Está en la página 1de 16

1.

A literatura galega durante a Guerra Civil e a primeira posguerra

1. Introdución
A Guerra Civil comeza co golpe de estado contra o goberno da República
o 18 e xullo de 1936 e, aínda que remata o 1 de abril de 1939, Galiza xa queda nas
mans do exército sublevado arredor do 20 de xullo de 1936. É probable que fora
Emilio Mola quen planeou o levantamento, pensado para eliminar a todos os
detractores.

Entre os sectores que apoiaron o golpe destacan a oligarquía financieira e a Igrexa


Católica, que serían moi atacados na literatura. Ademais, os acontecementos foron
manipulados polos historiadores da época, como é o caso de Joaquín Arrarás (Historia
de la cruzada) ou Silva Ferreiro (Galicia y el movimiento nacional).

A chegada da ditadura produce non só unha miseria moral e económica,


senón tamén un importante baleiro cultural:
a) Os pensadores, científicos, investigadores, etc., son asasinados, exílianse ou
siléncianse.
b) Prodúcese unha depuración do corpo de ensinantes a todos os niveis, de
xeito que serían a Igrexa e a Falanxe quen se encargarían do ensino para o
adoutrinamento dos alumnos.
c) Iniciativas coma o Seminario de Estudos Galegos (fundado en 1923) teñen
que cesar a súa actividade.

A guerra e a inmediata posguerra fan que se instale o medo e o terror na


sociedade, de xeito que moitos foxen e outros ou se renden ao fascismo ou son
asasinados. Ademais, créanse campos de concentración como é o caso da Illa de San
Simón e os mosteiros de Oseira e Celanova. Con todo, ata os anos 60 aínda están
activos os maquis. Todo isto é recollido na literatura, en obras coma Campo de
almendros de Max Aub, Señas de identidad de Goytisolo ou O silencio redimido de
Silvio Santiago.

O militante fantasía1
Relato de política-ficción (mestura de personaxes reais e ficticios) no que se
trata o tema da dúbida de sumarse ou non á rebelión.

Influencia de:
a) Otero Pedrayo: voces agres, voces marciais, voces españolas.
b) Risco (Galicia é ben pequena [...]): Galicia é un centro. O centro de todos
os mundos posíbeis no mundo, dixéranlle ao militante os seus mestres.
c) Curros: coas faldras da camisa fóra (lembra ao soneto “A fouce do avó”).

Illa do amor, illa da


Referencia á prisión da Illa de San Simón
morte2
Pontevedra 3
Personaxes e lugares da Pontevedra da posguerra:
- Personaxes: Zbarski (fusilado por defender o

1
Ferrín, Arraianos (1991)
2
Valentín Paz-Andrade, Cen chaves de sombra (1979)
3
Ferrín, Estirpe (1994)

1 Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
1. A literatura galega durante a Guerra Civil e a primeira posguerra

goberno civil do que se dixo que fora un axente


ruso infiltrado); Adrio (dirixente socialista); Víctor
Lis Quibén (dirixente da CEDA que decidía a vida
o morte dos prisineiros); Bernardito López
(asasino falanxista, que aparece en “Episodio de
caza” de Crónica de nós como Bernardito
Gómez).
- Lugares: A Caeira, onde matan a Bóveda; A
Moureira, lugar de orixe do pirata pontevedrés
Benito Soto.

1.1. Destino dos detractores do réxime trala guerra


1) Morte, é o caso de:
a) Xaime Quintanilla, que fora alcalde de Ferrol e creador da colección
Céltiga.
b) Alexandre Bóveda, que aparecería en poemas coma “Non houbo galos” de
Salvador García-Bodaño, ou “Pra Alexandro Bóveda, asasinado” de Ferrín.
2) Exilio, é o caso de Castelao4.
2.1) Exilio interior, como é o caso de Otero Pedrayo (Libro dos amigos).
3) Entrega ao fascismo, que foi o caso de Risco.

2. Un tempo de silencio no que se escoitan voces illadas


2.1. A situación do galego trala guerra
A produción literaria en galego xa non era moi abondosa antes da
guerra (en 1935 só se publican 13 volumes en galego), aínda que destacan elementos
coma a cooficialidade que se contemplaba no artigo 4 do Estatuto de Autonomía, que
nunca chegou a estar en vigor. Despois da guerra, a situación do galego mudaría para
peor:

1) Aínda que non existe ningún decreto que prohiba falar ou escribir en
galego, existen unha serie de disposicións que obrigan a usar o castelán para
certas cousas. Ademais o franquismo busca crear unha atmosfera de medo que
fai que se sinta como perigoso o uso do galego por estar vencellado ao
nacionalismo durante a época republicana. De feito, o primeiro acto público
en galego coñecido trala guerra é a intervención de Otero Pedrayo o 11 de
novembro de 1949 nun acto de homenaxe a Lamas Carvajal, e interrómpenlle
o discurso.
2) Non existen empresas editoriais importantes ata 1950.
3) No ensino comeza a expandirse o coñecemento e uso do castelán con obras
que buscan o adoutrinamento no españolismo, coma o Catecismo de
Menéndez-Reigada (oficial nas escolas desde o 1 de marzo de 1949). Con
todo, hai excepcións coma Cuore de E. Damicis, que carece desa compoñente
de adoutrinamento.

