Está en la página 1de 18

Brinquedia

brinquedia@gmail.com
www.brinquedia.net

ESTATUTOS
ACTA DA ASAMBLEA
FUNDACIONAL
No concello de Riotorto, nos locais da Casa da Cultura, sitos na rúa
Circunvalación, s/n, ás 12 horas do 27 de marzo de 2005, reunen-se as
seguintes persoas, todas elas maiores de idade e con nacionalidade
española,

- Juan José Méndez Martínez, con D.O.I. nº 76.506.236-W, con enderezo na R/


Brinquedia Catasol, 36 (15800 – MELIDE- A Coruña), en representación da Asociación
brinquedia@gmail.com
Galega do Xogo Popular e Tradicional, con C.I.F. nº G-15.922.396, con
www.brinquedia.net
enderezo na R/ Nova, 2 – 1º - 15821 – ARCA - O PINO (A Coruña)
- Xosé Lois Vázquez Pardo, con D.O.I. nº 34.986.368 X, con enderezo na R/
Bernardo González (Cachamuiña), 6 – 1º esqdo. (32004 – OURENSE), en
representación da Asociación de Viciños e Viciñas d’As Eiroás, con C.I.F. Nº
G-32.118.127, con enderezo na R/ dos Chaos, s/n – 32001 - OURENSE
- Xosé Lois Vázquez Pardo, con D.O.I. nº 34.986.368 X, con enderezo na R/
Bernardo González (Cachamuiña), 6 – 1º esqdo. (32004 – OURENSE), como
Delegado de José Araújo Fernández, en representación do Concello de
Ourense, con C.I.F. nº P-3205500-F, con enderezo na Praza maior s/n 32005 -
OURENSE
- Ángel López Eiriz, con D.O.I. nº 33.828.603 L, con enderezo na R/ Iglesia, 40
– 5º B (15009 – A CORUÑA), como Representante da Asociación Recreativa
Cultural dos Amigos de Sta. Comba de Órrea (ARCASCO), con C.I.F. nº G-27
310051, con enderezo na Órrea, nº 2 – 27285 – RIOTORTO (Lugo)
- Francisco Xavier Paz Garza, con D.O.I. nº 34.949.579 K, con enderezo na R/
das Tendas, nº 1 – 4º (32005 – OURENSE), en Representación da Livraria
Torga, de Ourense. con C.I.F. 34.949.579-K, con enderezo na R/ da Paz, 12 –
32005 - OURENSE
- Antón Cortizas Amado, con D.O.I nº 32.612.004 M, con enderezo na R/
Pardiñas, 5-7 – 4º D (FERROL)
- Uxío Breogán Diéguez Cequiel, con D.O.I. nº 34.267.401 T, con enderezo na
Avda. Pontevedra (Edif. Riazor), 6 – 5ºA (NOIA).
- Xosé Xabier López García, con D.O.I. nº 32.421.197 Y, con enderezo no
Lugar de Cardeita, 5 – 1º (CABANAS)

ACTA FUNDACIONAL DE BRINQUEDIA, A REDE GALEGA DO XOGO TRADICIONAL


- José Baño Fernández, con D.O.I. nº 76.536.514 N, con enderezo na R/ do
Río Ouro, 16 (BURELA)
- Francisco Manuel Veiga García, con D.O.I. nº 33.251.405 Y, con enderezo na
R/ Nova, 2 – 1º (15821 – ARCA-O PINO)
- Daniel Pino Couñago, con D.O.I. nº 76.889.813 P, con enderezo no Lugar de
Ribeira de Creo – Esteiro, 65 (MUROS)
- Secundino García Mera, con D.O.I. nº 32.600.687 G, con enderezo en
Vilarón, 5 (A CAPELA)
- Javier Rico Díaz, con D.O.I. nº 33.347.023 J, con enderezo no Lugar de
Santalla, 16 (A PONTENOVA)

Todos/as eles/as con plena capacidade de obrar, libre e voluntariamente


acordan constitur a ASOCIACIÓN CULTURAL BRINQUEDIA – REDE GALEGA
DO XOGO TRADICIONAL, de acordo co establecido na lexislación vixente,
cos fins que se expresan nos seus Estatutos.

