Está en la página 1de 14

3. A Época Nós.

Prosa

1. Introdución
Na Época Nós existe conciencia de que no Rexurdimento se favorecera a
expresión lírica, de xeito que a expresión en prosa quedara nun segundo plano1.

Desde as Irmandades da Fala preténdese darlle un pulo a Galiza en


tódolos ámbitos, a prol do discurso nacionalista. Así, neste momento os avances no
eido da narrativa son tamén importantes (novela moderna, relato curto...)

2. Empresas editoriais para a promoción da prosa


1) En 1918 créase na Coruña un suplemento de El Noroeste que dá lugar á
colección ¡Terra a Nosa!, que acolle traballos narrativos (coma Do caso
que lle aconteceu ao doutor Alveiros, de Risco). Con todo, non tivo moita
duración.
2) Desde 1922 xorden empresas máis competitivas, como é o caso de Céltiga:
a) Creada por Antón Villar Ponte e Xaime Quintanilla en Ferrol.
b) Pretende dirixirse a un público urbano que, desde 1908, estaba a ler
noveliñas por entregas en castelán pertencentes a coleccións coma El
cuento semanal2.
c) Predomina a temática enxebre e ruralizante, así coma as historias de
amor. Ao contrario do que acontece nas coleccións españolas, en Céltiga
non aparecen novelas de temática erótica (sicolíptica) xa que era probable
que non fose acollida por un público maioritariamente católico e, ademais,
para os guieiros da Época Nós a relixión era un dos elementos
fundamentais do pobo galego.
d) Algúns dos arredor de 13 títulos publicados (con cadansúa cuberta) en
Céltiga son:
■ Un ollo de vidro. Memorias d’un esquelete de Castelao, a primeira obra
publicada;
■ Os catro cisnes brancos, unha tradución de lendas nórdicas (celtismo e
atlantismo);
e) En 1924 desaparece.

3) En 1924 aparece Lar:


a) Ten como director técnico a Ánxel Casal3 e como director literario a
Leandro Carré Alvarellos4.
b) Tódalas novelas presentan a mesma cuberta, con figuras do Pórtico da
Gloria (pasado románico) e unha mámoa (celtismo).

1
Destacan autores coma M. Valladares, López Ferreiro, A. de Nóvoa ou Pérez Placer, que publican
fundamentalmente na prensa. A única iniciativa editorial relevante foi a Biblioteca Gallega (Martínez
Salazar e Fernández de la Torre), dedicada á publicación de textos sobre Galiza, pero non só en galego.
2
En moitos casos os autores destas novelas son persoas importantes dentro do sistema literario español
(E. Pardo Bazán, Valle Inclán, Blasco Ibáñez, Wenceslao Fernández Flórez...)
3
Ánxel Casal ten un papel fundamental como editor.
4
Fillo de Uxío Carré Aldao, o anfitrión da Librería Gallega da Coruña, onde se producían as reunións
da Cova Céltiga que darían lugar ao nacemento da Real Academia Galega. Leandro Carré Alvarellos
foi dramaturgo, novelista, ensaísta... e director da escola de arte dramático creada en 1922.

1 Literatura Galega
das Irmandades da Fala á Guerra Civil
2007/2008
USC
3. A Época Nós. Prosa

c) Ten máis continuidade ca Céltiga, xa que nela podemos atopar ata 41


títulos.
d) Buscábase un tipo de novela que Carré Alvarellos definiría nun artigo de
1926 na revista Nós: personaxes e escenarios urbanos, en oposición ao
ruralismo do XIX. Con todo, non tódalas novelas responden a este modelo:

Novelas que non responden ao modelo de Carré Alvarellos


Motivo Exemplos
- O xardín do Castelo de Vidre, de A. María de las
Novelas non narrativas Casas.
- A coutada, de Risco.
- Contos de Nadal, de Cotarelo Valledor.
Recompilacións da tradición oral (máis
ca creacións orixinais)
- O lobo da xente, de Risco.
- A dona das torres, de Ánxel Casal.
- Os probes de Deus, de Amado Carballo.
Semblanzas máis narracións
- O vigoiro, de Filgueira Valverde.
Fondo filosófico (xeralmente sentimento
- Pantelas, home libre, de Otero Pedrayo.
da terra) que contrasta co que busca o
público urbano - Escrito na néboa, de Otero Pedrayo.

- Ladaíña, de Álvaro María de las casas.


Relato curto - De como claudicou Xaquín Quiroga, de Xacobe
Casal.
Novela de aventuras - Cabalgadas en Salnés, de Bouza Brey.

