Está en la página 1de 61

Programación de departamento Curso 2009-2010

DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
PROGRAMACIÓN DO CURSO 2009-2010
De acordo coa lexislación vixente, o Departamento de Matemáticas do
Colexio Montesol de Vigo, procede a elaborar a Programación didáctica para o
curso que comeza, 2009-2010.
Esta programación consta dos seguintes apartados:
I.-ASPECTOS XERAIS
I.1.-DISTRIBUCIÓNS DE GRUPOS
I.2.-MATERIAL E RECURSOS DIDÁCTICOS
II.-MATEMÁTICAS DA ENSINANZA SECUNDARIA.
II.1.-INTRODUCCIÓN
II.2.-CUESTIÓN PREVIA
II.3.-OBXECTIVOS
II.3.A.-OBXECTIVOS XERAIS DE MATEMÁTICAS
II.3.B.-OBXECTIVOS POR CURSO
II.4.-CONTIDOS
II.4.A.-CONTIDOS MÍNIMOS
II.4.B.-CONTIDOS, PROCEDEMENTOS, ACTITUDES E
TEMPORIZACIÓN POR CURSOS.
III.-METODOLOXÍA
IV.-COMPETENCIAS BÁSICAS
V.-AVALIACIÓN
V.1.-CRITERIOS DE AVALIACIÓN E RELACIÓN COAS
COMPETENCIAS BÁSICAS
V.2.-PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN.
MINIMOS ESIXIBLES.
V.3.- CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
VI.-ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
VII.-TEMAS TRANSVERSAIS
VIII.-ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
IX.-DESENVOLVEMENTO DO PLAN LECTOR E O
PLAN TIC’s NA ASIGNATURA DE MATEMÁTICAS.
X.-AVALIACIÓN DA PROGRAMACIÓN
Programación de departamento Curso 2009-2010

I.-ASPECTOS XERAIS
I.1.-DISTRIBUCIÓN DE GRUPOS
Os grupos de alumnos a cargo do Departamento durante o
presente curso son os seguintes:
1º E.S.O................................2 Grupos
2º E.S.O................................2 Grupos
3ºE.S.O.................................2 Grupos
4º E.S.O................................2 Grupos
A continuación, pasamos a nomear os profesores que constitúen
o Departamento de Matemáticas do Colexio Montesol de Vigo durante o
presente curso.
Xefa de Departamento: Sonia Pereira Vidal
Matemáticas 2º Ciclo da E.S.O.
Javier Ojea Cendón
Matemáticas 1º Ciclo da E.S.O.

I.2.-MATERIAL E RECURSOS DIDÁCTICOS


Os libros de texto que se usan no presente curso son os que a
continuación se indican:
 1º E.S.O. Editorial sm Galicia.Esfera.Autores: Máximo Anzola, Mª
Paz Bujanda, Serafín Mansilla, Jose Ramón Vizmanos.
 2º E.S.O. Editorial sm Galicia. Esfera.Autores: Máximo Anzola, Mª
Paz Bujanda, Serafín Mansilla, Jose Ramón Vizmanos.
 3º E.S.O. Editorial sm Galicia. Esfera. Autores: José Ramón
Vizmanos, Máximo Anzola, Manuel Bellón e Juan Carlos Hervás.
 4º E.S.O. Editorial sm Galicia. Esfera, opción B. Autores: José
Ramón Vizmanos, Máximo Anzola, Juan Carlos Hervás e Isabel
de los Santos.
Outro material: Nos distintos temas de desenvolvemento dos
cursos, utilizaranse outros materiais como programas informáticos
(Descartes, Derive, etc...), calculadoras,...
A continuación e tendo en conta a normativa vixente, o Departamento
concreta os obxectivos, contidos e criterios de avaliación
correspondentes aos distintos cursos, así como a temporización.
Programación de departamento Curso 2009-2010

II.-MATEMÁTICAS DA ENSINANZA OBRIGATORIA.

II.1.-INTRODUCCIÓN
A Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, aprobada polo Ministerio de
Educación, Cultura e Deporte (MECD), que establece as ensinanzas
mínimas correspodentes á Educación Secundaria Obrigatoria, foi
desenvolvida no marco das competencias atribuídas á Comunidade
Autónoma de Galicia polo Decreto 133/2007, de 5 de xullo,no que se
regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria nesta
comunidade autónoma.
Na normativa actual, o currículo debe adaptarse ás características dos
alumnos e o contexto no que se desenvolve o proceso educativo.
As matemáticas son unha disciplina sinxela, pero para algúns alumnos
presenta gran dificultade de comprensión debido o vocabulario, simboloxía
empregada e o seu nivel de abstracción. O propósito das matemáticas é
coñecer, analizar, explicar a realidade e predecir o seu comportamento.
Tendo en conta todo o anterior e que se trata dunha ensinanza
obrigatoria o enfoque das matemáticas debe ser comprensivo. A habilidade
para utilizar os números e as súas operacións, a simboloxía matemática e
as súas diferentes linguaxes de expresión, así como as formas de
argumentar e razoar asociados a elas, deben relacionarse nesta etapa case
exclusivamente cos aspectos cuantitativos e espaciais da realidade e para
a resolución de problemas relacionados coa vida diaria e o mundo laboral.
Pero tampouco poden esquecerse os aspectos relacionados con outras
disciplinas ás que deben servir de soporte.

II.2.-CUESTIÓN PREVIA
Esta programación inicial queda totalmente aberta e flexible, de
forma que ó longo do curso e de acordo coa realidade educativa que nos
encontremos, procederemos a :
-Completala, ampliala ou modificala segundo o noso criterio
profesional.

-Realizar unha maior concreción nas unidades didácticas que se


crea conveniente antes do inicio das mesmas.
-Efectualas adaptacións curriculares que se crean oportunas.
Programación de departamento Curso 2009-2010

II.3.-OBXECTIVOS
II.3.A.-OBXECTIVOS XERAIS DE MATEMÁTICAS
 Utilizar as formas do pensamento lóxico nos distintos ámbitos da
actividade humana.
 Coñecer e aplicar con soltura e axeitadamente as distintas linguaxes
matemáticas, co fin de comunicarse de forma clara, concisa, precisa e
rigorosa.
 Recoñecer a realidade como diversa e susceptible de ser explicada
desde puntos de vista contrapostos e complementarios:
determinista/aleatorio, finito/infinito, exacto/aproximado etc.
 Utilizar con soltura e sentido crítico os distintos recursos tecnolóxicos
(calculadoras, programas informáticos), de maneira que supoñan unha
axuda na aprendizaxe e nas aplicacións instrumentais das matemáticas.
 Resolver problemas matemáticos, sabendo identificar e utilizar todos os
conceptos, procedementos e recursos desde a intuición ata os
algoritmos, e, podendo ser, co emprego de estratexias diferentes.
 Aplicar os coñecementos xeométricos para comprender e analizar o
mundo físico que nos rodea.
 Empregar os métodos e procedementos estatísticos e probabilisticos
para obter conclusións a partir dos datos recollidos no mundo da
información.
 Integrar os coñecementos matemáticos no conxunto de saberes que o
alumnado debe adquirir ao longo da ESO, non só nos aspectos
científicos e tecnolóxicos senón tamén nos aspectos sociais, estéticos,
laborais etc.
 Desenvolver técnicas e métodos relacionados cos hábitos de traballo,
con curiosidade e interese para investigar e resolver problemas,
mostrando responsabilidade e colaboración no traballo en equipo.
 Expresar situacións da vida cotiá utilizando formas sinxelas da linguaxe
matemática (numérica, gráfica, xeométrica, lóxica, alxébrica,
probabilística).
 Organizar informacións diversas de situacións da vida cotiá ou contidos
no enunciado dun problema.
 Utilizar a calculadora, o cálculo mental e/ou os algoritmos de lapis e
papel para realizar cálculos, seleccionando a técnica máis axeitada en
función dos intereses (rapidez, precisión etc.).
 Coñecer as súas propias habelencias matemáticas e utilizalas
confiadamente nas situacións da vida cotiá que o requiran.
Programación de departamento Curso 2009-2010

II.3.B.-OBXECTIVOS POR CURSO


B1. OBXECTIVOS 1ºESO
• Utilizar correctamente os números naturais co fin de representar a
realidade de xeito claro, conciso, preciso e rigoroso.
• Identificar múltiplos e divisores dun número, se un número é primo ou
composto, e obter a descomposición en factores primos dun conxunto de
números, para poder calcular o máximo común divisor e o mínimo
común múltiplo na resolución de problemas da vida real nos que
aparezan conceptos de divisibilidade.
• Cuantificar aspectos da realidade que permitan interpretala mellor,
utilizando os números enteiros e realizando os cálculos apropiados en
cada situación.
• Entender os conceptos de potencia e raíz cadrada, así como utilizar e
interpretar as potencias e raíces cadradas en expresións matemáticas
sinxelas, manipulando os algoritmos de cálculo necesarios.
• Utilizar os números enteiros, decimais e fraccionarios e as porcentaxes
para intercambiar información e resolver problemas e situacións da vida
cotiá.
• Resolver problemas relacionados coa vida cotiá en que interveñan
números naturais, enteiros e racionais, describindo verbalmente o
proceso elixido e as solucións obtidas, e utilizando correctamente as
catro operacións básicas.
• Expresar situacións da vida cotiá utilizando formas sinxelas da linguaxe
matemática, en especial a linguaxe alxébrica.
• Expresar unha cantidade de lonxitude, superficie, volume, capacidade
ou masa na unidade principal do sistema métrico decimal ou nun dos
seus múltiplos ou submúltiplos.
• Resolver diferentes situacións relacionadas coas matemáticas, as
outras ciencias ou a vida cotiá, e nas que sexa preciso expresar
cantidades de lonxitude, superficie, volume, capacidade ou masa nas
unidades adecuadas.
• Recoñecer se dúas razóns forman unha proporción para distinguir se
dúas magnitudes son proporcionais ou non, xa sexa directa ou
inversamente.
• Usar os tantos por cento e aplicalos a problemas reais.
• Representar e localizar puntos nos eixes de coordenadas.
• Recoñecer e interpretar funcións lineares sinxelas.
• Dado un grupo de datos, saber facer un reconto, construción e
interpretación de táboas de frecuencias, diagramas de barras e sectores.
Así mesmo deben saber calcular e interpretar a media aritmética,
Programación de departamento Curso 2009-2010

ponderada e moda, e resolver problemas de estatística relacionados coa


vida cotiá.
• Distinguir se os experimentos son ou non aleatorios. Dentro dun
experimento aleatorio, definir espazo da mostra, sucesos, e calcular a
probabilidade dun suceso. Resolver problemas de probabilidade
relacionados con noso contorno.
• Recoñecer o triángulo como o polígono máis sinxelo a partir do cal se
poden obter relacións xeométricas nas demais figuras planas.
• Distinguir as rectas e puntos notables dun triángulo e usar as súas
propiedades para resolver problemas xeométricos.
• Empregar o teorema de Pitágoras e as fórmulas adecuadas para obter
distancias, perímetros ou áreas de figuras planas.
• Resolver problemas xeométricos relacionados coa vida cotiá en que
interveñan lonxitudes, perímetros e áreas, utilizando os procedementos
e estratexias adecuados. Así mesmo, aplicar os coñecementos
xeométricos para comprender e analizar o mundo físico que nos rodea.
• Identificar a formas espaciais que aparecen na realidade.
• Interpretar expresións matemáticas sinxelas que permiten obter o
cálculo do volume das figuras do espazo.
• Resolver problemas matemáticos relacionados coa vida cotiá
utilizando diferentes estratexias, procedementos e recursos .

B2. OBXECTIVOS 2º ESO


 Realizar operacións con números enteiros (suma,resta,multiplicación e
división).
 Realizar operacións combinadas de números enteiros, con e sin
parénteses, respetando a orde nas operacións.
 Coñecer divisores e múltiplos dos números enteiros.
 Calcular m.c.d. e m.c.m. do conxunto de números enteiros.
 Resolución de problemas con números enteiros.
 Expresar potencias de base enteira e expoñente natural.
 Resolver potencias con expoñente enteiro.
 Realizar operacións con potencias.
 Calcular raices cadradas exactas ou enteiras.
 Resolver situacións e problemas nos que sea necesario resolver
potencias e raices cadradas.
 Distinguir e calcular fraccións equivalentes.
 Realizar operacións con fraccións (amplificar, simplificar, reducir, sumar,
etc…)
 Calcular potencias e raices cadradas de fraccións.
Programación de departamento Curso 2009-2010

 Resolución de problemas de fraccións.


 Realizar operacións con números decimais.
 Potencia dun número decimal e cálculo da raiz cadrada.
 Determinar a fracción generatriz de números decimais.
 Determinar el valor numerico dunha expresión alxébrica.
 Diferenciar e realizar operacións con monomios e polinomios.
 Realizar operacións con potencias de polinomios. Igualdades notables.
 Resolver ecuacións de primeiro e segundo grao.
 Resolver problemas mediante ecuacións de primeiro grao.
 Resolver sistemas de ecuacións de dúas ecuacións con duas incógnitas
por tres métodos ; igualación, reducción e sustitución.
 determinar si as magnitudes son directa ou inversamente proporcionais.
 Calcular porcentaxes e cambios de moeda.
 Resolver problemas de proporcionalidade composta e xuro simple.
 Localizar e representar puntos no plano, utilizando os eixes de
coordenadas.
 Representar gráficamente distintos tipos de funcións (afíns, inversas e
cuadráticas).
 Recoñecer caracteres e variables estadísticos.
 Reconto de datos. Ordenar e agrupar datos formando intervalos.
 Calcular media, mediana e moda dun conxunto de datos.
 Probabilidade. Regra de Laplace
 Distinguir distintos elementos e condicións entre figuras planas e corpos
no espazo.
 Diferenciar os distintos elementos entre poliedros regulares, prismas e
pirámides.
 Recoñecer os distintos elementos e tipos de corpos de revolución
(cilindro, cono e esfera).
 Utilizar distintos instrumentos de medida. Medidas directas
 Efectuar distintas operacións coas medidas de tempo e ángulos.
 Usar o teorema de Pitágoras nas medidas indirectas.
 Aplicar o teorema de Tales nos triángulos semellantes.
 Calcular as áreas dos prismas, pirámide e corpos redondos.
 Resolver problemas reais das áreas dos distintos corpos xeométricos.
 Calcular o volumen dos distintos corpos xeométricos.
 Plantear e resolver problemas reais mediante o cálculo do volumen de
Programación de departamento Curso 2009-2010

distintos corpos xeométricos.

B3. OBXECTIVOS 3º ESO


 Utilizar as diferentes formas de expresión matemática para comunicar de
forma rigurosa e precisa mensaxes relacionadas co entorno.

 Utilizar os diferentes tipos de números (naturais, enteiros, racionais e reais)


para cuantificar aspectos da vida cotiá, expresar relacións e dar resultados de
cálculos.

 Establecer relacións entre os números naturais, enteiros, racinais e reais.

 Manexar aproximacións decimais dos números reais e realizar cálculos


exactos ou aproximados en función das características da actividade ou
problema.
 Aplicar correctamente a prioridade de operacións e o uso dos parénteses no
cálculo matemático.