2.2. Publicacións en galego na España franquista


4
Ver parágrafo final do Libro II de Sempre en Galiza.

2 Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
1. A literatura galega durante a Guerra Civil e a primeira posguerra

1) Daniel Pernas Nieto, Fala d’as Musas, Santa Marta de Ortigueira, 1936
2) Herminia Fariña, ¡Por España y para España! (El libro del combatiente),
1937
3) “Mechitas de Vigo”5, Rayos de sol, Vigo, 1938: obra dividida en tres partes,
das que só a segunda está en galego.
4) Ángel Sevillano, O amor, o mar, o vento e outros gozos, Vigo, 1938: obra
costumita.
5) Xosé Filgueira Valverde, Seis canciones de mar “in modo antico”, Albor,
Cuaderno de poesía nº 7, Pamplona, 1941: poesía neotrobadoresca.
6) Rosalía de Castro, Cantares gallegos, Santiago de Compostela, 1941
7) Xosé Trapero Pardo, Non chores, Sabeliña6, Lugo, 1943
8) Celestino Luís Crespo, Brétemas mariñás, Betanzos, 1946
9) Mariano Piñeiro Groba, Soaces dun abade, Ponteareas, 1946
10) Antonio Noriega Varela, Do ermo, Lugo, 1946

Moitos destes autores están vencellados ao réxime, xa que nestes


primeiros anos outros coma Otero Pedrayo, Cabanillas e os máis novos coma Celso
Emilio Ferreiro están silenciados, escriben e non publican ou publican no exilio
baixo pseudónimos.

2.3. Publicacións en galego na España republicana


1) Revistas:
a) Nova Galiza (18 nos desde o 5 de abril de 1937 ata xuño – xullo de 1938),
revista de orientación galeguista que foi dirixida por Castelao, Dieste e
Carmen Muñoz (muller de Dieste). Nela publícanse textos de urxencia, sen
unha grande calidade, aínda que hai excepcións:
 “As tres pragas” (1/07/1937) de Castelao (militarismo, clericalismo e
capitalismo), texto que aparecería reformado en Sempre en Galiza.
 “Os novos símbolos da nova Galiza”, tamén de Castelao, onde se fai
referencia á forte carga relixiosa dos símbolos de Galiza.
b) Nueva Galicia (más de 50 nos entre o 17/05/1937 e fins de 1938), revista de
inspiración comunista e, polo tanto, potencialmente oposta ao
nacionalismo, aínda que tamén acolle colaboracións de escritores galegos.

Algúns dos textos publicados en Nueva Galicia son:


1. “Romance de loita” de Cabanillas (23/05/1937), que lembra a poesía
combativa de composicións coma “Galicia”, “En pé!” ou “Acción
Gallega” de Vento Mareiro ou Da terra asoballada.
2. “A Internacional” de Cabanillas (28/11/1937), versión da Internacional
composta por Eugène Pottier (letra) e Pierre Degeyter (música), cantada
por primeira vez en Lille (Francia). A de Cabanillas é unha tradución libre
que se adapta ao contexto galego (labregos, mariñeiros).

5
Pseudónimo de Mercedes Viso Troncoso.
6
Non chores, Sabeliña é tamén unha zarzuela en galego.

3 Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
1. A literatura galega durante a Guerra Civil e a primeira posguerra

c) El miliciano gallego, de menor importancia cás anteriores, aínda que nela


está bastante presente o galego.
2) Álbums de Castelao:
a) Galicia mártir (Valencia, febreiro de 1937), publicado polo Ministerio
Nacional de Propaganda da República.
b) Atila en Galicia (Valencia, xullo de 1937), publicado pola CNT.
c) Milicianos (New York, 1938).

3. O exilio dun sistema literario: Bos Aires, capital da


diáspora
3.1. Introdución
A actividade do exilio concéntrase en Montevideo, México e Bos Aires,
aínda que é este o centro máis importante dos tres:
1) O núcleo galeguista de Bos Aires créase trala chegada dos exiliados,
aínda que alí xa residían persoeiros coma Blanco Amor, ata entón un poeta
pouco destacado. A partir de 1936 chegarían persoeiros coma Luís Seoane,
Castelao (en 1940), Antón Alonso Ríos7, Suárez Picallo, Ramón de
Valenzuela8, Colmeiro, Díaz Pardo... Xerándose así unha importante
actividade político-cultural.
2) Créase a Federación de Sociedades Gallegas, que se converte nunha
sociedade moi combativa contra o franquismo e edita a revista Galicia.
3) Os persoeiros máis importantes no exilio bonaerense son:
a) Seoane, impulsor de numerosas actividades.
b) Castelao, quen cando chega a Bos Aires en 1940 é considerado xa coma o
patriarca de Galiza.
4) Podemos establecer dous períodos:
a) 1936 – 1947: en 1936 chega Luís Seoane a Bos Aires e en 1947 Otero
Pedrayo viaxa a Bos Aires, onde proxecta con Manuel Puente continuar a
actividade do Seminario de Estudos Galegos.
b) 1947 – 1962: en 1962 é cando se publica a Historia de Galiza (en tres
tomos) resultante do proxecto de Otero Pedrayo e Manuel Puente. Neste
período aparece A esmorga (Bos Aires, 1959) e Longa noite de pedra
(1962) en Galiza. Con todo, aínda en 1972 a obra Antoloxía Popular de
Ferrín (asinada co pseudónimo Heriberto Bens) ten que ser publicada en
América, polo que a apertura do réxime era aínda limitada.
5) Ademais, as asociacións de Bos Aires permitiron que os galeguistas que
permanecían en Galiza se puidesen expresar publicamente.

