Está en la página 1de 12

1. A sociolingüística.

Definición, disciplinas fronteirizas, abordaxes e áreas de estudo

1. Lingüística e Sociolingüística

1.1. A Lingüística: cronoloxía e paradigmas


A Lingüística é unha disciplina relativamente recente, xa que aparece
como tal no século XIX. Antes do seu nacemento o estudo da lingua seguira tres
direccións, todas elas sen método rigoroso:
1) Filosófica, relacionada co significado.
2) Preceptiva ou prescritiva, relacionada coa retórica e a elocuencia.
3) Descritiva, relacionada coa etimoloxía.
É no século XIX cando aparece un paradigma lingüístico especializado,
unha definición conceptual da lingüística (obxecto, métodos), que vai acompañada
dunha definición institucional dada pola división de saberes nas universidades
(nomeadamente nas alemás, modelo das universidades europeas). Así, os dous
paradigmas principais da Lingüística científica son:
1) Lingüística histórica comparada1 (século XIX): influído polo Positivismo2,
ten unha orientación descritiva. Inténtase reconstruír a evolución das linguas
tendo en conta os testemuños (especialmente escritos) para facer unha
comparación entre as variantes. De aquí nace a dialectoloxía (que ten dúas
orientacións: diatópica e diacrónica).
2) Paradigma estruturalista (século XX): a Lingüística Estruturalista defínese a
si mesma coma unha disciplina científica e diferénciase da Lingüística Histórica
Comparada en que é fortemente formalista e elimina a consideración de
variación lingüística do seu obxecto de estudo. O grande representante do
estruturalismo é Saussure (Curso de Lingüística Xeral), quen resalta que a
lingua é un feito social (aínda que nunca desenvolve esta afirmación) e ten como
base dos seus estudos as seguintes dicotomías:
a) Langue – parole3:
 Langue: é o sistema abstracto compartido pola comunidade lingüística.
Debe ser o obxecto de estudo da Lingüística, xa que é sistemática.
 Parole: é a realización da langue dos actos de fala, unha realización
imperfecta e asistemática por estar condicionada por moitos factores que a
fan moi variábel.
Chomsky reformula esta dicotomía e fala de competencia e actuación:
 A formulación de Chomsky, ao contrario cá de Saussure, é fortemente
individualista.
 Para el a competencia é o coñecemento implícito que cada falante ten
dos parámetros da gramática da súa lingua.
 A tarefa da Lingüística é, segundo Chomsky, facer explícito ese
coñecemento implícito que o falante ten na súa mente. Pola contra,

1
Ou filoloxía. A distinción entre filoloxía e lingüística é algo aínda debatido na actualidade.
2
O Positivismo céntrase na observación da realidade tal cal é, o cal non dá lugar á teoría explícita,
senón a preconceitos (teoría implícita). Isto é así porque non podemos observar a realidade tal cal é,
senón só como fenómeno, é dicir, hai mediacións entre a realidade e as nosas mentes. A linguaxe é
unha desas mediacións, xa que establece categorías para entender o continuum amorfo que é a
realidade.
3
Sería reformulada como sistema – fala e Chomsky falaría de competencia – actuación / realización /
performancia.
1
Introdución á Sociolingüística Galega
2007/2008
USC
1. A sociolingüística. Definición, disciplinas fronteirizas, abordaxes e áreas de estudo

observar a actuación, a realización dese coñecemento, non é obxecto de


estudo da Lingüística.

b) Sincronía – diacronía: é unha dicotomía que leva a aporías porque a


concepción da langue coma un sistema homoxéneo e estático no que os
elementos se definen por oposición é incompatíbel co cambio lingüístico.
Porén, as linguas cambian. Para solucionar isto Saussure explica que:
 O sistema é un feito de sincronía.
 A diacronía é unha sucesión de estados sincrónicos, é dicir, o cambio
lingüístico prodúcese pola sucesión de estados sincrónicos.

