Está en la página 1de 24

1.

Datas
1.1.Letras Galegas

Ano Autor/a
1963 Rosalía (1837 – 1885)
1964 Castelao (1886 – 1950)
1965 Pondal (1835 – 1917)
1966 Añón (1812 – 1878)
1967 Curros (1851 – 1908)
1968 Cuevillas (1886 – 1958)
1969 Noriega Varela (1969 – 1947)
1970 Marcial Valladares (1821 – 1903)
1971 López Abente (1878 – 1963)
1972 Lamas Carvajal (1849 – 1906)
1973 Manuel Lago González (1865 – 1925)
1974 Johán Vicente Viqueira (1886 – 1924)
1975 Pintos (1811 – 1876)
1976 Cabanillas (1876 – 1959)
1977 Antón Villar Ponte (1881 – 1936)
1978 López Ferreiro (1837 – 1910)
1979 Manuel Antonio (1900 – 1930)
1980 Afonso X (1221 – 1284)
1981 Risco (1884 – 1963)
1982 Amado Carballo (1901 – 1927)
1983 Leiras Pulpeiro (1854 – 1912)
1984 Cotarelo Valledor (1879 – 1950)
1985 Antón Losada Diéguez (1884 – 1929)
1986 Aquilino Iglesia Alvariño (1909 – 1961)
1987 Francisca Herrera Garrido (1869 – 1950)
1988 Otero Pedrayo (1888 – 1976)
1989 Celso Emilio Ferreiro (1912 – 1979)
1990 Luís Pimentel (1895 – 1958)
1991 Cunqueiro (1911 – 1981)
1992 Bouza – Brey (1901 – 1973)
1993 Blanco Amor (1897 ? – 1979)
1994 Luís Seoane (1910 – 1979)
1995 Dieste (1899 – 1981)
1996 Xesús Ferro Couselo (1906 – 1975)
1997 Ánxel Fole (1903 – 1986)
Martin Codax (séculos XIII –XIV), Mendinho (séculos XIII – XIV) e Xohán
1998
de Cangas (século XIV)
1999 Roberto Blanco Torres (1891 – 1936)
2000 Murguía (1833 – 1923)
2001 Eladio Rodríguez (1864 – 1949)
2002 Sarmiento (1695 – 1772)
2003 Antón Avilés de Taramancos (1935 – 1992)
2004 Xaquín Lorenzo, Xocas (1907 – 1989)
2005 Lorenzo Varela (1916 – 1978)
2006 Lugrís Freire (1853 – 1940)
2007 María Mariño (1907 – 1967)
2008 Álvarez Blázquez (1915 – 1985)

1
1.2.Autores
1) Indica o período aproximado en que viviu Ramón Cabanillas.
1886 – 1959.
2) Entre que anos sitúas a vida de Castelao?
1886 – 1950.
3) Época na que viviu Álvaro Cunqueiro.
Mondoñedo, 1911 – Vigo, 1981.
4) Entre que anos viviu Amado Carballo?
1901 – 1927.
5) Entre que anos viviu Otero Pedrayo?
1888 – 1976.
6) Entre que anos sitúa a vida de Vicente Risco?
1884 – 1963.
7) Entre que anos viviu Bouza Brey?
1901 – 1973.
8) Entre que anos viviu Blanco Amor?
1897 – 1979.
9) En que ano naceu Luís Seoane?
1910 – 1979.
10) Entre que anos viviu Dieste?
1899 – 1981.

1.3.Publicacións e outras actividades


1) En que ano se publicou o manifesto ¡Máis Alá!?
En 1922.
2) En que ano se fundou a Irmandade de Amigos da Fala da Coruña?
O 18 de maio de 1916.
3) Cite un acontecemento importante en 1923?
Fundación do Seminario de Estudos Galegos;
Comezo da Ditadura de Primo de Rivera.
4) De que ano é a primeira edición de Cousas?
De 1926, a segunda é de 1929.
5) De que ano data Arredor de si?
De 1930.
6) Entre que anos saíu á luz a revista Nós?

2
Entre 1920 e 1936, aínda que a súa publicación foi interrompida entre
1923 e 1925 (ditadura de Primo de Rivera).
7) En que ano se fundou o Partido Galeguista?
En decembro de 1931.
8) Cando tivo lugar o alzamento militar contra a legalidade da
República?
O 18 de xullo de 1936.
9) Cando se plebiscitou o primeiro Estatuto de Autonomía para
Galiza?
O 28 de xuño de 1936.
10) De que ano datan os Seis poemas galegos de Lorca?
De 1935.
11) En que xornal e en que ano saíu á luz o primeiro manifesto de
Marinetti?
No xornal Le Figaro, o 20 de febreiro de 1909.
12) Entre que anos se sitúa a etapa agrarista?
1907 – 1916.
13) De que ano data O porco de pé?
1928.
14) Ano de publicación de Cómaros verdes?
1947.
15) En que ano se fundou a Real Academia Galega e quen foi o seu
primeiro presidente?
Constitúese o 30 de setembro de 1906 (ten como precedente a Sociedade
Protectora da Academia Gallega, 1905, La Habana) e o seu primeiro
presidente foi Manuel Murguía.
16) Ano de publicación de Ao pé de cada hora.
1967.
17) En que ano se funda a Editorial Galaxia?
1950.
18) Onde e en que ano se publica A Esmorga?
En Buenos Aires en 1959.
19) Desde que ano se celebra o Día das Letras Galegas?
Desde 1963.
20) Ano de publicación de Longa noite de pedra.
1962.

