Está en la página 1de 18

2.

O proceso de tradución

1. Proceso vs. Resultado na tradución. Algúns esquemas da


tradución entendida como proceso, e proceso complexo

Como vimos, a tradución debe ser enfocada desde a óptica do proceso


(complexo). Deseguido imos ver dous esquemas que se basean na tradución como
proceso complexo e que podemos considerar complementarias:
1) García Yebra: incide nos pasos cognitivos do proceso.
2) P. Newmark: incide nos factores que moldean o proceso.

1.1.Valentín García Yebra

R |C|E LO TLO (=R’) | C’ | E’ LT TLT (R’’) | C’’

Signo Significado
Canle de comunicación: oral (interpretación) ou escrita (tradución
----------- propiamente dita).
Paso dun proceso a outro.

| Probabilidade de dificultades no proceso.

Pasos
do Explicación
proceso
R Realidade, feito obxectivo.
Comprensión da realidade que, por descoñecida ou complexa, pode ser unha
C
tarefa que leve consigo dificultades (|).
Expresión da comprensión da realidade, que pode levar consigo perdas
E
cognitivas (|)
LO Lingua orixe, usada para a expresión da comprensión da realidade.
TLO Texto na lingua orixe.
Realidade de segundo grao ou realidade da realidade, que é equivalente a
R’
TLO.
Comprensión do texto na lingua orixe, que tamén pode ser difícil. É dicir, é a
C’
comprensión da realidade de segundo grao, mediada polo texto.
E’ Expresión da comprensión da realidade de segundo grao.
LT Lingua termo.
TLT Texto na lingua termo.
R’’ Realidade de terceiro grao que se plasma nun texto na lingua meta.
C’’ Comprensión de terceiro grao (dificultades).

Como vemos, é moi doado que se produzan perdas ou desfases cognitivos.

1.2.Peter Newmark

Peter Newmark interésase máis polos factores necesarios para o proceso.


Así, sinala que son dez os factores ou forzas que poden tirar do proceso en dez
direccións diferentes e que o tradutor debe intentar equilibrar:

1 Seminario sobre teoría da tradución


2007/2008
USC
2. O proceso de tradución

Idiolecto
Normas da
lingua orixe
Tradutor

Cultura da
lingua orixe
Realidade
dos feitos

PROCES
Marco e O
tradición da
lingua orixe
Marco e
tradición da
lingua meta

Expectativa
s do lector
Cultura da
Normas da lingua meta
lingua meta

1) Idiolecto: concepto tomado de Hockett co que Newmark fai referencia aos


trazos de fala específicos dunha persoa ou grupo de persoas. Este estilo
individual do texto orixe fai que apareza o problema de se se pode conservar
ou transvasar ao texto meta.
2) Normas da lingua orixe: refírese ao uso convencional do léxico e da
gramática segundo as circunstancias específicas (tema, situación...)
3) Cultura da lingua orixe: elementos de contido referidos especificamente a
situacións e realidades culturais da lingua orixe ou mesmo dunha terceira
lingua (é o que acontecería, por exemplo, nun texto en inglés sobre culturas
africanas que vai ser traducido ao francés, é dicir, entrarían en xogo tres
culturas).
4) Marco e tradición da lingua orixe: formato típico dun texto en tanto a
que está influído pola tradición predominante no momento (libro, revista...)
5) Espectativas do lector: débese ter en conta o coñecemento hipotético do
lector ao que se dirixe o texto, así coma o estilo da linguaxe, etc.
6) Normas da lingua meta.
7) Cultura da lingua meta.
8) Marco e tradición da lingua meta.
9) Realidade dos feitos: realidade obxectiva descrita ou relatada, con
independencia do texto orixe e as espectativas do lector.

2 Seminario sobre teoría da tradución


2007/2008
USC
2. O proceso de tradución

10) Tradutor: puntos de vista, sistemas de coñecemento e de valores, prexuízos


(persoais, sociais, culturais...), ideas relixiosas, posicións políticas ou éticas,
clase social, sexo...

Nesta clasificación dos factores sería preciso engadir a intertextualidade


e os elementos pragmáticos.

2. Tradución, ciencias da complexidade e sistemas de


dinámica non lineal

2.1.Sistemas dinámicos lineais e non lineais. Determinismo vs.


impredicibilidade

Predicibilidade Ciencia lineal, clásica (Newton)


Impredicibilidade Ciencia non lineal (teorías do caos ou da complexidade)

É posible relacionar a tradución coa ciencia, no sentido de que participa


dalgúns mecanismos epistemolóxicos dalgunhas ciencias, aínda que non pode ser
considerada como tal.

Así, a impredicibilidade da tradución, é dicir, o feito de que calquera


pequena variación nas condicións iniciais pode levar consigo unha forte variación no
resultado, pode relacionarse coa concepción non lineal da ciencia, que se opón á
clásica (causa – efecto), que aparece nos anos 50 e 60 do século XX.

Imos ver en que se diferenza a dinámica lineal da non lineal:

1) Dinámica lineal: cando non é quen de sistematizar o obxecto de estudo


rebaixa a súa complexidade idealizándoo, de xeito que se elimina aquilo que
non se dá sistematizado. Deste xeito os acontecementos son predicibles porque
existe unha proporcionalidade absoluta causa – efecto e partes – todo (a
partir do coñecemento de cada parte é posible predicir o comportamento do
todo).

Así, por exemplo, un péndulo ao moverse fai un arco case proporcional á forza que o move, pero
non totalmente proporcional porque o rozamento do aire pode facer que varíe. Deste xeito,
habería que ter en conta moitas variables para calcular ese arco, polo que a ciencia clásica ignora
o rozamento do aire.

