Está en la página 1de 33

4.

A dialectalización da lingua galega (séculos XVI – XVIII)

1. O Reino de Galiza durante o Antigo Réxime


Aínda que Galiza formaba parte do Reino de Castela, mantén a
denominación de Reino ata 1833, cando comeza a formación do estado – nación
español, cuxa estrutura se mantén até 1978 O tránsito da Idade Media á Idade
Moderna (1480 – 1530) supón tamén un tránsito cara o sistema político da
monarquía absoluta. Neste sistema o rei reúne tódolos poderes e a nobreza
convértese en nobreza cortesá ou desempeña cargos civís, eclesiásticos ou militares
en diferentes lugares do Imperio, sen disputarlle o poder ao rei.
1.1.Estrutura administrativa
Desde finais da Idade Media e ata o século XIX a estrutura administrativa
de compúñase de:
1) Gobernador – Capitán Xeneral: reúne as máximas competencias
executivas (gobernador), militares (capitán xeral) e xudiciais. É o
representante absoluto do rei en Galiza, razón pola que algúns afirman que
neste período Galiza é un territorio virreinal.
2) Real Audiencia: está presidida polo Gobernador e Capitán Xeneral e
sitúase na cidade da Coruña. É un organismo que, amais das competencias
xudiciais, tamén ten competencias executivas (por exemplo, recadación de
impostos).
3) Xuntas do Reino: institución consultiva, sen poder decisorio. Ás reunións da
Xunta do Reino de Galiza acudían representantes da fidalguía urbana das sete
cidades galegas, as forzas vivas, que expoñían os seus intereses perante o
Gobernador. É dicir, representan só unha pequena parte da poboación, non a
todo o pobo galego.
4) Intendencia: institución que aparece no século XVIII e que é introducida
polos Borbóns1. É unha institución que lle resta competencias ao
Gobernador e á Real Audiencia, xa que ten como obxectivo que a Corte
controle mellor os asuntos dos diferentes territorios. Isto derívase dos criterios
de centralización e uniformización introducidos por esta nova dinastía.

Cómpre sinalar que a maior parte das persoas que desempeñaron os


cargos de Gobernador e Capitán Xeneral e os maxistrados da Real Audiencia eran de
orixe foránea, mesmo de fóra da Península (no século XVIII). Ademais, traían canda
si un familiares e colaboradores que constituían nas cidades pequenas oligarquías
foráneas cuxo idioma era o castelán.

1.2.Perda de autonomía dos mosteiros


Nesta sociedade a Igrexa tiña moito poder, pero a finais do século XV os
mosteiros galegos tiñan problemas económicos. A monarquía achacou estes
problemas aos vínculos familiares e de amizade entre abades e abadesas e a
oligarquía local, de xeito que esta oligarquía se beneficiaría dos mosteiros. Para
evitar isto a Monarquía leva a cabo as seguintes medidas:

1
En 1700 prodúcese un cambio de dinastía. Carlos II foi o último rei dos Austrias, e Felipe V o
primeiro dos Borbóns.

1
Historia Externa da Lingua Galega
2007/2008
USC
4. A dialectalización da lingua galega (séculos XVI – XVIII)

1) Réstalles autonomía aos mosteiros galegos, facendo que pasen a depender de


dúas congregacións cuxo centro de poder está fóra de Galiza:
a) Congregación de Castilla (cistercienses);
b) Congregación de Valladolid (benedictinos).
2) Introduce abades e abadesas foráneos, de xeito que estamos novamente
perante unha elite que ten o castelán como lingua propia. Así, desde o século
XVI o castelán funcionará como idioma de prestixio en Galiza.

1.3.Límites territoriais
Antes do século XIX (revolución liberal e constitución do estado –
nación) as fronteiras de Galiza son difusas.
1) Sur: varían en relación aos enfrontamentos entre Castela e Portugal.
2) Leste: tampouco eran nítidas. As fronteiras tal e como hoxe as coñecemos
datan da reforma administrativa de 1833, cando se comeza a construír o
estado – nación español e se establecen as fronteiras interprovinciais. Neste
momento as fronteiras orientais son as das provincias de Lugo e Ourense, xa
que Galiza non ten existencia administrativa. Así, as provincias de Oviedo,
León e Zamora incorporan territorios nos que se fala galego. Malia esta
división en provincias permanece clara a galeguidade lingüística e cultural
do territorio galego.

1.4.Sociedade
A estrutura social deste período é moi importante para explicar o feito de
que a expansión do castelán fose menor ca na actualidade. Estamos perante unha
sociedade estamental na que a mobilidade social, ascendente ou descendente, case
non existe.
Os principais estamentos da sociedade deste período son:
1) Aristocracia, composta por unha alta nobreza absentista que ao final da
Idade Media acaba converténdose en nobreza cortesá ou desempeñando
cargos en Flandres, Nápoles ou nas Indias. Con todo, isto non significa que
perdan a propiedade da terra, xa que seguen percibindo as rendas, pero si
que van perdendo o vínculo con Galiza. Así, no século XVIII esta alta
nobreza galega está totalmente integrada na castelá grazas ás alianzas
matrimoniais (Casa de Alba). Por iso, a súa importancia é relativa desde o
punto de vista sociolingüístico.
2) Clero: é un dos estamentos máis importantes, xa que se calcula que tiña
xurisdición sobre o 40% dos habitantes do Antigo Reino de Galiza
(cobraban rendas, gobernaban os territorios, nomeaban xuíces e escribáns...).
Distinguimos dous tipos de clero:
a) Regular: vive baixo unha regra.
b) Secular: non está sometido a unha regra. Está composto polos
párrocos ou a cúpula da Igrexa (bispos, arcebispos, cóengos...)
3) Fidalguía: é unha nobreza menor pero de grande importancia na sociedade
galega dado o carácter absentista da alta nobreza, porque se sostén no papel de
intermediaria entre os propietarios da terra (Igrexa e nobreza) e os
2
Historia Externa da Lingua Galega
2007/2008
USC
4. A dialectalización da lingua galega (séculos XVI – XVIII)

cultivadores (campesiños). Aínda que tamén había outros tipos de fidalguía


(por exemplo, urbana), a maior parte sostíñase desempeñando este papel de
intermediaria.
4) Pobo: composto por campesiños, mariñeiros, artesáns e, no século XVIII,
proletarios iniciais que traballaban na escasa industria existente.

A ausencia de mobilidade social explica que a expansión do castelán


non fose notable, xa que un campesiño ía ser campesiño toda a súa vida, polo que non
precisaba aprender castelán.

1.5.Economía e demografía
Este é un período de pulo económico, que xeralmente vai acompañado
dun crecemento demográfico2, en parte derivados do cultivo do millo e da pataca
que son moi importantes desde o século XVIII.
A situación comeza a mudar desde a segunda metade do século XVIII,
cando se dá un excedente demográfico que provoca o inicio da emigración de longa
duración e mesmo definitiva. Esta emigración prodúcese cara cidades portuguesas,
españolas ou americanas.

1.6.A Ilustración
O séculos XVIII é coñecido como o século da Ilustración, pero isto non
autoriza a denominar ilustrados a todos aqueles que escriben neste momento. Así, a
autores coma Sarmiento é máis acertado denominalos reformistas xa que, malia
facer propostas revolucionarias no eido lingüístico é conservador noutros terreos.

Na Ilustración galega destacan tres aspectos:


1) Preocupación polo atraso da agricultura.
2) Necesidade de diversificar a economía, baseada nunha porcentaxe moi alta na
agricultura. Percíbese a necesidade do comercio e as industrias populares, que
aínda non teñen uns niveis apreciables no século XVIII (tampouco no XIX).
3) Posta en valor da historia e cultura de Galiza, o aspecto máis importante dos
tres. Isto supón unha chamada de atención sobre o pasado, a arte, a literatura e
a lingua. Neste último aspecto é importante a figura de Sarmiento, que ve a
necesidade de que o galego desempeñe funcións que lle están vedadas (ensino,
catequese, administración de xustiza). Isto é un precedente das liñas básicas
do galeguismo do século XIX.

2. A limitada penetración do castelán


2.1.Os axentes castelanizadores
Os axentes castelanizadores neste momento son poucos e con limitada
potencia. Os principais son as elites de fóra de Galiza, civís ou eclesiásticas (cun
radio de influencia limitado ao ámbito urbano no que se sitúan nun momento no que o

2
Crecemento económico e demográfico son dous fenómenos que adoitan estar relacionados, pero non é
doado establecer cal deles é o causal.

3
Historia Externa da Lingua Galega
2007/2008
USC
4. A dialectalización da lingua galega (séculos XVI – XVIII)

95% da poboación era rural) e o ensino (que chegaba a unha pequena parte da
poboación).

2.1.1. Substitución das elites civís

1) Antecedentes: ata 1230 existían o Reino de Galiza e León, por unha banda,
e o Reino de Castela, por outra, con cadanseu rei e zona de expansión. En
1230 Fernando III agrúpaos nun só, polo que comezan a chegar a Galiza
nobres foráneos para desempeñar cargos políticos.
2) Desde o século XVI intensifícase a chegada de nobres non galegos.
a) Ocupan os cargos de:
■ Gobernadores, que mesmo podían ser non españois;
■ Oidores e maxistrados da Real Audiencia.
b) Chegan acompañados de familiares e colaboradores que se asentan nas
cidades (en especial na Coruña). Son núcleos de pequenas elites con gran
poder, que teñen como lingua de uso oral o castelán (que xa estaba
asumido nos usos formais). Isto pode contribuír á castelanización das
minorías galegas en contacto con eles (a fidalguía urbana).