Brinquedia
brinquedia@gmail.com A tal fin redactan-se e asinan-se os Estatutos da ASOCIACIÓN CULTURAL
www.brinquedia.net BRINQUEDIA – REDE GALEGA DO XOGO TRADICIONAL segundo o
establecido nas leis vixentes, que se elevan coa presente Acta á Autoridade
competente para o seu visado e inscripción nos Rexistros Oficiais
correspondentes.

Fixeron chegar, igualmente, a súa adhesión explícita á iniciativa as seguintes


entidades:
Asociación Deportiva da Chave de Ourense.
Fato Cultural Os Chaos, de Amoeiro.
CEIP Mosteiro de Caaveiro, d’A Capela.
Colectivo Murguía, Revista Galega de Historia.
Asociación Galega de Historiadores/as.
IES de Melide.
CEIP Ricardo Tobío, de ESTEIRO- MUROS
Centro Social Atreu!, d’A Crunha.
Asociación de Amigos da Dorna, d’A Illa de Arousa.
Associação Sócio-Pedagógica Galaico-Portuguesa.
Foula Cultural.
Museo Pedagóxico de Galiza (MUPEGA).
Centro de Estudos Otero Pedrayo – Xeración Nós.
Coordenadora Pro-Natureza Ourensá.
Asociación Cultural Orballo, d’O Carballiño.
Asociación Cultural Terra de Melide.
IES Chamoso Lamas, d’O Carballiño.

ACTA FUNDACIONAL DE BRINQUEDIA, A REDE GALEGA DO XOGO TRADICIONAL


Asociación Cultural Choupana, de Amoeiro.
CEIP San Gregorio, de Carnota.
Agrupación Cultural Auriense
Museo da Limia.
Concello de Vilar de Santos.
Centro de Cultura Popular do Limia
Asociación Cultural O Varal, de Ribadeo.
Ponte ...nas Ondas!
Federación Galega pola Cultura Marítima
Movemento de Renovación Pedagóxica Nova Escola Galega.

Do mesmo xeito, acordan nomear a seguinte Xunta Directiva:


Xosé Lois Vázquez Pardo, como PRESIDENTE
Brinquedia
brinquedia@gmail.com Xosé Xabier López García, como VICE-PRESIDENTE
www.brinquedia.net Francisco Manuel Veiga García, como SECRETARIO
Ángel López Eiriz, como TESOUREIRO
Antón Cortizas Amado, como VOGAL 1
Daniel Pino Couñago, como VOGAL 2
Javier Rico Díaz VOGAL 3
José Baño Fernández VOGAL 4

En Riotorto a 27 de marzo de 2005

ACTA FUNDACIONAL DE BRINQUEDIA, A REDE GALEGA DO XOGO TRADICIONAL


CAPÍTULO I
DA ASOCIACIÓN EN XERAL

Artigo 1°.- Coa denominación de Brinquedia - Rede Galega do Xogo Tradicional


constitúese, sometida ao réxime asociativo establecido na Lei Orgánica 1/2002,
de 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociacións, e demáis lexislación que
lle for aplicábel, unha asociación que agrupa a aquelas entidades individuais e
colectivas que teñan –entre os seus obxectivos xerais- a formación, a xestión, a
promoción e/ou a defensa dos xogos e deportes tradicionais e populares
Brinquedia galegos.
brinquedia@gmail.com
www.brinquedia.net Artigo 2°.- Son fins principais da Asociación:
Divulgar as actividades e iniciativas derivadas de cada unha das
entidades
pertencentes á Rede e, en xeral, cualquer iniciativa de
recuperación e/ou promoción
das prácticas lúdicas tradicionais.
Realizar actividades de formación e divulgación.
Promover a investigación do patrimonio lúdico tradicional.
Canalizar os trámites administrativos dos/as socios/as que o
requiran.
En xeral, favorecer o desenvolvemento e a práctica dos xogos e
deportes tradicionais e populares galegos.

Artigo 3°.- Para o cumprimento destes fins, a Asociación promoverá e organizará


as actividades que a continuación se relacionan, aténdose á lexislación vixente:
Creación dunha rede de información e divulgación sobre as
actividades lúdicas populares e tradicionais.
Promoción da posta en marcha de asociacións ou entidades de
ámbito local ou comarcal.
Organización de Encontros, conferencias, congresos e, en xeral,
cualquer tipo de actividades que contribúan á consecución dos
fins perseguidos polas diferentes entidades.
Promoción do inventariado dos xogos e deportes populares e
tradicionais galegos.
Promoción do estudo científico das prácticas lúdicas tradicionais.

