SEMINARIO DE E.F.

O FOOTBALL-FLAG (FÚTBOL-PANO).
Qué é o fútbol-pano?
O fútbol-pano é unha variante do fútbol americano ( non confundir co rugby), na que se evita o contacto físico a través do uso de dous panos que os xogadores levan nun cinto; de tal forma que a placaxe no nesta variante consiste en quitar dito pano ao atacante con balón. Por este motivo , esta modalidade úsase en cativos que se están iniciando no deporte.

Dinámica de xogo..
Xogan dous equipos de 5 xogadores cada un. O obxectivo do equipo atacante é lever o balón por detrás da zona de marca do rival (a liña de fondo do campo contrario). Para conseguilo ten 4 xogadas para pasar do medio do campo e outras 4 para anotar (levar o balón por detrás da zona de marca : touchdown). O equipo defensor ten que evitalo, para iso ten que frenar o avazance do xogador con balón (quitándolle un pano), ou interecptar un pase.

O campo.

Os xogadores.

Como xa comentamos anteriormente, xogan 5 xogadores de cada equipo. En ataque podemos destacar estas posicións:

• • •

CENTRAL (C, center) : é o que pon o balón en xogo (a esta acción chamámoslle snap). PASADOR (QB, quarterback) : é o que dirixe o ataque e selecciona as xogadas. CORREDOR: (RB, running back): colócase detrás do QB e fai xogadas de carreira, collendo o balón que lle entrega o QB.

RECEPTOR : ( WR, wide receiver): colócase aos lados do QB, e fai xogadas de pase, é decir corre sen o balón e captúrao no aire .

Hai distintas formacións: 2 receptores e 1 corredor, 1 receptor e 2 corredores, 3 receptores...

Regras básicas.

• Anotación: - touchdown: 6 puntos - exta pointo : 1 punto ou 2 puntos, dependendo desde donde o xoguemos. - safety: 2 puntos ( cando un defensa lle quita o pano ao atacante con balón estando éste na súa end zone). • Línea de scrimmige: é o punto donde se coloca o balón para empezar a xogada. Ningún xogador pode traspasala ata que o central ponno en xogo.Por detrás da liña pódense facer os pases que se queiran peron cando o atacante con balón supera esta liña XA NON SE PODE PASALO BALÓN!!. Cada vez que o balón toca o chan detense o xogo e consideráse balón non xogable. Si un atacante intercepta o balón, o seu equipo recupérao e empeza o ataque no punto de captura. En defensa non se pode agarrar, empurrar, obstruir a un atacante, só podemos quitar o pano ao atacante con balón. As infraccións en defensa penalízanse con 5 metros para o atacante.

• • •

Accións técnicas.

Temos dúas formas básicas de atacar: • Xogadoas de pase: o QB lanza o balón a un WR que o atrapa no aire. Son arriscadas porque o pase pode ser interceptado, pero si saen conseguimos avanzar moito. • Xogadas de carreira: o QB entrega o balón na man a un RB, que corre sorteando aos defensas. Son xogadas máis seguras pero nas que é máis difícil avanzar moitos metros.

Sign up to vote on this title
UsefulNot useful