1.2. Obxeccións da sociolingüística á Lingüística

a) Obxeccións á dicotomía langue – parole:


 Admítese que é unha dicotomía que pode ser útil teoricamente, mais unha
teoría lingüística coherente non se pode basear nela, xa que sería unha
teoría lingüística parcial.
 A Sociolingüística préstalle especial atención á parole e parte de que os
feitos de lingua non son asistemáticos, senón que se poden atopar neles
pautas complexas susceptíbeis de ser obxecto dun estudo sistemático
(Pragmática4). É dicir, afirma a existencia de certa regularidade na
realización (sociolingüística variacionista).
O problema das teorías que proclaman que a linguaxe é independente
das linguas é que a primeira só é realizábel nas segundas, polo que tal independencia
é cuestionábel.
b) Obxeccións á dicotomía sincronía – diacronía:
 A Sociolingüística considera que a visión de Saussure non é real, xa que
o cambio / movemento non se pode dividir en momentos, senón que é
continuo. Deste xeito, o cambio é unha perturbación, un desequilibrio para
a visión estrutural (como poden funcionar as linguas a pesar de que
cambian?).
 Para a Sociolingüística as linguas funcionan grazas a que cambian, a
que son heteroxéneas e inestábeis para satisfacer as necesidades dunhas
comunidades de falantes complexas e cambiantes. É dicir, o cambio
lingüístico5 está ligado ao cambio social.
É dicir, o polisistema6 está organizado sobre criterios sociais, non
lingüísticos, e o non ter isto en conta é o que dá lugar aos problemas teóricos da
lingüística clásica, que abstrae a lingua das condicións sociais (lingüística
“externa”) constituíndose coma unha ciencia formal que só pode dar unha
visión parcial da lingua, pero non esgotar o obxecto de estudo. Pola contra, a
Sociolingüística avoga por unha lingüística interna, que teña en conta que para
facer un estudo integral da lingua hai que observar os seus condicionamentos
sociais.
4
A Pragmática estuda como se usa a linguaxe e, aínda que está moi vinculada á Sociolingüística, na
actualidade é unha disciplina independente dela.
5
Na lingua, segundo a consideración social, existen fenómenos centrais (estábeis) e fenómenos
periféricos (os que dan lugar ao cambio). Que un fenómeno sexa central ou periférico, ou que pase de
ser central a periférico ou viceversa depende de criterios sociais.
6
A lingua é un polisistema, un sistema de sistemas variábel, complexo e cunha organización xerárquica
2
Introdución á Sociolingüística Galega
2007/2008
USC
1. A sociolingüística. Definición, disciplinas fronteirizas, abordaxes e áreas de estudo

***

O anterior estaría en relación tamén coa dicotomía lingua – punto de vista do discurso:
1) Lingua: sistema homoxéneo e estático.
2) Discurso: noción nova e en desenvolvemento que se refire á lingua como proceso. É
unha noción polisémica:
a) Desde unha perspectiva lingüística refírese a unha análise do discurso en termos
lingüísticos (a entoación no discurso oral). Neste senso está asociado á Pragmática
(estudo dos actos de fala, é cronoloxicamente o último nivel engadido aos niveis
lingüísticos).
b) Desde unha perspectiva filosófica relaciónase coa exposto por Focault7, quen estuda
as ideas a través das palabras organizadas no discurso, xa que son a súa
materialización. Esta noción de discurso está relacionada con:
 A tradición da semántica diacrónica, que estuda o léxico illado en campos nocionais.
 A tradición da lingüística da enunciación (Bénviste). A lingua prodúcese como
enunciado, polo que non se pode prescindir da enunciación (realización) á hora de
estudala.
 Lingüística do texto: pon en cuestión a afirmación da lingüística estrutural e
xenerativa de que a unidade máxima de análise é a oración. Considérase que a
unidade máxima é o texto porque hai fenómenos (elipse, pronominalización) que
non son explicábeis se non se recorre ao texto.

Esta última perspectiva é a que ten un maior interese para a sociolingüística, xa


que se achega ao estudo das actitudes, que se estudaron:
1) Nun primeiro momento de xeito cuantitativo, estatístico. Isto é un estudo moi
incompleto xa que as respostas dadas nas enquisas non transparentan a verdadeira
actitude do individuo.
2) Despois desenvólvese unha análise máis completa analizando o discurso, xa que as
actitudes son mecanismos mentais aos que só podemos chegar mediante o discurso.