ESTATUTOS DE BRINQUEDIA, A REDE GALEGA DO XOGO TRADICIONAL


Difusión plena do catálogo lúdico tradicional a través de diversos
soportes.
Desenvolvimento de programas educativos.
Apoio a constitución de federacións deportivas en cualquer a
isciplina deportiva tradicional.
Realización dunha proposta lexislativa sobre o Património lúdico
tradicional.
Promoción do museísmo lúdico.
Realización de actividdaes de formación para persoal
especializado.
Creación de ludotecas especializadas no catálogo lúdico
tradicional.
En xeral, cualquer actividade que permita o desenvolvemento dos
fins perseguidos pola Asociación.

Brinquedia Artigo 4.- Como Asociación sen ánimo de lucro, os benefícios que se obteñan por
brinquedia@gmail.com
cualquer conceito destinaranse exclusivamente ao cumprimento destes fins sen
www.brinquedia.net
que se poidan repartir entre os asociados nen outras persoas físicas ou xurídicas
con interese lucrativo.

Artigo 5°.- O domicilio social provisorio da Asociación radicará na localidade de


Ourense, na RÚA DOS CHAOS, S/N (ANTIGO LAVADOIRO), Código Postal nº
32001, correo electrónico xogospopulares@xogospopulares.com.
Poderanse empregar outros locais asociativos adicionais noutras cidades,
mediante acordo da Asemblea Xeral, que terá atribucións para mudar, tanto o
domicilio como os locais, dando conta do seu acordo ao Organismo encarregado
do Rexistro de Asociacións.
Para os efeitos de comunicacións e notificacións sinálase como preferente o
enderezo enriba sinalado.

Artigo 6°.- A Asociación en funcións dos seus fins e da ubicación do seu domicilio
social, exercerá fundamentalmente as súas actividades no ámbito territorial da
Galiza.

Artigo 7° .-
1. A duración desta Asociación é de carácter indefinido e só se
disolverá, conforme a estes Estatutos, pola vontade dos/as
asociados/as expresada en Asemblea Xeral Extraordinaria (en
adiante A.X.E.) ou polas causas previstas na lexislación vixente.
2. A Asociación rexerase segundo os principios democráticos
contidos no marco da Constitución e do resto do ordenamento
xurídico.

ESTATUTOS DE BRINQUEDIA, A REDE GALEGA DO XOGO TRADICIONAL


CAPÍTULO 2
DOS/AS SOCIOS/AS

Artigo 8°.- Poderán ser membros activos/as da Asociación todas aquelas persoas
ou entidades fisÍcas ou xurídicas, con plena capacidade de obrar, que dalgún
xeito teñan interese en servir os fins da mesma e sexan admitidas pola Xunta
Directiva (en adiante, X.D.). Así mesmo, a Asemblea Xeral (en adiante, A.X.),
poderá outorgar o nomeamento honorário ás persoas ou entidades que estime
oportuno –polo seu traballo relevante no eido dos xogos tradicionais-, a título
Brinquedia meramente honorífico, sen que isto leve consigo a condición xurídica de sócio/a.
brinquedia@gmail.com
www.brinquedia.net Artigo 9º.- En arranxo ao artigo anterior, poderán ser socios/as de BRINQUEDIA:
Persoas físicas
Asociacións de cualquer índole
Centros de ensino
Organismos oficiais
Empresas
Cualquer outra organización que recolla entre os seus fins a
defensa e promoción do patrimonio lúdico e da cultura
tradicional.

Artigo 10°.- Dentro da Asociación poderán existir as seguintes clases de


asociados/as:
a. Fundadores/as, aquelas persoas ou entidades que subscribiron a
Acta Fundacional.
b. Numerarios/as, aquelas persoas ou entidades que ingresaron con
posterioridade á subscrición da Acta Fundacional.
c. Honorarios/as, aquelas persoas ou entidades que, a xuízo da A.
X., axuden de xeito notábel ao desenvolvimento dos fins da
asociación.

Artigo 11°.- Os/as asociados e asociadas ten os seguintes direitos:


Asistir e participar con voz e voto, nas Asembleas Xerais.
Estar informado da marcha da Asociación e das súas actividades.
Participar nas actividades que promova a Asociación e nos actos
sociais que organize para todos/as os/as sócios/as.