2.1.2. Elites eclesiásticas

1) Clero regular, unha aristocracia composta por bispos e arcebispos que no


Antigo Réxime proceden maioritariamente de fóra de Galiza. Chegan
acompañados dos seus séquitos e benefician aos seus achegados no reparto
de cargos (tiñan capacidade para nomear cargos eclesiásticos, pero tamén
civís, coma xuíces en determinadas comarcas). Isto provoca algunhas
protestas por parte das elites galegas:
De derecho común los naturales de los obispados han de ser preferidos cetteris paribus a
los que no lo son. V.S. es buen testigo de como esto se hizo en su tiempo; así en este
arzobispado como en el de Orense, que antes tuvo, pues hemos visto que se dieron los
mexores beneficios de ellos no sólo a los de los Reinos extraños, pero a los que penetibus
ignoraban la lengua gallega [...] V.S. después que es prelado en esta Santa Iglesia ha dado
la mayor parte de los juzgados y merindades a hombres forasteros, muy pobres y
necesitados y no les da salario ninguno, los cuales, para mantenerse, es fuerza que hayan
de sacar sustento de la sangre de los pobres.

Cabido de Santiago, 1597

Item, por quanto por la mayor parte los Prelados del Reino, que es el Arzobispo de Santiago
y los Obispos de Lugo, Mondoñedo, Orense y Tuy, no son naturales del Reino, a cuya causa
probeen los beneficios, prebendas y dignidades a los hextranxeros, y los naturales [...]se
quedan sin premio y por esto no se dan a las letras, que se suplique a su Santidad mande
se probean los dichos beneficios, prebendas y dignidades a los naturales del Reino, que
con esto se aplicarán a las letras y a los estudios

Xunta do Reino de Galicia, 1599

Convendría mucho, como el Reino pretende, fuesen nacionales todos los Parrocos. [...] Los
Gallegos perciven mejor la enseñanza en su lengua, la que varia mucho en cada Partido.
Advertencias en algun ramo de industria, que deban hacerles sus Pastores con los
egemplos i los libros, les serán inutiles a muchos, no acomodandolas a sus voces, genios i
costumbres

Francisco Somoza de Monsoriu, 1775

4
Historia Externa da Lingua Galega
2007/2008
USC
4. A dialectalización da lingua galega (séculos XVI – XVIII)

Protesta Contido
A queixa perante o arcebispo débese a que:
- prefire os de fóra de Galiza para os cargos que designa;
Do Cabido de
Santiago ao
- os individuos que desempeñan os cargos non teñen salario,
Arcebispo Juan de San polo que abusan do pobo contribuíndo ao seu
Clemente (fundador empobrecemento;
do Colexio de San - faise referencia ao descoñecemento do galego por parte
Clemente) en 1597 destas elites alleas, pero non supón unha reivindicación da
lingua.

- Queixa pola concesión de cargos a individuos foráneos, o que


Xunta do Reino de facía que as elites urbanas galegas non puidesen acceder a
Galiza, 1599 eles.
- Non se fai unha reivindicación da lingua.

Francisco Somoza
- É unha queixa á concesión de cargos a individuos foráneos,
de Monsoriu, 1775 pero tamén se expón a necesidade de que os que ocupen
estes cargos coñezan o galego.

2) Clero secular: desde finais do século XV e comezos do XVI prodúcese unha


chegada de abades, abadesas e monxes de fóra de Galiza, que teñen o
castelán como lingua propia. Isto pode contribuír á expansión do castelán,
pero non teñen unha grande capacidade de irradiación.

Os usos formais na Igrexa (elites eclesiásticas, rezo, labor pastoral)


estaban vedados ao galego, independentemente da orixe dos relixiosos. Tralo
Concilio de Trento3 (1545 – 1563) no que se acorda a tradución do catecismo ás
linguas vulgares, o bispo de Ourense (Juan de Torquemada) establece o castelán
como lingua posible para o rezo. Así, mentres que en Catalunya se usou o catalán na
Igrexa e en Euskadi o éuscaro, en Galiza pasou a usarse o castelán (aínda ao lado do
latín).
O uso do castelán nos contextos formais consolídase durante séculos e
chega ata a actualidade. Con todo, en 1731 temos unha noticia sorprendente de F.
Mendoza de los Ríos, quen sitúa o galego entre as linguas usadas na Catedral de
Santiago, un dado que non é coherente coa outra información da que dispoñemos.

Entraron, pues, en el milagroso Templo, y assomando a ver la devotissima Imagen de la


Soledad, que esta colocada en el Trascoro, le preguntó el Amigo, que le parecia de aquella
Imagen, y de la infinidad de Personas, que hacian Corte a su Magestad. Respondiole: que
no avia visto Soledad mas acompañada, y que la gente hacia dos Babilonias; vna, por la
muchedumbre de Personas, y otra, por la variedad de Lenguas, assi de Peregrinos, como
de Naturales, pues aun las Ave Marias, el Estranjero, que comenzaba vna en Italiano, solia
acabarla en Latin, y el Natural, que la principiaba en Gallego, solia acabarla en Castellano

F. Mendoza de los Ríos, 1731

***

3
Ten como finalidade e extensión do coñecemento da doutrina católica para loitar contra o
protestantismo, polo que se avoga pola tradución de catecismos e homilías ás linguas vulgares.
5
Historia Externa da Lingua Galega
2007/2008
USC
4. A dialectalización da lingua galega (séculos XVI – XVIII)

É dicir, estamos perante unhas elites minoritarias, pero de orixe foránea


na súa maioría, que se instalan nas pequenas cidades da Galiza da época (en especial
na Coruña). Con todo, o seu poder castelanizador é moi limitado.

2.1.3. Ensino
A) Calidade do ensino

Coma en toda a Europa occidental, o sistema de ensino do Antigo Réxime


en Galiza era de baixa calidade (carecía de medios materiais e humanos) e só
chegaba a pequenas minorías. Deste xeito, a expansión do coñecemento e uso do
castelán era moi limitada.
Sería a mediados do século XIX4 cando se producisen os inicios da
constitución do sistema escolar concibido como un servizo que o Estado lles debía
proporcionar aos cidadáns, con metas coma a alfabetización universal. Antes era
visto só coma unha obra de caridade, que lles estaba encomendada á Igrexa.

B) Estrutura do ensino

O ensino no Antigo Réxime dividíase en:


1) “Escolas de avezar”, nas que se aprendía a ler, escribir, contar e algúns
rudimentos da doutrina cristiá. Con todo, a maioría dos que acudían a estas
escolas de primeiras letras só conseguían aprender a asinar. Ademais, había
poucas e os medios dos que dispuñan eran moi limitados. Por outra banda,
tamén é posible que se usase o galego nestas escolas, como afirma Castelao
que aínda se fai en 1931, malia non ser oficial (desde o séculos XIX xa se
documenta este uso do galego de xeito non oficial).
2) Escolas de Gramática, un ensino medio no que se aprendía gramática latina,
moi importante para acceder aos estudos superiores5 (que se impartían en latín)
e tamén castelá. Estaban nas mans da Igrexa, ben dos Xesuítas (desde
mediados do século XVI), ou das dioceses. As linguas usadas nestas escolas
eran o latín e o castelán, como podemos comprobar nos documentos da época:

Del modo de hablar en el Estudio y Paso

Porque regulannente los mozos de este Reino son sumamente bozales, queremos que
mientras estudiaren menores se exorten a que hablen el Idioma Castellano, y ellos se
empeñen en cumprirlo, pues de otra suerte ni entienden lo que se les habla y esplica, ni
después construien con limpieza. Y por lo que mira a la Cathedra de Maiores, queremos
que hablen Latín en las cosas regulares, pues de esta suerte están más expeditos para la
Oración y Composición. Y no lo haciendo así se proceda a un castigo moderado, como
palmas, pérdida de puntos, estar de rodillas, y otras cosas semejantes y si esto no fuere
bastante se procederá a lo mas conducente

Estudo de Gramática de Tui, 1543

Lo cual se hizo con la mayor solemnidad y concurso que jamás se vió en esta tierra,
ayudando en gran manera a ello los papeles de varias composiciones que, en verso y
prosa, en lenguas latina, griega, hebrea, española, italiana, gallega y portuguesa,
compusieron los maestros y estudiantes de nuestros Estudios, de que estaba cubierta toda
la iglesia, celebrando la gloriosa memoria de este príncipe con encomios de epigramas y

4
Desde 1833 comeza a organizarse un goberno que conta unha carteira de Fomento, que inclúe o
ensino.
5
A maioría dos que acudían a estas escolas reciben preparación para ser clérigos, formación que
continuarán na Universidade ou nos seminarios, que comezaban a constituírse.
6
Historia Externa da Lingua Galega
2007/2008
USC
4. A dialectalización da lingua galega (séculos XVI – XVIII)

epitafios muy sentenciosos

Colexio de xesuítas de Monterrei, 1572

- Constitúese porque se considera necesario, dada a ignorancia


que se observa na comarca.
Constitución do - As linguas que é obrigado usar son o castelán (para a
Estudo de Cátedra de Menores) e o latín (para a Cátedra de Maiores).
Gramática de Tui, - É a única constitución deste tipo que é tan clara, pero
1543 observando os programas de estudos doutras institucións
observamos que o estudo da gramática galega está sempre
ausente.
- É unha noticia dos festexos que se celebran en 1572 con
motivo do traslado do corpo de Alonso de Azevedo, fundador
do Colexio Xesuíta de Monterrei, de Compostela a Monterrei.
Colexio dos Xesuítas Nesta conmemoración realízanse composicións literarias.
de Monterrei, 1572 - Entre as sete linguas que se citan para as composicións está o
galego, o que fai supoñer que os Xesuítas podían usalo de
xeito extraoficial nas súas actividades extraescolares
(representacións teatrais, concursos literarios...)

3) Ensino universitario: neste momento na Universidade de Santiago só se


estudaba Teoloxía e Leis e en ningún programa se contemplaba o uso do
galego. Ademais, nas constitucións de colexios coma o de Fonseca ou San
Clemente estipúlase que dentro deles é obrigado o uso do latín. Por outra
banda, a documentación emitida pola universidade está escrita en castelán.