Novelas que responden ao modelo de Carré Alvarellos


Grupos Subgrupos
12 novelas: - Humorísticas: A miña muller, O ilustre Cardona, O
- que se centran nas kaliveira 30HP, O filósofo de Tamarica, O home que deu
clases medias vida a un morto.
urbanas; - Novela rosa ou de conflito amoroso:
- que non reflicten a • Motivo da parella de namorados: Martes
diglosia; d’Antroido, Ana María, A filla da patrona, O xornal de
- sen o motivo do Maví.
sentimento da terra. • Triángulo amoroso: Naiciña, A propia vida, O
alevamento.
Wenceslao Fernández
Flórez: A miña muller; O Os desenlaces das novelas de conflito amoroso poden ser:
ilustre Cardona. Feliz: Martes d’Antroido, Naiciña, A propia vida.
Leandro Carré Alvarellos: Catástrofe romántica (suicidio): O alevamento.
Naiciña; O xornal de
Realismo melancólico: A filla da patrona.
Maví, O home que deu
vida a un morto; A Realismo infeliz (morte natural): Ana María.
propia vida.
Francisca Herrera
Garrido: Martes
d’Antroido.
Xulián Magariños
Negreira: O kaliveira
30HP; O filósofo de
Tamarica.
Xoán Xesús González: A
filla da patrona; Ana
María.
Luís G. Vicencio (Luís
Carré Alvarellos): O

2 Literatura Galega
das Irmandades da Fala á Guerra Civil
2007/2008
USC
3. A Época Nós. Prosa

alevamento.

- Pacegas:
• Desenvolven o idilio da dona fidalga e o mozo
aldeán;
• Ambiente aristocrático (máis ca rústico).
• Exemplos: O pastor de Doña Silvia, de Aurelio
Ribalta; Xelo, o salvaxe, de Felipe Fernández
Armesto5; Anxélica, de Florencio Vaamonde Lores.

Os desenlaces das novelas pacegas poden ser:


Feliz-idealista: O pastor de Doña Silvia;
Infeliz-realista: Anxélica;
14 novelas: Romántico-melancólico: Xelo, o salvaxe.
- de ambientación non - Rurais (máis tráxicas e maior presenza do sentimento
urbana da terra):
- nas que está presente o • Na Galiza interior: O anarquista, de L. Pita Romero
sentimento da terra. (non presenta conflito amoroso); Como son os do
Glorioso, de X. Fernández e González; A terra
chama, de Uxío Carré Aldao.

Os desenlaces poden ser:


Triángulo amoroso terra – el – ela que se resolve
felizmente: A terra chama.
Resolución pintoresca do conflito amoroso en Como son
os do Glorioso, xa que un dos personaxes esquece o seu
amor e marcha para a lexión

• Na beiramar: Buserana e Fuxidos de López Abente;


O consentimento, de Luís G. Vicencio...

Dentro da colección Lar cómpre destacar a novela Manecho, o da rúa de


Xosé Lesta Meis, antecedente de Estevo, do mesmo autor. Estevo é unha obra
importante por ser a primeira que trata a emigración desde o punto de vista do
emigrante (o autor emigrara a Cuba). Manecho, o da rúa, pola súa banda, é unha
novela que responde aos principais criterios da colección Lar: motivos da narrativa
popular (historia de amor frustrada, desenlace próximo ao romanticismo, equilibro
rural –urbano...) e tratamento complexo do sentimento da terra.
5
Felipe Ferández Armesto sería coñecido como xornalista baixo o nome de Augusto Assía.

3 Literatura Galega
das Irmandades da Fala á Guerra Civil
2007/2008
USC
3. A Época Nós. Prosa

3. Risco (Ourense 1884 – 1963)


3.1. Vida e evolución intelectual

1) Risco fórmase na estética modernista, que chegara a España cando el era un


adolescente. Disto deriva o seu gusto polo exótico, o oriental, o exotérico, a
teosofía... Nesta liña está La Centuria, a revista fundada por el en 1916.
Tamén cómpre dicir que fora alumno de Ortega y Gasset cando estudaba
Filosofía e letras en Madrid.
2) A súa evolución cara o nacionalismo producirase por influencia de Antón
Losada Diéguez, ao igual cá de Otero Pedrayo ou Cuevillas6, que entrarían
nas Irmandades da Fala. É moi importante para a historia de Galiza o feito de
que persoas tan formadas se dedicasen á causa nacionalista.
3) Así, Risco converterase no principal teórico do grupo (Teoría do nazonalismo
galego, 1920) e en 1920 crea a revista Nós, que ten continuidade ata 1936
(agás nos primeiros anos da Ditadura de Primo de Rivera).