ESTATUTOS DE BRINQUEDIA, A REDE GALEGA DO XOGO TRADICIONAL


Ser eleitor/a e elexíbel para a formación da X.D. da Asociación, de
conformidade co artigulado destes Estatutos.
Coñecer o contido dos Estatutos, así como os acordos adoitados
polos órgaos directivos.
Ser apoiados/as pola Asociación nos seus dereitos legais como
tales membros.
Intervir na decisión dos asuntos da Asociación por meio de
mocións e censuras que serán prantexadas por escrito perante a
X.D.
Que se lle poña de manifesto o estado de contas e ingresos e
gastos da Asociación tódolos anos, así como o desenvolvemento
da súa actividade.

Brinquedia Artigo 12°.- Son obrigas dos asociados e das asociadas:


brinquedia@gmail.com
Acatar os presentes Estatutos e os acordos válidamente
www.brinquedia.net
adoitados pola A.X. e a X.D.
Aboar as cotas que acorde a X.D.
Desempeñar fielmente as obrigas inherentes ao cargo que
ostenten.
Apoiar e promocionar as actividades que organice a Asociación.
Absterse de realizar a título persoal, ou no nome da Asociación,
acto algún análogo aos exercitados pola Asociación en beneficio
común, sen a previa comunicación e autorización da X.D.
Aportar os informes que a Asociación lle solicite, en defensa dos
direitos dos/as asociados/as, referente a matérias que non sexan
reservados legalmente.
Apoiar e defender os intereses da Asociación e do Patrimonio
lúdico galego, en cualquer tema apresentado pola A.X. ou pela
X.D.
Artigo 13°.- Os/as asociados e asociadas honorarios non intervirán na dirección da
Asociación nen nos órgaos de representación da mesma, aínda que están
faculdados para asistir ás Asembleas Xerais con voz, pero sen voto.

Artigo 14º.- Os acordos de admisión de asociados e asociadas serán tomados pola


X.D., unha vez recebida a petición escrita da persoa ou entidade que desexa ser
admitida. No caso de menores de idade e persoas que actúen através de
representante a solicitude deberá ser autorizada polo representante, nai/pai ou
titor/a do/a solicitante, quen acompañará unha acreditación da identidade do
mesmo.

ESTATUTOS DE BRINQUEDIA, A REDE GALEGA DO XOGO TRADICIONAL


No caso dunha asociación, centro de ensino, organismo oficial, empresa, etc...,
achegarán ao escrito de admisión unha copia selada do acordo expreso do seu
órgao competente ou do seu órgao reitor no que manifeste o seu desexo de
adhesión a BRINQUEDIA, así como a designación dos seus representantes.
Na A.X. as entidades terán dereito a designar até un máximo de 2 representantes.

Artigo 15°.- A condición de asociado/a, tanto para entidades como para membros a
título individual, pérdese:
Por vontade propia.
Por falla de pagamento nas cotas.
Pola realización de accións que perxudiquen gravemente os
intereses da Asociación.
Brinquedia Por expediente disciplinario.
brinquedia@gmail.com
www.brinquedia.net Artigo 16°.- A expulsión de asociados e asociadas será acordada pola X. D., previa
audiencia do/a interesado/a ou do/a máximo/a responsábel da entidade. O
acordo de expulsión deberá ser ratificado pola A.X.E. e contra da súa resolución
poderase recurrir ante a xurisdicción ordinaria. Cando a baixa se produza por
vontade dun/unha asociado/a, éste/a deberá realizar unha petición escrita e
procederá ao aboamento previo de todas as cotas que tiver pendentes.

Artigo 17°.- Os/as asociados/as poderán pedir a separación temporal por escrito. A
Xunta Directiva poderá acordar a separación temporal dun/ha asociado/a cuando
se esté tramitando un expediente sancionador, ou concurran causas xustificadas
que o aconsellen, tales como a demora no pagamento dalgunha cota, ou
comportamentos que afecten á boa marcha dalgún dos fins da Asociación. O
expediente sancionador recollerase no Regulamento de réxime interno, mais en
todo caso a Resolución poderase recorrer perante a xurisdicción ordinaria.

