Está en la página 1de 19

3.

Rexurdimento: Rosalía de Castro

1. Comentario da parte V de “Para Habana”1

Este vaise i aquel vaise,


e todos, todos se van.
Galicia, sin homes quedas
que te poidan traballar.
Tes, en cambio, orfos e orfas
e campos de soledad,
e nais que non teñen fillos
e fillos que non ten pais.
E tes corazóns que sufren
longas ausencias mortás,
viudas de vivos e de mortos
que ninguén consolará.

1.1.Análise previa
a) Aspecto bibliográfico: é a parte V do primeiro poema do Libro V
(“Viudas dos vivos e viudas dos mortos”) de Follas Novas (1880).
b) Aspecto ecdótico: non presenta problemas textuais.

1.2.Análise intratextual
a) Fondo ou contido:
1) Argumento: é un anaco moi breve para referírmonos ao argumento.
2) Tema central: desolación de Galiza polo abandono dos seus habitantes
(Galicia, sin homes quedas / que te poidan traballar.). Trátase o tema desde
a perspectiva dos que quedan, non dos que marchan e neste anaco non se
fai referencia a que a razón deste abandono é a emigración, pero si no resto
do poema e é ademais un dos temas máis importantes de Follas Novas.
3) Temas secundarios: non podemos falar de temas secundarios, pero si
dalgunhas concrecións do tema central (abandono dos fillos, das nais, das
mulleres).
b) Forma ou expresión:
1) Nivel gráfico: na primeira edición, que é tamén a testamentaria, non hai
ningunha indicación gráfica da división do texto en estrofas.
2) Nivel fónico: os principais elementos a comentar están relacionados coa
métrica.
 Verso octosílabo (composición monométrica octosilábica). Un verso
popular, pero que tamén se cultivou na poesía culta (Romanticismo).
 Composición polirrítmica.
 Rima asonante alterna só nos versos pares. Esta é a rima que domina
na obra, que destaca pola súa forma poética novidosa, xa que a autora
usa a forma do xeito que cre máis axeitado para o que quere expresar.

1
Segundo Claudio Rodríguez Fer.
1

Comentario Literario de Textos Galegos


2007/2008
USC
3. Rexurdimento: Rosalía de Castro

3) Nivel gramatical:
 Morfoloxía: Rodríguez Fer considera que se dá a morfoloxía normal na
autora, pero destaca algúns elementos:
• Solución castelá para o sufixo latino – tatem no caso de soledad, feito
que non é frecuente na autora (son máis habituais soedade, soidade ou
soledá).
• O uso de ten por teñen no verso 8 por esixencias métricas e, ademais,
temos que ter en conta que parte dunha lingua non fixada.
• O plural dos termos rematalos en – l no caso de mortás, unha solución
tipicamente galega.
• O grande uso de substantivos (orfas, soledad, fillos, pais, mortos) e
verbos (vaise, van, quedas, traballar, sufren, consolará) e o feito de
que os únicos dous adxectivos se sitúen no verso 10 (longas
ausencias mortás).
 Sintaxe:
• Hipérbato no verso 3 (Galicia, sin homes quedas) coa finalidade de
destacar o substantivo homes que se antepón ao verbo.
• Ceuma (elisión dun termo enunciado anteriormente) no verso 11
(viudas de vivos e de mortos), no que se sobreentende tes.
• Poderiamos sinalar unha sinécdoque no verso 9 no que corazóns se
referiría a viudas (parte polo todo).
 Recorrencias:
• Epanadiplose (repetición dunha ou varias palabras en contacto) no
verso 1 (Este vaise i aquel vaise,) e no 2 (e todos, todos se van).
• Reduplicatio ou anadiplose (repetición do fin dun grupo de palabras
como inicio doutro) entre os versos 7 e 8 (e nais que non teñen fillos /
e fillos que non ten pais.).
• Anáfora (repetición dunha ou máis palabras ao comezo de varios
versos sucesivos) + polisíndeto nos versos 2, 6, 7, 8 e 9 (e todos,
todos se van; e campos de soledad / e nais que non teñen fillos / e
fillos que non ten pais. E tes corazóns que sufren).
• Paralelismo anafórico entre os versos 7 e 8 (e nais que non teñen
fillos / e fillos que non ten pais.).
• Figura etimolóxica co verbo irse (vaise, van) e ter (tes, teñen, ten).
 Acumulacións de palabras: dáse na enumeración dos que se van (Este
vaise i aquel vaise, / e todos, todos se van) e dos que quedan (Tes, en
cambio, orfos e orfas / e campos de soledad, / e nais que non teñen fillos
/ e fillos que non ten pais. / E tes corazóns que sufren / longas ausencias
mortás, / viudas de vivos e de mortos). É un fenómeno intensificador da
idea central.

4) Nivel léxico – semántico:


 Léxico popular e usual.
 O campo semántico dominante é o do abandono.
 Fenómenos semánticos que recalcan a idea principal:
• Hipérbole: sin homes quedas.

Comentario Literario de Textos Galegos


2007/2008
USC
3. Rexurdimento: Rosalía de Castro

• Metáfora: campos de soledad.


• Prosopopea: ausencias mortás.
• Paradoxo: nais que non teñen fillos / e fillos que non ten pais; viudas
de vivos e de mortos.
5) Nivel pragmático:
 Emisor:
• Individual.
• Uniforme.
• Está fóra do texto.
• Usa a 2ª persoa.
• É omnisciente panorámico (realidade exterior: este, aquel, todos,
Galicia) e radiolóxico (realidade interior: soledá, sufrimento)
 Receptor: está expreso, xa que é Galiza.
 Marco pragmático:
• Tempo:
- Orde lineal (vaise – consolará).
- Duración: é rápido nos dous primeiros versos e lento nos
seguintes. É unha duración desproporcionada coa real.
• Espazo: o espazo externo é real, xa que é a Galiza rural (ámbitos de
traballo). É un espazo estático ou inmóbil porque a acción nunca sae
de Galiza. En todo o poema só se abandona aos que marchan para
centrarse nos que quedan nesta parte V.
c) Estrutura: podemos considerar que ten dúas partes:
1) Versos 1 e 2: presentación das causas, do motivo.
2) Versos seguintes: desenvolvemento das consecuencias.

1.3.Análise extratextual
a) Análise histórico – literaria:
1) Xénero lírico. Poderíase incluír no subxénero elexíaco.
2) Fonte temática: observación da realidade.
3) Fonte formal: poesía popular ou poesía romántica e postromántica do
XIX.
4) Época literaria: Rexurdimento.
b) Análise histórico – social:

1) Historia social no texto: refírese á despoboación que sofre Galiza na época


por mor da emigración2 e das consecuencias que isto provoca para os que
quedan. Con todo, non se aprecia unha dimensión ideolóxica, xa que non se
refire ás causas da emigración nin ás posíbeis solucións ao problema.

