Está en la página 1de 18

5.

A constitución da moderna prosa literaria galega: Vicente Risco, Otero Pedrayo e


Castelao

1. Introdución
1.1. O Segundo Rexurdimento
Nas primeiras décadas do século XX a prosa, igual cá poesía, non varía
respecto da do século XIX (Lamas Carvajal, López Ferreiro, narrativa breve
costumista).
A renovación da prosa prodúcese unida a movementos políticos e sociais
de reivindicación da lingua e da cultura:
1) Creación da Irmandade de Fala da Coruña o 18 de maio de 1916, que agrupa
unha serie de intelectuais que teñen como obxectivo a defensa do galego.
Despois créanse máis irmandades que xa teñen como obxectivo a defensa de
Galiza a tódolos niveis (económico, social, político...). Nace así o nacionalismo.
2) Conxunción de tres xeracións que se incorporan ás Irmandades e traballan
xuntas, dando lugar ao chamando Segundo Rexurdimento ou Época Nós
(Tarrío):
a) Grupo Nós, composto por persoas nacidas entre 1880 e 1890.
b) Intelectuais nacidos entre 1900 e 1910, son:
■ Poetas vangardistas.
■ Os primeiros investigadores modernos da realidade galega, organizados
arredor do Seminario de Estudos Galegos fundado en 1923 por
universitarios e profesores.
c) A estas dúas xeracións súmase na república a que Carvalho Calero
denominou Segunda Xeración do Seminario de Estudos Galegos, composta
por intelectuais nacidos entre 1910 e 1915.

Estas tres xeracións traballan xuntas cun afán común, cun sentimento de
nostridade, é dicir, para eles a pretensión de traballar para renovar Galiza
está por enriba calquera discrepancia. É un sentimento que non se dera antes
nin se volveu dar despois desta época. Así, foi unha época moi rica
culturalmente e cunha grande transcendencia para o futuro, xa que hai unha
vocación moi forte de europeización e universalidade, é dicir, de
modernización1.
3) Creación de canles de comunicación para dar a coñecer a súa actividade fóra
do círculo de creadores. Destacan tres empresas:
a) Revista Nós (Ourense, 1920):
■ Ten como antecedente a revista La Centuria (1917).
■ Tivo unha vida continuada até 1936, só pecha dous anos durante a ditadura
de Primo de Rivera, polo que é unha publicación que está activa 14 anos en
total.
■ Está dirixida por Risco, pero nela participan tódolos membros de Nós.

1
Isto podemos contemplalo nos diferentes xéneros literarios:
- Poesía: vangarda.
- Prosa.
- Teatro: creación dun teatro europeo, moderno, como é o caso de Os vellos non deben de
namorarse de Castelao ou O bufón de El-Rei de Risco.

1 Comentario Literario
De textos galegos
2007/2008
USC
5. A constitución da moderna prosa literaria galega: Vicente Risco, Otero Pedrayo e
Castelao

■ Transmite non só o que se fai en Galiza, senón tamén no resto do mundo.


Así, a primeira tradución de Joyce no Estado Español aparece nesta
revista.
b) Editorial Lar (A Coruña, 1924 – 1927), promovida por Leandro Carré
Alvarellos.
c) Editorial Nós (Satiago), dirixida por Ánxel Casal e continuadora da
anterior.

Nestas dúas editoriais publícanse as principais obras do momento.

1.2. A renovación da prosa


A renovación da prosa é unha das grandes preocupacións do Grupo Nós.
Para conseguir esta renovación:
a) Amplían os rexistros: narración curta, novela, ensaio, discurso científico...
b) Amplían os marcos: conquista do espazo urbano e da reflexión dentro de
xéneros coma a novela.

Malia as intencións comúns, as realizacións literarias son moi


diferentes nos distintos autores.

2. Risco
2.1. Introdución
Vicente Martínez – Risco e Agüero (Ourense 1884 – Ourense 1963) é o
persoeiro máis influínte no desenvolvemento e orientación do galeguismo
nacionalista da década de 1920, aínda que a súa evolución persoal fará que se
silencie e escriba en castelán durante o franquismo. Con todo, coa publicación de
Leria en Galaxia parece que hai un intento de achegamento ao galeguismo de novo.
Incorpórase ás Irmandades pouco despois da súa fundación e axiña
pasa a dirixilas. Esta incorporación fai que muden os seus intereses:

Modernismo cosmopolita e interese Galeguismo, literatura e cultura



polo exotismo e a teoloxía galegas

Proba desta mudanza é a súa Teoría do nazonalismo galego (1920), da que tamén
tiramos que Risco se converte en teórico e director da súa xeración moi axiña.

2.2. Pensamento
O pensamento de Risco defínese por tres elementos, que están presentes
na súa obra:
1) Irracionalismo como medio de coñecemento: para Risco intuición, o mito
e a arte son medios de coñecemento máis importantes cós considerados como así
tradicionalmente (razón ou ciencia), xa que considera que estes últimos levan á
deshumanización e decadencia espiritual.

2 Comentario Literario
De textos galegos
2007/2008
USC
5. A constitución da moderna prosa literaria galega: Vicente Risco, Otero Pedrayo e
Castelao

2) Visión cíclica da Historia: ve as diferentes épocas como resultado do


predominio dun arquetipo humano. Estes arquetipos, que se poden observar en
O porco de pé, son:
a) Hylicos: materialistas.
b) Psiquicos: racionalistas.
c) Pneumáticos: espiritualistas.
3) Sentimento da terra, que é un substrato psicolóxico e cultural de todo o
pobo galego.