2. A sociolingüística

2.1. Precursores da sociolingüística


Son aquelas disciplinas que prestaron atención á variación lingüística,
razón pola cal eran disciplinas marxinais. É o caso das seguintes:
c) Dialectoloxía: variación diatópica.
d) Estilística.
e) Sectores da lingüística prescritiva: variación correcto / incorrecto.

2.2. A sociolingüística como disciplina

A) A Sociolingüística como disciplina é moi recente (ten menos de cincuenta anos)


que non nace coma unha disciplina de corpo completo, senón:
3) Nace coma un campo interdisciplinar, coma unha alianza de saberes
constituídos para dar solución a problemas prácticos, nomeadamente:
 Ciencias sociais coma a socioloxía, a politoloxía e a antropoloxía.
 Disciplinas aplicadas coma a pedagoxía e a pedagoxía didáctica.
 A psicoloxía (en parte).
4) Recentemente xorden pretensións transdisciplinares, é dicir, de superar as
fronteiras deses saberes.

7
Focault céntrase nos estudos sobre epistemoloxía (como coñecemos) e afirma que en cada época e
lugar se desenvolve un aparello específico que define a forma de coñecer (epistemé).
3
Introdución á Sociolingüística Galega
2007/2008
USC
1. A sociolingüística. Definición, disciplinas fronteirizas, abordaxes e áreas de estudo

B) Non é unha disciplina en senso estrito, senón un campo de estudos:


 complexo,
 de fronteiras pouco definidas,
 cunha articulación interna non moi organizada,
 sen unha grande teoría que lle dea unidade e coherencia.
Aínda que poida parecer que isto ten moitas desvantaxes, tamén pode ter vantaxes:
a) É un campo polimórfico, abordábel desde numerosas perspectivas.
b) É un campo inestábel, na busca do seu obxecto, polo que pode ser máis
incitante ca outros.
C) Distánciase das pretensións de cientificidade da lingüística8,
 O seu obxecto de estudo é o campo dos fenómenos humanos, polo que
non pode pretender un coñecemento obxectivo, senón un coñecemento
intersubxectivo, a verdade construída socialmente (a través do debate).
 Isto non significa que non teña métodos rigorosos.

Algúns exemplos disto deste distanciamento das pretensións de ser unha ciencia son:
1) Prescrición: segundo a sociolingüística, un fenómeno normativo non pode ser
científico porque se funda en valores, pero pode ser estudado cientificamente.
 A sociolingüística avoga por unha normatividade ilustrada, razoada
fronte a unha normatividade prexuizosa e arbitraria.
 A sociolingüística non se desentende da normatividade, como di facer a
lingüística estrutural, da que di:
 que o seu desentendemento pola normativa é falso xa que, por
exemplo, unha gramática estrutural do francés só describe o francés
estándar, de xeito que se toma a parte polo todo e se dá a entender que o
francés verdadeiro é só o normativo.
 que é mellor que asuma que ten un papel na normativa, xa que o non
facelo significa deixar a prescrición sometida a criterios arbitrarios, sen
soporte científico.
2) Patrimonio compartido e coñecemento parcial da lingua:
 Saussure explicita a idea de que todos os falantes teñen un coñecemento
homoxéneo compartido da lingua (patrimonio compartido). Isto está
baseado nunha concepción estática e homoxénea da lingua.
 A sociolingüística parte de que a lingua é un sistema complexo, un
proceso e, polo tanto, é heteroxénea. Deste xeito, ningún falante pode
coñecer a totalidade do sistema e, aínda que poida haber un núcleo
común a tódolos falantes, tamén neste núcleo pode haber diferenzas. Por
exemplo, hai persoas que saben ler e escribir e outras que non; un
enxeñeiro, un mariñeiro e un avogado coñecen rexistros diferentes e,
ademais, pode haber diferenzas no núcleo común entre os tres
(posibelmente o avogado domine mellor a retórica ou o mariñeiro use unha
versión máis dialectal da lingua cós outros dous...)
3) Monolingüísmo e bilingüismo:
 A lingüística científica aceptou de forma implícita o presuposto do
monolingüísmo como situación ideal, considerando anómalos os casos de
contacto lingüístico (tanto individual coma social). Obxectivamente é
8
A lingüística defínese como ciencia, afirmación que a sociolingüística mira con escepticismo.
4
Introdución á Sociolingüística Galega
2007/2008
USC
1. A sociolingüística. Definición, disciplinas fronteirizas, abordaxes e áreas de estudo