4) En 1930 fai unha viaxe por Centroeuropa e en 1934 publica Mitteleuropa.


Ademais, é o autor da que se considera a primeira novela vangardista da
literatura galega: O porco de pé.
5) En 1934 abandona o Frente Popular e crea a Dereita Galeguista, que asumiría
o golpe de estado de 1936.

3.2. Obra
3.2.1. Primeiras obras

1) Preludio a toda estética futura, ensaio publicado en La Centuria7 (1917 –


1918) no que desenvolve o seu papel como guieiro do seu grupo. Deste ensaio
destacan:
a) Rexeitamento da literatura realista (social), xa que considera que a
función da literatura é proxectar a mente humana cara a fantasía.
b) Importancia da intuición8 para penetrar na esencia das cousas, unha
calidade que posúen os artistas no seu máis alto grao.
2) Teoría do nacionalismo galego: ensaio publicado entre 1918 e 1919 en A
Nosa Terra e en 1920 de xeito independente. É o texto programático da
elaboración do discurso identitario nacionalista.
3) Do caso que lle aconteceu ao Dr. Alveiros : primeira obra narrativa,
publicada no suplemento de El Noroeste ¡Terra a Nosa! en 1919.

3.2.2. Dupla faceta: lúdica e ideolóxica


6
Esta evolución reflíctese en Nós, os inadaptados de Risco, en Arredor de si de Otero Pedrayo e no
artifo “Dos nosos tempos” de Cuevillas, publicado no primeiro número da revista Nós en 1920.
7
As ilustracións de La Centuria amosan o gusto polas novas tendencias plásticas, moi na liña do art
nouveau.
8
Neste senso segue as teorías de Henri Bergson, aínda que xa Kant falara do noumeno (esencia) e o
fenómeno (aparencia) pero segundo risco a distancia entre noumeno e fenómeno é salvada grazas á
intuición.

4 Literatura Galega
das Irmandades da Fala á Guerra Civil
2007/2008
USC
3. A Época Nós. Prosa

1) Lúdica e desenfadada, tomada coma un xogo e sen preocupacións


galeguistas:
a) Do caso que lle aconteceu ao Dr. Alveiros, obra na que se fai referencia á
liberación da momia de Tutankamon xa que está baseada na crenza de que
os esqueletos son máis felices se poden moverse libremente.
b) Os europeos en Abrantes (1927): obra incompleta na que se critica a
sociedade provinciana e imitadora das prácticas da alta sociedade
burguesa. Así, Risco clasifica os seres humanos en tres tipos:
1. Hílicos: comerciantes materialistas.
2. Psíquicos: políticos.
3. Pneumáticos: homes de espírito, unha clase selecta e superior da que se
considera pertencente.
c) O porco de pé (1928):

■ Crítica cruel aos hílicos e aos psíquicos.


■ O protagonista é o fillo dun maragato que é caricaturizado de xeito
expresionista e caracterizado coma un porco. Evoluciona de hílico a
psíquico. Isto supón un desenvolvemento da temática de Os europeos en
Abrantes.
■ O narrador é un reflexo do propio autor, pero non hai unha intención
de adoutrinamento nacionalista, xa que só é unha crítica á burguesía.
■ É unha novela vangardista, que podemos considerar a primeira novela
realmente moderna da literatura galega. Algúns dos trazos que nos
permiten cualificala deste xeito son:
caracterización expresionista dos personaxes, coma a que se fai do
dr. Alveiros (inspirada en Quevedo);
ausencia de linealidade cronolóxica;
enumeracións longas que lembran ás técnicas surrealistas.
■ É moi importante a presenza do lector implícito:
A diferenza do lector do XIX, Risco (ao igual ca Dieste ou Castelao)
busca a colaboración dun lector intelixente, con sentido do humor e
culto, do mesmo xeito que xa o fixeran Joyce e Proust.
É un trazo especialmente importante no conto Meixelas de rosa, no
que o autor lle dá ao lector a posibilidade de deseñar el mesmo os
personaxes (o lector poderá colaborar co autor). Isto é un
experimento vangardista no que se fai explícito o feito de que cada
lector imaxina a historia dun xeito diferente, algo implícito ao longo
de toda a historia da literatura. Ademais, é unha historia mínima na
que se consigue manter a atención do lector sen contar case nada,
feito que tamén é un trazo de modernidade.

2) Ideolóxica, á que pertencen obras que buscan a difusión do ideario


nacionalista:
a) A trabe de ouro e a trabe de alquitrán:
■ Obra baseada na crenza popular de que o mundo está sostido por dúas
trabes, unha de ouro e outra de alquitrán (o ben e o mal).