3.2. Publicacións en América9


3.2.1. Libros en galego publicados en América de 1940 a 1944
1) Edicións promovidas por Luís Seoane, que buscan dar a coñecer o
máis representativo:
a) Reedición dos clásicos: Aires da miña terra (1940), Queixumes dos pinos
(1940) e Follas novas (1943).
7
Autor de O siñor Afranio ou como me rispei das gadoupas da morte.
8
Autor de Non agardei por ninguén.
9
Alonso Montero (1995): Lingua e literatura galegas na Galicia emigrante

4 Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
1. A literatura galega durante a Guerra Civil e a primeira posguerra

b) Reedición da poesía vangardista: De catro a catro (1940).


c) Literatura popular: Cancionero popular gallego (1942).
d) Literatura medieval: Poesía gallega medioeval de los siglos XII al XV (1941);
Cantigas de Macías o Namorado, trovador gallego del siglo XIV (1941).
2) Outras edicións (nas que Seoane está máis á marxe):
a) Alonso Ríos, Co pensamento na patria galega (1944), Bos Aires
b) Emilio Pita, Jacobusland(1942), Bos Aires.
c) Castelao, Sempre en Galiza (1944), Edición “As Burgas”, Bos Aires.

3.2.2. Libros en castelán de autores galegos publicados en Bos Aires


por Luís Seoane de 1940 a 1945 (fase de adoutrinamento)
1) Defensa e ilustración de Galiza e da lingua e literatura galegas
(participación de Seoane):
a) M. Murguía, Los precursores (1940).
b) Padre Sarmiento, Memorias para la historia de la poesía y poetas
españoles (1942): obra que contén a Carta Prohemio, na que o Marqués
de Santillana (século XV) fai referencia ao prestixio e usos do galego na
Idade Media.
c) Diego Sarmiento de Acuña (Conde de Gondomar), Cinco cartas político –
literarias (1943) nas que se fai apoloxía de Galiza
d) Padre Sarmiento, Estudio sobre el origen y formación de la lengua
gallega (1943), obra que aínda neste momento se publica incompleta e na
que se desbotan prexuízos sobre o galego.
2) Historiografía de Galiza:
a) Benito Vicetto, Historia de Galicia en el siglo XV (1944), obra con pouco
rigor histórico que sería superada pola de Murguía.
b) Vasco de Aponte, Relación de algunhas casas y linajes de Galicia (1945),
que supón máis unha xenealoxía ca unha obra histórica.
c) M. Murguía, Don Diego Gelmírez.
3) Libros significativos na historia cultural (séculos XV – XX), obras de menos
importancia cás anteriores:
a) Emilia Pardo Bazán, Cuentos de la tierra (1940): obra que contén contos de
tema galego.
b) Padre Feijóo, Españoles, americanos y otros ensayos (1941).
c) Rosalía de castro, En las orillas del Sar (1941) e El caballero de las botas
azules (1942).
d) Concepción Arenal, Cuadros de la guerra (1943).
e) Juan Rodríguez de Padrón, Siervo libre de amor.
f) Roberto Nóvoa Santos, El advenimiento del hombre y otras conferencias.
g) Francisco Sánchez, Que nada se sabe (1944).

5 Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
1. A literatura galega durante a Guerra Civil e a primeira posguerra

3.2.3. Libros en galego e castelán publicados en Bos Aires de 1951 a


1959 con Seoane como autor ou editor
1) Luís Seoane, La torre de marfil (1952), Na brétema (1956), Sant – Iago
(1956) e As cicatrices (1957), as tres últimas poden inserirse xa dentro da
poesía social.
2) Eliseo Alonso, Seara de romances (1952): considerado o primeiro libro de
poesía social, que comeza en 1952 en América e tería o seu cumio en Longa
noite de pedra (1962).
3) Otero Pedrayo, O libro dos amigos (1953), Ediciones Galicia del Centro
Gallego de Bos Aires.
4) Lorenzo Varela, Lonxe (1954): libro de poesía social.
5) Manuel María, Advento (1954).
6) Fernández del Riego, Galicia no espello (1954).
7) Paz – Andrade, Pranto matriarcal (1955): obra que non podemos inserir
dentro da poesía social, pero que si contén certa denuncia.

Tamén cómpre ter en conta obras inéditas de autores dos dous exilios,
como é o caso de:
1) Las palmas del convento (1941) de Otero Pedrayo;
2) Historias e invenciones de Félix Muriel (1943) de Dieste, unha antoloxía de
contos.

3.2.4. Libros en galego e castelán da editorial Citania (Bos Aires,


1957 – 1963) asesorada por Luís Seoane
1) Colección Mestre Mateo, onde se publica a A esmorga en 1959 (a primeira
edición en Galiza sería censurada).
2) Colección Herba de namorar
3) Colección Martín Sarmiento
4) Colección Idacio, na que se publican obras de carácter histórico.
5) Colección O dolmen de Dombate.

Algunhas das obras significativas deste período son:

O LIBRO DOS AMIGOS 10é unha obra que reflicte a conexión entre o interior e o exilio,
ademais de ser unha obra moi orixinal dentro do sistema literario galego e que
desbota algúns dos tópicos sobre Otero Pedrayo:

1) Conservadorismo: nesta obra apréciase unha denuncia polos paseados


e fusilados, como é o caso de Blanco Torres, Bóveda, Ánxel Casal, Víctor
Casas ou Arturo Noguerol. É a primeira vez que se fai este tipo de
denuncia desde o interior, polo que non parece moi axeitado aceptar que
Otero Pedrayo fose un conservador.
2) Improvisación: fronte a este tópico temos que ter en conta que O libro
dos amigos é unha obra moi meditada, que comeza a escribirse en 1945
(data do limiar)
10
Ferrín fai referencia ao retiro de Otero en Trasalba, cando é suspendido e comeza esta obra, no artigo
“Co son honrado das antigas falas” (título tomado do verso oteriano co acento honrado das antigas
falas), publicado o 22 de xullo de 1986 no Faro do luns. Neste artigo tamén se citan obras que
marcaron moito a Otero: Mémoires d'outre tombe de Chateaubriand e Los precursores de Murguía.