2
A emigración comeza arredor de 1850 e entre 1860 e 1910 marcha un terzo da poboación, máis de
500.000 persoas.

Comentario Literario de Textos Galegos


2007/2008
USC
3. Rexurdimento: Rosalía de Castro

2) O texto na historia social: a recepción da obra é escasa no seu momento,


algo esperábel pola súa complexidade e por estar escrita nunha lingua
considerada marxinal, pero posteriormente tería unha recepción moi
importante. Isto non acontece con Cantares Gallegos porque é entendida
coma unha obra folclórica.
c) Análise antropolóxico – etnográfica: case non hai alusións á cultura
material, pero desenvólvese no marco etnográfico labrego.

d) Análise ideolóxico – filosófica: a ideoloxía reflíctese tanto na escolla do


tema coma da lingua, denunciando así unha situación negativa. Non é un
poema de grande transcendencia filosófica pero ten referencias á vivencia da
dor e da soidade (aínda que non é a soidade ontolóxica / saudade doutros
poemas).

e) Análise biográfico – psicolóxica: non son uns versos autobiográficos,


pero pódense basear en experiencias presenciais da autora xa que neste
momento as emigracións eran masivas. Ademais, non debemos esquecer a
identificación de Rosalía co sufrimento dos que a rodean.

2. Comentario de “O encanto da pedra chan”

O ENCANTO D' A PEDRA CHAN3 Tendidas n'as silveiras e as montañas


Xa en raro, xa as moreas,
Cal pint'a branca nube o ceo sereno
C'o sono d'a inocencia Briland'ó sol, pintaban o paisaxe
Que non turban remorsos d'a concencia, Coma ningun ameno.
Y á virxen o seu lado —
Dormian os meus anxeles n'a cuna, Cabo d'a ria n'a ribeira verde,
Cand'as furtadas n'un sereno dia A cal gana, á cal perde,
C'o peito palpitante d'alegria Xogaban os rapaces c'a onda escrava,
Soya sain en busca d'a fertuna. A anxeliño tocaba
— En un lugar veciño,
Iña tras d'un tesouro cobisado, E anque os pais d'o meniño
De todos iñorado, Ô enterralo, choraban que partian.
Mais d'o que solasmentes eu sabia: Compasivo-l-os vellos,
E n'era só de prata, nin so d'ouro ¡De cantas penas se librou! decian.
Aquel sin par tesouro, —
Qu'era d'un canto deseyar podia. En tant'os carros sin parar chirraban,
— Mentras ô seu compás os carreteiros
Nunca eu fora nin rica nin dichosa, Despaciosos cantaban;
Y o ver que para selo E aqui á fonte corria,
Só me faltaba o gordo d'un cabelo, Ala n'un-ha canteira resoaban,
De seca espiña me tornara en rosa. Metalicos, os picos d'os pedreiros.
E como virxen pura Mais preto os cans ladraban
Que por primeira vez sinte á dozura Y antr'a follax o vento rebulia
D'as inquitús d'o amor, asi eu sentia Indo d'as encanadas ôs outeiros...
Que algo qu'en min dormia ¡Canta paz! ¡canto sol!... ¡canta alegria!...
Despertaba, chamandom'â ventura. —
— «¡O fin sorte cansache!
Por eso dand'ô olvido Y ó quiñon que famenta me negache
As penas que m'ouberan consumido N'a hirencia d'os praceres,
Dendes de que nacera, Dándome sô o d'as ansias e as peleas,
Via á terra y ó ceo, cor d'esperanza Cal á aques que ben queres,
Y ó meu redor, perene primadera. Ora darasmo en gustos as mancheas.»
— —
¡Cal o sol relumbraba! Esto eu iba dicindo,
¡Que mansamente marmuraba ó rio! De dichosa cal n'outra presumindo,
Y o paxariño voador cantaba, Mentras que camiñaba
Mentras qu'eu camiñaba Tan contenta e segura
Lixeira ô meu avio. D'atopar á fortuna en'qu'esperaba,
— Cal seí que atopa á Dios quen ó precura.
Tal'como á neve, albeas, —
As roupas y as marañas Antre buxos e silvas agachado
O encanto deseado
3
Texto tirado da Biblioteca Virtual Galega. Estaba tomo merlo n'o seu niño,
Po-lo romor d'as auguas arrolado
D'o apartado mohiño...
Eu din volt'á devesa
Ver orixinal.
4

Comentario Literario de Textos Galegos


2007/2008
USC
3. Rexurdimento: Rosalía de Castro

Pasey á corredoira d'a Codesa, —


¡Y ô fin cheguei!... y enrriba d'un-ha lousa, Pensando que por sorte
En ond'a amañecida o corbo pousa, Ô paraiso terreal chegara
Un nobre cabaleiro Y era verdade á dicha que soñara,
C'o á sua pruma enrisada n'o sombreiro, Sin m'acordar d'a vida, nin d'a morte,
E vestido de seda e pedreria Olvidando o pasado y o presente
A estilo d'a treidora moureria, C'o porvir xuntamente,
Dou eu chamarm'arteiro, Soyo pensey en abarcar n'un punto
C'un modo loumiñeiro Aquel tanto ben xunto,
Que d'o ceo non d'a terra parecia. lñorado d'a xente.
— —
¡El é! dixen ó punto temerosa... C'o poder d'o que pode, erguinme altiva
Mais o d'o encanto, afeito Sin coidar canto á humana natureza
Seica á tratar con damas dend'antano E falibre e cativa,
Sin que de verme s'atopas'estrano E maxinando eterna fonte viva,
Dende louxe chamandome sorria. Tanta e tanta riqueza,
— Com'ante min soberba s'ostentaba,
Y o ceo póndose foi de cor de rosas, Dixen seguindo ô hermoso cabaleiro,
Mentras n'as carbalIeiras e encanadas, —Xa que vos atopey tan lisonxeiro
Sopraban un-has brisas repousadas, Pra gozar logo d'o qu'é meu, decime,
Soaves e saudosas, Por onde debo encomenzar primeiro.
Cal promesas compridas, s'esperadas. —
— —Por onde vos querás, reina e señora,
Eu non sei que sentia, Contestou gasalloso
Vendo qu'él en chamarme proseguia, C'o seu falar gracioso,
Pois antr'ansiosa y-adusta Qu'é voso canto aqui vos enamora,
C'un-ha valor que asusta Pero vos e mais eu, antes bebamos
Fumm'indo cabo d'él de gozo chea, N'esta copa dourada,
Cal palomiña vay tras d'a candea. Pó-Ios mals que nos deixan e deixamos,
— Y os bês que nos sorrin dend'alborada
Tiña n'as mans un cetro adiamantado, D'un-ha mañan d'abril nunca acabada.
Bateu con el n'a laxe misteriosa —
Que s'abreu, como s'abre d'o granado —¡Pois bebamos! ¡bebamos!
O froito sazonado, Repetin eu, trubada e non de viño,
E con voz armoniosa Sin que a sinal d'a cruz antes fixese
E garrido sembrante, Pra que ben m'emprestase ó que bebese...
¡Vamos!—me dixo gasalleiro,—¡adiante! Y hastra o líquido fresco e cristaiño
— Os dous nos abaixamos
E fun cal folla inxel vai c'a encalmada E ambas bocas mollamos...
Corrente, que primeiro asosegada, —
A arrastra n'as suas auguas cristaiñas Nunca m'olvidarei d'aquel momento
Pra darlle sepultura cariñosa D'inmensa dicha e d'infernal tormento,
N'as orelas veciñas, Pois de dentro d'a copa
E que dempois á leva, arrebatada Saindo de repente
Pó-la negra enxurrada Un-ha e outra cabeza de sarpente
Os abismos d'a mare tormentosa. Contra min se volveno desatadas,
— E todas xuntamente
¡E entrey pensando penetrar n'o ceo!... A un tempo asubiaron,
¿Por que ten á maldade forza tanta? E n'as entrañas mesmas
Pois canto á vista encanta Ô aguillon pezoñoso m'encrabaron.
E nos finxe o ardentísimo deseo —
Nunca farto nin cheo, Cain, cain ferida
Ali os meus ollos viron, e prendados E casi-que sin vida,
Quedaron como nunca e namorados. E inda enriba de min, feras volveno
— C'o seu mortal veneno
D'o tesour'escondido Un-ha y outra sarpente maldecida.
O brilo e fermosura —
¿Aquen que fose de muller nacido, Cal brétema espallada
A que mortal criatura Po-lo Sur, n'a encanada,
N'a houbera contrubado e seducido? Dispareceu ó lindo cabaleiro,
— Y espesa nube de trebons preñada,
E n'a lumieira y antr'aberta porta Partindo d'a sombrisa Compostela,
Sin astreverme, de primeiro ausorta, Que n'o confin lexano se trasvia
A vixiar d'a espréndida morada Cal se trasvé n'a tarde morimunda
Un-ha tras d'outra estensa galeria, A raya sin fulgor d'a noite fria,
Cal si quedase para todo morta Veu contrubar á miña mente inxela.
Menos para o que via, —
Escramey no supremo d'a alegria. Y ali enriba d'a lousa
— En dond'a mañecida o corbo pousa,
—Aqui Dios, aqui as dichas d'o universo Atopeime de pronto, sin ventura,
Sin voltas nin reverso, D'as miñas doces ilusiós despida,
Aqui o que á maxiñar nunca chegara, Soya e probe, cal n'outra criatura
A comprida ventura. Envenenada, triste e malferida.
Que nunca outra topara —
Mais grande, nin mais santa, nin mais pura! E non sey que voz ronca marmuraba,
— C'o vento que soaba,
Tal brasfemey, sin medo nin coidado, «Coma ti, mal tesouro,
¡Tola de min, cegabam'o pecado! Que aquí deixou o mouro
Y aquel brilo que via E que a cubiza alaba,
O par que m'alentaba á fantesia Son os encantos todos terreales,
Daba comprida fé d'o ben buscado. A tan grandes pracers, tan grandes males.»