2.2.As disposicións oficiais en materia lingüística


As disposicións oficiais en materia lingüística son tardías, xa que datan
do século XVIII, xa que antes non era obrigado o uso do castelán para as funcións
formais (só se prohibira o uso do árabe). Son disposicións que van parellas á creación
da Real Academia Española.

2.2.1. Séculos XVI e XVII

Nestes dous séculos, baixo a dinastía dos Austrias ou Habsburgo:


1) Non existe unha preocupación pola uniformización administrativa e
lingüística (na Coroa de Aragón úsase o catalán nos ámbitos formais ata o
século XVIII), polo que non leis que obriguen a usar o castelán.
2) Con todo, Galiza estaba integrada na Coroa de Castela desde 1230, onde o
castelán era lingua de prestixio. Isto era asumido pola minoría letrada, que
desde o século XVI non usaba o galego nos ámbitos formais (ensino, xustiza,
explicación da doutrina cristiá) malia non existiren leis que llo prohibisen.

É dicir, a castelanización lingüística nos séculos XVI e XVI prodúcese


máis de facto ca de iure. Con todo, e aínda que non se documentan disposicións que
prohibisen o uso de linguas romances diferentes do castelán, xa se albisca unha certa
preocupación pola uniformización:

Ordenamos, i mandamos que passados tres años, el qual dicho tiempo damos para que
puedan los Moriscos aprender hablar, i escrivir nuestra Lengua Castellana, que dicen ellos
aljamia, ninguno de los dichos nuevamente convertidos del dicho Reino de Granada, assi
hombre como muger, no puedan hablar, ni leer, ni escrivir, ni en su casa, ni fuera, ni en
7
Historia Externa da Lingua Galega
2007/2008
USC
4. A dialectalización da lingua galega (séculos XVI – XVIII)

público, ni en secreto en la dicha Lengua Araviga, sino que hablen, escrivan, lean, i traten
en nuestra Lengua Castellana

Decreto do 17 de novembro de 1566

Tenga V.M. por el negocio más importante de su Monarquía el hacerse rey de España.
Quiero decir, Señor, que no se contente VM. con ser rey de Portugal, de Aragón, de
Valencia, Conde de Barcelona, sino que trabaje y piense con consejo maduro y secreto por
reducir estos reinos de que se compone España al estilo y leye3 de Castilla sin ninguna
diferencia

Conde-duque de Olivares, séc. XVII

Decreto do 17 de
novembro de 1566
- Prohíbese o uso do árabe.
Consello do Conde-
Duque de Olivares a
- Mostra a súa preocupación pola ausencia de
Felipe IV uniformización administrativa.

2.2.2. Século XVIII

Coa chegada dos Borbóns comeza o proceso de unificación


administrativa de España (como acontecía en Francia) e, derivada dela, lingüística.
Esta institucionalización do castelán (ao igual que do portugués en Portugal) farase
loitando contra tres frontes:
1) Latín, que no Antigo Réxime aínda desempeña moitas funcións formais,
coma as académicas (no século XVIII prodúcense debates sobre cal debe ser a
lingua do ensino, pero o latín chega a estar presente nel mesmo ata o século
XIX).
2) Dialectos ou linguas rexionais (galego, catalán, leonés, asturiano...) falados
pola maioría da poboación non instruída6.
3) Francés, que cobra forza no século XVIII como lingua hexemónica, polo que
tamén se realizarán esforzos para distanciarse dela.

Podemos observar isto na documentación da época:

A la unidad de un Rey son consiguientes necesarios otras seis unidades, una moneda, una
ley, un peso, una medida, una lengua y una religión [...]. El espíritu faccionario de
diferentes nacionalidades que suele reinar en aquellos Principados grandes, que se han ido
formando de otros pequeños, como sucede en España, perjudica mucho al Rey y al Estado
en común. [...] Incorporadas las Naciones a un mismo Cetro, debe la sana política inspirar
por todos los caminos la unidad general, y extinguir de los corazones aquel espíritu de
oposición que alimenta la división de lenguas, leyes, medidas, pesos, monedas, cuerpos,
compañías, congregaciones, etcétera. [...]Ya es tiempo de olvidar la antigua separación de
Coronas y Naciones. Ya no hay en España más que un Rey de Castilla, de quien todos
somos vasallos

Miguel Antonio de la Gándara, 1765

Fragmento de - É un consello a Carlos III por parte dun intelectual,


Apuntes sobre el orientado cara á uniformización en tódolos sentidos.
bien y el mal de
España, Miguel
Antonio de la

6
En 1737 un ilustrado valenciano di que fóra de Castela só os instruídos coñecen o castelán.
8
Historia Externa da Lingua Galega
2007/2008
USC
4. A dialectalización da lingua galega (séculos XVI – XVIII)

Gándara (1765)

Esta loita desenvólvese a través de:


1) Decretos de Nova Planta: son decretos publicados ao longo de 16 anos no
século XVIII e orientados cara á uniformización administrativa e
lingüística.
■ Aféctanlle especialmente á Coroa de Aragón7, que perde autonomía
administrativa e é obrigada ao uso do castelán.
■ No decreto de 1707 derróganse os foros de Valencia e Aragón.
■ No decreto de 1716 promúlganse disposicións lingüísticas para o uso do
castelán no ensino e na xustiza no Principado catalán.
Lo sexto se podría prevenir el cuidado de introducir la lengua Castellana en aquel Pais [en
Cataluña]. La importancia de hacer uniforme la lengua se ha reconocido siempre por
grande, y es una señal de la dominación o superioridad de los Príncipes o naciones ya sea
porque la dependencia o adulazion quieren complacer o lisongear, afectando otra
naturaleza con la semejança del ydioma; o ya sea porque la sugeccion obliga con la fuerza:
los efectos que de esta uniformidad se siguen son mui beneficiosos, porque se facilita la
comunicación y el comercio; se unen los espíritus divididos o contrarios por los genios; y se
entienden y obedecen mejor las Leyes y Ordenes

Decreto de Nueva Planta, 1716

■ No Reino de Galiza non son necesarias estas disposicións xa que había


douscentos anos que se usaba o latín ou o castelán no ensino.
2) Fundación da Real Academia Española en 1713:
■ Iniciativa privada e con apoio do monarca, que lle encarga unha
gramática e un dicionario coa finalidade da unificación lingüística.
■ Entre os seus obxectivos está o de establecer o castelán como idioma
dominante sen facer ningunha excepción en ningún territorio (ver texto 5).
■ A súa traxectoria no século XVIII é a seguinte:
Dicionarios: Diccionario de Autoridades (1726 – 1739), no que se
conteñen voces ilustradas con textos.
Ortografía: varias edicións con variacións. En 1940 publícase de xeito
independente a proposta ortográfica incluída no primeiro tomo do
dicionario anterior.
Gramática (1780): a monarquía establece que o estudo da gramática do
castelán se ten que facer a partir deste manual. É unha mostra máis da
estreita colaboración entre a Real Academia Española e a monarquía,
que leva consigo unha forte imposición do castelán promovida polos
Borbóns neste momento.

[A RAE pretende] "cultivar y fijar en el modo posible la pureza y elegáncia de la lengua


Castellana dominante en la Monarchía Española"

1726

3) Real Cédula de Aranjuez (1768): promulgada durante o reinado de Carlos III,


establece que o ensino primario e medio ten que ser realizar en castelán

7
Que na guerra de sucesión que se producira trala morte de Carlos II defendera o bando que resultara
derrotado.

9
Historia Externa da Lingua Galega
2007/2008
USC
4. A dialectalización da lingua galega (séculos XVI – XVIII)

naqueles lugares onde non se fixese (fóra de Castela o castelán só era coñecido
polas elites). Tamén se recomenda para o ensino superior, pero neste
momento aínda existía o debate de se debía realizar en latín ou en lingua
vulgar. É unha orde que pretende a extensión do castelán nun momento no
que a idea da unidade de España aínda era débil. Así, Juan Antonio Posse
(crego liberal e defensor da Constitución de 1812) deixa nas súas memorias un
discurso en defensa da Constitución de 1812 no que se aprecia que a idea de
España como nación, que se desenvolvería ao longo dos século XIX e XX,
comeza xa a xestarse8.

Finalmente mando que la enseñanza de primeras Letras, Latinidad y Retórica se haga en


Lengua Castellana generalmente donde quiera que no se practique, cuidando de su
cumplimiento las Audiencias y Justicias respectivas, recomendándose también por el mi
Consejo a los Diocesanos, Universidades y Superiores Regulares para su exacta
observancia y diligencia en extender el idioma general de la Nación para su mayor armonía
y enlace recíproco.

Real Cédula de Aranjuez, 1768

Antes de ahora [...] en todas las provincias de España nos mirábamos unos á otros como
miraban los griegos y los romanos á los extrangeros, esto es, como enemigos. No habia
consideracion, ni á que todos viviamos baxo de un mismo gobierno, de unas mismas leyes,
ni á que todos haciamos los mismos sacrificios. Nadie recibía como una injuria comun lo
que se hacía á la una ó á la otra provincia. Cada una tenia sus privilegios y sus usos
particulares: nadie sabía quien era español. Ahora ya. somos españoles los gallegos,
andaluces, castellanos, &c. pues que son españoles todos los hombres reunidos de ambos
hemisferios.

art. 5 y 10, JuanAntonio Posse, 1812

Todas estas son disposicións tardías, que estipulan o uso do castelán


no ensino, a catequese e a xustiza.

2.3.O alcance real da castelanización


Dada a ríxida estrutura social que case non permitía a mobilidade entre
estamentos, o alcance da castelanización foi moi limitado, xa que ao non haber
esperanza de progreso social tampouco había estímulos para aprendelo (nin medios).
Así, nos inicios do século XIX o castelán é a lingua dominante pero minoritaria, xa
que a maioría da poboación non o sabe falar ou non o emprega nos usos coloquiais. É
dicir, o galego vai perdendo usos formais en favor do castelán, perdendo tamén o seu
prestixio.