3
21) Cite títulos de novelas publicadas en 1934.
Os dous de sempre, de Castelao;
Fra Vernero, de Otero Pedrayo;
A romeiría de Xelmírez, de Otero Pedrayo.
22) Que revista se fundou en outubro de 1920?
A revista Nós (en Ourense).
23) De que ano datan os Seis poemas galegos de Lorca?
De 1935, foron publicados pola Editorial Nós (Ánxel Casal).
24) Entre que anos sae á luz a revista Nós?
Entre 1920 e 1936, aínda que se interrompe entre 1923 e 1925.
25) De que ano data Cómaros verdes?
De 1947.
26) En que ano se publicou Sempre en Galiza?
De 1944 en Buenos Aires.

2. Autores e obras
2.1.Citar autores

1) Quen escribiu Da terra asoballada?


Ramón Cabanillas.
2) Quen foi o autor de Proel?
Amado Carballo.
3) Cita algúns autores da Xeración Novecentista.
Luís Pimentel (1895 – 1958),
Manuel Antonio (1900 – 1930),
Amado Carballo (1901 – 1927) ,
Blanco Amor (1897 – 1979),
Dieste (1899 – 1981),
Bouza – Brey (1901 – 1973),
Crecente Vega (1896 – 1948),
Paz Andrade (1899 – 1987),
Filgueira Valverde (1906 – 1996),
A. Fraguas (1905 – 1999),
Ánxel Xoán (1901 – 1965),
Euxenio Montes (1897 – 1982),
M. Luís Acuña (1900 – 1975),

4
Álvaro de las Casas (1901 – 1950),
Augusto María de las Casas.
4) Cita algúns autores da Xeración da República.
María Mariño (1907 – 1967),
Aquilino Iglesia Alvariño (1909 – 1961),
Carvalho Calero (1910 – 1990),
Cunqueiro (1911 – 1981),
Celso Emilio Ferreiro (1912 – 1979),
Fernández del Riego (1913),
García Sabell (1908 – 2001),
Luís Seoane (1910 – 1979).
5) Quen é o autor de Do ermo?
Noriega Varela (1869 – 1947),
6) Quen asinou con Manuel Antonio o manifesto ¡Máis Alá!?
Álvaro Cebreiro (1903 – 1956),
7) Quen escribiu Nao senlleira?
Bouza Brey (1901 – 1973).
8) Cite autores que naceran en Rianxo ou preto de alí.
Manuel Antonio,
Rafael Dieste,
Castelao.
9) Quen escribiu Fra Vernero?
Otero Pedrayo, en 1934.
10) Quen escribiu El bufón de El-Rei?
Vicente Risco, en 1928.
11) Que é A fiestra valdeira?
Unha peza teatral de Rafael Dieste, publicada en 1927.
12) Quen escribiu Sempre en Galiza?
Castelao (publicouse en 1944).
13) Quen foi o autor da Teoría do nazonalismo galego?
Vicente Risco (publicouse en 1920).
14) Quen escribiu O mariscal?
Ramón Cabanillas e Antón Villar Ponte (publicouse en 1926).
15) Citar poetas vencellados ao Seminario de Mondoñedo.
Leiras Pulpeiro (1854 – 1912),
Álvaro Cunqueiro (1911 – 1981),
Noriega Varela (1869 – 1947),

5
Aquilino Iglesia Alvariño (1909 – 1961),
Crecente Vega (1896 – 1948).
16) Como se chamaba o primeiro Cura de Fruíme?
Diego Antonio de Cernadas y Castro (1702 – 1777).
17) Quen escribiu Na noite estrelecida?
Ramón Cabanillas (publicouse en 1926).
18) Autor catalán de manifestos de vangardas.
Joan Salvat-Papasseit (1884 – 1924), autor do manifesto Contra els poetes
amb minúscula. Primer manifest futurista català (1920).
19) Que autor galego de expresión castelá ataca Manuel Antonio no
manifesto ¡Máis Alá!?
Valle – Inclán.
20) Onde e en que ano se publicou Pantelas, home libre?
Na colección Lar en 1925.
21) Quen escribiu A escaleira de Jacob?
Blanco Amor (inconclusa).
22) Autor de Señardá.
Aquilino Iglesia Alvariño (publicouse en 1930).
23) Compoñentes do Seminario de Estudos Galegos?
Bouza Brey (1901 – 1973),
Carvalho Calero (1910 – 1990),
Luís Tobío (1906 – 2003),
Filgueira Valverde (1906 – 1996),
Xaquín Lorenzo (1907 – 1989).
24) Quen escribiu Fabulario novo?
Manuel Cuña Novás (1924 – 1992), publicouse en 1952.
25) Quen é o autor de Vento ferido?
Carlos Casares (1941 – 2002), publicouse en 1967.
26) Cite algún dos compoñentes do grupo Brais Pinto?
X.L. Méndez Ferrín (1938),
Bautista Álvarez (1933),
Fernández Ferreiro (1931),
Bernardino Graña (1932),
Herminio Barreiro,
Ramón Lorenzo (1935),
Xosé Cribeiro (1936 – 1995),
Reimundo Patiño (1936 – 1985).