2.3. Obra
A súa achega á literatura galega non é tan ampla coma a doutros autores,
pero si interesante porque abre novos campos.

2.3.1. Narrativa

1) Do caso que lle aconteceu ao Dr. Alveiros (1919):


■ Humor macabro (tamén en Castelao): dálle a volta ás consideracións sobre o
máis alá afirmando que o que lle dá eternidade á persoa é o esqueleto, non a
alma.
■ Argumento: o Dr. Alveiros atópase en Exipto, onde libera a momia de
Tutankhamón das súas vendas para que fique só co seu esqueleto e poida
gozar da eternidade. No momento no que se escribe a obra Howard Carter lord
Carnavon aínda non descubriran a tumba de Tutankhamón.
2) Volume da colección Lar publicado en 1925 no que se conteñen:
a) O lobo da xente, que trata o mito do lobishome. Para Risco o mito era un
modo de coñecemento.
b) A trabe d’ouro e a trabe d’alquitrán, obra na que se trata o tema dos tesouros,
gardados neste caso por celtas. Así, vai introducindo o seu pensamento nas
súas obras: celtismo, atlantismo, a identidade galega coma a conxunción dos
antepasados e o cristianismo posterior.
3) O sentimento da terra na raza galega (1920), obra na que trata o sentimento da
terra.
4) A coutada (Lar, 1926), obra na que desenvolve o mesmo tema ca na anterior. A
obra é o diálogo dun matrimonio que, tras herdar unha casa chamada A Coutada,
pensa en volver á aldea. Deféndese a volta ás orixes e a defensa da orde antiga
(fidalgos e campesiños).
5) Os europeos en Abrantes (1927): obra incompleta da que se publican
fragmentos nos números 30 e 40 da revista Nós. É un texto moi irónico no que se
ridiculizan membros da sociedade ourensá dun xeito moi claro. Segundo
Carvalho Calero é o feito de ser unha crítica transparente o que fai que Risco
deixe incompleta a obra, mais ao ano seguinte publicará O porco de pé, que é
tamén unha dura crítica á sociedade ourensá.
6) O porco de pé (1928):
■ Sátira da sociedade de Ourense (Auria).

3 Comentario Literario
De textos galegos
2007/2008
USC
5. A constitución da moderna prosa literaria galega: Vicente Risco, Otero Pedrayo e
Castelao

■ Oposición entre Don Celidonio e o Doutor Alveiros:


Don Celidonio: símbolo do ascenso da cultura allea (ascende de
comerciante a alcalde), aplícanselle tódolos atributos do porco.
Doutor Alveiros: símbolo dos valores galegos, do espiritualismo, aínda
que acaba sucumbindo perante o materialismo.
■ Pesimismo: triunfo do materialismo, dos hylicos.
■ Ruptura da verosimilitude: é un relato intemporal, malia realizarse un
tempo e sociedade determinados.
■ Forma:
Longas enumeracións.
Estilo áxil2: caricatura áxil, poucos diálogos.
■ Destinada a un lector culto.

2.3.2. Ensaio

1) Teoría do nazonalismo galego (1920).


2) El problema político de Galicia.

3) Mitteleuropa (1934), volume no que se compilan as crónicas publicadas na


revista Nós en 1930 a raíz da súa viaxe a Alemaña para estudar etnografía e
folclore. Esta é unha viaxe moi importante para a súa evolución cara un
conservadorismo político e catolicismo integrista, que o levará á ruptura co PG
e ao afastamento dos homes de Nós3.
4) Nós, os inadaptados (1933), ensaio no que se reflexiona sobre a súa evolución
persoal e a do seu grupo do gusto polo exotismo cara o galeguismo. Tamén se
expón a concepción cíclica da Historia.

2.3.3. Poesía

Risco non só espera o interese de Manuel Antonio polo vangardismo,


senón que tamén é creador de poesía entre 1918 e 1923.

2.3.4. Teatro

Ademais de participar en debates teóricos (artigos publicados en Nós) é o


autor do drama simbolista O bufón de El-rei (1920).

► Comentario: “A velliña vella. Principio dunha historia”


A velliña vella é o símbolo dunha Galiza abandonada polos seus
fillos, que acaba por intentar espertar as xentes do pasado para
Argumento
defender a Galiza no presente. O único foco de esperanza do
relato é o subtítulo (principio dunha historia).
Antecedentes - Galegos: soneto de Pintos, Pondal, Curros (“Tangaraños”).

2
Tamén se dá en novelas en castelán coma La puerta de paja.
3
Coa publicación de Leria (1961) en Galaxia hai un intento de achegamento ao galeguismo de novo.
Carlos Casares considera que este é un paso moi importante para a recuperación intelectual de Risco,
aínda que foi visto con desconfianza desde moitos sectores galeguistas.

4 Comentario Literario
De textos galegos
2007/2008
USC
5. A constitución da moderna prosa literaria galega: Vicente Risco, Otero Pedrayo e
Castelao

- Foráneos: Cathenn ni Houlihan de W. B. Yeats,


nacionalista irlandés autor deste drama que ten unha
importante influencia simbólica no relato de risco. Nel Irlanda
é unha vella que busca axuda pero, a diferenza de Galiza,
atopa quen lle axude.
Necesidade de ir ao pasado para atopar unha esperanza de
futuro. Así, Pai Soares, que sae da tumba para cumprir coa
tradición de ir a San Andrés de Teixido, é o único que trata ven á
Finalidade didáctica
vella, xa que no pasado Galiza foi querida. Porén, no presente os
veciños, os casteláns, botan fóra á vella e os galegos
desgaleguízanse.
Forma - Narrador que introduce varias voces.
Estrutura en tres partes (certo carácter dramático):
- Introdución: até que conclúe o diálogo da vella con Pai
Soares.
Estrutura - Nó: situacións paralelísticas dos diálogos da vella cos fillos.
- Desenlace: función conclusiva, a vella peta na pedra dos
xentís (dolmen), o que enlaza coa importancia que teñen en
Risco os mitos celtas e os antepasados.
- Vella, símbolo de Galiza pobre e desamparada:

A reiteración velliña vella pode ter a intención de amosar


a antigüidade da mesma.

