Está en la página 1de 26

1.

A palabra como constituínte sintáctico


1.3. Palabras léxicas: verbo, substantivo, adxectivo e adverbio

1. Introdución
1) A clase establécese nas palabras léxicas e categorias atendendo á función
dentro da unidade de nivel superior e á función desa unidade. Así, temos as
clases verbo, substantivo, adxectivo e adverbio, amais das categoriais pero non
léxicas pronome e artigo.

CONSTITUCIÓN FUNCIONAL E CLASES DE PALABRAS


UNIDADE CONSTITUÍNTES NUCLEARES CONSTITUÍNTES NON NUCLEARES (REQUIRIDOS OU NON) E UNIDADES
E CLASES DE PALABRAS PRIMARIAS

 Sux. → FN → N → substantivo / artigo, pronome


 OD ~ CAx. → FN → N → substantivo / artigo, pronome

 CPrep. → FN → N → substantivo / artigo, pronome


 OI → FN → N → substantivo / artigo, pronome
 Atr. (directo ou apreposicional):
ORACIÓN P → verbo - caracterizador: → FAdx. → N → adxectivo
- clasificador / identificador: → FN → N → substantivo /
artigo, pronome
 CPvo. (directo ou apreposicional):
- FAdx. → N → adxectivo
- → FN → N → substantivo / artigo, pronome
 CC (directo ou apreposicional) → FAdv. → N → adverbio
FN
N → substantivo /  Mod. directo → FAdx.  Det. → artigo,
artigo, pronome → N → adxectivo pronome
FRASE N → adxectivo
FAdx.  Mod. directo → FAdv. → N → adverbio
FAdv. N → adverbio  Mod. directo → FADV. → N → adverbio

a) O artigo e o pronome teñen como función propia a de Det. do N da FN,


pero tamén poden ser N da FN coma o substantivo.
b) As palabras con significado léxico teñen función nuclear:
 verbo → oración;
 substantivo → FN;
 adxectivo → FAdx.;
 adverbio → FAdv.

c) Cada F ten as súas función características primarias pero non exclusivas:

Sux.
FAdx. e ODFN poden ser asEndúasxeral,Atr. CPvo.daou
exclusivas FN Mod. directos, pero son funcións de
diferente CAx.
tipo: caracterizadoras na FAdx. e clasificadoras / identificadoras na FN. É
FN OI
dicir, a FN pode aparecer nos mesmos lugares cá FAdx., pero non ao revés.
Non exclusiva da FN, é un complemento directo esixido polo verbo
CPrep. que adoita ser excluínte respecto do OD (Acordouse de algo / Acordou
algo; Pensar que / Pensar en)
Mod. adxunto Tamén o poden expresar a FN e a FAdv., pero adoitan precisar dunha
FAdx.
directo da FN preposición (Un lugar soleado / de sol / de lonxe).
CC directo de O
Mod. directo de
FAdv. adxectivo
Mod. directo de Tamén pode ser expresada mediante FN, pero adoita precisar
adverbio preposición (chegou tarde / chegou pola tarde)

1 Morfoloxía galega
2008/2009
USC
1. A palabra como constituínte sintáctico
1.3. Palabras léxicas: verbo, substantivo, adxectivo e adverbio

2) As clases de palabras poden ser obxecto de subclasificación, atendendo a


criterios morfolóxicos, sintácticos e semánticos, pero sempre motivadas por
unha finalidade específica que pode ser de diferente tipo.

1.1. Verbo
1.1.1. Definición e caracterización
1) Sintáctica:
→ O verbo é o P ou N da O, e a partir del establécese a predicación.
→ Pode ser o único constituínte ou:
- requirir constituíntes obrigados (Sux., CD...)
- ir acompañado de constituíntes opcionais.
→ Estes constituíntes son: Sux., CD, CAx., CPrep., Atr., CPvo., OI, CC, pero
algúns deles exclúense entre si:
- CAx., CD e Atr. (e xeralmente CPrep.)
- Atr. e CPvo.

2) Morfolóxica:
a) Morfemas obrigados propios, pero diferentes segundo as unidades:
→ Unidades modotemporais, sen restricións distribucionais:
- MMT (caracterizan a O). As unidades modotemporais existentes son:
Indicativo: Pte, Pto, Fut, Cpto, Apto, Ppto; subxuntivo: Pte, Pto, Fut;
imperativo.
- MPN (caracterizan o Sux.). As unidades persoais morfoloxicamente
diferenciadas son P1, P2, P3, P4, P5, P6.
→ Unidades amodotemporais, con distribución restrinxida (só en oracións
dependentes):
- MA (morfema aspectual).
- Posibilidade de morfemas de PN (infinitivo flexionado) e XN
(participio).
b) Morfemas flexivos opcionais, descontinuos nas perífrases verbais:
→ Diátese ou voz.
→ Aspecto1.
→ Modo e tempo.
Unha palabra de discurso e unha
Vai chegar mañá Temporal
palabra base (chegar).
Unha palabra de discurso e unha
palabra base (vir).
Modal de
Ten que vir obriga
Tema |vi|
MMT | Ø |
MNP |Ø|
Necesidade |ter + que + infinitivo|
Aspectual
Unha palabra de discurso e unha
Vaino facendo (centro da
palabra base (facer).
acción)
1
O aspecto está relacionado co proceso interno da acción, xa que fai referencia ao punto no que se
atopa esta: inicio (comezou a comer), centro (está comendo) ou fin (deixou de comer).

2 Morfoloxía galega
2008/2009
USC
1. A palabra como constituínte sintáctico
1.3. Palabras léxicas: verbo, substantivo, adxectivo e adverbio

Unha palabra de discurso e unha


palabra base (facer), pero dúas
palabras constituíntes:

Foi feito onte Diátese (pasiva) Tema |feito|


MMT |foi|
MNP |Ø|
XN |Ø|
PAS |ser + -t(o)|

A diferenza entre os tempos compostos e as perífrases é que os primeiros


son unidades do sistema de oposicións (de modo e de tempo) entre as que temos que
facer unha escolla de xeito obrigado, aínda que do punto de vista formal sexan
unidades perifrásticas. Porén, as perífrases non están dentro dese sistema de
oposicións.

3) Semántica: podemos dicir que designa acontecementos e sucesos, pero non


tódolos verbos teñen significado léxico. Teñen que facer posible a
predicación oracional, cos contidos de modo e tempo básicos.

1.1.2. Clases de verbos


Establécense mediante criterios morfolóxicos, semánticos ou sintácticos
e cada unha delas adoita responder a diferentes características sintáctico –
semánticas do verbo en combinacións sintagmáticas (sintácticas e distribucionais)
con outras palabras.
1) Morfolóxicas:
a) Características formais dos morfemas e a súa combinatoria (alomorfos
constituíntes, do T ou dos MF), sen repercusión sintáctica:
→ Variación dos morfemas flexionais e da VT: conxugacións.
→ Características da VR (vogal radical) do tema nos verbos da CII e
CIII: presenza ou ausencia de alternancia vocálica (perder, deber,
repetir).
→ Regularidade do tema: regulares e irregulares.
b) Extensión da conxugación, é dicir, posibilidade de combinárense con
tódolos morfemas ou combinatoria restrinxida:
→ Verbos impersoais (Vimp): só P3 no MPN: chover.
→ Verbos unipersoais ou terciopersoais: só P3 e P6 no MPN: cumprir.
→ Verbos defectivos, é dicir, poden admitir tódolos morfemas pero o seu
uso habitual é restrinxido: abolir.
c) Presenza obrigada ou non do formante morfolóxico pronominal, que dá
lugar á clasificación en verbos pronominais e non pronominais. Porén, isto é
máis habitual incluílo nas clases sintácticas.
d) Clases de unidades morfolóxicas dun verbo con repercusión
sintagmática na O: unidades modotemporais e amodotemporais.