6
27) Quen escribiu Muiñeiro de Brétemas?
Manuel María (1929 – 2004), publicouse en 1950.
28) Quen escribiu O que se foi perdendo?
Ramón Lorenzo (1935), publicouse en 1959.
29) Quen gañou o último premio Blanco Amor de novela?
Inma López Silva, con Memorias da cidade sen luz.
30) De quen é Ao pé de cada hora?
De Salvador García Bodaño, publicouse en 1967.
31) Quen escribiu A morte de Frank González?
Fernández Ferreiro, publicouse en 1975.
32) Escriba cinco nomes de narradores en galego actuais.
Manolo Rivas,
Xosé Carlos Caneiro,
Méndez Ferrín,
Suso de Toro,
Teresa Moure,
...
33) Escriba o nome de tres ensaístas galegos vivos.
Teresa Moure,
X. M. Beiras,
Méndez Ferrín,
Xosé Chao Rego,
Francisco Rodríguez,
Alonso Montero,
....
34) Quen escribiu Os europeos en Abrantes?
Vicente Risco. É unha obra inconclusa publicaba en varios números da revista
Nós en 1927.
35) Cite autores da mesma xeración ca Dieste?
Luís Pimentel (1895 – 1958),
Manuel Antonio (1900 – 1930),
Amado Carballo (1901 – 1927) ,
Blanco Amor (1897 – 1979),
Bouza – Brey (1901 – 1973),
Crecente Vega (1896 – 1948),
Paz Andrade (1899 – 1987),
Filgueira Valverde (1906 – 1996),

7
A. Fraguas (1905 – 1999),
Ánxel Xoán (1901 – 1965),
Euxenio Montes (1897 – 1982),
M. Luís Acuña (1900 – 1975),
Álvaro de las Casas (1901 – 1950),
Augusto María de las Casas.
36) Que autores destacaron máis na corrente neotrobadoresca?
Bouza Brey (1901 – 1973),
Cunqueiro (1910 – 1981),
Exenio Montes (1900 – 1982)
Roberto Blanco Torres (1891 – 1936),
Luís Pimentel (1895 – 1958),
Aquilino Iglesia Alvariño (1909 – 1961),
Crecente Vega (1896 – 1948).
37) Como se chama o autor futurista que publicou un manifesto en Milán
en 1912?
Marinetti.
38) Cite autores da colección Céltiga.
Xaime Quintanilla: Saudade (1922),
Castelao: Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete (1922),
Roberto Novoa Santos: A Santa Compaña (1922, tradución do castelán),
Eladio Rodríguez: Raza e terra (1922),
Gonzalo López Abente: O novo xuez (1922),
39) Escriba tres nomes da xeración de Risco.
Castelao (1886 – 1950),
Otero Pedrayo (1888 – 1976),
Antón Villar Ponte (1881 – 1936),
Losada Diéguez (1884 – 1929),
Johán Vicente Viqueira (1886 – 1924)
López Cuevillas (1886 – 1958),
Carré Alvarellos (1888 – 1976),
Roberto Blanco Torres (1891 – 1936),
Ramón Villar Ponte (1891 – 1953).
40) Quen escribiu Nimbos?
Xosé María Díaz Castro (1914 – 1990), publicouse en 1961.
41) Autor de Tempo de Compostela.
Salvador García Bodaño (1935), publicouse en 1978.