ESTATUTOS DE BRINQUEDIA, A REDE GALEGA DO XOGO TRADICIONAL


CAPÍTULO III
DOS ÓRGAOS DA ASOCIACIÓN
Artigo 18°.- A dirección e administración da Asociación serán exercidas polo/a
Presidente/a, a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral.

Artigo 19°.- O/A Presidente/a da Asociación asume a representación legal da


mesma e executará os acordos adoitados pola X.D. e a A.X., presidindo as
sesións que celebre unha e outra.

Brinquedia Artigo 20°.- A Xunta Directiva estará formada por un/ha Presidente/a, un/ha
brinquedia@gmail.com
Vicepresidente/a, un/ha Secretário/a, un/ha Tesoureiro/a e un máximo de 4
www.brinquedia.net
Vogais.

Artigo 21º.- Poderán ser membros da X.D. todos/as aqueles/as socios/as ao


corrente no pagamento da cota e con unha antigüidade mínima de UN ANO como
membro da Asociación.
O disposto no párrafo anterior non será de aplicación á primeira X.D. que se
constitúa.
Os/as socios/as poderán presentar candidaturas individuais ou colectivas ante a
A.X. contabilizando os votos que reciban os seus membros segundo as
disposicións legais vixentes e as estipulacións regulamentarias que se acorden.

Artigo 22°.- Os cargos que compoñen a X.D. non serán remunerados, sen prexuizo
do direito a seren reembolsados dos gastos debidamente xustificados, e deberán
carecer de interese económico nos resultados da actividade por si mesmos ou
por persoa interposta.
Os cargos serán elexidos pola A.X. e durarán un período de 2 anos, aínda que
poden ser obxecto de reelección indefinidamente. Os cargos da X.D. renovaran-
se por metade. No primeiro turno serán renovados/as o/a Vicepresidente/a, o/a
Tesoureiro/a e un Vogal e no segundo, ao ano seguinte, o/a Presidente/a, o/a
Secretário/a e o/a outro/a Vogal. O primeiro mandato dos cargos do segundo
turno de renovación durará 1 ano máis.
O persoal de administración, se o houber, será nomeado pola X.D., que acordará
ademáis a súa retribución.

ESTATUTOS DE BRINQUEDIA, A REDE GALEGA DO XOGO TRADICIONAL


Artigo 23º.- Os cargos da X.D. poderán cesar polos seguintes motivos:
Por extinción do seu mandato.
Por renuncia voluntaria, expresada por escrito ante a A.X.
Por incumprimento das tarefas atribuidas no artigo 24 dos
presentes Estatutos.

Artigo 24°.- É función da X.D. programar e dirixir as actividades asociativas, elevar


a xestión administrativa e económica da Asociación, someter á aprobación da
A.X. o orzamento anual de ingresos e gastos, así como o estado de contas do ano
anterior.
Así mesmo procederá a convocar e fixar a data da A.X., fixar as cotas ordinarias
e extraordinarias que se aproben, designar as Comisións de traballo ou seccións
que se estimen oportunas para o bon funcionamento da Asociación, dictar
Brinquedia normas interiores de organización e exercer cantas funcións non estean
brinquedia@gmail.com
expresamente asignadas á A.X.
www.brinquedia.net
Corresponderalle tambén todas aquelas outras actividades que lle sexan
transferidas pola Asembleia.

Artigo 25°.- A Xunta Directiva celebrará as súas sesións cantas veces o determine
o/a Presidente/a ou o/a Vicepresidente/a, a iniciativa propia ou a petición de
cualquer dos/as seus/súas compoñentes. Será presidida polo/a Presidente/a e,
na súa ausencia, polo/a Vicepresidente/a ou o/a Secretário/a, -por esta orde e, na
falla de ambos, polo/a membro da Xunta que teña máis idade. Para que os
acordos da Xunta Directiva sexan válidos deberán ser adoitados pola maioría de
votos dos asistentes, sendo precisa a concorrencia, polo menos, de catro dos/as
seus/súas membros. No caso de empate decidirá o voto do/a Presidente/a.
O/a Secretario/a ou, no seu defeito, o/a Vicepresidente/a levantará acta das
sesións que se transcribirá ao libro de actas.