 Utilizar as leis e propiedades das potencias e raíces para resolver cáculos nos
que interveñan.

 Utilizar convenientemente as relacións de proporcionalidade numérica para


resolver problemas relacionados coa vida cotiá ou enmarcados no contexto
doutras áreas do coñecemento.

 Utilizar as porcentaxes para resolver problemas relacionados coa vida cotiá.

 Expresar na linguaxe alxebraica unha propiedade ou relación dada mediante


un enunciado.

 Recoñecer monomios e polinomios como exemplos de expresións alxébricas


e realizar con eles as operacións aritméticas básicas.

 Coñecer os algoritmos básicos da división de polinomios, así como os


teoremas relacionados con ela ( teoremas do resto e do factor).

 Coñecer o concepto de factorización dun polinomio e a súa relación coas


raíces reais do mesmo.

 Simplificar e realizar as operacións básicas con fraccións alxébricas enteiras e


radicais alxébricos.

 Resolver problemas da vida diaria nos que sexa preciso o plantexamento e


resolución de ecuacions de primeiro grao, de ecuacións de segundo grao ou
de sistemas de ecuacións lineais con dúas incógnitas.

 Identificar sucesións e deducir o seu termo xeral.


Programación de departamento Curso 2009-2010

 Distinguir as progresións aritméticas e xeométricas do resto das sucesións,


obtendo a súa regra de formación, e aplicalas á resolución de problemas.

 Recoñecer unha relación funcional.

 Comprender o concepto de dominio, percorrido, continuidade e


descontinuidade dunha función.

 Identificar as principias propiedades dunha función.

 Recoñecer situacións en que aparezan funcións lineares. Diferenciar a


pendente e a ordenada na orixe dunha función linear e representala.

 Construír e representar funcións cudráticas.


 Elaborar e interpretar información estadística tendo en conta as táboas e as
representacións gráficas sexan axeitadas. Analizar a significatividade dos
parámetros de centralización e de dispersión.

 Interpretar correctamente a información de tipo estadístico.

 Recoñecer sucesos elementais, os sucesos seguro e imposible, e o suceso


contrario doutro dado un experimento aleatorio.

 Facer predicións sobre a posibilidade de que un suceso ocorra a partir de


información previamente obtida de forma empírica ou como o resultado do
reconto de posibilidades, en casos sinxelos.

 Empregar estratexias persoais para a resolución de problemas, revisando


sistemáticamente a idoniedade das mesmas e valorando os resultados
obtidos.

 Expresar o resultado dunha operación ou problema utilizando a linguaxe


adecuada con precisión.

 Ser constantes na busca de solución a un problema cando a estratexia


utilizada sexa insuficiente ou incompleta.

 Empregar a calculadora, o cálculo mental e algoritmos de lapis e papel para


realizar cálculos, seleccionando a técnica máis axeitada.

B4. OBXECTIVOS 4º ESO


 Clasifica-los números reais e utilizalos para resolver situacións cotiás,
representándoos correctamente, empregando as notacións adecuadas e
interpretando as solucións obtidas.
Programación de departamento Curso 2009-2010

 Relaciona-las potencias de expoñente fraccionario e os radicais e utiliza-


las súas propiedades para resolver situacións en que interveñan
expresións alxébricas e logarítimicas.
 Obte-la descomposición factorial de polinomios facendo uso das
identidades notables e da regra de Ruffini, e aplica-las descomposicións á
división de polinomios.
 Resolver problemas en diversos contextos mediante a formulación e
resolución de ecuacións e sistemas de ecuacións lineares, de segundo
grao ou reducibles a segundo grao.
 Resolver problemas que requiran a formulación e resolución de
ecuacións e sistemas de ecuacións logarítimicas e exponenciais.
 Resolver problemas relacionados coas matemáticas, as outras ciencias
ou a vida cotiá mediante a formulación e resolución de inecuacións e
sistemas de inecuacións.
 Aplica-lo concepto de semellanza e o teorema de Tales á resolución de
problemas xeométricos así como á integración de mapas planos,
maquetas, etc.
 Resolver situacións relacionadas coa esfera terrestre e as súas
coordenadas xeográficas.
 Resolver problemas xeométricos de natureza matemática ou formulados
en contexto real a partir das relacións e razóns da trigonometría
elemental.
 Resolver problemas métricos a partir das correspondencias analíticas
entre as coordenadas de puntos e vectores.
 Recoñecer e obte-las distintas ecuacións da recta e empregalas para
estudiar analiticamente as condicións de incidencia e paralelismo.
Recoñecer, así mesmo, a ecuación da circunferencia.
 Resolver situacións relacionadas coas propias matemáticas, as outras
ciencias e a vida cotiá, en que sexa preciso utiliza-las ferramentas
correspondentes ás sucesións de números reais.
 Interpretar gráficas de funcións que aparezan en situacións sociais,
económicas, etc., e obter informacións prácticas.
 Elaborar gráficas asociadas a funcións polinómicas lineares e
cuadráticas, funcións de proporcionalidade inversa, racionais,
exponenciais e logarítimicas.

 Empregar estrategias persoais para a resolución de problemas, revisando


sistemáticamente a idoniedade das mesmas e valorando os resultados
obtidos.

 Empregar a calculadora, o cálculo mental e algoritmos de lapis e papel para


realizar cálculos, seleccionando a técnica máis axeitada en cada momento.
Programación de departamento Curso 2009-2010

II.4.-CONTIDOS
II.4.A.-CONTIDOS MÍNIMOS
Os contidos mínimos son os que se reflicten na Lei, Decreto 133/2007,
do 5 de Xullo (DOG 13 de Xullo de 2007)

II.4.B.-CONTIDOS: CONCEPTOS, PROCEDEMENTOS, ACTITUDES E


TEMPORIZACIÓN POR CURSOS.

B.1 CONTIDOS 1º ESO


CONCEPTOS
1º AVALIACIÓN

 Números naturais e divisibilidade.


- Sistemas de numeración decimal. Valor de posición.
- Multiplicación de números naturais. División exacta e enteira.
- Múltiplos e divisores dun número. Criterios de divisibilidade.
- Números primos e compostos. Descomposición dun número en
factores primos.
- Máximo común divisor e mínimo común múltiplo.

 Números enteiros:
- Representación e comparación de enteiros. Valor absoluto.
- Suma e resta de números enteiros. Oposto dun número enteiro.
- Multiplicación e división de números enteiros. Regra dos signos.
- Propiedade distributiva. Sacar factor común.
- Operacións combinadas con números enteiros.

 Fraccións:
- Fraccións para expresar partes.
- Fraccións propias, impropias e números mixtos.
- Fraccións equivalentes. Amplificación e simplificación.
- Fracción irreductible.
- Comparación de fraccións.
- Reducción a común denominador.
- Suma e resta de fraccións.
- Multiplicación de fraccións.
- Fracción inversa. División de fraccións.
Programación de departamento Curso 2009-2010

 Potencias e raiz cadrada:


-Potencias de expoñente natural maior que 1.
-Potencia de un producto e dun cociente.
-Producto e cociente de potencias da mesma base.
-Potencia dunha potencia.
-Cálculo da raíz cadrada.

 Números decimais:
- Número decimal e fracción decimal.
- Comparación de números decimais.
- Números decimais exactos e periódicos.
- Sumas e restas. Redondeo e estimación.
- Multiplicación e división de decimais.
- Tanto por cento dunha cantidade.
- Aumentos ou diminucións porcentuais.

2ª AVALIACIÓN

 A linguaxe algébrica. Ecuacións:


- Linguaxe numérica e alxébrica.
- Expresión alxébrica. Valor numérico
- Monomios. Coeficiente e parte literal. Polinomios.
- Monomios semellantes. Suma e resta.
- Igualdades alxébricas: identidade e ecuación.
- Solucións dunha ecuación.
- Regra da suma e do producto.
- Método xeral de resolución de ecuacións.

 Proporcionalidade numérica, porcentajes:


- Razón e proporción numérica.
- Magnitudes directamente proporcionais.
- Regra de tres simple directa.
- Porcentaje ou tanto por cento.
- Cambio de moneda. O euro.
- Magnitudes inversamente proporcionais.

 Sistema métrico decimal:


- Medida. Unidades de medida.
- Unidades de lonxitude, capacidade, masa, superficie e volume.
- Formas complexas e incomplexas.
- Aproximación de medidas. Estimación
- Densidade.
- Volume do cubo e do ortoedro.

 Funcións e gráficas:
- Coordenadas cartesianas.
- Interpretación de gráficas.
- Táboas e expresión alxébrica dunha función.
Programación de departamento Curso 2009-2010

- Representación gráfica de funcións afins.

 Estadística e probabilidade:
- Reconto de datos e construcción de táboas.
- Frecuencia absoluta e frecuencia relativa.
- Representacións gráficas.
- Media, mediana e moda.
- Experimentos aleatorios. Sucesos.
- Regra de Laplace.

3ª AVALIACIÓN

 Formas geométricas.
- Rectas e ángulos.
- Tipos de ángulos e relacións entre eles.
- Operacións con ángulos.
- Circunferencia e círculo.
- Posicións dunha recta e unha circunferencia.
- Posicións de dúas circunferencias.
- Mediatriz dun segmento.
- Bisectriz dun ángulo.
- Longituds de circunferencias e de arcos.

 A circunferencia e o triángulo:
- Clasificación dos triángulos.
- Relacións nun triángulo.
- Rectas e puntos notables nun triángulo.
- Circunferencia inscrita e circunscrita.
- Rectas e circunferencias. Posicións
- Ángulos na circunferencia.
- Posicións de dúas circunferencias.
- Teorema de Pitágoras. Aplicacións.

 Figuras planas:
- Polígono. Tipos de polígonos.
- Diagonais dun polígono.
- Suma de ángulos dun polígono.
- Triángulos e cuadriláteros: clasificación.
- Criterios de igualdade de triángulos
- Mediatrices, bisectrices, alturas e medianas dun triángulo.

 Lonxitudes e áreas:
- Perímetro dunha figura plana. Polígonos regulares.
- Medidas indirectas: teorema de Pitágoras.
- Área dunha superficie.
- Área do rectángulo e do cadrado.
- Área do paralelogramo e do triángulo.
Programación de departamento Curso 2009-2010

- Área do trapecio.
- Área de polígonos regulares.
- Área do círculo.
- Cálculo de áreas por composición e descomposición.

 Corpos xeométricos, volumes:


- Poliedros. Poliedros regulares.
- Prismas e pirámides.
- Cilindros e conos.
- Esferas.
- Volume dun corpo.
- Volume do ortoedro e do cubo.
- Volume do prisma e da pirámide.
- Volume do cilindro e do cono.
- Volume da esfera.

PROCEDEMENTOS

 Aplicación do valor de posición das cifras para escribi-los números en


forma polinómica.
 Utilización dos algoritmos tradicionais da suma, resta, multiplicación e
división de números e das súas propiedades.
 Utilización da calculadora no cálculo de expresións combinadas.
 Elaboración e utilización de estratexias persoais de cálculo mental coas
propiedades das operacións.
 Cálculo de operacións combinadas mediante a árbore de cálculo.
 Expresión de propiedades dos múltiplos e divisores e formulación das
regras de divisibilidade.
 Elaboración dunha táboa de números primos.
 Obtención do m.c.d e do m.c.m. mediante diversos métodos.
 Representación de fraccións mediante figuras.
 Transformación de fraccións impropias en número mixto e en decimais
exactos ou periódicos.
 Obtención de fraccións equivalentes por amplificación e por simplificación.
 Comparación de fraccións de igual e de distinto denominador.
 Recoñecemento das fraccións inversas polo valor unitario do seu
producto.
 Representación de datos en gráficas estatísticas aplicando a repartición
proporcional.
 Interpretación dos planos e mapas a escala aplicando a
proporcionalidade.
 Utilización do sistema métrico decimal para interpretar e transmitir
informacións sobre o tamaño dos obxectos.
 Transformación de medidas de forma complexa a incomplexa e viceversa.
 Utilización da terminoloxía e notacións adecuadas para describir ángulos,
posicións de rectas e de ángulos e situacións.
 Obtención gráfica de operacións sinxelas de ángulos.
Programación de departamento Curso 2009-2010

 Transformación de complexos de amplitudes e de tempos en incomplexos


e reciprocamente.
 Recoñecemento e busca das relacións numéricas e xeométricas.
 Obtención da figura correspondente doutra por unha translación, xiro ou
simetría.
 Obtención da relación entre cordas e arcos mediante pregamento.
 Uso de fórmulas e de técnicas de descomposición de figuras para o
cálculo de áreas.
 Construcción da mediatriz dun segmento, da bisectriz dun ángulo, da
perpendicular a unha recta, dun ángulo igual a outro, das circunferencias
inscritas e circunscritas a un triángulo, de triángulos rectángulos, etc.

ACTITUDES

 Valoración da precisión, simplicidade e utilidade das linguaxes numérica,


gráfica, xeométrica e estatística para representar, comunicar ou resolver
diferentes situacións da vida cotiá.
 Sensibilidade e interese ante as informacións e mensaxes de tipo
numérico.
 Confianza nas propias capacidades para afrontar problemas e realizar
cálculos e estimacións numéricas.
 Perseveranza e flexibilidade na busca de solucións ós problemas.
 Sensibilidade e gusto pola precisión, a orde e a claridade no tratamento e
presentación de datos e resultados relativos a observacións, experiencias
e enquisas.

B.2. CONTIDOS 2º ESO


CONCEPTOS

1ª AVALIACIÓN

 Números enteiros:
- Números enteiros. Valor absoluto. Números enteiros.
- Valor absoluto dun número enteiro.
- Oposto dun número enteiro
- Suma e resta de números enteiros
- Produto de números enteiros.
- División exacta de enteiros.

 Potencias e raíoces cadradas


- Base e expoñente dunha potencia.
- Potencias de base enteira e expoñente natural.
- Produto e cociente de potencias coa mesma base.
- Potencia dunha potencia.
- Produto e cociente de potencias co mesmo expoñente.
- Raíz cadrada exacta.
Programación de departamento Curso 2009-2010

- Valores aproximados dunha raíz cadrada. Raíz cadrada enteira.


- Resto dunha raíz cadrada.
- Produto e cociente de raíces cadradas.
- Potencia dunha raíz cadrada.
- Xerarquía de operadores aritméticos.

 Fraccións e decimais
- Fraccións equivalentes.
- Fracción irreducible.
- Suma e resta de fraccións.
- Produto e cociente de fraccións.
- Potencia e raíz dunha fracción.
- Operacións combinadas con fraccións: xerarquía de operadores
aritméticos e parénteses.
- Número decimal correspondente a unha fracción.
- Fracción xeratriz.
- Suma, resta, produto e cociente de decimais.
- Aproximacións dunha raíz cadrada.
- Notación científica para cantidades grandes.

 Expresións alxébricas
- A linguaxe alxébrica.
- Expresión alxébrica.
- Monomios e polinomios.
- Grao dun monomio.
- Grao dun polinomio.
- Termos dun polinomio.
- Coeficiente e parte literal dun monomio.
- Valor numérico dunha expresión alxébrica.
- Operacións con monomios: suma, resta, produto e cociente.
- Operacións con polinomios: suma, resta, produto e cociente entre un
monomio.
- Igualdades notables: cadrado dunha suma, cadrado dunha resta, suma
por diferenza.
- Potencia dun polinomio.