2.3.1. Indicios históricos do avance do castelán en detrimento do galego


entre as elites civís e eclesiásticas

1) Jerónimo Bermúdez (século XVI), autor de dúas traxedias en castelán


(tamén escribe en latín), Nise lastimosa e Nise laureada, publicadas en 1557.
No prólogo destas traxedias di que escribe nunha lingua ajena a mi
naturaleza, afirmación que podemos interpretar en dous sentidos:
■ que é un individuo dunha familia distinguida cuxa lingua habitual é
galego, e non a lingua da corte;
■ que non concibe que se poida usar a súa lingua para a literatura.

8
Isto tamén acontece en Francia, onde desde 1789 se busca a expansión do francés.
10
Historia Externa da Lingua Galega
2007/2008
USC
4. A dialectalización da lingua galega (séculos XVI – XVIII)

9
2) Correspondencia do señor de Gondomar (fins do século XVI – comezos do
XVII, reinados de Felipe II, Felipe III e Felipe IV), unha figura destacada no
momento (mesmo foi embaixador en Londres). Desta documentación epistolar
deducimos un importante uso do galego, tanto oral coma escrito, no círculo
do señor de Gondomar. Podemos dividir as cartas en dous grupos:
■ Cartas escritas nun castelán moi deficiente nas que a influencia do galego é
notable, polo que os remitentes eran galegofalantes cun coñecemento moi
limitado do castelán.
■ Cartas total ou parcialmente en galego. Exemplos:

Carta de don Juan de Lanços y de Andrade a don Diego Sarmiento de Acuña,


conde de Gondomar (Zamora, ca. 1598). Encóntrase na Biblioteca do Palacio Real
(Madrid).

Eu beyjo A Vmd as mans muytas ueçes por amemoriaque tubo de acordarse demin.
Suprico A Vmd que non me olvide. A miña s[eñor]a Doña costança fago o mismo, q[ue] e
Veyjarlle as mans e que ningun no mundo e mais seu servidor q[ue] eu e como atal terrey
amuyta dita se acorde De enpregarme en causas de seu seruiço con muyta certeça que
ninguen contanta uontade como eu aseruira, que en miña conciança q[ue], quando eu
nontibera a obrigaçon que omundo saue pola nobreça q[ue] enVms coñeço o fijera A esos
meus señores seus fillos deVmd eprimos meus ueyjo infinitas ueçes as mans e deus os
faga en todo seus fillos deVm e demiña senara Dona costança. A quens gde noso señor
como eu seu criado desejo. Çamora, oje, sabado.
Seu sobriño de Vmd. eseruidor
Don Juo eLanços yde Andrade.

Carta de dona Beatriz da Serra a don Diego Sarmiento de Acuña, conde de


Gondomar (Baiona, 20-5-1603). Encóntrase na Biblioteca do Palacio Real
(Madrid).

Conel correo de ponteuedra escreuy avm antes de agora en que sinificaua avm o muyto
gosto e contento q[ue] tina -yos desta cassa- dev, por me dezeren q[ue] vm y a senora
dona costanssa y os senores fillos y o s[en]or yrman dongarçia todos tinan saude; permita
nosos[en]or darlla tan cunprida eacauada como eu a desejo esenpre adesejey, amen; teño
muyta consolaçon por oubir senpre boas nouas de vm e q[ue] suas cousas ban muy
adiante; confio en deus seran senpre milloradas, porque o mereçe anobressa devm yo
mereseu a ben abenturada das[eno]ra dona Joana, suamadre, quedeus tena ensua santa
gloria, e lle aparessa osbes que dela hey Reseguido eminas yrmas; pedia avm
naqueescrebia que, pois senpre folgou onrrar a cassa demeupay e anparala con sua
nobressa e balor, q[ue] agora ma faza tan cresida; y he que ameuyrmaõ Jeronimo, frde
deponteuedra, vn alcalde que foy da bila mesma, passando as tropas dos soldados lle a
feyto vma senjustiça tocandolle naonrra q[ue] he coussa pa a casa demepay demta estima,
epois Vm ho onrrou enseu desposorio sendo seupadrino y as[enor]a suamay por seu balor
me henesario vma carta deman de vm edeoutras pesoas . q[ue] conesçan . os[en]or
gouemador deste Reyno para que fassa castigo e guarde ajustiça amparando enela;
equerober amd q[ue] se lle faz por parte de vm, aquen hosenor goarde os anos |2|
dasenora donacostança, aquen beyxo asmaus milluezes y a o s[en]or don garçia equeyra
deus se logren os anos q[ue] deus pode darlle; acarta yra derijida a casa demeuyrmaõ
Jeronimo, frd.’ aponteuedra co este mensajeyro q[ue] de hay bay, e Vm me faza md.
abisarme desua saude econtento edeseus beis, q[ue] sera paramin alegria, emandeme en
que osirua conformeestou obrigada; esta terra esta perdida; ternos boas nouas que ay
pases; abiseme vm disso o que hay; de bayona, binte de mayo de1603 as e s seruidora de
vmce

briatis da sera

Carta de don Juan - Carta escrita por un remitente galego na que se lle pide unha
de Lanços y posto ao señor de Gondomar. A sintaxe é bastante caótica.

9
Conservada na Biblioteca do Palacio Real de Madrid.

11
Historia Externa da Lingua Galega
2007/2008
USC
4. A dialectalización da lingua galega (séculos XVI – XVIII)

Andrade a don
Diego Sarmiento de
Acuña, conde de
Gondomar (Zamora,
ca. 1598)
- Carta que parece comezar en castelán pero que se desenvolve
en galego10.
Carta de dona - Parece que non foi escrita pola remitente, senón ditada, xa
Beatriz da Serra a que a alfabetización chegaba a moi pouca xente e esta
don Diego porcentaxe era aínda menor no caso das mulleres. Pídeselle
Sarmiento de ao conde de Gondomar que interveña na afronta que se lle
Acuña, conde de causou ao seu irmán Jerónimo Fernandes.
Gondomar (Baiona, - Lingua: uso de tempos compostos (habituais na Idade
20/05/1603) Media, aínda que posteriormente non triunfaron) e as grafías
medievais, xa que ata o século XVIII (Real Academia
Española) non se mudan as inercias gráficas medievais11.

Carta do conde de
- É unha carta na que se queixa da forte presenza de individuos
Gondomar ao de fóra do Reino en Galiza e conta unha anécdota sobre o
Secretario Real (de señor de Maceda que estando co abade de Montederramo
orixe galega) (Valladolid), por causa dun preito, fálalle ao abade en galego,
é dicir, a súa lingua espontánea era o galego.

3) Historia Xeneral do Reino de Galicia de Juan Álvarez Sotelo (séculos XVII –


XVIII) na que se recolle a observación de que só falaban galego en toda a súa
pureza los rústicos que nunca han salido de sus aldeas, mentres que os
nobres falaban castelán como lengua predominante de España. Isto quere
dicir que a maioría da poboación falaba galega. Con todo, temos que ter en
conta que é unha observación persoal que non ten porque ser totalmente
obxectiva.
4) Padre Sarmiento, que uns corenta anos despois da observación anterior (ca.
1740) di que os galegos teñen un dialecto propio diferente do castelán, que
falan todos pero que non empregan nos usos escritos. Esta é, coma no caso
anterior, unha observación persoal. Ademais, na súa obra tamén fai referencia
ao abandono do galego en tódolos usos por parte de elites urbanas, é dicir, fai
referencia ao cambio lingüístico.
5) José de Villarroel afirma nunha obra de 1810 que la lengua que habla el
vulgo es casi la castellana antigua del tiempo de don Alonso el Sabio,
siguiendo el estilo de las Partidas y simbolizando mucho en sus recursos los
portugueses, y los nobles hablan tan bien como en Castilla, é dicir:
■ contrapón dúas condutas lingüísticas, a do pobo e a das elites;
■ expón un tópico que se desenvolverá no Rexurdimento: a consideración do
galego coma unha fase antiga do castelán.

Así, temos testemuños que parecen evidenciar que entre 1740 e o


século XIX se produce un lento proceso de castelanización das elites ao longo de
varias xeracións (monolingües en galego > bilingües de dominancia galega >
bilingües de dominancia castelá > monolingües en castelán). Con todo, sería
10
Nesta altura o señor de Gondomar pídelle á Corte que o traslade de Baiona, xa que alí non atopa con
quen falar castelán. Isto é algo normal se temos en conta que o castelán só era coñecido polas elites, e
non na súa totalidade.
11
Así, as principais representacións gráficas serían as seguintes:
/ / (/ / > / /)/ // // // /<g + e, i >, <j>, <i><i>, <y><u>, <v><b>, <v>, <u><ñ>, <n>
12
Historia Externa da Lingua Galega
2007/2008
USC
4. A dialectalización da lingua galega (séculos XVI – XVIII)

excesivo afirmar que este retroceso do galego entre os nobres é moi forte
baseándonos só nos testemuños de Sarmiento e José de Villarroel. Ademais,
aínda que a finais do Antigo Réxime a nobreza sería un estamento bastante
castelanizado, non debemos esquecer que non é máis có cumio da pirámide social
e, polo tanto, unha minoría.

