Está en la página 1de 6

Sobre:

Al Pe de Camanzo Fr. Pasio Melgo: entréghesele luego en s. m. q. b.


Carta:
Fr. Prasio melgacho, párreco de Camanço, párreco de los demonios, tu acabas os probes, que lle
vendes o que ten para comer; tu mannos vestes como fai de Piloño, tu non lle dás ferrados de grao,
como fai o de Bendaña; tu acabas os probes dos feligreces quos escrivanos, tu queres acabarlos de
todo, tu queres acabar os santos para pagar a Varela os debrós que lle deves. Pois, si non despachas os
escrivanos e si non dis amissa, a de pola mañá ás sete, e se nan mudas de vida, guramos a Dios y-a
esta + que has de amanecer queimado, que non che a de ser como o cabaseiro; pois a rresina y-o breu
ia o temos, e si non mira para [a] abrea da carta a ver si non desimos verdá. Temenos a igresia que non
arda. Tamén te disimos que te havemos de queimar as medas y-os palleiros, pero antes ya verás lo que
te sucede antes de pocos días. Ia verás que outro aviso nonno tes. Ponte nas armas divinas. Tamén
trougeche un can de presa, esa é a limosna que dás y-eses son os santos que te han de gardar quando
morras. Non che firmamos porque non queremos i-outros porque nan savemos.
[espazo con rúbricas]
Repara lo que aí bai con sosego e non te olbides nino tomes a chansa. Trata de seibar o preso antes
con antes, e se nan veralo. Mais tu eras frade bueno pa capitán de ladrones del Rubio.

1. Orientación dun comentario dialectolóxico dun texto escrito


a) Obxectivo: reconstrución diacrónica da evolución dos cambios
lingüísticos.
b) Factores que cómpre ter en conta:
→ Existencia ou non de documentación medieval dese lugar, da que
dispoñemos no caso de Camanzo.
→ Número de documentos conservados. Neste senso Pontevedra é un dos
lugares con máis información para podemos reconstruír a súa historia dialectal,
xa que foi a vila máis grande de Galiza cunha poderosa burguesía, á que lle
interesaba preservar documentos referentes ás súas pertenzas, pero tamén aos
seus dereitos (en especial en relación co arcebispado de Santiago e a Coroa).
Ademais, tamén contamos con testemuños máis azarosos, coma o Diálogo de
Alberte e Bieito de fins do século XVI, Sarmiento a mediados do XVIII ou
textos do XIX coma os de Pintos.

1
2. Gheada

3. Seseo:

a) O texto testemuños claros de seseo nun lugar que na actualidade de insire


nunha área de non seseo, polo que podemos percibir o retroceso deste
fenómeno. Ademais, Zamora Vicente sitúa Camanzo dentro da área de
seseo.
b) Na actualidade:
→ Lugares nos que se rexistran falantes con seseo (fóra da área seseante):

2
Ribeiro.

 Ao longo do río Ulla cara ao interior. Así, rexístrase de xeito directo
nas parroquias de Obra e Añobre en Vila de Cruces, e indirecto en
Camanzos.
→ Situacións:
 Situación 1: [] en tódalas posicións posibles (zona norte de Lugo):

p. explosiva interior de p. implosiva interior de


p. explosiva p. implosiva
palabra palabra
ebola lues lu mácara

 Situación 2 (maioritaria): [] en tódalas posicións, agás en posición


implosiva en interior de palabra:
p. explosiva interior de p. implosiva interior de
p. explosiva p. implosiva
palabra palabra
ebola lues lu mácara

 Situación 3: [] só en posición implosiva en final de palabra:


p. explosiva
p. explosiva p. implosiva
p. explosiva interior de palabra p. implosiva
interior de palabra interior de palabra
(non etimolóxica)
ebola lues reies, frees lu mácara

 Situación 4: inexistencia de []:


ebola lues lu mácara

4. –ONES > -ós

3
5. –ANU > -ao, –ANA > -á

a) Evolución diacrónica: a forma grao é congruente coa situación actual e


adscribe a fala de Camanzo ao galego central.
b) Descrición do fenómeno:
→ A perda da nasalidade vocálica foi un fenómeno que debeu dar lugar a
moitas solucións morfolóxicas, algunhas con éxito e outras das que só
temos restos na toponimia (topónimos rematados en [] que alternan
con outros que rematan en ditongo).
→ Sarmiento é pouco explícito ao referirse a este fenómeno (fai referencia
á terminación –oun, pero sen unha localización exacta).
→ Actualmente podemos atopar as formas grao e grá (colectivo localizado
na zona nororiental de Lugo). Parece que a forma grá debeu ocupar todo
o territorio e ir recuando, pero en Camanzo no século XVIII xa non se
debía rexistrar este colectivo grá, xa que grao está empregado nese
sentido neste texto.

6. ti / tu:

4
a) É un trazo que se pode seguir de xeito doado a través dos textos dos que
dispoñemos, xa que no século XIX contamos con textos que pretendían
reproducir a lingua popular (tertulias) e tamén con literatura costumista e
realista.
b) Explicación do fenómeno: ti é unha forma emerxente que compite con tu
no nominativo, un cambio que parece estar en marcha xa desde a Idade
Media:
→ Ti e min aparecen con aparecen con frecuencia no canto de tu e eu cando
son o segundo elemento dunha coordinación, xa desde os textos
medievais (vós e min).
→ Coa preposición entre (co significado de cooperación) pode ti aparecer
mesmo na área actual de tu (facémolo entre ti e min).
→ Cando o pronome aparece como segundo termo dunha comparación
adoita aparecer ti.
c) Evolución diacrónica: en Camanzo no século XVIII aínda se usaba tu
como pronome de suxeito, aínda que hoxe é un lugar que está claramente na
área de ti. Ademais, é probable que hoxe a isoglosa de ti / tu estea aínda
máis ao leste do que sinala Fernández Rei.

7. te / che:

8. cando / cuando:

5
9. tèn: oeste da Coruña, sur de Pontevedra e Ourense. En ocorrencia con tèñen.

Calificar