8
42) Quen escribiu Xente ao lonxe?
Blanco Amor (1897(?) – 1979), publicouse en 1972.
43) Autor de A noite vai coma un río.
Álvaro Cunqueiro (1911 – 1981), publicouse en 1965.
44) Autor de Adiós María.
Xohana Torres, publicouse en 1971.
45) Cite poetas vivos.
Estíbaliz Espinosa,
Gonzalo Navaza,
Darío Xohán Cabana,
Lupe López,
María Lado,
...
46) Cite algún autor da chamada Nova Narrativa Galega.
Méndez Ferrín,
María Xosé Queizán,
Rodríguez Mourullo,
Xohana Torres,
Suárez - Llanos.
47) Quen escribiu o Informe dramático sobre la lengua gallega?
Alonso Montero, publicouse en 1973.
48) Quen escribiu Fardel de Eisilado?
Luís Seoane (1910 – 1979), publicouse en 1952.
49) Cite autores da colección Lar.
Vicente Risco: O lobo da xente (1925), A trabe de ouro e a trabe de alquitrán
(1925), A Coutada (1926);
Ánxel Casal: A dona das torres ();
Amado Carballo: Os probes de Deus (1925);
Filgueira Valverde: O vigario: ensaio simbólico, orixinal e inédito (1927);
Otero Pedrayo: Pantelas, home libre (1925), Escrito na néboa (1927);
Álvaro María de las Casas: Ladaíña (1927);
Bouza Brey: Cabalgadas en Salnés (1925);
50) Fundadores do Seminario de Estudos Galegos.
Filgueira Valverde (1906 – 1996), Lois Tobío (1906 – 2003), Bouza Brey
(1901 – 1973) e outros da Xeración Novecentista.
51) Autor de Do ermo.
Noriega Varela (1869 – 1947), publicouse en 1920.

9
52) Autor de Fra Vernero.
Otero Pedrayo (1888 – 1976), publicouse en 1934.
53) Como se chama o autor de Viaxe ao país dos ananos?
Celso Emilio Ferreiro (1912 – 1979), publicouse en 1968.
54) Quen é o autor de Cómaros verdes?
Aquilino Iglesia Alvariño (1909- 1961).
55)Quen escribiu Mar ao norde?
Állvaro Cunqueiro (1911 –1981), publicouse en 1932.

2.2.Citar obras
1) Cita algún poemario de Manuel Antonio.
De catro a catro,
Foulas,
Con anacos do meu interior,
Sempre e máis dispois,
Viladomar.
2) Cita algunha obra de Fermín Bouza – Brey.
Nao senlleira,
Seitura.
3) Que poemario publicou Aquilino Iglesia Alvariño durante a Ditadura?
Cómaros verdes (1947).
4) Cita algún poemario de Cunqueiro anterior á Guerra Civil.
Mar ao norde (1932),
Poemas do si e do non (1932),
Cantiga nova que se chama Riveira (1933).
5) Cita obras de Rafael Dieste.
Dos arquivos do trasno (1926),
A fiestra valdeira (1927),
A vontade de estilo na fala popular (1975),
Antre a terra e o ceo (1981),
Viaxe e fin de don Frontán (1982, póstuma)
6) Cita obras narrativas de Vicente Risco.
Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros (1919),
A trabe de ouro e a trabe de alquitrán (Lar, 1925),
O lobo da xente (Lar, 1925),
A Coutada (Lar, 1926),
Os europeus en Abrantes (1927),

10
O porco de pé (1928).
7) Coñece algunha obra de Amado Cotarelo Valledor?
Trebón (1922),
Sinxebra (1923),
O lubicán (1924),
Hostia (1926),
Beiramar (1931),
Mourenza (1931).
8) Cita obras que coñezas de Luís Pimentel.
Triscos (1950),
A sombra do aire na herba (1959).
9) Cite unha obra de Noriega Varela.
Montañesas (1904).
Do ermo (1920).
10) Cite unha obra de Ramón Cabanillas.
No desterro (1913, poesía),
Vento mareiro (1915, poesía),
Da terra asoballada (1917, poesía),
A saudade nos poetas galegos (1920, ensaio, discurso de ingreso na RAG),
A man de santiña (1921, teatro),
O cabaleiro do Sant Grial (1922, poesía),
Na noite estrelecida (1926, poesía),
O mariscal (1926, teatro, con Villar Ponte),
A rosa de cen follas (1927, poesía),
Antífona da cantiga (1950, poesía),
Da miña zanfona (1954, poesía),
Samos (1958),
...
11) Título do manifesto de Maiakovski.
Unha labazada no gusto público (1912, manifesto futurista).
12) Que ensaio publicou Vicente Risco en La Centuria?.
Preludio a toda estética futura, en seis dos sete números de La Centuria
(1917 – 1918).
13) Cita o primeiro e o último poema de De catro a catro.
“Intencións” e “Adeus”.
14) Que publicou Risco na colección Lar?
A trabe de ouro e a trabe de alquitrán (1925),