Uso do diminutivo afectivo.

- Pai Soares: símbolo do verdadeiro pobo galego porque


viviu no momento de esplendor medieval e vai cumprir a
tradición de ir a San Andrés de Teixido.

- Fillos da vella, que representan as diferentes posibilidades


de defensa dos dereitos de Galiza:

Xurídica, representada polo avogado que ignora a vella.

Personaxes Cultural, representada polo escritor que non se quere


comprometer.

Económica, representada polo americano que só busca


figurar, non axudar.

Labrego, o único que amosa algo de sensibilidade, mais


está oprimido polas cuestións económicas e resígnase.

Os dous primeiros representan as clases ilustradas


da burguesía urbana, mentres que os segundos pertencen ao
mundo rural.

É importante a relación entre a vella e os seus


fillos, xa que ela trátaos con agarimo pero eles chámanlle señora,
non a identifican como nai.

Espazo Espazo total: rural e urbano.

3. Otero Pedrayo (1888, Ourense – 1976, Trasalba)


3.1. Vida
Ourensán e amigo da infancia de Risco, é o polígrafo por antonomasia da
nosa cultura (novela, conto, teatro, poesía, oratoria, ensaio, traballos de xeografía e
5 Comentario Literario
De textos galegos
2007/2008
USC
5. A constitución da moderna prosa literaria galega: Vicente Risco, Otero Pedrayo e
Castelao

historia...). Ademais, exerce unha grande influencia sobre as xeracións posteriores e é


quen de manterse fiel ás súas ideas durante o franquismo.
Otero é, coma Risco, un inadaptado que evoluciona desde
cosmopolitismo desinteresado por Galiza cara o galeguismo. Así, será moi activo en
eidos coma:
a) A política, xa que é deputado entre 1931 e 1933.
b) A cultura, levando a cabo diversas actividades:
■ ingresa nas Irmandades da Fala;
■ é colaborador do Seminario de Estudos Galegos;
■ funda La Centuria con Risco, colabora en Nós e en A Nosa Terra;
■ leva a cabo unha intensa e diversa actividade literaria que se trunca trala
guerra.

Despois da guerra é expulsado da súa cátedra de instituto de xeografía e


historia, na que sería reintegrado a mediados dos anos 40. En 1950 consigue por
oposición a cátedra de xeografía e historia da Universidade de Santiago de
Compostela, o que o leva a pasar oito anos na cidade. Durante este tempo participará
nas tertulias, influíndo así, xunto con Ramón Piñeiro, nas novas xeracións.

3.2. Ideario
Non hai, coma en Risco, unha programación previa do ideario que
despois se observa na súa literatura, senón que se vai translucindo sen máis nela.
Os principais elementos da ideoloxía de Otero Pedrayo son:
1) Atlantismo, importante na súa evolución do cosmopolitismo ao galeguismo, un
concepto que se contrapón á cultura mediterránea.
2) Conxunción entre a terra e a raza: o home galego intégrase na paisaxe (que
en ocasións é simbólica), feito que considera unha especificidade galega que vén
dada polo substrato celta, así coma o espírito soñador e panteístas dos galegos.
3) Catolicismo: considérao esencial no ser de Galiza e é o que lle dá forma ao
substrato celta.
4) Tradición: é un importante elemento do seu ideario e enténdea coma o
patrimonio cultural e espiritual común, cuxas claves están na fe, na peculiar
disposición territorial en parroquias (herdada dos celtas) e na fidalguía. Non
gusta da modernización e defende a sociedade do Antigo Réxime, polo que
critica que a fidalguía non soubese manter o seu papel na mudanza cara o
capitalismo (Os camiños da vida).
5) Intuición como medio de coñecemento, mellor cá razón. Isto pode influír
no seu estilo narrativo, un discurso amplificador que parece máis baseado na
intuición ca na razón.

3.3. Obra
3.3.1. Períodos

Xeralmente distínguense dous períodos na obra de Otero Pedrayo:


1) Preguerra: obra ao servizo de Galiza.

6 Comentario Literario
De textos galegos
2007/2008
USC
5. A constitución da moderna prosa literaria galega: Vicente Risco, Otero Pedrayo e
Castelao

2) Posguerra: obra cun ton máis subxectivo.

3.3.2. Xéneros

1) Ensaio:

a) Preguerra:
■ Ensayo histórico sobre la cultura gallega (1933)
■ Síntese xeográfica de Galicia (1926)

b) Posguerra:
■ Polos vieiros da saudade (1947)
■ O libro dos amigos (1957)
■ O espello na serán (1966)

2) Narrativa breve:
■ Pantelas, home libre (1925)
■ O purgatorio de Don Ramiro (1926)
■ Escrito na néboa, Lar (1927). Esta obra é o xermolo de Arredor de si e nela
o protagonista é tamén Adrián Solovio. É moi común en Otero o
aproveitamento literario de materiais
■ Vidas non paralelas (1930), relato longo no que se establecen tres tipos
masculinos semellantes aos de Risco.
■ Contos do camiño e da rúa (1932)
■ Entre a vendima e a castañeira (1957)
■ Contos de Santos e Nadal (póstuma)

En xeral usa fórmulas realistas, pero tamén podemos atopar contos


fantásticos.