Galileo establece leis para predicir o movemento dos obxectos


terrestres en ausencia de perturbacións aleatorias, e Kepler fai leis descritivas
sobre o movemento dos planetas. Newton, pola súa banda, é quen de facer leis
explicativas do movemento tanto dos obxectos terrestres coma celestes, o cal é
un gran avance, pero limitado. Isto débese a que non todo é predicible, xa que o
mínimo erro inicial pode irse amplificando e fai que sexa imposible predicir o
resultado (como acontece no caso dos asteroides)

2) Dinámica non lineal: recoñece a impredicilibidade, é dicir, que o resultado


non pode ser anticipado porque non hai unha proporción entre causas e
efectos porque unha pequena variación inicial pode facer que as variacións
medren de xeito exponencial:

3 Seminario sobre teoría da tradución


2007/2008
USC
2. O proceso de tradución

Sistema lineal Mantense a variación que hai no


punto inicial, polo que de causas
pequenas só pode haber efectos
pequenos, e de causas grandes só
efectos grandes.

A variación do inicio vai medrando


Sistema non lineal de xeito exponencial, polo que de
causas pequenas poden derivarse
efectos grandes.

A dinámica non lineal comeza a ser recoñecida nos anos 50 e 60 do século


XX, no mesmo momento no que aparecen os primeiros ordenadores. Baséase en:
a) Teoría do caos (impredicibilidade). Exemplo:

Edward Lorenz (meteorólogo e Nobel de Física estadounidense) foi o descubridor do efecto


mariposa: puxo o seu ordenador a traballar con tres variables meteorolóxicas e parouno durante
un anaco, cando volveu o resultado que tiña o ordenador non era unha cifra redonda (36,999999,
por exemplo), polo que decidiu cambiala (por 37). Cando o ordenador seguiu traballando
comprobou que esa mínima variación provocaba un grande cambio na traxectoria, que
comezara a aumentar de xeito exponencial, o cal a facía impredicible.

b) Ciencias da complexidade (emerxencia). Exemplos:

A vida é unha propiedade que non se deriva das partes, xa que no nivel do todo (ser) hai vida,
pero non no das partes (células, etc.). Isto é o que se denomina emerxencia, é dicir, a aparición
de propiedades no nivel superior (todo) que non están presentes no inferior (partes). Por iso, non
é posible predicir o comportamento do todo tendo en conta as partes.

A eusociabilidade fai referencia á propiedade de ser altamente social, que caracteriza aos
humanos pero tamén a especies animais coma os isópteros (termitas) e himenópteros (abellas,
algunhas especies de avespas e formigas). A organización dos formigueiros e das comunidades de
termitas pode ser altamente complexo:
- nos formigueiros hai diferentes castes de formigas (as que coidan da raíña e os ovos, as
colleitadoras, as soldado...)
- nalgúns termineiros as estruturas son moi complexas: sobresaen ata 5 m do chan e poden
estar soterrados outros 5; teñen un sistema de ventilación para que as termitas non morran
e conservar os ovos; nalgunhas salas teñen columnas e contrafortes...

Ao observar isto pode parecer que existe alguén que o organiza. O certo é que esa intelixencia
que teñen, por exemplo, as formigas colectivamente desaparece cando tomamos unha de xeito
individual. Así, cando a unha formiga se lle dan dous posibles camiños para chegar a un punto no
que hai comida sempre escolle un ou outro por azar, non garda a experiencia de cal é máis curto
e rápido.

O certo que non existe ningunha intelixencia que organice estas comunidades animais,
simplemente estamos ante un novo caso no que esa propiedade aparece no nivel superior
(colectivo), pero non está presente no inferior (individual).

4 Seminario sobre teoría da tradución


2007/2008
USC
2. O proceso de tradución

2.2.Tradución (obxecto de estudo) e Teoría da Tradución


(disciplina) como outro caso de dinámica non lineal
O paso da Teoría da Tradución tradicional á Teoría da Tradución
moderna ou Estudos de Tradución nos anos 70 e 80 do século XX está en sintonía co
paso da dinámica non lineal á dinámica lineal. Isto é así porque a Teoría da
Tradución moderna pasa a considerar a tradución coma un fenómeno complexo,
deixando de idealizalo reducíndoo só ao factor lingüístico.

Así, xa nos anos 40 comézase a reformular a noción de caos:

Shannan e Weaver (anos Repercusións na Teoría da


Ata os anos 40
40) Tradución
Os factores que interveñen
Consideran que o caos ten nun texto (lingüísticos,
moita información, pero culturais, sociais...) teñen
Considérase que o caos é a
que está carente dun información por separado,
nada.
significado asociado porque pero non teñen significado
non está organizada. ata que non se organizan
no texto.

En consonancia con isto, a tradución é impredicible porque unha


pequena variación nas condicións iniciais pode provocar resultados moi
diferentes. Así, dous tradutores cos mesmos coñecementos poden elaborar tradución
moi diferentes se, por exemplo, teñen ideoloxías diferentes.

3. Factores implicados no proceso


3.1.Factores extratextuais
Os factores extratextuais son:
1) Quen é o autor do texto;
2) Para que se escribiu o texto, cal é a intención do autor.
3) A quen está dirixido o texto (receptor asumido).
4) Con que medio, é dicir, que canle se usa (escrita, falada, escrita para ser
falada...)
5) Onde se creou o texto e as circunstancias dese lugar.
6) Cando se creou o texto e as circunstancias desa época.
7) Por que se creou o texto, cal é o motivo da comunicación.
8) Con que función se creou o texto, un factor que vén a ser a suma dos sete
anteriores.

A distinción entre factores extratextuais e intratextuais non sempre


funciona de xeito claro na práctica. Así, por exemplo, o sistema de crenzas dun autor
pode estar decisivamente implicado nun texto polo que, malia ser un elemento
extratextual a priori, pode converterse nun elemento intratextual chave. É dicir, os
factores extratextuais non teñen porque ser secundarios.

3.2.Factores intratextuais
Son os factores que interveñen de xeito máis decisivo, e que veremos
deseguido (4).