5 Literatura Galega
das Irmandades da Fala á Guerra Civil
2007/2008
USC
3. A Época Nós. Prosa

■ Argumento: está protagonizada por dous rapaces que van a unha cova n
a que está unha moura que pretende seducilos. Un deles non lle fai caso e
consegue ver a trabe de ouro custodiada polos antigos celtas, condenados
a estaren recluídos mentres non se bauticen. Mentres o outro rapaz
déixase enganar e morre nunha explosión que derruba a cova e que fai
que o primeiro rapaz quede cego.
■ Mensaxe: defensa do celtismo e do cristianismo.
b) O lobo da xente: recolle a lenda popular do lobishome9 (neste caso é unha
muller) e, aínda que non é doutrinal de xeito directo, pretende que o lector
se interese dalgún xeito pola cultura popular galega.
c) A Coutada:
■ Argumento: diálogo entre unha muller e o seu marido, un fidalgo que
decidira marchar do seu pazo (A Coutada) para a cidade. A través do
diálogo descóbrese a mala conciencia do fidalgo por abandonar as súas
terras, ás que finalmente volverá.
■ Mensaxe: é unha defensa da fidalguía como clase dirixente da nación10,
unha clase social que debe combinar o sentimento da terra e ser
ilustrada segundo Otero Pedrayo.

Tamén é autor de composicións con trazos vangardistas coma:


1) “U... ju ju...”: mestura de linguas e tipografías, introdución de novos campos
semánticos (fíos eléctricos, motores...)
2) “¡Cantas luces acesas sobor da neve”: apréciase a influencia do creacionismo
e ten tamén imaxes hilozoístas.

4. Otero Pedrayo
4.1. Vida
Otero Pedrayo nace en Ourense en 1888 dentro dunha familia fidalga, culta e
liberal. De feito, o seu pai fora defensor de Curros na polémica que suscitaran
algúns dos poemas de Aires da Miña Terra. Ademais, a súa casa da rúa da Paz era
coñecida coma un importante centro de tertulias e era a mesma na que naceu
Risco, ao que coñecía desde neno (teñen un habitus11 en común).
Estuda Bacharelato en Ourense e Filosofía e Letras en Madrid, nun momento
no que esta cidade era un centro moi atractivo para a xuventude da periferia pola
súa actividade cultural. Neste senso Carvalho Calero afirma que isto foi o que
provocou que non se dese modernismo en Galiza12.
Forma parte da Xeración Nós, o grupo intelectual máis cualificado da Época
Nós:
■ Composta por autores nados nas décadas de 1880 e 1890.

9
No seu discurso de ingreso na Real Academia Galega, Risco tamén fai referencia ao tema da
licantropía.
10
Otero Pedrayo e Antón Losada Diéguez Tamén defenden esta posición.
11
Noción que fai referencia ao feito de que unha formación e vida semellantes pode dar lugar a
actitudes tamén parecidas.
12
Aínda que en Cabanillas podemos percibir claramente a influencia do modernismo.

6 Literatura Galega
das Irmandades da Fala á Guerra Civil
2007/2008
USC
3. A Época Nós. Prosa

■ Formada no modernismo e allea á problemática galeguista ata moi tarde, na


que destaca o chamado cenáculo ourensán (Ateneo de Ourense) relacionado
coa revista La Centuria, na que Otero publica o ensaio Preludio a toda
estética futura (en seis dos sete números que coñeceu a revista).
■ Posteriormente Antón Losada Diéguez contribúe para que entren nas
Irmandades da Fala e, desde entón, o grupo ficará vinculado ao galeguismo.
En 1919 consigue a Cátedra de ensino medio e exercerá nun instituto de
Ourense, ao tempo que colabora en revistas e participa nos faladoiros.
Colabora co Seminario de Estudos Galegos, na sección de Xeografía e
Historia.
En decembro de 1931 participa na fundación do Partido Galeguista e sería
parlamentario das Cortes Constituíntes da República. Cando o PG se integra no
Frente Popular acepta isto, malia a súa posición conservadora, ao contrario ca
Risco, que funda a Dereita Galeguista.
Durante a Guerra é expedientado e cesado da súa cátedra de instituto, polo que
se retira a Trasalba, desde onde colabora na prensa de fóra de Galiza e, máis
tarde, tamén na galega (La Noche).
En 1949 é restituído na súa cátedra e en 1950 consigue a cátedra de Xeografía e
Historia da Universidade de Santiago.
Participa na fundación de Galaxia en 1950.
Ata 1958 está en Santiago, onde entra en contacto coa mocidade universitaria
galeguista, é dicir, cos integrantes da coñecida como Xeración dos 50 ou
Xeración das Festas Minervais (Uxío Novoneyra, Ferrín, Bernardino Graña,
Avilés de Taramancos, María Xosé Queizán, Fernández Ferreiro, García
Bolaño...) Está é unha xeración moi heteroxénea da que destaca a creación da
editorial Brais Pinto.
Morre en 1976, considerado xa como o patriarca das letras galegas, sucesor de
Murguía.