2ª AVALIACIÓN

 Ecuacións
- Igualdade, identidade, ecuación.
- Grao dunha ecuación.
- Solución dunha ecuación.
- Ecuacións equivalentes.
- Ecuacións de primeiro grao. Resolución.
- Ecuacións de segundo grao incompletas. Resolución.
- Ecuacións de segundo grao completas. Resolución.

 Sistemas de ecuacións
Programación de departamento Curso 2009-2010

- Ecuacións con dúas incógnitas.


- Sistemas de dúas ecuacións con dúas incógnitas.
- Solución dun sistema.

 Magnitudes proporcionais
- Razón e proporción numérica.
- Magnitudes e reparticións directamente proporcionais.
- Porcentaxe e variacións porcentuais.
- Xuro simple.
- Magnitudes e reparticións inversamente proporcionais.

 Funcións: propiedades globais.


- Coordenadas cartesianas.
- Fórmulas, táboas e gráficas.
- Concepto de función.
- Representación gráfica de funcións.
- Propiedades globais das funcións.

 Funcións de proporcionalidade directa e inversa


- Función de proporcionalidade directa.
- Funcións afíns.
- Pendente e ordenada na orixe.
- Rectas paralelas.
- Función de proporcionalidade inversa.

3ª AVALIACIÓN

 Estatística e probabilidade.
- Caracteres e variables estatísticos.
- Frecuencias e reconto de datos.
- Gráficos estatísticos.
- A media aritmética.
- A moda.
- A mediana.
- Medidas de dispersión..
- Sucesos.
- Probabilidade.

 Medidas. Teorema de Pitágoras.


- Instrumentos de medida
- Estimación de medidas.
- Erros de medida e cotas. Precisión.
- Medida do tempo.
- Operacións con medidas de tempo.
- Medidas de ángulos.
- Operacións con medidas de ángulos.
- Teorema de Pitágoras.Medidas indirectas.
- Recoñecemento de triángulos rectángulos.
- Cálculo de distancias.
Programación de departamento Curso 2009-2010

 Semellanza. Teorema de Tales.


- Figuras semellantes coma as que teñen a mesma forma e os seus
segmentos proporcionais. Razón de semellanza ou escala de figuras e de
áreas.
- Criterios de semellanza entre figuras planas.
- Teorema de Tales.
- A semellanza de triángulos e a división de segmentos.
- Ampliación e redución de imaxes. Mapas e planos. Maquetas.
- Aplicacións da semellanza para o cálculo de distancias inaccesibles.

 Corpos xeométricos
- Elementos básicos da xeometría.
- Rectas e planos.
- Ángulos diedros e poliedros.
- Poliedros. As súas características e elementos: caras, arestas e vértices.
- Prismas: paralelepípedos, ortoedros.
- Pirámides: as súas características e elementos.
- Os poliedros regulares. Tipos.
- Seccións planas dun poliedro.
- Posición relativa en que se encontran dúas arestas, dúas caras ou unha
aresta e unha cara nunha figura xeométrica.
- Corpos de revolución.
- Cilindros rectos.
- Conos.
- A esfera.

 Áreas e volumes de corpos xeométricos.


- Áreas dos prismas e poliedros regulares.
- Área da pirámide e do tronco de pirámide.
- Área do cilindro, o cono, o tronco de cono e a esfera.
- Capacidade e volume, e equivalencias entre unidades de volume e
capacidade.
- Volume de prismas.
- Volume de pirámides e troncos de pirámide.
- Volume do cilindro, o cono, o tronco de cono e a esfera.

PROCEDEMENTOS

- Identificar o signo e o valor absoluto dun número enteiro.


- Resolver sumas de números enteiros diferenciando os casos en que
teñen o mesmo signo ou signo contrario.
- Resolver restas de números enteiros converténdoas previamente en
sumas usando o concepto de oposto.
- Resolver produtos e divisións exactas de enteiros.
- Calcular operacións combinadas usando correctamente a xerarquía de
operacións aritméticas.
- Resolver problemas nos que aparezan números enteiros aplicando as
operacións necesarias e interpretando os resultados.
Programación de departamento Curso 2009-2010

- Calcular potencias de base enteira e expoñente natural.


- Expresar produtos e cocientes de potencias coa mesma base como unha
potencia única.
- Expresar potencias de potencias como unha única potencia.
- Expresar produtos e cocientes de potencias co mesmo expoñente como
potencia única.
- Calcular raíces cadradas de cadrados perfectos.
- Calcular a raíz cadrada enteira dun número enteiro expresando o resto.
- Calcular raíces cadradas de enteiros utilizando o algoritmo do cálculo da
raíz cadrada.
- Expresar como raíz única o produto e o cociente de raíces cadradas.
- Expresar como raíz a potencia dunha raíz cadrada.
- Utilizar correctamente a xerarquía de operadores aritméticos na
resolución de operacións combinadas.
- Recoñecer fraccións equivalentes.
- Encontrar fraccións equivalentes a unha dada.
- Simplificar fraccións ata encontrar a fracción irreducible.
- Sumar e restar fraccións reducindo a común denominador se é necesario
e simplificando o resultado.
- Multiplicar e dividir fraccións simplificando o resultado.
- Calcular potencias e raíces de fraccións.
- Utilizar correctamente a xerarquía de operadores aritméticos na
resolución de operacións combinadas con fraccións.
- Calcular a expresión decimal dunha fracción.
- Encontrar a fracción xeratriz dun decimal clasificando que tipos de
decimais lle corresponden a unha fracción.
- Encontrar aproximacións decimais dunha raíz cadrada non exacta coa
precisión necesaria.
- Utilizar a notación científica para expresar cantidades grandes.
- Utilizar a linguaxe alxébrica para expresar relacións entre variables ou
propiedades xerais.
- Identificar monomios e polinomios recoñecendo o seu grao, o seu número
de termos e os correspondentes coeficientes e partes literais.
- Calcular o valor numérico dun polinomio.
- Calcular sumas, restas, produtos e cocientes de monomios.
- Calcular sumas, restas e produtos de polinomios.
- Calcular cocientes dun polinomio por un monomio.
- Desenvolver o cadrado dun binomio.
- Desenvolver o produto dunha suma de monomios pola resta dos mesmos
monomios.
- Calcular potencias sinxelas de polinomios.
- Resolver ecuacións de primeiro grao por tenteo e aplicando as regras da
suma e o produto.
- Resolver ecuacións de segundo grao polo método máis adecuado
segundo o tipo de que se trate.
- Identificar e resolver problemas da vida cotiá e outras ciencias mediante
ecuacións de primeiro e segundo grao.
- Formulación e resolución de sistemas de dúas ecuacións de primeiro grao
con dúas incógnitas polos métodos de Táboas, Substitución e Redución.
Programación de departamento Curso 2009-2010

- Formulación e resolución de problemas mediante sistemas de dúas


ecuacións de primeiro grao con dúas incógnitas.
- Obtención de fraccións proporcionais e cálculo do termo descoñecido
dunha proporción numérica.
- Utilización da razón de proporción para obter cantidades directa ou
inversamente proporcionais e resolver problemas de reparto.
- Cálculo do tanto por cento dunha cantidade e de variacións porcentuais
mediante a razón de proporción ou polo índice de variación.
- Resolver problemas utilizando a fórmula do xuro simple.
- Representación de puntos no plano.
- Interpretación dos datos achegados por unha fórmula, táboa ou gráfica.
- Comprensión do concepto de función.
- Obtención da gráfica dunha función dada por unha fórmula ou unha
táboa.
- Interpretación das propiedades globais dunha función.
- Representación de funcións de proporcionalidade directa.
- Representación de funcións afíns.
- Obtención da pendente e a ordenada na orixe dunha función afín.
- Recoñecer cando dúas rectas son paralelas.
- Representación de funcións de proporcionalidade inversa.
- Elaborar táboas de frecuencias de datos.
- Agrupar datos en intervalos nos casos que sexa necesario.
- Elaborar gráficos adecuados a cada tipo de variable a partir dunha táboa
de frecuencias.
- Calcular a media, a moda e a mediana. Interpretar os resultados obtidos
destes cálculos.
- Calcular e interpretar o resultado obtido do percorrido, e a desviación
media.
- Realización de experimentos aleatorios.
- Utilizar a linguaxe propia do tema, suceso elemental, composto, seguro,
compatible, incompatible, seguro, imposible, equiprobable.
- Construír o espazo de mostra dun experimento aleatorio.
- Utilizar diagramas de árbore en sucesos sinxelos que sexan compostos.
- Calcular a probabilidade dun suceso aplicando a regra de Laplace.
- Representación gráfica de números decimais e das súas aproximacións.
- Realización de medidas directas cos instrumentos de medida
correspondentes.
- Estimación de medidas.
- Cálculo de erro absoluto e da cota de erro.
- Conversión das medidas de tempo e de ángulos da forma incomplexa á
complexa, e viceversa.
- Realización das operacións básicas con medidas de tempo e de ángulos.
- Cálculo de distancias descoñecidas a través do teorema de Pitágoras.
- Aplicación á resolución de problemas sobre medidas e sobre o teorema
de Pitágoras.
- Identificación de figuras semellantes, calculando a súa razón de
semellanza e nalgúns casos as súas áreas.
- Utilización do teorema de Tales para dividir un segmento en partes
proporcionais e representar números fraccionarios.
- Construción de figuras semellantes aplicando o método de Tales.
Programación de departamento Curso 2009-2010

- Recoñecemento dos criterios de semellanza en triángulos semellantes e


viceversa.
- Utilización da escala para crear ou interpretar planos e maquetas.
- Utilización de técnicas de resolución de problemas para abordar os
relativos ao cálculo de lonxitudes de segmentos proporcionais, medidas
de figuras semellantes, distancias entre obxectos que cumpran algún
criterio de proporcionalidade etc.
- Rectas e planos no espazo, a súa posición relativa.
- Ángulo diedro e poliedro, a súa medida.
- Clasificación e descrición dun poliedro polos seus elementos: tipos de
caras, número de arestas e vértices.
- Regra de Euler.
- Clasificación e descrición dos prismas segundo o polígono das bases.
- Clasificación e descrición dun poliedro regular.
- Desenvolvemento de poliedros.
- Aplicación das fórmulas das áreas dos polígonos para pescudar áreas de
prismas a partir da análise do seu desenvolvemento no plano.
- Interseccións de planos con poliedros. Recoñecemento de seccións.
- Representación do corpo que se obtén ao xirar unha figura plana arredor
dun eixe.
- Desenvolvemento de cilindros e conos.
- Aplicación do teorema de Pitágoras para o cálculo de determinados
elementos dos poliedros.
- Cálculo de áreas de poliedros e de corpos de revolución.
- Relacións entre a área dunha esfera e a do cilindro circunscrito a ela.
- Utilización de recipientes (botellas, caldeiros etc.) para que o alumno
pescude a capacidade dos mesmos, transforme estas unidades e
determine a súa equivalencia con unidades de volume.
- Descrición verbal de problemas referentes ao cálculo de volumes de
corpos xeométricos.
- Realización de actividades que permitan buscar relacións entre os
volumes de poliedros e os de corpos redondos.
- Aplicación das estratexias de resolución de problemas relacionadas co
cálculo de volumes.

ACTITUDES
- Valoración da importancia da aplicación correcta das técnicas para operar
enteiros adoptando actitude crítica na aplicación destas técnicas e
reflexionando sobre os propios erros e conclusións.
- Espírito crítico na resolución de problemas, valorando a conveniencia de
aplicar unha técnica ou outra e interpretando o significado dos números
enteiros en diferentes contextos.
- Interese na utilización de diferentes métodos para resolver exercicios, en
particular para calcular raíces de cadrados perfectos.
- Actitude crítica no uso das diferentes propiedades, diferenciando os casos
e aplicando a técnica correcta segundo as condicións de partida.
- Perseveranza na busca de solucións en exercicios con potencias e raíces,
superando as dificultades que un primeiro achegamento pode formular.
Programación de departamento Curso 2009-2010

- Actitude crítica na busca da solución correcta das operacións con


fraccións ou decimais propostas, valorando a obtención dun resultado
preciso.
- Interese polo uso de diferentes métodos para chegar á aproximación
decimal dunha fracción ou raíz, adoptando estratexias persoais para a
obtención desta aproximación.
- Actitude crítica no cálculo con polinomios analizando a coherencia dos
resultados.
- Perseveranza na busca de solucións en exercicios con expresións
alxébricas superando as dificultades que un primeiro achegamento pode
presentar.
- Valoración da necesidade e utilidade do uso da linguaxe alxébrica na
resolución de problemas da vida ordinaria ou doutras materias.
- Valoración da linguaxe alxébrica ligada ás ecuacións como unha forma
concisa e útil de expresar e resolver problemas da vida diaria.
- Confianza na propia capacidade para resolver ecuacións formuladas na
resolución de problemas.
- Valoración da precisión e utilidade da linguaxe alxébrica para representar
e comunicar diferentes situacións da vida cotiá.
- Valoración da utilidade dos sistemas de ecuacións na resolución de
problemas da vida cotiá.
- Perseveranza e confianza na resolución de problemas mediante sistemas
de ecuacións.
- Rigor e precisión na realización dos cálculos.
- Gusto por unha presentación ordenada e clara dos procesos e resultados.
- Curiosidade por encontrar relacións entre magnitudes
- Valoración positiva da necesidade de utilizar os conceptos relacionados
coas magnitudes proporcionais para resolver problemas da vida cotiá e
doutras ciencias.
- Valoración da presenza das porcentaxes e o xuro simple na vida cotiá.
- Gusto pola presentación clara e ordenada dos procesos e os resultados, e
polo rigor e a precisión na realización dos cálculos.
- Valoración das funcións para interpretar situacións da vida cotiá e doutras
ciencias.
- Carácter crítico cara á representación gráfica e a información que contén.
- Apreciación pola presentación clara dos procedementos e resultados.
- Rigor e precisión nos cálculos.
- Valoración das funcións para interpretar situacións da vida cotiá e doutras
ciencias.
- Carácter crítico cara á representación gráfica e a información que contén.
- Apreciación pola presentación clara dos procedementos e resultados.
- Rigor e precisión nos cálculos.
- Valoración da necesidade da ordenación de datos e a agrupación
adecuada dos mesmos, para o posterior cálculo de parámetros
estatísticos, e así poder chegar a interpretar os seus resultados.
- Recoñecemento da utilidade da estatística na vida cotiá para a
interpretación de múltiples realidades.
- Valoración da utilidade da calculadora en cálculos reiterativos.
- Gusto pola presentación ordenada das táboas, gráficos e cálculos dos
parámetros estatísticos.
Programación de departamento Curso 2009-2010

- Interese e curiosidade polos sucesos aleatorios.


