Está en la página 1de 10

3.

O discurso narrativo durante o Franquismo e o Posfranquismo

1. Breve introdución a: Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe (1972)


1.1. Bio – bibliografía de Blanco Amor
Da vida de Blanco Amor (Ourense1 1897 – Vigo 1979) cómpre destacar
os seguintes puntos:
 En 1919 emigra á Arxentina, onde traballa no diario La Nación, que o envía a
Madrid como correspondente en 1929, época na que visitaría Ourense.
 Entre 1929 e 1931 comprometeríase definitivamente co galeguismo e o
republicanismo, se ben xa tiña un vínculo anterior con Risco.
 En 1933 volve a Galiza, coincidindo coa visita de Lorca (1932 – 1933) e a
aparición dos seus seis poemas galegos, que se considera que foron alentados por
Blanco Amor, Ernesto Guerra da Cal e Serafín Vázquez, entre outros. Envía
crónicas a La Nación que profetizan a Guerra Civil. Nese mesmo ano, 1933,
marchará a Buenos Aires e non volvería até 1965.
 Durante a súa estadía en Buenos Aires até 1965 será unha figura clave do exilio
xunto con Luís Seoane: dirixe a revista Céltiga e o xornal Galicia da Federación
de Sociedades Galegas.
 En 1965 volve a Galiza e manterá desde entón unha existencia desacougada e
penosa.
Blanco Amor foi poeta, dramaturgo, narrador, xornalista... Da súa obra
destaca:
A) POESÍA
 Romances galegos (1928), obra coa que se revela como poeta. Unha obra
debedora das modas do momento (neopopulismo da Xeración do 27) e cunha
tendencia neotrobadoresca. Moitos dos seus temas xiran arredor do amor non
correspondido e a natureza actúa como correlato escénico, como confidente coa
que dialoga o autor.
 Poema en catro tempos (1931), unha elexía pola morte dun pescador, algo insólito
por supoñer unha auténtica sinfonía.
B) NARRATIVA
 En Os nonnatos (1927) e A escaleira de Jacob (1933) Blanco Amor amósase
alleo á problemática galega, tratando problemas cotiáns da grande urbe.
 La catedral y el niño (1948), obra na que un narrador maduro lembra as vivencias
da nenez. Nesta obra danse por primeira vez unhas constantes que se repetirán en
tódalas demais, facendo da obra de Blanco Amor un macrotexto:
 Un só espazo literario: Auria ou A.
 Un narrador homodiexético en primeira persoa (testemuña,
protagonista).
 Ambientación en fins do século XIX e comezos do XX.
 Reflicte unha sociedade provinciana, hipócrita e xerarquizada.
 A esmorga (1959): novela novidosa pola técnica (técnica telefónica), pola súa
plasticidade cinematográfica e o tremendismo. Nela hai unha omnipresencia da

1
En A esmorga e Xente ao lonxe aparece a cidade de Ourense baixo o nome de Auria ou A. Ourense é a
cidade máis novelada de Galiza, quizais porque os novelistas máis ilustres son ourensáns. En Xente ao
lonxe Auria (“curral de vacas”) aparece a cidade da nenez e a adolescencia do autor como marco
narrativo, pero non a exalta como cidade.
1
Curso monográfico de narrativa galega
2006/2007
USC
3. O discurso narrativo durante o Franquismo e o Posfranquismo

choiva2. Foi obxecto da censura e a primeira edición é da editorial Citania,


Buenos Aires.
 Os biosbardos (1962), relatos sen tensión dramática (non son, polo tanto, un
conto) nos que os protagonistas son nenos que sofren a indiferenza dos seus pais.
Ademais trátase a sufrida figura da nai fronte ao carácter despótico do pai, o que
nos pode facer pensar en ronseis autobiográficos de Blanco Amor.
 Los miedos (1963), finalista do premio Nadal, amosa a crueza da infancia e da
adolescencia nun pazo preto de Auria (trazos autobiográficos).
 Xente ao lonxe (1972), en 1976 aparece xa sen censurar. É a primeira novela
galega na que aparece o proletariado3 como clase social, aínda que xa se
albiscaba en A esmorga.