Artigo 26°.- Os membros da Xunta Directiva presidirán as comisións que a propia


Xunta acorde constituir, co fin de delegar nelas a preparación de determinados
actos ou actividades, ou de recabar das mesmas as informacións precisas.
Formarán parte, ademáis, das ditas comisións o número de vogais que acorde a
X.D., a proposta dos/as seus/súas respeitivos/as presidentes/as.
Cuando as necesidades o aconsellen, a X.D. poderá acordar que as comisións se
desdoblen en subcomisións.

ESTATUTOS DE BRINQUEDIA, A REDE GALEGA DO XOGO TRADICIONAL


Artigo 27°.- A Asemblea Xeral de asociados e asociadas é o órgao de expresión da
vontade da Asociación e estará formada por todos/as os/as integrantes da
mesma. O/a Presidente/a e o/a Secretário/a da Asembleia serán os mesmos que
os da Xunta Directiva.

Artigo 28°.- A Asemblea Xeral reunirase con carácter ordinario como mínimo unha
vez ao ano, e con carácter extraordinario cuantas veces acorde a X.D., ou o
soliciten o 10% dos/associos/as. Neste último caso realizará-se polo meio de
escrito dirixido ao/á Presidente/a, autorizado coas firmas dos/as solicitantes, no
que se expoña o motivo da convocatoria e a orde do día.

Artigo 29°.- A Asemblea Xeral Ordinaria reunirase necesariamente dentro dos seis
primeiros meses de cada ano. Tanto a Asemblea Ordinaria corno a Extraordinaria
Brinquedia serán convocadas con 15 días de antelación polo/a Presidente/a da Xunta
brinquedia@gmail.com Directiva.
www.brinquedia.net A notificación farase nos locais da Asociación para as Asembleas Ordinarias e no
domicilio dos/as asociados/as para as Asembleas Extraordinarias. Nos dous
casos, a convocatoria tamén se efectuará por correo electrónico e/ou
convencional.

Artigo 30°.- Serán competencias da Asemblea Xeral Ordinaria:


Aprobar a Acta da reunión anterior.
Aprobar o plan de actividades.
Examinar e aprobar a memoria de actividades.
Examinar e aprobar as contas e balanzos do exercizo anterior.
Aprobar os presupostos de ingresos e gastos para cada exercizo.
Exame e aprobación das contas.

Artigo 31°.- Serán competencias da Asemblea Xeral Extraordinaria:


Modificar os Estatutos da Asociación.
Aprobar a federación con outras Asociacións.
Autorizar o alleamento, gravame ou hipoteca de bens sociais.
Acordar a disolución da Asociación.
Designar os/as liquidadores/as.
Ratifícar a expulsión de asociados e asociadas a proposta da
Xunta Directiva.
Elexir e cesar aos integrantes da Xunta Directiva.
Aprobar o ingreso de novas entidades ou persoas.
Solicitar a declaración de utilidade pública da Asociación.Aprobar
o regulamento de réxime interno da Asociación.

ESTATUTOS DE BRINQUEDIA, A REDE GALEGA DO XOGO TRADICIONAL


As que sendo de competencia da Asemblea Ordinaria, por razóns de urxencia ou
necesidade, non poidan agardar a súa convocatória, sen grave perxuizo para a
Asociación.
Todas as non conferidas expresamente á Asemblea Xeral Ordinaria ou á Xunta
Directiva.

Artigo 32°.- Para que as Asembleas poidan tomar acordos, integraranse polos/as
asociados/as asistentes, sempre que concorran a metade máis un do total na
primeira convocatoria ou transcorrida meia hora en segunda convocatoria, con
cualquer número de asistentes.

Artigo 33°.- Os acordos adoitados deberán ser polo voto afirmativo da maioría
Brinquedia simple dos/as asistentes ou representados/as, agás os relativos aos apartados 1
brinquedia@gmail.com ao 6 do artigo 31, que requerirán maioría de dous tercios. A continuación
www.brinquedia.net levaranse os acordos ao livro de Actas e asinará o/a Presidente/a e o/a
Secretario/a da Asemblea. A acta deberá ser lida na seguinte sesión celebrada
pola Asemblea Xeral e aprobada por maioría.