2) Semánticas, establecidas atendendo ás características semánticas e


sintácticas dos verbos:
a) Verbos de acción (esixen un suxeito axente), proceso (suxeito axente ou
suxeito forza: enfermamos polo frío / o frío enférmanos), estado ou

3 Morfoloxía galega
2008/2009
USC
1. A palabra como constituínte sintáctico
1.3. Palabras léxicas: verbo, substantivo, adxectivo e adverbio

posición. Teñen repercusión nas funcións semánticas (suxeito axente,


suxeito forza...)
b) Verbos de sentido (vino saltar: o = suxeito de saltar e CD de vir),
causativos (facer) ou volitivos (querer).
c) Verbos durativos ou puntuais e desinentes ou permanentes, con
repercusións no significado aspectual (modo de transcorrer a acción do
verbo):
→ Durativos (vivir) / puntais (lanzar):
- Durativos: a extensión da acción é máis ampla e tamén é continua. Exemplo:
Vivía en Londres.
- Puntuais: a extensión da acción é máis curta e, de expresarse en copretérito, é
descontinua e repetida. Exemplo: lanzaba balóns ao porteiro.
→ Desinentes (saír) / permanentes (ver):
- Desidentes: a acción remata unha vez que se expresa. Exemplo: saíu.
- Permanentes: a acción pódese prolongar, non ten porque rematar unha vez
expresada. Exemplo: vimos o porto.

3) Sintácticas2, establecidas atendendo ao número e tipo de constituíntes


requeridos polo verbo, que dependen da súa acepción e mesmo dentro dunha
mesma acepción poden aparecer construcións diferentes. Son importantes por
determinaren as clases de oracións.

Exemplo de diferentes construcións nunha mesma acepción:


Acordoume isto: transitivo (CI + CD)
Acordeime disto: intransitivo (CI + CPrep.)
Acordei: transitivo.

a) Clasificación tradicional, establecida atendendo á existencia ou non dun


determinado constituínte (tamén opera con ela o dicionario):
verbos impresoais (Vimp.) sen Sux.
verbos copulativos3 (Vcop.) sen contido léxico e con Atr.
verbos transitivos (Vtr.) con OD
verbos intransitivos (Vitr.) sen OD
morfoloxicamente cos pronomes
verbos pronominais (Vpron.)
persoais clíticos me, te, nos, vos, se.

Pero esta clasificación ten varias eivas:


1. Non é homoxénea, xa que ten en conta diferentes trazos. Por exemplo,
a existencia ou ausencia de certos complementos e o feito de ser un
2
Ver:
→ Mario Vilela (1992): Gramática de valências. Teoria e aplicação, pp. 3 –28
→ Moreno Cabrera: Curso universitario de lingüística general, pp. 335 – 353
3
Os verbos copulativos clasifícanse atendendo a dous criterios:
a) Sintáctico: función de Atr. como complemento do suxeito.
b) Semántico: ausencia de significado léxico.
Así, ser, estar e parecer poden ser ou non verbos copulativos, e outros coma ir tamén poden funcional
como tales, mesmo hai casos de ambigüidade (vai canso = está canso ou marcha canso).

4 Morfoloxía galega
2008/2009
USC
1. A palabra como constituínte sintáctico
1.3. Palabras léxicas: verbo, substantivo, adxectivo e adverbio

verbo pronominal ou non, pero o se dos verbos pronominais pode ter ou


non función sintáctica, polo que pode ser ou non constituínte. En
relación a isto cómpre lembrar que existen diferentes tipos de se:

Tipo de se Explicación
Aparece nas construcións reflexivas funcionando como CD, sinalando que
Se reflexivo: este coincide co suxeito, xa que a acción recae sobre o suxeito. Exemplos:
CD ou CI Lávome, lávase.
(menos Na variante reflexiva recíproca pode ter a función de CI, xa que recae de
frecuente) maneira cruzada nun suxeito necesariamente en plural. Exemplos: Escríbense
cartas.
Vén esixido polo verbo coma un constituínte formal do propio verbo, pero non
da oración. É, polo tanto, un constituínte morfolóxico, non funcional. Neste
senso pode achegar información:
- Redundante en relación coa persoa e o número: suicídome, suicídaste.
Se non - Pertinente en relación coa persoa e o número: suicidábase vs.
funcional sucidábame.

Os verbos con este constituínte non funcional serían os pronominais en senso


estrito, aínda que a etiqueta adoita empregarse para referírmonos ao se
funcional e ao non funcional.
Aparece en construcións nas que se descoñece o suxeito:
Véndense patacas: se pode ser
a) suxeito, se consideramos véndense unha variante de véndese, de xeito
Se que se produciría unha anomalía formal ao concertar véndense con
impersoal patacas.
b) axente (neste caso o suxeito sería patacas).
Véndese patacas: se = función de suxeito

Non ten función sintáctica e aparece nalgúns casos para caracterizar algunhas
construcións, coma as que teñen un Sux. forza. Exemplos
O vento derrubou o muro > o muro derrubouse co vento (*o muro foi
derrubado polo vento)
(non pode ser reflexivo xa que o muro non se derruba a si mesmo, senón que hai un
Sux. forza (o vento) que na voz activa é un CC forza)
Voz media
O barco abalábase
(non pode ser reflexivo xa que o barco non se abala a si mesmo, tampouco pronominal
porque existe a posibilidade de construír o verbo sen –se)
O coche lavouse
(non pode ser reflexivo xa que o coche non se lava a si mesmo, tampouco pronominal
porque existe a posibilidade de construír o verbo sen –se)
Análise de exemplos

Percibiuse claramente que se sobrepasara toda medida.


- Se1: construción impersoal na que se funciona como Sux. Axente de percibir. Non
podería ser pronominal nin reflexivo porque non é posible conxugar o verbo co pronome
(*percíbome, *percíbeste). Así, que se sobrepasara toda medida sería o CD.
- Se2: construción impersoal na que se funciona como Sux. Axente de sobrepasar.

5 Morfoloxía galega
2008/2009
USC
1. A palabra como constituínte sintáctico
1.3. Palabras léxicas: verbo, substantivo, adxectivo e adverbio

Apartouse para o cornecho e sentouse no chan.


- Se1: reflexivo coa función de CD, xa que a acción recae sobre o suxeito (existe a
posibilidade dunha construción na que a acción recaia sobre alguén: apartouno, polo que
non pode ser pronominar).
- Se2: reflexivo coa función de CD, xa que a acción recae sobre o suxeito.

Cómpre ter en conta que en galego existe unha forte tendencia a prescindir do se reflexivo
cando se trata de verbos transitivos (sentei / senteime).
A tensión afrouxouse debido á súa intervención.
- Se: voz media:
- Aparece un CC que desencadea unha acción, pero non pode ser axente porque non é
persoal, polo que se trata dun CC forza (a súa intervención). Así, o CC Forza pode
pasar a Sux. forza: A súa intervención afrouxou a tensión.
- O se non ten función sintáctica, só morfolóxica xa que marca que a construción é
voz media e nalgúns casos mesmo se pode prescindir del: Asfíxiase coa calor, pero
Abafa coa calor.

Sobrepuxéronse ao desconcerto.
Se: pronominal, é un constituínte do verbo (sobrepóñome, sobreposte, sobreponse, etc.).

Secouse ao sol.
Caben dúas interpretacións:
- Impersoal: o se tería a función de suxeito, un suxeito indeterminado (alguén ou algo).
- Reflexivo: se con función de suxeito axente, sobre o que recae a acción (secouse a si
mesmo). Non podería ser neste caso un suxeito inanimado.

2. Non é sistemática, xa que un verbo pode ser varias cousas ao mesmo


tempo. Exemplos:

impersoal
Chove
intransitivo
impersoal
Había moita xente na festa
transitivo
persoal
É alto
copulativo
copulativo
Son as cinco
impersoal

3. Non é completa, porque as funcións que contempla non son as únicas e


hai verbos que requiren outro tipo de complementos. Así, non ten en
conta os verbos ditransitivos (que requiren CD e CI). Exemplos:
Deille a razón CI e CI
Séntese ben sentirse + CPvo
Esquecerse de Esquecerse + CPrep.
A película dura moito Durar + CC
Considéraa competente Considerar + CPvo.

b) Gramática de valencias: achega unha clasificación menos problemática cá


anterior, atendendo a dous criterios:
6 Morfoloxía galega
2008/2009
USC
1. A palabra como constituínte sintáctico
1.3. Palabras léxicas: verbo, substantivo, adxectivo e adverbio