máis frecuente o contacto lingüístico có monolingüísmo (ideal procedente


do modelo napoleónico segundo o cal un estado debía ser mononacional e
monolingüe), polo que o que fai é presentar como descrición o que en
realidade é un ideal9. É dicir, incorpora un concepto cultural á súa base,
polo que as conclusións que se deriven diso non poden ser científicas. Así,
o contacto lingüístico, que noutros contextos é contemplado coma unha
riqueza, vese coma un problema porque se opón ao ideal buscado.
 A sociolingüística, pola contra, non admite este prexuízo xa que moitos
dos seus estudos parten do contacto lingüístico, porque o monolingüísmo
non é o habitual. A sociolingüística entende que a realidade social non é só
o que podemos describir dela, senón tamén en como as persoas a ven.

2.3. Cara unha definición


2.3.1. Lingüística variacionista e socioloxía da lingua

A sociolingüística é a suma de:


1) Lingüística variacionista, a sociolingüística en senso estrito.
 Nace da dialectoloxía, cando algúns estudosos son conscientes da
necesidade de botar man de parámetros extralingüísticos para o estudo da
variación:
 Labov se decata de que esta non é dabondo para estudar a variación
lingüística nunha gran cidade coma Nova York (dialectoloxía
urbana), onde tamén hai que ter en conta a estratificación social, o
prestixio etc, ademais do espazo e o tempo.
 W. Weinrich, no seu estudo do contacto lingüístico entre o alemán e
o romance en Suíza decátase tamén de que ten que botar mar de
variables que están fóra da lingua, como é a noción de prestixio.
 Ten como obxecto de estudo a lingua, e necesita recorrer a variables non
lingüísticas para explicar a variación, é dicir, céntrase na lingua e non
problematiza as variables sociais.
2) Socioloxía da lingua: estuda sistematicamente as variables externas de xeito
específico, non problematiza as variables lingüísticas.
A distinción en dous niveis (micro e macro) hérdase da socioloxía:
1) Micro:
 Estúdanse pequenas unidades concretas (un acto lingüístico
concreto).
 Úsanse metodoloxías cualitativas, xa que o obxecto son os axentes,
non o escenario. Os resultados do macro poden axudar a entender o
micro, pero non abondan xa que só son pautas xerais e moitas veces
poden ser incongruentes.
2) Macro:
 É o ámbito clásico de estudo da socioloxía. Estúdanse grandes
comunidades.
 Uso de metodoloxías son cuantitativas, utilízanse ferramentas
estatísticas que nos permitan apreciar as grandes regularidades, os

9
É dicir, é o que se denomina uso performativo, ou o que Althussen chamou interpelación. Descríbese
como real o que se pretende para favorecer os procesos que convertan ese ideal en realidade.

5
Introdución á Sociolingüística Galega
2007/2008
USC
1. A sociolingüística. Definición, disciplinas fronteirizas, abordaxes e áreas de estudo

elementos estruturantes. É unha análise de tipo conceptual que, ao


igual cás ciencias sociais e humanas, pretende entender os feitos (máis
ca explicalos).
As ciencias sociais normalmente comezan con análises a nivel macro,
pero non podemos presupoñer que a estrutura determina as accións dos axentes
(concepción determinista que está en crise), por iso é importante unha análise
cualitativa para explicar mellor isto (como os axentes se sitúan perante a realidade).
Para a sociolingüística a descrición da realidade ten que incluír o xeito no
que os axentes ven a realidade, senón sería incompleta. Para isto non abonda unha
análise cuantitativa, son precisas descricións cualitativas a partir das cales poidamos
facer xeneralizacións. Hai que ter en conta tamén que nos procesos sociais é
fundamental o papel da expectativa, dependente da análise e conceptualización da
situación por parte dos axentes. De aí a importancia das análises cualitativas.

