Está en la página 1de 8

SmS EnCaDeADo

En galego, PÁSAO
a palabra na xema dos teus dedos
mans, corazón, ollos
conectados
fai clic e pásao
déixao pasar
para que habite outros espazos
para que explore novos vieiros
Para que poidas sobrevivir ti mesmo
no seu futuro
para que sexas cuspe noutras bocas
para que toques, esencia inmaterial
/outros seres
para que explores ti mesmo
o ciberespazo, ese reto

AUDEO SAPERE
Atrévete a saber
que defendes:
algo natural

unha lingua propia

un territorio

xeografía, cultura e

economía

única /
resistencia granítica

que compartes
unha memoria de dignidade

feitos e nomes

Coñéceos e PÁSAO

Se te sabes herdeiro dos logros


de tódos os galegos
que, en cadea
chanzo a chanzo
ombro roto
levantaron para ti
nesta terra sen honores
terra/patria/casa
casa/fogar/vida

PÁSAO

Se sentes ao teu lado, con congoxa, o bafo quente


da suor salgado
do traballo non recoñecido
tanto traballo HAMMADA NAVARDA
rello e remo
tecido industrial
sega eN Castela
campos de algodón na Habana
emigración
represión/exilio/escravitude
PÁSAO

se che choven na alma


verbas de coraxe
muller/aleitar/matria
toca/

nesta encrucillada/
vertixe antropófoga/

misoxínia ecocida

regresar a casa,

nosa lingua
varrer para dentro
reventar desde dentro
subir a voz
temo-la forza da terra
que reventa a semente
que fai saltar o asfalto
amaricus bifortis

-Témo-la forza do vento que tanto a disputan


Témo-la forza da auga ouro azul
-Témo-la forza do lume Aceso tantos séculos no
privado
que
alumeará o público

de nada serviu prohibir o recordo

damnatio
memoria
tanta lousa
existimos
queremos seguir existindo
segue vivo o vínculo co pasado
queremos proxectalo cara o futuro
noso patrimonio
riqueza común

pobo que berra en silencio


debaixo da auga pRESTIGE eNCROBAS
enriba do lume Monte Medulio
que abrolla en mil formas

SABERES
SABORES
Muiñeira caldo

(Raptum, fir of fury E cocido


Popular improvesional
poetry)
(Arroutada e regueifas) polvo
Arquitecturas humanas pan
cantelo
botelo

ánima mundI visibEL


mananCial común ameazado
queremos ser uZ que enforne o mellor pan
queremos unha Galiza Rivendell
litoral intacto/monte respectado

vivenda/ só dereito

Galiza a salvo

Fértil mestizaxe

Ponte no centro do atlántico

Casa do mundo
En galego, PÁSAO
porque terás un trono seguro

porque terás a mellor sombra

da vella cepa de albariño

oirás as cantigas vellas

de terra cantareira, dos mil rías

que agardan por ti

temos que alumear cos fachos de palabras

o mundo que nos deron

labarada en lóstrego de lareira

beixo xeado da curuxa na noite

lobo que oubea á lúa

precisaremos a astucia da robaliza e

o senso comunal do peixe-porco

endexamais se entregará o legado

a palabra e a terra

son

préstamos do porvir

dos fillos dos nosos fillos/respecto

cada palabra é un fragmento do real

o cerne que perdura

en galego, PÁSAO

é labor de tod@s

xuntos fagámolo
somos semente acesa

forza viva

sen valados, rural e urbano

intelixencia e forza

cidadanía enteira, confundidos/

nun pobo

Galicia, patria e matria


Forza NUtricia
esperanza embazada

Barbanza Costa da Morte

Fragas do Eume Canóns do Sil

Lóuzara Fonsagrada
O Barco Mariña lucense
Terras do Tambre Santiago

LUGARES

Galiza/ territorio.GAL / identidade ileXa


dende nós, único epicentro

centro de nós, periferia de ninguén

en galego, pásao

é deber imperioso

dereito inalienable
é lexítimo facelo

TOD@S somos ANTÍGONA

para esculpir de novo a vida


precisa o MUNDO

a nosa diferenza

CÓMPRE sermos ronsel de futuro

PÁSAO
OS Santiaguiños Egófilos

También podría gustarte