3) Novela:

a) Realistas, nas que se centra no decorrer da historia de Galiza desde mediados


do século XIX ata a II República. Responden ao modelo decimonónico
(narrador omnisciente). Ademais, combinan intriga e digresións de tipo
cultural (concepción didáctica da literatura). Son deste tipo:
■ Os camiños da vida (1928)
Estrutura en tres partes: Os señores da terra, A maorazga, O estudante.
Contido: panorámica da vida aldeá e das mudanzas sociais nun período
específico, que comeza coa desamortización de Mendizábal (1837) e que
leva á desaparición do Antigo Réxime.
As clases sociais na novela:

- Representada polos Doncos e os Pugas.


- Critícaa por non se manter no seu papel, aínda que algúns
Fidalguía
dos seus membros poden redimirse evolucionando cara unha
elite cultural galeguista.
- Aparece coma unha colectividade.
Campesiñado
- Está en conxunción coa paisaxe.
Clero - Trátase mediante individualidades.
Clases populares - Non se tratan en profundidade.

7 Comentario Literario
De textos galegos
2007/2008
USC
5. A constitución da moderna prosa literaria galega: Vicente Risco, Otero Pedrayo e
Castelao

urbanas e burguesía

Narrador: principalmente omnisciente, aínda que tamén pode aparecer


como narrador algún personaxe.
Espazo: o mundo rural de Trasouto, aínda que na última parte é
importante o espazo urbano, concretado en Compostela.

■ O mesón dos ermos (1936): ambientación na montaña, mostrándose os


estragos que as mudanzas sociais causan no autenticamente galego.

b) Culturalistas, novelas que usan técnicas narrativas anovadoras (monólogo


interior, estilo indirecto libre, ruptura do tempo narrativo, mestura de
xéneros...) e que esixen un maior esforzo por parte do lector.
■ Arredor de si (1930): novela simboliza a evolución dos homes de Nós
(coma Nós, os inadaptados de Risco) e do propio autor a través da viaxe do
protagonista e das súas inquedanzas. O tempo tamén é simbólico (a viaxe
dura 9 meses) e o narrador aparece en xeral en terceira persoa (carácter
iniciático).
■ A romaría de Xelmírez (1934): obra situada no século XII e inspirada na
Historia Compostellana. Conta a viaxe de Xelmírez a Roma co obxectivo de
conseguir a categoría de arcebispado para Compostela, ligando Galiza coa
historia europea medieval.
■ Fra Vernero (1934): obra situada no século XVIII e que relata a conversión
dun luterano ao catolicismo.
■ Devalar (1935): suma de cadros literarios nos que Galiza é a protagonista
colectiva.
■ O señorito da reboraina (1960): única novela de posguerra en galego na
que se ridiculiza un fidalgo.

4) Teatro,xénero polo que se interesa toda a xeración na busca dun teatro moderno.
A produción teatral de Otero non é ampla, pero si anovadora.
■ A lagarada (1929): obra tradicional, folk-drama que conta os amores
interesados entre unha moza e un vello.
■ Teatro de máscaras (1975): pezas escritas arredor de 1934 e moi
relacionadas coas vangardas, mesmo se chegou a dicir que non eran
representables.
■ O desengano do prioiro (1952): farsa que critica a industrialización e o
progreso, mesturando o realista, o superrealista, o fantástico o popular.

5) Poesía:

■ Bocarribeira (1958), obra que lle publica o Grupo Brais Pinto. O cultivo da
poesía en Otero é ocasional e esta é unha obra tradicional.

8 Comentario Literario
De textos galegos
2007/2008
USC
5. A constitución da moderna prosa literaria galega: Vicente Risco, Otero Pedrayo e
Castelao

3.4. Comentarios

► Comentario: “Mais aquela noite do setembro [...] ¡Cúmprase a


vontade de Deus!”
Localización “Os señores da terra”, primeira parte de Os camiños da vida.
Novela ou ensaio novelado (a mestura de xéneros é frecuente
Xénero
en Otero).
Referencias a un tempo histórico concreto:
- Desamortización de Mendizábal (1837).
Tempo - Alusións ao carlismo.
- Alusión a Tomás de Zumalacárregui, xeneral carlista que
morrera en Bilbao en 1835.

Descríbense os principais personaxes do Antigo


Réxime, é dicir, fidalgos e eclesiásticos. Faise tamén referencia
aos criados, pero dun xeito moi esquemático:

- Monxe: convidado no pazo e descrito con trazos positivos


(faladeiro, cortés, coñecedor das liñaxes de Galiza). Emite un
discurso sobre o Mosteiro de Oseira, racionaliza o tempo que
lle toca vivir e sinte medo “Polas nosas culpas e polas culpas
do século”. O texto dálle a razón xa que acaba facendo
referencia á desamortización de Mendizábal é a disolución das
congregacións, comezando así a fin do Antigo Réxime na que,
para Otero, a Igrexa e a fidalguía non saben manterse.
- Abade don Xacobe de Castro: descrito en oposición ao
monxe (voz alagareira, xovial), realiza reflexións que don
Personaxes Caetano non comprende.
- Don Caetano: fidalgo, dono do pazo, definido como carlista.
É optimista respecto á situación dos carlistas no comezo do
texto (diálogo co monxe).
- Misia Chinta: non é tan claramente carlista, pero non
expresa a súa opinión (“Misia Chinta de boa gana houbera
arriscado unha defensa da raíña meniña, se non fora polo
respecto ó eclesiástico”).
- Alusión aos fillos dos fidalgos: os dous son descritos con
trazos negativos:

“O fillo segundo durmiñaba nunha poltrona.”