1. Número de constituíntes (valencias).


2. Funcións dos constituíntes.

Número
de Tipos Exemplos
funcións
0 funcións P Está amencendo.
A noiva choraba.
Sux. – P O vello non se suicidou.
1 función P – OD Houbo un lío do demo.
P – CPrep. Abonda con mo dicirdes un día antes.
P – Atr. Eran as cinco da tarde.
Afonso pintou toda a parede.
Sux. – P – OD Afonso pintouse.
Alicia pensaba no negocio.
Sux. – P – CPrep. Tino esqueceuse das súas teimas.
2 funcións
Sux. – P – Atr. Xelo é moi amigo meu.
Sux. – P – OI Esas leiras pertencen a aquela casa.
Sux. – P – CC Einés portouse moi ben.
Sux. – P – OD – CPrep. Ramón comparte piso cunha albanesa.
Sux. – P – OD – CC Eu mesma metín o pernil na neveira.
Sux. – P – OD – OI Salomé deulle unha aperta a Fina.
Sux. – P – OD – CPvo. Os asistentes elixiron a Ana presidenta.
3 funcións Sux. – P – CPrep. – CC Breixo falou do teu problema co seu xege.
Sux. – P – Atr. – OI A Augusto pareceulle fácil enganarte.
Sux. – P – OI – CPrep. Antón suplicoulle á xuíza polo seu fillo.
Sux. – P – OI – CPvo. O testo valeume de sombreiro.
Sux. – P – CC – CC Cristovo foi de Esgos a Maceda.
Ricardo cambioulle a Felipe as entradas por uns
Sux. – P – OD – OI – CPrep. libros.
4 funcións Sux. – P – OD – OI – CPvo. Túa nai xa che ten a cama feita.
Un coche oficial trasladou os feridos de Vigo a
Sux. – P – OD – CC – CC Pontevedra.
Valencias da voz activa en galego (Rosario Álvarez & Xosé Xove (2002): Gramática da lingua galega, p. 73)

1.2. Substantivo
1.2.1. Definición e caracterización xeral
1) Sintáctica:
a) É N da FN, función que ademais do substantivo só poden desempeñar os
pronomes aínda que sen deixaren de ser Det.
b) Contorno: pode ser complementado por Det. e Mod.
c) Función da unidade na que se insire: a FN ten función referencial directa
e é a unidade primaria das funcións de Sux., OD e OI.
2) Morfolóxica:
a) Pertence necesariamente a unha clase de xénero e de número, impoñendo
concordancias en artigos, pronomes, adxectivos e verbos.
b) Os substantivos comúns posúen, en xeral, CATEGORÍA de número e algúns
(animados) de xénero, cuxos membros opositivos son sg / pl e masc / fem
respectivamente.
3) Semántica: en xeral designan entidades e seres de todo tipo, tamén accións
e calidades, pero en canto a base da referencia (nominais).
7 Morfoloxía galega
2008/2009
USC
1. A palabra como constituínte sintáctico
1.3. Palabras léxicas: verbo, substantivo, adxectivo e adverbio

1.2.2. O nome propio


A) Substantivos comúns e nomes propios
Substantivos “comúns” e “propios” (nomes propios) son subcategorías
do substantivo. Para definir estas dúas subcategorías cómpre ter en conta as
diferenzas entre:
1) SIGNIFICADO LÉXICO: asociado a un concepto que podemos definir mediante
semas ou trazos semánticos. É un significado virtual realizado no discurso
baixo unha das acepcións descritas no dicionario.
2) SIGNIFICADO REFERENCIAL (nominal): aplicación do significado da FN ás
entidades extralingüísticas en cada acto de fala.
a) Substantivos comúns: aplicación do significado léxico nunha das súas
acepcións e nun certo sentido, necesariamente contextual e variable.
→ Sentido xeral de clase, con ou sen restrición a tipos (aves acuáticas,
aves de rapina).
→ Sentido particular respecto de:
- Membros: substantivos contables (moitas mesas).
- Porcións: substantivos incontables concretos (moito pan).
- Grao: substantivos incontables abstractos (moita vontade).
b) Nomes propios: o significado referencial é sempre o mesmo e aplícase a
entidades únicas, simples (Pedro) ou compostas (As illas Cíes). Pero
cómpre ter en conta que:
→ Unha palabra que é nome propio nun contexto pode pasar a común
noutro: na miña clase hai dúas Patricias.
→ Os nomes propios poden ser homónimos: Vigo.

Comúns Propios
Referente:
Referente:
- Variable contextualmente.
- Constante.
- Non definido de seu, senón por
- Definido de seu.
medio de complementacións.
Con oposición cuantitativas: morfemas
de número, determinantes e
Sen oposicións cuantitativas.
complementos cuantitativos
(gramaticais e léxicos).
Admiten tódolos Det. e Mod. con
Non admiten Det. ou Mod. restritivos.
calquera función.

Cómpre dicir que existen fundamentalmente varios TIPOS DE MODIFICACIÓN:


1) Adxunta:
a) Explicativa: non achegan trazos diferenciais respecto dos que xa definen o
concepto. Exemplo: neve branca.
b) Restritiva: achegan trazos diferenciais respecto dos que definen o
concepto. Exemplo: neve branda.
c) Identificación: sitúan a un substantivo determinado, polo que son posibles
con nomes propios. Exemplo: Este Pedro.

8 Morfoloxía galega
2008/2009
USC
1. A palabra como constituínte sintáctico
1.3. Palabras léxicas: verbo, substantivo, adxectivo e adverbio

d) Especialización: non restrinxe, senón que indica un certo aspecto desde un


determinado punto de vista, o que a fai tamén posible con nomes propios.
Exemplo: O Cunqueiro narrador.
2) Aposta: predicacións secundarias non restritivas, polo que son posibles con
nomes propios.
Agás a restritiva, todas son posibles con nomes propios.

En xeral, os nomes propios escríbense en galego con maiúscula, pero non


hai unha correspondencia exacta entre o uso de maiúscula e os nomes propios (sol é
nome propio e Xaneiro non).

B) Morfemas e determinantes no nome propio


1) MORFEMAS:
a) O nome propio carece de morfemas de xénero e número, xa que non se
poden establecer pares opositivos (masc vs. fem; sing vs. pl), porque non
hai un contido léxico común. Así, entre neno e nena existe oposición de xénero
(pertencen a unha mesma clase léxica), pero entre Luís e Luísa non (carecen de
contido léxico común).
b) Malia carecer de morfemas, pertence necesariamente a unha clase de
xénero e número xa que provoca concordancias.
→ Xénero:
- Referente humano (antropónimos) ou animado: a clase coincide co
sexo real.
- Referente non animado (topónimos, etc.): a clase na que se insiren
depende do caso, xa que ás veces está detrás o nome común (Vigo é
bonita [a cidade de Vigo]) e outras non (Vigo é bonito).
→ Número:
- Antropónimos e topónimos provocan, en xeral, concordancias en
singular, independentemente da súa forma: Marcos é bo rapaz.
- Algúns topónimos con artigo en plural poden provocar
concordancias en plural: Os Ancares.
2) DETERMINANTES:
a) O artigo formar parte do nome, sendo así un constituínte, un morfema
afuncional. Exemplo: A Coruña.
b) Con antropónimos poden ter carácter funcional:
→ De familiaridade.
→ Despectivo.

C) Recategorizacións dos nomes propios a comúns


Hai casos nos que os nomes propios se poden converter en comúns. Os
procedementos polos que se realiza isto son:
1) Usos metalingüísticos, coma os que se poden dar con calquera outra palabra
de clases non substantivas. Exemplo: O 19 de marzo é o santo dos Pepes
(Pepes é un substantivo común); O dous é un número que me gusta (dous non

9 Morfoloxía galega
2008/2009
USC
1. A palabra como constituínte sintáctico
1.3. Palabras léxicas: verbo, substantivo, adxectivo e adverbio

funciona como numeral, senón como substantivo); Hai varios Vigos (Vigos non
é nome propio).
2) Transferencia metafórica cunha característica destacada, é dicir, fundada
nunha analoxía. Exemplo: É un Picasso (Picasso = ‘bo pintor’). Este é un
procedemento frecuente na creación de alcumes.
3) Usos metonímicos (parte polo todo, obra polo autor, etc.).; Mercou un Laxeiro.
4) Outros procedementos:
a) Modificadores de especialización: o máis acertado parece tomalos como
nomes propios, xa que se están modificando desde un punto de vista
concreto. Exemplo: Hai varios Cunqueiros: o narrador, o poeta...; O Risco
anterior á guerra; A Galicia costeira, etc.
b) No caso de nomes de pobos e familias cando se refiren ao conxunto de
persoas que as compoñen podemos estar perante substantivos comúns.
Exemplo: viñeron cear á miña casa os López (López = ‘conxunto de
persoas que son membros da familia López’); os galegos (‘conxunto de
persoas de Galicia’).