6 Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
1. A literatura galega durante a Guerra Civil e a primeira posguerra

O libro comeza tratando a figura do seu pai e remata coa de Castelao:


1) Limiar (1945):
- Referencia ás Is, terras somerxidas na tradición irlandesa.
- Referencia ao primeiro de Outono, un día significativo na obra de Otero (La
vocación de Adrián Silva).
- Simboloxía vexetal, característica en Otero.
- Pretensión de non facer unha obra literaria e artificiosa, senón guiada pola
paixón e a emoción da lembranza dos seus amigos, vivos na súa lembranza.
- Descricións paisaxísticas.
- Evocación do pai, que o acompañará na lembranza dos amigos (é aitor e
tema).
2) Castelao (último capítulo):
- É a lembranza máis longa do libro na que se fai referencia ao 5 de setembro
de 1947, día no que Otero e Castelao se ven por última vez.
- Otero considera que trala morte de Castelao a súa misión é transmitir a súa
mensaxe ás xeracións máis novas.
- Comparación cos funerais multitudinarios de Rosalía (símbolos da nación).
No funeral de Castela pronúncianse numerosos discursos, entre os que
destaca o de Blanco Amor, quen o considera un mito e o guieiro das novas
xeracións, alguén que usou a pluma coma unha arma ao servizo do pobo.

HISTORIA DE GALIZA

1) Representa a continuación so Seminario de Estudos Galegos en


oposición ao Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento11 (creado
arredor de 1944), no que traballaban persoas que non tiñan problemas co
réxime, como é o caso de Filgueira Valverde ou Sánchez Cantón. Así, esta
Historia de Galiza pretende manter o espírito do galeguismo da república.

2) Ten a súa xénese en 1947, cando Otero Pedrayo viaxa a América


convidado por asociacións do galeguismo republicano. No mes que pasa en
Bos Aires o empresario Manuel Puente (empresario antifascista con remotas
ligazóns con Galiza e relacionado cos círculos galeguistas) encárgalle a
Otero unha gran obra que abranga o estudo das diversas realidades de
Galiza. Obra que contaba ademais coa beizón de Castelao, aínda que xa non
haxa unha participación activa por parte del.

3) Otero busca colaboradores en Galiza desde 1948, pero na


correspondencia con persoeiros coma Filgueira Valverde obsérvase que
este é remiso a colaborar, malia que se comprometería coa parte de
literatura, que nunca chegaría a ver a luz.

4) A obra publícase en Bos Aires en tres tomos, os dous primeiros de 1962 e


o terceiro de 1973, que teñen a seguinte estrutura:
a) Tomo I:
1. Xeografía (Otero Pedrayo)
2. Xeoloxía (Parga Pondal)
3. Etnografía [espiritual] (Vicente Risco)
11
Esta institución estaría traballando nunha obra sobre Galiza que nunca se publicou.

7 Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
1. A literatura galega durante a Guerra Civil e a primeira posguerra

b) Tomo II: Etnografía material (X. Lourenzo)


c) Tomo III: Prehistoria (F. López Cuevillas e X. Taboada)
A parte de lingua fóralle encargada a Aquilino Iglesia Alvariño (o señor das
palabras), quen escribe o traballo pero Manuel Puente non o acepta por falta
de quentura patriótica e por agoirar un futuro moi escuro para o galego, razóns
polas que considera que non sigue o espírito do Seminario de Estudos Galegos.

A GAITA A FALARE (1939)

Esta é unha obra de Ramón Rey Baltar, médico rianxeiro emigrado en América
antes da Guerra, e que xa colaborara no xornal satírico de Rianxo El barbero
municipal. A obra está dividida en dúas partes:
1) Lembranzas: poesía de recordo da terra de orixe.
2) Maldicións: poemas feitos sobre estampas de Castelao, unha poesía
de urxencia e non de grande calidade.

Tamén é autor de poemas publicados entre 1942 e 1945 en A Nosa Terra nos que
o protagonista é un porco (Franco).

3.3. Castelao
3.3.1. Da Guerra Civil á chegada a Bos Aires
1) A Guerra sorprende a Castelao en Madrid, onde se pretendía que o Estatuto
de Galiza fose referendado polas Cortes. En setembro de 1936 prodúcese unha
ofensiva sobre Madrid que provoca o traslado do Goberno republicano a
Valencia.
2) Castelao vai a Valencia co Goberno Republicano e alí publica dous dos seus
álbums de guerra: Galiza mártir e Atila en Galiza. É dicir, malia a complicada
situación non descoida a creación artística e propagandística.
3) Cando a guerra está xa moi avanzada viaxa a Cuba coa súa dona e o seu
secretario, Luís Soto, onde pasan tres meses.
4) O 1 de abril de 1939, data na que se sitúa a fin da Guerra, Castelao marcha
para os Estados Unidos, onde:
a) Continúa a facer un labor de propaganda (característico do exilio en
xeral).
b) Publica o terceiro dos seus álbums de guerra: Milicianos (1938), unha
obra cuxa actitude perante as comunidades marxinais é moi semellante á
de Poeta en Nueva York de Lorca.
c) Recibe o título de Presidente de honra das sociedades negras. En
relación con isto cómpre ter en conta que, postumamente, publicaríase o
álbum Debuxos de negros (1969).
d) Mentres Castelao aínda está en Nova York a colectividade galega de Bos
Aires noméao presidente do Partido Galeguista.
5) O 18 de xullo de 1940 chega a Bos Aires, que sería a súa residencia
definitiva. Parte de Sempre en Galiza foi escrita no traxecto de Nova York a
Bos Aires e nesta obra podemos atopar tamén a crítica do sistema capitalista.
En Bos Aires é moi ben recibido e preséntase a si mesmo coma un artista civil