2.3.2. Indicios históricos do avance do castelán en detrimento do galego


entre o pobo iletrado

Como xa mencionamos, a maioría do pobo non tería nin estímulos nin


medios para aprender o castelán, xa que o progreso social era case imposible e o
ensino non chegaba a el, feito que se evidencia en testemuños coma:
1) Padre Juan Francismo de Masdeu: falando do interese da monarquía por
estender o castelán di en 1800 que lo que ha querido y quiere el ministerio no
es que las provincias olviden sus lenguas, sino que sepan y entiendan la de la
Corte. É dicir, debía haber moitos individuos que non sabían castelán, que
era a lingua das leis e do ensino.
2) Testemuños relacionados co estado do sistema educativo: neste momento
non existía ningunha preocupación por parte da monarquía por estender a
alfabetización, xa que isto só se dará coa creación do estado – nación español
trala morte de Fernando VII (na década de 1830). Non dispoñemos de
estatísticas rigorosas sobre a vida do pobo neste momento, e tampouco sobre
o estado do sistema educativo, pero si de testemuños relativamente fiables:
a) Estado general de la población del Reino de Galicia (1797) de Lucas
(de) Labrada:
■ Contido: indica a existencia de 650 escolas ás que asisten 16.224
alumnos en Galiza, nun momento no que a poboación era de arredor de
1,5 millóns de habitantes.
■ Interpretación: non son datos completamente fiables, senón indicativos
porque o autor non dispoñía dos medios suficientes para comprobalos.
Con todo, o sistema educativo deste momento en Galiza sería moi
precario e carecería de profesores capacitados (moitas veces exercían de
mestres persoas non tituladas), de medios materiais e, ademais, os
rapaces non poderían asistir regularmente á escola (dependía das tarefas
agrícolas). É dicir, o nivel de instrución que se podía conseguir nesta
altura en Galiza era moi limitado, polo que só unha minoría podería ter
un nivel de competencia notable en castelán a través da escola.
b) Juan Antonio Posse (Soesto, Laxe, 1766):
El Cristos y Silabario eran escritos de su mano [del maestro], porque alli no habia cartillas
impresas; de manera que en mi pais primero se aprende a leer lo manuscrito que lo
impreso; y se tenia esta lectura por más facil. De este modo, los más delantados leian los
libros impresos que eran ccmo en Castilla los Procesos. Tan poca influencia tenia alli el
Gobierno, que se ignoraban sus miras acerca de la educación de la Juventud, y éramos en
mi pais como si viviésemos en algún arenal del África
Juan Antonio Posse, arredor de 1775

■ Contido: é o autor dunhas memorias manuscritas nas que rememora a


súa infancia. Nelas conta que a escola carecía de libros impresos, que
eran reservados só para os alumnos máis avanzados.

13
Historia Externa da Lingua Galega
2007/2008
USC
4. A dialectalización da lingua galega (séculos XVI – XVIII)

■ Interpretación: malia as disposicións da monarquía para estender o


castelán, non había unha estrutura escolar que permitise a súa
expansión por tódolos territorios.
c) Francisco del Valle Inclán (1800):
Por mas esfuerzos que hace el Ministerio con los Vascones, ni nosotros, ni los Arabes,
Godos, y Romanos han podido forzados á olvidar su Vascuence. Lo mismo sucede á los
Gallegos, Catalanes, y Valencianos, se nos estrecha á hablar y escribir en Castellano; y en
el acto de arrojar las tablas de la Escuela se vuelven los niños, se explican, divierten, y
desahogan en su lengua nativa.

Francisco del Valle Inclán, 1800

■ Contido: escasa capacidade castelanizante da escola, que chega a moi


poucos individuos e en condicións moi precarias.

É dicir, a escola non tiña capacidade para estender o castelán e, ademais,


había outros factores que impedían a súa expansión:
Mobilidade social case nula.
Mobilidade xeográfica moi escasa:
• Reducíase ás emigracións estacionais (a Castela, Andalucía...),
xeralmente para a seitura e aos contactos que podían ter co castelán
solados ou arrieiros.
• Estes contactos puideron influír na introdución de certos castelanismos,
de cantares ou romances e achegar un certo coñecemento da lingua
castelá, pero non desencadearon un proceso de substitución.
3) Testemuños de persoas involucradas na exaltación do castelán, nun
momento no que a monarquía aínda tiña unha grande preocupación por
estender a lingua da corte. Deben ser lidos con cautela porque non son
testemuños imparciais e, ademais, tampouco son congruentes co de Masdeu:
a) Diálogo de la lengua (1535) de Juan de Valdés:
[El castellano se habla] no solamente por toda Castilla, pero en el Reino de Aragón, en el
de Murcia con toda el Andaluzía y en Galizia, Asturias y Navarra, y esto aun hasta entre la
gente vulgar, porque entre la gente noble tanto bien se habla en todo el resto de Spaña.

Juan de Valdés, 1535

■ Contido: nesta obra Juan de Valdés fai unha exaltación do castelán e


sinala o que é aceptable ou non na lingua. Di que nese momento o
castelán está moi estendido en tódolos territorios, tanto entre o pobo
coma entre os nobres.
■ Interpretación: a afirmación de Valdés non pode ser tomada como certa,
xa que na segunda metade do século XIX temos testemuños que fan
referencia á importancia do monolingüísmo en galego, e tamén a
comezos do século XX (arredor do 85% da poboación sería monolingüe
en galego).

b) Descripción del Reyno de Galicia (1550) de Bartolomé de Molina,


bispo de Mondoñedo de orixe malagueña.
[En] la ciudad de Compostela [...] esta el glorioso Apostol, que esto solo bastaua para
hablar deste pueblo, el qual es poblado de gente noble y rica. Parece estar fundada en lo
14
Historia Externa da Lingua Galega
2007/2008
USC
4. A dialectalización da lingua galega (séculos XVI – XVIII)

bueno de Castilla, y aun la lengua Gallega no permanece aqui mucho.


Bartolomé de Molina, 1550

■ Contido: descrición laudatoria do Reino de Galiza na que se gaba o


feito de que en Compostela se fale pouco galego.
■ Interpretación: non podemos acreditar no que afirma Bartolomé de
Molina polas mesmas razón ca no caso anterior. Ademais, existe outro
testemuño coetáneo contraditorio, o de Claude de Bronseval (1532),
que di que en Compostela había tantos franceses que se falaba más
francés ca galego, é dicir, debía considerar o galego a lingua habitual de
Compostela.

2.3.3. O castelán como lingua urbana

Calvet afirmou que nos procesos de substitución lingüística chega un


momento no que a distribución social das variedades acaba por ser tamén
xeográfica:
a) A lingua A está asociada a un estatus superior e a clase dominante adoita
asentarse nos centros urbanos, polo que a lingua A acaba sendo tamén lingua
urbana;
b) A lingua B está asociada a un estatus inferior e os individuos alleos ao
desempeño do poder adoitan asentarse en contextos rurais, polo que a lingua
B convértese en lingua rural.

Isto aconteceu en moitos casos e tamén no galego. Así, temos testemuños


claros desta época histórica de que o castelán é a lingua das cidades e que no rural
case non é coñecido. É unha situación semellante á actual, aínda que con diferenzas
de proporción12, xa que as cidades actuais son moito máis grandes e non están tan
ruralizadas coma nesta época.

Temos que ter en conta que non tódalas cidades se desenvolveron ao


mesmo ritmo nin do mesmo xeito, feito que tamén inflúe na súa capacidade
castelanizadora. Algúns exemplos son:
a) A Coruña é unha cidade que, pola súa historia, atraeu un conxunto de
individuos de orixe foránea que a converteron nun centro castelanizador
máis potente ca outras cidades:
■ Foi a sede das institucións do Antigo Réxime e arredor de 1750 o 20% da
súa poboación traballaba na administración militar, xudicial ou de facenda,
cargos xeralmente desempeñados por individuos foráneos.
■ Desenvólvese unha importante actividade comercial desde a segunda
metade do século XVIII que atrae a moitos comerciantes foráneos (León,
Catalunya, Euskadi, A Rioxa...)
■ En 1764 concédeselle autorización para comerciar coas Indias, feito que
tamén atraerá a individuos foráneos.
b) Ferrol consolídase como centro urbano desde 1726, feito que ten que ver coa
instalación dos estaleiros e a fundación de asentamentos militares. Isto tamén
atraerá individuos foráneos.
12
Pegerto Saavedra afirma que en 1750 só o 5% dos galegos vivían en núcleos de máis de 300
veciños.

15
Historia Externa da Lingua Galega
2007/2008
USC
4. A dialectalización da lingua galega (séculos XVI – XVIII)

c) Pontevedra era un núcleo dominado pola poboación mariñeira ata o século


XVIII, cando se transforma nunha cidade máis artesanal e menos pesqueira.
Así, atraerá tamén individuos foráneos, aínda que en menor medida cá
Coruña ou Ferrol.
d) Outras coma Lugo, Ourense, Betanzos ou Santiago foron núcleos urbanos
nos que a principal actividade da poboación era a agricultura, polo que a
chegada de individuos foráneos e o seu potencial castelanizador foron
menores.

Dispoñemos de testemuños de finais do século XVII e comezos do


XVIII que ca presentan o galego como lingua rural:
a) Álvarez Sotelo (finais do século XVII) di que no seu tempo el gallego solo
permanecía puro entre lo plebeyos que nunca salieran del ámbito de su
aldea.
b) O Padre Sobreira (finais do século XVIII) afirma que el idioma de Galicia
vivía oculto en sus aldeas.
c) Sarmiento: nunha reflexión sobre a Academia de Agricultura13 fundada na
Coruña en 1762 fai unha observación sobre a lingua e di que nesa cidade hai
moitos individuos que teñen o castelán como lingua propia e que son os que
dominaban a cidade (funcionarios da xustiza, burgueses e individuos
foráneos).
¿Quien persuadirá a los labradores gallegos que les será útil una Academia de Agricultura
fundada en el lugar más arenoso y estéril de Galicia, cual es La Coruña, y en donde los más
de los habitantes son hombres de pleitos y de pluma, o son de espada y milicia, o son de
bolsa y comercio, o son una tropa de extranjeros advenedizos, que no saben una palabra ni
un verbo de la lengua gallega, tan precisa para hablar con los labradores gallegos puros?
¿Si los gallegos que tienen hebillas en los zapatos hacen estudio de huir de la lengua que
han mamado por no manchar el armiño del idioma castellano pegadizo a uso del país, que
se podrá esperar de ellas y de los extraños para la Agricultura e Historia Natural de Galicia?

Martín Sarmiento, 1762

É dicir, a finais do século XVIII o castelán é presentado como lingua


urbana, aínda que non tódolos habitantes das cidades fosen castelanfalantes. Con todo,
a finais do Antigo Réxime aínda non se daban as condicións necesarias para unha gran
expansión do coñecemento e uso do castelán, que só chegaría na segunda metade do
século XX.