5 Seminario sobre teoría da tradución


2007/2008
USC
2. O proceso de tradución

4. Análise dos factores intratextuais


4.1.Factores relacionados coa variación lingüística
A variación interlingüística no mundo é moi grande e non adoita estar
relacionada con factores políticos. Así, calcúlase que hai unhas 6.000 linguas e só hai
algo máis de 200 estados.
No que se refire á variación intralingüística, un dos prexuízos máis
frecuentes é o que Lyons formulou como ficción da homoxeneidade, unha noción
implícita nos conceptos de lingua e dialecto e que fai referencia a:
1) A consideración das linguas como entidades monolíticas e ben definidas a
respecto doutras, pero as linguas son moi ricas no seu interior. Así, presentan
claramente catro factores de variación:
a) Tempo (diferenzas diacrónicas).
b) Espazo (diferenzas diatópicas).
c) Grupo social (diferenzas diastráticas), que pode estar moldeado por factores
moi diferentes (idade, nivel socioeconómico, ideoloxía, relixión...) Canto máis
illado está un grupo social, máis diferente é a súa variedade lingüística.
d) Individuo no contexto comunicativo.
2) A identificación das linguas coa variedade estándar, que adoita basearse en
variedades xeográficas (como é o caso do castelán, o francés, o italiano, o
inglés... pero non do galego), case sempre por razóns non lingüísticas. Malia
isto, ten un grande prestixio que fai que cualifiquemos os elementos de
correctos ou incorrectos con respecto a esa variedade, sen que existan razóns
lingüísticas que xustifiquen a corrección ou non das variedades non
estándares. O estándar é unha variedade útil instrumentalmente, pero non pode
ser considerada superior ás demais porque iso é un prexuízo que non afecta só
ás variedades en si, senón aos seus falantes (como acontece, por exemplo, co
black english)

Esta perspectiva normativa foi a que imperou ata os anos 50 e 60 do


século XX, pero desde entón a Lingüística camiña cara unha óptica descritiva
(nacemento da sociolingüística) da que tamén participará a Teoría da Tradución. Isto
supón un novo problema, xa que o uso de variedades diferentes do estándar adoita
ter unha intencionalidade que habería que respectar á hora de traducir un texto, pero
é moi difícil traducir ese texto ao tratarse dunha variedade non estándar. Á hora de
afrontar este problema o tradutor pode escoller tres solucións diferentes (tanto
para variedades xeográficas coma sociais):
a) Traducir un texto orixe nunha variedade non estándar á variedade estándar
da lingua meta, o que destrúe boa parte da intencionalidade do texto.
b) Traducir un texto orixe nunha variedade non estándar á variedade estándar
da lingua meta con indicacións, no propio texto ou en notas a pé de páxina,
de que o orixinal non está escrito en estándar.
c) Traducir un texto orixe nunha variedade non estándar a outra variedade
non estándar da lingua meta. Porén, é moi difícil atopar unha variedade

6 Seminario sobre teoría da tradución


2007/2008
USC
2. O proceso de tradución

exactamente equivalente na lingua meta (ideoloxías, contexto, cultura...).


Algúns exemplos disto son:
O amante de Lady Chatherley é unha obra na que se reflicte a fala dunha
zona moi industrializada. Se na súa tradución ao castelán se usase a
variedade do castelán de Euskadi por ser tamén unha zona industrializada,
perderíanse igualmente moita da intencionalidade do texto porque as
situacións son moi diferentes.
A serie Mareas Vivas usa unha variedade de galego moi característica, que
fai moi difícil a súa tradución a outras linguas.
A BBC gravou unha serie sobre campesiños rusos, que falaban con acento
escocés. Isto levou consigo unha forte polémica porque daba a entender que
tódolos escoceses eran dun estrato baixo.
A tradución ao castelán da fala dun adolescente dun barrio conflitivo de Los
Ángeles á fala dun barrio conflitivo de Madrid non daría lugar, coma nos
casos anteriores, a un texto equivalente.
É dicir, non é posible obter unha equivalencia total pero, dado que na
equivalencia interveñen moitos factores, a perda dun deles non ten porque ser
excesivamente importante.

Centrándonos xa na variación individual en relación á situación


comunicativa temos que dicir que esta recibe o nome de rexistro1. Á Teoría da
Tradución interésanse tres tipos principais de variación por rexistro:
1) Campo do discurso: refírese ao campo de actividade, á función social do
texto. Os campos adoitan ter un carácter especializado (sermón relixioso,
discurso político...) e non debemos confundilos cos asuntos, xa que un mesmo
campo pode tratar diferentes asuntos (discurso político sobre inmigración,
discurso político sobre economía...) Hai que telo especialmente en conta canto
hai un desfase entre as linguas e culturas orixe e meta en canto á
especialización dos asuntos ou extensión dos campos. Así, unha lingua
occidental ten unha cultura técnica que non ten unha lingua do chamado
terceiro mundo, o que pode producir problemas de equivalencia.
2) Modalidade do discurso: refírese ao medio polo que se efectúa a actividade
lingüística (oral, escrito, escrito para ser lido...), pero vai alén diso. Así, tamén
contempla as diferenzas entre carta, carta de negocios, teléfono, ensaio...;
diálogo vs. monólogo; nocións consideradas retóricas coma expositivo,
argumentativo ou aclarartivo.

1
O rexistro pode ser formal ou coloquial (e tódolos seus puntos intermedios), mentres que as etiquetas
culto e popular son empregadas para a variación de grupo. Cómpre ter en conta que o termo rexistro é
empregado por algúns autores para a variación social, autores que usan o termo estilo para referírense á
individual.
7 Seminario sobre teoría da tradución
2007/2008
USC
2. O proceso de tradución

Nun mesmo texto pode haber desfases, é dicir, cambios de modalidade


ou campo.
3) Teor do discurso: refírese á relación entre o falante e o oínte e o grao de
formalidade ou informalidade. É un factor especialmente importante para a
tradución, sobre todo cando esta se realiza entre linguas culturalmente moi
afastadas porque en ocasións é moi difícil atopar un equivalente de rexistro.
Isto débese a que as gradacións que se establecen entre formal e coloquial
poden ser moi diversas. Así, Newmark sinala oito: oficial – burocrático,
oficial, formal, neutro, informal, coloquial, argot e tabú; pero poderían
clasificarse de moitos xeitos.