“Misia Xacinta suspiraba tristeira cavilando naquel vivir do


herdeiro”

- Omnisciente, fúndense diálogos e pensamentos dos


Narrador
personaxes.

9 Comentario Literario
De textos galegos
2007/2008
USC
5. A constitución da moderna prosa literaria galega: Vicente Risco, Otero Pedrayo e
Castelao

► Comentario: “Indiferente, a aldea recollía os froitos [...] e o


abade cobraba fartos décimos e primicias”
Localización “Os señores da terra”, primeira parte de Os camiños da vida.
Artigo publicado en 1922 en Nós, no que tamén se describen as
Antecedentes Campás Abaixo. En Otero é frecuente o aproveitamento de
materiais.
Descrición dunha paisaxe na que observamos:
- Conxunción terra – raza (descrición do diferente carácter das
xentes en cada lugar).
- Mestura de xéneros: é un ensaio xeográfico literaturizado.
Contido
- A visión do xeógrafo e a visión do narrador:

Visión do xeógrafo (“Na parroquia de Trasouto [...]


quebradas e ribeiriñas”): distinción dunha zona alta e outra
baixa nas que se dan diferentes cultivos.

Visión do narrador (texto restante)

4. Castelao
4.1. Vida
■ Castelao (Rianxo, 30 de xaneiro de 1886 - Buenos Aires, 7 de xaneiro de 1950)
emigra á Pampa Arxentina entre os 9 e 14 anos.
■ Cando regresa a Galiza estuda Medicina en Compostela (1908), aínda que
exercería pouco tempo como médico.
■ Posteriormente faise técnico do Instituto Xeográfico e Estatísitico, sendo
destinado a Pontevedra. É nesta cidade onde leva a cabo boa parte da súa
actividade artística, literaria, xornalística e política. Alí tamén exerce como
profesor de debuxo nun instituto.
■ Evolución política: conservadorismo > agrarismo > galeguismo. Así, en 1931 é
deputado por Pontevedra nas Cortes Constituíntes da II República, e volvería ser
deputado en 1936.
■ Realiza varias viaxes de formación por Europa (FranciA, Bélxica, Alemaña,
Bretña), con repercusión na súa obra.

■ Actividades: literatura, política, investigación (As cruces de pedra na Galiza),


pintura, debuxo, caricatura (Cousas da vida).

4.2. Obra
As características xerais da obra de Castelao son:
a) Toca diferentes xéneros: ensaio (Sempre en Galiza), novela (Os dous de
sempre), narrativa curta (Cousas, Retrincos)...

10 Comentario Literario
De textos galegos
2007/2008
USC
5. A constitución da moderna prosa literaria galega: Vicente Risco, Otero Pedrayo e
Castelao

b) É un artista popular, que plasma as clases populares na súa obra de xeito


realista e cun estilo depurado, sen actuar coma un ideólogo.
c) Humor e sentimentalismo refréanse mutuamente dando lugar a textos
reflexivos arredor das debilidades humanas, criticándoas pero tamén
comprendéndoas.
d) A temática é moi diferente da de Risco ou Otero, xa que non reflicte os seus
pensamentos teóricos na narrativa, senón no ensaio, en artigos, conferencias...

4.2.1. Narrativa
A narrativa de Castelao caracterízase por:
a) Interesarse principalmente polos personaxes.
b) Ser unha prosa moi coidada e estilizada, moitas veces achegada á poesía.
c) Ser, en xeral, breve. Esta brevidade chega mesmo a abranguer a novela, xa
que Os dous de sempre é unha xustaposición de textos breves.
1) Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete (1922)
■ Relato breve, considerado novela pola crítica actual.
■ Edicións:
· A primeira versión formaba parte dunha conferencia sobre humorismo,
datada en 1920.
· Sería editado en 1922.
■ Contido: mundo de ultratumba como pretexto para transmitir unha visión
satírica da sociedade botando man do humorismo macabro, pero non cruel.
■ Estrutura: suma de pequenas historias con unidade no relato, espazo e,
secundariamente, no narrador. Consta de tres partes:
· Prólogo: introdúcese o artificio do manuscrito encontrado, escrito en
papel de fumar cun garabullo (ironía);
· nó: memorias do esqueleto transmitidas en primeira persoa ;
· desenlace.
■ Narrador, son dous narradores, pero que funcionan de xeito lóxico na emisión
do relato:
· Narrador en 1ª persoa (esqueleto);
· Narrador do prólogo e o epílogo, identificado co autor (é médico, leva
anteollos). No epílogo explica que quere recompilar tamén as memorias dun
esqueleto de aldea, aínda que Castelao nunca chega a escribir tal relato.