4.2. Narrativa
1) Pantelas, home libre (1925): noveliña coa que Otero se inicia na
narrativa (aos 37 anos), publicada en Lar e que presenta moitas das
características que poderemos apreciar na súa narrativa posterior:
a) Comuñón coa natureza e intuición como esencia do home galego:
Pantelas é un indixente cultural que sente unha especie de forza cósmica
de comuñón coa natureza que lle vén dada pola intuición, que o libera de
non ter un sistema filosófico sólido para se enfrontar ao mundo. Esta
importancia da intuición é unha influencia de Henri Bergson, que tamén se
deixa notar no estilo de Otero.
b) Fidalguía, á que se lle critica o absentismo dos seus pazos para ir á cidade
exercer profesións liberais, de xeito que non exerce o seu papel como clase
dirixente.
c) Panteísmo, un trazo definidor da cosmovisión do home rural.
d) Gusto polo outono: vendimas, castañeiras...

7 Literatura Galega
das Irmandades da Fala á Guerra Civil
2007/2008
USC
3. A Época Nós. Prosa

2) O purgatorio de don Ramiro (1926):


a) Obra que está na liña de Do caso que lle aconteceu ao dr. Alveiros (1919)
de Risco e de Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete de Castelao, que
tamén tratan o mundo do alén.
3) Escrito na néboa (1927): obra que simula ser o caderno de notas de
Adrián Solobio, un fidalgo que se vai formar a Santiago e vai tomando notas
do que lle acontece. As principais características deste personaxe son:
a) Busca a comuñón coa natureza que perde na cidade, onde o home se
somete á tiranía dun ritmo imposto.
b) Ten pretensións intelectuais, a diferenza de Pantelas, polo que é o alter
ego perfecto de Otero Pedrayo e o prototipo de fidalgo desde a perspectiva
do autor.
4) Os camiños da vida (1928): é a primeira novela longa de Otero.
a) Divídese en tres partes, que teñen cadansúa personaxe exemplar pola súa
dignidade, excepcionalidade e esperanza perdida. Estas partes son:
1. Os señores da terra;
2. A maorazga;
3. O estudante;
b) O autor mostra a súa xenreira contra a fidalguía absentista que non se
constitúe como clase dirixente. Isto está en relación cos cambios
económicos, en especial coas desamortizacións eclesiásticas entre as que
destaca a de Mendizábal (1835). Así, comezan a aparecer comerciantes que
fan préstamos usureiros que quedan coas propiedades dos labregos.
c) En relación co anterior, hai unha postura de nostalxia romántica cara o
pasado esplendoroso da fidalguía galega, que transloce nunha escrita
cunha compoñente lírica importante que fai del un autor moderno.
5) Arredor de si (1930):
a) Retoma e desenvolve o personaxe de Adrián Solovio, o seu alter ego.
b) Explica o seu camiño de conversión ao galeguismo e o de toda a súa
xeración, como tamén se fai en Nós, os inadaptados (1932) de Risco ou no
artigo Dos nosos tempos de Cuevillas (publicado no primeiro número da
revista Nós en 1920). Así, Adrián viaxa pola Península e por Europa, ata
que se decata de que o que busca está en Galiza e que debe exercer o seu
papel como fidalgo.
c) O estilo desta novela é diferente ao que normal no autor, xa que é un estilo
contido, fragmentado, que lembra ao de Azorín.
6) Contos do camiño e da rúa (1932): relatos curtos entre os que destaca
O fidalgo.
7) A romeiría de Xelmírez (1934):
a) Cóntase a viaxe de Xelmírez a Roma para conseguir a categoría de
arcebispado para Compostela.
b) Otero parece querer cubrir con esta obra toda a literatura que en Galiza
non se puido desenvolver desde o século XV:
■ O protagonista é presentado coma un heroe épico;
■ Introdúcese elementos próximos á novela bizantina (historias de amor
inverosímiles) e á poesía pastoral.