1.2. Xente ao lonxe


O aspecto máis importante de Xente ao lonxe é contar unha historia, a
historia da familia Vilar, mais de xeito fragmentado. É a primeira vez na narrativa
galega que o proletariado aparece como protagonista.
Hai dous feitos que sitúan a novela:
a) O nacemento de Alberte, co que Suso se sinte coma o “príncipe destronado”.
b) A inminente morte do pai.
Por outra banda, son tres os personaxes nos que descansa toda a acción.
Personaxes ben definidos que representan a clase proletaria:
a) Suso: sobre o que recae a grande parte da narración, pero non ten porque ser el
o que conte os feitos máis importantes. É o aparente protagonista.
b) Evanxelina ou Vanxe: irmá de Suso á que o autor lle concede a última
palabra na novela.
c) Aser: pai de Suso e Evanxelina, é un mártir que desde un segundo plano
sementa nos outros personaxes a súa actitude modélica ante a vida.
Son tres personaxes dunha mesma familia, proletarios e ao lonxe
albíscanse as demais clases sociais de Auria. Dicimos que Suso é o aparente
protagonista porque estamos perante unha novela de protagonista colectivo4, con
máis de 170 personaxes (“personaxe porción”). É, ademais, a primeira novela
tremendista5 da literatura galega.

Por outra banda, nesta novela Auria é a fatalidade en relación aos


personaxes e criaturas que nela habitan, a fatalidade que persigue ao heroe até a
morte. Así, hai un tratamento despectivo da cidade (“curral de vacas”, “recinto de
pedra”, “cidade mortecina”), unha cidade provinciana e pechada en si mesma. A súa
hostilidade non é algo inherente a ela, senón que está provocada por unha serie de
elementos (en La catedral y el niño nome a beatas, funcionarios...)

2
Igual ca en No ventre do silencio, e o mesmo acontece coa neve no Ulises de Joyce ou coa calor
abafante en Agosto do 36.
3
A figura dos graxos (“delincuentes” que no inverno durmían ao carón das Burgas), tipicamente
ourensá, retratada por Valentín Lamas Carvajal e outros autores do século XIX é o antecedente dos
personaxes de A esmorga e Xente ao lonxe.
4
O mesmo acontece en La colmena de Cela ou en Manhattan Transfer de John dos Passos.
5
O Tremendismo é unha corrente literaria xurdida nos anos 40 do século XX en España, que buscaba
testemuñar os aspectos máis tétricos da realidade social mediante a descrición de escenas grotescas e
violentas.
2
Curso monográfico de narrativa galega
2006/2007
USC
3. O discurso narrativo durante o Franquismo e o Posfranquismo

Nos feitos que conta hai unha base real que é motor que xera a
6
literatura , o que non quere dicir que se reproduzan feitos reais. Hai unha
estilización que xoga coa lembranza melancólica do pasado e un futuro incerto no
que os personaxes camiñan cara a súa destrución.

1.2.1. Clases sociais

Hai dous grupos sociais enfrontados:


a) O señorío explotador e caracterizado negativamente e que conta co xornal El
eco del calvario. Está formado por:
 Clérigos (“cleripallo”), con privilexios e grande poder que usan para
defender os seus propios intereses e reprimir o proletariado. Son
ultraconservadores e son tratados con crueza7 ou ridiculizados8.
 Comerciantes maragatos, “señoritos de caldo á merenda” (funcionarios...)
b) A clase obreira, tratada positivamente, formada por xente que vive a súa vida
(ama, odia; acerta, erra, sálvanse, pérdense). Conta co xornal Vértigo.
As relacións entre ámbalas dúas son de conflitividade:
a) de aldraxe (clase alta  clase baixa), coma cando un señorito deixa preñada
á Ceboliña.
b) de reivindicación (clase baixa  clase alta), coma cando Andrea chantaxea
ao xuíz a prol de Aser.
1.2.2. Personaxes