4.2.Factores relacionados co contexto cultural


4.2.1. Dobre relación cultura – linguaxe
A noción de cultura é unha das máis difíciles de definir, malia parecer
intuitivamente fácil. Deste xeito, hai moitas definicións diferentes elaboradas desde
diversas perspectivas, o que leva a que aspectos considerados culturais a priori
poidan ser cuestionados como tales2. Con todo, de xeito neutro podemos definir a
cultura coma as manifestacións da forma de vida propias dunha determinada
colectividade (en sentido amplo).

Desde esta perspectiva a linguaxe está dobremente ligada á cultura:


1) serve para transmitir toda a cultura desa determinada colectividade;
2) é o trazo cultural máis importante dunha colectividade (lingua nacional).
Esta é unha dobre relación que non se dá noutros aspectos considerados
importantes dentro da cultura, como pode ser, por exemplo, a gastronomía.

4.2.2. Hipótese Sapir – Whorf


Na análise da relación entre cultura e linguaxe foi moi importante a
hipótese denominada Sapir - Whorf3, que se asenta en dous asertos:
1) Determinismo lingüístico: a lingua determina o xeito en que pensamos.
2) Relativismo lingüístico: as restricións específicas dunha lingua non poden
existir noutra.

Segundo estas dúas afirmacións a nosa lingua limitaríanos a unhas liñas


de pensamento ríxidas que non nos permitirían aprehender as liñas de pensamento de
linguas de culturas diferentes. Algúns exemplos que achegan os defensores desta
hipótese son:
O hopi, unha lingua que non ten tempo como distinción, polo que un físico
hopi non se podería entender cun físico británico.

2
Isto é o que acontece, por exemplo, coa evitación do incesto no ser humano, un aspecto que foi
considerado de natureza cultural durante moito tempo. Porén, observouse que tamén se dá en moitas
especies de primates e mesmo en plantas. Os individuos nacidos de relacións incestuosas teñen máis
posibilidade de morrer ou padecer enfermidades, polo que pode ter a explicación biolóxica de buscar
unha maior calidade xenética da descendencia. Neste caso estariamos perante un factor máis biolóxico
ca cultural.
3
Aínda que se coñece co nome de Sapir (lingüista) e Whorf (lingüista e antropólogo), en realidade foi
este último o que a formulou na súa meirande parte.
8 Seminario sobre teoría da tradución
2007/2008
USC
2. O proceso de tradución

As diferentes denominacións referidas á neve que ten o inuit e que non


existen, por exemplo, no inglés. Isto non lle permitiría a un falante de inglés
aprehender eses significados.

Con todo, é posible traducir calquera designación, aínda que se usen


medios lingüísticos diferentes, polo que non é posible soster esta hipótese. Así, na
actualidade asúmese que a lingua non determina o pensamento, só nos predispón
en favor de certas liñas de pensamento, o que non quere dicir que non poidamos
acceder a outras. Exemplo:
O noso sistema numérico pode estenderse ata o infinito, pero o dalgunhas
linguas aborixes australianas só ten seis elementos: 1, 2, 3, 4, moito e todo.
Porén, isto non quere dicir que os falantes desas linguas non poidan
aprender a manexar o noso sistema numérico.

4.2.3. A tradución como fenómeno intercultural (Gideon Toury)


Gideon Toury é un autor xudeu dos máis importantes dentro da corrente
da Teoría da Tradución denominada Estudos de Tradución, que aplica a teoría dos
polisistemas (de Itamar Even – Zohar, compañeiro seu) á tradución. Segundo el a
cultura non é un facto máis para a tradución, senón que a tradución é un fenómeno
fundamentalmente intercultural.

Antes de afondarn a tese de Toury imos ver un exemplo no que se aprecia


a importancia dos aspectos culturais para a tradución:

A lingua dyrbal (yirbal) clasifica os substantivos atendendo a criterios relacionados coa


visión do mundo. Así, hai catro clases de substantivos que deben ir precedidos do seu
marcador de clase:

Clase Algúns elementos que inclúe Exemplo


Bayi Homes, peixes, arpóns, canguros, a maioría das serpes e a Lúa. Bayi yara (home)
Mulleres, paxaros, lume, auga, elementos relacionado co lume e Balan jugumbil
Balan
a auga, sol, estrelas. (muller)
Froitos comestibles e as plantas que os producen, mel,
Balam Balam wuju (vexetal)
cigarros...
Bala Partes do corpo, carne, abellas, moitas árbores, pedras... Bala yugu (árbore)
Esta clasificación, que pode parecer absurda desde o punto de vista occidental, responde a
criterios de visión do mundo:
- Clase bayi: inclúe homes e peixes, porque os homes son vistos como animais; arpóns
porque se relacionan cos peixes; a lúa porque na súa mitoloxía é un ser masculino que
está casado co sol.
- Clase balan: inclúe mulleres e paxaros, porque estes son os espíritos das mulleres
mortas; o sol porque é un ser feminino; o lume e as estrelas porque están
relacionados co sol; a auga porque se relaciona co lume (pódeo apagar).

Tendo en conta a dobre relación entre linguaxe e cultura temos que


considerar que:
1) A función dun texto determínase por consideracións que xorden da cultura
da que sae, máis ca da propia lingua.
2) As actividades de tradución e as traducións en si implican cambios na
cultura receptora e un enriquecemento da mesma. É dicir, a tradución é un
fenómeno da cultura, pero da cultura meta, xa que obedece á satisfacción de
necesidades da mesma. Así, introdúcese nela unha determinada versión de algo
9 Seminario sobre teoría da tradución
2007/2008
USC
2. O proceso de tradución

que xa existe por dereito propio noutra cultura, e que enche un baleiro na
cultura meta. Esta é a postura defendida por Toury.