Este poema pertence ao Libro V (“Da Terra”) de Follas Novas, a parte


máis breve da obra, que parece estruturada de xeito caótico mesturando poemas
obxectivos e subxectivos, aínda que isto é máis complexo. O esperábel neste libro é

Comentario Literario de Textos Galegos


2007/2008
USC
3. Rexurdimento: Rosalía de Castro

que os poemas sexan obxectivos pero, aínda que este si o é (baséase nunha crenza
popular), non o son todos.

Para comentar “O encanto da pedra chan” imos seguir a C. H. Poullain,


especialista da obra de Rosalía, sobre todo da galega. Poullain fai un comentario
antropolóxico – etnográfico4 e despois menciona comentarios feitos por outros
autores, polo que o que imos ver é un exemplo de comentario extratextual.

O poema conta a historia dunha muller que deixa os seus fillos durmindo
para ir buscar un tesouro do que só ela sabe. Descríbese o itinerario que segue e
obsérvase como a paisaxe reflicte os sentimentos da protagonista: primeiro é unha
paisaxe doce e tranquila e despois vólvese triste e revolta. No último verso intervén
unha voz allea facendo unha reflexión moi típica en Rosalía.

2.1.Aspecto folclórico
As lendas dos tesouros agochados son unha crenza popular moi antiga.
Poullain no seu comentario compara estas lendas co texto de Rosalía e chega á
conclusión de que este segue fielmente as características das lendas:
1) No título xa se introduce un mundo irreal. O termo encanto pode facer
referencia ao cabaleiro ou ao sortilexio total (máis probábel).
2) Carácter secreto do tesouro, do que practicamente ninguén sabe: Iña tras
dun tesouro cobisado, / de todos iñorado, / mais do que solasmentes eu sabía;
(versos 8 –10).
3) Presenza da auga, un elemento ao con carácter máxico (nela poden habitar
espíritos e todo tipo de seres sobrenaturais). Así, o texto sitúase preto dun
muíño: o encanto deseado / estaba como merlo no seu niño, / polo romor das
augas arrolado / do apartado moíño... (versos 72 – 75).

4) O tesouro está debaixo dunha lousa, coma nas lendas populares. Poullain
atribúe isto a que Galiza é unha terra granítica e á existencia de pedras
consideradas máxicas coma mámoas e menhires.
5) Necesitade de bater na pedra para descubrir o tesouro: bateu con el na laxe
misteriosa / que se abreu como se abre do granado (versos 104 – 105); a
vixiar da espréndida morada / unha tras doutra extensa galería, (versos 132 –
133).
6) O cabaleiro, gardián do tesouro, amosa indicios de riqueza: un nobre
cabaleiro / coa súa pruma enrisada no sombreiro, / e vestido de seda e
pedrería (versos 80 – 82); tiña nas mans un cetro adiamantado; (verso 103).
7) Presenza do elemento mouro, xa que case sempre é son mouros os gardiáns
do tesouro, seres fabulosos, imprecisos e caracterizados negativamente porque
enganan e seducen5 coas súas promesas para despois non entregar o tesouro e
4
O comentario de Poullain está publicado no Boletín galego de literatura, nº 2.
5
A sedución é un tema moi importante en Rosalía.