- Valoración da utilidade da matemática para predicir situacións de
incerteza.
- Recoñecemento e valoración da utilidade das medidas para dar
información precisa do noso medio.
- Interese por realizar as medidas con rigor e expresalas con propiedade.
- Incorporación á nosa linguaxe de cada día da terminoloxía da medida.
- Adquisición do hábito de expresar os resultados dos problemas coas
unidades de medida adecuadas.
- Coidado e precisión na utilización dos instrumentos de medida.
- Curiosidade polo coñecemento dos sistemas métrico decimal e
sesaxesimal.
- Gusto e interese pola representación gráfica precisa e por unha boa
presentación dos traballos.
- Valoración e recoñecemento da utilidade das escalas para poder estudar
no papel obxectos, terreos etc., cuxo tamaño fai imposible o seu estudo
na realidade.
- Sentido crítico ante as representacións a escala utilizadas para transmitir
mensaxes ou efectuar medicións de diferente natureza.
- Recoñecemento e valoración da importancia do teorema de Tales en
aplicacións cotiás.
- Sensibilidade cara á dimensión lúdica das aplicacións derivadas da
proporcionalidade no mundo da arte, a pintura, a escultura, a arquitectura
e no mundo físico.
- Recoñecemento e valoración da importancia dos hábitos de claridade,
orde e pulcritude na formulación e na resolución dos exercicios de
semellanza.
- Interese e curiosidade pola observación e investigación sobre formas
xeométricas no plano e no espazo.
- Valoración da utilidade dos coñecementos de xeometría para o mundo da
arquitectura, a arte e a ciencia en xeral.
- Valoración da parte estética dos obxectos con formas xeométricas.
- Gusto e esforzo por describir verbalmente dun modo preciso figuras
xeométricas.
- Sentido crítico e precisión ante as representacións gráficas esquemáticas
de figuras xeométricas, recoñecendo posibles erros e corrixíndoos.
- Interese e gusto pola presentación ordenada, limpa e clara dos traballos
xeométricos, valorando o seu pragmatismo.
- Interese, gusto e curiosidade pola investigación sobre formas xeométricas
no espazo, as súas propiedades e as súas transformacións.
- Hábito por expresar sempre as lonxitudes, áreas e volumes nas unidades
de medida adecuadas.
- Recoñecemento e sensibilidade por darlle importancia á utilidade do
cálculo de áreas e volumes en actividades cotiás e noutras de tipo
profesional relacionadas co medio físico.
- Recoñecemento e valoración da importancia dos hábitos de claridade e
orde na resolución de problemas.
- Interese e curiosidade por coñecer as estratexias, distintas das propias, a
seguir na busca de solucións aos problemas relacionados co cálculo de
áreas e volumes.
Programación de departamento Curso 2009-2010

- Constancia e tesón pola busca de procedementos e estratexias para a


resolución de problemas xeométricos.

B.3. CONTIDOS 3º ESO


CONCEPTOS
1ªAVALIACIÓN

 NÚMEROS REAIS
- Fraccións. Números racionais.
- Fraccións equivalentes e fracción irreducible.
- Expresións fraccionaria e decimal dun número racional.
- Necesidade dos números irracionais.
- Expresión decimal dun número irracional.
- Números reais. Aproximacións decimais.
- Erro absoluto e relativo dunha aproximación.
- A recta real.Intervalos e semirrectas

 POTENCIAS E RAÍCES
- Potencia de expoñente enteiro.
- Potencias de 10. Notación científica
- Raíz dun número.
- Potencias de expoñente racional e raíces.
- Radicais equivalentes

 PROPORCIONALIDADE DIRECTA E INVERSA


- Razón e proporción.
- Magnitudes directamente proporcionais. Constante de proporcionalidade.
- Regra de tres directa. Reparticións proporcionais directas.
- Porcentaxes. Tanto por 1. Tanto por 100. Tanto por 1000.
- Diminución porcentual. Incremento porcentual.
- Magnitudes inversamente proporcionais. Constante de proporcionalidade
inversa.
- Regra de tres simple inversa.
- Regra de tres composta.
Programación de departamento Curso 2009-2010

 POLINOMIOS
- Expresión alxébrica.
- Expresións alxébricas equivalentes.
- Monomios. Elementos dun monomio.
- Polinomios. Elementos dun polinomio.
- Identidades notables: (a ± b)2, (a + b)(a – b).
- Obtención de fraccións equivalentes e da fracción irreducible.
- Operacións con números racionais.
- Xerarquía das operacións.

DIVISIÓN DE POLINOMIOS. RAÍCES


- Cociente de monomios e polinomios.
- Teorema do resto. Teorema do factor
- Raíz dun polinomio.
- Teorema fundamental da álxebra.
- Factorización de polinomios

2ª AVALIACIÓN

EXPRESIÓNS FRACCIONARIAS E RADICAIS


- Fracción alxébrica.
- Valor numérico dunha fracción alxébrica
- Fraccións equivalentes.
- Suma, resta, produto e cociente de fraccións alxébricas
- Expresións radicais.
- Valor numérico dunha expresión radical.
- Expresións radicais equivalentes.
- Operacións con expresións radicais

ECUACIÓNS E SISTEMAS DE ECUACIÓNS


- Igualdade numérica, identidade numérica e identidade literal.
- Ecuación. Solucións ou raíces.
- Ecuacións polinómicas. Grao.
- Ecuación de segundo grao.
- Coeficientes. Ecuación completa e incompleta.
- Relación entre as solucións e os coeficientes.
Programación de departamento Curso 2009-2010

- Recoñecer ecuacións homoxéneas.


- Ecuacións lineares con dúas ou máis incógnitas.
- Sistemas de ecuacións lineares. Coeficientes e termos independentes.
- Solucións dun sistema de ecuacións lineares: sistemas compatibles e
incompatibles, determinados e indeterminados.

TÁBOAS E GRÁFICOS ESTADÍSTICOS


- Recollida e tratamento de datos: poboación e mostra.
- Tipos de carácteres estatísticos: cualitativos e cuantitativos.
- Tipos de variables estatísticas: discretas e continuas.
- Frecuencias: absoluta e relativa.
- Distribucións estatísticas.
- Frecuencias acumuladas: absoluta e relativa.
- Táboas estatísticas.
- Gráficos estatísticos: diagrama de sectores, diagrama de barras, polígono
de frecuencia, histograma e diagrama linear .

PARÁMETROS ESTADÍSTICOS
- Parámetros de centralización: media aritmética, moda, mediana e cuartís.
- Parámetros de dispersión: rango, varianza, desviación típica, coeficiente de
Variación e valores atípicos.

3ª AVALIACIÓN

SUCESOS ALEATORIOS. PROBABILIDADE


- Experimento aleatorio.
- Espazo de mostra.
- Sucesos elemental e composto. Sucesos seguro, imposible, contrario.
- Espazo de sucesos. Unión e intersección.
- Sucesos compatibles e incompatibles.
- Frecuencias absoluta e relativa dun suceso.
- Probabilidade dun suceso.
- Regra de Laplace.
- Propiedades da probabilidade.
- Sucesos compatibles e incompatibles. Probabilidade da unión de sucesos.
Programación de departamento Curso 2009-2010

- Experimentos compostos.
- Sucesos dependentes e independentes.
- Probabilidade experimental
- Números aleatorios e simulación

SUCESIÓNS. PROGRESIÓNS
- Regularidade. Sucesión.
- Termo dunha sucesión. Termo xeral ou termo enésimo.
- Sucesións recorrentes.
- Produto dunha sucesión por un número.
- Suma de sucesións. Produto de sucesións.
- Progresión aritmética. Diferenza.
- Termo xeral dunha progresión aritmética.
- Suma de n termos consecutivos dunha progresión aritmética.
- Progresión xeométrica. Razón.
- Termo xeral dunha progresión xeométrica.
- Suma de n termos consecutivos dunha progresión xeométrica .

FUNCIÓNS
- Relacións funcionais: táboas, gráficas e fórmulas.
- Definición de función. Variables dependente e independente.
- Dominio e percorrido ou imaxe.
- Continuidade e descontinuidade.
- Taxa de variación.
- Crecemento e decrecemento.
- Máximos e mínimos.
- Simetrías: respecto da orixe e do eixo de ordenadas.
- Periodicidade.

FUNCIÓNS LINEARES E CUADRÁTICAS


- Función linear. Recta.
- Pendente dunha recta. Ordenada na orixe.
- Rectas crecentes e decrecientes.
- Rectas paralelas.
Programación de departamento Curso 2009-2010

- Función cuadrática. Parábola.


- Abertura dunha parábola. Vértice dunha parábola. Eixe dunha parábola.
- Representación de parábolas y = x2 + q, y = (x – p)2 e y = (x – p)2 + q.

PROCEDEMENTOS

 Obtención de fraccións equivalentes e da fracción irreducible.


 Operacións con números racionais. Xerarquía das operacións.
 Cambio entre a representación fraccionaria e decimal dun número racional.
 Operacións con números irracionais mediante as súas aproximacións
decimais.
 Representación gráfica dos racionais e dos irracionais.
 Distintos xeitos de representar intervalos e semirrectas en R e cambio entre
elas.
 Aplicación das propiedades das potencias de expoñente enteiro e racional.
 Aplicación das propiedades dos radicais para o cálculo e a simplificación.
 Cálculo do termo descoñecido dunha proporción.
 Identificación de magnitudes relacionadas directa e inversamente e
representación dos datos en táboas de proporcionalidade.
 Formulación e resolución de problemas de regra de tres simple directa, de
reparticións proporcionais directos, de porcentaxes (cálculo da cantidade
final, da cantidade inicial e da porcentaje) e de porcentaxes encadeadas.
 Utilización da regra de tres simple inversa para a resolución de problemas.
 Resolución de problemas de proporcionalidade composta mediante redución
á unidade e regra de tres composta.
 Cálculo do valor numérico dunha expresión alxébrica.
 Operacións con monomios.
 Suma, diferenta, produto e potencias de polinomios.
 Algoritmo da división enteira de polinomios. Regra de Ruffini para a división
por x – a.
 Cálculos das raíces enteiras e factorización dun polinomio.
 Cálculo do valor numérico dunha fracción e dos valores para os cales non
está definida.
 Simplificación de fraccións alxébricas. Redución de fraccións a común
denominador.
Programación de departamento Curso 2009-2010

 Suma, resta, produto e cociente de fraccións alxébricas.


 Cálculo do valor numérico dunha expresión radical.
 Operacións e cálculo con expresións radicais de igual e de distinto índice
 Tradución de relacións á linguaxe alxébrica.
 Despexar en relacións onde interveñen sumas, restas, multiplicacións,
divisións, potencias e raíces.
 Resolución de ecuacións de primeiro grao, de segundo grao (completas e
incompletas) e bicadradas.
 Número de solucións dunha ecuación de segundo grao: discriminante.
 Sistemas equivalentes. Resolución de sistemas lineares de dúas ecuacións
con dúas incógnitas polos métodos de redución, substitución e gráficamente.
 Formulación e resolución de problemas con ecuacións de primeiro grao, de
segundo grao e sistemas de ecuacións
 Utilización da linguaxe verbal e gráfica para expresar situacións de tipo
estatístico.
 Diferenciación dos conceptos de poboación e mostra. Recoñecemento do
carácter e do tipo de variable implicados nun estudo estatístico.
 Elaboración de táboas de frecuencias a partir de datos e gráficos extraídos
de diferentes medios.
 Construción de gráficos estatísticos a partir de táboas, valorando en cada
caso a conveniencia e o medio de representación máis adecuado.
 Cálculo da media aritmética e da moda para datos agrupados e non
agrupados. Cálculo da mediana para datos agrupados. Relación da mediana
e os cuartís.
 Obtención e interpretación do rango dunha distribución.
 Calculo da varianza e da desviación típica dunha distribución.
 Obtención do espazo de mostra, dos sucesos elementais, do suceso seguro
e do suceso imposible dun experimento aleatorio.
 Cálculo de operacións con sucesos.
 Detección de sucesos compatibles, incompatibles e contrarios.
 Emprego da regra de Laplace para determinar a probabilidade dun suceso.
 Emprego das propiedades do cálculo de probabilidades para determinar a
probabilidade dun suceso.
 Asignación de probabilidades á unión de dous sucesos (compatibles ou
incompatibles) e a sucesos aleatorios en experimentos compostos.
 Cálculo da probabilidade da intersección de dous sucesos, dependentes ou
independentes.
 Identificación dunha sucesión e cálculo do seu termo xeral.
Programación de departamento Curso 2009-2010

 Diferenciar entre progresión aritmética e xeométrica.


 Obtención do termo xeral dunha progresión aritmética ou xeométrica.
 Cálculo de elementos dunha progresión aritmética ou xeométrica a partir
doutros.
 Cálculo da suma de n termos dunha progresión aritmética ou xeométrica
 Resolución de problemas que impliquen progresións aritméticas e
xeométricas.
 IExpresión dunha función mediante linguaxe ordinaria, gráfica ou alxébrica.
 Recoñecemento das variables dependente e independente.
 Estudo gráfico da continuidade, o crecemento, o decrecemento, os máximos,
os mínimos, a simetría e a periodicidade dunha función.
 Resolución de problemas da vida real, determinando a ecuación,
recoñecendo as variables dependente e independente, e interpretando a
gráfica da función.
 Recoñecemento e representación de funcións lineares.
 Emprego da pendente para estudar o crecemento dunha función linear.
Obtención da pendente e a ordenada na orixe.
 Cálculo da ecuación dunha recta coñecidos dous puntos, a súa pendente e a
súa ordenada na orixe ou a súa pendente e un punto polo que pasa.
 Recoñecemento de funcións cuadráticas.
 Cálculo do vértice e do eixo dunha parábola.
 Obtención de parábolas por translación.
 Representación de parábolas mediante o cálculo das coordenadas do
vértice, o eixo e puntos simétricos respecto de devandito eixo
 Utilización da calculadora nas diferentes unidades didácticas que se
traballan ó longo do curso

ACTITUDES

 Sensibilidade e interese ante as informacións e mensaxes de tipo numérico.


