Documentos de Académico
Documentos de Profesional
Documentos de Cultura
1
Termo xeolóxico que fai referencia a unha vexetación baixa e que en Francia pasou a denominar aos
grupos de resistencia á ocupación alemá durante a Segunda Guerra mundial. Por extensión,
denomínanse así as persoas fuxidas nos montes que viven en oposición a un sistema político.
1
Curso monográfico de narrativa galega
2006/2007
USC
2. A paréntese da Guerra Civil
hai autores máis novos que, sen ter vivido a guerra, a tratan na súa narrativa
(Manuel Rivas).
Entre as obras referentes ao conflito na novela galega destacan:
a) De autores que nacen arredor do ano 1910 e publican tralo Franquismo:
Non agardei por ninguén (1957) e Era tempo de apandar (1980) de Ramón
de Valenzuela.
O siñor Afranio. Ou como me rispei das gadoupas da morte (1976), de
Antón Alonso Ríos.
O silencio redimido (1976) de Silvio Santiago.
Scórpio (1987) de Ricardo Carvalho Calero, que sigue a técnica do
multiperspectivismo.
b) Xeración das Festas Minervais ou de La Noche, autores nados na década dos 30
que non teñen a lembranza da guerra, pero sofren as súas consecuencias. É o caso
de Méndez Ferrín en No ventre do silencio (1999). Imos ver algúns trazos desta
xeración:
Son autores que marchan estudar a Madrid nos anos 1957 – 1958, onde
coñecen a outros estudantes.
Crearán o grupo Brais Pinto, integrado por persoas moi diferentes (Ferrín,
Beiras, Ramón Lourenzo...):
Reúnense no Centro Galego de Madrid.
Parece ser que o bautizou o grupo foi Fernández Ferreiro, quen
toma o nome dun afiador de Nogueira de Ramuín.
Por discrepancias co entón director de Galaxia, Ramón Piñeiro, que
prefería a reivindicación cultural á política, crean a súa propia
editorial. Esta inaugurarase con Bocarribeira. Poemas para ler e
queimar (1958) de Otero Pedrayo.
Son, en conclusión, un grupo que representa unha tentativa de poñer a
cultura galega nunha dirección de vangarda.
Considéranse a si mesmos unha xeración perdida, chea de represión, que
vive nun tempo de miseria moral e intelectual e soportando as consecuencias
dunha guerra inútil, o que se reflicte nas súas obras.
c) Máis tarde autores coma Manuel Rivas tamén tratarán o tema da guerra, así
acontece en O lapis do carpinteiro (1998).
Fernández Ferreiro é un autor da Xeración das Festas Minervais ou de
La Noche, que marcha a Madrid estudar Xornalismo, onde se relaciona con outros
persoeiros que conformarían esta xeración. Domina a escrita, está ideoloxicamente
comprometido e a lembranza da guerra está presente en toda a súa obra, de xeito
máis ou menos explícito.
2
Curso monográfico de narrativa galega
2006/2007
USC
2. A paréntese da Guerra Civil
2.3. Narrador
Atopámonos con dous narradores que, en esencia, se ocupan de
cadansúa parte:
A) Narrador testemuña (“O cerco”): representado polos veciños de Abades, narra
desde o presente un feito que aconteceu 50 anos antes:
É un relato literaturizado, pero con aparencia de literatura oral.
Segue linealmente a vida de Sara e Gregorio desde a infancia, é unha ollada
introspectiva que se estende até o momento no que prenden a Sara.
Infórmanos da retesía entre o Garabís e o Xirandón por causa dunha
muller, feito que se repite cos seus fillos (Manuel e Gregorio
respectivamente), o que nos amosa que as causas da represión son en ocasións
persoais, non só políticas.
Amosa a actitude do clero perante a durísima represión, que a ignora ou
mesmo colabora con ela. Así, don Xenaro non fai nada para salvar a Sara.
Estre narrador popular introduce elementos que anuncian o terríbel
desenlace (“lúa tinxida de sangue”).
Nalgún momento hai un imperfecto narrador testemuña (páxinas 79, 80,
81) que fala das conxecturas dos veciños para intentar salvar a Sara.
B) Narrador omnisciente heterodiexético en terceira persoa (“A execución”):
Narra os acontecementos desde que apreixan a Sara o día 13 de agosto até
que a matan o día 173 ás 3 da tarde, eses cinco días de anguria, de carraxe
contida que se mesturan con lembranzas de soños imposíbeis.
Hai un cambio de escenario de Abades á Touza, un lugar caracterizado polo
misterio no que Sara agonía eses 5 días. Só hai dous momentos nos que a
acción sae do escenario da Touza na segunda parte:
No capítulo XIV a acción volve a Abades para describir o ambiente
que se respira entre os veciños ante a situación na que está Sara.
No capítulo XVII os falanxistas van a Abades para intentar
apreixar a Gregorio.
2.4. Personaxes
A) Sara e Gregorio.
B) Lázaro, o taberneiro: o personaxe mellor caracterizado psicoloxicamente e que
vencella os dous escenarios da segunda parte:
2
Gregorio morre no cruceiro do Bispo, que sería fusilado anos despois polos maquis, ao igual que
aconteceu no Cerro de los Ángeles.
3
O 17 de agosto matan a Alexandre Bóveda.
3
Curso monográfico de narrativa galega
2006/2007
USC
2. A paréntese da Guerra Civil
Sente un amor imposíbel por Sara, tena idolatrada. Esa visión sublime e
platónica mesturarase cos seus instintos máis primarios cando a ve espida.
É unha persoa covarde que, malia a admiración que sente por Sara, non é
quen de salvala dos falanxistas, aínda desprezándoos.
O seu físico lembra a don Celidonio de O porco de pé.
C) Falanxistas: todos con caracteres negativos (definidos coma “desertores do
arado”), seres desprezábeis, cheos de odio, amigos das armas, o que se acompaña
dunha fala soez. Pero teñen diferentes motivacións:
O Garabís, Manuel:
O único cunha motivación clara, aínda que iso non o xustifique, xa que a
muller dos seus soños está casada con outro e repítese a historia do seu
pai e de Gregorio.
É de caste ruín e está loitando a súa propia guerra, feito do que se
decatan os outros.
Está namorado de Sara e, aínda que diante dos seus compañeiros quere
quedar coma un machote, impide a súa violación.
Hai un triunfo do torturado sobre o torturador4 xa que a vontade de Sara
é infranqueábel, polo que está psicoloxicamente nas súas mans, xa que
ela está namorada do seu marido.
Luís: é un personaxe tipo, un señorito convencido da ideoloxía de Primo de
Rivera que defende os privilexios da súa clase social. É un personaxe ruín e
un dos seus disparos acaba accidentalmente coa vida de Gregorio, pero non se
atreve a darlle o tiro de graza.
Xan: é un home sen vontade, sen criterio propio, que acata a autoridade do
Garabís (canso se discute se violar ou non a Sara).
Leonardo: un home “sen oficio coñecido”, un parasito que, a diferenza de
Luís, é un pervertido sexualmente. Quere violar a Sara e, ao non o conseguir,
oponse ao Garabís e pretende deixar o grupo.
***
4
Isto tamén acontece en Pedro y el capitán de M. Benedetti ou en “Botas de elástico” de Arraianos
(1991) de Ferrín.
5
Tamén en L’étranger (1942) de Camus.
4
Curso monográfico de narrativa galega
2006/2007
USC
i
Entrevista a Fernández Ferreiro en A Nosa Terra