Comentario Literario de Textos Galegos


2007/2008
USC
3. Rexurdimento: Rosalía de Castro

castigar ao que vai na súa procura. Aínda que estas lendas parecen ter a súa
orixe polo menos no tempo dos suevos, Poullain apunta a posibilidade de que
esta caracterización negativa dos mouros estea relacionada co inconsciente
colectivo que considera os árabes como inimigos. Exemplos disto no texto
son: e vestido de seda e pedrería / a estilo da treidora mourería, (versos 82 –
83); “Coma ti, mal tesouro, / que aquí deixou o mouro (versos 215 – 216).
8) Presenza do sentimento de culpa nos que procuran o tesouro, que normalmente
o fan movidos pola cobiza, coma no texto. É isto mesmo o que os leva ao
fracaso (pensamento rosaliano): Pois canto á vista encanta / e nos finxe o
ardentísimo deseo / nunca farto nin cheo, / alí os meus ollos viron, e
prendados / quedaron como nunca e namorados. (versos 120 – 124).
9) Existencia duns requisitos impostos polo gardián para conseguir o tesouro
(vencer a curiosidade e non o mirar até chegar á casa, vencer o temor que
producen as serpes...). No texto o requisito consiste en beber do mesmo vaso
có gardián, pero a muller esquece facer o sinal da cruz para protexerse: pero
vós e mais eu antes bebamos / nesta copa dourada (versos 171 – 172); sin que
a sinal da cruz antes fixese / pra que ben me emprestase o que bebese...
(versos 178 – 179). Deste xeito Rosalía introduce un elemento relixioso que
non está presente nas lendas populares.
10) Presenza do castigo, neste caso as serpes (ou unha serpe de dúas cabezas) que
lle cravan o aguillón á protagonista. Este é un elemento innovador, que non se
atopa nas lendas, e que deu pé a moitas interpretacións simbólicas.
Observamos isto no texto: pois de dentro da copa / saíndo de repente / unha e
outra cabeza de sarpente / contra min se volveno desatadas, / e todas
xuntamente / a un tempo asubiaron, / e nas entrañas mesmas / o aguillón
pezoñoso me encravaron. // Caín, caín ferida / e cásique sen vida, / e inda
enriba de min, feras volveno / co seu mortal veneno / unha i outra sarpente
maldecida. (versos 185 – 197).
11) O desenlace:
 Supón o fracaso na busca do tesouro, coma nas lendas populares. O
buscador sofre un castigo e acaba ferido ou desmaiado: atopeime de pronto
sin ventura, / das miñas doces ilusiós despida, / soia e probe cal n’outra
criatura, / envenenada, triste e malferida (versos 209 – 212).
 Dun xeito misterioso (marcado xeralmente pola néboa), prodúcese a
desaparición do gardián e mais do tesouro: Cal brétema espallada / polo
Sur, na encanada / dispareceu o lindo cabaleiro, (versos 198 – 200).
 Isto adoita ir acompañado nas lendas, coma no texto, dun fenómeno
atmosférico que chama a atención: i espesa nube de trebóns preñada
(verso 201).

2.2.Interpretacións
Poullain destaca que aínda que Rosalía segue o esquema das lendas
populares, o poema é totalmente orixinal. Ademais comenta outras interpretacións:

Comentario Literario de Textos Galegos


2007/2008
USC
3. Rexurdimento: Rosalía de Castro

A) A. Machado da Rosa: interpreta que o poema relata simbolicamente un


episodio da vida de Rosalía6.
1) Así, faría referencia á relación amorosa con A. Aguirre cuxo suicidio estaría
relacionado coa traizón de Rosalía, razón pola que esta sentiría remorsos
(sombrisa Compostela).
2) Neste senso compárao con poemas nos que tamén aparece o tema da sedución
(recorrente en Rosalía) coma “Ladraban contra min que camiñaba” do Libro II
(“¡Do íntimo!”), que sería a escena seguinte a “O encanto da pedra chan”.
3) Ademais, desenvolve símbolos sexuais coma o aguillón pezoñoso. Para
Poullain esta interpretación aséntase en supostos moi discutíbeis xa
que, por exemplo, o tema de Compostela coma unha cidade fermosa pero triste á
vez é frecuente en Rosalía, polo que sombrisa Compostela non tería porque ser
interpretado coma un símbolo dos remorsos da autora.

B) Víctor Manuel de Aguiar e Silva: no Congreso Internacional de Estudios


sobre Rosalía de Castro e o seu tempo7 presenta unha crítica psicanalítica na que
retoma os símbolos pero non a interpretación autobiográfica. Así, para Aguiar e
Silva o esquema do conto folclórico é aproveitado para relatar unha relación
erótica mítico – simbólica.

Para Poullain non hai razóns para crer que Rosalía pretendía transmitir
algo máis ca un conto folclórico xa que, aínda que describe a lenda con moita
exactitude, o poema ten trazos claramente rosalianos:
a) Descrición de supersticións, xa presente en Cantares gallegos.
b) A paisaxe, na que se reflicte o estado de ánimo da protagonista e na que se
insire o pobo. A composición desenvólvese nun marco real, Galiza, e a voz
lírica comparte a vida dese pobo.
c) A aparición de conceptos coma a conciencia do mal e do pecado, así coma os
remorsos.
d) Aparición do complexo de polícrates: a tan grandes pracers, tan grandes
males.” (verso 119).
e) A soidade, tema fundamental na obra de Rosalía.

Poullain chega á conclusión de que este é un poema complexo no que


podemos distinguir:
a) Unha lenda de mouros contada de xeito obxectivo.
b) A expresión do pensamento de Rosalía, sendo neste senso un poema persoal
(pero non autobiográfico) e subxectivo. En relación a isto destaca Poullain
que o tesouro se describe como algo inmaterial (e n’era só de prata, nin só
6
Os poemas dos libros IV e V de Follas novas son, na súa maioría, obxectivos. Hai poemas
considerados autobiográficos, coma “En Cornes” ou “San Lourenzo”, porén que este sexa
autobiográfico non é unha opinión compartida.
7
Actas do Congreso Internacional de Estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo : (Santiago, 15-20
de xullo de 1985) / [organizado. polo] Consello da Cultura Galega, Universidade de Santiago de
Compostela
8

Comentario Literario de Textos Galegos


2007/2008
USC
3. Rexurdimento: Rosalía de Castro

de ouro / aquel sin par tesouro, / que era de un canto deseiar podía, versos 11
– 13), polo que se podería identificar coa felicidade, unha felicidade
imposíbel de acadar.

