Está en la página 1de 5

Modelo de oficio

normalización_lingüística_cerceda

Oficio

Introdución

É unha comunicación escrita que emite un organismo e que está integrada na


tramitación dun procedemento. Serve, por tanto, para comunicar información
oficial a outras administracións, a organismos ou á cidadanía.

Existen dous tipos de oficios:

1 Os oficios internos está dirixidos entre órganos da mesma organización ou


entre esta e o funcionariado ao seu servizo.

2 Os oficios externos informan sobre procedementos entre o Concello e a


cidadanía.

Trátase, por tanto, dun documento de transmisión.

1
Modelo de oficio
normalización_lingüística_cerceda

2
Modelo de oficio
normalización_lingüística_cerceda

Estrutura

Cabeceira

Titulo. O título dos oficios é opcional e consiste, cando se usar, en resaltar


o tipo de documento de que se trata, OFICIO, neste caso en maiúsculas.

Identificación do destino. A identificación do destino farase de xeito


diferente a depender do tipo de oficio. Nun oficio dirixido a unha persoa
particular (externo) a identificación debe aparecer na parte superior do
documento após o título e debe conter o nome e os apelidos, o enderezo,
o código postal e a localidade. Nun oficio dirixido a un cargo público, a
identificación deberá facerse na última liña do texto en letra grosa ou en
maiúsculas.

Referencia. Se o documento constanse de referencia, porase despois do


destinatario e antes do saúdo

Asunto. Pode incluírse unha breve indicación sobre o que se trata no


oficio, precedida da fórmula Asunto:

Corpo do texto

Saúdo. O saúdo nos oficios é opcional e só se debe incluír naqueles que


se dirixan a unha persoa.

Corpo. Os oficios, polo xeral, son documentos monotemáticos en que se


debe procurar a máxima concisión e clareza. A súa extensión debe
reducirse, por tanto, a un parágrafo ou os estritamente necesarios para
desenvolver o tema. Neste último caso, a estrutura do documento debe
seguir a orde lóxica, con introdución, desenvolvemento e conclusión.

Despedida. Igual que o saúdo, a despedida é opcional mais só debe


aparecer en correlación á primeira.

3
Modelo de oficio
normalización_lingüística_cerceda

Peche

Canto ao peche, temos tamén dúas formas de indicalo, segundo se tratar


dun oficio externo ou interno. No primeiro dos casos, se o oficio consta de
saúdo e de despedida, asínase logo desta e, a continuación poranse o
nome e os apelidos e mais o cargo. Por último, nun parágrafo á parte,
escribirase o lugar e a data.

Nos oficios internos e, por tanto, sen saúo nin despedida, a estrutura do
peche será a seguinte: o lugar e mais a data do oficio, o cargo da persoa
que asina o documento, a rúbrica e, por último, o nome e os apelidos da
persoa que asina.

4
Modelo de oficio
normalización_lingüística_cerceda