***

13
Institución creada para solucionar os problemas da agricultura, pero na que só participaron
propietarios, non campesiños, polo que non tivo moito éxito.

16
Historia Externa da Lingua Galega
2007/2008
USC
4. A dialectalización da lingua galega (séculos XVI – XVIII)

 Romanze Gallego de don Juan Correa Mendoza y Sotomayor

17
Historia Externa da Lingua Galega
2007/2008
USC
4. A dialectalización da lingua galega (séculos XVI – XVIII)

Composición presentada a un certame en honra de Fonseca. Algúns trazos


lingüísticos desta composición son:
Grafías medievalizantes ao carón doutras innovadoras (corazóns);
Considérase que prólojos (verso 18) é o primeiro testemuño da gheada.
Ultracorreccións coma destreyto (verso 31).

18
Historia Externa da Lingua Galega
2007/2008
USC
4. A dialectalización da lingua galega (séculos XVI – XVIII)

3. Menosprezo e apoloxía da lingua galega


3.1.O galego como dialecto
3.1.1. Exaltación do castelán

Desde finais do século XV comeza a cultivarse entre as elites da Coroa


de Castela (incluídas as galegas) o tópico da exaltación da lingua da Corte, unida ao
imperio, que vai acompañado do menosprezo das variedades máis afastadas da
elegancia da primeira. Isto tamén se dá na Coroa de Aragón, que fica unida á de
Castela desde a segunda metade do século XV.
A) Testemuños da exaltación do castelán:
1) Antonio de Nebrija: na introdución á súa Gramática (1492) di que a lingua
é compañeira do Imperio e espera que a súa obra sirva para que se estenda o
uso do castelán a tódolos territorios que están baixo a Coroa de Castela.
2) Micer Gonzalo García de Santa María, quen formaba parte do séquito de
Fernando o Católico e polo tanto, era orixinario da Coroa de Aragón. Malia
isto, non exalta a lingua de Aragón, senón o castelán, xa que ten conciencia de
que é a lingua dominante das elites. Así, afirma:
a) Que o castelán é o asento do Reino de Castela, a lingua do imperio e, polo
tanto, a variedade de referencia e prestixio..
b) Que as outras variedades lingüísticas peninsulares son rudas (as do norte)
ou demasiado mouriscas (as do sur).

3) Narciso Viñoles, autor do Suplemento de todas las crónicas del mundo


(1510), unha tradución publicada en Valencia (territorio pertencente á Coroa
de Aragón naquel momento) que é feita para o castelán por considerala a
lingua vulgar máis elegante e a máis semellante ao latín, menosprezando
outras variedades lingüísticas.

4) Juan de Valdés, autor do Diálogo de la lengua, unha obra na que se fai unha
exaltación do castelán.
É dicir, está moi presente entre as elites a idea de que o castelán é unha
lingua vulgar ilustre, que mesmo pode competir co latín.

B) Variedades coas que compite o castelán:

1) Cos chamados dialectos, considerados bárbaros, salvaxes e pouco elegantes.


19
Historia Externa da Lingua Galega
2007/2008
USC
4. A dialectalización da lingua galega (séculos XVI – XVIII)

2) Co latín, lingua coa que é comparado pola súa elegancia. Isto acontece tamén
co portugués (os gramáticos portugueses destacan a súa semellanza co latín) e
mais co francés (exaltación do dialecto do norte).

3.1.2. Menosprezo do galego

O galego é un deses dialectos peninsulares que son considerados bárbaros


neste momento, unha concepción unida ao tópico do personaxe galego (pailán, pobre,
fea se é muller...) moi presente na literatura do Siglo de Oro castelán, pero tamén na
portuguesa. Algúns testemuños disto son:
1) El búho gallego (1620), obra do sétimo Conde de Lemos na que aparecen
diferentes aves que representan territorios peninsulares. Galiza é representada
polo moucho, ao que o tordo vasco lle di que estaba criado en las montañas y
cavernas de Galicia, tan tosco en su modo de orar que no tiene palabra
biensonante ni pensamientos que a cosa de valor aspiren.
2) Frei Felipe de la Gándara y Ulloa, primeiro cronista do Reino de Galiza e
autor de El cisne de Occidente (1678). Nesta obra di, referíndose á lingua dos
rústicos do norte, que el lenguaje que hoy usan nuestros montañeses es el
menos culto y el más duro en sus voces y en su pronunciación.
3) Sarmiento evidencia na súa obra que os galegos sentían desprezo pola súa
lingua, xa que critica os apóstatas de la lengua e di que as súas obras poderían
servir para depoñer nos galegos el odio que tienen contra su lengua.
4) Juan Antonio Posse explica nas súas memorias que cando vai vivir para
León co seu tío, un crego letrado, recíbeno con hospitalidade pero o tío
avergóñase de que use o galego.

3.1.3. Tópico do galego como unha variedade rústica do castelán

A) Razóns polas que xorde a idea de que o galego é unha variedade rústica do
castelán, que non pode escribirse e da que se avergonzan os falantes son:
1) A exaltación do castelán e consecuente menosprezo das variedades
lingüísticas afastadas da da Corte.
2) A proximidade lingüística entre galego e castelán.

B) Testemuños:

1) Felipe de la Gándara y Ulloa é seguidor de Gregorio López Madera (ca.


1600), quen elabora a teoría de que o castelán era a lingua primitiva de
España, anterior á chegada dos romanos, de modo que non derivaría do latín e
o galego derivaría do castelán. Esta teoría é contestada en 1606 por Bernardo
Aldrete, pero é seguida ata o século XIX.

20
Historia Externa da Lingua Galega
2007/2008
USC
4. A dialectalización da lingua galega (séculos XVI – XVIII)

2) Padre Feijoo: non é seguidor da teoría anterior, pero deixa testemuños que
evidencian a extensión da idea de que galego e portugués derivan do castelán
e de que só o francés, o italiano e o castelán proceden do latín. O Padre Feijoo
pretende desmentir isto, para o que achega argumentos coma a maior
proximidade ao latín do galego e o portugués (CŎVA > cova vs. cueva).

3) Bluteau, no prólogo do seu Dicionario (publicado por tomos entre 1712 e


1728) ataca a idea de que o portugués fose unha corrupción do castelán,
polo que debía ser unha concepción moi presente tamén para o portugués
(temos que ter en conta que a independencia de Portugal data de 1640).

4) Padre Sarmiento: ataca en 1760 a idea de que o galego é un dialecto do


castelán.

5) Padre Sobreira (fins do século XVIII): ataca a idea de que o galego e o


portugués sexan corrupcións do castelán. Introduce o matiz de considerar o
galego e o portugués como distintos, a diferenza do Padre Feijoo.
6) Leopoldo Martínez Padín é o autor dunha Historia de Galicia (1849) na que
afirma que el gallego o portugués no es un subdialecto del castellano, sino
una lengua derivada de la latina, así como lo son el italiano, el francés y el
castellano.
7) Julio Casares, no Diccionario ideológico de la lengua castellana (1971)
define o galego como el dialecto de los gallegos. É dicir, esta é unha idea con
moita vixencia e que chega mesmo á segunda metade do século XX.

C) O galego como variedade sen prestixio: o galego non é só unha variedade da


lingua da Corte, senón que isto tamén implica un menor prestixio que non a fai
válida para os usos formais e a asocia a individuos rústicos e sen instrución.
Testemuños disto son:
1) Padre Feijoo: fai unha reflexión histórica sobre a lingua, situando a orixe do
portugués no norte, xa que despois estenderíase cara o sur por mor dos
21
Historia Externa da Lingua Galega
2007/2008
USC
4. A dialectalización da lingua galega (séculos XVI – XVIII)

movementos demográficos que se deron durante a reconquista. Isto incomoda


a portugueses coma Martinho de Mendonça quen, en 1726, está na Corte en
Madrid e escribe en castelán un dos moitos folletos de contestación ao Teatro
Crítico Universal baixo o pseudónimo de Ernesto Frayer. Nel afirma que o
portugués é unha lingua de prestixio porque ten unha literatura recoñecida,
mentres que o galego non.

2) Sarmiento14 realiza unha réplica ao folleto de Martinho de Mendonça en


1732, na que rexeita a idea de que só é lingua aquela que ten literatura xa que
para el o fundamental é que se fale.

3.2.Apoloxía da lingua galega


3.2.1. Apoloxía do Reino de Galiza

Neste momento é máis importante a apoloxía que se fai do Reino de


Galiza ca da lingua. Así, hai bastantes obras históricas nas que se ataca o
menosprezo a Galiza e aos galegos, exaltando a nobreza galega e elementos coma o
culto a Santiago, pero que non implican unha defensa da lingua. Isto dáse desde os
século XVI e ata o XVIII. Algúns exemplos son:
1) Descripción del Reino de Galicia, de Bartolomé de Molina (século XVI).
2) El cisne occidental contras las palmas y triunfos eclesiásticos de Galicia,
unha obra na que se gaban diversos aspectos de Galiza, entre os que non está a
lingua.

3.2.2. Apoloxía da lingua galega

A mediados do século XVIII está consolidada a idea de que o galego é


unha variedade rústica do castelán e, fronte a isto, a contestación por parte dos
letrados da época é moi escasa. Con todo, alcanza unha magnitude moi importante
no caso do Padre Sarmiento, que se opón á tendencia dominante en materia
lingüística. Así, as súas demandas son:
1) A non consideración do galego coma un dialecto ou corrupción do castelán,
unha situación que cre que pode ser superada se se poñen os medios
necesarios, é dicir, a lingua aínda ten posibilidades de rexeneración.
2) Denuncia o abandono do uso oral do galego, tanto entre as elites coma entre
aqueles individuos que saen temporalmente de Galiza.