3. Comentario de “Castellanos de Castilla”

Castellanos de Castilla todos de esperanzas cheios, Esto che tocóu, coitada,


tratade ben ós gallegos; e volven, ¡ai!, sin ventura, por herencia no universo;
cando van, van como rosas; con un caudal de despresos. ¡miserable
cando vén, vén como 85 fanfarrona...!
negros. 45 Van probes e tornan prohes, triste herensia foi por certo.
5 van sans, e tórnan enfermos,
-Cando foi, iba sorrindo; que anque eles son como En verdad non hai, Castilla,
cando veu, viña morrendo; rosas, nada como ti tan feio,
a luciña dos meus ollos, tratadelos como negros. que aínda mellor que Castilla
o amantiño do meu peito. 90 valera decir inferno.
50 ¡Castellanos de Castilla,
10 Aquél máis que neve branco, tendes corazón de aceiro, ¿Por qué qué aló foches,
aquél de dosuras cheio, alma como as penas dura, meu ben?
aquél por quen eu vivía e sin entrañas o peito! ¡nunca tal houberas feito!
e sin quen vivir non quero. ¡Trocar campiñas frolidos
En trós de palla sentados, 95 por tristes campos sin rego!
Foi a Castilla por pan, 55 sin fundamentos, soberbos,
15 e saramagos lle deron; pensás que os nosos filliños ¡Trocar tan craras fontiñas,
déronlle fel por bebida, para servivos naceron. ríos tan murmuradeiros
peniñas por alimento. por seco polvo que nunca
E nunca tan torpe idea, mollan as bágoas do ceo!
Déronlle, en fin, canto tan criminal pensamento 10
60 coupo en máis fatuas 0 Mais, ¡ai!, de ande a min te
amargo
20 cabezas foches
ten a vida no seu seo...
¡Castellanos, castellanos, ni en máis fatuos sin dor do meu sentimento,
tendes corazón de ferro! sentimentos. i aló a vida che quitaron,
aló a mortiña che deron.
¡Ai!, no meu corazonciño Que Castilla e castellanos,
xa non pode haber contento, todos nun montón a eito, Morreches, meu quiridiño,
65 non valen o que unha 10 e para min n'hai consuelo,
que está de dolor ferido,
25 herbiña 5 que onde antes te vía, agora
que está de loito cuberto.
destes nosos campos xa sólo unha tomba vexo.
Morréu aquel que eu quería, frescos.
e para min n'hai consuelo: Triste como a mesma noite,
sólo hai para min, Castilla, Sólo pesoñosas charcas farto de dolor o peito,
70
detidas no ardente suelo, pídolle a Dios que me mate,
30 a mala leí que che teño.
tes, Castilla, que humedezan porque xa vivir non quero.
Premi ta Dios, castellanos, esos teus labios sedentos.
castellanos que aborreso, Mais en tanto non me mata,
que antes os gallegos Que o mar deixóute olvidada castellanos que aborreso,
morran 75 e lonxe de ti correron hei, para vergonza vosa,
35 que ir a pedirvos sustento. as brandas auguas que traen heivos de cantar xemendo:
de prantas cen semilleiros.
Pois tan mal corazón tendes, ¡Castellanos de Castilla,
secos fillos do deserto, Nin arbres que che den tratade ben ós gallegos;
que si amargo pan vos sombra, cando van, van'como rosas;
ganan, 80 nin sombra que preste cando vén, vén ,como
40 dádesllo envolto en veneno. alento... negros!
Llanura e sempre llanura,
Aló van, malpocadiños, deserto e sempre deserto... (ver orixinal)

Este é o poema número 28 da segunda edición de Cantares Gallegos


(1872), que é tamén a edición testamentaria8.

Imos seguir o comentario didáctico que realiza Xabier Rodríguez


Baixeras9:

8
Nesta edición engádense catro poemas, sen romper a estrutura circular do libro. Porén, na terceira
edición (póstuma) engádense máis poemas de ao final, de xeito que non se dá a estrutura circular das
outras dúas edicións.
9
Revista de estudios rosalianos, nº 1 (2000)
9

Comentario Literario de Textos Galegos


2007/2008
USC
3. Rexurdimento: Rosalía de Castro

3.1.Marco histórico
Nesta composición plásmase a realidade social da emigración, que no
momento no que escribe Rosalía se daba cara Castela e Portugal (século XVIII –
XIX) e América (desde 1853). As causas desta emigración temos que buscalas na
penosa situación na que se encontraba o campo galego:
 Mantemento das estruturas do Antigo Réxime: foros, minifundismo.
 Caída dos prezos dos cereais entre 1820 e 1857.
 Desastres coma as inundacións de 1853, que deron lugar á “fame negra”.
 Alta densidade demográfica.
 Non era quen de xerar riqueza para crear industria.

3.2.Localización do tema
a) Eixo temático: labrego que morre ao regresar da sega en Castela por mor
dos malos tratos que alí sofre e lamento dunha muller (a súa namorada,
segundo Baixeras) pola súa perda.
b) Unidades complementarias:
1) Oposición entre Galiza e Castela, visíbel sobre todo na descrición da
paisaxe.
2) Extensión do maltrato a tódolos galegos en xeral, como se recolle na
cantiga glosada. Neste senso temos que sinalar que é frecuente a protesta e
mesmo o sentimento de vinganza respecto a Castela na literatura popular da
época, e tamén a literatura popular castelá arremete contra Galiza. Por
outra banda, o obxecto das críticas destas cantigas populares galegas tamén
é en ocasións Catalunya (contra os patróns).

3.3.Estrutura temática

Nesta composición entrelázanse dous temas:


Tema Situación no poema
O labrego como vítima
e causa da dor da voz versos 1 – 18
lírica

10

Comentario Literario de Textos Galegos


2007/2008
USC
3. Rexurdimento: Rosalía de Castro

Nos versos 19 e 20 hai unha apóstrofe que se refire aos casteláns.


Ata o verso 45 apreciamos unha desorde temática (relacionada co
estado anímico da voz emisora)
Castela como obxecto
Soberbia dos casteláns entre os versos 45 – 57
da crítica e a indignación
Fealdade de Castela vinculada á soberbia dos casteláns entre os
da voz emisora
versos 57 – 80
Pranto no que se opón Galiza a Castela desde o verso 81 até o 89.
Desexos de morte da voz emisora desde o verso 89.

3.4.Estrutura comunicativa e estruturas líricas


A emisora é sempre a mesma, pero Rodríguez Baxeiras establece
diferentes partes no texto segundo cal sexa o receptor ao que se refire:

Estrutura comunicativa Situación no poema


Terceira persoa con función referencial Versos 1 – 13
Referencia aos casteláns (maltratadores) Versos 14 – 18
Aparición por primeira vez da 2ª persoa do plural nun apóstrofe
Versos 19 e 20
aos casteláns (función apelativa)
1ª persoa (eu lírico) con función emotiva Versos 21 – 28
Apóstrofe referente aos casteláns Versos 29 – 30
Xeneralización da situación a tódolos galegos Versos 31 e 44
Apóstrofe referente aos casteláns e Castela Versos 32 – 84
Situación fúnebre, pranto (ti lírico en función apelativa) Versos 81 – 92
Aparición da 1ª persoa de novo Versos 94 – 104

3.5.Plano léxico – semántico


Rodríguez Baixeras distingue no poema tres campos semánticos
esenciais:
1) Labrego galego que emigra, tratado con delicadeza: a luciña dos meus ollos
(verso 7); aquél de dosuras cheio, (verso 10).
2) Castela, que se contrapón á delicadeza do home galego xa que se caracteriza
pola súa fealdade e pola dureza espiritual, insensibilidade e altivez dos seus
habitantes.
3) Desconsolo da voz emisora, chea de dor, desesperación e carraxe.

***

Destaca tamén Rodríguez Baixeras a sensación de espontaneidade que


se percibe no texto, que parece estar escrito de forma visceral e ser produto dun
sentimento auténtico da autora perante a realidade inxusta que sofren os galegos.
De aí que poidamos afirmar que Cantares gallegos non é un libro simplemente
folclórico, senón que tamén ten contido social.

11

Comentario Literario de Textos Galegos


2007/2008
USC
3. Rexurdimento: Rosalía de Castro

► “Lieders”:

Obra moi temperá publicada en 1858 na que, segundo García Negro,


realiza toda unha declaración de principios que despois desenvolverá.

► Prólogo de Cantares gallegos10

Expón as ideas principais que desenvolverá en Cantares Gallegos:


defensa da terra, dos galegos, da lingua e feminismo.

