WEB QUEST

As forzas e o movemento
Introdución Tarefa Proceso Recursos Avaliación Conclusión

1

Introdución
● Coller un lapis e esbcribir é unha acción que executas a diario, pero seguramente nunca pensaches que cando colles o lapis e escribes estás a exercer unha forza. Esta forza que desenvolve a túa man é case que imperceptible mais está a contrarrestar a forza da gravidade para evitar que o teu lapis caia ao chan. ● Pensa: que outras accións cotiás precisan dunha forza que exerces sen caír na conta? ● ● Facendo que cousas, exerces unha forza conscientemente? Pensaches algunha vez nas máquinas que che facilitan as tarefas cotiás permitindo que fagas as cousas sen precisar facer forza? ● Agora vas ter que pensar en todo iso, mentres pescudas na Internet información que che permita contestar a preguntas coma estas. Ánimo! Pon as pilas e emprega o teu infalible olfacto de detective e resolve todas as preguntas.

Le con atención e pensa que podes!!

2

Tarefa
Para facer esta primeira WebQuest, deberedes ter en conta que neste tipo de actividades educativas utilizamos Internet como principal fonte de información. Así que poderedes resolver a vosa investigación navegando pola rede de redes. Iso non significa que non poidades empregar outros recursos. As tarefas a resolver son: 1. Por que se moven e se deteñen os corpos?

2. Que é a forza da gravidade e como afecta ao movemento? 3. Como afectan as forzas ao movemento? 4. Definición da forza de rozamento. 5. Cales son as máquinas simples máis importantes? 6. Como actúan as máquinas simples? 7. Explicar graficamente os tres tipos de pancas. 8. Explicar cunha gráfica como se calcula a velocidade dun corpo e como se mide: lembra v = e/t

Ánimo, non é difícil!!

3

Proceso
Para levar a cabo esta misión, deberedes seguir ordenadamente algúns pasos. Fixádevos ben. De entrada, realizaredes o traballo en grupos pequenos (3 integrantes), que se formarán atendendo ás instrucións que recibiredes no seu momento. Cada grupo desenvolverá a súa investigación de xeito libre e cooperativo.. Podedes solicitar toda a axuda que consideredes necesaria. Resolver os enigmas e chegar a conclusións require un proceso organizado: ● Le ben a tarefa a desenvolver. ● Decide onde vas buscar información ● Inicia a busca ● Apunta todas os teus achádegos nun caderno ● Rematada a busca compara os resultados obtidos nas distintas fontes. ● Redacta unha resposta clara e ben explicada. ● Completa a tarefa con exemplos. Dispoñedes de dúas sesións de 50 min. unha resolver a tarefa completa e outra para redactar e presentar as vosas conclusións.

Seguide os pasos axeitados con orde!!

4

Recursos
Para desenvolver o traballo hai unha chea de recursos que se poden utilizar: caderno, útiles de escribir, cores, cartolina, cola, tesoiras, ordenador... Tamén se poden utilizar dicionarios, láminas, esquemas e, por suposto, a lista de palabras chave. Amais de nos vosos manuais e no voso libro dixital, podedes atopar axuda nas seguinte ligazóns: http://tic56.wordpress.com/category/5%C2%BA-curso/conecemento-5%C2%BA -curso/07-as-forzas-e-o-movemento/ http://www.slideshare.net/matijoaquin/fuerza-y-movimiento-2521552 http://cplosangeles.juntaextremadura.net/web/edilim/tercer_ciclo/cmedio/l as_maquinas/las_fuerzas/las_fuerzas.html http://www.chiscos.net/repolim/lim/las_palancas1/las_palancas.htm http://www.youtube.com/watch?v=O1y91W2Y63U
                                 

Todo o necesario está aquí!!

5

Avaliación
O voso traballo será avaliado tendo en conta os seguintes aspectos:

- Presentación dos resultados é dicir, a claridade na expresión, ortografía, limpeza,... - Orde na tarefa: respecto das normas de convivencia. - Respecto polas ideas dos compañeiros. - Capacidade de diálogo para chegar a acordos. - Utilización adecuada dos recursos web. - Utilización correcta dos demais recursos. - Resolución de tódalas las tarefas formuladas. - Participación e interese demostrado no traballo de aula. - Ahegas persoais, tales como exemplos, gráficas, esquemas...

TÁBOA DE AUTOAVALIACIÓN
(Aquí tendes que valorar o grao de desenvolvemento dos tres aspectos sinalados na columna da esquerda, no voso grupo.)
6

frouxo 1
Cada membro do equipo realiza as súas tarefas sen ter en conta os otros Algúns dos temas que se pedían non foron tratados.

medio 2
Hai pouca colaboración entre os membros do equipo.

bo 3
Colaboran sen dificultade na realización das tarefas.

excelente 4
Colaboran na resolución das tarefas e o traballo repártese de maneira equitativa.

puntos

or ga ni za ción

busca e manexo da información

Tratáronse Todos os temas pero con respostas pouco elaboradas Hai algúns erros. pero non interfiren na comprensión

Todos os temas foron tratados se entrar en detalles.

Tratáronse todos os temas con respostas completas e achegas persoais.

composición escrita

Moitos erros gramaticais, ortográficos e de puntuación.

Case non existen erros. Material ben estruturado.

Sen ningún
tipo de erros, boa presentación, expresión caligráfica correcta.

Participa, pensa, opina e puntúa o traballo!

Conclusión
Que tal foi esta nova experiencia?
7

Como puidestes comprobar as novas tecnoloxías serven tamén para un bo proceso de aprendizaxe. Teñen a vantaxe de que resultan máis entretidas e, ás veces, son máis clarificadoras que os métodos tradicionais. Agora razoade e valorade: ● Aprendemos algo sobre o tema proposto? ● Custounos moito? ● A rede de redes, é útil para algo máis que pasar o tempo? ● De ter feito este traballo só con ferramentas tradicionais, teriades obtido o mesmo resultado?

Non era tan difícil!!

8

Sign up to vote on this title
UsefulNot useful