2.3.2. Facetas da sociolingüística


a) Sociolingüística teórica: ten como finalidade a construción dun aparello
teórico e analítico para a categorización dos fenómenos sociolingüísticos e o
establecemento das relacións entre eles de xeito sistemático. Ten, polo tanto,
unha finalidade cognitiva. Exemplo: constitución da noción de diglosia.
b) Sociolingüística descritiva: procura dotarse das ferramentas adecuadas para
a descrición de situacións sociolingüísticas concretas. Son ferramentas de tipo
metodolóxico para a clasificación de datos (relacións, xerarquización...). Ten
tamén unha finalidade cognitiva.
c) Sociolingüística aplicada: ten como finalidade intervir na resolución de
problemas sociolingüísticos usando o coñecemento das dúas anteriores
(finalidade operativa). Porén, non é totalmente práctica, xa que tamén adquire
coñecementos a partir da experiencia.
Estas tres facetas compleméntanse entre si. Nesta materia ímonos centrar
na sociolingüística teórica e, sobre todo, na descritiva.

2.3.3. Situacións monolingües e situacións de contacto lingüístico

Distínguese entre sociolingüística das situacións monolingües e


sociolingüística das situacións de contacto lingüístico, xa que son situacións con
problemas diferentes para os que serán precisos procedementos distintos.

***

Nesta materia ímonos centrar nos seguintes puntos:

socioloxía da lingua
Introdución á nivel macro
Sociolingüística sociolingüística descritiva e teórica
Galega sociolingüística das situacións de contacto lingüístico

6
Introdución á Sociolingüística Galega
2007/2008
USC
1. A sociolingüística. Definición, disciplinas fronteirizas, abordaxes e áreas de estudo

2.3.4. Áreas de estudo

Para explicar as áreas de estudo da sociolingüística podemos partir do


chamado triángulo de Kremnitz, que organiza os fenómenos de interese
sociolingüístico nun triángulo que os clasifica e no que se amosan as relacións entre
eles. Contexto

CONTEXTO
USOS

Comunidade
lingüística

FORMAS
SIGNIFICADOS

HISTÓRICO

a) Formas: refírse á forma da lingua, é a área da lingüística variacionista, a


máis próxima á lingüística. Tamén se inclúen os fenómenos relacionados coa
elaboración da lingua, coma o cultivo ou a estandarización (lingüística
prescritiva).
lingüística variacionista (sociolingüística “estrita”)
Formas
fenómenos de elaboración da lingua

b) Usos: refírense ás funcións socio-comunicativas nun contexto determinado


e que se estudan desde dúas perspectivas complementarias:
1) Ámbitos / dominios de uso10 (máis ideolóxica): son construtos
sociolingüístico que normalmente se corresponden con institucións
sociais nas que son recoñecíbeis pautas de uso lingüístico. Así temos
ámbitos e funcións:
10
É o que os sociolingüistas alemáns denominan dominios de vixencia.
7
Introdución á Sociolingüística Galega
2007/2008
USC
1. A sociolingüística. Definición, disciplinas fronteirizas, abordaxes e áreas de estudo

 Altos: son ámbitos públicos no sque o uso é máis tenso polo, polo
que que a lingua é máis elaborada, é dicir, emprégase un rexistro
formal. No ámbito público a lingua ten:
 máis visibilidade da lingua
 máis potencial de reprodución
 Baixos: son ámbitos máis privados nos que a comunicación é máis
distendida e a lingua menos elaborada, isto é, informal.
2) Tipos de texto ou xéneros do discurso (máis lingüística): cada dominio
de uso dá lugar a un tipo de texto específico, a un xénero do discurso. É
dicir, a lingua está suxeita á elaboración11, unha elaboración que vai da
man das funcións sociocomunicativas que exerce, dos ámbitos de uso nos
que se emprega.
 Hai ámbitos con normas moi ríxidas (ritualizados) e outros con
normas menos ríxidas.
 Son importantes as espectativas comúns, que definen como se
desenvolverá o acto comunicativo.
 A convención dálle sentido ao acto comunicativo e canto máis
interiorizadas estean as normas dese acto máis institucionalizado ou
normalizado está.
 Cómpre ter en conta tamén que o repertorio de funcións é variábel,
xa que os cambios lingüísticos adoitan ir asociados a cambios sociais
que poden derivar na aparición de novas funcións ao longo da
Historia.