14
Sarmiento é autor dunha obra na que defende ao Padre Feijoo.

22
Historia Externa da Lingua Galega
2007/2008
USC
4. A dialectalización da lingua galega (séculos XVI – XVIII)

3) Demanda o uso do galego, especialmente en tres ámbitos:


a) Ensino: no século XVIII existía unha preocupación xeral polo precario
estado do ensino (deficiencia de medios materiais e humanos), polo que son
abundantes as obras que denuncian esta situación e propoñen solucións.
Sarmiento insírese nesta corrente coa súa obre Tratado de la educación de
la juventud, na que se fan dúas importantes críticas:
■ Ao memorismo, xa que Sarmiento considera que o ensino debe estar
baseado no empirismo, no contacto directo con aquilo que se vai
aprender. Así, denuncia que os rapaces aprendían de memoria cousas que
non sabían o que realmente eran, en especial no caso dos conceptos
abstractos.
■ Ao uso dunha variedade lingüística moi afastada da que os rapaces
usaban habitualmente. Isto era así tanto no caso de Castela, onde o
rexistro usado polos mestres era moi distante do usado polos rapaces, e
en Galiza, onde se complica a situación porque os mestres usan unha
lingua diferente da dos rapaces. Deste xeito, ensínase o descoñecido a
través do descoñecido, polo que non hai comunicación entre o profesor e
o alumno.
Para poñerlle remedio a esta situación Sarmiento propón:
■ Aumentar os medios humanos, formando catedráticos de lingua galega
en tódalas vilas importantes do Reino de Galiza.
■ Aumentar os medios materiais, elaborando dicionarios, gramáticas e
textos en galego para seren usados nas escolas.
A proposta de que o ensino se fixese en lingua vulgar non é insólita, xa que
é unha tendencia que se dera desde o século XVI tanto en Castela coma en
Portugal. O sorprendente é que propoña o uso do galego na escola, aínda
que só se refira á escola de primeiras letras.
Outra proposta semellante é a de Jovellanos quen, estando preso en
Mallorca, observa a dificultade dos rapaces mallorquinos para entender o
que lles explicaban na escola, polo que defende a escolarización en
catalán. Con todo, estas dúas son posturas minoritarias.

23
Historia Externa da Lingua Galega
2007/2008
USC
4. A dialectalización da lingua galega (séculos XVI – XVIII)

b) Igrexa: Sarmiento avoga polo uso do idioma propio de cada lugar neste
ámbito, polo que propón que os sacerdotes entendan o galego e demanda a
tradución do catecismo. Ademais, fai referencia a que os cataláns seguían
a usar a súa lingua, malia os Decretos de Nova Planta.

c) Xustiza: considera que os funcionarios da xustiza debían saber ler o galego


medieval para entender moitos documentos antigos.

***

Sarmiento só publica unha obra en 1732, pero a meirande parte da súa


produción data de 1740 – 1760. Pasa a maior parte da súa vida no mosteiro de
madrileño de San Martín, polo que ten pouca capacidade de influencia entre os
letrados da época. Ademais, os que coñecen a súa obra non a poñen en práctica, xa
que no Rexurdimento aínda se publican gramáticas e dicionarios que teñen como
finalidade servir de axuda aqueles que non entenden o galego, polo que o problema
detectado por Sarmiento persiste. Mesmo en 1931 Castelao di nun dos seus discursos
que en ocasións séguese usando o galego de xeito extraoficial na escola e na xustiza
porque é preciso para a comprensión.

Sarmiento é, desde a perspectiva lingüística, a figura máis importante


deste período, xa que outras coma o Cura de Fruíme son simplemente ocasionais.

4. Cultivo e estudo da lingua galega


A) Cultivo excepcional da lingua galega

24
Historia Externa da Lingua Galega
2007/2008
USC
4. A dialectalización da lingua galega (séculos XVI – XVIII)

Tanto o cultivo coma o estudo do galego foron excepcionais, xa que a


norma era a consideración de que as únicas linguas dignas de seren escritas e
estudadas na Coroa de Castela eran o latín e o castelán. Algúns testemuños que
corroboran isto son:
1) Jerónimo Bermúdez, autor de dúas traxedias anovadoras por non estaren
escritas en latín, pero para as que usa o castelán. O autor afirma no prólogo
que están escritas en una lengua ajena a mi naturaleza, xa que a súa lingua
materna era o galego.
2) Historia de Galicia de P. Álvarez Sotelo (séculos XVII – XVIII), onde se
afirma que a lingua galega non é unha lingua que se escriba.
3) Sarmiento di que tanto nobres coma campesiños falan galego, pero á hora
de escribir usan sempre o castelán.

B) Aparición da imprenta e cultivo do galego

1) A imprenta aparece a mediados do século XV e chega a Galiza a finais dese


século. Serve para a expansión dos vulgares ilustres, idiomas que eran falados
en amplos territorios e, polo tanto, tiñan un mercado de lectores. Porén, non
favorece a expansión dos considerados dialectos rústicos, como é o caso do
galego.
2) En lugares coma Catalunya ou Valencia seguíase a escribir en catalán, pero
había tamén unha importante produción de libros en castelán. Isto debíase a que
exportaban esas obras. Porén, no caso do Reino de Galiza as imprentas non
publican en galego, feito que non se debe a que exporten obras (xa que Galiza
era importadora e as obras publicadas eran piadosos ou novenas, de circulación
local), senón a que o galego xa non era usado na escrita.

C) Estudo da lingua

O estudo da lingua non podía madurar neste contexto, como si acontece


co portugués (gramáticas, dicionarios, escolas de primeiras letras) e o castelán.
Porén, o galego non se ensina, nin se publican libros en galego, polo que o estudo
da lingua non é necesario. O estudo do galego non comeza ata o século XVIII, e
faino vinculado á curiosidade erudita dalgúns ilustrados (Sarmiento, Padre Sobreira,
Cornide), non a unha demanda dos usuarios da mesma.

4.1.Xéneros cultivados
Na escasa produción en galego do momento, predomina con diferenza o
manuscrito sobre o impreso. Así, malia que a imprenta aparece no século XV:
1) A primeira vez que o galego chega á imprenta é en 1612, coa publicación
dos dous sonetos galegos contidos no Libro das Exequias á Raíña Margarida
de Austria, no que predominaban as composición en latín e castelán.
2) O primeiro libro publicado integramente en galego é Cantares Gallegos
(1863), xa que outros libros anteriores adoitaban ter os prólogos en castelán.
Neste contexto non é posible que se constitúa un discurso literario en
galego, xa que non se coñece a escrita anterior e son poucos os testemuños literarios,
a maioría sen intención artística.

25
Historia Externa da Lingua Galega
2007/2008
USC
4. A dialectalización da lingua galega (séculos XVI – XVIII)

A) Poesía

É o xénero que presenta unha menor dificultade dada a ausencia de


orientacións sobre a lingua, de xeito que os autores tíñanse que basear na fala popular.
En xeral, emprégase para composicións de ton popular ou doméstico, sen ambición
literaria, sendo excepcións aquelas composicións de ton máis grave. Algúns
exemplos son:
1) Cura de Fruíme, autor de composicións de ton doméstico coma:
a) “Se pudera darche os tranchos”: poema publicado postumamente nas súas
obras completas. Está dirixido a un amigo e ten unha introdución explicativa
en castelán.

b) “Eu non pensei, meu Farruco”, de características semellantes ao anterior.

c) “Ja que sodes tres Josès”, tamén na liña dos anteriores.

26
Historia Externa da Lingua Galega
2007/2008
USC
4. A dialectalización da lingua galega (séculos XVI – XVIII)

2) Composicións das Festas Minervais (1697) e sonetos do Libro das exequias á


Raíña Margarida de Austria: de ton máis grave, son casos excepcionais.

■ Prosa: falsificacións históricas

As falsificacións danse desde o século XV e ata o XVIII en toda a


Península. Son supostas crónicas medievais escritas para demostrar falsos
acontecementos que benefician aos seus autores, pero desde o século XVIII os
historiadores ilustrados censuran este tipo de obras.

Unha destas obras é a Historia de don Servando (1624 – 1635):


a) Motivación: é escrita polos irmáns Fernández Boán de Chantada,
pertencentes a unha familia que se enriquecera entre os séculos XVI e XVII,
pero non tiña a condición de fidalga. Ter esta condición era un dos requisitos
para conseguir o Hábito de Santiago, que pretendía don Pedro Boán, por iso
nesta falsificación se inventa a orixe fidalga da familia e, aínda que xa é
criticada na época (1626), consigue o seu obxectivo.
b) Contido: segundo os autores a historia fora escrita en latín no século VIII por
don Servando (suposto bispo de Ourense) e traducida ao romance no XII
por don Pedro Seguino (bispo de Ourense). Nela relaciónase a familia
Fernández Boán mesmo con persoas achegadas ao Apóstolo.
c) Características lingüísticas:
■ Pseudogaleguismos;
■ Hibridismo entre galego e castelán: fixa (filla), maltrechos; pobo...
d) Desta falsificación conclúese que:
■ Os autores tiñan conciencia de que na Idade Media o galego era lingua
escrita no Reino de Galiza.
■ O uso do galego para a composición da obra non impugna o esquema
sociolingüístico existente no momento, xa que esa non era súa finalidade.

27
Historia Externa da Lingua Galega
2007/2008
USC
4. A dialectalización da lingua galega (séculos XVI – XVIII)

Tamén podemos citar o Theatro Moral y Político de la Noble Academia


Compostelana (1731) de Pablo Mendoza de los Ríos, obra en castelán na que se
inclúe unha conversa entre dous estudantes, dos que un deles fala en galego.

■ Teatro
O teatro prestábase máis ao cultivo do galego ca outros xéneros. Con
todo, as obras en galego son sempre breves e humorísticas (nunca traxedias), sen
ambición estética:
1) Entremés famoso sobre a pesca no río Miño (1668 – 1671) de Gabriel
Feixóo de Araúxo. Foi a única peza en galego coñecida durante moito tempo e
o título que aparece no seu manuscrito é o de Contienda entre los labradores
de Caldelas.