Grande atrevemento é sin duda par' un probe inxenio com' ó que me cadrou en
sorte, dar á luz un libro, cuyas páxinas debian estar cheyas de sol, d' armonia, e
d' aquela naturalidade que unida á un-ha fonda ternura, á un arrulo incesante de
palabriñas mimosas e sentidas, forman á mayor belleza d' os nosos cantos
populares. A poesia gallega toda música e vaguedade, toda queixas, sospiros, e
doces sonrisiñas, mormuxando un-has veces c'os ventos misteriosos d' os
bosques, briland' outras c' ó rayo de sol que cai sereniño por enriba d' as auguas
d' un rio farto e grave, que corre baixo as ramas d' os salgueiros en frol,
compriálle para ser cantada, un sprito subrime e cristaiño si asi ó podemos decir,
un-ha inspiracion fecunda, com' á vexetacion que hermosea esta nosa privilexiada
terra e sobre todo un sentimento delicado e penetrante prá dar á conocer tantas
bellezas de pirmeiro orden, tanto fuxitivo rayo d' hermosura, como se desprende
de cada costume, de cada pensamento escapado á este pobo á quen moitos
chaman estúpido, e á quen quisais xuzguen insensibre, estraño a devina poesia.
Mais naide ten menos qu'eu teño, as grandes cualidades que son precisas prá
levar á cabo obra tan dificile, anque naide tampouco se pudo achar animado d'un
mais bon deseo, prá cantar as bellezas da nosa terra naquel dialecto soave e
mimoso, que queren facer barbaro, os que non saben que aventaxa âs demais
linguas en doçura e armonia. Por esto, inda achándome debil en forzas, e
nabendo deprendido en mais escola qu' á d' os nosos probes aldeans, guiada solo
por aqueles cantares, aquelas palabras cariñosas e aqueles xiros nunca olvidados
que tan doçemente resoaron nos meus oidos desd' á cuna, e que foran recollidos
po-lo meu corazon como harencia propia, atrevinme á escribir estos cantares,
esforzándome en dar á conocer como algun-has d' as nosas poeticas costumes,
inda conservan certa frescura patriarcal e primitiva, e com' ó noso dialecto doce e
sonoro, é tan aproposito com' ó pirmeiro, para toda clase de versificacion.

10
Texto tirado da Biblioteca Virtual da Real Academia Galega (ver orixinal).

12

Comentario Literario de Textos Galegos


2007/2008
USC
3. Rexurdimento: Rosalía de Castro

As miñas forzas é certo quedaron moito mais abaixo d' ó que alcançaran os
meus deseyos, e por eso comprendendo canto poidera facer nesto un gran poeta,
dóyome inda mais da miña insuficença. Ó libro d' os Cantares de D. Antonio
Trueba, que m' inspirara e der' alento prá levar á cabo este traballo, pasa pó-Io
meu pensamento com' un-hun remorso, e casi asoman as vagoas ôs meus ollos ô
pensar como Galicia se levantaria hastr'ó lugar que lle corresponde, si un poeta
como Anton ó d' os Cantares, fose o destinado prá dar á conocer as suas bellezas
e ás suas costumes. Mais á míña infeliz patria, tan desventurada nesto como en
todo ó mais, tense que contentar c' un-has páxinas frias e insulsas, qu' á penas
serian dinas d' achegarse de lonxe âs portas dó Parnaso, como non fosse pó-lo
nobre sentimento c' as creou. Qu' esto mesmo me sirva de disculpa, prá os que
xustamente quirtiquen as miñas faltas, pois penso que ó que s' esforça por
desvanecer os errores que manchan e ofenden inxustamente á sua patria, é
acreedore á algun-ha indulxencia.

Cantos, vagoas, queixas, sospiros, serans, romerias, paisaxes, debesas,


pinares, soidades, ribeiras, costumes, tod' aquelo en fin que pó-la sua forma e
colorido e dino de ser cantado, todo ó que tuvo un eco, un-ha voz, un runxido por
leve que fosse, que chegase á conmoverme, tod' esto m' atrevin á cantar neste
homilde libro prá desir un-ha vez siquera, y anque sea torpemente, ôs que sin
razon nin conocement' algun nos despreçan, qu' a nosa terra é dina d' alabanzas,
e qu' a nosa lingua non é aquela que bastardean e champurran torpemente nás
mais ilustradisimas províncias, c' un-ha risa de mofa, qu' á desir verdade (por
mais qu' esta sea dura), demostra á iñorancia mais crasa y á mais imperdoable
inxusticia, que pode facer un-ha provincia á outra provincia hirman por probe qu'
esta sea. Mais he aqui qu' ó mais triste nesta cuestion, é á falsedade con que fora
d' aqui pintan así ôs fillos de Galicia com' á Galicia mesma, á quen xeneralmente
xuzgan ó mais despreciable e feyo d' España, cando acaso sea ó mais hermoso e
dino d' alabanza.

Non quero ferír con esto á susceptibilidade de naide, anque á decir verdade,
ben poidera perdonarsell' este pequeno desafogo á quen tan ferida foy de todos.
Mais eu qu' atravesei repetidas veces aquelas soledades de Castilla, que dan idea
d' ó deserto; eu que recorrin á feraz Estremadura y á estensa Mancha, dond' ó sol
cai á plomo alomeando monotonos campos, dond' ó cor d' á palla seca prest' un
tono cansado ô paisaxe que rinde e entristece ó esprito, sin un-ha herbiña que
distraya á mirada que vai perderse nun ceo sin nubes, tan igual e tan cansado
com' á terra que crobe; eu que visitei os celebrados arredores d' Alicante dond' os

13

Comentario Literario de Textos Galegos


2007/2008
USC
3. Rexurdimento: Rosalía de Castro

olivos, có seu verd' escuro, sembrados en fila e de raro en raro parecen chorar de
verse tan solitarios, e vin aquela famosa horta de Murcia, tan nomeada, e tan
alabada, e que, cansada e monotona com' ó resto d' aquel paise, amostra á sua
vexetacion tal como paisaxes pintados nún carton con árbores postos
simetricamente y en carreiriños para divertision d' os nenos, eu non podo menos
d' indignarme cand' os fillos d' esas provincias que Dios favoreceu en fartura, pero
non ná belleza d' os campos, bulranse d' esta Galicia competidora en clima e
galanura c'os paises mais encantadores da terra, esta Galicia donde todo é
espontaneo na natureza y en donde á man do home, cede o seu posto á man de
Dios.