c) Significados: a investigación do significado de xeito sistemático é posterior


á dos usos e as formas, do mesmo xeito que acontecera na socioloxía. É un
ámbito ao que remiten nocións que xa se manexaban, como é o caso de:
1) Prestixio (socioloxía):
 Noción introducida por Weinrich, quen a define desde unha
perspectiva funcionalista. Así, di que se define coma o valor que leva
cara a promoción social, é dicir, un valor práctico.
 A anterior é unha definición insuficiente e, aínda que é un concepto
moi debatido, podemos dicir que entendemos que ten prestixio aquilo
que ten a capacidade de suscitar admiración e empuxa á imitación.
2) Actitudes lingüísticas (psicoloxía social): é o posicionamento
subxectivo dun individuo ou grupo, que o predispón, pero non o obriga, a
actuar dun determinado xeito. Non hai unha relación automática entre
actitudes e actuación, xa que existen mediacións entre as ideas e as
condutas. Un tipo concreto de actitude lingüística sería, por exemplo, a
lealdade lingüística.
3) Ideoloxía lingüística (socioloxía crítica): relaciona a lingua e a
identidade12 individual e colectiva, a lingua e o poder... Vai gañando terreo

11
A elaboración é un dos principios da lingüística funcional.
12
Existen nocións esencialistas da identidade (determinismo racial ou xenético no plano individual;
orixe primordialista, nunha comunidade ancestral, no plano colectivo). Por outra banda, podemos
considerar que a construción da identidade é un proceso cambiante no que determinados elementos
teñen un valor atribuído pola sociedade (tanto os elementos coma o valor que se lles atribúe poden
cambiar).
8
Introdución á Sociolingüística Galega
2007/2008
USC
1. A sociolingüística. Definición, disciplinas fronteirizas, abordaxes e áreas de estudo

na actualidade e está vinculada á noción de análise do discurso, porque ao


non termos acceso directo ás ideas, debemos analizalas mediante o
discurso xa que é a materialización das ideas.

d) Comunidade lingüística: é un concepto complexo que define unha


comunidade de falantes en relación con factores coma a organización política,
a tradición histórica, a importancia da lingua na construción da identidade...
Está fortemente vinculado ao contexto histórico, xa que cambio lingüístico13 e
cambio social non se poden separar. Estas son algunhas definicións:
1) J. Lyons di que unha comunidade lingüística é “toda a xente que
emprega unha determinada lingua”, unha definición moi xeral e
incompleta xa que non ten en conta outros elementos culturais e, ademais,
as comunidades pódense solapar.
2) Ch. Hockett di que “cada lingua define unha comunidade lingüística,
pero que esta tamén é o conxunto enteiro de persoas que se comunican
unhas coas outras directa ou indirectamente a través dunha lingua
común”. Introduce o criterio da comunicación, é dicir, para que exista a
comunidade lingüística ten que haber pautas de intercomunicación dentro
dela.
3) L. Bloomfield defínea coma “un grupo de persoas que interrelacionan
por medio da linguaxe”. Está é unha definición moi inespecífica na que só
se ten en conta o criterio da comunicación, xa que os membros da
comunidades poderían comunicarse mesmo a través de linguas diferentes.
4) J. Gumperz dá dúas definicións:
 “Grupo social, monolingüe ou multilingüe unido pola frecuencia das
pautas de interacción social e separado das áreas contiguas pola
frouxedade das liñas de comunicación”. Nesta definición usa o
criterio da comunicación (comunidade de comunicación) en termos
de contraste de densidades, é dicir, é precisa a frecuencia de
interacción.
 “Agregado humano caracterizado pola interacción regular e
frecuente por medio dun campo compartido de signos verbais e
separado doutros agregados sociais por diferenzas significativas no
uso lingüístico”. Neste caso introduce que a chave para definir a
diferenza dunha comunidade con outra está nas diferenzas no uso
lingüístico.