1.2.3. Clases de substantivos comúns


Cómpre lembrar que o establecemento de clases se fai coa finalidade de
clasificar palabras con características sintácticas diferenciadas e con respecto a trazos
morfolóxicos, sintácticos ou semánticos. Ademais, estes trazos son independentes, é
dicir, non están xerarquizados aínda que algúns autores os presentan deste xeito (ver
exercicio 10).

1) Morfolóxicas: admiten morfemas de:


a) Xénero, clases masculina e feminina con repercusión nas concordancias:
→ Significado léxico determinado polos morfemas de xénero. Exemplos:
lobo / loba, gato / gata.
→ Adxudicación do substantivo a unha clase de xénero, masculina ou
feminina, xa que aínda que non teñan morfemas de xénero a pertenza a
unha ou outra clase repercute nas concordancias. Exemplo: libro.
b) Número.
2) Semánticas:
a) Animados (humano / non humano) e inanimados:
→ Repercusións nas combinacións co morfema de xénero, que aparece só
nos animados e, sobre todo, nos humanos.
→ Repercusións dentro da oración. Por exemplo, para que existan
construcións reflexivas o suxeito ten que ser animado (Sux. Ax.).
Exemplo: Antón limpou a casa / Antón limpouse; O vento limpou a
terraza / *O vento limpouse.
b) Repercusión na combinación co número e coa complementación do
substantivo (Det. e Mod.), que os inclúen nunha ou noutra clase:
→ Descontinuos e continuos:
- Descontinuos: entidades enumerables (tipos e membros).
- Continuos: entidades non enumerables (tipos e porcións).
- A realidade extralingüística non ten porqué corresponderse coas
divisións que fai a lingua. Exemplo: lentella e trigo fan referencia

10 Morfoloxía galega
2008/2009
USC
1. A palabra como constituínte sintáctico
1.3. Palabras léxicas: verbo, substantivo, adxectivo e adverbio

ás sementes dunhas determinadas plantas, pero a primeira é tomada


coma descontinua e a segunda como continua.
- Un mesmo substantivo pode pertencer a clases diferentes,
segundo a súa acepción. Exemplos: moitos queixos (descontinuo) /
moito queixo (continuo); moito toxo (descontinuo) / moitos toxos
(continuo); varios carballos (descontinuo) / madeira de carballo
(continuo).

Repercusións sintácticas da clasificación descontinuos / continuos


Descontinuos (enumerables) Continuos (non enumerables)
Morfema de número e cuantificadores:
Morfema de número e cuantificadores: plural é raro e, de existir, ten significado
poden aparecer en singular ou plural. de tipos (os arroces da cociña
portuguesa)
Artigo indeterminado: é raro e, de
Artigo indeterminado frecuente (vin un
aparecer, implica a separación de tipos
neno / *vin neno).
(un arroz excelente).

→ Concretos e abstractos:
- Concretos: entidades perceptibles e localizables (mesa, arroz).
- Abstractos: entidades non perceptibles nin localizables (paciencia,
actitude).
- Graos diferentes de concreción e abstracción. Así, substantivos
coma carreira ou chegada estaría nun grao intermedio.

Repercusións sintácticas da clasificación abstractos / concretos


Abstractos Concretos
Cuantificacións intensivas, de grao (nos
abstractos estritos, igual ca no adxectivo e
adverbio en xeral). Exemplo: moita Cuantificacións de tipo e porcións
paciencia. (pouco leite).
Admiten raramente cuantificacións de
tipo e porcións.
Todos son de clase continua.

→ Colectivos e non colectivos:


- Colectivos: designan un conxunto de entidades iguais e enumerables,
é dicir, separables (de “membro”, de descontinuos), pero como
colectivos poden ser continuos (público, xente) ou descontinuos
(exército, exame).
- Non colectivos: non se refiren a un conxunto de entidades iguais.
- Individuais: substantivos non colectivos, concretos e descontinuos.

3) Sintácticas: as posibilidades de modificación do substantivo como N da FN


dependen do tipo de substantivo do que se trate. Así, no caso de substantivos
deadxectivais e deverbativos consérvanse as funcións da oración da que
procede.

11 Morfoloxía galega
2008/2009
USC
1. A palabra como constituínte sintáctico
1.3. Palabras léxicas: verbo, substantivo, adxectivo e adverbio

a) Substantivos deadxectivais: bo > bondade. Exemplo: A bondade do rapaz,


esixe que apareza a quen se aplica esa bondade.
b) Substantivos deverbativos: saír > saída. Exemplo: O animal saíu
rapidamente por aquí onte > A saída rápida do animal por aquí onte (o N
da FN pode admitir Adv. como complementos). Do mesmo xeito os
infinitivos introducidos pola preposición de son un Mod. do N da FN,
mentres que sen a preposición son O.

1.3. Adxectivo
1.3.1.Definición e caracterización
1) Sintáctica:
a) Función dentro da unidade na que se integra: N da FAdx.
b) Funcións da unidade na que se integra:
→ Mod. de FN, función non exclusiva, pero é característico da FAdx. o
poder desempeñala de xeito directo (sen relacionantes).
→ Atr. ou CPvo.: funcións que comparte coa FN, pero mentres a FN dá
lugar a oracións copulativas clasificadoras (A balea é un animal) ou
identificadoras (Xan é aquela persoa), coa FAdx. constrúense oracións
copulativas atributivas (Ela é alta).
c) Contorno: os adxectivos poden ser complementados por Mod., en
especial por adverbios cuantificadores.

2) Morfolóxica:
a) Morfemas obrigados: xénero e número, rexidos polo substantivo, polo
que son características formais do adxectivo (atribución a unha ou outra
clase), mentres que no substantivo o xénero é característico dos animados e,
dentro deses, a súa aparición depende da segmentación que faga a lingua
(troita / *troito). Con todo, hai moitos adxectivos que carecen de morfema
de xénero (-e, -l), e algúns que carecen de morfema de número.
b) Morfemas facultativos: admiten, coma o substantivo, morfemas
diminutivos e aumentativos, e son característicos do adxectivo os
superlativos (-ísimo).

3) Semántica: en xeral expresan calidades e propiedades atribuídas ao


substantivo (valor, cor, idade, propiedades físicas, etc), o que reflicte en parte
unha característica sintáctica.

1.3.2.Os cambios de clase: “substantivación”


1) ADXECTIVOS QUE PASAN A SUBSTANTIVO:
a) Mediante afixos ou sufixos.
b) Mantendo unha aparente igualdade formal:
→ Mediante diferenzas semánticas (doce, capital).
→ Mediante trazos substantivos, xeralmente de ‘persoa’ (branco).
Nestes casos a igualdade formal pode reducirse só á forma de cita, xa que as
posibilidades poden ser diferentes. Exemplos:

Substantivo Adxectivo
(posibilidades de aplicación máis (posibilidades de aplicación máis amplas

12 Morfoloxía galega
2008/2009
USC
1. A palabra como constituínte sintáctico
1.3. Palabras léxicas: verbo, substantivo, adxectivo e adverbio

restrinxidas) (viño, produto, costa... galega))


‘persoa’: branco, branca, brancos,
‘de cor branca’: branco, branca,
Branco brancas
brancos, brancas
‘cor’: branco
‘persoa’: galego, galega, galegos,
‘de Galiza’: galego, galega, galegos,
Galego galegas
galegas
‘lingua’: galego
‘cidade’: a capital
Capital ‘importante’: capital, capitais
‘diñeiro’: o capital

2) ADXECTIVOS que seguen sendo adxectivo MALIA NON HABER UN N SUBST. NA FN:
a) Presenza dun substituto do N da FN.
b) N autónomo.

branco = subs. branco = adx.


FN =
a) N (algúns) + Mod. (brancos)
b) Det. (algúns) + N (elidido) +
Mod. (brancos)
Viu algúns FN = Det. (algúns) + N (brancos Neste caso podemos considerar o
‘persoas de raza branca’) determinante (ou pronome) como
brancos
núcleo, ou ben atribuírlle a el a
posibilidade da elisión do substantivo
por incorporar o contido nominal. En
calquera caso brancos sigue sendo
adxectivo.

