Está en la página 1de 13

A TRIBU

DOS
GUARDIÁNS
DA NAI
TERRA
CONTA…
“A ÁRBORE
DO
OUTONO”
Fai moito tempo
nunha tribu vivía un
indio moi especial.
Era un trotamundos:
percorría tódolos
países e, cando
voltaba a casa, os
demáis indios
recibíano con
ledicia. Chamábase
CORRECAMIÑOS.
Sempre traía
consigo un saco
cheo de historias
que ía recollendo
por todo o mundo.
Nada máis chegar
sentábanse todos
arredor da fogueira
a escoitar os seus
relatos.
Un día díxolles que
había unha terra que
tiña un clima tan
suave que podía
decirse que sempre
era primavera. E, en
ocasións, as árbores
vestían cores
douradas e
vermellas
chamábase O
OUTONO.
Os outros indios non
lle creron porque
nunca viran árbores
daquela cor, non
coñecían o outono.
So tiñan inverno,
primavera e verán.
Debería traer unha
árbore de outono.
E deste xeito
Correcamiños
percorreu o mundo
preguntándolle a
xente donde podía
atopar o outono.
Pero ningúen lle
sabía contestar.
Pasaron moitos
anos, tantos que
Correcamiños xa
tiña o pelo branco.
E camiñando
chegou a un lugar
misterioso…
Nunha cova atopou a
un xigante que se
presentou coma o
Señor do Frío que lle
dixo: “se de verdade
queres atopar o
outono vaiche costar
a vida ¿serás
valente?”.
Correcamiños
contestou que sí.
Seguiu o camiño
que lle indicou o
Señor do Frío e
levouno cerca da
súa aldea, a unha
rocha onde nacía a
fonte do outono e
probou a auga
Entón notou que os
seus pés se
afundían na terra
coma si tiveran
raíces e que os seus
brazos e máns
estirábanse
enchéndose de
follas vermellas e
douradas.
Unha suave brisa
perfumada chegou
ata o poboado, os
indios ao seguila
quedaron fascinados
pola árbore e
comprenderon que
Correcamiños lles
trouxera o Outono
por fín.
SE
QUERES
TER
OUTONO
PLANET
A

O TEU
COIDA