11
O lobo da xente (1925)
A Coutada (1926)
15) Como se chama a primeira obra narrativa de Castelao?
Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete (1922),
16) Que libro seu non coñeceu en vida Amado Carballo?
O galo (1928),
17) Que obras pode citar de Otero Pedrayo?
Pantelas, home libre (relatos breves) (1925)
O purgatorio de don Ramiro (relatos breves) (1926)
Escrito na néboa (relatos breves) (1927)
Os caminos da vida (novela en tres libros) (1928)
A lagarada (teatro) (1928)
Arredor de si (novela) (1930)
Contos do camiño e da rúa (relatos breves) (1932)
Fra Vernero (novela) (1934)
Teatro de máscaras (teatro) (1934)
Devalar (novela) (1935)
O mesón dos ermos (relatos breves) (1936)
O desengano do prioiro (teatro) (1952)
Entre a vendima e a castiñeira (1957) (relatos breves)
Bocarribeira. Poemas pra ler e queimar (poesía) (1958)
Rosalía (diálogo aparentemente teatrais) (1959)
O señorito da Reboraina (novela) (1960)
O fidalgo e a noite (diálogo aparentemente teatrais) (1970)
Noite compostelá (diálogo aparentemente teatrais) (1973)
O Maroutallo (1974) (relatos breves)
18) Cita obras teatrais de Rafael Dieste.
A fiestra valdeira (1927),
Viaje y fin de don Frontán (1930).
19) Cite algún poemario de Carvalho Calero.
Trinitarias (1928, castelán),
Vieiros (1931),
La soledad confusa (1932),
O silencio axionllado (1934),
Anxo da terra (1950),
Poemas pendurados dun cabelo (1952),
Calteiro de Fingoi (1961).

12
Pretérito imperfeito (1980),
Futuro condicional (1982),
Cantigas de amigo e outros poemas (1986),
Reticências (1990).
20) Que poemarios publicou Aquilino Iglesia Alvariño durante a
República?
Corazón ao vento (1933).
21) Título da primeira novela galega.
Maxina ou a filla espúrea (1880), de Marcial Valladares.
22) Cite algunha obra narrativa de Cunqueiro.
Merlín e familia (1950),
As crónicas do sochantre (1956),
Escola de menciñeiros (1960),
Si o vello Simbad volvese ás illas (1961),
Xente de aquí e de acolá (1971),
Os outros feirantes (1979).
23) Cite algunha obra narrativa de Méndez Ferrín.
Percival e outras historias (1958),
O crepúsculo e as formigas (1960),
Arrabaldo do norte (1964),
Retorno a Tagen Ata (1971),
Elipsis e outras sombras (1974),
Antón e os inocentes (1976),
Crónica de nós (1980),
Amor de Artur (1982),
Arnoia, Arnoia (1985),
Bretaña Esmeraldina (1987),
Arraianos (1991),
No ventre do silencio (1999).
24) Cite algún poemario de Arcadio López Casanova.
Sonetos da esperanza presentida (1965),
Palabra de honor (1967),
Mesteres (1976),
Liturxia do corpo (1976),
Memoria dunha edá: (1960 – 1975) (1976),
La oscura potestad (1979),
Antología personal (1987, bilingüe),
Razón de iniquidad (1991),

13
Noite do degaro (1994),
Asedio de sombra (1997),
En escuro desvelo: poesía 1972 – 2002 (2003),
Do tempo posuído (2004),
Herdo do canto (2003).
25) Cite algunha obra de Paco Martín.
Muxicas no espello (1971),
No cadeixo (1976),
E agora cun ceo de lama (1981),
Das cousas de Ramón Lamote (1985),
Lembranza nova de vellos mesteres (1988),
Servando I, rei do mundo enteiro (1990),
Dende a muralla (1990),
Tres historias para ler á noite (1992),
A bisneta lercha (2006),
Sabeliña e os ratos (2007),
Das novas cousas de Ramón Lamote (2008)
26) Cite unha obra moi popular de Neira Vilas.
Memorias dun neno labrego (1961),
Cartas a Lelo (1971),
27) Título dunha novela de Castelao publicada en 1934.
Os dous de sempre.
28) Cite poemarios de Celso Emilio Ferreiro.
Cartafol de poesía (1936),
O sono sulagado (1955),
Longa noite de pedra (1962),
Viaxe ao país dos ananos (1968),
Cantigas de escarnio e maldicir (1968),
Antipoemas (1972),
Onde o mundo se chama Celanova (1975),
...
29) Que publicou Castelao na colección Céltiga?
Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete (1922).
30) Cite algunha obra de castelao que non sexa Os dous de sempre.
Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete (1922).
Cousas (1926, 1929),
Cicoenta homes por dez reás (1930),

14
Retrincos (1934),
Sempre en Galiza (1944),
Os vellos non deben de namorarse (representada en 1941 e publicada en
1953).
31) Cite algún título da narrativa de Amado Carballo.
Maliaxe (1922).
Os probes de Deus (1925).
32) Que escribiu Castelao durante a Guerra Civil?
Sempre en Galiza (1944).
33) Cite unha obra de María Xosé Queizán?
A orella no buraco,
Erros e Tánatos,
Amor de Tango,
Metáfora da metáfora,
Despertar das amantes,
...
34) Cal é o poemario máis importante de Uxío Novoneyra?
Os eidos (1955).
35)Cite algunha obra poética de Claudio Rodríguez Fer.
Poemas de amor sen morte (1979),
A boca violeta (1987),
Vulva (1990),
Cebra (1991),
A muller núa (1992),
Extrema Europa (1996),
A unha muller descoñecida (1997),
...
36)Obra narrativa de Risco.
Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros (1919),
O lobo da xente (1925),
A trabe de ouro e a trabe de alquitrán (1925),
A Coutada (1926),
Os europeos en Abrantes. Epopeia en prosa (1927, nos 20 e 40 da revista
Nós),
O porco de pé (1928),
O señor feudal (1930, nº 74 da revista Nós)
37)Cite algunha obra de Avilés de Taramancos.
O tempo no espello (1982)

