Está en la página 1de 2

1.

Introdución

1. Historia externa e lingüística histórica


a) A Historia (externa) da lingua estuda a lingua en relación aos procesos
históricos que condicionan os falantes da mesma.
b) A Lingüística histórica, Gramática histórica1 ou Historia interna estuda a
lingua a través do tempo, a evolución das palabras sen atender ás circunstancias
históricas nas que se desenvolve.
É Yakov Malkiel o que usa por primeira vez os termos de Historical
linguistic (Lingüística histórica) e Language history (Historia lingüística ou Historia
da lingua2). Son dúas disciplinas diferentes, pero que se poden axudar mutuamente.

2. Diglosia funcional e diglosia social

2.1. Historia do termo diglosia


1) Charles A. Ferguson foi o primeiro en empregar o termo, no artigo
“Diglossia” (1959) publicado na revista Word. Úsao para referirse á situación
do mundo árabe a comezos do séculos XX, no que conviven:
 Unha lingua A: árabe coránico, variedade culta, lingua aprendida.
 Unha lingua B: árabe popular, lingua nativa de tódolos falantes.
Neste caso as dúas linguas conviven en harmonía, A non ameaza a B porque as
dúas linguas pertencen a tódolos falantes. Isto é o que se denomina diglosia
funcional.
2) John J. Gumperz (1961) matiza o concepto dicindo que a diglosia non só se
restrinxe a sociedades nas que existen dúas linguas, senón que tamén emprega
o termo para distinguir os niveis culto e popular dunha mesma lingua.
3) J. Fishman (1964) pon en relación a diglosia co bilingüismo, termos
aplicábeis a persoas (de xeito individual) e lugares. Di que as situacións que se
poden dar son:
 Diglosia e bilingüismo: as linguas desempeñan papeis diferentes, pero
tódolos falantes teñen acceso ás dúas.
 Bilingüismo sen diglosia: propia de comunidades nas que se dan cambios
na poboación. Exemplo: os italianos que viven en Nova York usan a súa
lingua materna e van aprendendo a outra lingua.
 Nin bilingüismo nin diglosia: daríase nunha hipotética comunidade
pequena con moi poucas diferenzas sociais, pero é pouco común que no
espazo dun estado haxa unha soa lingua.
 Diglosia sen bilingüismo: dúas linguas conviven nun espazo común. É
propio de sociedades con clases sociais moi afastadas nas que case non hai
contacto entre os grupos sociais.

Outra posíbel situación é a do conflito lingüístico.

1
O termo gramática emprégase en ocasións como sinónimo de morfosintaxe, o que dificulta a
definición do concepto. Ás veces gramática e lingüística confúndense.
2
O termo Historia da lingua é máis transparente.
1
Historia Externa da Lingua Galega
2007/2008
USC
1. Introdución

2.2. Diferenzas entre a diglosia funcional e a diglosia social

Diglosia funcional (endodiglosia) Diglosia social (exodiglosia)


1. Variedades: 1. Variedades:
- A - A: alóctona
- B - B: autóctona
2. Distribución por funcións en tódolos
falantes, polo que non ha falantes nativos de 2. Distribución social (que non impide o
A. uso por funcións). Hai falantes nativos de A.

3. Hai conflitividade lingüística, polo que


pode haber substitución lingüística:
3. Non hai conflitividade lingüística
- B  A, a máis frecuente
porque non hai substitución lingüística.
- A  B, en etapas de reivindicación
lingüística.
4. Situación dinámica, proceso dinámico
4. Situación estática, proceso estanco.
asociado a elementos funcionais.

3. Procesos de (re)afirmación lingüística


Danse dentro da diglosia social. Nestes procesos distínguense dous
momentos:
1) Asimilación lingüística de A sobre B, que pode ser:
 dos falantes (procesos de substitución lingüística), é dicir, a lingua B cada vez
é usada en menos contextos;
 da lingua: contaminación lingüística de A sobre B (léxica, morfolóxica...). É
máis fácil que se dea entre linguas etimoloxicamente emparentadas.
2) (Re)afirmación lingüística, que pode levar consigo:
 recuperación de falantes e funcións en favor de b;
 rexeneración lingüística (“purismo”).

2
Historia Externa da Lingua Galega
2007/2008
USC