Imos ver agora cales son os tipos de carencias que pode encher unha
tradución nunha cultura e os problemas que poden xurdir ao realizar unha tradución
desde esta perspectiva:

A) Tipos de carencias
1) De texto concreto: o feito de verter a unha lingua por primeira vez un texto
supón un enriquecemento da cultura meta, pero acontecería o mesmo se o
vertésemos por quinta vez, xa que as traducións non serían redundantes por
variaren segundo as circunstancias.
2) De conxunto de textos (xéneros...)

Así, Toury afirma que as traducións son feitos das culturas meta, a veces
feitos dun status especial, outras veces feitos que mesmo conforman subsistemas
identificables por si mesmo, pero en todo caso feitos da cultura meta.

B) Problemas de tradución

1) Elementos illados:
a) Léxico universal (pai, nai, vivir, morrer, sol...), que non adoita supoñer
problemas de tradución.
b) Léxico particular ou específico de cultura, máis susceptible de crear
problemas de tradución na teoría, pero na práctica o tradutor faría o mesmo
cós falantes cando precisan un elemento novo: crealo.
2) Conxuntos de elementos léxicos (foco cultural): son pezas léxicas que
aluden a un aspecto común (linguaxe dos touros, dos viños, dos queixos...).
Exemplos:
En sociedades estables é frecuente que haxa numerosos elementos léxicos
que aluden a agrupacións de persoas ou casas, como acontece no caso do
castelán: ciudad, villa, urbe, pueblo, aldea...
Léxico referente ao vacún en Castela, que foi unha importante potencia
gandeira: vaquilla, becerro, novillo, ternero...
3) Elementos con valor simbólico: é o problema máis complexo, xa que moitos
elementos teñen, amais da dimensión ontolóxica (a cousa en si), unha
dimensión semiolóxica (simbólica) que adoita crear moitos problemas de
tradución. Exemplo:
A tradución da Biblia ao inuit na que se traduce año como foca respecta a
implicación cultural, pero para os inuit a foca non ten as connotacións
semiolóxicas que ten o año para os cristiáns, polo que non é unha tradución
totalmente equivalente.

4.3.Factores relacionados coa linguaxe como acción


4.3.1. A linguaxe como acción (perspectiva pragmática)
Toda enunciación da linguaxe ten unha dobre dimensión:
1) Dimensión comunicativa obvia, é dicir, simplemente o que se di.

10 Seminario sobre teoría da tradución


2007/2008
USC
2. O proceso de tradución

2) Intencionalidade comunicativa, é dicir, relación entre linguaxe e


contexto de realización verbal. Este é un aspecto do que se ocupa a
pragmática. Deste xeito, os enunciados teñen dous tipos de significado:
a) Significado denotativo, o contido proposicional.
b) Significado global pretendido, a intención comunicativa do emisor, que é
a forza que tira da comunicación cara a adiante e que está condicionado
polo contexto de realización. Ademais pode verse sometido a condicións
moi sutís, que de non ser captadas de xeito adecuado ás intencións do
emisor podería implicar, na tradución, un grave falseamento do contido da
mensaxe. Exemplo:

Significado denonativo Posibles significados globais pretendidos


Un 30% é interpretado como moito ou
-
Un 30% da poboación galega cre que non se
como pouco?
cumprirán os prazos do AVE
- Implica isto que o 70% cre que si?

Deste xeito, a linguaxe non só representa ou describe, senón que tamén é


en si mesma unha forma de acción, unha idea que xorde xa nos anos 50 do século
XX.

4.3.2. Tipos de actos posibles nunha enunciación (J. Austin)


Xa nos anos 50 do século XX J. Austin sinala que a linguaxe non só
describe ou representa, senón que é unha forma de acción, a forza que tira da
comunicación cara a adiante. Tendo en conta isto, establece unha clasificación de tres
tipos de actos posibles nunha enunciación:

1) Acto locutivo: implica só que alguén diga algo que teña sentido.
2) Acto ilocutivo: é o máis importante xa que se refire á intencionalidade da
comunicación, ao significado global pretendido que tira da comunicación
cara a adiante.

Acto ilocutivo = contido proposicional + intencionalidade (forza ilocutiva)

Enunciación Acto ilocutivo


- Contexto 1: grupo de amigos que están discutindo se ir ao
fútbol ou ao baloncesto implica que o emisor non vai ver
Vou ver o partido de o partido de baloncesto.
fútbol - Contexto 2: unha persoa dille a outra “Vou ver o partido
de fútbol” pode implicar unha invitación a ir ver o
partido.

3) Acto perlocutivo: é o efecto que unha enunciación pode provocar no oínte.


Este non é un tipo de acto interesante desde a perspectiva da pragmática
porque o emisor non controla os efectos da súa enunciación, polo que é moi
impredicible.

Enunciación Acto perlocutivo


Nun mesmo contexto pode levar consigo diferentes efectos no
Teño frío receptor: pechar a fiestra, pechar a porta, prender a
calefacción, non facer nada....

11 Seminario sobre teoría da tradución


2007/2008
USC
2. O proceso de tradución

Como vemos, pode haber disociacións entre o contido proposicional


e a intencionalidade, de xeito que un mesmo contido proposicional pode estar
vinculado a diferentes intencionalidades e viceversa. Os desfases poden ser moi
sutís, polo que o tradutor ten que prestas moita atención a este aspecto.