 Recoñecemento da aparición dos diferentes tipos de números reais nas
matemáticas, as ciencias e a vida cotiá.
 Interese por aplicar o sentido común ao uso das aproximacións decimais na
resolución de problemas concretos
 Interese por aqueles fenómenos ou características que requiren para a súa
representación de cantidades moi grandes ou moi pequenas e da notación
científica, como unha ferramenta útil para utilizar devanditas cantidades.
Programación de departamento Curso 2009-2010

 Valoración da utilidade dos diferentes métodos matemáticos para resolver


problemas de proporcionalidade presentes na vida cotiá.
 Interese e curiosidade pola resolución de situacións nas que se haxa de
empregar porcentaxes.
 Valoración da utilidade das expresións alxébricas para describir situacións e
fenómenos procedentes de calquera ámbito científico e da vida cotiá.
 Interese por atopar expresións alxébricas apropiadas para representar
problemas relacionados coa xeometría, a ciencia e a técnica, e a vida cotiá.
 Interese pola redución dunha expresión a elementos máis simples, como
ocorre coa factorización polinómica.
 Valoración positiva da necesidade de empregar fraccións alxébricas e
expresións radicais, para poder resolver situacións relacionadas coa
xeometría, as outras ciencias e a vida cotiá
 Valoración positiva dos métodos de resolución de ecuacións e de sistemas
de ecuacións para obter a solución de problemas en contextos moi diversos
e, en particular, relacionados coa xeometría, a aritmética, as outras ciencias
e a vida cotiá.
 Recoñecemento da utilidade da linguaxe estatística para representar e
interpretar a realidade cotiá.
 Recoñecemento da utilidade das técnicas e procedementos de obtención
dos parámetros estatísticos para analizar e interpretar a información.
 Recoñecemento da aplicación do cálculo de probabilidades cando se teñen
que predicir resultados de fenómenos relacionados con situacións cotiás.
 Interese por describir de xeito preciso e coa linguaxe adecuada os
resultados dun experimento aleatorio.
 Valoración crítica da información recibida sobre experiencias nas que
intervén o azar.
 Interese pola observación e o estudo de regularidades presentes na vida
cotiá.
 Valorar de xeito positivo a importancia das funcións para estudar e resolver
problemas relacionados con outras materias ou coa vida cotiá.
 Recoñecer as funcións lineares e cuadráticas na vida real.
 Curiosidade por investigar relacións entre magnitudes.
 Coidado e interese ao realizar cálculos coa calculadora ou outros medios
tecnolóxicos.
 Valoración das propias capacidades para resolver problemas cotiáns nos
que se deban utilizar os contidos traballados ó longo do curso.
 Gusto pola claridade e a precisión na presentación dos traballos realizados.
 Respecto polas estratexias seguidas por outros compañeiros e diferentes
das propias para resolver diferentes situacións matemáticas.
Programación de departamento Curso 2009-2010

 Valoración e interpretación dos resultados que se obteñen ao resolver un


problema.
 Valoración da utilidade das matemáticas como vehículo para a análise e
interpretación da realidade.
 Recoñecemento e valoración do traballo en equipo como a maneira máis
eficaz para a busca e toma de datos e para levar a cabo tarefas complexas.

B.4. CONTIDOS 4º ESO


CONCEPTOS
1ª AVALIACIÓN

 NÚMEROS REAIS
- Expresión decimal dos números racionais.
- Os números reais.
- Aproximacións e erros.
- A recta real. Valor absoluto.
- Intervalos e veciñanzas.
- Notación científica.
- Potencias de expoñente racional.
- Radicais.
- Operacións con radicais.
- Racionalización de denominadores.
- Logaritmo dun número real.
- Propiedades e operacións con logaritmos.

 POLINOMIOS
- Expresión alxébrica. Valor numérico dunha expresión alxébrica.
- Monomio. Grao, termo independente, coeficiente e parte literal dun monomio.
- Valor numérico dun monomio.
- Polinomio. Grao dun polinomio. Valor numérico dun polinomio.
- Operacións con polinomios: suma, diferenza, produto e división exacta e
enteira de polinomios.
- Igualdades notables.
- Regra de Ruffini.
- Teorema do resto. Teorema do factor.
- Raíz enteira dun polinomio. Factorización dun polinomio
Programación de departamento Curso 2009-2010

- Teorema fundamental do álxebra.

 ECUACIÓNS E SISTEMAS
Ecuacións de primeiro e segundo grao.
-
Ecuacións bicadradas e polinómicas de grao maior ca dous.
-
Ecuacións racionais e radicais.
-
Ecuacións logarítmica se exponenciais.
-
Sistemas de dúas ecuacións lineares con dúas incógnitas.
-
Sistemas de ecuacións logarítmicas.
-
Sistemas de ecuacións exponenciais.
-
Sistemas de ecuacións de segundo grao.
-

 INECUACIÓNS E SISTEMAS
- Propiedades das desigualdades relacionadas coa suma e o produto.
Inecuación.
-
Membros dunha inecuación
-
- Solucións dunha inecuación. Conxunto de solucións dunha inecuación.
- Inecuacións equivalentes.
- Inecuacións de primeiro grao cunha incógnita.
- Inecuacións polinómicas de grao igual ou maior que dous.
- Inecuacións racionais.
- Sistemas de inecuacións de primeiro grao cunha incógnita. Método gráfico de
resolución.

2ª AVALIACIÓN

 SEMELLANZA
Figuras semellantes. Elementos homólogos.
-
Razón de semellanza.
-
Programación de departamento Curso 2009-2010

Razón das áreas e dos volumes.


-
Teorema de Tales.
-
Criterios de semellanza de triángulos.
-
Teorema da altura.
-

 TRIGONOMETRÍA
Graos, minutos e segundos como unidades de medida angular. Radiáns.
-
Razóns trigonométricas dos ángulos agudos dos triángulos rectángulos:
-
seno, coseno e tanxente.
Razóns trigonométricas de 30º, 45º e 60º.
-
Relación entre as razóns trigonométricas dun ángulo. Ecuación fundamental.
-
Razóns trigonométricas dun ángulo calquera.
-
Relación entre as razóns trigonométricas de dous ángulos suplementarios.
-
Relación entre as razóns trigonométricas de dous ángulos que difiren en
-
180°.
Relación entre as razóns trigonométricas de dous ángulos opostos.
-
Relación entre as razóns trigonométricas de dous ángulos complementarios.
-
Trigonometría con calculadora. Ecuacións trigonométricas.
-

 PROLEMAS MÉTRICOS
Resolución de triángulos rectángulos.
-
Teorema do cateto.
-
Teoremas do seno e do coseno.
-
Resolución de calquera triángulo.
-
Programación de departamento Curso 2009-2010

Lonxitudes e áreas de figuras planas.


-
Áreas e volumes de corpos xeométricos.
-

 XEOMETRÍA ANALÍTICA
Vectores fixos e libres no plano.
-
Operacións con vectores libres.
-
Módulo dun vector. Ángulo de dous vectores.
-
Distancia entre dous puntos.
-
Punto medio dun segmento.
-
A recta afín: ecuacións da recta.
-
Ecuación segmentaria da recta.
-
Posicións relativas de dous rectas.
-

3ª AVALIACIÓN

 SUCESIÓNS. LÍMITES DE SUCESIÓNS.


Sucesión de números naturais.
-
Termo dunha sucesión. Termo xeral.
-
Límite dunha sucesión.
-
Límites no infinito.
-
Máis infinito e menos infinito.
-
Operacións con sucesións. Relación entre os seus límites.
-
Límites indeterminados.
-
Programación de departamento Curso 2009-2010

n
A sucesión  1 
1  
-  n

O número e.
-

 FUNCIÓNS
Concepto de función.
-
Dominio de una función. Restricións ao dominio.
-
Descontinuidade e continuidade dunha función.
-
Crecemento e decrecemento dunha función. Máximos e mínimos.
-
Periodicidade. Funcións periódicas.
-
Función par e función impar.
-
Funcións recíprocas ou inversas.
-
Operacións con funcións.
-
Funcións definidas a anacos.
-

 LÍMITES DE FUNCIÓNS. CONTINUIDADE


Límite dunha función nun punto.
-
Límites no infinito.
-
Límites finitos e infinitos dunha función.
-
Propiedades dos límites.
-
Continuidade nun punto e nun intervalo.
-
Descontinuidade. Tipos de descontinuidades.
-

 ESTUDO DE FUNCIÓNS
Concepto de función linear. Concepto de pendente.
-
Programación de departamento Curso 2009-2010

Función cuadrática. Parábola. Vértice.


-
Función de proporcionalidade inversa.
-
Función racional.
-
Función exponencial.
-
Función logarítmica.
-
Funcións trigonométricas.
-
Se hai tempo suficiente, terminariamos o curso ampliando o bloque de
estatística e probabilidade traballados en 3º ESO.

PROCEDEMENTOS
 Expresión dos números racionais mediante fraccións, porcentaxes e formas
decimais periódicas.
 Expresar números reais mediante aproximacións decimais e determinar ou
acoutar o erro.
 Representar na recta real números, intervalos e veciñanzas.
 Capacidade para recoñecer as potencias de expoñente enteiro e operar con
elas.
 Expresar mediante notación científica cantidades moi grandes ou moi
pequenas, e realizar operacións con elas.
 Operar con radicais, racionalizando as expresións obtidas cando sexa
necesario.
 Cálculo do logaritmo dun número mediante a aplicación da definición en
diferentes bases.
 Cálculo do logaritmo dun número en calquera base utilizando a calculadora.
 Paso dunha expresión alxébrica a outra logarítmica e viceversa.
 Cálculo con polinomios e as igualdades notables.
 Aplicar a regra de Ruffini para determinar o cociente e o resto nunha división
dun polinomio entre un binomio da forma x − a.
 Utilizar o teorema do resto e o do factor para resolver distintos problemas.
Determinar as raíces enteiras dun polinomio e factorizalo.
 Recoñecemento dos métodos de resolución de ecuacións de primeiro,
segundo grao, bicadradas e sistemas de ecuacións.
 Resolver ecuacións polinómicas de grao maior ca dous, racionais, radicais,
logarítmicas e exponenciais.
Programación de departamento Curso 2009-2010

 Determinar as solucións de sistemas de dúas ecuacións non lineares con


dúas incógnitas.
 Resolver problemas da vida cotiá a partir da formulación e resolución de
ecuacións e sistemas.
 Identificar as desigualdades numéricas e alxébricas. Recoñecer cando un
número satisfai unha desigualdade alxébrica.
 Resolver inecuacións de primeiro grao e expresar a solución en forma de
intervalo, de desigualdade e graficamente.
 Factorizar polinomios para resolver inecuacións polinómicas de grao maior
ou igual ca dous ou racionais.
 Resolver álxebrica e graficamente sistemas de inecuacións de primeiro grao
cunha incógnita.
 Resolver problemas da vida cotiá a partir da formulación e resolución de
inecuacións e sistemas de inecuacións de primeiro grao.
 Identificación de figuras semellantes e de elementos homólogos nunha
semellanza.
 Establecer a proporcionalidade entre os lados de polígonos semellantes e
determinar a razón de semellanza de dúas figuras semellantes.
 Determinar a razón das áreas e dos volumes a partir da razón de semellanza
e viceversa.
 Aplicación do teorema de Tales para determinar se dous triángulos son
semellantes.
 Aplicación dos criterios de semellanza de triángulos.
 Aplicar os criterios de semellanza para demostrar que dous triángulos son
semellantes.
 Establecer a escala dos planos e mapas.
 Aplicar os coñecementos da semellanza para resolver problemas de
xeometría.
 Transformar a medida dun ángulo no sistema sesaxesimal a radiáns e
viceversa.
 Establecer as razóns trigonométricas dos ángulos agudos nos triángulos
rectángulos.
 Determinar a medida dos lados dun triángulo rectángulo cando se coñece un
deles e unha razón trigonométrica dun ángulo agudo.
 Determinar as demais razóns trigonométricas dun ángulo cando se coñece
unha delas.
 Relacionar as razóns trigonométricas dun ángulo calquera coas dun ángulo
do primeiro cuadrante.
 Determinar as razóns trigonométricas dun ángulo calquera coa calculadora.
Programación de departamento Curso 2009-2010

 Resolver ecuacións trigonométricas sinxelas utilizando as funcións sen–1,


cos–1 e tan–1 da calculadora.
 Resolución de triángulos rectángulos.
 Determinación da medida dos lados e dos ángulos de calquera triángulo
mediante a aplicación dos teoremas do seno e do coseno.
 Resolución de problemas de xeometría con corpos xeométricos, utilizando
lonxitudes, áreas e volumes.
 Resolución de problemas de xeometría ou topografía coa axuda da
trigonometría.
 Representación xeométrica dun vector.
 Determinación gráfica e numérica da suma de dous vectores libres e do
produto dun número real por un vector libre.
 Cálculo do produto escalar de dous vectores dados polas súas coordenadas
cartesianas.
 Cálculo do módulo dun vector e do ángulo de dous vectores dados polas
súas coordenadas cartesianas.
 Cálculo das coordenadas dun punto que divide a un segmento.
 Determinar as ecuacións da recta e transformar unhas noutras.
 Determinar a pendente, ordenada na orixe, vector director e puntos dunha
recta cando se coñece unha calquera das súas ecuacións.
 Discutir a posición relativa de dúas rectas.
 Construción dunha sucesión a partir do seu termo xeral.
 Cálculo de límites de sucesións.
 Dadas dúas sucesións das que coñecemos o seu límite, representación da
sucesión obtida ao operar con dúas sucesións orixinais. Relación entre o seu
límite e o das dúas sucesións dadas.
 Recoñecemento de límites indeterminados. Resolución destes.
n
 1
1  
 Estudo da sucesión  n  como aquela cuxo límite é o número e.
 Visualización do grafo dunha función para comprender esta.
 Relación entre a expresión analítica dunha función e a súa gráfica.
 Representación de funcións.
 Recoñecemento de descontinuidades, de máximos e mínimos, de intervalos
de crecemento e de periodicidades.
 Interpretación gráfica do límite dunha función nun punto.
 Determinación da continuidade dunha función nun punto. Interpretación
gráfica.
 Clasificación das descontinuidades dunha función
Programación de departamento Curso 2009-2010

 Debuxo da gráfica dunha función para estudar de que tipo é esa función.
 Cálculo das asíntotas dunha función.
 Estudo das propiedades das funcións máis habituais.
 Debuxo da gráfica de funcións máis complexas a partir de funcións simples.
 Utilización da calculadora nas diferentes unidades didácticas que se
traballan ó longo do curso
ACTITUDES
 Disposición favorable para recoñecer a necesidade e utilidade dos números
reais nas matemáticas e en problemas relacionados coa vida real.
 Aprecio pola necesidade da utilización dos logaritmos para o cálculo de
determinadas magnitudes relacionadas coas matemáticas, outras ciencias
ou a vida cotiá.
 Valoración da necesidade de adquirir as destrezas propias das operacións
entre polinomios como forma de simplificar expresións e buscar
regularidades entre elas.
 Interese por formular e resolver problemas que implican o uso da linguaxe
alxébrica.
 Utilización axeitada do vocabulario e terminoloxía alxébricas.
 Tenacidade e perseveranza na procura de solucións a hora de resolver os
problemas.
 Valoración positiva da necesidade de utilizar as ecuacións e as inecuacións
para resolver numerosas situacións relacionadas coas propias matemáticas,
coas outras ciencias ou coa vida cotiá.
 Recoñecemento da utilidade do concepto de semellanza de figuras
xeométricas.
 Valoración positiva da necesidade da semellanza na interpretación de
planos, mapas e maquetas.
 Gusto pola utilización das ferramentas propias da xeometría para resolver
problemas relacionados coa propia xeometría, co contorno físico e coa vida
cotiá.
 Valoración positiva da necesidade de utilizar relacións matemáticas que
liguen as medidas dos lados dun triángulo coas dos seus ángulos e das
relacións trigonométricas dun ángulo para poder resolver situacións
relacionadas coas propias matemáticas, as outras ciencias e a vida cotiá.
 Recoñecemento da utilidade dos vectores para interpretar e resolver
numerosas situacións de tipo xeométrico e como instrumento para a
descrición de situacións físicas, técnicas ou da vida real.
 Curiosidade polas múltiples formas de expresar a ecuación dunha recta.
 Recoñecemento da utilidade da xeometría analítica como ferramenta que
simplifica e resolve determinados problemas métricos.
Programación de departamento Curso 2009-2010

 Valoración positiva da utilidade das sucesións de números reais, e en


particular da idea do seu límite, para describir fenómenos científicos e
cotiáns do mundo que nos arrodea.
 Interese pola correcta aplicación das propiedades dos límites ao resolver un
problema.
 Disposición ao rigor e á orde no momento de analizar as características e
propiedades dunha función e na súa representación gráfica.
 Valoración crítica da información recibida en forma gráfica.
 Valoración das propias capacidades para resolver problemas cotiáns nos
que se deban utilizar os contidos traballados ó longo do curso.
 Gusto pola claridade e a precisión na presentación dos traballos realizados.
 Respecto polas estratexias seguidas por outros compañeiros e diferentes
das propias para resolver diferentes situacións matemáticas.
 Valoración e interpretación dos resultados que se obteñen ao resolver un
problema.
 Valoración da utilidade das matemáticas como vehículo para a análise e
interpretación da realidade.
 Recoñecemento e valoración do traballo en equipo como a maneira máis
eficaz para a busca e toma de datos e para levar a cabo tarefas complexas.
 Coidado e interese ao realizar cálculos coa calculadora ou outros medios
tecnolóxicos

III.-METODOLOXÍA E DIDÁCTICA

DECISIÓNS SOBRE A METODOLOXÍA EDUCATIVA


Na reunión do Departamento de Matemáticas realizada o día 10 de
Setembro do presente ano acordamos os seguintes criterios metodolóxicos co fin
de que os alumnos sexan, gradualmente, capaces de aprender de forma
autónoma, e dicir, realizar aprendizaxes significativas por si sós, ademáis do
desenvolvemento da facultade de razoamento e de abstracción.