→ Existe unha corrente na lingüística española que defende que cando


antes do adx. aparece o art. determinado analiza este como Det. e o adx.
como N, atribuíndolle ao artigo a función de “substantivador”, pero
esta postura presenta os seguintes problemas:
- Non se pode aplicar aos demais determinantes en situacións
idénticas (estes, varios, outros...).
- O art. det. ten o mesmo valor ca cos substantivos, non ten unha
función particular de “substantivador” xa que o adxectivo non
adquire funcións de substantivo. É dicir, podemos considerar que o
determinante asume a función de N ou que o subs. N está elidido,
pero non que o adx. que funciona como Mod. pase a N.
→ O artigo determinado, ao contrario có resto de determinantes, non pode
aparecer só, pero isto afecta ás características do propio artigo, non da
construción, e débese a que presenta distribución complementaria co
pronome persoal 3P (os dous teñen o mesmo sentido: reproducen algo
que volve aparecer, pero non engaden significado).

1.3.3.Clases de adx. e posicións na FN


1) CLASES SINTÁCTICAS DE ADX.:
a) Tipos de función de Mod.: cómpre non confundir os tipos de función de
Mod. coas clases de adxectivo, como son especificativo e explicativo

13 Morfoloxía galega
2008/2009
USC
1. A palabra como constituínte sintáctico
1.3. Palabras léxicas: verbo, substantivo, adxectivo e adverbio

(“epítetos”). Así, estas non son os únicos tipos de función de Mod. nin a
FAdx. a única unidade que as expresa:
→ Aposto: Mod. que expresa unha predicación secundaria, que xeralmente
vai entre pausas.
- Explicativo: adoita ser desempeñado por un Adx. Exemplo: As casas,
brancas, destacan no fondo do val.
- Identificador: adoita ser un subst. precedido de Det. definido.
Exemplo: As casas, aqueles edificios brancos que ves alí, [...].
→ Adxunto:
- Especificativo: engaden trazos non implícitos no substantivo e, polo
tanto, que o especifican. Exemplo: As casas brancas destacan no fondo
do val.
- Especializador: indican que o que se di se toma desde un certo punto de
vista, polo que son frecuentes cos nomes propios. Exemplo: A Galiza
costeira; A casa vivenda.
- Identificadores: indican en que sentido se debe tomar unha certa
expresión, un Mod. que pode ser ou non desempeñado por unha FAdx.
Exemplo: casa pode ser tomado como ‘vivenda’ ou como ‘empresa’, en
casa de discos indícasenos que debe ser tomada na segunda acepción.
- Explicativo (“epíteto”), con sentido diferente dos Mod. apostos. Engaden
un trazo que xa forma parte da definición do substantivo, polo que non
o restrinxe. Ademais, ás veces son explicativos Mod. con trazos que
retoman algo xa dito. Exemplo: As casas brancas [...] Aquelas brancas
casas que vin...
Tipos de funcións de Mod.
Explicativo Carlos, médico de Samos...
Aposto
Identificador Carlos, o médico de Samos...
Especificativo saia azul; saia de cor azul...
Especializador Castelao humorista; casa (como) vivenda
Adxunto Identificador folla de papel, Pepe fillo
Explicativo
duro aceiro
(“epíteto”)

b) Tipos de adxectivos:

Relacionais Atributivos
- Equivalen a de + FN
- Xeralmente equivalen a de + FN.
esporadicamente. Exemplo: grave <
Exemplo: arbitral < do árbitro.
*do grave.
- Non admiten cuantificacións (nin a - Admiten cuantificacións: moi grave,
comparativa), nin –ísimo. gravísimo.
- Contexto sintáctico: - Contexto sintáctico:
- Non funcionan como Mod. apostos - Poden desempeñar as funcións de
nin como CPvo. e moi Mod. aposto (a casa, vella e
restrinxidamente como Atr. descoidada), CPvo. (atopeino moi
- Xeralmente funcionan só como mozo) ou Atr. (a casa está vella e
Mod. adxuntos en posposición, descoidada).
polo que non poden ser Mod. - Poden antepoñerse e funcionar
adxuntos explicativos. Exemplo: como Mod. adxuntos explicativos

14 Morfoloxía galega
2008/2009
USC
1. A palabra como constituínte sintáctico
1.3. Palabras léxicas: verbo, substantivo, adxectivo e adverbio

(altas torres, duro aceiro). Adxectivos


relacionais poden ter acepcións nas que
sexan atributivos e aparecer antepostos:
vivendas rurais. escaleiras mecánicas / xestos mecánicos
- Só combinan cos atributivos se ou mecánicos xestos.
estes van xustapostos a eles ou - Xeralmente non se coordinan cos
antepostos ao subst. relacionais nin con de+FN
(enxeñeiros químicos competentes,
desagradables asuntos financieiros)

2) Anteposición e posposición ao subst. dos adx. atributivos (FAdx. coa


función de Mod):
a) Posición e función están tendencialmente ligadas:
→ O adxectivo anteposto adoita ser adxunto, normalmente non restritivo
(explicativo), pero isto non é sistemático. Exemplo: o sangue vermello =
adxectivo explicativo posposto.
→ O adxectivo posposto pode ter calquera das funcións do Mod: aposto
ou adxunto, e dentro do adxunto tamén pode ser explicativo.
b) Anteposición e cambio de significado:
→ Adxectivos que poden cambiar de acepción ao antepoñerse: home
pobre / pobre home; amizades novas / novas amizades.
→ Adxectivos que non cambian de acepción ao antepoñerse, pero que
tenden a preferir a anteposición, sobre todo ante determinados
substantivos: severo castigo, serias consideracións.

1.4. Adverbio
1.4.1.Definición e caracterización xeral
1) SINTÁCTICA:
a) O Adv. é N da FAdv.
b) A FAdv. desempeña as funcións:
→ Oracionais ou frásticas:
- CC, é dicir, aquilo que non é central na predicación, aínda que esta
función pode ser de moi diferentes tipos.
- Mod. de N de FAdx.
- Mod. de N de FAdv., pero só algúns tipos de adverbios coma os
cuantificadores.
→ Complemento externo de frases e oracións. Exemplos: Mesmo sen a
túa axuda...; Evidentemente estou segura...
c) Contorno:
→ Como N de FAdv. o Adv. admite como Mod. cuantificadores ou
sintagmas introducidos por de + F(N, Adv.) que actúan como termos
de referencia.
→ Hai Adv. que non constitúen propiamente FAdv. porque non admiten
nin Mod. nin prep., adoitan ter significado gramatical. Exemplos: Ata
Lola repetiu o xeado; Non me digas!, Os rapaces recolleron os pupitres
moi amodo; Quizais a próxima vez teñas máis sorte; Xa o tiñan moi
avisado.

Exemplos:
15 Morfoloxía galega
2008/2009
USC
1. A palabra como constituínte sintáctico
1.3. Palabras léxicas: verbo, substantivo, adxectivo e adverbio

Exemplo Comentario
Caben dúas interpretacións:
1) FN: N (algo) + Mod. (doce), onde algo é un pronome co significado de
É algo doce. ‘cousa’ e contén o valor substantivo.
2) Fadx.: Mod. (algo) + N (doce), onde algo é un adverbio.

Algo = pronome N de FN que contén o valor substantivo e mantén tamén


Xa vendeu algo do que tiña.
o seu valor determinativo (en oposición a moito, nada, etc.)
Comeu algo. Algo = Adv. N de FAdv.
FN: Det. (máis) + N (cartos). Neste caso máis non pode ser un adverbio,
Máis cartos.
xa que está determinando de xeito directo un substantivo.
FAdx.: Mod. (Adv. máis) + N (fácil): máis é neste caso un Adv. que
Máis difícil.
funciona como Mod. directo dun adxectivo.

2) MORFOLÓXICA:
a) Morfemas que admiten:
→ Non teñen morfemas obrigados. Con todo, algúns adverbios admiten
morfemas de xénero e número: todo (toda contenta), medio (media
consumida).
→ Poden admitir como morfemas facultativos os mesmos cós adxectivos: o
superlativo –ísimo (cedísimo) e o diminutivo –iño (cediño).
b) Constitución morfolóxica:
→ Simples.
→ Derivados: adv. en –mente formados sobre todo a partir de adxectivos na
súa forma feminina (comodamente), son adv. con significado léxico e
que, polo tanto, forman parte de inventarios abertos.
→ Compostos: destacan as locucións, que poden ser ocasionais ou
formadas atendendo a un certo patrón (a + artigo + adv.). Cómpre non
confundir as locucións adverbiais con outro tipo de unidades, xa que
aínda que se grafen separadamente son unitarias, polo que:
- O seu significado non é o resultado da suma do significado dos seus
constituíntes.
- Non admite complementacións internas nin ningún cambio nos seus
constituíntes.
Exemplos:
Exemplo Comentario
FAdv.: N (despois) + Mod. (prep. de + FAdx. as nove)

Despois de non é unha locución, xa que podemos facer cambios nos


Chegou despois das nove constituíntes.
Chegou despois (despois pode aparecer só)
Chegou moito despois das nove (moito complementa só a despois)
Chegou para despois das nove (para complementa só a despois)
Chegou despois de que ti FAdv.: N (despois) + Mod. (prep. de + O que ti viñeras)
volveras
Despois de que non é unha locución, xa que non ten un significado
unitario, senón que este é a suma dos seus constituíntes.

