Está en la página 1de 4

1.

Introdución ás vangardas

1. Definición
O termo vangarda é un termo de orixe militar, do francés avant-garde (“o
que vai diante”). Os seus trazos máis importantes son:
a) Desenvólvense nos primeiros anos do século XX, especialmente no período
comprendido entre as dúas guerras mundiais (1914 – 1940), aínda que teñen
influencia até a actualidade.
b) Teñen diferentes correntes denominadas ismos.
c) Son un proceso totalmente innovador e rupturista con todo o anterior. Neste
senso son algo semellante ao paso da Idade Media ao Renacemento, porén o
proceso vangardista é moito máis rápido (nos primeiros 20 anos do século XX xa
se desenvolveran tódolos ismos).
d) Son un movemento integral, é dicir, non se cinguen só a literatura, senón a
tódalas artes.
e) París é o centro deste movemento (igual ca Atenas na Antigüidade).

2. Características xerais das que participan tódolos ismos


A) Actitude anti-romántica e anti-sentimental: o artista intenta eludir calquera
palpitación humana, a obra é unha entidade en si, unha realidade autónoma. É o
que Ortega y Gasset denominou deshumanización da arte.
B) Renovación total dos materiais cos que se formula a arte. Na literatura entran
moitos símbolos, imaxes, unha linguaxe até entón impensábel (elementos da vida
cotiá).
C) Innovación da linguaxe (é unha característica que só se dá na literatura), que
pasa a ser automática, irracional e moitas veces absurda (o superrealismo
rexeita a lóxica e a razón).
D) Actitude de rebeldía contra as escolas anteriores, as regras sociais, os
preceptos morais...
As vangardas buscan a liberdade absoluta no proceso de creación. Son
movementos innovadores que xorden en Europa. Outros movementos posteriores
coma o beat ou o hippie xurdirán nos Estados Unidos.

 As vangardas en Galiza

En Galiza é o Grupo Nós o que tutela a adoutrina a creadores máis


novos para que se introduzan nas vangardas. Con todo, a Guerra Civil será unha
barreira infranqueábel para os movementos artísticos que non se recuperarán até os
anos 60. É Manuel Antonio o poeta máis plenamente vangardista da literatura
galega.

3. Principias –ismos
1) Futurismo: o seu ideólogo é F. T. Marineti e ségueno pintores coma U. Boccioni
ou C. Carrá. Os seus riscos máis importantes son:
a) Exaltación da enerxía, a civilización mecánica, en xeral os logros da
técnica1 (enerxía eléctrica, deportes, o mecánico...)
b) En relación co anterior, predominan verbos e substantivos que lle dan
rapidez ao texto, moitas veces telegráfico.
1
Marineti dicía que “un atomóbil de carreiras é máis perfecto cá Vitoria de Damotracia” (a Vitoria de
Damotracia era unha escultura que se considera modelo do canon).
1
Curso monográfico de poesía galega
2006/2007
USC
1. Introdución ás vangardas

c) Esquece e a condición humana exaltando a máquina e, neste senso, as súas


proclamas serán adoptadas polo fascismo (primeiro en Italia e logo na
Alemaña nazi). Mais os futuristas nin son precursores do fascismo nin
tiñan nada que ver con el.
d) Publican o seu primeiro manifesto o 20/11/1909 no xornal Le Figaro.
2) Cubismo: iníciao Picasso co cadro Les demoiseilles d’Avignon (As señoritas de
Avignon), adoptando a teoría de Baudelaire, segundo a cal os pintores debían
basearse nos paseos urbanos e na sordidez dos burdeis. Os seus principais
trazos son:
a) Descompón a realidade en liñas e planos.
b) Na literatura esta descomposición da realidade pódese desenvolver de dous
xeitos:
 Graficamente: cos chamados caligramas (calligrammes) creados polo
poeta francés Guillaume Apollinaire, que xogan co brando da folla.
Cando os caracteres dos caligramas non están escritos á man denomínanse
tipogramas.
 Na letra do propio poema (por exemplo, canso se describe unha imaxe
xeométrica).
3) Ultraísmo: xorde en Madrid arredor da Residencia de Estudiantes, o seu principal
teórico é o poeta hispanoamericano Guillermo de Toro e publícase un manifesto
na revista Grecia en 1919. O ultraísmo é máis estritamente literario.
Caracterízase por:
a) Supresión do sentimentalismo no poema.
b) O texto é unha resposta instantánea perante un estímulo externo.
c) A imaxe é o elemento nuclear.
4) Creacionismo: está moi ligado ao Ultraísmo e o seu teórico é o poeta chileno
Vicente Huidobro. Caracterízase por:
a) Considerar ao poeta como un pequeno deus2.
b) É un movemento deshumanizado.
c) O poema constitúese dunha superposición de imaxes continua, de xeito que
o valor das metáforas queda anulado.
Na literatura galega destaca De catro a catro de Manuel Antonio, aínda
que non é unha obra tan deshumanizada coma a maioría das creacionistas. En senso
estrito, esta obra é a única plenamente vangardista na literatura galega, influíndo
na poesía até a actualidade.
5) Dadaísmo: xorde en Zurich da man de Tristán Tzara.
6) Superrealismo3: é o –ismo máis importante para a poesía do século XX e
inflúe na poesía até a actualidade. O seu teórico foi André Bretón (Manifeste
du Surréalisme, 15/10/1924) e un dos poetas superrealistas de maior importancia
é Paul Èlouard, aínda que tamén é seguido por outros poetas4 e pintores (Marcel
Duchamp, Max Ernst, Miró, Picasso) e mesmo cineastas coma Buñuel (El perro
andaluz). Os seus trazos máis importantes son:
2
Vicente Huidobro dicía que “hai que facer un poema como a natureza fai unha árbore”.
3
Debemos evitar o termo surrealismo, unha mala tradución do francés surréalisme.
4
É o caso dalgúns dos integrantes da Xeración do 27 española coma Lorca (Poeta en Nueva York) e
doutros como Aleixandre (La sombra del paraíso).