2) Diálogo de Alberte e Bieito (fins do século XVI): obra breve que non chega a
publicarse. Debeuse escribir na corte do señor de Gondomar nalgún dos
momentos nos que el estivo en Galiza.
3) Comedia de la invención de la sortija (fins do século XVI): obra escrita en
castelán con algúns diálogos en galego.

28
Historia Externa da Lingua Galega
2007/2008
USC
4. A dialectalización da lingua galega (séculos XVI – XVIII)

4) Novas achegadas polo Cura de Fruíme sobre representacións teatrais feitas


na súa igrexa, nas que polo menos algúns dos personaxes falaban galego.

■ Outros

Destacan xéneros coma o vilancico:


1) Cultivados fóra de Galiza, por mestres de Portugal, Castela, Andalucía, Aragón,
Catalunya... Moitos deles son publicados (colección da Biblioteca Nacional de
Madrid e coleccións portuguesas).
2) Adoitan incluír personaxes tipo, coma xitanos, asturianos, negros e tamén
galegos.
3) Os personaxes galegos adoitan expresarse nunha lingua chea de castelanismos e
pseudogaleguismos, porque os autores non eran galegos, ou por seren
alfabetizados en castelán.

29
Historia Externa da Lingua Galega
2007/2008
USC
4. A dialectalización da lingua galega (séculos XVI – XVIII)

4.2.Variedades do galego escrito


Entre os textos escritos nesta época, temos que distinguir entre as
producións foráneas (de autores non galegos que coñecen pouco a lingua) e as
falsificacións das producidas por galegos sen intención falsificatoria. Así, podemos
falar de:

D) Galego de artificio
1) É a lingua que atopamos nos textos escritos por autores foráneos ou autores
galegos cuxa intención é a falsificación de documentos antigos.
3) Caracterízase por:
a) Influencia do castelán, chegando mesmo ao hibridismo.
b) Abundancia de pseudogaleguismos (amoires, queiro, estreimada...)

A) Galego natural
1) É a lingua dos textos compostos por individuos galegos que pretenden
escribir na lingua do seu tempo.
2) Caracterízase por:
a) Ausencia de referentes de autoridade (institucións, escritores de
prestixio), de xeito que cada autor escribe na modalidade que mellor
coñece.
b) Influencia do castelán:

30
Historia Externa da Lingua Galega
2007/2008
USC
4. A dialectalización da lingua galega (séculos XVI – XVIII)

■ Grafía: ata 1726 séguense os hábitos consagrados para a escrita do


castelán e, desde esa data, as normas publicadas pola Real Academia
Española. Así, por exemplo, existía a norma non escrita de que na
mesma palabra non se podían atopar dous <b>, polo que son frecuentes
formas coma barva ou barua, pero non barba. Por outra banda, para
representación de / / úsanse as mesmas grafías que para a representación
de / / en castelán (<x>, <j> e <g>), aínda que se un criterio claro. A
xeneralización de <x> só se dá na obra do Cura de Fruíme, a fins do
século XVIII.
■ Léxico: é neste momento no que se incorporan castelanismos coma
*Dios, *luna ou *ángel.
c) Recurso ao portugués: é escaso neste momento, feito esperable tendo en
conta que tanto Sarmiento coma Sobreira defendían que o galego e o
portugués non eran a mesma lingua. Por outra banda, o Padre Feijoo
defendía a unidade entre galego e portugués, pero só escribiu en castelán. O
recurso ao portugués só comeza a influír no galego escrito desde a Época
Nós.

4.3.As orixes da lingüística galega


O estudo do galego é raro e tardío. Primeiro comézanse a estudar os
vulgares ilustres (castelán, portugués, francés, inglés...) que lle disputan as funcións
formais ao latín, polo que se fai necesaria a existencia de gramáticas e dicionarios.
Porén, os dialectos ásperos, vulgares e groseiros non se usaban no ensino nin na
literatura, polo que existía unha demanda do seu estudo.

4.3.1. Antes do século XIII

O estudo do galego antes do século XVIII é pouco importante. Só cabe


nomear o Vocabulario do Bacharel Olea (ca. 1536), un salmantino que traballa para a
Casa de Lemos na primeira metade do século XVI. É un glosario duns 150 termos
galegos coa súa explicación en castelán ou leonés conservado na Biblioteca
Municipal de Lugo.

4.3.2. O século XVIII: Sarmiento

No século XVIII a Ilustración fixo prosperar un certo interese polo


estudo da cultura popular, o que leva a persoeiros coma Sarmiento, Sobreira ou
Cornide Saavedra a realizar algúns estudos sobre o galego da época e, no caso de
Sarmiento, tamén sobre o medieval.

Deberon existir traballos sobre o galego que hoxe están perdidos, con todo
a obra máis importante é a de SARMIENTO, quen marcha en 1710 de Galiza para facer o
noviciado na orde Benedictina como individuo practicamente monolingüe en galego.
Só volverá a Galiza en tres ocasións: 1725, 1745 – 1746 e 1754 – 1755. Dos seus
estudos destaca que:
1) Ten unha clara consciencia de ser pioneiro no estudo da lingua galega.
2) Céntrase en tres ámbitos:
a) Léxico: destacan especialmente as dúas últimas viaxes a Galiza, que son
usadas para a recolla de información léxica de dúas fontes:
31
Historia Externa da Lingua Galega
2007/2008
USC
4. A dialectalización da lingua galega (séculos XVI – XVIII)

■ O galego oral, de xeito que realiza entrevistas por toda Galiza para
recoller léxico, especialmente o relacionado coa historia natural.
■ Fontes escritas do galego medieval, de onte tira tamén moito
vocabulario. Tamén consulta este tipo de fontes fóra de Galiza xa que,
por exemplo, coñece o códice das Cantigas de Santa María da Catedral
de Toledo.
b) Etimoloxía: a afección de Sarmiento pola etimoloxía deriva do seu desexo
de coñecer ben o sentido das palabras. Comeza estudando a etimoloxía do
castelán (a lingua da súa educación), e axiña se decata de que o galego se
lle presenta continuamente como paso intermedio entre o latín e o castelán
(AUT > ou > o; THESAURO > tesouro > tesoro). Así, comeza a estudar a
etimoloxía do galego, esforzándose por explicitar as regras de paso do latín
ao romance, creando os rudimentos da fonética histórica.
c) Onomástica: Sarmiento tamén se esforza por facer unha onomástica
etimolóxica, realizando unha clasificación bastante atinada dos topónimos
do Reino de Galiza.

A Sarmiento debémoslle os apuntamentos máis antigos sobre historia


do galego:
1) Non lle presta moita atención ao elemento prerromano, xa que non o coñece
ben.
2) É consciente da situación do galego na Idade Media, xa que coñece as
Cantigas de Santa María e os seus usos instrumentais (documentos
notariais).
3) É coñecedor de que os usos escritos do galego desaparecen a finais da Idade
Media, feito que atribúe á chegada de nobreza foránea na época de Carlos I.
4) Coñece a situación do galego no século XVIII e propón medidas para
atallala.

5. As mudanzas lingüísticas
O estudo das mudanzas lingüísticas sempre é difícil, xa que a información
adoita ser incompleta porque a documentación escrita non achega datos sobre toda
a variedade do sistema. Isto agrávase no caso dos Séculos Escuros, xa que a
documentación escrita é moi limitada. Así, por exemplo:
a) Para a reconstrución da variedade diatópica só contamos con algúns
apuntamentos de Sarmiento e Sobreira, que en ningún caso achegan unha
visión de conxunto.
b) No caso da variedade social destaca a obra Teatro Anticrítico Universal de
Armesto y Ossorio, no que se distingue entre a fala do vulgo e a do estado
alto (faise referencia ao galego usado por un bispo), pero non se especifica
como se manifesta esa diferenza.

Con todo, algunhas das mudanzas que podemos considerar que se


consuman neste momento son:
1) Os resultados da desnalización (proceso que quizais xa comezara no século
XIII):

32
Historia Externa da Lingua Galega
2007/2008
USC
4. A dialectalización da lingua galega (séculos XVI – XVIII)

a) –n: razões > razóns / razós / razois.


b) irmão > irmao / irmau / irmán.
2) Gheada, que xa aparecera a fins da Idade Media pero que se consolida agora.
a) O testemuño escrito máis antigo é da segunda metade do século XVIII:
prolojos, no Romanze Gallego de don Juan Correa Mendoza y
Sotomayor de 1697.
b) Na obra de Sarmiento hai testemuños moi claros, coma estrujas y estrúas.
3) Aparición da fricativa interdental xorda (/ /), unha innovación posmedieval
da que tamén achega novas Sarmiento canto di que los gallegos suelen
pronuncial suavemente sapatos, polo que neste momento aínda debía
predominar o seseo no galego.
4) Introdución de castelanismos lexicais, para o que é preciso distinguir entre
dúas variedades do galego:
a) O galego dos bilingües diglósicos: aínda que dispoñemos de pouca
información, debe ser neste momento cando se introducen castelanismos
que se inscriben en áreas léxicas vinculadas ao castelán:
■ Relixión: *Dios, *alabanza, *ermitaño, *Apóstol, *rodilla...
■ Administración: *deuda, *escriván, *ganancia...
■ Vida urbana: *calle, *ciudad, *pobo...
b) O galego dos individuos monolingües: a penetración de castelanismos
debía ser moito menor cá capacidade de cambios semánticos dentro do
galego. Un bo exemplo é a palabra millo (do lat. MILIUM):
■ nun primeiro momento facía referencia a un cereal autóctono;
■ coa chegada do millo americano o novo cereal pasa a denominase millo
gordo ou millo americano;
■ co paso do tempo o cereal americano espállase e pasa a chamarse
simplemente millo, mentres que o cereal autóctono pasa chamarse millo
miúdo.

33
Historia Externa da Lingua Galega
2007/2008
USC