4.3.3. Tipos de actos ilocutivos (John Searle)


Tendo en conta que os actos ilocutivos son os máis importantes desde a
perspectiva da linguaxe como acción, imos ver a clasificación que fai deles John
Searle:
1) Acto representativo ou asertivo: representación dun estado de cousas
de xeito que, en xeral, se emiten xuízos sobre as cousas que nos rodean.
Exemplos:
afirmar, clasificar, constatar, describir, explicar, predicir, divulgar, notificar, insistit, concordar,
discordar, asentir, recoñecer, confesar, criticar, acusar, castigar...

2) Acto directivo, que pretende influír na conduta do oínte e pode ser de dous
tipos:
a) Impositivo: ten a finalidade de beneficiar o falante, polo que contén
fundamentalmente ordes e demandas. Exemplos:
instar, encargar, ordenar, mandar, solicitar, prohibir, pedir...

b) Non impositivo: ten a finalidade de beneficiar o oínte, polo que contén


sobre todo consellos e advertencias. Exemplos:

aconsellar, invitar, advertir, recomendar...

3) Acto comisivo: compromete o falante a unha liña de actuación, a realizar


unha acción futura. Exemplos:
ameazar, xurar, ofrecer, prometer, brindar, comprometerse a, aceptar, consentir, rexeitar,
renunciar...

4) Acto expresivo: expresa a posición do falante ante un determinado estado


de cousas, é dicir, é a expresión de estados psicolóxicos. Exemplos:
Agradecer, alegrarse de, augurar, deplorar, lamentar, maldicir, queixarse, alardear, arrepentirse,
presumir, desculparse, entristecerse, culpar, felicitar...

5) Acto declarativo: provoca cambios extralingüísticos en estados de cousas


establecidos institucionalmente. Exemplos:
declarar, legar, nomear, casar, bautizar, abdicar, compulsar, excomungar, sentenciar, constituír,
destituír...

4.4.Factores relacionados co deseño dos textos


4.4.1. Foco contextual dominante
Son factores moi relacionados cos anteriores, xa que a selección dun
determinado tipo de texto é fundamental para a intencionalidade do mesmo.
12 Seminario sobre teoría da tradución
2007/2008
USC
2. O proceso de tradución

Neste senso, a noción de foco textual dominante é fundamental, xa que


nos permite clasificar os textos. Implica unha determinada construción e disposición
dos textos para adaptarse a un propósito específico. Así, nun mesmo texto pode haber
diferentes focos contextuais, pero só hai un dominante que é o que satisfai o
propósito específico do texto, mentres que os demais só axudan a plasmalo mellor.
Exemplos:

Texto Focos textuais.


- Foco textual dominante: argumentativo.
- Outros focos textuais: pode conter, por exemplo un foco
Editorial dun xornal
textual expositivo (exposición daquilo que se vai valorar),
que axuda ao dominante.
- Foco textual dominante: argumentativo.
Traballo de investigación - Outros focos textuais: por exemplo, expositivo (as
opinións doutros), que tamén axudan á argumentación.

Así, o foco contextual dominante axuda a resolver un serio problema:


durante moito tempo tomouse o texto coma unha unidade híbrida, na que os focos
textuais eran diversos e, polo tanto, imposible de clasificar. Porén, a noción de foco
contextual dominante, é dicir, de que hai un foco contextual máis importante que
sostén o propósito do texto, permítenos establecer unha tipoloxía de textual.

4.4.2. Tipos de texto


1) Argumentativo: ten como foco contextual a valoración das relacións entre
diferentes conceptos e adoita usar mecanismos que tenden á énfase e a
insistencia. Exemplos: textos usados para valorar crenzas, ideas, opinións...
2) Expositivo: o foco contextual consiste en descompoñer e analizar conceptos
ou compoñelos e sintetizalos a partir das súas partes. Hai dous subtipos:
a) Descritivos: expoñen situación ou acontecementos en vez de conceptos.
b) Narrativos: dispoñen unha serie de acontecementos segundo unha orde
temporal.

Desde a perspectiva da tradución é importante ter clara a diferenza


entre os textos argumentativos e os expositivos, porque en ocasión pode ser moi
sutil. Co obxectivo de diferencialos desenvolvéronse diferentes criterios:

Criterio Argumentación Exposición


Xestiónase unha situación con
Seguimento e respecto aos intereses do autor, Non hai xestión, só seguimento
xestión que leva a argumentación por dunha situación.
onde lle interesa.
A oración tema (o aserto central
Axustadores de do texto) necesita ser explicada A oración tema axusta a escena,
ton e escena ou xustificada, polo que axusta o polo que debe ser pormenorizada.
ton.
Predomina a valoración, de xeito
Textura que as estruturas (sintácticas ou As estruturas son menos
valorativa semánticas) adoitan ser menos marcadas ca na argumentación
básicas ou máis marcadas.

13 Seminario sobre teoría da tradución


2007/2008
USC
2. O proceso de tradución

3) Exhortativo ou de instrución: o seu foco contextual céntrase na formación


de condutas futuras. Así, intenta regular ou influír no modo de actuar ou
pensar do oínte. Hai dous subtipos:
a) Con alternativa: o oínte pode elixir a súa conduta futura. Exemplo: a
publicidade.
b) Sen alternativa: o oínte non pode elixir. Exemplos: leis, tratados,
contratos...

4.4.3. A Teoría da tradución e os tipos textuais


A Teoría da Tradución refírese a dous ámbitos de tipos textuais:
1) Argumentativos e expositivos: nun texto argumentativo quérese acceder
ás liñas mestras da argumentación, mentres que nun expositivo búscase máis a
exactitude. Isto fai que á hora de traducir canto máis argumentativo é un texto
menos fiel pode ser a tradución, mentres que nos expositivos hai unha maior
necesidade de fidelidade ao texto orixe.
+ expostivo + argumentativo

- valorativo + valorativo

2) Exhortativos, nos que está implicado decisivamente o cariz cultural, é dicir,


o grao en que é compartido o aspecto cultural que se trata por diferentes
culturas. Así, canto máis compartido sexa máis fácil será a tradución e canto
máis específico, máis difícil.