2) Cousas (1926 / 1934)


■ É considerada a súa creación máis orixinal. Segundo Carvalho Calero é o
xermolo de toda a súa obra, xa que o resto dela estaría composta por cousas
ampliadas.
■ Xoga con dúas artes: pintura e literatura, o que dá lugar a un mircrotexto
inseparable do seu debuxo (mesmo o texto pode facer mención ao debuxo).
■ Edicións:
· 1926: Lar, A Coruña.
· 1929: Nós, A Coruña; engádense textos.
11 Comentario Literario
De textos galegos
2007/2008
USC
5. A constitución da moderna prosa literaria galega: Vicente Risco, Otero Pedrayo e
Castelao

· 1934: edición conxunta de tódolos textos, constando de 44 textos e un


prólogo sen debuxo, “A carón da natureza”, que é a suma de sete
parágrafos que ben poderían ser sete cousas sen desenvolver.
■ Estrutura: prólogo + 44 cousas (moi breves).
■ Temática aldeá ou mariñeira centrada na figura humana.
■ Domina o elemento lírico e sentimental, acompañado dalgún trazo satírico. É
unha prosa moi coidada na que a acción é lenta (pouca acción, lirismo) e
reiterativa (paralelismos, antíteses).

3) Retrincos (1934)
■ Temática variada: morte, decadencia, transformacións do home...
■ Humor e lirismo.
■ Estrutura en 5 relatos breves, moitos deles escritos con anterioridade á
publicación da obra, e ordenados de xeito cronolóxico en dous sentidos:
· escrita;
· liña cronolóxica vital de Castelao, xa que son textos con elementos
autobiográficos (non unha biografía).

Relatos Situación na vida do autor


“O segredo”
- Infancia do autor e experiencia da emigración.
(Compostela, 1909)
“O inglés” - Tempo real anterior a 1900 (ano no que regresa da
(Rianxo, 1914) Arxentina).
- Sitúase na época na que Castelao era estudante en
“Peito de lobo”
Compostela e ía de vacacións a Rianxo.
(Placeres, 1918)
- Tempo real anterior a 1909.
- Época na que Castelao era coñecido como debuxante e como
“O retrato” médico en Pontevedra.
(Pontevedra, 1922)
- Tempo real: comezos dos anos 20.
- Elección de Castelao como deputado nas Cortes Constituíntes
“Sabela”
da República.
(Pontevedra, 1934)
- Tempo real: 1931 – 1934.

4) Os dous de sempre (1934)


■ Durante moito tempo foi considerada a única novela de Castelao.
■ Estrutura en 44 capítulo breves. Podemos distinguir dúas partes (aínda que
no xoga no paralelismo estrutural):
· Formación, que comprende os capítulos 2 – 24 (desde a infancia dos
protagonistas).
· Madurez e decadencia: capítulos 26 – 44.
· Os capítulos 1 e 25 son descritivos e teñen a finalidade de amosar o paso
do tempo.
■ Contido: nárrase a andadura vital de Pedriño e Rañolas en liña cronolóxica
(da infancia ata a decadencia / morte).
■ Interese pola figura humana.
■ Personaxes antitéticos (a antítese é clave na prosa de Castelao) que sofren
unha evolución:
12 Comentario Literario
De textos galegos
2007/2008
USC
5. A constitución da moderna prosa literaria galega: Vicente Risco, Otero Pedrayo e
Castelao

· Pedriño: representa a pasividade, o conformismo social. Está ben situado e


só busca comer, non ten máis ambicións. Non triúnfa socialmente pero
tampouco lle afecta excesivamente o fracaso; acomódase e participa do
mundo no que nacera.
· Rañolas: representa a actividade, a insatisfacción e as ganas de medrar. É
de orixe social moi humilde e, ademais, está eivado das pernas. É nobre,
intelixente, bo, imaxinativo e con ganas de superación. Consigue triunfar,
pero a custa do seu espírito, xa que se volve egoísta, devece polo diñeiro,
preocúpase polas aparencias (merca unhas pernas ortopédicas) e chega
mesmo ao asasinato. Cando se decata desta evolución dexenerativa
suicídase.
■ Outros trazos: relacionouse coa novela picaresca e tamén co Quixote
(antítese dos dous personaxes).

4.2.2. Teatro: Os vellos non deben de namorarse. Farsa en tres


actos cun prólogo e un epílogo (1953)
■ Representacións:
· 1941: Teatro Mayo de Buenos Aires.
· 1941 (8 de outubro): Montevideo.
■ É un teatro experimental, non de tese (como Castelao explica no prólogo)
cuxa personalidade fica na combinación de diferentes artes, non na temática.
É unha obra concibida para ser representada, xa que a escenografía é moi
importante (cor, luz, máscaras dos personaxes, canto, baile, música).
■ Temática: motivo do vello que se namora dunha moza.
■ Estrutura en 3 lances independentes entre si, pero nos tres o protagonista é
un vello namorado e a situación remata coa morte do vello, polo que hai un
paralelismo entre escenas dos tres lances:
1. Dúos vello – moza
2. Dúos moza – mozo
3. Morte do vello
4. Coro co vello (lances 1 e 3) e coa moza (lance 2).

