesariamente unha desigualdade: ou ben o
profesorado de linguas se ve excluído da posibilidade de
acceder a ese mérito, co conseguinte prexuízo en termos de
desenvolvemento da súa carreira; ou ben se lle concede
automaticamente, do que resultaría un agravo comparativo a
respecto do profesorado das restantes áreas.

Conclusión.

O novo decreto cuxo rascuño foi dado a coñecer hai catro días
representa un atentado contra a liberdade individual, contra a
igualdade de dereitos, contra o mandato estatutario de garantir o
coñecemento do galego e contra a convivencia lingüística nos centros
escolares. E, por todo iso, contra o sentido común.

O decreto de Alberto Núñez Feijoo, de Jesús Vázquez e de Anxo


Lorenzo representa a socialización dun conflito partidario e partidista

13
creado polo PPdeG a instancias da FAES e coa colaboración dos
brazos mediáticos da dereita máis antigalega e reaccionaria, sectores
que están moi lonxe de representar as opinións da maioría da
sociedade galega.

Supón, ademais, a consagración da existencia de dúas comunidades


lingüísticas separadas e non dunha única comunidade social
caracterizada polo bilingüismo, chegando ao extremo de abrir as
portas á segregación lingüística nas aulas, elemento que pode ser
opreludio dun apartheid social máis xeneralizado e que constitúe
unha semente de fractura social inadmisible para aqueles que
desexamos unha sociedade integrada e integradora, tolerante e
respectuosa coas diferenzas.

Por se todo o anterior fose pouco, fica evidente que o presente


decreto non responde a unha vontade de gobernar, senón ao
revanchismo dificilmente aceptable no clima dunha campaña
electoral e totalmente deleznable como guía da acción dun goberno
serio e responsable. De aí que non se aborden os problemas do
ensino nin se fagan propostas para solucionalos, focando a atención
da opinión pública exclusivamente sobre a cuestión lingüística
mentres se precariza o ensino público con reducións orzamentarias
insólitas na historia da autonomía ao tempo que se incrementan as
subvencións aos centros que segregan os alumnos por sexo.

Mais aínda estamos a tempo de parar esta insania. Os galegos e


galegas debemos reaccionar: realizando alegacións na fase de
elaboración do Decreto, que acaba de comezar; e mobilizándonos por
terra, mar e aire.

14

También podría gustarte