Maior, a
Osa Menor
e o Dragón
Fai moito tempo, cando o ceo non era máis que unha enorme bóveda de pizarra,
vivía nas montañas unha gran Osa. Era de cor prateado, pois así era a cor dos
osos antes de que o home pisara a terra, un prateado tan brillante que cando se
poñía o Sol ninguén era capaz de miralo sin entrepechar os ollos. Era fermosa,
sabia e forte e por eso era a raíña das montañas. Co tempo a osa tivo unha filla,
unha pequena osa prateada coma ela.
Un día o Dragón de Prata, señor do Val da Auga que lindaba coa montaña, decidiu
dar un paseo polo límites do val. O Dragón de Prata era o ser máis vanidoso que
podía atoparse e ante todo estaba orguioso das súas escamas de prata. É por eso
que cando veu a pequena osiña xogando nun río non pudo evitar que o brillo do
pelo da criatura lle dera moita envexa.
Levantou o vó e comezou a trazar círculos por riba dela e cando estaba a punto de
lanzarse sobre a osiña e devorala chegou súa nai a Osa. Entón o Dragón púsoxe
máis furioso todavía, xa que eran dúas as criaturas coa pel moito máis brillante
que a súa, eso xa era demasiado!. Marchou a súa guarida para idear un plan e
rematar con elas.
Un día a osiña estaba xogando cando viu algo brillante no ceo que lle chamou a
atención. Era o Dragón de Prata, pouco a pouco apareceu no ceo e díxolle:
- Ola osiña, a túa nai a Osa díxome que te recolla e te leve no meu lombo
que quere verte.
A osiña tiña medo pero facíalle ilusión voar e foise con él.
Todas as familias das montañas reuníronse na cova da Osa. Os lobos rastrexaron
a montaña e non atoparan pistas, as toupas foron polos túneles e nada e os
falcóns dende as alturas tampouco atoparon nada. Estaban falando entre eles do
que podería pasar cando chegou un sapo e dirixíndose a Osa díxolle:
- Non podo permitir que haxa ninguén no mundo cunha pel máis lustrosa que
a miña.
E lanzouse sobre a Osa e comezou a loita. Durou 7 días e 7 noites. Pero o Dragón
era unha criatura máxica e esa máxia debilitaba a Osa.
A Osa antes de morrer agarrou ao Dragón con forza e saltóu con él ao río de lava
que había ao pé da súa guarida, fíxoo para salvar a súa filla.
A osiña quedou soa e chorou bágoas de prata. Chorou tanto que o GRAN
ESPÍRITO colleu as bágoas e díxolle a osiña:
Sabedes que os lobos son os vixilantes das estrelas, os que controlan o seu
rumbo e dan a voz de alarma cando se perde unha delas?
Fai moito tempo nunha noite moi fría nas pradeiras norteamericanas unha estrela
caeu do ceo no río que había cerca da guarida onde os lobos dormían tranquilos e
fixo un barullo espantoso.
O lobo que facía a garda mirou espantado coma no río millóns de luces intentaban
inútilmente flotar e viu coma a bela estrela se estaba apagando e agonizaba.
Rápidamente cos seus aullidos chamou a centos e centos de animais. Peixes do
rio, osos, aguias, bisontes, esquíos, cabalos, corvos, lobos, raposos, falcóns…
chegaron ata o lugar do desastre.
- Son a Estrela do Polo Norte, creo que o Dragón co seu ruxido sacoume do
meu sitio na Osa Menor, perdín o rumbo, caín e agora aquí estou,
apagándome neste lugar. O terrible é que se eu morro, todas as estrelas
morreran conmigo.
O Lobo garda volveu a aullar e nesto apareceron moitísimo cabalos salvaxes que
traían no seu lomo miles de arañas que se deixaron caer suavemente sobre as
feridas sen luz da estrela.
Texede, texede!- Pechade ben as feridas, antes de que sexa demasiado tarde,
irmáns. Aullou o Lobo.
E elas texeron sen descanso. Texeron as súas redes máis fortes e espesas.
Aguias, falcóns, corvos… entre todos os páxaros levantaron a estrela e o gran oso
colleuna cos seus poderosos brazos e pouco a pouco a levaron a cima da
montaña sagrada dos indios e dende alí, coa axuda do Gran Espírito, a estrela
volveu ao seu lugar no ceo e volve a brillar con forza para orientarnos a tod@s.
Deste xeito cando vexas unha estrela fugaz son os vagalumes que, coma premio,
pasean polo firmamento iluminando todo coa súa luz maravillosa.