Lagos, cascadas, torrentes, veigas froridas, valles, montañas, ceos azues e


serenos com' os d' Italia, horizontes nubrados e malenconicos anque sempre
hermosos com' os tan alabados da Suiza, ribeiras apacibres e sereniñas, cabos
tempestuosos qu' aterran e adimiran po-la sua xigantesca e xorda cólera... mares
imensos... que direi mais? non hay pruma que poida enumerar tanto encanto
reunido. A terra cuberta en tóda-las estacions de herviñas e de frores, os montes
cheyos de pinos, de robres e salgueiros, os lixeiros ventos que pasan, as fontes y
os torrentes derramándose fervedores e cristaiños, bran e inverno, xa po-los
risoños campos, xa en profundas e sombrisas ondanadas... Galicia é sempre un
xardin donde se respiran aromas puros, frescura e poesia... E á pesar d' esto
chega á tanto á fatuidade d' os iñorantes, á tanto á indina preocupacion que
contra á nosa terra existe, qu' inda os mesmos que poideron contemprar tanta
hermosura (xa non falamos d' os que se bulran de nos sin que xamais nos hayan
visto nin ainda de lonxe, que son os mais) inda os que penetraron en Galicia e
gozaron d' as delicias qu' ofrece, atreveronse á decir que Galicia era... un cortello
inmundo!!... Y estos eran quisais fillos... de aquelas terras abrasadas d' onde
hastra os paxariños foxen!... que diremos á esto? Nada mais sinon, que taes
fatuidades, respecto do noso pais, teñen algun-ha comparanza c' as d' os
franceses ô falar d' as suas eternas vitorias ganadas ôs españoles. España, nunca,
nunca os venceu, po-lo contrario sempre saleu vencida, derrotada, homillada, e ó
mais triste d' esto é que vale antr' eles tan infame mentira, así como vale prá á
seca Castilla, prá á deserta Mancha e prá tóda-las demais provincias d' España, —
ningun-ha comparada en verdadeira belleza de paisaxe, có á nosa,— que Galicia é
ó rincon mais despreciable da terra. Ben din que todo neste mundo está
compensado, e ven asi á sofrir España d' un-ha nacion veciña que sempre á
ofendeu á misma inxusticia qu' ela, inda mais culpabre, comete c' un-ha provincia
homillada de quen nunca s' acorda, como non sea prá homillala índa mais. Moito

14

Comentario Literario de Textos Galegos


2007/2008
USC
3. Rexurdimento: Rosalía de Castro

sinto as inxusticias con que nos favorecen os franceses, pró neste momento casi
lles estou agradecida, pois que me proporcionan un medio de facerlle mais
palpabre á España á inxusticia qu' ela á sua vez conosco comete.

Foy este ó movil principal que m' impeleu á pubricar este libro, que mais que
nadie, conoço que necesita á indulxencia de todos. Sin gramatica, nin regras de
ningun-ha clás, ó lector topará moitas veces faltas d' ortografia, xiros que
disoarán ôs oidos d' un purista, pró ô menos, e prá disculpar en algo estes
defectos, puxen o mayor coidado, en reprodusir ó verdadeiro esprito d' ó noso
pobo, e penso qu' ó conseguin en algo... si ben de un-ha maneira débil e froxa.
¡Queira ó ceo qu' outro mais afertunado qu' eu, poida describir c' ó seus cores
verdadeiros, os cuadros encantadores que por aquí s' atopan, inda no rincon mais
escondído e olvidado! prá qu' asi ô menos en fama, xa que non en proveito, gane
e se vexa c' o respeto e adimiracion merecidas esta infortunada Galicia.

► Prólogo de Follas novas11:

DUAS PALABRAS D'A AUTORA

Mais de dez anos pasaron —tempo casi-que fabuloso á usgar po-la presa con
que ho e se vive—desque á mayor parte d'estos versos foron escritos, sin que as
contrariedades d'a miña vida desasosegada, e un-ha saude decote endebre, me
permitise apousar n'eles os meus cansados ollos y o meu fatigado esprito. Ô
leelos de novo, vin ben craro, como era incompreto e probe este meu traballo
poetico, canto Ile faltaba pra ser algo que valla, e non un libro mais, sin outro
merito que á perene melancolía que o envolve, e que alguns terán, non sin razon,
como fatigosa e monotona. Mais as cousas teñen de ser com'as fan as
circunstancias, e s'eu non puden nunca fu ir âs miñas tristezas, os meus versos
menos. Escritos n'o deserto

[p. XXIV]

de Castilla, pensados e sentidos n'as soidades d'a natureza e d'o meu corazon,
fillos cativos d'as horas de enfermedade e d'ausencias, refre an quisais con

11
Texto tirado da Biblioteca Virtual da Real Academia Galega (ver orixinal).

15

Comentario Literario de Textos Galegos


2007/2008
USC
3. Rexurdimento: Rosalía de Castro

demasiada sinceridade, o estado d'o meu esprito un-has veces, outras á miña
natural disposicion (que n' en valde son muller) á sentir como propias as penas
alleas. ¡Ay! á tristeza, musa d'os nosos tempos, conoceme ben, e de moitos anos
atras; mirame como sua, é outra como eu, non me dei a un momento, n'inda
cando quero falar de tantas cousas com'andan o e n'o aire e n'o noso corazon.
¡Tola de min! ¿N'o aire, dixen? n'o meu corazon inda, mais ¿fora d'el? Aunqu'en
verdade, ¿qué lle pasará á un que non sea como se pasas'en todo-l-os demais?
¡En min y en todos! n'a miña alma e n'as alleas!... ¿Mais dirase por eso que me
teño por un-ha inspirada, nin que penso haber feito, ó que se di, un libro
trascendental? Non, nin eu o qui en, nin me creo con forzas pra tanto. N'o aire
andan d'abondo as cousas graves, é certo; facil é conocelas, e hastra falar d'elas;
mais son muller, e âs mulleres, apenas s'á propia femenina fraqueza ll'é permitido
adiviñalas, sentilas pasar. Nòs somos arpa de soyo duas cordas, á ima inacion y ó
sentimiento: n'o eterno panal que traballamos alá n'o intimo, solasmente se dá
mel, mais ou menos doce, de mais ou menos puro olido, pero mel sempre, e nada
mais que mel. Que s'ôs problemas que tén ocupados os mais grandes
entendementos, teñen algo que ver con nosco,è n'entramentras que os que
comparten e levan á un-ha con nosoutras os traballos d'a vida, non poden
ocultarnos de todo, as suas tristezas e os seus desfalecementos! É d'eles ver âs
chagas e sondalas e buscarlles procuro, é noso a udarlles a soportalas, mais con
feitos iñorados que con palabras e romores. O pensamento d'a muller é li eiro,
góstanos com'âs borboletas, voar de rosa en rosa, sobr'as cousas tamen li ei-

[p. XXV]

ras: n'é feito para nos ó duro traballo d'a meditacion. Cand'á el n'os entregamos,
imprenámolo, sin sabelo siquera, d'a innata debilidade, e se n'os é facil engañar
os espíritus frívolos ou pouco acostumados, non soced'ò mesmo c'os homes
d'estudio e reflecsion, que logo conocen que bai o d'a crara corrente d'a forma
non s'atopa mais que ó limo insustancial d'as vulgaridades. E n'os dominios d'a
especulacion como n'os d'o arte, nada mais inútil nin cruel d'o que o vulgar. D'él
fuxo sempre con tod'as miñas forzas, e por non caer en tan gran pecado nunca
tentey pasar os límites d'a simple poesía, qu'encontr'as veces n'un-ha espresion
feliz, n'un-ha idea afertunada, aquela cousa sin nome que vai direita como frecha,
traspasa as nosas carnes, fainos estremecer, e resoa n'a alma dorida coma un
outro ¡ay! que responde ô largo emido que decote levantan en nos, os dôres d'a

16

Comentario Literario de Textos Galegos


2007/2008
USC
3. Rexurdimento: Rosalía de Castro

terra.