8 Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
1. A literatura galega durante a Guerra Civil e a primeira posguerra

ao servizo do pobo, malia a redución progresiva do seu labor político por


problemas de saúde (a cegueira provocaría a diminución da súa actividade
plástica). Neste momento Castelao é xa un símbolo e a figura máis activa era
Seoane.
6) Durante un ano (entre 1946 e 1947) abandona Bos Aires para formar parte do
Gabinete Giral en París como ministro sen carteira.

3.3.2. Actividade cultural en Bos Aires


Castelao quere que Bos Aires sexa Galiza12 o que Nova York a Irlanda,
xa que a colonia irlandesa de Nova York financiou a independencia de Irlanda.
Ademais, é en parte consciente das friccións entre galeguistas e comunistas xa que,
aínda que colaboran en moitas publicacións, chegaron a ter diferenzas considerables,
das que se doe Castelao. Con todo, é cada vez máis un mito ca un persoeiro activo.
Entre a súa actividade destaca:
1) Colaboracións en A Nosa Terra, case a única publicación na que participa
nesta etapa.
2) Remata Sempre en Galiza, cuxa primeira edición é de 1944, pero a definitiva
non se publicaría ata 1961.
3) Traballa na obra As cruces de pedra na Galiza, que non chega a ver publicada
(só vería os primeiros pregos). Esta obra supón unha mestura de erudición e
sensibilidade na que se homenaxea os canteiros. É un libro moi luxoso e
elaborado que podemos poñer en relación con As cruces de pedra na Bretaña,
pero este último carece da sensibilidade do primeiro.
4) O 8/10/1941 a compañía de Maruxa Villanueva estrea no Teatro Mayo de
Buenos Aires Os vellos non deben de namorarse:
a) É unha obra de longa xestación na que Castelao reflicte unha concepción
do teatro coma un todo (música, danza, luces, etc.) algo que el vira en
París no teatro ruso de La Chauve – Souris en 1921 (cando viaxara
cunha bolsa de estudos). É unha concepción semellante á do Teatro de
máscaras (1975) de Otero Pedrayo.
b) É unha obra moi achega entón ao teatro vangardista dos anos 20, pero
nos anos 40 en Bos Aires triúnfa un teatro costumista e sentimental, polo
que a obra fracasa na súa representación. Por Manuel Varela Buxán
sabemos que se mobilizaron as sociedades galegas de Bos Aires para
que acudiran á representación e non retirasen a obra. O dramaturgo e
crítico asturiano Alejandro Casona gaba moito a obra e di que esta non
foi entendida polo público.
5) Participa no Consello de Galiza fundado o 15/11/1944 en Montevideo. É un
órgano que funciona coma un goberno de Galiza no exilio e que non se crea en
Bos Aires por inseguridade, xa que Arxentina foi un dos primeiros países en
recoñecer o réxime franquista. Está formado por deputados das Cortes de
1936:
a) Castelao, presidente desde a fundación da institución ata a súa morte.
b) A. Alonso Ríos, agrarista que sería presidente do Consello á morte de
Castelao.
12
En 1944 Stalin derrota a Hitler en Stalingrado, feito que enche de grandes esperanzas aos exiliados,
que o celebran no café Tortoni de Buenos Aires.

9 Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
1. A literatura galega durante a Guerra Civil e a primeira posguerra

c) R. Suárez – Picallo.
d) Eladio Villaverde (de Izquierda Republicana).
6) Tamén é moi importante o seu labor como orador.

3.3.3. Alba de Groria (25 de xullo de 1948)


A) Introdución
Castelao é desde os anos 40 un símbolo de veneración, cuxa actividade
literaria e artística ía minguando co paso do tempo. Porén, estaba presente na
meirande parte das actividades políticas (Consello de Galiza) xa que era unha figura
quen de aglutinar sectores do exilio entre os que había diferenzas (comunistas e
galeguistas). Esta intensa actividade política descríbea, por exemplo, nunha carta ao
seu curmán Alfredo Somoza (20/09/1948).
Castelao pronuncia Alba de Groria o 25 de xullo de 1948 no Teatro
Arxentino de Bos Aires, discurso que supón a peza cumio da súa oratoria.

B) Antecedentes
1) Discursos do propio Castelao pronunciados entre 1940 e 1948.
2) A siñificación espiritoal do Día da Galiza de Otero Pedrayo,
pronunciado no Teatro García Barbón de Vigo en 1930 e que podemos
considerar o texto base para a elaboración de Alba de Groria:

Trazos desenvoltos en Alba


Características
de Groria
- Imaxes recorrentes en Otero para evocar o Día
A emoción da de Galiza:
mañán do 1. Música: campás.
Sant – Yago 2. Xuntanza no Obradoiro de tódolos camiños
(mar, chaira e montaña), de Galiza enteira.
- Referencia ás etapas da historia de Galiza que
Otero considera fundamentais:
1. Celtismo: Pondal.
2. Románico: Pórtico da Gloria.
3. Barroco.
O galeguismo 4. Romantismo.
do Apóstolo
- Apóstolo e nacionalismo como asociación
indisoluble.
- Referencia á batalla da Ponte San Paio, algo
infrecuente en Otero pola simpatía que cara aos
franceses debido á expansión das ideas da
revolución.
O coral dos
pobos e o
- Camiño e europeísmo: idea de que Europa se
camiño fixo camiñando (Goethe).