CRITERIOS METODOLÓXICOS
A organización dos contidos. Os contidos estructuranse, ao longo da
etapa, tendo en conta a estructura lóxica da materia, pero tamén as
posibilidades de aprendizaxe dos alumnos e alumnas, según a súa idade.
Programación de departamento Curso 2009-2010

Os coñecementos previos. O Departamento considera que é vital partir


do nivel de desenvolvemento do alumno e das súas aprendizaxes previas,
para construir a partires dese punto, outras aprendizaxes que favorezan e
melloren o nivel de desenvolvemento.
Neste sentido farase, no mes de setembro, un repaso xeral de conceptos
previos básicos e pasaráselles unha proba de avaliación inicial para obter
información individualizada.
Iniciación das unidades didácticas. Os alumnos e alumnas xa realizaron
uns estudos anteriores de matemáticas, e formáronse unhas ideas máis ou
menos precisas sobre os conceptos estudiados. Incluso poden olvidarse
de boa parte deses coñecementos. Comézase cada tema detectando o que
queda de todo isto e correxindo, se procede, os erros que poidan
obstaculizar a aprendizaxe posterior.
Realización de actividades. En cada unidade didáctica realizaremos
actividades variadas e secuenciadas según o grao de dificultade.
Mandárase tódolos días actividades para realizar na casa relacionadas co
traballado da aula .
A aprendizaxe significativa. Daremos prioridade á comprensión dos
contidos que se traballan frente á súa aprendizaxe mecánica. Para que
unha idea nova poida ser asimilada, é necesario que teña sentido para o
alumno, é dicir, que se basee en experiencias cercanas, ben do seu
entorno vital ou ben correspondendo a aprendizaxes anteriores.
A linguaxe matemática. As ideas e conceptos propios das matemáticas
exprésanse nunha linguaxe específica composta de símbolos. Este é un
dos aspectos que integran a aprendizaxe matemática. A forma de chegar a
dominalo é, como cualquera linguaxe, dando sentido ás letras, practicando
en diferentes situacións e cun certo nivel de repetición.
A avaliación. Pensamos que convén obter información acerca do grao de
consecución dos obxetivos periódicamente. Decidiuse que esta avaliación
farase ao final de cada un ou dous temas dependendo da carga de contidos
e se estes están moi relacionados. Como os obxectivos están enunciados
sen a suficente concreción, máis adiante propoñemos uns criterios de
avaliación para indica-los contidos básicos que se deben aprender.
A libreta de traballo. Controlaremos o traballo realizado diariamente polo
alumno a través da libreta da clase. Esta ten que estar correxida
axeitadamente e limpa xa que pensamos que é básica para o asentamento
do aprendido na aula e como soporte para consulta.
Estimulación do alumno. Subliñamos a necesidade de estimular ao
alumno e fomentar a reflexión persoal sobre o realizado e a elaboración de
conclusións con respecto ao que se aprendeu, de modo que saiba en todo
momento qué debe conseguir ó estudiar cada unidade, o seu nivel de
coñecementos antes de abordala, qué contidos son os máis importantes e
se logrou os obxectivos ó finalizar.
En coherencia co exposto, os principios que orientan a nosa práctica
educativa son os seguintes:
Programación de departamento Curso 2009-2010

Metodoloxía activa.
Supón atender a aspectos intimamente relacionados, referidos ó clima de
participación e integración do alumnado no proceso de aprendizaxe:
- Integración activa dos alumnos e alumnas na dinámica xeral da aula e na
adquisición e configuración das aprendizaxes.
- Participación no deseño e desenvolvemento do proceso de
ensinanza/aprendizaxe.

Ensinanza cíclica.
A ensinanza das matemáticas debe levarse a cabo de maneira cíclica, de
forma que en cada curso coexistan novos contidos con outros que afiancen,
completen e repasen os de cursos anteriores, ampliando o campo de
aplicación e favorecendo con esta estructura a aprendizaxe dos alumnos.

Adaptación na metodoloxía.
A metodoloxía empregada debe adaptarse a cada grupo e situación,
facendo rendible ó máximo os recursos dispoñibles. Nos primeiros anos da
etapa debe traballarse a aprendizaxe inductiva, a partir da observación e a
manipulación, reforzando a adquisición de destrezas básicas e estratexias
persoais á hora de resolver problemas.

A resolución de problemas non debe considerarse como un programa á


parte, de maneira illada, senón integrarse en todas e cada unha das facetas
e etapas do proceso de aprendizaxe.

Preocupación polos contidos actitudinais.


As actitudes preséntanse tendo en conta que a ESO é unha etapa que
coincide con grandes cambios físicos e psíquicos nos alumnos. Esta
peculiaridade favorece o desenvolvemento de actitudes relativas á
autoestima e á relación cos demais. Na clase de matemáticas isto pódese
conseguir animando ó alumno no seu proceso de aprendizaxe, sinalando os
logros obtidos e mediante as actividades de grupo.

Atención á diversidade do alumnado.


A nosa intervención educativa cos alumnos e alumnas asume como un dos
seus principios básicos ter en conta os seus diferentes ritmos de
aprendizaxe, así como os seus distintos intereses e motivacións.

IV.-COMPETENCIAS BÁSICAS

Relación da materia coas competencias básicas


En liña co concepto de currículo disposto no artigo 6 da LOE, destacan o
Programación de departamento Curso 2009-2010

valor das competencias básicas. A Lei, no seu artigo 26.1 (principios


pedagóxicos da ESO) determina que nesta etapa prestarase especial atención
á adquisición e desenvolvemento de competencias básicas. Estas serán
referente dos procesos de ensino-aprendizaxe e de avaliación (promoción,
titulación e avaliación de diagnóstico ao finalizar segundo). Todo iso implica
que as ensinanzas que se establecen no currículo oficial e a súa concreción
nos centros han de garantir o desenvolvemento das competencias básicas
polos alumnos.
Os novos currículos da ESO identificaron oito competencias básicas
para o conxunto da escolaridade obrigatoria. Son as seguintes:
C1.-Comunicación lingüística.

C2.-Matemática.

C3.-Coñecemento e a interacción co mundo físico.

C4.-Tratamento da información e competencia dixital.

C5.-Social e cidadá.

C6.-Cultural e artística.

C7.-Aprender a aprender.

C8.-Autonomía e iniciativa persoal.

A contribución das matemáticas á consecución das competencias


básicas da Educación Secundaria Obrigatoria é esencial. Materialízase nos
vínculos concretos que amosamos a continuación.
A competencia matemática atópase, pola súa propia natureza, intimamente
asociada ás aprendizaxes que se abordarán no proceso de ensino/aprendizaxe
da materia. O emprego de distintas formas de pensamento matemático para
interpretar e describir a realidade e actuar sobre ela forma parte do propio
obxecto da aprendizaxe.
Convén sinalar que non todas as formas de ensinar matemáticas
contribúen por igual a adquisición desta competencia, polo que este
Departamento aposta por integrar o coñecemento matemático con outros
campos de coñecemento para obter conclusións e así facer énfase na
funcionalidade das aprendizaxes e a súa utilidade para comprender o mundo
que nos rodea.
Todos os bloques de contidos están orientados a aplicar habilidades,
destrezas e actitudes que fan posible comprender argumentos e expresar e
comunicar na linguaxe matemática.
Comunicación lingüística. As matemáticas contribúen á comunicación
lingúística, xa que son concebidas como un área de expresión oral e escrita na
formulación e exposición das ideas. Adquire especial importancia a expresión
tanto oral como escrita dos procesos realizados e dos razoamentos seguidos
Programación de departamento Curso 2009-2010

na resolución de problemas, posto que axudan a formalizar o pensamento.


Ademáis, a propia linguaxe matemática é, en si mesma; un vehículo de
expresións de ideas que destaca pola precisión nos seus termos e pola súa
gran capacidade para transmitir conclusións, grazas a un léxico propio de
carácter sintético, simbólico e abstracto.
Coñecemento e interacción co mundo físico. Unha significativa
representación de contidos matemáticos teñen que ver con iso. Son
salientables, neste sentido, a discriminación de formas, relacións e estruturas
xeométricas, especialmente co desenvolvemento da visión espacial e a
capacidade para transferir formas e representacións entre o plano e o espazo.
Tamén son apreciables as achegas da modelización; esta require
identificar e seleccionar as características relevantes dunha situación real,
representala simbolicamente e determinar pautas de comportamento,
regularidades e invariantes, a partir das que poder facer predicións sobre a
evolución, a precisión e as limitacións do modelo.
Competencia social e cidadá, vinculada ás matemáticas a través do emprego
da análise funcional e a estatística para estudar e describir fenómenos sociais.
A participación, a colaboración, a valoración da existencia de diferentes
puntos de vista e a aceptación do erro de maneira construtiva constitúen tamén
contidos de actitude que cooperarán no desenvolvemento desta competencia.
A competencia en expresión cultural e artística tamén está vinculada aos
procesos de ensino-aprendizaxe das matemáticas. Estas constitúen unha
expresión da cultura. A xeometría é, ademais, parte integral da expresión
artística da humanidade ao ofrecer medios para describir e comprender o
mundo que nos rodea e apreciar a beleza das estruturas que creou. Cultivar a
sensibilidade e a creatividade, o pensamento diverxente, a autonomía e o
apaixonamento estético son obxectivos desta materia.

Tratamento da información e competencia dixital, competencia para


aprender a aprender e autonomía e iniciativa persoal. Estas tres
competencias desenvólvense por medio da utilización de recursos variados
traballados no desenvolvemento da materia. Comunicarse, conseguir
información, retroalimentala, simular e visualizar situacións, obter e tratar datos,
entre outras situacións de ensino-aprendizaxe, constitúen vías de tratamento
da información, dende distintos recursos e soportes, que contribuirán a que o
alumno desenvolva maiores cotas de autonomía e iniciativa e aprenda a
aprender; tamén a perseveranza, a sistematización, a reflexión crítica e a
habilidade para comunicar con eficacia os resultados do propio traballo. Por
suposto, os propios procesos de resolución de problemas realizan unha achega
significativa porque se utilizan para planificar estratexias e asumir retos, e
contribúen a convivir coa incerteza controlando ao tempo os procesos en que
se toman decisións.
Nesta linea, este Departamento propondrá os alumnos unhas actividades
que conleven un traballo de investigación para a resosución das mesmas e así
salientar o tratamento da información, a utilización de recursos dixitais, a
Programación de departamento Curso 2009-2010

autonomia para resolver problemas e aprender.

V.-AVALIACIÓN
O proceso de avaliación ten como obxectivos:
- Coñecer a situación de partida dos alumnos cando se inicia unha unidade.
- Facilitar a formulación dun modelo de actuación adecuado ao contexto, en
función dos datos anteriores.
- Seguir a evolución do desenvolvemento e da aprendizaxe dos alumnos.
- Tomar as decisións necesarias para amoldar o deseño e desenvolvemento
da nosa acción educadora ás necesidades e logros detectados nos alumnos
nos seus procesos de aprendizaxe.

V.1.CRITERIOS DE AVALIACIÓN E RELACIÓN COAS


COMPETENCIAS BÁSICAS.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DE 1º ESO


 Estimar e calcular o valor de expresións numéricas sinxelas de números
naturais, números enteiros, números decimais e fraccións baseadas nas
catro operacións elementais e as súas propiedades.Resolver operacións
combinadas respetando a xerarquía nas operacións. (C2,C7)
 Utilizar na resolución de problemas relacionadas coa vida cotiá os métodos
de cálculo de forma adecuada a cada situación. (C2,C3,C8)
 Utilizar adecuadamente os criterios de divisibilidade para calcular o m.c.m.
e m.c.d.,resolver problemas de múltiplos e divisores dun número, e
distinguir números primos e compostos.(C2)
 Distinguir a base e expoñente dunha potencia enteira. Operar con potencias
enteiras e con potencias de base negativa. (C2)
 Calcular a raíz cadrada exacta ou enteira.(C2)
 Expresar situacións da vida real en linguaxe alxébrica e calcular o valor
numérico dunha expresión alxébrica.Operacións con expresións alxébricas
sinxelas.(C2,C3)
 Resolver ecuacións de primeiro grao cunha incógnita.(C2)
 Resolver problemas da vida cotiá mediante a formulación e a resolución de
ecuacións de primeiro grao.(C2,C3)
 Manexa-las distintas unidades de medida, así como as relacións que poden
establecerse entre elas. Resolución de problemas relacionados coa vida
cotiá.(C2,C3)
 Identificar se dúas magnitudes son directamente ou inversamente
proporcionais. Resolver problemas utilizando a redución á unidade e regras
de tres simples, directas e inversas.(C2,C3,C7)
Programación de departamento Curso 2009-2010