8 Literatura Galega
das Irmandades da Fala á Guerra Civil
2007/2008
USC
3. A Época Nós. Prosa

8) Fra Vernero (1934): baseada na figura de Zaharias Werner, que se


converte do protestantismo ao catolicismo. Fai un panorama da Europa do
século XVIII a través das personaxes máis importantes dese momento coma
Goethe, Kant, Chateubriand... (dimensión enciclopédica).
9) Devalar (1935): novela de protagonista colectivo que dá unha visión de
Galiza tomando o camiño como narrador, un camiño que se metarfosea en
verea, corredoira, estrada etc. e chega a todas partes. Debeu influír en Otero
Jules Romais, fundador do unanimismo, que tamén aplica protagonistas
colectivos. Isto é unha mostra de que Otero estaba moi ao día das innovacións
literarias do século XX.
10) O mesón dos ermos (1936):
a) Obra chea de sentido tráxico e premonitorio na que se mesturan pasaxes
realistas con visións fantásticas.
b) Temática da fidalguía, da que se critica a súa militancia no carlismo.
c) Influencia de diferentes tradicións novelísticas (coma en A romeiría de
Xelmírez): novela picaresca, bizantina, de aventuras, sentimental, novela
indixenista hispanoamericana (emerxente no momento), novela de
bandoleiros...
11) Libro dos amigos (1953): evocación de amigos, moitos deles asasinados
en 1936 (Bóveda, Blanco Torres, Vítor Casas, Arturo Noguerol, Ánxel Casal)
que pecha con Castelao, que morrera tres anos antes en Buenos Aires.
12) Entre a vendima e a castañeira (1957):
a) Obra composta por 20 relatos de temática heteroxénea.
b) Presenza do outono.
c) Estilo oteriano.
13) O señorito da Reboraina (1960): obra protagonizada por don Xoán
Manueliño, un fidalgo ao que non ataca tanto como en obras anteriores.
14) O espello na serán (1966), libro de relatos.
15) Outras, coma Contos de Santos e Nadal, publicada posteriormente.

 OBRA NARRATIVA EN CASTELÁN

1) Las palmas del convento (1941):


a) Presenta a Juan Rodríguez de Padrón, unha personaxe do século XV que
lle sirve como pretexto para evocar a Europa dese momento. Este é un
tema que xa iniciara en Devalar.
b) É interesante polo tipo de castelán que usa.
2) Adolescencia (1944):
a) Obra que pode ter algo de autobiográfico, xa que é a iniciación vital e ao
coñecemento de Galiza dun adolescente namoradizo chamado Xosé
Ramón. Así, faise referencia a lembranzas do instituto e a elementos coma
o Mapa de Fontán13, o primeiro mapa xeométrico de Galiza, que data de
principios do XIX.

13
Este mapa sería citado por Cunqueiro e tamén polo mesmo Otero Pedrayo en Arredor de si.

9 Literatura Galega
das Irmandades da Fala á Guerra Civil
2007/2008
USC
3. A Época Nós. Prosa

b) Evoca o ambiente social e cultural de Ourense, cidade á que se refire


como Auria.
3) La vocación de Adrián Silva (1949): novela de pazo na que está
presente a vida da aldea e o outono. Narra a vida de Adrián Silva, un
estudante do Seminario de Ourense que ten que seguir coa súa vocación
obrigada, xa que é un tío o que lle paga os estudos.

4.3. Teatro
4.3.1. O teatro na Época Nós
O teatro é un xénero aínda menos desenvolvido cá prosa antes da Época
Nós, un momento no que se pretende normalizar o galego en tódolos ámbitos. Por esta
razón, as primeiras pezas son de carácter popular, para que poidan ser entendidas por
todos os públicos (do mesmo xeito que na prosa se publicaron noveliñas curtas).
Malia que hai tentativas de potenciar o teatro, o panorama deste xénero
na literatura galega nas tres primeiras décadas do século XX é moi pobre, xa que son
moi poucas as obras que podemos destacar:
Obra Contido
Aínda que Cabanillas é sobre todo poeta, escribe tamén esta peza,
R. Cabanillas, A man da
unha comedia relixiosa. É autor, xunto con Antón Villar Ponte, de
Santiña (1920) O Marsical.
X. Luís Romero, O fidalgo Trátase o tema da fidalguía na mesma liña ca na obra de Otero
(1925) Pedrayo.
Autor asturiano que chega a ser presidente do Seminario de Estudos
A. Cotarelo, Hostia (1926) Galegos. Esta peza é un drama histórico.
R. Dieste14, A fiestra Obra que está próxima aos postulados da Generación del 27 e, polo
valdeira (1927) tanto, ás vangardas.
Antón Villar Ponte, A
Crítica do caciquismo
patrea do labrego (1905)
Crítica á emigración na que se ridiculiza un En 1928
Antón Villar Ponte, Almas indiano a través da súa lingua (mestura aparecen
mortas (1925) castelán e galego). É un aspecto interesante publicadas
desde o punto de vista sociolingüístico. xuntas.
Antón Villar Ponte, Entre
Crítica ás supersticións.
dous abismos (1920)
V. Risco, O bufón de El Obra sobre lendas que conecta con Do caso que lle aconteceu ao
Rei (1928) dr. Alveiros.
Otero Pedrayo, A
lagarada (1928?)