10 Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
1. A literatura galega durante a Guerra Civil e a primeira posguerra

- Labregos e mariñeiros
vs. homes de cultura. O
- Contraste entre labregos e mariñeiros, como pobo é a tradición13 e os
O pobo representantes da tradición, e os homes de homes de cultura
sempre soupo cultura. carecen de vontade, os
o seu deber - Xelmírez como artífice do camiño únicos homes de cultura
(europeísmo). con vontade serían
Bóveda ou Faraldo.

- Estadea de personaxes: Leonardo Rodríguez


(impulsor da revista As Roladas con Risco e
CUevillas); Arcebispo Lago (arcebispo de Tui);
Lembranza - A estadea en Alba de
dos mortos Lois Porteiro (membro das Irmandades da Fala e
Groria é máis extensa.
grande ideólogo, aínda que morre
prematuramente); Losada Diéguez (introduce no
galeguismo os homes de Nós)
Vigo, - Relátase unha experiencia persoal (primeira
universal e visión do mar). É un xeito de achegarse ao
galego auditorio vigués.
A forza d’un
xuramento

3) “Mística disertación” (1920), artigo de Risco cuxa influencia é menor cá do


discurso anterior de Otero.
4) Discursos anteriores de Castelao:
a) 1940: discurso no que destacan dúas ideas:
 Tradición vs. homes de cultura ou homes guía, idea que xa aparece no
discurso de Otero Pedrayo.
 Frustración histórica do que puido ser Galiza, representada nas figuras
das irmás Inés e Xohana de Castro (raíña despois de morta, a primeira,
e raíña por un día, a segunda).
b) 1942: Castelao pronuncia un discurso no funeral civil de Bóveda no que
aparece por primeira vez a idea da Santa Compaña que despois
desenvolverá. Esta idea xa estaba presente de xeito indirecto no discurso de
Otero Pedrayo (E diante da procesión temerosa, vai unha grande
pantasma [...] e “Lembranza dos mortos”). Castelao alude a:
 Catro personaxes da Baixa Idade Media que se encadrarían dentro da
tradición: Fernán Pérez de Andrade O Bo, Pardo de Cela, Xelmírez e
Macías.
 Homes guía con vontade, que tamén se poderían encadrar dentro da
tradición: A. Faraldo (1846), A. Brañas (teórico do rexionalismo) e A.
Bóveda (nacionalismo).
c) 1944: elocución radiofónica na emisora El Mundo no día de Galiza na que
se fai referencia a Santiago, unha idea que desenvolverá na primeira parte
de Alba de Groria e na que se pode notar a influencia do artigo “Mística
disertación” (1920) de Risco.
d) 1945: discurso do Día de Galiza, no que xa está practicamente
configurado o discurso de 1948. Deste discurso destaca:
 Bóveda como exemplo do porvir.
13
Xa no adro de Sempre en Galiza se fai unha defensa do pobo como manterdor da cultura e o espírito,
unha idea tomada de Otero Pedrayo.

11 Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
1. A literatura galega durante a Guerra Civil e a primeira posguerra

 Idea da eclosión de campás (presente no discurso de Otero Pedrayo).

En conclusión, de tódolos antecedentes de Alba de Groria destaca


sobre todo o discurso de Otero Pedrayo, do que Castelao toma a ide da
Compaña (engadindo a Bóveda, que cando Otero Pedrayo pronuncia o seu
discurso aínda non fora asasinado) e a oposición entre homes guía e tradición
representada polo pobo (O pobo labrego e mariñeiro soupo sempre o seu deber;
namentra-los homes da cultura, ou os que se chaman tales, esquecían a terra e
procuraban un vivir d-imitanza, o pobo gardábase fiel ô esprito [...]). Esta oposición é
unha idea xeral do grupo, pero é Otero o primeiro en manifestala de xeito nítido.

C) Contido

Contido Antecedentes
Referencia á tripla significación do día de Galiza en
relación coas tres formas iconográficas do Apóstolo e
os feitos que se vinculan a elas:

A forma europea,
Camiño de Santiago e
relacionada co Camiño e
unidade espiritual de
a figura do xudeu errante
Europa (Goethe).
(Ahasuerus).
1. “Mística disertación”
A forma hispana,
(1920) de Risco, aínda
A relacionada con Santiago
que Castelao adopta non
siñificación Matamouros que
Ideais cabaleirescos só un estilo diferente,
espiritual do Castelao define coma o
medievais e loita coma o senón tamén unha postura
Día de único caso d-un
Islam. de menor catolicidade.
Galiza Apóstolo de Cristo
representado en forma 2. Goethe (Europa fíxose
pouco evanxelizadora. camiñando).
A forma galega,
Desexo de seguir o
representada en
Camiño, que fai posible
semellanza aos
o descubrimento de
Patriarcas no Pórtico da
América.
Gloria.