 Saber relacionar a porcentaxe coa súa razón e co seu número decimal, así
como calcular porcentaxes de cantidades, problemas con porcentaxes e a
súa relación coa regra de tres simple directa.(C2C3)
 Representar e interpretar unha función mediante táboas, gráficas ou
fórmulas, e saber pasar dunhas a outras.(C2,C3,C7)
 Interpretar e construir gráficas estadísticas sinxelas.Calcular a media
aritmética (simple e ponderada) e a moda dun conxunto sinxelo de datos.
Resolver problemas da vida cotiá utilizando a estatística.(C2,C3,C7)
 Predecir sobre a posibilidade de que un suceso ocorra a través dun reconto
de probabilidades.(C2,C3)
 Recoñecer e calcular ángulos complementarios e suplementarios, e
ángulos inscritos e centrais nunha circunferencia.(C2,C6)
 Identificar e construír a mediatriz dun segmento e a bisectriz dun ángulo.
Trazar e obtelas rectas e os puntos notables dun triángulo calquera.
(C2,C6)
 Aplicar a fórmula do cálculo da lonxitude dunha circunferencia e dun arco
para resolver problemas.(C2,C6)
 Recoñecer, debuxar e describir as figuras planas en exercicios e no seu
contorno inmediato distinguindo os seus elementos característicos.
(C1,C2,C6)
 Calcular o perímetro e areas das figuras planas mais elementais e plicalo a
problemas relacionados coa vida cotiá.(C2,C3,C6)
 Estimar e calcular medidas indirectas utilizando o teorema de Pitágoras.
(C2,C3)
 Recoñecer as distintas figuras do espazo e os seus elementos distinguindo
os distintos tipos de poliedros e de corpos redondos.(C2)
 Utilizar adecuadamente as fórmulas que permiten obter o volume dos
poliedros e resolver problemas.(C2,C3)

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DE 2º ESO


 Identificar números enteiros recoñecendo as súas características
fundamentais: signo e valor absoluto.(C2)
 Realizar sumas de enteiros distinguindo as distintas técnicas en función da
igualdade ou non dos seus signos.(C2)
 Expresar a resta de enteiros como suma do oposto, encontrando os opostos
dos subtraendos.(C2)
 Realizar produtos e divisións exactas de números enteiros, así como
operacións combinadas.(C2)
 Resolver problemas nos que se faga necesario o uso de números enteiros
interpretando os datos do enunciado e as conclusións obtidas.(C2,C3)
 Identificar as potencias de base enteira e expoñente natural recoñecendo a
base e o expoñente da potencia e calculando o seu valor.(C2)
Programación de departamento Curso 2009-2010

 Expresar como única potencia os produtos e cocientes de potencias da


mesma base ou co mesmo expoñente, así como as potencias de potencias.
(C2)
 Identificar as raíces cadradas e calcular o seu valor.(C2)
 Simplificar produtos e cocientes de varias raíces cadradas expresándoas
como unha única raíz.(C2)
 Resolver operacións combinadas con potencias e raíces utilizando a
xerarquía de operadores aritméticos.(C2,C7)
 Identificar as potencias de base enteira e expoñente natural recoñecendo a
base e o expoñente da potencia e calculando o seu valor.(C2)
 Resolver operacións combinadas con potencias e raíces utilizando a
xerarquía de operadores aritméticos.(C2)
 Recoñecer expresións alxébricas e utilizalas para expresar relacións entre
diferentes magnitudes, calculando o valor numérico destas expresións en
caso de que sexa necesario.(C2)
 Identificar nun polinomio o grao, o número de termos e o coeficiente e parte
literal de cada termo.(C2)
 Calcular sumas, restas, produtos e cocientes de monomios.(C2)
 Calcular sumas, restas, produtos de polinomios e cocientes dun polinomio
por un monomio.(C2)
 Desenvolver igualdades notables e potencias de polinomios de expoñente 2
ou 3.(C2)
 Identificar unha ecuación como unha igualdade de expresións alxébricas
que só se cumpren para algúns valores da variable.(C2)
 Recoñecer a incógnita, o grao e a solución dunha ecuación.(C2)
 Identificar ecuacións equivalentes de primeiro grao.(C2)
 Resolver ecuacións de primeiro grao.(C2)
 Resolver ecuacións de segundo grao.(C2)
 Resolver problemas mediante ecuacións.(C2,C3)
 Identificar os elementos básicos dun sistema de dúas ecuacións de primeiro
grao con dúas incógnitas.(C2)
 Formular e resolver sistemas de dúas ecuacións de primeiro grao con dúas
incógnitas.(C2)
 Resolver problemas mediante sistemas de dúas ecuacións con dúas
incógnitas.(C2,C3)
 Identificar unha proporcionalidade numérica.(C2,C3)
 Recoñecer dúas magnitudes directamente proporcionais e realizar
reparticións directas.(C2,C3)
 Recoñecer dúas magnitudes inversamente proporcionais e realizar
reparticións inversas.
 Calcular porcentaxes e variacións porcentuais.(C2,C3)
 Resolver problemas de xuro simple.(C2,C3,C5)
 Representar puntos do plano dados polas súas coordenadas cartesianas.
(C2,C3)
 Construír e interpretar gráficas dadas por fórmulas ou táboas.(C2,C3,C4)
 Identificar as características fundamentais dunha función.(C2)
 Analizar as propiedades globais dunha función.(C2)
Programación de departamento Curso 2009-2010

 Identificar os aspectos máis relevantes da función de proporcionalidade


directa.(C2,C3)
 Recoñecer unha función afín identificando a pendente e a ordenada na
orixe.(C2)
 Investigar se dúas rectas son paralelas.(C2,C6)
 Identificar os aspectos máis relevantes da función de proporcionalidade
inversa.(C2,C3)
 Recoñecer o tipo de variable. Facer reconto de datos. Realizar a táboa de
frecuencias, agrupalos en intervalos nos casos en que sexa necesario.
(C2,C3)
 Representar e interpretar os gráficos das características dunha poboación:
diagrama de barras, histograma, polígono de frecuencias, diagrama de
sectores.(C2,C3,C4,C5)
 Calcular a moda, a media, a mediana e as medidas de dispersión, rango e
desviación media.(C2,C3,C4,C5)
 Distinguir os diferentes tipos de sucesos e calcular a probabilidade dun
suceso utilizando a regra de Laplace.(C2,C3)
 Calcular aproximacións e erros.(C2)
 Utilizar o sistema sesaxesimal para medida de ángulos e tempos.(C2,C3)
 Utilizar o teorema de Pitágoras en problemas de medida.(C2,C3)
 Utilizar o teorema de Tales para determinar medidas e construír figuras
semellantes.(C2,C3)
 Recoñecer e aplicar os criterios de semellanza de triángulos e polígonos
para calcular os seus lados, as súas áreas ou aplicalos a problemas
métricos.(C2,C3)
 Utilizar a escala e a semellanza para interpretar planos e mapas.(C2,C3,C5)
 Coñecer os elementos dun poliedro.(C2)
 Traballar con figuras poliédricas desenvolvéndoas e determinando
lonxitudes dos seus elementos.(C2,C6)
 Recoñecer poliedros regulares.(C2)
 Recoñecer e describir corpos de revolución e os seus elementos.(C2)
 Cálculo de áreas en poliedros.(C2)
 Cálculo de áreas en superficies de revolución.(C2,C3)
 Cálculo de volumes e capacidade en figuras poliédricas.(C2,C3)
 Cálculo de volumes e capacidade de corpos de revolución.(C2)

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DE 3º ESO


 Utilizar os números racionais, as súas operacións e propiedades, para
recoller, transformar e intercambiar informacións e resolver problemas
relacionados coa vida diaria, cos ámbitos social e científico e co mundo
físico. (C1, C2, C3, C5, C6, C8)
 Coñecer as representacións decimais dos números racionais e irracionais e
empregalas para distinguilos entre si. (C2, C7)
 Empregar convenientemente as aproximacións decimais dos números reais
para realizar os cálculos básicos, sabendo estimar os erros absoluto e
relativo en cada caso. (C3, C4)
Programación de departamento Curso 2009-2010

 Saber recoñecer e construír subconxuntos sinxelos da recta real, tales como


intervalos abertos, pechados e semiabiertos, así como semirrectas. ( C2, C7)
 Calcular e simplificar expresións nas que interveñan potencias ou radicais,
aplicando as propiedades das súas operacións e respectando as normas de
xerarquía a hora de realizar estas operacións. (C1, C2, C7)
 Expresar cantidades moi grandes ou moi pequenas en notación científica, e
realizar cálculos e resolver problemas con devanditas expresións.
(C2, C3, C4)
 Coñecer a equivalencia entre potencias de expoñente racional e as raíces,
empregándoa para realizar operacións e simplificaciones. (C2, C7)
 Aplicar as potencias e os radicais á resolución de problemas do contorno
cotián ou doutras ciencias ou materias. (C2, C3, C5, C8)
 Identificar magnitudes directa ou inversamente proporcionais mediante
enunciados e táboas. (C1, C2)
 Resolver todo tipo de problemas reacionados coa proporcionalidade.
(C2, C3, C5, C7)
 Recoñecer a estrutura de expresións alxébricas sinxelas, así como
construílas a partir de expresións escritas referidas a magnitudes ou
problemas concretos e saber calcular o seu valor numérico. (C1, C2, C7)
 Recoñecer monomios e polinomios, e utilizar as técnicas e procedementos
básicos do cálculo alxébrico para sumalos, restalos, multiplicalos e elevalos
a potencias naturais. (C2, C7)
 Identificar e desenvolver as fórmulas e identidades notables. (C2, C8)
 Aprender e empregar os algoritmos de división enteira de polinomios e de
Ruffini. Comprender os teoremas do resto e do factor. (C2, C7)
 Coñecer o concepto de raíz dun polinomio, saber calcular estas raíces e
factorizar un polinomio. (C2, C7)
 Calcular valores numéricos e simplificar fraccións alxébricas e radicais
alxébricos. (C2)
 Reducir a común denominador, sumar, restar, multiplicar e dividir fraccións
alxébricas. (C2, C7)
 Saber simplificar radicais alxébricos, así como reducir a índice común un
conxunto de radicais. (C2, C7)
 Realizar as operacións básicas con radicais alxébricos, tanto do mesmo
como de distinto índice: produto, cociente, potencias e raíces. Aplicando
estas operacións, saber extraer e introducir factores baixo o signo radical.
(C2, C7)
 Resolver problemas da vida cotiá e dos ámbitos social e científico nos que
se precise o planeamento e resolución de ecuacións de primeiro e segundo
grao ou de sistemas de ecuacións lineais con dúas incógnitas. (C2, C4, C5)
 Obter termos dunha sucesión e deducir a súa regra de formación. (C2, C7)
 Identificar unha progresión aritmética ou xeométrica e calcular correctamente
a suma de n termos consecutivos. (C2, C8)
Programación de departamento Curso 2009-2010

 Aplicar progresións aritméticas ou xeométricas á resolución de problemas.


(C2, C5)
 Analizar globalmente diferentes funcións sinxelas e utilizar modelos lineais
para estudar diferentes situacións reais expresadas mediante un enunciado,
unha táboa, unha gráfica ou unha expresión alxébraica. (C1, C2, C5, C8)
 Identificar o dominio e percorrido ou imaxe, determinar a continuidade ou
descontinuidade, obter os intervalos de crecemento e decrecemento,
calcular a taxa de variación e sinalar os máximos e mínimos dunha función.
(C2, C7)
 Recoñecer funcións periódicas e simétricas, calculando o tipo de simetría.
(C2, C3)
 Distinguir funcións lineares derivadas de enunciados ou dadas por fórmulas.
Identificar a pendente e a ordenada na orixe dunha función linear. (C2)
 Obter a ecuación dunha recta e representala. Determinar se dúas rectas son
paralelas e recoñecer se unha función linear é crecente ou decreciente
mediante o estudo da pendente. (C2, C6, C7)
 Representar as parábolas: y = x2 + q, y = (x – p)2; y = (x – p)2 + q e funcións
cuadráticas mediante o estudo dos seus elementos máis característicos.
(C2, C8)
 Elaborar e interpretar informacións estatísticas tendo en conta a adecuación
das táboas e gráficas empregadas. (C1, C2, C4, C5, C8)
 Determinar a media, a mediana, a moda e os parámetros de dispersión para
un conxunto de datos agrupados e non agrupados. (C2, C7)
 Resolver problemas da vida cotiá que impliquen caracterizar a tendencia
central e a dispersión dun conxunto de datos. (C1, C2, C4)
 Empregar a calculadora para simplificar os cálculos dos parámetros
estatísticos. (C2, C7)
 Distinguir experimentos aleatorios dos que non o son. Obter o espazo de
mostra empregando técnicas de reconto. (C2, C3, C7)
 Describir os sucesos elementais que conforman un suceso. Realizar
operacións con sucesos. (C2)
 Asignar probabilidades a un suceso baseándose na regra de Laplace e nas
propiedades do cálculo de probabilidades. (C2, C8)
 Determinar a probabilidade de sucesos en experimentos compostos para
casos sinxelos. Distinguir cando dous sucesos son dependentes ou
independentes, e asignar probabilidades a sucesos en ambos os casos.
(C2, C5, C8)

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DE 4º ESO


 Determinar a expresión decimal dos números racionais. (C2)
 Utilizar e representar os números reais. (C2, C5, C7)
 Interpretar e operar con potencias de expoñente enteiro e fraccionario. (C2)
Programación de departamento Curso 2009-2010

 Aplicar a definición de logaritmo dun número e as propiedades dos


logaritmos para resolver problemas. (C1, C2, C8)
 Recoñecer monomios e polinomios, e utilizar as técnicas e procedementos
básicos do cálculo alxébrico para sumalos, restalos, multiplicalos e elevalos
a potencias naturais. (C2, C7)
 Identificar e desenvolver as fórmulas e identidades notables. (C2, C8)
 Saber empregar os algoritmos de división enteira de polinomios e de Ruffini.
Comprender os teoremas do resto e do factor. (C2, C7)
 Coñecer o concepto de raíz dun polinomio, saber calcular estas raíces e
factorizar un polinomio. (C2, C7)
 Resolver ecuacións de primeiro e segundo grao. (C2)
 Determinar as solucións de ecuacións polinómicas de grao maior ca dous,
racionais, radicais, bicadradas, logarítmicas e exponenciais. (C2, C7)
 Aplicar distintos métodos, alxébricos e gráficos, para resolver sistemas de
dúas ecuacións de primeiro grao con dúas incógnitas, e clasificalos segundo
as súas solucións. (C2, C4, C8)
 Resolver sistemas de dúas ecuacións non lineares con dúas incógnitas nas
que aparecen expresións de tipo cuadrático, logarítmico, exponencial…( C2)
 Recoñecer e resolver inecuacións de primeiro grao cunha incógnita. (C1, C2)
 Aplicar o método de factorización de polinomios para resolver inecuacións
de grao superior a dous e racionais. (C2, C7)
 Resolver sistemas de inecuacións cunha e dúas incógnitas. (C2)
 Traducir enunciados de situacións problemáticas que poidan resolverse con
ecuacións, inecuacións ou sistemas, e buscar a súa solución.
(C1, C2, C5, C8)
 Expresar o concepto xeométrico de semellanza como unha proporción de
magnitudes, mediante a constante de proporcionalidade ou razón de
semellanza. (C1, C2, C6)
 Coñecer e aplicar convenientemente o teorema de Tales para resolver
problemas de triángulos. (C2, C7)
 Relacionar o teorema da altura coa semellanza de triángulos e facer uso das
aplicacións dese teorema. (C2, C8)
 Utilizar tanto o sistema sesaxesimal como o radián para expresar a medida
dos ángulos e efectuar operacións con eles. (C1, C2, C3).
 Relacionar os lados e os ángulos dos triángulos rectángulos mediante as
razóns trigonométricas e o teorema de Pitágoras. (C2, C8)
 Coñecer e utilizar adecuadamente as relacións entre as razóns
trigonométricas dos ángulos dos triángulos rectángulos. Xeneralizar a
definición das razóns trigonométricas a calquera ángulo. (C2, C7)
 Saber calcular os lados e ángulos de calquera tipo de triángulo. (C2, C3, C8)
Programación de departamento Curso 2009-2010

 Aplicar as fórmulas usuais para determinar lonxitudes e áreas de figuras


planas elementais e para determinar o volume e a superficie de certos
corpos xeométricos: prismas, pirámides, cilindros, conos e esferas. (C2, C3)
 Distinguir e saber relacionar os vectores fixos cos vectores libres, así como
operar con vectores libres. (C2, C6, C7)
 Efectuar o produto escalar de vectores e coñecer as súas aplicacións. (C2)
 Coñecer e saber determinar as distintas ecuacións dunha recta, pasar
dunhas a outras e determinar con elas puntos, o vector director e a
pendente. (C2, C3, C4, C8)
 Utilizar as ecuacións das rectas de maneira conveniente para resolver con
elas problemas de paralelismo, intersección e perpendicularidade. (C2, C6)
 Caracterizar unha sucesión mediante o seu termo xeral. (C1, C2)
 Calcular o límite dunha sucesión. Identificar límites indeterminados e
resolvelos. (C2, C8)
 Estudar as características principais dunha función a través da súa
expresión alxébrica ou da súa representación gráfica. (C1, C2, C3, C7)
 Dadas dúas funcións, ser capaz de operar con elas e interpretar os
resultados que se obteñen. (C2, C8)
 Estudar e representar funcións definidas en varios anacos. (C2, C3, C7)
 Cálculo do límite dunha función. Estudo da continuidade dunha función.
(C2, C7)
 Recoñecer as funcións lineal, cuadrática, de proporcionalidade inversa,
racionais, logarítmica, exponencial e trigonométricas e dominar as
propiedades que as caracterizan. (C2, C3, C4, C7)
 Construír a gráfica de funcións máis complexas a partir da gráfica doutras
funcións máis simples. (C2, C6, C8)

V.2.PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE
AVALIACIÓN. MÍNIMOS ESIXIBLES.