Estamos, como xa dixemos, perante unha novela de protagonista


colectivo, con máis de 170 personaxes, aínda que hai quen quere ver o protagonismo
de Suso. De tódolos xeitos hai tres personaxes máis individualizados:
A) SUSO
 O autor amosa o seu desenvolvemento prematuro de neno a home, o seu
desacougo ao saír da nenez:
 Paquito da Vendolla introdúceo nos misterios a vida e na
masturbación que logo abandonará, ao igual cás prostitutas
(proletariado como exemplo de saúde moral).
 Elixio acláralle o tema da fecundación.
 Está moi ben definido e destaca a súa relación con dous personaxes da
novela:
 Aser, que exerce unha grande influencia nel.
 Alberte, cuxo nacemento o fai sentir desprazado xa que non quere
compartir a súa nai. O enfraquecemento de Berto fará que este
sentimento de hostilidade cara el se volva tenrura.

6
No prólogo de La catedral y el niño define a obra coma unha mestura de vivencias/recordos, soños e
estilización.
7
Coma no caso do crego de Santa María la Madre, que consigue que ninguén lle merque pan a un
panadeiro ateo e teña que marchar; o cura da Peroxa que incide na avoa de Suso para que este non vaia
á escola laica; o irmán Papuxas, que lle pega a Suso; o irmán Pierre, cualificado de pederasta.
8
Coma o cóengo Fabriqueiro e a súa falta de hixiene, fronte á limpeza da súa criada e da familia de
Aser. Esta falta de hixiene sería tratada polo doutor Barada, trasunto dun médico ourensán xa
homenaxeado por Otero Pedrayo no Libro dos amigos.

3
Curso monográfico de narrativa galega
2006/2007
USC
3. O discurso narrativo durante o Franquismo e o Posfranquismo

B) EVANXELINA
 Sofre unha evolución: ao comezo da novela é unha personaxe con trazos
masculinos, pero co tempo irá gañando beleza feminina e volvéndose unha
líder obreira que renuncia ao cabal nas mozas do seu tempo, o matrimonio,
pero non á maternidade.
 A súa relación con Suso, nun principio conflitiva, vólvese unha relación de
amizade e agarimo mutuo.
C) ASER
 É un home exemplar: asisado, busca a paz sen renunciar ás súas ideas,
respectado polos traballadores, dotado de virtudes morais, exemplo de pai de
familia e de marido.
 É un personaxe feito ao iniciarse o relato, que despois sofre o desterro e a
cadea, dirixíndose cara a súa destrución.
 É un mártir da historia, un exemplo para os seus fillos nos que quedará a
semente de futuro.
1.2.3. O tempo e a súa posíbel extrapolación

O relato xira arredor do mitin de Oseira (1909) que aparece na terceira


parte da novela. É o elemento nuclear da trama:
 Prenden a Aser.
 Comeza a amizade entre Suso, que primeiro se fiara do Elixio, e Xosé María
Cerdeira, quen o levará polo camiño do honor.
 Fala Evanxelina por vez primeira.

En 1909 Blanco Amor tería a mesma idade ca Suso e, aínda que se


podería falar dunha “posíbel identificación” do autor co personaxe, non podemos
considerar autobiográfico o relato.
Blanco Amor fai unha analoxía9 entre o momento de conflitividade de
comezos do século XX e o dos anos sesenta e setenta dese mesmo século:
a) A comezos do século XX vívese un momento de grande conflitividade social,
especialmente polos foros, no que o pazo era o símbolo da opresión (igual có
castelo para os Irmandiños). O autor tece, desde o presente, un relato nun
momento histórico remoto, aínda que con alusións a outros momento
(analepses) como é o caso do baldaquino de Ursaira, a desamortización de
Mendizábal (1836) ou o desastre colonial.
b) Nos anos sesenta e setenta do século XX había unha conflitividade social en
Galiza equiparábel á de principios de século, situación que Blanco Amor
denuncia con esta analoxía (clandestinidade das reunións, terxiversación da
información por parte dos xornais, medo á represión, apoio mutuo entre
autoridade civil e relixiosa). Os fitos máis importantes da conflitividade dos
sesenta e setenta son:
 1964: expropiación dos terreos para a construción do embalse de
Castrelo de Miño.
 1967: primeiras folgas na Universidade de Santiago, anteriores ao
maio francés.
 1970: proceso de Burgos.