+ cariz - cariz
cultural cultural

4.5.Factores relacionados coa intertextualidade


4.5.1. A intertextualidade

A intertextualidade é unha noción que adoita asociarse coa Teoría da


Literatura, pero ten interese para a Teoría da Tradución en canto a que é un
mecanismo importante para o significado global pretendido ou intencionalidade
dun texto. Orixinariamente é unha noción do dominio da Semiótica (ciencia dos
signos) porque nela está implicada o concepto de signo, pero por extensión pode
referirse ao texto.

A intertextualidade implica que un texto non é unha entidade pechada,


senón moi permeable a correntes diferentes, de modo que sempre se constrúe a
partir de textos previos. É dicir, os signos dun texto recoñécense como
participantes doutros signos previos, ao igual que o texto como unidade tamén se
recoñece como dependente doutros textos previos. Deste modo un texto nunca é
orixinal por completo, pero hai un proceso de alusión ou cita textual no que o

14 Seminario sobre teoría da tradución


2007/2008
USC
2. O proceso de tradución

resultado é completamente orixinal, xa que nesa viaxe entre o texto anterior e o


actual os signos modifícanse.

 Evolución da noción

1) Julia Kristevafoi a primeira en usar a noción de intertextualidade. Con ela


refírese á existencia de discursos previos como precondición para o acto de
significar, mesmo con independencia do contido semántico específico.
Exemplo: o contido semántico específico de la cosa nostra non nos remite á
mafia italiana, pero deducimos o significado global porque somo partícipes de
textos previos.
2) Roland Barthes amplía moito a noción, de xeito que non só recolle o
lingüisticamente significativo, senón tamén o cultural e ideoloxicamente
significativo. Así, chega á conclusión de que non se pode dicir nunca que un
texto sexa completamente orixinal e creativo, senón que sempre depende da
existencia de textos previos identificables.

 Que é entón un texto?

Tendo en conta o anterior, un texto sería unha especie de mosaico de citas


con dúas características principais:
1) Absorción de elementos de textos previos.
2) Transformación dos elementos de textos previos, dando lugar a un resultado
orixinal. É dicir, úsanse os elementos para os propósitos do texto, de xeito
que gañan valores porque teñen implícito un significado novo.

Exemplo: o símbolo do cervo


Na Cantiga nº 3 de Pero Meogo pódense apreciar catro fontes, segundo Ferrín:
1. Canción feminina de amor, procedente da poesía provenzal (da que beben as cantigas
de amigo e as carxas mozárabes) que, á súa vez, vén dunha tradición moi antiga da
que xa se conservan pegadas no segundo milenio a.C. en Exipto.
2. Figura da nai como conselleira e gardiá.
3. Cervo:
a)
Biblia: no Cantar dos cantares compárase o cervo, animal que ten as máis altas
virtudes, e o esposo.
b) Tradición precristiá hispánica á que a alude Paciano (bispo de Barcelona no
século IV) consistente en practicar orxías recubertos de pel de cervo (cervum
facere). É dicir, o cervo é un símbolo fálico que representa a potencia viril.
4. Relación cervo – auga: Salmo 42 da Biblia.

Deste xeito, o concepto do cervo transfórmase:


1. Persoa que ama a Deus (Cantar dos Cantares).
2. Home que ama unha muller, mesmo en sentido sexual (Pero Meogo).
3. O cornudo (posteriormente).

Espazo intertextual

signo signo

Entre o signo previo e o do novo signo prodúcese unha viaxe na que se


producen modificacións, unhas modificacións que se dan no chamado espazo

15 Seminario sobre teoría da tradución


2007/2008
USC
2. O proceso de tradución

intertextual. Así, a intertextualidade non é un simple procedemento de significado


léxico, senón que entra dentro do significado textual (intencionalidade).

4.5.2. Consideracións da Teoría da Tradución


1) O tradutor ten que recoñecer a intertextualidade antes de traducir, para o
que é necesario un coñecemento da tradición literaria anterior. Se non se capta
poden perderse aspectos moi importantes na construción do significado global
pretendido do texto, mesmo esenciais.
2) Unha vez captada a intertextualidade o tradutor pode proceder de tres formas
diferentes:
a) Traducir a forma, o puramente informativo.
b) Traducir o sentido, o significado pretendido.
c) Traducir a forma e o sentido, algo que non sempre se pode facer. Nestes
casos debe primar o significado pretendido.

A intertextualidade non é, polo tanto, unha simple alusión, senón que é


unha condición esencial dos textos e tamén é esencial para captar o seu significado
pretendendo. Ademais, danos outra razón para vetar a posibilidade de que a
tradución sexa un simple transvase de palabras dunha lingua a outra.

A noción de intertextualidade está moi preto da de interacción (Derrida),


que implica que ao tomar unha palabra é imposible que signifique o mesmo ca
noutra situación calquera, é dicir, cando imos iterando o uso de palabras ou
expresións o resultado é sempre orixinal.

4.6.Factores relacionados coas funcións da linguaxe

referente

emisor mensaxe receptor

código
canle

Cada un destes seis participantes existentes en todo proceso comunicativo,


humano ou non, dá lugar a unha función da linguaxe:

Función Definición Exemplos


- Literatura imaxinativa seria
(Newmark): poesía lírica, contos,
novelas, teatro...
Emisor É usada polo emisor para referirse - Textos autoritativos (Newmark), é
función a si mesmo e expresar os seus dicir, nos que o seu status deriva
expresiva ou sentimentos, emocións, estados de da autoridade do seu emisor.
emotiva ánimo, sensación... - Outros: documentos legais,
escritos científicos, escritos
filosóficos, ensaio, autobiografía,
cartas...
Referente Incide na situación externa que é - Textos informativos e relacionados
función referida, na realidade con calquera campo do saber, que
referencial ou extralingüística. poden ter un formato moi variado
(artigo, tese, noticia, informe
representativa
16 Seminario sobre teoría da tradución
2007/2008
USC
2. O proceso de tradución

técnico, acta dunha xuntanza...)


