Está en la página 1de 6

4.

Do galego medieval ao galego moderno: mudanzas no plano fónico

1. Vocalismo
1.1. Desnasalización vocálica
1.1.1. Introdución
1) Orixe: no galego medieval existían vogais con resonancia nasal, procedentes
de consoantes nasais en diferentes posicións, é dicir, de asimilacións. Estas
asimilacións podían ter dous tipos de orixe:
a) Asimilación (nasalización) anticipatoria: a consoante nasal exerce
un efecto asimilatorio sobre a vogal anterior, nasalizándoa (anticipación dos
movementos articulatorios). Posteriormente, se esta nasal desaparece, a
resonancia nasal queda en dita vogal. Esta é a procedencia da maioría das
vogais nasais medievais. Exemplos:
vogal oral + consoante nasal > vogal nasalizada + consoante nasal > vogal nasalizada
GERMANU ermãno ermão / irmão
RATĬŌNES razõnes razões

Cómpre dicir que a desaparición da consoante nasal en posición


intervocálica pode explicarse por dúas razóns:
→ A posición intervocálica é unha posición débil.
→ Efecto disimilatorio entre dous elementos semellantes, a vogal
nasalizada e a consoante nasal, que daría lugar á desaparición do
segundo.
b) Asimilación (nasalización) progresiva: unha consoante nasal inflúe
sobre a vogal seguinte (mantemento dos movementos articulatorios).
Exemplos:
MĔA > mia > mĩa
Asimilación anticipatoria:-ĪNA > -ĩa
Asimilación progresiva: ME- > mẽ-

A desnasalización do galego moderno


MEDICĪNA > meezĩa > mẽezĩa > menciña
pode dar lugar a:
a) Vogal + consoante nasal: mẽ-
> men-, -ĩa > -iña
b) Vogal oral.

A diferenza do portugués, en galego só se poden xerar vogais nasais


nestes dous contextos, nunca pola nasalización producida por unha nasal implosiva.
Con todo, as nasais implosivas poden asimilar vogais, coma no caso de [] >
[].

2) As vogais nasais no galego medieval:


a) Posición tónica: o galego medieval contaba con cinco unidades vocálicas
nasalizadas con valor fonolóxico en posición tónica. Aínda que non era
unha oposición moi produtiva, podemos atopar exemplos para as cinco
unidades:
ĩ ũ
ẽ õ
ã

1 Historia da lingua galega


2008/2009
USC
4. Do galego medieval ao galego moderno: mudanzas no plano fónico

ã mão (<MANU) vs. mao (MALU)


ẽ fẽo ‘herba seca’ (< FENO) vs. feo (< FOEDU)
ĩ cozĩa (< COCINA) vs. cozia (COCEBAT, COCEBAM)
õ bõa (< BONA) vs. boa (< VOLAT)
ũ lũa (< LUNA) vs. lua ‘desgastar’ (LUDAT)

b) Posición átona: nas posicións átonas pretónica e postónica existían vogais


nasais, pero sen pertinencia fonolóxica. Ademais, son moi poucos os
exemplos de vogais nasais nestas posicións, o que parece indicar que a
nasalidade desaparece antes nestes contextos. Exemplos:
P. pretónica MANERE > mãer
P. postónica ORPHANA > orfaã

3) As vogais nasais no galego medieval: atopámolos en documentos do


século IX, documentos latinos con trazos romances. Así, rexístranse formas
coma moástica (por monástica) ou laias (por lagenas). Polo que no século IX
debía ser xa unha mudanza consolidada na lingua do occidente peninsular, de
aí que se considere unha innovación xurdida en épocas anteriores. Xeralmente
sitúase a súa aparición en época xermánica (século V). Así, desde antes do
século IX xa existirían no romance galaico vogais nasalizadas.

1.1.2. Desnasalización xeneralizada e completa


1) Definición: desnasalización que non implica a xeración dunha consoante
nasal. Exemplos:
P. pretónica GENESTA > gẽẽsta > gesta
P. postónica FRAXINU > freixẽõ > freixo
P. tónica CENTENU > çentẽo > centeo

a) Posición pretónica: debía ser un proceso avanzado na 2ª metade do


século XIII, podendo mesmo chegar a xerarse unha consoante posnuclear
(moensteyro)
b) Posición postónica: é problemática a terminación latina –INEM, xa que
por exemplo en home (<HOMINEM) o regular, trala apócope de –M, e a
apócope de –E, polo que teriamos unha forma homen, con consoante nasal
implosiva. Porén, as formas medievais rexistradas son oméé, omee, omẽ
(minoritaria) e omẽẽ, polo que caben dúas interpretacións e, nos dous casos,
estariamos perante excepcións:
→ Lenición de -N- intervocálico sen a apócope regular de –E: HOMINE(M) >
omẽe > ome / omen
→ Síncope regular da vogal postónica e asimilación entre as nasais na que
o resultado esperable sería [], pero neste caso é []: HOMINE(N) >
om’ne > omme > omme.
c) Posición tónica: dependendo do texto podemos atopar máis ou menos
tiles de nasalidade, así son máis frecuentes en textos coidados coma as
Cantigas de Santa María e tamén nas formas de maior uso (bõo, tẽe, vẽo).