15
Cantos caucanos (1985),
As torres no ar (1989),
...
38)Obras que coñece de Rafael Dieste.
Dos arquivos do trasno (1926)
A fiestra valdeira (1927),
A vontade de estilo na fala popular (1975),
Antre a terra e o ceo (1981),
Viaxe e fin de don Frontán (1982, póstuma).
39)Obras de Bouza Brey.
Cabalgadas en Salnés (1925),
Nao senlleira (1933),
Seitura (1955).
40)Poemarios de Cunqueiro anteriores á Guerra Civil.
Mar ao norde (1932),
Poemas do si e do non (1933),
Cantiga nova que se chama riveira (1933).

2.3.Actividade editorial
1) Quen fundou a Revista Nós?
O Grupo Nós, Risco.
2) Quen dirixiu e entre que anos a colección Lar?
Ánxel Casal e Carré Avarellos entre 1924 e 1927.
3) Cite o título de revistas ou publicacións periódicas galegas aparecidas
entre 1916 e 1936.
Nós,
A Nosa Terra,
O Tío Marcos da Portela,
Alfar,
Ronsel,
Alborada,
Resol,
Lar,
Yunque,
La Centuria,

16
...
4) Quen dirixiu a Editorial Nós?
Ánxel Casal e Carré Alvarellos.
5) Quen foi Ánxel Casal?
Foi alcalde de Compostela, director da revista Nós e da colección Lar.
6) A que xornal vigués estivo vencellado principalmente Dieste nos anos
20?
El Pueblo Gallego;
Galicia.
7) Quen dirixiu a revista Resol?
Arturo Cuadrado.
8) Que foi Alfar?
Unha revista vangardista da Coruña que comeza a publicarse en 1923.
9) Onde se publicou Ronsel?
En Lugo desde 1924.
10) Que foi Céltiga?
Unha revista publicada en Buenos Aires entre 1924 e 1932 e dirixida por
Blanco Amor.
11) Onde se edita a revista Grial?
En Vigo.
12) Cite editoriais galegas da actualidade.
Galaxia,
Xerais,
Xistral,
Edicións Positivas,
Ir indo,
...
13) Cita revistas actuais escritas totalmente en galego.
Grial,
A trabe de ouro,
Andaina,
Murguía,
Unión libre. Cadernos de vida e culturas,
Festa da palabra silenciada,
...
14) Que é Festa da palabra silenciada?
Unha revista cultural dirixida por María Xosé Queizán.

17
15) Escriba títulos de publicacións galegas na emigración durante a
Época Nós.
Aires da miña terra,
Almanaque gallego,
Follas Novas,
Nova Galicia,
Suevia,
Acción Gallega,
A fouce,
Dolmen,
Céltiga (1924 – 1932, dirixida por Blanco Amor),
Terra (publicada desde 1923 e considerada continuadora da revista Nós na
emigración – cando esta é interrompida coa chegada ao poder de Primo de
Rivera –, tamén foi dirixida por Blanco Amor),
...
16) En que cidade viu a luz por primeira vez a revista Nós?
En Ourense en 1920. Publicouse ata 1936, aínda que a se interrompeu entre
1923 e 1925 (ditadura de Primo de Rivera).
17) Quen editou os Seis poemas galegos de Lorca?
Áxel Casal na editorial Nós en 1935.
18) Que publicación asumiu o idearium da Irmandade da Fala de
Ourense?
A Nosa Terra.

3. Outras
3.1.Sobre as obras de lectura
1) Como se chaman os protagonistas de Os dous de sempre?
Pedriño e Rañolas.
2) En que obras aparece o doutor Alveiros?
Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros (1925),
O porco de pé (1928).
3) En que obras aparece Adrián Solobio?
Escritos na néboa, 1927 (Adrián Solobio).
Arredor de si, 1930 (Adrián Solovio),
4) Onde se representou por primeira vez Os vellos non deben de
namorarse?
En Buenos Aires en 1941.