Artigo 34°.- Os acordos adoitados conforme os preceptos anteriores obrigarán a


todos/as os/as asociados/as, mesmo aos/ás non asistentes.
As sesións abriranse cando así o determine o/a Presidente/a. Seguidamente
procederase por parte do/a Secretario/a á leitura da Acta da Asemblea anterior
que deberá ser aprobada.
Posteriormente o/a Secretario/a procederá a prantexar a orde do día. Cada ponto
será informado polo membro da X.D. que lle corresponda, procedendose á
aprobación nos termos contidos nestes Estatutos, segundo a materia de que se
trate.
Unha vez rematados todos os asuntos da orde do día procederase, se a
presidencia o considera oportuno ou o solicitan un 10% dos/as asociados/as
inscritos no libro de membros a facer un turno de rogos e preguntas e adopción
de acordos, concluido o cual erguerase a sesión pola parte do Presidente.

Artigo 35°.- Os acordos que vaian contra estes Estatutos ou infrinxan os fins da
Asociación poderán ser recurridos en reposición perante a Asemblea Xeral. A
partir da resolución do recurso de reposición, ficará expedita a vía para recurrir
perante a xurisdicción ordinária.

ESTATUTOS DE BRINQUEDIA, A REDE GALEGA DO XOGO TRADICIONAL


Artigo 36°.- O/A Presidente/a da Xunta Directiva terá, ademáis das faculdades
consignadas no artigo 17, as seguintes atribucións:
a) Presidir e erguer as sesións que celebre a Xunta Directiva e a
Asemblea Xeral, dirixir as deliberacións dunha e outra, decidindo
con voto de calidade, en caso de empate.
b) Propoñer o plan de actividades da asociación á Xunta Directiva,
impulsando e dirixindo as súas tarefas.
c) Ordenar os pagamentos acordados validamente.
d) Representar á Asociación ante cualquer organismo público ou
privado.
e) Asinar as actas, certificados, pagamentos e outros documentos
da Asociación xunto co/a Secretario/a ou membro da X.D. a quen
lle corresponda a elaboración o documento de que se trate.
Brinquedia
brinquedia@gmail.com O/A Presidente/a será asistido nas súas funcións por un/ha Vicepresidente/a, que
www.brinquedia.net ademáis, o sustituirá nos casos de vacante; ausencia ou enfermidade.

Artigo 37°.- O/A Secretario/a recebirá e tramitará as solicitudes de ingreso, levará o


ficheiro e o libro rexistro de asociados/as e terá ao seu cargo a dirección dos
traballos administrativos da Entidade. Correspóndelle asi mesmo notificar as
convocatorias e custodiar as actas e expedir certificacións das mesmas co visto
e praze do/a Presidente/a.
Ao/á Secretario/a corresponde-lle tambén levar o inventario dos bens da
asociación nun libro establecido ao efeito.

Artigo 38°.- O/A Tesoureiro/a recadará e custodiará os fondos pertencentes á


Asociación, dará cumprimento ás ordes de pagamento que expida o/a
Presidente/a, dirixirá a contabilidade da Asociación, tomará razón e levará conta
dos ingresos e dos gastos asociativos, participando en todas as operacións de
orde económico .
O/A Tesoureiro/a ten, a obriga de proceder ao feche do exercizo presupostario
antes do 15 de dezembro, coa fin de que as contas estén á disposición dos/as
membros da Asociación nos quince días anteriores á celebración da Asemblea
Ordinaria.

Artigo 39°.- Os/as Vocais no número que determine a Asemblea Xeral terán as
seguintes atribucións:
Realizar programas e propostas na súa área de actuación.
Desempeñar os traballos que lle sexan encomendados pola Xunta
Directiva.

ESTATUTOS DE BRINQUEDIA, A REDE GALEGA DO XOGO TRADICIONAL


CAPÍTULO IV
RÉXIME ECONÓMICO
Artigo 40°.- A Asociación no momento de iníciar as súas actividades carece de
patrimonio. O feche do exercizo económico coincidirá co do ano natural.

Artigo 41°.- A Asociación funcionará en réxime de presuposto anual. O borrador de


presuposto será elaborado polo/a Tesoureiro/a da Asociación, que o deberá ter
preparado antes do un de xaneiro de cada ano a fin de que poda ser aprobado na
Asemblea Xeral Ordinaria.
Brinquedia
brinquedia@gmail.com
Artigo 42°.- A Asociación manterase dos seguintes recursos:
www.brinquedia.net
As cotas periódicas dos/as sociados/as.
As cotas extraordinarias que propoña a X.D. e sexan aprobadas
pola Asemblea.
As doazóns ou subvencións que poidan conceder órgaos
públicos, entidades privadas ou particulares.
Os ingresos que s poidan recebir polo desenvolvemento das
actividades da asociación.
Cualquer outro ingreso admitido pola normativa vixente para
actividades non lucrativas.