2 Historia da lingua galega


2008/2009
USC
4. Do galego medieval ao galego moderno: mudanzas no plano fónico

2) Distribución xeográfica: afecta á maioría do territorio.


3) Cronoloxía: aínda que nas Cantigas de Santa María aínda son frecuentes os
tiles de nasalidade, isto adoita atribuírse a unha grafía conservadora, xa que no
século XIII a desnasalización debía estar xa en pleno auxe e debían alternar
formas con e sen nasalidade vocálica. Ademais, parece un proceso vinculado
tamén á entrada de notarios casteláns.

1.1.3. Desnasalización non completa


1) Desenvolvemento ou non dunha nasal implosiva: lenición
consonántica > hiato con vogais nasais > vogal + consoante nasal.
Exemplos:
a) Posición interior de palabra:
→ Xeración dunha nasal implosiva como alternativa produtiva.
Exemplos:
gando
GANATU > gãado >
gado
tendes (med.)
TENETIS > tẽedes >
tedes
QUINTANELLA > quintaela > quintela

→ Nas formas con hiato a nasalidade transfírese á segunda vogal.


Exemplos:
irmãa > irmaã / irmaan
cĩjsa > cij͂sa > cijnsa

→ Tendencia á representación da nasal implosiva (agás nas CSM).


Exemplo:
hũ > un

b) Posición final de palabra:


→ -ANU, -ANA, -ANOS, -ANAS:
-ao(s)
-aon(s)
-ANU(S) > -ão(s) > -an(s)
-ao(s)

→ -ONE, -ANE, -ONES, -ANAS:

-on(s)
-õo(s) >
-ONE(S) > -õe(s) > -o(s)
-oi(s)

→ Cronoloxía: os primeiros rexistros de –ns datan de fins do s. XIII e


desde ese momento aumenta a súa frecuencia. Ademais, é posible que
esta solución tivese unha extensión xeográfica maior, de xeito que
nalgúns territorios se daría unha simplificación posterior: -ns > -s.

3 Historia da lingua galega


2008/2009
USC
4. Do galego medieval ao galego moderno: mudanzas no plano fónico

2) Desenvolvemento ou non dunha consoante nasal velar posnuclear:


a) Contextos: cando a lenición de -N- e a desnasalización producen hiatos
homorgánicos. Exemplos:
PATRONU > *padrõo > padrón
UNO > hũu > hun

b) Xeneralización: débese á que a coda silábica que se crea é simple, a


diferenza das terminacións anteriores (GERMANU > irmão > irmaõ > irmaon
> irmao / irmán).

3) Desenvolvemento ou non dunha consoante nasal prenuclear:


a) Nasal palatal: indicios desde o século XIII (rimas nas CSM).
b) Nasal velar: só se produce nos casos de unha, algunha e ningunha,
quizais por analoxía co masculino e a alta frecuencia de uso destas
formas. Ademais, formas gráficas coma <ũa> poderían representar xa a
nasal implosiva.

4) Desenvolvemento dun grupo consonántico heterosilábico: é un


reforzo consonántico que só se documenta desde o século XVIII. Exemplos:
FUNARIU > *fũeiro > fungueiro (fumeiro, fueiro, fuñeiro)
IN-ADDERE > ẽader, eader, enader, emader > engadir
IN-ALARE > engalar
IN-ORDINE > engorde

1.2. Sistema vocálico actual1


Galego tradicional Galego actual
/i/, /e/, //, /a/, //, /o/, /u/
Vocalismo tónico /i/, /e/, //, /a/, //, /o/, /u/
/i/, /E/, /a/, /O/, /u/
Vocalismo pretónico /i/, /E/, /a/, /O/, /u/ /i/, /e/, //, /a/, //, /o/, /u/
Vocalismo postónico /E/, /a/, /O/ /i/, /u/, /E/, /O/, /a/

