Está en la página 1de 3

1.1.

Lingua escrita e escrita

1. Introdución: lingua escrita e escrita


1.1.Diferenzas entre lingua escrita e lingua oral
No que se refire ás diferenzas entre lingua escrita a lingua oral, debemos
sinalar que existen dúas visións diferentes:
1) A Lingüística científica, que toma como base a lingua falada, concibe que a
lingua escrita é unha variedade da lingua oral, é dicir, a transmisión
gráfica da lingua oral.
 A Lingüística científica dálle prioridade (que acaba sendo exclusividade) á
lingua falada nos seus estudos por considerala un fenómeno natural, xa
que o feito de que a lingua escrita sexa un artefacto 1 é un impedimento para
o seu estudo científico2. Porén, a Lingüística acabaría por estudar a lingua
escrita con voz xa que, por exemplo, o que a lingüística tradicional
considera sintaxe da lingua é a sintaxe da lingua escrita, non da oral.
 Isto leva consigo un importante desenvolvemento da Fonética e a
Fonoloxía.
 Así, a única diferenza entre lingua falada e lingua escrita sería o medio de
transmisión (Fonética, Fonoloxía vs. Grafemática).
2) Desde mediados do século XX hai un maior recoñecemento da lingua escrita, que
deriva na visión de lingua oral e lingua escrita coma dúas modalidades
independentes, aínda que cun núcleo común. Así, podemos atopar diferenzas a
tódolos niveis:
Nivel Texto oral (conversa) Texto escrito
- constrúese en colaboración,
- constrúeo un emisor fóra de contexto,
- é improvisado,
Pragmático - é elaborado,
- prodúcese en presenza do
- os interlocutores non están presentes
interlocutor
A significación é menos precisa, xa que: A significación é máis precisa porque:
- existe posibilidade de apoiar a - non se pode apoiar a significación no
significación no contexto, contexto,
- o interlocutor pode preguntar - o interlocutor non pode preguntar,
Semántico (feedback),
- o nivel de coñecemento previo - o nivel de coñecemento previo
compartido é coñecido polos compartido é descoñecido para o
interlocutores (que se coñecen e, de emisor (non sabe quen pode ler o seu
non ser así, poden preguntar) texto3)
Densidade léxica (Halliday, 1990): Densidade léxica (Halliday, 1990):
- menor número de elementos con - maior número de elementos con
carga léxica (substantivos, adxectivos carga léxica (substantivos, adxectivos
Léxico e verbos); e verbos);
- menor especificidade deses - maior especificidade deses
elementos (palabras comodín...) elementos.
Intrincacidade sintáctica (Halliday, 1990):
- é labiríntica (anacolutos, oracións sen Intrincacidade sintáctica (Halliday, 1990):
rematar, ausencia de concordancia, - é máis lóxica,
Sintáctico conexións non explicitadas...) - é menos complexa porque permite
- é máis complexa debido ao número menos licencias.
de licencias que nos permite.

1
A lingua oral é adquirida, pero a lingua escrita é aprendida, esixe unha instrución específica.
2
Lembremos que a pretensión de ser considerada unha ciencia por parte da Lingüística é moi
importante.
3
Así, un interlocutor que non teña coñecemento sobre o tema ten moi difícil a comprensión, mentres
que un interlocutor con moito coñecemento pode considerar o texto redundante e apagarse a
comunicación.

1
Historia do Galego Escrito
2007/2008
USC
1.1. Lingua escrita e escrita

3) Vachek, estudosos do Círculo lingüístico de Praga, considera que a lingua oral e a


lingua escrita non son nin totalmente independentes nin totalmente dependentes,
senón que as considera autónomas.

Así, as diferenzas máis salientábeis entre lingua oral e lingua escrita están
relacionadas coa planificación que require a segunda, planificación que:
a) facilita a elaboración do texto;
b) esixe unha maior elaboración (contexto, coñecemento previo compartido,
necesidade de ser claro).

Por outra banda, texto escrito ten unha grande permanencia no tempo,
preséntase a si mesmo coma un estado e adoita presentar do mesmo xeito a
realidade; mentres que o texto oral é un proceso e normalmente presenta a
realidade de forma dinámica. Esta permanencia no tempo do texto escrito suscita a
reflexión metalingüística por parte do emisor4.

1.2.Lingua escrita e escrita


En conclusión, a lingua oral e a lingua escrita son dúas modalidades
independentes. O estudo da lingua escrita en toda a súa complexidade sería moi
amplo, polo que aquí ímonos centrar só nunha parte, á que denominaremos escrita e
que se refire á grafemática.

1.3.Da lingua oral á lingua escrita


Como xa dixemos, a lingua falada supón un desenvolvemento natural das
facultades humanas, mentres que a lingua escrita é unha produción artificial e cultural.
Na evolución da lingua escrita dáse un proceso de enriquecemento, de manexo de
recursos, xa que nun principio é moi dependente da oralidade, mais despois tende a
volverse máis autónoma. Podemos considerar varias fases neste proceso:
1) Oralidade primaria: é a que se dá nas sociedades analfabetas, que son
dependentes da oralidade.
2) Literacía incipiente: desenvolvemento da escrita.
3) Literacía avanzada: dáse unha autonomización da lingua escrita con
respecto á falada, que dá lugar á aparición da oralidade secundaria, é dicir, a
unha oralidade mediatizada pola lingua escrita (radio, televisión, planificación
previa – guións – etc.). A oralidade secundaria pode ter como consecuencia
fenómenos coma as pronuncias gráficas (ao).
O feito de que o medio usado pola lingua escrita sexa o visual pode facer
que non poidamos dispoñer de recursos que si podemos usar na lingua oral, pero
tamén nos achega novas posibilidades de organización: índices, cadros, frechas,
tamaños de letra...
Cómpre dicir tamén que a escrita foi un apoio imprescindíbel para o
desenvolvemento da civilización científico-técnica e, en xeral, da civilización
occidental.

4
En calquera comunidade lingüística ou individuo a lingua escrita axuda a desenvolver a conciencia
lingüística, por exemplo, sobre o recoñecemento das unidades.

2
Historia do Galego Escrito
2007/2008
USC
1.1. Lingua escrita e escrita

Por outra banda, debemos ter en conta a importancia da lingua escrita nos
procesos de

3
Historia do Galego Escrito
2007/2008
USC