Está en la página 1de 1

8 >> prensa-escuela

miércoles, 22 de enero del 2014 | la voz de la escuela

Aviso a navegantes
Convocada unha nova edición do concurso de blogs do Programa Prensa-Escuela
Xa a punto unha nova inmersión no mundo dixital. O programa Prensa-Escuela, que desenvolve a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, vén de poñer en marcha o seu concurso anual de blogs, que distinguirá tamén este curso a aquelas bitácoras en rede que amosen un bo uso das ferramentas dixitais nas aulas. Nelas está o porvir, o xerme do saber que permite seguir un rumbo no mundo; e no ciberespazo, camiños e posibilidades expresivas para comunicarse con outros. ¿Que posibilidades hai? ¿Canto temos ao noso alcance para aprender a comunicarnos mellor? ¿Como comezamos... ou por onde seguimos? As actividades do programa educativo de La Voz de Galicia inclúen talleres de formación dirixidos aos docentes que queiran abrir un caderno dixital, ou ben perfeccionar o uso dun caderno e o deseño de contidos. Así mesmo, na web do programa (www.prensa-escuela.es) está accesible unha guía básica de blogs, un blog mestre e, entre outro material, un apartado que permite a visita aos cadernos dixitais que están actualmente en marcha. Entre os blogs aos que dá acceso a web de Prensa-Escuela atópanse os tres gañadores da pasada edición do certame, que outorgou o primeiro premio a unha bitácora do CEIP Curros Enríquez, de Ourense. Os alumnos que elaboraron o mellor blog na edición 2012-13 pousaron ante a cámara coa sonrisa propia dun gañador nun instante fixado no recordo, mais o seu caderno on line non deixa de gañar actualidade. Corre a Voz des-

Próximo reto: cursos de blogs en rede para profesores
Un blog significa «ir máis alá do libro de texto», subliñou o profesor Alberto Sacido na convocatoria da presente edición dos cursos de blogs para mestres do programa educativo de La Voz. Para aproveitar ao máximo ese espazo multimedia no que se move como un peixe a información, Prensa-Escuela vai a máis: o deseño de novos cursos de blogs para mestres nese espazo que é preciso habitar para estar hoxe no mundo: o virtual. ■ Actualmente, a web de Prensa-Escuela achega recursos a todos os docentes polo labor de reforzar o vínculo entre a prensa e a escola a través da Rede.

MÓNICA FERREIRÓS

Un blog axuda a establecer vínculos entre a prensa, a escola, o lecer e as novas tecnoloxías

pediu o 2013 con Sonridermol. ¡Un champú! ¿Composición?: «100 mg de base de sonrisas, 20 mg de lipocosquillas, 30 mg de clorocosquillas y 10 mg de barbas de san José». Este e máis de 650 blogs reforzan os vínculos entre o saber e a actualidade cunha iniciativa de Prensa-Escuela que comezou no 2005-06. O mundo virtual pide máis diarios de navegantes. Consulta as bases do concurso de blogs na web do Programa Prensa-Escuela (www. prensaescuela.es).

ano conseguirán unha estancia para 25 nenos e dous adultos na estación de Manzaneda, por xentileza de Oca Nova Manzaneda; e mais un libro electrónico para o profesor. O segundo premio consiste nunha xornada no circuíto Karting Racing Dakart de Sanxenxo (para un máximo de 25 alumnos e dous adultos); e unha cámara de fotos dixital para o docente. Tamén hai un terceiro premio, que agasallará cun reprodutor MP4 a cada alumno, ata un máximo de 25, e cunha tablet ao seu profesor.

PREMIOS PARA GRANDES PROPOSTAS As mellores iniciativas terán premio. Os autores do blog que o xurado elixa gañador este

> Ana Abelenda
ana.abelenda@lavoz.es