Chegou despois (despois pode aparecer só)


Chegou moito despois de que ti volveras (moito complementa só a
despois)
16 Morfoloxía galega
2008/2009
USC
1. A palabra como constituínte sintáctico
1.3. Palabras léxicas: verbo, substantivo, adxectivo e adverbio

Chegou para despois de que ti volveras (para complementa só a


despois)
Anterior e despois son adv. que precisan complementos de relación,
Anterior a
pero anterior a ou despois de non son locucións, xa que a e de
Despois de
complementan a anterior e despois respectivamente.

3) SEMÁNTICA: ao contrario do que acontece noutras clases de palabras, dentro dos


adverbios podemos atopar moitas unidades diferentes, de aí que di punto de
vista semántico haxa adverbios con significado léxico e adverbios con
significado gramatical.
a) Palabras gramaticais:
→ Adoitan ser primarios: adverbios non derivados e simples.
→ Teñen unha alta frecuencia de uso.
→ Forman parte de paradigmas pechados: tempo, lugar, afirmación,
negación, aspecto (xa, aínda), cuantificación (moito, abondo).
→ Teñen un significado particular:
- Deíctico, é dicir, de referencia (establecida segundo as circunstancias
de cada acto de fala: lugar, falantes, momento). Exemplo: onte ‘día
anterior ao día no que se fala’; aquí ‘lugar onde está o emisor’.
- Pronominal (aquí, alí, daquela, etc.). Exemplo: Viviu en Francia, e
alí [en Francia]...
- De polaridade: expresión afirmativa ou negativa do enunciado.
b) Palabras léxicas:
→ Son palabras secundarias, é dicir, derivadas (-mente).
→ En xeral, están agrupados en inventarios relativamente abertos, como é
o caso dos adv. en –mente (de modo).
→ O feito de seren palabras léxicas amplía moito os significados que poden
expresar (son unha clase aberta).
1.4.2.Clases de adverbios
1) A clasificación dos adverbios adoita atender a criterios semánticos, non
funcionais nin á existencia de clases abertas e pechadas.
2) As gramáticas:
a) Coinciden nas clases máis características (en xeral, as gramaticais): lugar,
tempo, afirmación, negación, cantidade, modo (aínda que a maioría dos
adverbios de modo son léxicos).
b) Non coinciden noutras clases coma orde, identificadores, realce, límite...
Gr1986 Gr2002 Gr2000
lugar (alí, hoxe...) lugar (alí, hoxe...) lugar (alí, hoxe...)
tempo (onte, cedo, xa...) tempo (onte, cedo...) tempo (onte, cedo, xa...)
localizadores
orde (primero, orde (primero,
finalmente...) finalmente...)
modo (así, amodo...) modo (así, amodo...) modo (así, amodo...)
cantidade e precisión cantidade (algo, todo, cuantificadores
cantidade (algo, todo....)
(algo, todo, case...) case...)
outros: inclusivos e
outros: inclusivos de inclusión (mesmo,
exclusivos (mesmo, ata
(mesmo, ata...) ata...)
/ só...)

17 Morfoloxía galega
2008/2009
USC
1. A palabra como constituínte sintáctico
1.3. Palabras léxicas: verbo, substantivo, adxectivo e adverbio

realce (sobre todo...)


límite (case, só...)
especificadores
outros: identificadores identificación (mesmo,
(xusto, sobre todo...) xusto...)
(afirmación, negación outros: afirmación e afirmación (si...)
[dúbida]: si, non...) negación (si, non...) negación (non...)
([afirmación, negación] modalizadores
dúbida (quizais)
dúbida: quizais...) (quizais...)
outros: rectificación
(máis ben...) declarativos
aspectuais (aínda, xa...)
outros: presentadores
(velaí...)
outros: conectores
(entón, xa que logo...)

3) Un mesmo adv. pode pertencer a varias clases tendo un mesmo significado


unitario que se particulariza de xeito diferente. Así, antes pode ser de tempo
ou de lugar.

1. ¿Que determinacións e complementacións existen


obrigadamente en toda oración independente aínda que só
conste de P?
As de modo e tempo, que son características morfolóxicas necesarias no verbo
pero complementan a toda a oración, non só ao verbo.

2. Comenta as seguintes definicións do DRAG desde o punto de


vista da clasificación sintáctica dos verbos. Presta atención
particular á caracterización de “v.p.” e establece a diferenza
reflexivo (recíproco) / pronominal:

abafa v.t. 1. Dificultar ou impedi-la respiración. A calor do local abáfanos. SIN.


r acorar, afogar, asfixiar, atafegar, sufocar. 2. fig. Molestar [a alguén]
insistindo nunha pretensión ou petición. Xa cho farei cando poida, deixa de
abafarme dese xeito. SIN. acosar (...). 3. Cubrir de bafo. Abafaba o vidro da
ventá ó respirar (...) // v.i. 4. Respirar con dificultade, perde-lo alento. Correu
ata abafar. Imos abafar todos con esta calor. SIN. acorar, afogar, asfixiarse,
atafegarse, sufocarse. (...) 5. Desprender mal cheiro. Iso abafa, debe estar
podre. SIN. alcatrear, apestar, feder.

1. Incoherencia na primacía da acepción ou a construción:


a) Primacía da construción: preséntanse catro acepcións, as tres primeiras como verbo
transitivo e a cuarta como verbo intransitivo, pero a acepción 4 coincide coa 1. É
dicir, repítese unha acepción porque pode presentar construcións diferentes (non en
tódolos dicionarios é así).

18 Morfoloxía galega
2008/2009
USC
1. A palabra como constituínte sintáctico
1.3. Palabras léxicas: verbo, substantivo, adxectivo e adverbio

A calor do local abáfanos Imos abafar todos coa calor


A calor: Sux. Forza. coa calor: CC forza.
-nos: CD experimentador P4: Sux. experimentador.
As construcións sintácticas son diferentes, pero mantéñense as
funcións semánticas, de aí que 1 e 4 sexan acepcións
equivalentes.
Cómpre ter en conta que esta relación non é a mesma cá de activa – pasiva, xa que neste caso
as funcións semánticas son diferentes:

CD
Activa Sux. (axente) P
(paciente)

CD
Pasiva Sux. (paciente) P
(axente)

b) Primacía da acepción: a acepción 3 ten dúas construcións posibles, pero non se repite
coma a 1 e 4. Así. Pode ter unha construción transitiva (Abafaba o vidro) e outra
intransitiva (o vidro da ventá abafouse: voz media)

2. Referencias ao contorno do verbo entre corchetes: Molestar [a alguén]. Isto non


pertence estritamente ao significado.

abalar v.t. 1. Mover, axitar ou facer oscilar [unha persoa ou cousa] sen cambiala de
lugar. O vento abala as árbores. SIN. abanar, abanear, acanear, balancear,
bambear. 2. Move-lo berce para que [o neno] durma ou se calme. Abala o
neno, que está chorando. (...) // v.p. 3. Moverse, axitarse ou oscilar [algo ou
alguén] sen cambiar de lugar. Adormeceu abalándose na cadeira. SIN.
abanarse, abanearse, acanearse, arrolarse, balancearse. O barco abalábase
mentres largaban o aparello. SIN. cabecear. | SIN. abalear.

1. Distribución por construcións: verbo transitivo e verbo pronominal, de aí que as


acepcións 1 e 3 sexan a mesma con diferentes construcións (1: [a unha persoa ou cousa];
3: [algo ou alguén]) .
2. Os exemplos incluídos dentro da construción v.p. non son en ningún caso verbos
pronominais en sentido estrito, só verbos que poden construírse con clítico, xa que os
clíticos poden aparecer ou non, de xeito que non son constituíntes morfolóxicos.
a) Adormeceu abalándose na cadeira: é unha construción reflexiva, pero non
pronominal (existe tamén a posibilidade abalar para ese verbo).
b) O barco abalábase mentres largaban o aparello: voz media. Non pode ser
unha construción reflexiva porque o barco non se abala a si mesmo, senón que
hai un Sux. forza que realiza a acción.