5) W. Labov danos definicións desde dous puntos de vista:

13
O cambio lingüístico vai sempre da man do cambio social e en situación de contacto lingüístico
factores coma o da innovación son moi importantes, xa que a lingua que se asocie a este factor terá
máis posibilidades de gañar terreo. Por exemplo, o galego incorpórase á imprenta moito despois có
castelán, sen embargo case non hai desfase entre o galego e o castelán na súa incorporación a internet,
feito que podemos considerar un síntoma de vitalidade do galego.

9
Introdución á Sociolingüística Galega
2007/2008
USC
1. A sociolingüística. Definición, disciplinas fronteirizas, abordaxes e áreas de estudo

 Punto de vista do observador: “a comunidade lingüística defínese


pola participación nun conxunto de normas de uso lingüístico
partilladas que poden ser observadas en tipos manifestos de
comportamento avaliativo. Defínese tamén pola uniformidade de
modelos abstractos de variación que son invariábeis con respecto a
particulares niveis de uso”. Desta definición tiramos que, malia os
grupos seren complexos e heteroxéneos, existen normas de uso
lingüístico compartidas, é dicir, aínda que os niveis de variación son
moi complexos existen modelos abstractos de variación compartidos
polos individuos.
 Punto de vista dos grupos: “é un grupo de xente que se sente
comunidade nalgún sentido, máis ca un grupo recoñecido só polo
observador”. Nesta definición ten en conta a perspectiva do grupo
que, aínda que manteña a súa cohesión como comunidade, ao longo
do tempo pode usar criterios moi diferentes e darlles distinta
importancia aos mesmos criterios.
6) O grupo Euromosaic manexa o concepto de grupo lingüístico, que
define coma “un grupo social e, en tanto a grupo social, non é senón un
dos moitos grupos sociais que debe considerarse na súa relación
recíproca. O mesmo individuo pode pertencer a máis dun grupo social.
Existen varias bases de identidade social combinadas e solapadas. Poden
coexistir como grupos sociais varios grupos lingüísticos, tendo as persoas
bilingües acceso a máis dun grupo lingüístico e a máis dunha identidade
baseada na lingua. Os grupos sociais poden ser desiguais”. Esta é unha
visión complexa dos grupos sociais que está na liña da socioloxía
contemporánea, unha visión dunha sociedade de redes complexa e
dinámica. Nela os individuos elixen diferentes criterios para definir a súa
identidade social, e eses criterios pódense solapar (idade, sexo,
nacionalidade....)

7) Le Page (Acts of Identity14):


 Concibe os actos de fala coma unha proxección do universo interior
do individuo, que lle dá unha determinada forma lingüística
esperando unha resposta de solidariedade por parte do interlocutor.
É dicir, concibe os actos de fala como actos de identidade, polo que
está vinculando a identidade social co uso lingüístico. Existe unha
focalización da comunidade que move aos membros a comportarse
do xeito esperábel, de xeito que o que o individuo proxecta pode ser
compartido ou non e en función diso pode axustalo ou non ao suposto
compartido.
 Do mesmo xeito, establece unha dialéctica entre a definición dos
grupos e os lingüistas:
 Considera que as linguas en estado natural están en situación
difusa.
 O concepto occidental de lingua sería o resultado dun proceso de
focalización15. É dicir, a identidade colectiva e lingüística (unidas
na nosa cultura) constrúense a través de procesos de focalización.
14
Obra que escribe en colaboración con Tabournet Keller.
15
Le Page estuda a zona de Belice, un territorio sen identidades icónicas lingüísticas nin sociais.
10
Introdución á Sociolingüística Galega
2007/2008
USC
1. A sociolingüística. Definición, disciplinas fronteirizas, abordaxes e áreas de estudo

 Así, os lingüistas son axentes da focalización xa que extraen


cadeas (textos) que consideran unha boa base e constrúen a partir
delas modelos de comportamento lingüístico (gramáticas). Existen
textos e falantes especialmente prestixiosos que adoitan ser a base e
o público privilexiado dos gramáticos. Deste xeito dáse un proceso
de reificación da lingua (lingua totémica), convértese un proceso
nun obxecto (a lingua en gramática).