18
5) Que trazos vangardistas utiliza Manuel Antonio dos seus poemas?
Creacionismo, futurismo...
6) De que morreu don Baldomero?
De estreñimento (é o pai de Nicasia e sogro de don Celidonio de O porco de
pé).
7) Onde se atopa don Celidonio Oria?
En O porco de pé (1928) de Vicente Risco, onde se sitúa na cidade de Auria,
trasunto de Ourense.
8) Fronte o principio químico que coagula, que principio químico
representa o doutor Alveiros?
De estreñimento (é o pai de Nicasia e sogro de don Celidonio de O porco de
pé).
9) En que tres categorías clasifica Risco o ser humano?
Hylicos (materialistas), psíquicos (políticos) e pneumáticos (homes de
espírito).
10) Como se chama a muller de don Celidonio?
Nicasia.
11) Onde atopamos a despedida ¡Deica logo, Eleuterio!?
En “Dous vellos que tamén tiveron mocedade” de Cousas (1926) de Castelao.
12) Por que lle chamaban a Marquesiña?
Porque era a filla ilexítima do marqués (“Chámanlle a ‘Marqueisña’”, Cousas,
1926, Castelao).
13) Que tipo de imaxe abunda máis en Proel?
A imaxe hilozoísta.
14) De que xornal foron collidos os artigos de Entre a terra e o ceo?
De El Pueblo Gallego de Vigo, foron artigos publicados entre 1925 e 1927.
15) Que fixo o neno do peletre?
Tirarlle o peletre aos cornos dunha vaca (Antre a terra e o ceo, 1981, artigo
nº 7 publicado o 15 de decembro de 1925 en El Pueblo Gallego, Rafael
Dieste).
16) Que conta Felipe de Amancia?
O que acontecía no pazo do mago Merlín cando el vivía alí (Merlín e familia,
1955, Cunqueiro).
17) Que simbolizan en De catro a catro as velas dos barcos?
O paso do tempo (paso dos días coma follas do almanaque).
18) Que simboliza en De catro a catro o ronsel?

19
O paso do tempo e da vida, o que queda atrás.
19) Que desgraza cultural acontece ao final de O porco de pé?
Arde a biblioteca.
20) En que xénero literario incluiría Antre a terra e o ceo?
Ensaio.
21) Que empregos tivo Pedriño?
Funcionario de Facenda (recomendado por don Andrés), comerciante na
“pulpería” do seu curmán Manoel na Arxentina, pegoreiro na Arxentina e,
finalmente, traballou nunha caseta de consumos na porta da cidade.
22) Como morreu Rañolas?
Suicídase provocando unha explosión e deixa escrito na parede ¡Protesto!.
23) Onde atopamos un barbeiro profundandor?
En “Era un barbeiro de sábado” de Cousas (1926).
24) De quen son estes versos: ¡Irmáns! ¡Irmáns gallegos! / ¡Dende
Ortegal ao Miño / a folla do fouciño / fagamos rebrilar!?
Pertencen ao himno de Acción Gallega composto por Ramón Cabanillas,
incluído en Da terra asoballada (1917).
25) Por que ría o público no patio de butacas?
Porque na peza que se está a representar uns labregos choran pola morte
dunha vaca (“Se eu fose autor”, Cousas de Castelao)
26) Quen é Paio Soutelo?
Unha personaxe de Os camiños da vida (1928) que lembra a Adrián Solovio
de Arredor de Si. É fillo de Rosalía e Antonio Soutelo, e sobriño de Adrián
Soutelo (que se suicida ao saber da morte de Edith, da que estaba
namorado).
27) Que se oe ao final de Fra Vernero?
28) De quen son estes versos: Entre a calima / traspondo o meu ollar /
esquivouse o velamio / deixounos a badía / chea de ausenza / e
mañán sen perspeitiva?
De Manuel Antonio (“Adeus”, De catro a catro, 1928).
29) Onde atopamos un pintor que fai un retrato de don Miguel?
En A fiestra valdeira (1927) de Dieste.
30) Escriba os nomes de personaxes que recorde de Os camiños da vida.
Don Caetano dos Doncos (pazo da Seara, conservador),
Misia Xacinta / Misia Chinta (muller de don Caetano),
Farruco (morgado da casa dos Doncos),
O Tután e a Tutana (aprovéitanse da decadencia da casa dos Doncos),

20
Don Xosé María (pazo da Pedreira, liberal),
A Burata (aprovéitase da decadencia da do pazo da Pedreira)
Rosalía (filla de don Xosé María e nai de Paio Soutelo),
Ramonciña (filla de don Xosé María que queda á fronte do pazo),
Antonio Soutelo (marido de Rosalía),
Adrián Soutelo (irmán de Antonio Soutelo, idealista),
Edith (muller da que se namora Adrián Soutelo, que se suicida cando ela
morre),
Paio Soutelo (fillo de Rosalía e Antonio Soutelo),
Xuliana (moza de Paio Soutelo).
31) Onde atopamos a Nogueira.
En A fiestra valdeira (1927). É o estudante amigo de Antonio, o pintor.
32) Que rouban Pedriño e Rañolas da sancristía?
As hostias (?).
33) Comos e chama o comunista de O porco de Pé?
Aser Airas.
34) Cita as partes de Os camiños a vida.
Os señores da terra,
A maorazga,
O estudante.
35) Quen escribiu o prólogo de Fra Vernero?
36) De quen son estes versos: Galicia, nai e señora / sempre garimosa e
forte?
De Ramón Cabanillas (“Galicia”, Da terra asoballada, 1917).
37) Onde atopamos un home fino chamado Romualdo?
En “Romualdo era un ‘home fino’” de Cousas (1926) de Castelao.
38)Cal era o verdadeiro nome de Fra Vernero?
Zacharias Werner (?).
39) De quen son estes versos: Ancorado e roibo / durmíase o día / coa
testa deitada / no colo da ría?
De Amado Carballo (1901 – 1927), do poema “Sol-por” incluído en Proel
(1927).
40)Que se vía a través da fiestra no retrato de don Miguel?
O peirao.
41) Escriba o nome de personaxes que recorde de O porco de pé.
Don Celidonio,
Nicasia (muller de don Celidonio),