■ Personaxes: son diferentes en cada lance, agás o coro composto por 10


mulleres que representan o sentir popular, pero non cantan. Hai un
paralelismo nos actantes ao igual ca nos lances:
Actantes Actores
Lance 1 Lance 2 Lance 3
Boticario: Fidalo: Vinculeiro:
Vello namorado
on Saturio don Ramón Señor Fuco
Pimpinela,
a máis honrada xa que
Moza Lela Micaela
casa para salvar á
familia economicamente
Mozo
(opoñente masculino Carabineiro O portugués O mozo
do vello)
Sapo
Morte Esmolante Morte
(expresionismo4)
Personaxes Irmás de don Pais de don Ramón, Pais de Pimpinela

4
deformación da realidade dándolle un toque cruel. Mestúrase o expresionismo co realismo en toda a
obra
13 Comentario Literario
De textos galegos
2007/2008
USC
5. A constitución da moderna prosa literaria galega: Vicente Risco, Otero Pedrayo e
Castelao

que xa morreran pero


son tratados como (conciencia do
secundarios Saturio personaxes personaxe)
(expresionismo)

■ Interpretacións do epílogo, no que se relata unha tertulia no cemiterio entre


os tres vellos, que comentan o que lles aconteceu cando xa están mortos:
· Dálle unidade de lugar e de tempo á obra e, ademais, achega información
sobre acontecementos posteriores desde unha perspectiva irónica sobre o
poder igualador da morte (os tres vellos pertencían a diferentes clases
sociais).
· Carvalho Calero considérao un engadido posterior, cun contido
moralizante que non se daba nos lances, por iso sería alleo ao resto da
obra. Tamén comenta que o título responde a este epílogo.

4.2.3. Ensaio: Sempre en Galiza (1944)


■ Edicións:
· 1944: Buenos Aires.
· 1961: edición póstuma na que se engaden novos textos destinados a un
segundo tomo, non rematado.
■ Contido: ensaios, artigos e discursos políticos diversos. Moitas páxinas son en
realidade memorias, coma as da presentación nas Cortes do Estatuto Galego.
■ Estrutura:
· “Adro”: artigos escritos en Badajoz (onde estaba desterrado) de actualidade
política, pero que tamén dan unha visión daquela terra a través dunha
expresión coidada.
· Diversos libros, entre os que podemos comentar:

Libro Contido
- Traballos xornalísticos escritos durante a Guerra
Libro I
- Defensa da causa galeguista diante dos republicanos.
- Escrito no exilio.
Libro II - Afirmación do galeguismo perante os prexuízos centralistas da
república.
Libro III - Escrito en Buenos Aires. - Pensamento
- Libro que sigue ao anterior na 2ª edición. sobre a patria,
- Escrito en 1947 no barco no que regresaba a conceptos de
Libro IV
Buenos Aires desde Marsella (onde fora nación e
ministro da República no exilio) estado

4.3. Comentarios
► “A carón da natureza”, Cousas
■ Algúns autores interpretárono coma unha autopoética (Dente entón eu quixen
ser un ventureiro das letras).
■ Estrutura en 7 microtextos, sen debuxo, que son unha especie de cousa non
desenvolvida.
■ Temática: paisaxe e vida humana desde unha perspectiva impresionista, xa
que transcende o realismo. É tamén a visión do pintor.
14 Comentario Literario
De textos galegos
2007/2008
USC
5. A constitución da moderna prosa literaria galega: Vicente Risco, Otero Pedrayo e
Castelao

■ Tempo e espazo tratados desde perspectivas variables (diferentes momentos


do ano e do día):

Parte Tempo Espazo Vida na paisaxe

Luscofusco
Fondo do val
“dous namorados danse o primeiro
“É no intre en que “no fondo do val
1 bico”
a terra, pra se
[...] muíño “oubean os cans”
durmir, vaille
cantareiro [...] pazo
virando as coas á
do castiñeiro seco”
luz”

Val visto desde


arriba
Día de choiva
“un vendedor de cobertores pasa
2
“Dende o adro cabaleiro na súa besta ferrada”
dunha eirexa (forma parte da paisaxe)
“o val afundido na ollamos o val [...]
choiva” “tocan a morto”
chouza [...] Os
camiños están
cubertos de lama”
Cruceiro, ría,
piñeiros “corpo morto dun rapaz que veu do
servicio”

3
Noite de luar “encrucillada de “estudante de crego cavilando na
leenda [...] cruceiro moza do pano roxo que lle roubóu a
“Noite de luar” [...] por entre os vocación”
piñeiros amóstrase
“cantan un alalá”
a ría mansa”
Referencia a Guerra Junquero.
Mañá de domingo
4 Paisaxe aldeá “as campás da eirexa repenican unha
“Mañanciña de muiñeira”
domingo” “as formiguiñas roxas veñen á misa”
Mediodía
(probablemente) “herbas arrecendentes [de San
5 Paisaxe aldeá
Xoán]”
“o sol bate no
lombo da terra”
“o irmán pino Reflexións do autor
[...] alcendeu as sobre o que
Anoitecer realmente é
6 Paisaxe aldeá súas velas”
importante na
“Anoitecía” “pasar o Viático paisaxe: a vida.
aldeán” Auto-poética

Nadal “eu quixen ser un


7 Paisaxe aldeá
ventureiro das
“Un día de Nadal” letras”

15 Comentario Literario
De textos galegos
2007/2008
USC
5. A constitución da moderna prosa literaria galega: Vicente Risco, Otero Pedrayo e
Castelao

■ Dinamismo: complexidade da paisaxe que encerra a vida.