Seguindo o razoamento de Le Page, temos que falar das (pre)condicións


necesarias para que se produzan fenómenos de cambio de condutas lingüísticas por
parte dos individuos con respecto á comunidade e dos mecanismos sociais que
favorecen os procesos de focalización:

a) (Pre)condicións / pasos necesarios para o cambio de condutas lingüísticas


por parte do individuo con respecto á comunidade:

1) Capacidade do individuo para identificar os grupos a través dos trazos


lingüísticos que os definen. Nesta liña está a diferenciación entre
recoñecemento e coñecemento (implícita na proposta de Le Page) que fai
Pierre Bourdieu16, quen distingue entre:
 A educación como “formación de suxeitos” (máis frecuente nos
primeiros anos), consistente en que o individuo interiorice os esquemas
de valores considerados adecuados socialmente, é dicir, que os recoñeza.
Isto desde o punto de vista lingüístico supón o recoñecemento das formas
de lingua lexítimas como lexítimas.
 A educación como instrución (máis frecuente no ensino secundario),
como transmisión do coñecemento. Isto supón desde a perspectiva da
lingua comprendela e aprender a manexala (xergas específicas).

Así, respecto do sistema educativo anterior ao franquismo dicíase que aos galegofalantes non lles
daba tempo a aprender o castelán, pero si a aprender que o galego estaba mal falado. É dicir, había
recoñecemento das formas lexítimas e non lexítimas, pero non coñecemento (do castelán, neste
caso).

2) Acceso á interacción verbal / ocasións de contacto.


3) Capacidade para a análise adecuada das propias pautas de comportamento,
condición que xa está implícita nas dúas anteriores.
4) Motivación forte para integrarse aprendendo a lingua ou conduta lingüística,
que se pode ver reforzada ou freada en función da resposta dada polo grupo.
Ademais complementa noción a de actitude no sentido de que a motivación é
unha predisposición máis racional, mentres que a actitude é unha
predisposición máis irracional (prexuízos).

5) Capacidade para modificar a conduta lingüística (competencias e destrezas).

Por exemplo, para que un galegofalante incorpore o castelán á súa conduta lingüística ou o adopte
como lingua usual son necesarias todas estas condicións: ten que recoñecer o castelán e os grupos
16
Ce que parler veut dire : l'économie des échanges linguistiques (¿Qué significa hablar? : economía
de los intercambios lingüísticos )

11
Introdución á Sociolingüística Galega
2007/2008
USC
1. A sociolingüística. Definición, disciplinas fronteirizas, abordaxes e áreas de estudo

que o utilizan, necesita que se dean ocasións de contacto, precisa dunha motivación e ten que ter
competencia.

Na situación galega danse por supostas todas estas condicións en moitos casos. Porén, isto non é así
xa que non sempre houbo ocasións de contacto (créanse, por exemplo, na escola) nin motivacións
para adoptar o castelán. Así, unha das motivacións máis importantes sería a da mobilidade social,
pero temos que ter en conta que non sempre foi posíbel a mobilidade social.

b) Mecanismos sociais que favorecen os procesos de focalización:

1) Interacción intensa entre os individuos (criterio da comunicación).


2) A existencia dun modelo poderoso (un líder, un escritor, un grupo de prestixio,
escritos de prestixio).
3) Totemización e institucionalización da lingua.
4) Sistema educativo non homoxéneo no que a lingua institucionalizada ten un
papel central.
5) Sensación de ameaza ou perigo exterior que suscita o sentimento dunha causa
común.

12
Introdución á Sociolingüística Galega
2007/2008
USC