2. Consonantismo
2.1. Gheada
2.1.1. Orixe
É un fenómeno que podería ter xa as súas orixes no galego medieval,
pero non temos testemuños escritos dela ata o século XVII.
1) Tese substratística (Zamora Vicente):
a) Definición:
→ Antón Tovar amosou que a concentración de testemuños con
sonorización era maior no noroeste peninsular e ía diminuíndo cara ao
levante. Isto levou á formulación da hipótese de que a lenición
consonántica fose consecuencia dos hábitos articulatorios da linguas
célticas, faladas polos pobos que habitaban estes territorios.
→ Coincidencia da área da gheada coa área da cultura castrexa.
1
Ver apuntamentos de Gramática galega I: Bloque II: Fonoloxía > Tema 3: A fonoloxía estrutural e a
descrición do sistema fonemático galego [http://apuntamentosusc.iespana.es/gramgal/gramgal_03.pdf]

4 Historia da lingua galega


2008/2009
USC
4. Do galego medieval ao galego moderno: mudanzas no plano fónico

b) Obxeccións:
→ Descoñecemento do sistema fonolóxico prerromano.
→ A lenición é un fenómeno característico da Romania Occidental, non só
da Península Ibérica, e que non se dá en tódalas falas (non se dá no
aragonés e probablemente tampouco se producise nas falas mozárabes).
→ Na escrita só temos evidencias da gheada desde época moderna (ss.
XVI e XVII).
2) Tese adstratísticas (Pensado):
a) Definición: considera a gheada unha consecuencia da presión do castelán
sobre o galego, de xeito que o galego adquiriría o fonema castelán //
mediante o seguinte proceso:
→ Recepción do fonema // que se adapta como //. Exemplo [] >
[].
→ Aprendizaxe da pronuncia // por considerala máis prestixiosa, de xeito
que se estende este fonema a tódalas formas que antes tiñan //.
→ Extensión ultracorrecta de // ás formas que tiñan // en castelán.
Exemplo: [].ç
→ Extensión ultracorrecta de de // ás restantes formas.
b) Obxeccións: a influencia do castelán é maioritariamente léxica, non fónica
e morfolóxica, polo que sería unha mudanza moi rara.

3) Tese estruturalista (Santamarina e Schroten):


a) Definición: a sonorización e o debilitamento poden explicarse pola
posición intervocálica ou de consoante + líquida, xa que son contextos
nos que os sons contiguos son sonoros e prodúcense sen constricións totais.
É dicir, sería o “término dun proceso de selección fonolóxica de variantes
fonéticas”.
b) Os argumentos desta tese son:
→ Imposibilidade de identificar o fonema da gheada co castelán //, xa
que o son xenuíno deste fenómeno é [] (farínxea xorda), aínda que
existen moitos outros alófonos.
→ A tese adstratística non explica a evolución [] > [] que se produce
nalgunhas áreas.
c) Proceso de formación da gheada:
→ A pronuncia orixinaria do actual fonema da gheada sería [], que
evolucionaría a [] ou [] en certos contextos.
→ Desde os séculos XVI e XVII hai un maior debilitamento dos alófonos
[] e [] que se reflicte en dous modos:
 Vertical (grao de constrición): aproximante / fricativo > apirado.
 Horizontal (punto de articulación): velar > farínxea
→ Propagación de [] aos contextos silábicos que antes ocupaba //, que
non é sistemática cando o son vai precedido de nasal, xa que podemos
atopar na área de gheada os resultados [] e [], que Santamarina
explica do seguinte xeito:
 Na franxa costeira a reorganización da distribución dos alófonos non
estende a gheada ao contesto [].
5 Historia da lingua galega
2008/2009
USC
4. Do galego medieval ao galego moderno: mudanzas no plano fónico

A variante [] comeza a actuar autonomamente e convértese no




fonema //, de xeito que o [] queda illado na franxa costeira no


contexto [].
 A maior frecuencia da secuencia [] ca de [] fai que neste

sistema [] pase a [] (oclusiva velar sonora > oclusiva velar
xorda).
d) É a tese máis aceptada na actualidade.

2.2.2. Conclusións
1) É un fenómeno que se orixina no propio sistema fonolóxico do galego.
2) Está vinculada ao proceso de lenición consonántica
a) que actúa nos seguintes casos:
→ Consoantes xeminadas > consoantes simples. Exemplo: UACCAN >
vaca.
→ Oclusivas xordas > oclusivas sonoras. Exmeplo: AMICUM > amigo.
→ Oclusivas sonoras > . Exemplo: LEGERE > ler.
b) No caso da gheada produciríase un paso máis na sonorización das oclusivas
xordas: [] > []/[] > [] (> []). Exemplos: AMICUM > amigo >
amio/amio > amio; FACERE > faer > faer/faer > faer > faer > fer.

2.3. Seseo

Seseo
Seseo Seseo Un só
Medieval Arcaico Transición Non seseo laminal
apical laminal membro
(despal.)
 
 
 
  
 
  
 
 
    
 

6 Historia da lingua galega


2008/2009
USC

También podría gustarte