Receptor - Letreiros, publicidade, folletos de
Incide no receptor, coa intención
función propaganda, prospectos de
de que o texto provoque algún
apelativa ou medicamento, libros de
efecto nel. instrucións...
conativa
- Expresións para verificar que a
Canle Consiste en tratar de manter a
canle sigue aberta cando se fala
función fática canle despexada. por teléfono...
- Un exemplo das dificultades que
Fai referencia á capacidade da pode provocar a función
linguaxe de referirse a si metalingüística á hora de traducir
Código atopámolo nunha tradución ao
mesma, algo que só se dá no
función castelán de Language (1921) de
sistema comunicativo humano.
metalingüístic Sapir, na que se di La t de sting
É unha función á que ten que estar
a tiene distinto sonido de la de
moi atento o tradutor, xa que pode teem. Esta tradución non ten
provocar moitas dificultades. sentido se non se ten un bo
coñecemento do inglés.
A función poética prodúcese cando
o significante deixa de ser
Mensaxe
significante e pasa a ser
función
significado. É dicir, unha palabra
poética
deixa de ser un medio para
converterse nun fin en si mesmo.

O normal é que nun mesmo enunciado se dean varias destas funcións,


mesmo as seis á vez, e isto é un complexo problema para a tradución xa que se non
se identifica a función principal o resultado da mesma pode afastarse moito da
intención do texto orixinal. Exemplos:

Enunciado Función dominante Outras funcións


Teño frío Expresiva Apelativa e referencia.
Referencial, apelativa e
Que significa “salad”? Apelativa
expresiva.

4.7.Factores relacionados co léxico (ideoloxía)


A importancia do léxico vai alén de apuntar a uns referentes, xa que é
fundamental para o significado global pretendido e, polo tanto, para plasmar as
ideoloxías presentes nun texto. Así, as ideoloxías presentes nos textos non dependen,
por exemplo, das estruturas sintácticas, senón de algo tan sinxelo e complexo á vez
como é a elección dunhas determinadas palabras ou outras.

Hai que ter en conta que a elección dun determinado léxico para expresar
unha ideoloxía non é sempre consciente. Así, Teun Van Dijk detecta un uso racista
do léxico en xornais españois e holandeses, cuxos directores afirmaban non ser
racistas. Porén, nestes xornais existían elementos léxicos racistas, como sinalar a
procedencia dunha persoa que é detida dependendo de cal fose esta.

4.8.Factores relacionados co papel (central) do tradutor


O tradutor é a figura central no proceso de tradución, xa que é un
mediador entre o produtor dun texto orixe e o receptor dese texto nunha lingua meta.
Sen ese mediador a comunicación non sería posible. Este proceso de mediación
desenvólvese en dous sentidos:
1) Mediación entre culturas, e non entre linguas, xa que como vimos a tradución
é un proceso intercultural (o que ten valor como elemento nunha cultura pode
17 Seminario sobre teoría da tradución
2007/2008
USC
2. O proceso de tradución

ter menos valor ou ningún noutra). O tradutor está nunha posición óptima
para:
a) apreciar a disparidade entre culturas;
b) tratar de resolver esa disparidade.
2) Descodifica para volver codificar de novo, mentres que un lector normal
descodifica só para descodificar. É dicir, o traballo do tradutor comeza onde
remata o do lector normal. É, deste xeito, un lector privilexiado no que o labor
interpretativo será moito máis profundo có dun lector normal.

Ao igual ca cada acto de lectura, cada acto de tradución é único. Neste


senso o tradutor é un dos factores que axuda a que cada acto de tradución sexa único,
como persoa do seu tempo que é, xa que está influído por determinadas correntes,
ideas, modas, sistemas morais etc., que é imposible que non reflicta na tradución.
Esta é unha das causas polo que a tradución dun mesmo texto por dúas persoas
diferentes pode dar lugar a textos meta moi distintos.
Existe o risco de que o tradutor se deixe ver demasiado na obra,
escurecendo o espírito do texto orixe, de xeito que a tradución perde equivalencia
respecto del. Cando isto acontece estamos perante un caso de reescritura.

4.9.A reescritura
Á noción de valor literario é á que, a priori, se lle atribúe o éxito ou
fracaso dunha obra. Porén, na realidade isto non é así, xa que as obras teñen éxito
ou fracaso dependendo de factores moito menos abstractos có valor literario (poder,
ideoloxía, manipulación, adecuación ás modas e correntes imperantes no momento...)

A reescritura é un factor relacionado con cuestións ideolóxicas en sentido


amplo e consiste en crear representacións, é dicir, en xerar novas imaxes que
dependendo das circunstancias poden chegar a máis ou menos xente.
Un exemplo é a tradución do Diario de Anna Frank para o alemán feita por Annesiese
Shütz, alemá amiga dos Frank que tivera que escapar de Alemaña. Nesta tradución altéranse moitos
elementos do texto orixe, pero os motivos están moi lonxe de ser a simpatía polo nazismo, senón:
1) Razóns comerciais, porque era unha obra para ser lida por alemáns.
2) Suavízase a situación vivida polos xudeus e a crueldade dos alemáns, o que está relacionado
co anterior.
3) Razóns culturais: a linguaxe empregada por Anna Frank non era a esperada nunha adolescente
da súa época, polo que se suavizan algunhas expresións.

Así, cuns poucos cambios déixase ver o peso de cuestións ideolóxicas.


Isto lévanos novamente á consideración da tradución coma un sistema complexo,
condicionado por un conxunto de factores que se funden nun texto, pero un pequeno
cambio nun deses factores iniciais pode levar a unha variación exponencial.

18 Seminario sobre teoría da tradución


2007/2008
USC

También podría gustarte