9
Isto mesmo faino Cervantes en El Quijote para denunciar a Inquisición, empregando unha institución
anacrónica, a cabalería, polo que adopta un modelo paródico.

4
Curso monográfico de narrativa galega
2006/2007
USC
3. O discurso narrativo durante o Franquismo e o Posfranquismo

 1972: folgas nos estaleiros de Vigo e Ferrol.

1.2.4. A lingua

No “Prólogo útil”, aínda que é de temática moi dispar, o autor fai


reflexións lingüísticas explicando o galego que vai usar: di que vai facer unha “cata e
cala in vivo da lingua popular” rescatándoa do enxebrismo, o costumismo e o
folclorismo. Con todo, isto non se corresponde sempre coa linguaxe da novela, que
a veces soa artificial (exercicio literario).
Tamén no “Prólogo útil” fai unha declaración de intencións dicindo que
procura un ideal de sinxeleza que, aínda que non sempre o acada, se materializa na
filtración dos feitos por medio de Suso. A ignorancia e a consecuente ousadía deste
personaxe de pouca idade fan que as súas verbas non estean mediatizadas e se
consiga esa sinxeleza. Ademais, dáse unha actualización lingüística, xa que a
linguaxe deste personaxe está desvencellada da linguaxe literaria (sintaxe sinxela,
descrición...)
Outros trazos que caracterizan a lingua na novela son:
a) Impudicias lexicalizadas: expresións da fala popular sen o seu significado
literal obsceno, como por exemplo “hai que tocarse o carallo”.
b) Eufemismos: propios de xente iletrada ou cursi, como é o caso de “me caso
en mi padre”.
c) Caracterización dos personaxes pola fala: segundo como falen os
personaxes podemos facer un xuízo deles (Aser fala con cordura, os
profesores da escola laica falan en catalán entre eles, os curas teñen unha fala
falsa e hipócrita...).
d) Intento de reflectir a situación diglósica: non o consigue, pero si ridiculiza
aos que falan castelán. Ex: con Bricio Pampín o autor busca un efecto cómico
(fala castrapo).

2. Breve introdución a: X. L. Méndez Ferrín, No ventre do silencio


(1999)i
Ferrín (Ourense, 1938) gaña con esta obra o premio Eixo Atlántico en
1999, obra que asina co pseudónimo de Albertina Recamaro.
Este autor pertence, xunto con outros coma Beiras ou Fernández Ferreiro,
á Xeración das Festas Minervais ou Xeración de La Noche. É, ademais, un autor
moi prolífico desde que comeza a súa activade literaria (con 19 anos publica Voce na
néboa), combinando a creación co labor filolóxico, o que fai del unha das figuras
clave da literatura galega de tódolos tempos.

2.1. Características xerais da obra de Ferrín


A) É o PRIMEIRO ESCRITOR PLENAMENTE MONOLINGÜE EN
GALEGO: ten un compromiso cívico coa lingua e coa nación, proponse facer
só literatura en galego e faino en toda a súa produción. Tamén en No ventre do
silencio, unha obra cuxa temática non ten nada que ver coa lingua, podemos
observar este compromiso.
B) A súa obra é un grande MACROTEXTO, de xeito semellante á de Otero
Pedrayo: é un corpus total no que poemas, contos, relatos... están
interrelacionados. Así, por exemplo, nalgunhas obras atopamos personaxes que xa
5
Curso monográfico de narrativa galega
2006/2007
USC
3. O discurso narrativo durante o Franquismo e o Posfranquismo