3. As oracións pasivas contémplanse nas clases sintácticas de


verbos como unha posibilidade dos verbos transitivos ¿A
construción pasiva é posible sempre a partir da construción
activa dos Vtr? Examínao en relación cos verbos anteriores.

19 Morfoloxía galega
2008/2009
USC
1. A palabra como constituínte sintáctico
1.3. Palabras léxicas: verbo, substantivo, adxectivo e adverbio

Non toda construción activa ten outra pasiva posible, só as activas con Sux.
axente (necesariamente animado), polo que hai verbos transitivos que non
admiten pasiva, como é o caso dos verbos con complemento interno (a casa
mide...; pesa...).

4. ¿Por que non aparecen individualizados os Vpron no inventario


de esquemas (valencias) verbais da p. 73 da GLG2002?
Porque non existe unha clase sintáctica de Vpron, xa que os clíticos non son
nestes casos constituíntes oracionais, senón morfolóxicos do verbo e que teñen
só consecuencias morfolóxicas: achegan información de número e persoa
mesmo a unidades en principio amodais coma o xerundio (suicidándose).

5. ...
6. ...
7. ...
8. Explica se son nomes propios ou comúns os subliñados nos
seguintes exemplos:
Anotou no seu caderno: “Mércores, 24 de marzo: Hoxe foi un día con sol, así que non
subín á parte vella no meu vello Ford, e iso que estou aínda algo resentido da perna.
Estiven falando na Facultade co brasileiro que coñecín onte, un home de moi agradable
conversa. Xa se sabe que o brasileiro, por temperamento, é orador. Gústanlle tamén as
matemáticas e a astronomía e contoume cousas interesantes da lúa e do sol; logo
falamos tamén do Goberno e do Parlamento. Á fin non cheguei a ir a clase de Química
orgánica.”

→ Mércores: substantivo común, xa que ten significado de clase ‘terceiro día da


semana’, aínda que vaia determinado.
→ Marzo: substantivo común, xa que ten significado de clase ‘terceiro mes do ano’.
→ Sol1: substantivo común, porque non fai referencia ao astro, senón á ‘calor e luz
emitida polo sol’.
→ Ford: substantivo común, xa que ten significado de clase ‘coche da marca Ford’.
Como denominación da marca sería un nome propio. Ademais, en galego tamén
se tende a diferenciar isto mediante o xénero: a Ford (nome propio) e o Ford
(nome común).
→ Sol2: nome propio, porque fai referencia a unha estrela concreta.
→ Lúa: nome propio, porque fai referencia a un satélite concreto.
→ Facultade: pode ser común ou propio, xa que pode ser un nome propio
abreviado (Facultade de...) ou simplemente un nome común.
→ Brasileiro1: nome común por ter significado de clase ‘persoa que é do Brasil’,
aínda que vaia determinado.
→ Brasileiro2: nome común co significado de clase ‘persoa que é do brasil’, pero
sen determinar.
→ Matemáticas: nome común co significado de ‘ciencia’.
→ Astronomía: nome común co significado de clase de ‘ciencia’.
→ Química: nome propio por se referir á unha materia determinada, non á ciencia.
→ Goberno: nome común co significado de ‘goberno’.
→ Parlamento: nome común co significado de ‘parlamento’.

9. ...

20 Morfoloxía galega
2008/2009
USC
1. A palabra como constituínte sintáctico
1.3. Palabras léxicas: verbo, substantivo, adxectivo e adverbio

10....
11....
12. Pon de manifesto as diferentes formas en que pode
entenderse a expresión o doce.
1) Doce = substantivo: Det. (art. o) + N (subs. doce). Neste caso doce podería ter a
acepción de ‘número’ (uso metalingüístico) ou de ‘pastel’.
2) Doce = adxectivo:
a) Elisión dun substantivo (dependente do contexto). Nestes casos pódense dar
variacións de xénero e número dependendo do substantivo elidido.
Exemplos: Que sabor prefires? O [sabor] doce; Que galletas comiches? As
[galletas] doces.
b) Uso nominal do determinante (‘o que é doce’, ‘as cousas doces’). Exemplo:
Gústame todo o doce.

En expresións coma Chegou con todo só caberían as interpretacións de 2):


a) Elisión dun substantivo: Chegou co pan? Si, chegou con todo [o pan].
b) Uso nominal do determinante: Chegou con todo (‘tódalas cousas’).

Outros exemplos:
Exemplo Comentario
- FN, na que capital é un Adx. coa función de Mod. e o contido
nominal pode interpretarse de dous xeitos:
1) O artigo determinado a posibilita a elisión de posibilidade.
Estivo valorando varias
posibilidades, pero á fin eludiu a 2) O artigo determinado a funciona como N (é a posibilidade
capital. máis manexada) asumindo o contido do substantivo
substituído.
- capital é Adx.: é N da FAdx. que funciona como Mod. e admite
adverbios como complementos directos (a máis capital).
Estivo reflexionando sobre os temas - Estamos perante o mesmo caso ca no exemplo anterior, pero
que debía tocar, pero os capitais agora en masculino e plural porque se refire a temas (os [temas]
non os abordou. capitais)
Estivo valorando varias - Capital = Adx.
posibilidades, pero á fin eludiu algo - Algo = N da FN co contido substantivo e o significado de isto
capital, como era [...] (dependente do contexto).
Estivo valorando varias - Capital = Adx.
posibilidades, pero á fin eludiu o - o = N da FN co contido substantivo, co significado de isto
capital, como era [...] (dependente do contexto), pero non hai elisión.
- Capital = Adx.
- o = N da FN co contido substantivo, que se pode interpretar de
Estivo reflexionando sobre os temas dous xeitos:
que debía tocar, pero o capital non 1) O artigo determinado o posibilita a elisión de tema.
o abordou. 2) O artigo determinado a funciona como N (é a posibilidade
máis manexada) asumindo o contido do substantivo
substituído.
Dúas interpretacións:
Xa non se conta co capital e a
- Capital = Subs.: Det. + Subs.
empresa elude as reponsabilidades.
- Capital = Adx.: N + Subs.

A todos estes casos podería aplicárselles a denominación de *adxectivos substantivados4:

4
Non recomendada.
21 Morfoloxía galega
2008/2009
USC
1. A palabra como constituínte sintáctico
1.3. Palabras léxicas: verbo, substantivo, adxectivo e adverbio

1) 1 – 5: función do artigo como substantivador.


2) 6: substantivo derivado dun adxectivo, aínda que nestes casos é menos frecuente referirse a este tipo de
substantivos como *adxectivo substantivado.

2. Repara nas definicións típicas de adx. dos dicionarios e explica


a forma que adoptan. Compara estas definicións con outras de
adverbios (todas do DRAG).
absorto –a adx. Completamente concentrado nos seus pensamentos ou nunha actividade,
con descoido de calquera outra cousa.
abafado –a adx. 1. Que sente abafo, que ten dificultade para respirar.
abrancazado –a adx. De cor tirando a branca.
abaixo adv. 1. Nun lugar inferior (...)
adoito adv. Con frecuencia, habitualmente, a miúdo.
acolá adv. Indica lugar afastado do falante.

A definición dos dicionarios é sinonímica, é dicir, podería situarse


nos mesmos contextos có definido porque mantén as características de clase.
Imos ver se isto acontece nas definicións anteriores.