Os alumnos/as e os seus pais son informados, ó comezo do curso, dos


seguintes aspectos sobre a avaliación da asignatura:

- Realizarase unha proba escrita ó remate de unha ou dúas unidades.


Programación de departamento Curso 2009-2010

- Aquel alumno/a que non supere a nota de 3 nunha proba escrita, non
apobará a avaliación.

- A libreta será revisada, polo menos unha vez ó trimestre, pola profesor/a e
virá firmada polos pais para que coñezan o traballo do seu fillo/a na materia.

- A presentación da libreta, cando as pida a profesor/a, é imprescindible para


aprobar a asignatura.

- A nota da avaliación virá dada pola media numérica das probas escritas, a
nota da libreta e o traballo diario do alumno/a (facer os deberes, atender na
clase, correxir ben os exercicios)

- Despois do Nadal haberá unha recuperación para os alumnos/as que teñan


suspensa a 1ª avaliación.
Despois de Semana Santa haberá unha recuperación para os alumnos/as que teñan
suspensa a 1ª avaliación, a 2ª ou as dúas.

V.3.CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN.

- As probas escritas constituirán o 90% da nota final da avaliación, serán 2 ou


3 probas por avaliación. A nota final será a media das probas. Mediante
estas probas valoramos se os alumnos/as acadan ou non o nivel mínimo do
coñecemento da materia.
As probas avalíanse nunca escala de 0 a 10.
Estas probas abarcarán os contidos que o profesorado considere oportuno,
tendo en conta o carácter continuo da avaliación e o desenvolvemento dos
contidos. Podendo variar o número de preguntas nas diferentes probas. A
puntuación das preguntas pode ser diferente, pero os alumnos/as coñeceran
a puntuación de cada pregunta no momento de realizar a proba.

- O 10% restante da nota virá dado por a actitude cívica e a participación nas
clases, as libretas e os hábitos de traballo e esforzo .

Na actitude e participación nas clases terase en conta se pregunta dúbidas,


se acude co material necesario, se mostra interese por aprender e polos
contidos que se están estudiando.
Os profesores corrixirán as libretas dos alumnos/as e avaliaranas coa
seguinte escala: MB, B, R, Mal. Dita corrección realizarase polo menos unha
vez ó trimestre. Na corrección terase en conta aspectos como : caligrafía,
ortografía, numeración correlativa dos exercicios, corrección adecuada dos
mesmos, desenvolvemento dos contidos, a realización de todas as
actividades e a presentación final da libreta.
Programación de departamento Curso 2009-2010

Os hábitos de traballo e esforzo, que os alumnos/as se esforcen en seguir as


explicacións, en facer as actividades na clase o una casa, en estudiar día a
día, en colaborar nos traballos de grupo e rematar os traballos na data
proposta polo profesor/a.
A participación na clase avalíase podendo conseguir os alumnos/as
chamadas positivas ou negativas.
Este 10% sumará ou restará na nota da avaliación dependendo de se a
cualificación é positiva ou negativa.

- Os alumnos/as que trala celebración da avaliación extraordinaria de


setembro teñan a materia cualificada negativamente e promocionen ó curso
seguinte, realizarán un plan de traballo de reforzo elaborado polo profesor
do curso no que se atope o alumno/a e coordinado polo xefe do
departamento.

VI.-ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
O obxetivo fundamental da Ensinanza Secundaria Obrigatoria é atender
as necesidades educativas de cada alumno/a. Os alumnos/as son diferentes
no seu ritmo de traballo, estilo de aprendizaxe, coñecementos previos, etc…
Todo isto sitúa ós docentes na necesidade de educar en e para a
diversidade.
No noso caso, co fin de esteblecer un proxecto curricular que se axuste
á realidade de nosos alumnos e alumnas, acordamos realizar unha
valoración inicial das súas características segundo os seguintes parámetros:
-Entrevista cos titores anteriores valorando o rendemento do alumno na
etapa anterior.
-Proba de avaliación inicial realizada nos primeiros días do curso, para
valorar os coñecementos previos de cada alumno.
-Repaso de coñecementos básicos e necesarios para comezar o novo
curso.
Deste modo o Departamento prevé distintas vías de resposta ante o
amplo abano de capacidades, estilos de aprendizaxe, motivacións e
intereses dos alumnos e alumnas.

REFORZOS E ADAPTACIÓNS
Dentro da disponibilidade do Centro procurarase atender ós alumnos/as
con maior dificultade na aprendizaxe, atendendo á diversidade en dous
niveis: na programación e na metodoloxía.
Se detectamos algún caso no que un alumno/a non poida seguir as
nosas asignaturas se falaría co titor/a e a través do titor/a se lle comunicaría
á orintadora para que nos indicase o tipo de adaptación que habería que
facer.
Programación de departamento Curso 2009-2010

ASIGNATURAS PENDENTES DE CURSOS ANTERIORES


Para a recuperación de alumnos/as coa matemática pendente de cursos
anteriores, o profesor do curso no que estea o alumno/a fará un seguimento
individualizado del, dándolle unha serie de actividades dos temas traballados
no curso anterior.
Os alumnos/as que presenten estas actividades feitas e aproben as
matemáticas do curso actual recuperarán a materia pendente.
Se non recuperan a asignatura deste modo terán a posibilidade de facer
unha proba escrita de mínimos que se realizará no mes de maio, e como
última posibilidade de recuperación os alumnos/as disporán da proba
extraordinaria de setembro.

VII.-TEMAS TRANSVERSAIS
Os temas transversais preséntanse coma un conxunto de contidos que
interactúan en tódalas áreas do currículo escolar, e o seu desenvolvemento
afecta á globalidade do mesmo; non se trata pois dun conxunto de ensinanzas
autónomas, senón máis ben dunha serie de elementos da aprendizaxe
sumamente globalizados.
Partimos do convencemento de que os temas transversais deben
impregna-la actividade docente e estar presentes na aula de forma
permanente, xa que se refiren a problemas e preocupacións fundamentais da
sociedade.
A contribución das Matemáticas á consecución das competencias básicas
da Educación Obligatoria é esencial. Materialízase nos vínculos concretos que
mostramos a continuación.

 Competencia social e cidadá.

Poderemos vincular esta competencia ás matemáticas a través da


participación, a colaboración, a valoración da existencia de diferentes puntos
de vista e o respeto hacia éstes.
Ademáis, o emprego da análise funcional e a estadística para estudar e
describir fenómenos sociais, constitúen tamén un conxunto de actitudes que
cooperaran no desenvolvemento desta competencia.

 Educación vial.

No tema de figuras xeométricas pódemos aproveitar as fotografías de


señáis viáis para reflexionar cos alumnos sobre a nacesidade de adquirir
conductas e hábitos de seguridade vial, tanto coma peatóns ou coma usuarios
de vehículos. Ademáis, reflexionar sobre a responsabilidade humana nos
accidentes e as súas consecuencias.

 Educación moral e cívica


Programación de departamento Curso 2009-2010

Empregaremos calquera actividade na que aparezan diferenzas de raza,


relixión, sexo, etc…para fomentar valores de solidariedade, igualdade,
valoración doutras culturas, e respecto cara os demáis. Deste modo trataranse
tamen a educación non sexista e a educación multicultural.
Tamén poderemos tratar estes temas a través da actitude na clase, na
fornación de grupos, nos debates, e nas intervencións e directrices do profesor.

 Educación do consumidor.

Ao longo de varias unidades (ecuacións, estadística, porcentaxes…)


aparecen contextos de tipo económico. Aproveitaremos eses enunciados para
reflexionar cos alumnos sobre a importancia de levar a cabo un consumo
responsable e crítico, e para desenvolver en eles o coñecemento dos seus
dereitos como consumidores.
Ademáis, traballar o concepto de interés simple e composto,
fundamental para comprender como varia o valor do diñeiro co tempo, pagar a
plazos, unha hipoteca etc… Mostrar os alumnos a necesidade de analizar
cuidadosamente as inversións monetarias e a súa rentebilidade antes de
levalas a cabo.

 Educación para a saúde.

Ao longo docurso aparecen numerosos contextos relacionados con


situacións da vida real, que aproveitaremos para transmiti-la importancia dunha
vida saudable e realizar algún tipo de deporte.
Poderemos empregar certos problemas da cuantificación proporcional
dos ingredientes dunha receta médica no tema de proporcionalidade, basear os
problemas de fraccións nos alimentos (pizza, tabletas de chocolate etc…) e
xenerar un debate sobre o que comemos, a importancia dunha dieta
equilibrada e reflexionar sobre novas enfermedades coma os transtornos
alimenticios.

 Educación ambiental.

Tanto nalgunhas situacións iniciais da unidade, como nas actividades


presentaremos e analizaremos intencionadamente temas vinculados á
educación ambiental: importancia da reciclaxe para coida-lo medio, a
necesidade de evita-la contaminación dos ríos para conserva-la biodiversidade,
o problema da seca, etc…
VIII.-ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
Ao longo do curso está previsto realizar algunhas actividades
relacionadas coa asignatura. Exposicións itinerantes (pendente da
disponibilidade en fechas dos organizadores dos eventos) e a participación nas
Olimpiadas Matemáticas, a Semana Matemática e o Rallye Matemático son
algunhas das actividades previstas para o presente curso. A medida que o
mesmo se desenvolva axustarase o calendario da organización das devanditas
actividades.
Programación de departamento Curso 2009-2010

IX.-DESENVOLVEMENTO DO PLAN LECTOR E O PLAN


TIC’s NA ASIGNATURA DE MATEMÁTICAS.
IX.1.- PLAN LECTOR
Ao longo do curso desenvolveranse as seguintes accións relacionadas
co Plan Lector:
 Lectura comprensiva dun texto de introducción a cada tema.
 Traballo específico da relación entre a linguaxe matemática e a
linguaxe común, facendo fincapé nos principais termos
matemáticos de cada tema.
 Recomendación de libros de lectura relacionados coas
matemáticas, adecuados a cada nivel e curso.
 Traballo na aula con noticias de prensa relacionadas con diversos
conceptos matemáticos.
 Lectura das actividades complementarias de cada tema que
aparecen no “Mural de Matemáticas” no libro de texto.
IX.2.- PLAN TIC’S

No que atingue ao Plan Tic’s, as accións que se desenvolverán serán as


siguientes:
 Utilización da calculadora nos temas que proceda.
 Utilización de ferramentas de ofimática (follas de cálculo) en
diversos temas da programación.
 Elaboración de táboas e gráficas estatísticas na aula de
informática.
 Utilización da pizarra electrónica nalgúns dos temas do programa.
 Traballo de búsqueda e investigación na rede sobor dalgús temas
do programa.
 Visualización dalgunha película relacionada co tema matemático.
 Proxección dalgúns videos de programas de televisión de temas
de interese relacionados coa materia.
X.-AVALIACIÓN DA PROGRAMACIÓN
Para avaliar a programación ao finalizar o curso, empregaremos os
seguinte documento:

AVALIACIÓN DA PROGRAMACIÓN

CURSO ACADÉMICO CLASE


Programación de departamento Curso 2009-2010

PROFESOR

ÁREA

DATOS ESTATÍSTICOS

CUALIFICACIÓN N.º DE ALUMNOS NOTA MEDIA CLASE

INSUFICIENTE

SUFICIENTE

BEN NOTA MEDIA NIVEL

NOTABLE

SOBRESALIENTE

OBSERVACIÓNS

AVALIACIÓN DA PROGRAMACIÓN

OBXECTIVOS

Traballáronse todos os obxectivos?

Afondouse nalgúns especialmente?

Obxectivos non alcanzados polos alumnos:

Cales: Razón:

Grao de consecución de obxectivos:

Propostas de mellora:

CONTIDOS

CONCEPTOS

Traballáronse todos os conceptos?

Desenvolvéronse especialmente os seguintes:


Programación de departamento Curso 2009-2010

Cales: Razóns:
 

Grao de adquisición de conceptos:

Propostas de mellora:

PROCEDEMENTOS

Traballáronse todos os procedementos?

Desenvolvéronse especialmente:

Cales: Razóns:
 

Grao de adquisición dos procedementos:

Propostas de mellora:

ACTITUDES

Traballáronse todas as actitudes?

Desenvolvéronse especialmente:

Cales: Razóns:
 

Grao de aplicación de actitudes:

Propostas de mellora:

MÉTODOS E DIDÁCTICA

Métodos aplicados:

Métodos máis eficaces:

Métodos menos eficaces:


Programación de departamento Curso 2009-2010

Aplicación das actividades:

Utilidade das actividades:

Innovacións metodolóxicas:

RECURSOS MATERIAIS

Libros de texto utilizados:

Libros extracurriculares:

Outros materiais:

Aplicación de novas tecnoloxías:

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Traballouse a superación de todos os criterios


de avaliación?

Cales se traballaron en maior medida?

Cales se traballaron en menor medida?

Criterios de avaliación non alcanzados polos alumnos:

Cales:


Grao de consecución dos criterios de avaliación:

Propostas de mellora:

También podría gustarte