Artigo 43°.- As cotas ordinarias serán acordadas pola A.X.O., a proposta da X.D.
non sendo reintegrábeis en caso algún e adicándose a atender as necesidades da
Asociación.

Artigo 44°.- Anualmente con referéncia ao ultimo día do exercizo económico de


cada ano, hanse elaborar as contas, que se formalizarán nunha memória, que
será posta a disposición dos/as asociados/as, durante un prazo non inferior a 15
días ao sinalado para a celebración da A.X.O., que o deberá aprobar ou censurar.

Artigo 45°.- Anualmente no tempo que establece o artigo 25 será aprobado o


orzamento pola Asemblea Xeral Ordinaria.

ESTATUTOS DE BRINQUEDIA, A REDE GALEGA DO XOGO TRADICIONAL


Artigo 46°.- Para a disposición de fondos das entidades bancarias onde a
Asociación teña depositados os mesmos, terán recoñecidas as sinaturas na
entidade bancaria correspondente o/a Presidente/a, o/a Tesoureiro/a, o/a
Vicepresidente/a e o/a Secretario/a, empregando sempre dúas das catro
sinaturas.

Artigo 47°.- Como entidade sen ánimo de lucro, en nengún caso poderán ser
distribuidos entre os/as asociados/as os recursos obtidos pola Asociación.

Brinquedia
brinquedia@gmail.com
www.brinquedia.net

ESTATUTOS DE BRINQUEDIA, A REDE GALEGA DO XOGO TRADICIONAL


CAPÍTULO V
DO REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
Artigo 48°.- O Regulamento de réximo interno, no seu caso, desenvolverá aquelas
materias non contempladas directamente nos presentes Estatutos, non podendo
ir en ningún caso en contra do estipulado nos mesmos. En todo caso o
funcionamento interno da Asociación estará sometido ó ordenamento
xurisdiccional civil.

Brinquedia
brinquedia@gmail.com
www.brinquedia.net

ESTATUTOS DE BRINQUEDIA, A REDE GALEGA DO XOGO TRADICIONAL


CAPÍTULO VI
MODIFICACION DE ESTATUTOS E
DISOLUCION DA ASOCIACION
Artigo 49°.- Os presentes Estatutos poderán ser modificados a proposta da Xunta
Directiva ou 1/4 dos/as socios/as. A convocatória da Asemblea Xeral
Extraordinaria estará acompañada do texto coas modificacións propostas,
abríndose un prazo de 7 días para cualquer socio/a poida dirixir á Secretaría as
propostas e emendas que estime oportunas.
Brinquedia
Éstas complementarán a documentación da citada Asemblea e serán entregadas
brinquedia@gmail.com
con unha antelación mínima de 3 días á realización da Asemblea.
www.brinquedia.net

Artigo 50°.- Para ser aprobada a reforma dos Estatutos será preciso o voto
favorábel dos 2/3 dos membros da Asemblea Xeral de Socios/as.

Artigo 51°.- A Asociación disolverá-se polas seguintes causas:


Pola vontade dos/as asociados/as acordada polas 2/3 partes dos
mesmos/as.
Por outras causas determinadas legalmente.
Por sentenza xudicial.

Artigo 52°.- Acordada a disolución, a Asemblea Xeral Extraordinaria designará tres


asociados/as liquidadores, que xunto ao/á Presidente/a e ao/á Tesoureiro/a,
procederán a efectuar a liquidación dos bens, pagando díbidas, cobrando
créditos e fixando o haber líquido resultante.

Artigo 53°.- O haber resultante unha vez efectuada a liquidación, doarase a outra
Asociación non lucrativa e inscrita na Comunidade Autónoma que teña os
mesmos ou semellantes fins aos desta Asociación.
O xustificante da doazón será apresentado no Rexistro de Asociacións
correspondente para proceder á inscripción da disolución da Asociación.

ESTATUTOS DE BRINQUEDIA, A REDE GALEGA DO XOGO TRADICIONAL