■ Sentimentalismo do autor: casas tristes, campana con ton triste...
■ Voz emisora:
· 3ª persoa: partes 1, 3, e 4.
· 1ª persoa do plural: partes 2 e 5.
· Narrador que apela aos interlocutores (todos sabedes) e no que o autor
se personaliza (o meu pino): partes 6 e 7 (1ª persoa).
► “A Marquesiña”, Cousas5

► “Dous vellos que tamén tiveron mocedade”, Cousas


■ Humor (temática) e lirismo (expresión lingüística): humor reflexivo entre a
traxedia e a comicidade, que se estiliza co lirismo cos personaxes humildes e
bota man da caricatura e o sarcasmo para afastarse das condutas coas que
autor non concorda. Contrapón a burla dos espectadores co amor que senten
os protagonistas.
■ Estrutura narrativa opositiva: relación dos vellos e o que se interpreta desde
fóra. É unha estrutura moi frecuente en Castelao (“A Marquesiña”).
■ Expresión:
· Elementos rítmicos moi presentes no comezo e no final:

que, dous vellos, sempre , sen,


Anáfora6
todos
Mocedade, baile, calados,
Similicadencia7 engaiolado; decata, namorada,
delor, inverno.
Paralelismos sintácticos

· Diminución dos verbos e da actividade segundo avanza o relato, xa que os


vellos tamén teñen menos actividade vital. Isto vai acompañado de oracións
cada vez máis curtas (Soios.).
· No parágrafo final hai unha antítese (figura de pensamento, non de dicción)
na que se contrapoñen todos e ninguén, producindo unha intensificación da
emoción.
■ Tema: desamparo final da vella acentuado polas circunstancias (noite de
inverno).
■ Ritmo conceptual e silábico moi constantes, é unha prosa moi medida e
achegada ao verso. Así, no último parágrafo mesmo poderiamos falar de
heptasílabos paroxítonos e un pentasílabo oxítono: Todos, todos se riron / e
ninguén se decata / con qué delor / a vella namorada / chamará pola morte /
nesta noite de inverno.

5
Fontoira, L., “‘A Marquesiña’. como síntese simbólica de Cousas”, Estudos dedicados a Ricardo
Carvalho Calero, reunidos e editados por J. L. Rodríguez, Parlamento de Galicia-Universidade de
Santiago de Compostela, Santiago de Compostela, 2000, vol. II, pp. 267-273.
6
Repetición dunha ou máis palabras ao comezo de varias frases ou versos, o que provoca un ritmo
máis lento.
7
Rima na prosa, con efecto semellante á do verso xa que se colocan sons semellantes en posicións
achegadas e frases sucesivas.

16 Comentario Literario
De textos galegos
2007/2008
USC
5. A constitución da moderna prosa literaria galega: Vicente Risco, Otero Pedrayo e
Castelao

■ Tempo marcado:
· Do relato: moi amplo, xa que comprende toda a vida dos protagonistas.
· Da acción: preciso → antonte, onte, hoxe, deica logo (futuro desexado pola
vella e incomprendido pola xente que a rodea).

► “Adeus á vila de Pedriño e Rañolas”, Os dous de sempre


■ É un dos capítulos descritivos de Os dous de sempre, coa finalidade de
reflectir o paso do tempo. Constitúe unha unidade completa en si mesmo.
■ Temática: paso do tempo concretado en dúas realidades:
· A vila
· Os personaxes

- desaparece o eucalipto da reitoral;

Dexeneración
- chega a luz eléctrica (arames que afean a vila,
uso do cruceiro coma un esteo);
- a casa da tía Ádega está descoidada.
Vila - botica, atendida por un licenciado malfeito;
- sucursal, cine... que lle dan máis entidade á vila,
Novidades pero fan que perda o seu encanto;
- novos personaxes e evolución das existentes
(nenas > mulleres; mulleres > vellas destragadas)
Personaxes Tía Ádega - Descrita con trazos positivos e sentimentais.
(conxuntos - Descrito con trazos negativos, con medo á morte,
opositivos) Don Andrés coma un cutre.

■ Estruturas:
· Estrutura en dúas partes (esencial): paisaxe – personaxes, na que a frase
“Todos os vellos amigos están debaixo dos terróns” marca o cambio entre as
dúas realidades.
· Estrutura circular, aínda que no parágrafo final se introduce a función lírica
(viliña).
■ Narrador en 1ª persoa do plural, que implica os lectores (volvemos,
atopamos, chegamos, noso conto...) buscando a súa complicidade. Pero tamén
hai un narrador en 1ª persoa do singular (eu lémbrome) que parece o autor. En
xeral, predomina a 3ª persoa en toda a novela.
■ Modo narrativo→ descrición, que de define en trazos:
· Realistas: paso do tempo na vida: árbore, tía Ádega (cara chuchada).
· Líricos: para referirse á tía Ádega (bota de menos o sobriño, espera a morte
serenamente, chora cando xa está morta...)
· Humorísticos: en referencia a don Andrés (está comendo terra, defendeu o
pelexo, non quita a gorra polo frío, o reloxo gardado en naftalina...)
■ Importancia da antítese:
· Paso do tempo: recordos vs. estado actual das persoas e as cousas.
· Personaxes: postura persoal ante a morte, momento da morte, visión dos
habitantes da vila.
17 Comentario Literario
De textos galegos
2007/2008
USC
5. A constitución da moderna prosa literaria galega: Vicente Risco, Otero Pedrayo e
Castelao

Tía Ádega Don Andrés


- Móstrase sosegada ante a morte e, - Ten medo e loita por non morrer, non
ademais, deséxaa xa que está triste e deu enganado á morte en ten que
soa, polo que prepara a súa alma entregar o folgo.
(acende candeas aos santos). Entrégalle - Morre nun día de festa.
a alma aos anxiños e está cumprida da - Na vila esténdese o rumor de que
graza de Deus. morreu por non mercar un bragueiro,
- Morre no devalo da lúa de xaneiro afirmación que o narrador considera que
(lirismo). puido ser certa.
- Segue a chorar despois de morta.

■ Espazo: vila natal dos protagonistas (vila mariñeira, que non se identifica non
Rianxo malia as súas semellanzas).

18 Comentario Literario
De textos galegos
2007/2008
USC