Despois d'o a dito, ¿tendrey que añadire qu'este meu libro n'é en certa
maneira, fillo d'a mesma inspiracion que dou de si os Cantares gallegos?
Paréceme que non. Cousa este último d'os meus dias d'esperanza e uventude,
ben se ve que ten algo d'a frescura propia d'a vida que comenza. Mais o meu libro
d'ho e, escrito coma quen dí, en medio de todo-l-os desterros, non pode ter anque
qui era o encanto que soye emprestarlles á inocencia d'as primeiras impresiós:
que ô sol d'a vida, ó mesmo que o que aluma ó mundo que habitamos, non loce
n'os seus albores d'a mesma sorte que cando vay poñerse tristemente, envolto
antr'as nubes d'o postreiro outono.

Por outra parte, Galicia era n'os Cantares ó ob eto, á alma enteira, mentras que
n'este meu libro d'ho e, âs veces, tan soyo á ocasion, anque sempre ó fondo d'o
cuadro: que si non pode se non c'a morte, despirse ó esprito d'as envolturas, d'a
carne, menos pode o poeta prescindir d'o medio en que vive, e d'a nature-

[p. XXVI]

za que ó rodea; ser alleo á seu tempo e dei ar de reproducir hastra sin pensalo, a
eterna e layada quei a que ho e eisalan todo-l-os labios. Por eso iñoro ó que ha a
n'o meu libro d'os propios pesares, ou d'os alleos, anque ben podo telos todos por
meus, pois os acostumados â desgracia, chegan á contar por suas as que afri en
os demais. Tanto é así, que n'este meu novo libro, preferin, âs composicions que
puderan decirse personales, aquelas outras que, con mais ou menos acerto,
espresan as tribulaciós d'os que, uns tras outros, e de distintos modos, vin
durante largo tempo, sofrir ô meu arredore. E ¡sófrese tanto n'esta querida terra
gallega! Libros enteiros poideran escribirse falando d'o eterno infortunio que afri e
os nosos aldeans e mariñeiros, soya e verdadeira ente d'o trabaIlo n'o noso pais.
Vin e sentin as suas penas como si fosen miñas, mais o que me conmoveu
sempre, e po-lo tanto non podia dei ar de ter un eco n'a miña poesia, foron as
innumerables coitas d'as nosas mulleres: criaturas amantes para os seus y os
estraños, cheas de sentimento, tan esforzadas de corpo, como brandas de
corazon e tamen tan desdichadas que se di eran nadas solasmentes para re er
cantas fatigas poidan afri ir, á parte mais fro a e in el d'a humanidade. N'o campo
compartindo mitade por mitade c'os seus homes as rudas faenas, n'a casa
soportando valerosamente as ansias d'a maternidade, os traballos domesticos e
as arideces d'a probeza. Soyas ó mais d' o tempo, tendo que traballar de sol á sol,
e sin a uda pra mal manterse, pra manter os seus fillos, e quisais o pai
17

Comentario Literario de Textos Galegos


2007/2008
USC
3. Rexurdimento: Rosalía de Castro

valetudinario, parecen condenadas á non atoparen nunca reposo se non n'a


tomba.
A emigrazon y ó Rey arrebatanlles de contino, o amante, o hirman, o seu home,
sosten d'a familia decote numerosa, e asi, abandonadas, chorando ó seu
desamparo, pasan a amarga vida antr'as incertidum-

[p. XXVII]

bres d'a esperanza, á negrura d'a soidade y as angustias d'un-ha perene miseria.
Y o mais, desconsolador par'élas, é, que os seus homes, vans'indo todos, uns por
que ll'os levan, y outros por que o e empro, as necesidades, âs veces un-ha
cobiza, anque disculpabre, cega, fannos fu ir, d'o lar querido, d'aquela á quen
amaron, d'a esposa a nay, e d'os numerosos fillos, tan pequeniños qu'inda
n'acertan á adiviñar, ôs desdichados, á orfandade á que os condenan.

Cando n'as suas confianzas, estas probes mártires s'astreven á decinos os seus
sacretos, á chorar os seus amores sempre vivos, á doerse d'as suas penas,
descrobese n'elas, tal delicadeza de sentimentos, tan grandes tesouros de ternura
(que á inteireza d'o seu carácter n'é bastante á mermar) un-ha abnegacion tan
grande, que sin querer, sentímonos inferiores á aquelas oscuras e valerosas
heroinas, que viven e morren levando á cabo feitos maravillosos por sempre
iñorados, pero cheos de milagres d'amor e d'abismos de perdon. Historias dinas
de ser cantadas por mellores poetas d'o qu'eu son, e cuyas santas armonias
deberan ser espresadas c'un-ha soya nota e n'un-ha soya corda, n'a corda d'o
subrime, e n'a nota d'a delor. Anque sin forzas pra tanto, tentey algo d'eso, sobre
todo n'o libro titulado As viudas d'os vivos e as viudas d'os mortos, mais eu
mesma conoso que non acertei á decir as cousas qu'era menester. As miñas
forzas son cativas, quéreas mayores de quen haya de cantarnos con toda á sua
verdade e poesia, tan sencilla como dolorosa epopeya.

...........................................................
...............
Creeran algús, que, porque como digo tentey falar d'as cousas que se poden
chamar homildes, é por que m'esprico n'a nosa lengoa. N'é por eso. As multitudes
d'os nosos campos tardarán en lêr estos versos, escri-

18

Comentario Literario de Textos Galegos


2007/2008
USC
3. Rexurdimento: Rosalía de Castro

[p. XXVIII]

tos á causa d'eles, pero sô en certo modo pra eles. O que qui en foy falar un-ha
vez mais d'as cousas d'a nosa terra, n'a nosa lengoa, e pagar en certo modo o
aprecio e cariño que os Cantares gallegos despertaron en alguns entusiastas. Un
libro de trescentas pa inas escrito n'o doce dialecto d'o pais, era n'aquel estonces
cousa nova, e pasaba po-lo mesmo todo atrevemento. Aceptárono y ó qu'é mais
aceptárono contentos, e yeu comprendin que desd'ese momento quedaba
obrigada á que non fose ó primeiro y o ultimo. N'era cousa de chamar as entes á
guerra, e desertar d'a bandeira qu'eu mesma habia levantado.
Ala van pois, as Follas novas, que mellor se dirian vellas por que ó son, e
ultimas, por que pagada a á deuda en que me parecia estar c'o á miña terra,
difícil é que volva á escribir mais versos n'a lengua materna. Ala van, en busca,
non de triunfos, senon de perdós, non de alabanzas, senon d'olvidos, non d'as
predilecciós d'outros tempos, se non d'a beninidade que di d'os maos libros —¡Dei
alos pasar!—Ey o qu'eu deseyo—Que ó deixen pasar, como un romor mais, como
un perfume agreste que nos trai consigo algo daquela poesia, que nacendo n'as
vastas soidades, n'as campias sempre verdes d'a nosa terra, e n'as prayas sempre
hermosas d'os nosos mares, ven direitamente á buscar ó natural agarimo n'os
corazós que sufren e aman esta querida terra de Galicia.

Santiago 30 de Marzo de 1880

19

Comentario Literario de Textos Galegos


2007/2008
USC