aparecían en obras anteriores e nos que se reflicte o paso do tempo. É dicir, hai
intertextualidade entre os seus textos, pero tamén respecto de textos doutros
autores.
C) Toda a súa obra xira arredor da FANTASÍA e a REALIDADE: xoga co límite
entre o real e o ficticio, segundo o caso a fantasía transloce a realidade ou
viceversa.
D) LINGUAXE RICA e MANEXO DOS RECURSOS NARRATIVOS: son dous
aspectos que requiren un esforzo por parte do lector, esforzo que ten a súa
recompensa.
E) ESCENARIOS RECORRENTES (explícitos ou aos que se fai referencia) e o
seu VALOR SIMBÓLICO:
a) Vilanova dos Infantes – Vilar de Rei: é a vila dos avós paternos do autor
que lle supón a este o contacto co mundo oteriano dos pazos (Crónica de
nós). É o mundo da fantasía e dos soños.
b) Ourense: simboliza o mundo real10, opóndose ao anterior, o mundo das
incertezas, da crueza da vida, árido, provinciano, das sotanas e dos
falanxistas.
c) Compostela: é o escenario case único de No ventre do silencio, unha
Compostela moi peculiar. Esta cidade aparece sempre como un lugar
misterioso11, difuminado, entre néboa, que o autor ve desde dúas
perspectivas:
 A Compostela ultramontana e intransixente das sotanas e o mal
agoiro, que non debe ser a capital do galeguismo.
 Deixa, porén, un lugar para a esperanza12.
d) Vigo: a cidade industrial e naval, a cidade do futuro (“guión dunha
Galicia futura”). Nela reside o proletariado, a esencia da nación, pero
ademais supón un achegamento cara o sur para traspasar as fronteiras
políticas que nos afastan do norte de Portugal.
e) Outros coma Tagen Ata (Retorno a Tagen Ata, 1971): Ferrín recrea un
espazo mítico, fantástico, que desde 1971 pasará a formar parte dos seus
escenarios recorrentes.

2.2. No ventre do silencio dentro do macrotexto que supón a obra de Ferrín


No ventre do silencio está relacionada con outros textos do autor, xa que
culmina unha secuencia temporal iniciada anos atrás con:
a) Os couces, a figueira e a fouce de ouro: novela inédita da que sabemos:
 Que en 1985 e tamén en 1986, na segunda edición de Antón e os inocentes,
Ferrín fai referencia a ela dicindo que esta obra forma parte dunha triloxía
cuxa primeira parte sería Os couces, a figueira e a fouce de ouro, a
segunda Antón e os inocentes e a terceira unha obra por escribir que sería No
ventre do silencio.

10
No conto “Fría Hortensia” en Amor de Artur reflíctese a tristura de deixar o mundo dos pazos e da
fantasía pola realidade.
11
En O crepúsculo e as formigas énchese de bafo un cristal a través do que se ve, difuminada, a
realidade.
12
Tamén o fai R. Cabanillas nas súas sagas: Artur é enterrado en Compostela e na lousa pon
“esperade”.