4.3.2. A lagarada (1928?)


1) Edicións:
a) Primeira edición: non se sabe a data exacta, xa que na portada indícase que
é 1928, pero na derradeira folla 1929.
b) Segunda edición: non se volvería editar ata 1993 (Centro Dramático
Galego).

14
Deste autor, que escribiu a meirande parte da súa obra en castelán, destacan as reflexión sobre o
relato curto incluídas no libro de relatos Dos arquivos do trasno (1926).

10 Literatura Galega
das Irmandades da Fala á Guerra Civil
2007/2008
USC
3. A Época Nós. Prosa

2) Influencias da vangarda europea: aínda que ten aspectos moi


innovadores, Otero Pedrayo aínda non debía coñecer o que Castelao vira no
teatro europeo na súa viaxe de 1921. Esta experiencia de Castelao, que vira un
teatro no que era un todo no que tódolos elementos eran importantes (luces,
máscaras, son, vestiario...) debeu influír máis no Teatro de máscaras, que
Otero escribe en 1931, sendo deputado das Cortes Constituíntes.
3) Problemas de representación: parece unha peza feita para ser lida, como o
mesmo Otero indica (Farsada tráxica pra lêr), xa que contén moitos aspectos
cuxa representación era difícil no momento (obxectos que falan, etc.) Así,
non se representaría por primeira vez ata 1993, na casa de Trasalba.
4) Interpretacións:
a) Primeira lectura: traxedia báquica ou dionísica, un canto ao viño.
b) Segunda lectura:
5) Personaxes:
a) Son personaxes labregos, ningún é fidalgo (aínda que hai referencias á
fidalguía).
b) Non hai un protagonista claro, pero destaca sobre os demais o Señor
Vences da Alén (un bicho15).
c) Algúns dos personaxes son seres inanimados (un monte, unha cuba), outro
factor que dificulta a representación da obra.
d) Destaca a recorrencia do fonema bilabial sonoro nos nomes das
personaxes femininas (Sabela, Bubela, Balbanela, Basilia...)
6) Comentario do texto:

15
Así é como Otero Pedrayo denomina a personaxes dominadores.

11 Literatura Galega
das Irmandades da Fala á Guerra Civil
2007/2008
USC
3. A Época Nós. Prosa

- Lugar: mundo rural, pero sen unidade de espazo.


- Tempo concreto, a comezos do século XX pero con
Introdución reminiscencias do pasado.
- Estrutura en tres actos, pero non marca as escenas
(marcaríanse coa saíada e entrada de personaxes).
- Vocabulario:
Caíño: tipo de parra.
Primeira - Referencias a un pasado ancestral.
acoutación - Século XX (carretera) vs. pasado (un logar da outra veira
con pazo e alciprestes).
- Rexistro do paso do tempo dentro do relato.
- Acción primeira:

Vences Basilisa
Delmiro

Roque

Acto I Venerando

Triángulo amoroso entre Vences, Basilisa e Delmiro, no que


Accións está presente o tema do amor dun vello por unha moza (de
Vences por Basilisa), que xeralmente remata en traxedia.

- Acción segunda:

Arqueólogo Bubela

A Bubela cumpre o mesmo papel que as Sibilas nas traxedias


clásicas, xa que anuncia a traxedia

- Sitúase na bodega o diálogo entre a Pipa arcada de


carballo, a Alquitara e a Sombra do arrieiro (personaxes
que facía difícil a súa escenificación).
Acto II - Referencias constantes a outro tempo.
- A diferenza de en Os vellos non deben de namorarse de
Castelao, o señor Vences non lle deixa nada en herdanza
a Basilisa, malia a atracción física que sente por ela.
- Remata coa fuxida ao monte de Delmiro e á cidade de
Acto III
Basilisa.