2
Curso monográfico de poesía galega
2006/2007
USC
1. Introdución ás vangardas

a) Teñen como antecedentes a Baudelaire, Mallarmé, Rimbaud (Une saison


dans l’enfer, 1873) ou Isodore Ducase, Conde de Lautrémont (Chants de
Maedoror, 1869)
b) Non só pretende renovar as artes, senón tamén a vida, a sociedade.
 Así, os seus promotores son poetas sociais. En Francia están ligados á
esquerda, ao Partido Comunista Francés (PCF), como é o caso de André
Bretón.
 Neste senso está relacionado coas teorías de Sartre.
c) Busca a supresión de toda lóxica e convencionalismo:
 Defenden o automantismo psíquico, polo que lle dá unha grande
importancia ao subconsciente e ao mundo onírico (na literatura úsase a
escrita automática).
 Conecta coa teoría da psicanálise de Freud.

Algúns exemplos
- Influencia futurista (puntos cardinais).
“Excelsior”
- Influencia creacionista (individualidade do poeta).
(Manuel Antonio5, Foulas)
- Tipograma.
“Variacións sobor do mesmo
tema”
- Influencia dos caligramas cubistas.
(Luz Pozo Garza, Concerto de
outono)
“Arte poética” e “La poesía”
- Creacionismo (poeta = pequeno deus)
(Vicente Huidobro)

Imos ver agora outros dous exemplos de poesía vangardista de Vicente


Risco:
“Triadas lúdicas”
Risco aínda non evolucionara cara o galeguismo (interésase polo ocultismo)
Disposición caligráfica
Lembra á poesía celta
Lembra ás triadas de J. V. Foix sobre o Mediterráneo

“U... Ju juu...”
Introdución de elementos técnicos (vapor, fíos eléctricos,
Futurismo antena, puntos cardinais...)
Visión de futuro
TRAZOS Disposición gráfica (caligrama, escaleira)
VANGARDISTAS Imaxes cubistas (“Dúas áas diagolanadas d’azur baten no
Cubismo
mar”; “Trés pintados de sol furando a terra/ no cabo de todol-os
paralelos”)
Outros Supresión da puntuación ortográfica

Repetición da palabra “terra” (volkgeist)


Atlántico
SENTIMENTO DA
Atlántida: é un recurso moi frecuente na literatura dos pobos que esperan un
TERRA
mellor porvir, o rexurdir de algo baixo as augas6. A cidade asolagada máis
famosa de Galiza é Antioquía7, que estaría debaixo da desaparecida lagoa de
Antela.
5
Manuel Antonio só publicou en vida De catro a catro, o resto das súas obras foron publicadas trala
súa morte (García Sabell).
6
O catalán M. J. Verdaguer escribe o poema épico “La Atlántida”; En A noite estrelecida de Cabanillas
na tumba de Artur pon esperade, referíndose á espera dese rexurdir.
7
En Orden y caos. Exégesis de los mitos de Risco fálase de Antioquía dicindo que algunhas noites
tocan as campás, campás que simbolizan a esperanza e que se algún día deixamos de oír estaremos
perdidos.
3
Curso monográfico de poesía galega
2006/2007
USC
1. Introdución ás vangardas

4
Curso monográfico de poesía galega
2006/2007
USC