Está en la página 1de 11

Vamos a describir e explicar os seguintes xogos do

pasado, algúns serán máis coñecios e outros fará anos que


non se escoita falar de eles,e moito menos se xogan.
Modelo de Ficha
 1- Nome (ou nomes, segundo a zona) do xogo:
 2- Lugar, aldea, vila:
 3- Descrición: Participantes,regras do xogo, momentos do día ou
épocas do ano nas que se xogaba, gañadores e perdedores.
(A información pode ser escrita ou gravación sonora)
 4- Espazo onde se xogaba (exemplos: no campo da festa, preto
do río, na porta das casas, na cociña,etc…)
 5- Quen me informou?
 6- Se aínda quedan lugares ou espazos onde xogaban os
maiores cando eran xoves, podemos sacar fotos ou facer un
debuxo (Lembrade que o traballo pode presentarse en
calquera soporte, que poida ser incorporado a unha páxina
web.
  
 Nome do alumno/a:
 Data:
Focadiña
 1-.Nome do xogo: Focadiña
 2-.Lugar, aldea ou vila: Boedo
 3-.Descripción: É como o escondite actual.
Consistía en agocharse do que te buscaba.
Se te encontraba e chegaba antes a panda
ca ti perdías. Se chegas ti antes es o
gañador. Xógaban un mínimo de tres
participantes.
 4-.Onde se xogaba: Diante das casas
Ramamula
 1-.Nome do xogo: Ramamula
 2-.Lugar, aldea ou vila: Loureda ( Arteixo )
3-.Descripción: A xente que xogaba agachábase un tras
outro facendo unha fila. Entón o último da fila comeza a
saltar por enriba dos seus compañeiros. Cando chega o
comezo da fila axeónllase el tamén, de forma que pasa
a ser él o primeiro. O último fai o mesmo proceso e así
sucesivamente. Neste xogo non había gañador nin
perdedor era so por diversión. Non tiña un número
concreto de participantes, cantos máis mellor.
 4-.Onde se xogaba: Detrás da casa
Billarda
 1-.Nome do xogo: Billarda
 2-.Lugar,aldea ou vila: Paiosaco (A
laracha)3-.Descripción: Cun pao ben feito, o
que se lle chamaba palén dábaselle a outro pao
algo máis longo coas puntas afiadas (billarda).
O darlle a billarda saía cara o aire despedida e
co palén dábaselle un golpe canto máis lonxe
saíra o pao mellor. O gañador era o que máis
lexos o tiraba e o perdedor o que máis cerca.
Non tiña un número concreto de participantes.
 4-.Onde se xogaba: No campo da festa.
Risco
 1-.Nome do xogo: Risco
 2-.Lugar,aldea ou vila: Barrañán
 3-.Descripción: Era un proceso semellante o da
billarda. Facíanse dous círculos no chan cunha
tella ou tiza para cada participante. A
continuación facíase o mesmo que na billarda
pero comezábase a xogar dentro do círculo
(risco). Se o salir despedida a billarda quedaba
no interior do teu risco ou se quedaba fóra dos
dous, perdías. Para gañar tiñas que meter a
billarda no risco do outro xogador. Só se pode
xogar en dúas en dúas persoas.
 4-.Onde se xogaba: Na leira das vacas.
Focadiña
 1-.Nome do xogo: Focadiña
 2-.Lugar,aldea ou vila: Boedo
 3-.Descripción: É como o escondite actual.
Consistía en agocharse do que te buscaba.
Se te encontraba e chegaba antes a panda
ca ti perdías. Se chegas ti antes es o
gañador. Xógaban un mínimo de tres
participantes.
 4-.Onde se xogaba: Diante das casas
A Pasada
 1-Nome do xogo: A pasada
 2- Lugar,aldea ou vila: Salto (Uruguay)
 3- Descripcion: xogase con 4 persoas e
unha escoba feita con ramas de eucaliptus
pintase unha raia con tiza no chan , logo
colocase a escobiña no medio, bailase ao
son dunha música calquera e cando a
musica; cando alguen grita “ALTO” a persoa
que queda de pe enriba da raia queda
eliminado e asi ata.
 4-Onde se xogaba: No patio da casa
Mariola
 1-.Nome do xogo: Mariola
 2-.Lugar,aldea ou vila: Lugo
 3-.Descripción: O minimo de participantes e
dous. Hai que pintar uns numeros ata o 10.
Podese xogar en calquer lado,e en calquer
epoca,e cando fai mas sol mellor. Gañaba a
persoa que chegaba ao final,tirando unha
pedra plana nos numeros segundo un orden.
 4-Onde se xogaba: Na praza enfrente da
casa
Guá
 1-Nome do xogo: Guá
 2-.Lugar,aldea ou vila:Monforte de Lemos
 3-.Descripcion: Xogabase nas aldeas,os
participantes que se queran, como minimo
dous,consiste en meter unhas canicas nun
burato que se facía na terra, xogabase
cando se quería, gañaban os que metian as
canicas no burato, e a maioria que xogaban
eran nenos, xogabase no campo au diante
das casas, sempre que teñan terra.
 4-.Onde se xogaba: Al lado dun rio
Cantareiros

 1-.Nome do xogo: Cantareiros


 2-.Lugar,aldea ou vila: Anllóns
 3-.Descripción: Facían un concurso de cantar
cantigas, quen soupera máis era o que
gañaba. Tiñanas que saber enteiras.
 4-.Onde se xogaba: No campo da Igrexa.