4.3.3. O desengano do Prioiro (1953)


Farsa publicada na colección O Moucho na que unha pantasma percorre
Ribadavia e ao ver que ao ver que a actividade do viño fora substituída pola dos
féretros volve á tumba da que saíra.

4.3.4. Teatro de máscaras (1975)


Na viaxe que fai Castelao por Europa en 1921 coñece la chauve – souris
(o teatro dos morcegos) de Nikita Baliet en París, un teatro no que todos os elementos
son importantes (cores, música, máscaras, diálogo co público...) É tamén un teatro que

12 Literatura Galega
das Irmandades da Fala á Guerra Civil
2007/2008
USC
3. A Época Nós. Prosa

se caracteriza pola mestura do agarimo e a burla que dá lugar ao humor. Castelao


poñerá isto en práctica en Os vellos non deben de namorarse, pero tamén lle fai
saber deste tipo de teatro a Otero Pedrayo.
Así, en 1931 Otero Pedrayo escribe 16 pezas de teatro no papel timbrado
das Cortes (case sen correccións). Castelao gárdaas e fican no Museo de
Pontevedra ata que en 1975 son publicadas cun prólogo do autor baixo o título de
Teatro de máscaras. É un teatro cunha lingua moi rica, pero non un teatro para a
xente como pretendía Castelao, xa que está cheo de referencias culturalistas. Un
exemplo é A subrevazón dos traxes.

5. Castelao (1886 – 1950)


5.1. Vida
5.2. Obra narrativa
En A carón da natureza, o texto introdutorio de Cousas (1926),
Castelao presenta a xustificación de por qué escribe. Así, di que decide ser un
ventureiro das letras porque as artes plásticas non abondan para captar a esencia
das cousas, de xeito que precisan o complemento da escritura.
Isto desenvolverao Castelao en practicamente toda a súa obra: Un ollo de
vidro. Memorias dun esquelete, Os dous de sempre, Retrincos, Cousas ou Cousas da
vida (onde xa é máis importante a ilustración có texto),

6. Dieste
6.1. Vida

6.2. Obra
6.2.1. Dos arquivos do trasno (1926)
1) Poética do relato: limiar de Dos arquivos do trasno:
a) Dieste sinala seis características do relato, nas que destaca a importancia
do final:
1. A unidade emotiva consíguese no conto posa ousesión do que ten de sobrevir.
2. O remate ha de tela virtú de faguer simultáneas no esprito as imaxes que foron
sucesivas.
3. A presenza do remate debe estar atafegada, pero latexando con forte resoancia en
tódolos currunchos do relato.
4. O remate é unha imaxen que fai estoupalo conto nas verbas derradeiras, dempóis de
inzalo poderosamente.
5. O conto é unha pelica na que se sinte o pulso dunha imaxen contida.
6. O conto é o remuíño que fan arredor dunha lámpada moitas volvoretas, todas
mergulladas na mesma luz.
b) As reflexións sobre o relato de Cortázar ou E. Allan Poe son moi
semellantes á de Dieste.
2) Análise do relato A luz en silenzo:
a) Dimensión léxico-semántica: desenvólvese arredor de tres isotopías,
presentes en todo o relato:
1. O medo: terríbel, medo, discordia, berros, noite, sobresalto, me inqueda,
desacougo, falsa, turdios, criminais, afogar, asedio das sombras...

13 Literatura Galega
das Irmandades da Fala á Guerra Civil
2007/2008
USC
3. A Época Nós. Prosa

2. O deterioro: trastos vellos, coche estragado, muros balorentos e madeiras


vellas...
3. O inconcreto: ningunha, dalgún, aquela, presenza baldeira, ninguén, a
cousa, algúns anos, alá na viliña, uns cantos...
b) Dimensión da fonética simbólica: uso do fonosimbolismo incidindo nas
tres isotopías anteriores, en especial na do medo. Así, predominan os sons:
- velares,
- vibrantes (curruncho),
- oclusivos + líquida vibrante (trasto)
c) Estrutura:
1. Primeira parte na que se prepara o lector, sen agocharlle o final.
2. Narrador protagonista en primeira persoa que se ve na obriga de facer
unha viaxe e informa dos motivos da mesma. A realización desta viaxe é
o que rompe a situación inicial de equilibrio dando lugar ás loitas do
heroe16, neste caso de xeito metafórico.
3. Realización de dúas viaxes, unha contida na outra:
Viaxe real, da cidade á vila.
Viaxe simbólica, da sala ao cuarto, que está contida dentro da
anterior (mise en abîme).

16
Ver Propp, Morfoloxía do conto (1928)

14 Literatura Galega
das Irmandades da Fala á Guerra Civil
2007/2008
USC