21
Celidonia (filla de don Celidonio e Nicasia),
Baldomero (sogro de don Celidonio),
O doutor Alveiros (idealista),
Aser das Airas (comunista),
Restituto Mendes (obreiro de ideas revolucionarias),
...
42)Onde atopamos o matapitos?
En A fiestra valdeira (1927) de Rafael Dieste (é un neno).
43) De que xénero é Cómaros verdes?
Poesía.
44) Que materia glosa Na noite estrelecida?
Materia de Bretaña, Santo Graal.
45) Que tipo de poesía abunda máis en Señardá?
Saudosismo e simbolismo.

3.2.Sobre os autores
1) A quen se lle chama poeta da raza?
A Ramón Cabanillas.
2) Que entendemos por Época Nós?
Período da cultural galega que abrangue desde a fundación da Irmandade de
Amigos da Fala Galega da Coruña (1916) ata a Guerra Civil (1936).
3) Como se chama o movemento poético que se inspirou na lírica
galego-portuguesa?
Neotrobadorismo.
4) Onde naceu Manuel Antonio?
En Rianxo.
5) A que xeración pertence Manuel Antonio?
Á Xeración Novecentista.
6) Que profesión abandonou Castelao?
A de médico.
7) En que xeración encadra a Dieste?
Na Xeración Novecentista.
8) De que vertente poética da Época Nós é o máximo representante
Manuel Antonio?
Do creacionismo, vangardismo.
9) Sitúe a Castelao nalgún acontecemento político importante.
Foi deputado nas Cortes da II República; impulsor do Estatuto de 1936.

22
10) Con que relaciona o nome de André Bretón?
Co Surrealismo.
11) Con que relaciona o nome de Ezra Pound?
Coa Xeración Perdida e o Imaxinismo.
12) En que autores galegos coida que influíu máis o pensamento de Henri
Bergson?
En Vicente Risco e Otero Pedrayo.

3.3.Outras
1) Que é unha imaxe hilozoísta?
Unha imaxe que presenta a animación de algo inerte.
2) Que é un cadáver exquisito?
Unha técnica de composición artística consistente en ensamblar un conxunto
de palabras colectivamente. Foi usada polos surrealistas en 1925.
3) Que ismo promoveu máis o versolibrismo?
O imaxinismo, o futurismo.
4) Que fitos históricos abrangue a Época Nós?
Comeza coa creación da Irmandade de Amigos da Fala da Coruña (1916) e
remata co comezo da Guerra Civil (1936).
5) Que significa licantropía?
No folclore é a capacidade ou maldición caída sobre un home que se
transforma en lobo (lobishome).
6) A que deu lugar a desaparición das Irmandades da Fala?
Á creación do Partido Galeguista (1931).
7) Escriba o nome de tres pintores galegos.
Laxeiro (1908 – 1996),
Carlos Maside (1897 – 1958),
Luís Seoane (1910 – 1979),
Colmeiro (1901 – 1999),
...
8) Que foi o Ultraísmo?
Vangarda española que pretendía enfrentarse ao modernismo, buscaban a
condensación metafórica, eliminar nexos innecesarios, o valor plástico da
disposición tipográfica, etc.
9) Como se chama o ismo que cantou ao maquinismo e á guerra?
Futurismo.

23
10) Que é un ready – made?
Técnica de creación artística na que se utilizan obxectos con funcións
utilitarias para transformalos obxectos artísticos..
11) Faga unha breve relación dos trazos propios das poéticas
vangardistas.
Versolibrismo, xogos coa puntuación e a sintaxe, xogo coa tipografía e os
espazos en brando, introdución de campos semánticos antes non
considerados aptos para a poesía (influencia da colaxe)...
12) Escriba o nome dos ismos máis coñecidos.
Surrealismo, Cubismo, Futurismo, Dadaísmo, Ultraísmo, Creacionismo,
Imaxinismo...
13) Quen axudou a Dieste a decorar a casa?
Urbano Lugrís (?).
14) Que movemento introduce Tristán Tzara?
Dadaísmo.
15) Como se chama o ismo que potenciou máis o subconsciente como
facultade creadora?
Surrealismo.
16) Qué é o Pergamiño Vindel?
Unha folla voante que contén as sete cantigas de amigo de Martin Codax, seis
delas con notación musical. Foi copiado a finais do século XIII ou comezos do
XIV.
17) Escriba o refrán da cantiga de Mendinho.
Eu atendend'o meu amigo. E verrá?.

24