Está en la página 1de 3

1.

Converxencia entre literatura e informática

1. Introdución
1.1. Literatura e novas tecnoloxía: algunhas figuras importantes
a) Unha das figuras máis importantes no que se refire a literatura e novas
tecnoloxías é G. P. LANDOW. A súa web dedicada á literatura e a cultura
dixital e os enlaces que nela atopamos (coma victorianweb ou cyberspace)
poden sernos de grande axuda.
b) SUSANA PAJARES TOSCA, investigadora no eido do hipertexto e os
videoxogos.
c) LAURA BORRÁS CASTANYER, profesora da Universitat Oberta de
Catalunya.
d) JOHN UPDIKE, o primeiro en propor unha novela colaborativa (Murder
makes the magazine).

1.2. Intertextualidade e remediación


Intertextualidade é un termo acuñado por M. BAJTÍN e retomado por
JULIA KRISTEVA e GENETTE. Este termo fai referencia á relación entre textos
(cita, plaxio, alusión). Hai un caso concreto de intertextualidade que se refire a
adaptación de xéneros (por exemplo, partindo dunha obra literaria facer un filme ou
partindo dun filme facer un videoxogo), é o que se denomina remediación
(remediation).

1.3. O concepto de hipertexto


En sentido xeral o concepto de hipertextualidade fai referencia á
relación que un texto B ten co seu predecesor A. Así, a Eneida de Virxilio e o Ulises
de Joyce son hipertextos que remiten á Odisea de Homero. Porén, na actualidade a
aparición da linguaxe HTML (HyperText Markup Language) volve este concepto
moito máis amplo.
Deste xeito, as diferentes relacións vólvense múltiples, danse bifucacións
ad infinitum. Isto é o que GILLES DELEUZE e FÉLIX GUATTARI denominaron
rizoma, concepto que sería aplicado pola teoría do hipertexto para describir a
estrutura da internet, que funciona grazas a entradas enlazadas de xeito non
xerárquico mediante as denominadas ligazóns, links, nodos, enlaces ou lexia. Este
último termo, lexia (do fr. lexie) foi acuñado por ROLAND BARTHES en relación
cos fragmentos de texto, non coa internet. Sería LANDOW quen aplicaría este
concepto á rede.

1.2.1. Algunhas características da literatura hipertextual


a) Inicio múltiple.
b) Traxectoria que varía en función do inicio e que se bifurca.
c) O final non é conclusivo nin fechado e depende da traxectoria que se seguise.
d) O autor pode ser individual ou múltiple.
e) O lector tamén é diferente porque é interactivo1 e, ao interactuar coa obra,
vólvese en parte autor dela. É o que se denominou wreader (escrilector,
lectoautor) ou prosumidor (produtor+consumidor).

1
Isto levou algúns teóricos a falar da morte do autor, o cal non é así xa que aínda que o receptor
interactúe coa obra hai unha planificación previa por parte do autor ou autores.

1 Ciberliteratura e cultura dixital


2006/2007
USC
1. Converxencia entre literatura e informática

f) Combínase o texto con outros elementos coma a imaxe ou o son, por iso
dicimos que as obras son obras multimedia.
g) Facer crítica deste tipo de obras non é doado, pero debemos ter en conta
tódolos elementos que contén, non só o texto.
Imos ver algúns exemplos de literatura hipertextual:
 Gabriella infinita, de Jaime Alejandro Rodríguez, a primeira novela
hipertextual en castelán.
 Golpe de gracia, de Jaime Alejandro Rodríguez.
 Faith, de Robert Kendall, un exemplo de poesía cinética.

1.4. Algúns sites de interese


 Revista espéculo (hipertulia).
 Amazon, un dos sitios máis seguros para mercar por internet.
 Bookfinder, buscador de libros.
 Bibliofind, buscador de libros.

2. Os libros electrónicos
Os libros electrónicos son aqueles que atopamos en formato dixital (o
formato Acrobat Reader é o máis usado) e que podemos ler nun e-book2 (aparello
especialmente deseñado para esta finalidade), nun ordenador, nun PDA ou mesmo
nun teléfono móbil.
Estes libros en soporte electrónico teñen grandes vantaxes:
 Ocupan menos espazo.
 Maior capacidade de almacenaxe.
 O soporte é máis caro, pero os libros son máis baratos.
 Mellor conservación.
 Aforro de papel.
 Permítenlle ao autor ser á vez autor e editor, ademais de garantir os
dereitos de autor (moitos dos libros electrónicos non permiten a súa copia
e impresión).
Porén, a aparición dos libros electrónicos deu lugar a un debate, aínda
non superado, sobre o futuro do libro. Para moitos isto podería supor a desaparición
do libro en soporte físico, pero co tempo vimos que isto non foi así. Malia a aparición
de numerosos proxectos de bibliotecas virtuais que nos permiten un acceso máis
fácil a multitude de obras, o libro tradicional sigue a usarse.

3. Pedagoxía da literatura e novas tecnoloxías


Un dos elementos máis importantes para a pedagoxía da literatura
vencellado ás novas tecnoloxías son as chamadas bibliotecas virtuais, imos ver
algunhas:
 Biblioteca Virtual Galega
 Projecto Vercial
 Biblioteca Nacional e Biblioteca Nacional Digital (Portugal)
 Cervantes Virtual
 Gallica, biblioteca de literatura medieval

2
O termo e-book ou libro electrónico serve para referírmonos ao libro en formato dixital e ao aparello
deseñado especificamente para ler ese tipo de libros.

2 Ciberliteratura e cultura dixital


2006/2007
USC
1. Converxencia entre literatura e informática

 Project Gutenberg
 Bibalex
 Biblioteca Virtual Universal
 Biblioteca do estudante en língua portuguesa
 Biblioteca Virtual de pribi.com.br

4. Literatura electrónica e xenerativa


Cando falamos de literatura xenerativa referímonos á creación de textos
por parte dun ordenador ao que previamente se lle introduciu a información
necesaria para que sexa quen de realizar esta tarefa. Un exemplo é o Gerador
automático de poesía galega, feito polos Aduaneiros sem fronteiras. Outro sitio de
interese é OuLiPo, un obradoiro de literatura potencial ou

5. Literatura Flash
Con literatura flash referímonos a textos pertencentes aos diferentes
xéneros tradicionais, agás o teatro, e en soporte dixital. Nos seus inicios aparece un
Manifesto no que se define este tipo de literatura, que se caracteriza por:
a) Estar moi preto da narrativa curta, do conto e o microrrelato. A condensación
deste tipo de literatura obriga ao lector a interpretar todo aquilo que non se
di e, ademais, fai que os personaxes adoiten ser simples, lineais, pouco
caracterizados.
b) O texto vai acompañado dunha imaxe, característica que non a afasta moito da
literatura tradicional que tamén conta con ilustracións entre os paratextos.
Entre os sitios web nos que podemos atopar literatura flash destaca
flashquake.

6. Webquests

3 Ciberliteratura e cultura dixital


2006/2007
USC

También podría gustarte