Definido Definición
absorto –a = adx. concentrado = adx.
que sente abafo = O de relativo que pode funcionar como
abafado –a = adx.
Mod. igual ca unha FAdx., pero non como Atr.
de cor... = de + FN, unha estrutura que pode funcionar como
abrancazado –a = adx.
Mod. ao igual cá FAdx.
nun lugar inferior = en + FN, unha estrutura que pode
funcionar como CC, ao igual cá FAdv.
Con todo, é unha equivalencia restrinxida:
abaixo = adv.
- lugar = situación: Está abaixo > Está nun lugar
inferior.
- lugar = movemento a: Vai para abaixo > * Vai para
nun lugar inferior.
Definicións sinonímicas:
con frecuencia = en + FN, unha estrutura que pode funcionar
abaixo = adv.
como CC, ao igual cá FAdv.
habitualmente, a miúdo = FAdv.
A definición non é sinonímica, como é habitual nas palabras
gramaticais coma esta, xa que dentro da clase adverbio
acolá = adv. podemos atopar clases gramaticais e léxicas (a diferenza do
substantivo, adxectivo ou verbo – agás no caso dos
copulativos –)

3. Actualiza primeiro normativamente os textos e logo localiza os


adverbios e explica a súa función de complementación:

Texto
Conecíaos dabondo e trataba a algús. Ás vegadas, na Alameda, cando tocaba
a música de tropa , chamábame aparte (iles non entraban no paseio do meio, que era o do
señorío) e dábanme de todo; enchíanme os petos; metíanme entre o corpo i a brusa
22 Morfoloxía galega
2008/2009
USC
1. A palabra como constituínte sintáctico
1.3. Palabras léxicas: verbo, substantivo, adxectivo e adverbio

recimos inteiros que se me apegaban ó coiro. Tanto que, ás veces, tiña que deixar o
paseio (e logo dar disculpas e mintir) pra me valeirar de tanto que me daban e que non
daba comido. (Eduardo Blanco amor: Os biosbardos)
Actualización
Coñecíaos dabondo e trataba a algúns. Ás veces, na Alameda, cando tocaba a
música de tropa , chamábame á parte (eles non entraban no paseo do medio, que era o do
señorío) e dábanme de todo; enchíanme os petos; metíanme entre o corpo e a blusa acios
enteiros que se me apegaban ó coiro. Tanto que, ás veces, tiña que deixar o paseo (e
logo dar desculpas e mentir) para me baleirar de tanto que me daban e que non daba
comido. (Eduardo Blanco amor: Os biosbardos)
Adverbios e función de complementación
- Dabondo: CC directo do verbo coñecíaos (cuantificador).
- Ás veces: CC directo de O (cuantificador de tempo). Trátase dunha locución
adverbial xa que funciona coma un todo, ao igual ca outras coma por veces, pero non
coma algunhas veces (pode variar: algunha vez, algunha daquela vez, moitas veces,
varias veces, etc.). É unha unidade formada por tres palabras constituíntes
(preposición + artigo + substantivo) pero unha soa palabra sintáctica ou de discurso.
- Á parte: CC, locución adverbial.
- Cando: neste caso, como é frecuente con cando, trátase dunha conxunción, non dun
adverbio (de ser adverbio necesariamente sería relativo). De ser un adverbio tería que
ter unha función dentro da unidade, pero é só un relacionante que introduce a O
tocaba a música de tropa (podería aparecer mentres, ao, etc.).

23 Morfoloxía galega
2008/2009
USC
1. A palabra como constituínte sintáctico
1.3. Palabras léxicas: verbo, substantivo, adxectivo e adverbio

Exemplo
Exemplo Exemplo como
Forma como Exemplo como relativo
como Det. relacionante
pronome
(xeralmente funciona como
conxunción)
Dime cando volves.
Chegou cando xa
acabamos: No tempo cando falaban
Cando
- cando xa acabamos : os animais.
CCT
- xa acabamos: O (sen
cando)

Preguntou
me cantas Dixo cantas
Canto Correu canto puido.
cousas quería.
quería.
(xeralmente analízase
como relativo, teña ou non
antecedente)
Púxoo onde lle mandaran.
Chegou a onde estaba ela.
Onde
- a onde estaba ela :
CCL
- onde estaba ela: O (a
é un relacionante,
pero onde non)
A decisión de que o
deixabamos para despois O día que pasamos alí
- de que o deixabamos - que pasamos alí: CD.
para despois: Mod. - que pasamos alí: O de
Que
- o deixabamos para relativo (que ten
despois: O (de e que función, xa que se
son relacionantes que refire a día)
carecen de función).

- De todo: non é un adv., senón unha FN precedida de preposición coa función de CD.
Neste caso ten matiz partitivo (dáme esa carne vs. dáme desa carne). Todo, a
diferenza de algúns, non recolle información sobre algo xa dito pero si ten
significado nominal de totalidade.
- Tanto: CC directo do verbo apegaban (matiz consecutivo).
- De tanto: prep. + FN coa función de suplemento (non de CD).
- Ás veces: CC directo de O (cuantificador de tempo).
- Logo: CC directo de O (tempo: posterioridade).
- Tanto: CC directo de O (cuantificador).
- Non: CC directo de O (negación).

Texto
Veña de chover arreo cáseque unha semá. O padriño pasábase días enteiriños,
de lusque a fusque, sin aparecer pola casa. Eu adicábame a estudiar i a ler. Funme á
biblioteca e fixen unha escolma de libros. Novelas, memorias, libros de viaxes...
Erguíame moi cediño, case ó lumbrigar do día, i estudiaba deica un ratiño inantes de
xantar. E logo, o día todo, tarde e noite, pra min, pra ler e ler. Recordo que me gostaran
moito dúas novelas ingresas, Contrapunto e A Ciudadela. (Ánxel Fole: Terra Brava)

24 Morfoloxía galega
2008/2009
USC
1. A palabra como constituínte sintáctico
1.3. Palabras léxicas: verbo, substantivo, adxectivo e adverbio

Actualización
Veña de chover arreo case unha semana. O padriño pasábase días enteiriños,
de lusco a fusco, sen aparecer pola casa. Eu dedicábame a estudar e a ler. Funme á
biblioteca e fixen unha escolma de libros. Novelas, memorias, libros de viaxes...
Erguíame moi cediño, case ó lumbrigar do día, e estudaba deica un ratiño iñantes de
xantar. E logo, o día todo, tarde e noite, para min, para ler e ler. Recordo que me gustaran
moito dúas novelas ingresas, Contrapunto e A Cidadela. (Ánxel Fole: Terra Brava)
Adverbios e función de complementación
- Arreo: CC directo de V (cuantificador).
- Case: complemento externo (restrición de cantidade) da FN unha semana, en
especial a un dos seus constituíntes: unha. Así, se introducimos unha preposición
sigue quedando fóra da FN: case durante unha semana, xa que un adv. non pode
funcionar como Mod. directo de FN pero si complementala de xeito externo (mesmo
eu fun quen de facelo).
- De lusco a fusco: locución adverbial (tempo).
- Moi cediño: Mod. directo de adv. (cuantificador).
- Cediño: CC directo de V (tempo).
- Iñantes: N de FAdv. que ten como modificador unha FN precedida de preposición:
de xantar (tempo). Non antes de como locución, xa que de complementa a antes.
- Logo: CC directo de O (tempo: posterioridade).
- Moito: CC directo de O (cuantificador).

* ¿Por que onte (‘día anterior a hoxe’) é un adverbio fronte a día?

Criterio sintáctico Criterio morfolóxico Criterio semántico


- É núcleo da FN.
- Contorno: admite
- É unha palabra variable
determinantes
que rexe concordancias
(característica exclusiva
de xénero e número da - Só ten significado léxico,
do substantivo) e FAdx.
clase á que pertence. Os que pode ser intensivo
día como Mod. directos.
substantivos tamén poden (horas de luz) ou
- Función da unidade na rexer categorías extensivo (24h).
que se insire: a FN (oposición) de xénero
desempeña e/ou número.
fundamentalmente as
funcións de Sux. e CD.

25 Morfoloxía galega
2008/2009
USC
1. A palabra como constituínte sintáctico
1.3. Palabras léxicas: verbo, substantivo, adxectivo e adverbio

- É núcleo da FAdv.
- Contorno: malia ser un
adverbio non admite - Ten o significado léxico
FAdv. como Mod. de ‘día anterior a hoxe’,
directos, xa que pertence polo que está relacionado
á subclase dos adverbios de certa maneira con día.
onte de tempo (paradigma), - É unha palabra - Tamén ten significado
que non teñen esta invariable. gramatical xa que é un
característica. deíctico5, xa que marca
- Función da unidade na unha relación de tempo
que se insire: a FAdv. (‘día anterior ao día en
pode ser CC ou Mod. que se fala’)
directo de adverbios ou
adxectivos.

5
O seu significado establécese en relación coas circunstancias que se dan na comunicación:
interlocutores, momento e lugar.
Así, tamén son deícticos os pronomes persoais de 1ª e 2ª persoa, pero non o de 3ª (non é unha
referencia constante no mesmo acto de fala). Os pronomes persoais non teñen significado ocasional no
sentido gramatical, como referencias nun mesmo acto de fala, aínda que estas referencias si son
diferentes nos diferentes actos de fala.
26 Morfoloxía galega
2008/2009
USC

También podría gustarte