1. Idea de Galiza enteira (primeiro parágrafo), igual


ca Otero Pedrayo ou Cabanillas (Dende Ortegal ó 1. Otero (A siñificación
Miño). espiritoal do Día de
2. Muiñeira de Campás (Otero) e campás que Galiza, p. 8) e Cabanillas.
Alba de chegan ao exilio. 2. Otero (A asiñificación
Groria 3. Festa étnica con posibles raíces anteriores ao espiritoal do Día de
Cristianismo, polo que sen desbotar o Galiza).
Cristianismo faise fincapé nas raíces pagás. 3. Celtismo de Otero e
4. Referencia a Camões (o mellor poeta da nosa Risco.
estirpe) e referencia explícita a Otero Pedrayo.
Santa Santa Compaña: Otero (A asiñificación
Compaña 1. Encabezada por Prisciliano (e non por Xelmírez, espiritoal do Día de Galiza).
inmorredoir coma no discurso de Otero),
a 2. Inclúe seguidamente a druídas, a San Rosendo
(Celanova), a Alfonso VII (que puido ser rei de
Galiza) e algúns trobadores.

12 Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
1. A literatura galega durante a Guerra Civil e a primeira posguerra

3. Fai referencia a Inés e Xohana de Castro, a


Andrade o Bo, aos Arcebispos Fonseca e a Rui
Xordo (que se enfronta con Andrade o Bo nas I
Guerra Irmandiña).
4. Sigue con astrónomos, filósofos (Francisco
Sánchez), embaixadores (Gondomar) e escritores
desde Añón ata Valle – Inclán (Don Ramón)
Oposición entre:
1. Historia dos grandes homes.
Hestoria e Otero (A asiñificación
tradición 2. Tradición, da que é depositaria o pobo (ánimas espiritoal do Día de Galiza).
sen nome), pero na que tamén inclúe a Alexandre
Bóveda, como símbolo do futuro.

3.4. O exilio en México


É un centro menos importante ca Bos Aires xa que a colectividade
galega era menor e, ademais, foi preciso un labor de concienciación desta
colectividade por parte do galeguismo. México foi un país hostil ao réxime franquista,
que non recoñeceu durante moito tempo, e o presidente Lázaro Cárdenas acolleu e
procuroulles un medio de vida a moitos exiliados.

A) Persoeiros máis importantes


7) F. Delgado Gurriarán: poeta valdeorrés que xa publicara antes da Guerra e
tiña certa sona. Era de orientación comunista e, desde o punto de vista
literario, un poeta menor, pero moi activo culturalmente.
8) Arturo Souto: pintor que sería ilustrador de moitas publicacións.
9) X. Bal y Gay, músico.
10) Carlos Velo: cineasta que foi colaborador de Buñuel na súa etapa mexicana.
11) Luís Soto: mestre comunista que foi secretario de Castelao e animador de
publicacións coma Vieiros, aínda que non ten ningunha obra literaria.

B) Publicacións
12) Saudade. Verba galega das Américas:
a) Publícanse sete números en dúas etapas: 1942 – 1943 (5 números) e
1952 – 1953 (2 números)14.
b) Revista miscelánea de orientación galeguista.
c) Promovida por Delgado Gurriarán e Ramón Cabanillas Álvarez (fillo
de Cabanillas).
13) Loita:
a) Coñecemos dous números de 1943.
b) De inspiración comunista, pero escrita integramente en galego.
14) Cancioneiro da loita galega:
a) Publicada polo Partido Galeguista en 1943, só coñecemos o primeiro
tomo.
b) É unha compilación de poemas da guerra e da inmediata posguerra
entre os que non hai ningún inédito. Son poemas combativos e
antifascistas con fin propagandístico.
15) Vieiros:
14
A periodicidade irregular das publicacións do exilio é frecuente por problemas de financiación.

13 Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
1. A literatura galega durante a Guerra Civil e a primeira posguerra

a) Publicada polo Padroado da Cultura Galega15, consta de 4 números que


se publican en 1959, 1962, 1965 e 1968.
b) É a mellor publicación do exilio, que se caracteriza por:
 Ser unha publicación moi luxosa, con ilustracións de Castelao, A.
Souto, Maside, Xaime Quesada, Xosé Luís de Díos, Seoane, etc.
 Aglutinar diversas xeracións de intelectuais, tanto do exilio interior
coma do exterior. Así, atopamos composcións de Ferrín, Manuel
María, Carvalho Calero, Celso Emilio Ferreiro (que publica primeiro
en Vieiros algúns dos poemas que despois incluiría nos seus libros),
etc.
c) Foi promovida por Carlos Velo e Luís Soto.
16) Poesía de Galicia (1969): antoloxía compilada por Alexandre Fisterra16
(pseudónimo de Alexandre Campos Ramírez) na que se inclúen 97 poetas de
orixe galega17 ordenados alfabeticamente, polo que tamén podemos atopar
composicións en castelán.

3. Lenta recuperación cultural desde fins dos anos 40 en


Galiza
Ata 1947 non se publicaría a primeira obra literaria de certa entidade:
Cómaros verdes, de Aquilino Iglesia Alvariño, só pequenos libros de menor
importancia. Desde fins dos anos 40 dáse unha certa recuperación cultural en
Galiza, pero temos que ter en conta dous factores:
1) Aínda que non estaba prohibido de iure escribir en galego, si que o estaba de
facto, xa que había unha grande restrición temática que obrigaba aos autores á
autocensura.
2) O sistema presenta un problema estrutural, xa que non existían empresas
editoriais.