6
Curso monográfico de narrativa galega
2006/2007
USC
3. O discurso narrativo durante o Franquismo e o Posfranquismo

 No conto “Prólogo. Impunidade”13 de Elipses e outras sombras faise tamén


referencia a esta obra inédita. Sabemos por este conto que a novela se sitúa
no comezo dos anos 50.
 En 1969 Ferrín irá ao cárcere por atoparlle esta novela na casa, cuxos
protagonistas son os guerrilleiros galegos.
b) Antón e os inocentes (1976): obra inmediatamente anterior a No ventre do
silencio.
Esta interrelación entre No ventre do silencio e outras obras do autor
afirma neste caso concreto o carácter de macrotexto que ten toda a súa obra. Imos ver
agora outros exemplos que corroboran a condición de macrotexto da obra de Ferrín:
a) En No ventre do silencio nárrase un interrogatorio a un dos troianos redivivos
nos que se describe unha mesa recuberta de cristal rota nunha esquina, onde
un interrogado quedara sen un ollo. No relato “Animal” de Crónica de nós
cóntase a historia da mesa rota, quen se desmaiou contra ela e quedou sen un
ollo.
b) En “Os ollos de Kelma” de Percival e outras historias Kelma é unha muller
que é quen de quitar os ollos das concas e en No ventre o silencio aparece de
novo Kelma e quita os seus propios ollos.
c) En Antón e os inocentes aparece a parella formada por Alberto F. Comesaña
e Narda Miguez14, parella que en No ventre do silencio xa está desfeita.
2.3. Espazo e tempo en No ventre do silencio
Ferrín crea unha Compostela propia e diferenciada da doutros autores:
 Sen función ornamental, xa que é un espazo case totalizador que artella a vida
de tódolos personaxes que se moven nel.
 É un espazo capaz de alucinar, obsesionar, atraer e destruír, estando moi preto
do concepto de cidade – personaxe15.
 Reflíctese a través da ollada dunha narradora invisíbel que conta uns feitos que
presenciou e viviu 40 anos antes, pero a súa dificultade para lembralos fai que
faga do pasado unha ficción.
A crítica sinala dous trazos importantes nesta obra:
a) Importancia das coordenadas espazo – temporais: o tempo e o espazo son o
máis importante da novela, a Compostela fundamentalista e hipócrita dos
duros anos 50 da posguerra.
b) Parentesco afastado que, segundo Darío Villanueva, ten coas novelas de
campus16. Ademais establece un antecedente: Pascual López (1879) de Emilia
Pardo Bazán. Con todo, a vida universitaria está presente na obra, pero esta
non se cingue só a iso.
Ferrín define a súa novela do seguinte xeito:
a) Pretendía reflectir a Compostela universitaria dos anos 50.

13
Faise unha radiografía do asasino, Lisardito Portela de Lis, desde que nace até que comete os crimes.
14
Van ao cemiterio deixar flores nas tumbas de personaxes anarquistas, socialistas...
15
Con cidade – personaxe referímonos a un espazo que ten tanta transcendencia nunha obra que pode
ser mesmo o personaxe máis importante, como acontece con París na obra de Dumas.
16
Concepto anglosaxón que engloba a narrativa referente á vida universitaria e con intención satírica,
tamén chamadas novelas estudantinas na Península.

7
Curso monográfico de narrativa galega
2006/2007
USC
3. O discurso narrativo durante o Franquismo e o Posfranquismo

b) Non fai iso, senón que a obra se converte nunha construción inventada dese
espazo e ese tempo. Con todo, son as súas vivencias as que impulsan a
creación da obra.
Así, a Compostela de Ferrín mestura simbolismo e realidade:
A) SIMBOLISMO:
a) É unha cidade labiríntica, con mofos, gretas nas pedras (o que lembra á
visión de Otero Pedrayo en O espello na serán) que simbolizan unha cidade
dividida, de vencedores e vencidos.
b) As ratas que ve Ludivina presaxian un feito dramático.
c) A vexetación anticipa a desaparición de Compostela como emblema da
patria, do mesmo xeito que o templo de Angkor desapareceu entre a
vexetación da selva. Unha cidade de sotanas e falanxistas non pode ser o
centro do galeguismo para Ferrín.
d) A choiva é omnipresente en toda a obra, pero non obedece ao tópico senón
que é un elemento simbólico que abre máis esas fendas da pedra, as fendas
entre os vencedores da guerra que van perdendo forza e os vencidos que
emerxen co tempo. Ademais tamén será un elemento desencadeante de
suicidios17.
B) REALIDADE E HISTORIA:
a) Aparecen personaxes históricos coma Suero Álvarez de Toledo (bispo
compostelán acoitelado) ou o xeneral Eguía (que sofre un atentado cun
paquete bomba).
b) Descríbese unha xeografía física da cidade aínda recoñecíbel na actualidade.
c) Hai unha descrición da sociedade compostelá:
 Universitaria: vida dos estudantes, depuración do profesorado trala
guerra (quedando só os peores).
 Da sociedade en xeral: vencidos (familia de Leira Pazó, un dos troianos)
e vencedores (familia de Santi Amezaga). Os vencedores van virando a
chaqueta e os vencidos emerxen de novo.

É unha Compostela na que predominan as cores azuis e grises, ao igual


ca na Compostela de Otero, a Compostela da posguerra.

2.4. Personaxes
Estamos perante unha obra sen protagonista, unha novela case que coral
na que, de haber un protagonista, sería a cidade de Compostela. Con todo, hai dous
personaxes que cómpre comentar:
A) Arcinda Moreque: unha muller nova que coida á filla de Miras de la Torre, a
quen lle leva unha cesta con sete pitos mortos. É unha muller que “plantou soa
o seu naval18”.
B) Maître Obscur: é unha personalidade magnética, sedutora. Actúa coma un
flâneur, un paseante permeábel ao que acontece en Compostela, que
representa o que foi o mundo da cultura e os seus homes. É o contrapunto
17
O suicidio é unha constante en toda a obra de Ferrín, como se aprecia no relato “Un chinche durme
no teito” de Elipses e outras sombras (1974) e tamén en No ventre do silencio onde hai persoas que
pensan en suicidarse e outras que o fan.
18
Isto, que podería parecer unha referencia a Rosalía, é en realidade unha alusión ao poema “Mujer con
alcuza” de Hijos de la ira de Dámaso Alonso, feito que se corrobora na páxina 179: “é unha muller
gorda con alcuza na man...”
8
Curso monográfico de narrativa galega
2006/2007
USC
3. O discurso narrativo durante o Franquismo e o Posfranquismo

dos demais personaxes, atrapados nese espazo, pero tamén un personaxe fóra
de xogo: fisicamente no presente pero ancorado no pasado dunha Compostela
inmemorial. Está por enriba do tempo.

2.5. O galego en No ventre do silencio


Na obra de Ferrín reflíctese a persecución do galego durante a posguerra
por parte dun réxime foráneo, pero tamén alude ao auto – odio, ao abandono da
lingua por parte dalgunhas clases sociais coma a Igrexa. Así, a lingua aparece coma o
estandarte contra o réxime e a opresión.

2.6. A pegada da guerra e da posguerra


A presenza da guerra é case unha constante en toda a obra de Ferrín,
quen adoita incluír o personaxe do asasino fascista, sen escrúpulos. Esta patoloxía
do asasino observámola en:
a) No ventre do silencio: aparecen asasinos sen escrúpulos coma Chucho
Mascarado ou M. Furelos, que actúan baixo as ordes doutra persoa que non se
mancha pero que incita a matar, neste caso Miras de la Torre.
b) “Prólogo. Impunidade” de Elipses e outras sombras: reflíctese como Lisardito
Portela de Lis ten desde a súa infancia hábitos criminais19, que o levarán a ser un
auténtico asasino, adestrado por Loló Casalderrei.
c) Antón e os inocentes: neste caso tamén observamos como Antón desde a súa
infancia ten hábitos criminais20.
A descrición deste tipo de personaxes tamén a observamos en obras
doutros autores, como é o caso do poema “Xogo ruín” de Pimentel ou Agosto do
36 de Fernández Ferreiro.

***

Estamos perante unha novela moi complexa e debemos ter en conta que
para entender a Ferrín hai que entender primeiro a Otero Pedrayo, que subxace en
Ferrín.

19
Intenta matar un paxaro cando é un cativo e como non morre mete a cabeza na súa boca.
20
Fai o mesmo có anterior, pero cun lagarto.

9
Curso monográfico de narrativa galega
2006/2007
USC
i
Ver X. M. Ferrín. O home, o escritor.