3.1. Publicacións periódicas anteriores a 1950


Ata 1950 aparecen algúns medios que acollen a autores que xa publicaran
anteriormente e tamén aos das novas xeracións. É o caso de:
1) Mensajes de poesía (1948), revista bilingüe (con predominio do castelán)
impulsada por Eduardo Moreiras e de periodicidade moi difusa.
2) Alba (1948 - 1956), revista promovida por R. González Alegre na Coruña
(tres primeiros números) e que posteriormente se publicaría en Vigo. Tamén
interviñeron nela Celso Emilio Ferreiro e Bernardino Graña, achegándolle a
inspiración galeguista. É tamén unha revista bilingüe e nela publicaría Otero
Pedrayo algún poema (nº 4).
3) La Noche (15/10/1949 – 26/01/1950), suplemento cultural compostelán
monolingüe en galego promovido por Fernández del Riego. Nel publicaron
Otero Pedrayo e outros autores da Xeración das Festas Minervais, tanto
ensaio coma creación. Acolle, ademais, un dos poucos artigos sobre a morte
de Castelao que se publican en Galiza: “A casiña de Rianxo”, de Otero.

15
Institución máis política ca cultural creada en 1953, semellante ao Consello de Galiza da Arxentina.
16
Alexandre Fisterra tamén foi editor de León Felipe en México.
17
A orixe tamén foi o criterio seguido por A. María de la Iglesia no Álbum de la caridad.

14 Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
1. A literatura galega durante a Guerra Civil e a primeira posguerra

3.2. Empresas editoriais desenvolvidas arredor de 1950


Son empresas con grandes dificultades económicas, cuxo único obxectivo
era a restauración da cultura xa que non podían ser rendibles nese contexto.
1) Xistral (1949):
a) Colección de poesía que xorde en Lugo e que despois se publicaría en
Monforte.
b) Promovida por Ánxel Xohán18 e Manuel María.
c) Nela publican L. Álvarez Pousa, Margarita Ledo Andión ou Ferrín
(Antón e os inocentes).

2) Benito Soto (1949):


a) Revista publicada en Pontevedra.
b) Título simbólico, xa que fai referencia ao pirata pontevedrés do mesmo
nome que fora aforcado polos ingleses en Cádiz. É un símbolo da
liberdade.
c) Impulsada por Celso Emilio Ferreiro, é a primeira editora galega cun fin
definido antes da aparición de Galaxia.
d) Monolingüe en galego.

3) Edicións Monterrei (1950):


a) Promovida polos irmáns Xosé María e Darío Álvarez Blázquez.
b) Monolingüe en galego.
c) Nos anos 60 mudaría de nome e pasaría a chamarse Castrelos. Nesta
colección publicarían Ferrín (Retorno a Tagen Ata) ou Otero Pedrayo (O
baroutallo).

4) Bibliófilos Gallegos (1950):


a) Editorial compostelá.
b) Bilingüe.
c) Comezaría coa obra Camiños no tempo (1950) de Cabanillas e tamén
aparecería nela a primeira novela da posguerra: Xente da barreira, de
Carvalho Calero. Publicaría tamén outros textos anteriores de Cabanillas
(Na noite estrelecida), quen sería coroado como poeta da raza en Padrón en
1950.

5) Editorial Galaxia (1950):


a) É a primeira gran empresa editorial galega, presidida por Otero
Pedrayo, quen neste momento é máis unha figura simbólica ca activa. Ao
carón del traballa un grupo de ensaístas nacidos arredor de 1910:
Fernández del Riego, Ramón Piñeiro ou García – Sabell.
b) A primeira obra que publica é Antífona da cantiga (1951) de Cabanillas,
unha antoloxía de coplas populares. Nese mesmo ano só publicaría 12
títulos máis.
c) Edita a revista Grial:
 Ten dúas etapas: 1951 – 1952 (4 nos) e 1963 – actualidade.

18
Considerado precursor da nova narratiga galega pola súa obra Polo camiño de abaixo, que pode ser
vista coma un antecedente de obras da nova narrativa coma Memorias de Tains de R. Mourullo.

15 Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
1. A literatura galega durante a Guerra Civil e a primeira posguerra

 Título simbólico que fai referencia á arela de perfección e a busca da


identidade colectiva.
 Está inspirada na Revista de occidente de Ortega.
 A orientación liberalista de homes coma Ramón Piñeiro, claramente
anticomunistas, provocará a ruptura coas novas xeracións, xa que os
primeiros pretenden seguir co maxisterio cultural do Grupo Nós e
rexeitan a creación de organizacións políticas en Galiza que se anima
desde o exilio (nos anos 60 crearíase o PSG e a UPG).
 O réxime prohibe a publicación de Grial por mor do ensaio Significado
metafísico da saudade de Ramón Piñeiro, publicado no nº 1 da revista.
Neste ensaio faise referencia a diversas correntes filosóficas vixentes
(Heidegger, Sartre, etc.). O uso dunha lingua diferente ao castelán para
o ensaio non foi ben visto polo réxime como podemos observar nunha
carta de Juan Aparicio (director xeral de prensa e director do xornal El
Pueblo) ao ministro do movemento, que só sería contestada en Galiza
por José María Castroviejo. Así, desde o nº 4 e ata 1963, négaselle a
Grial o imprimatur.

En relación con isto, en 1954 realizaríase unha denuncia perante a


UNESCO en Montevideo polo feito de non poder usarse o galego en Galiza,
motivada sobre todo polo que acontecera coa revista Grial. Así, entrégaselle á
UNESCO un documento escrito en galego, inglés e francés.

A partir de 1950 os proxectos editoriais serían escasos.

16 Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC