Está en la página 1de 27

A POESA MEDIEVAL GALEGA VISTA DESDE OS RELANZOS DERRADEIROS DO SCULO XX

DISCURSO LIDO NA RECEPCIN PBLICA O DIA 30 DE SETEMBRO DE 2000, NO ACTO DA SA RECEPCIN, POLO ILUSTRSIMO SEOR DON XOS LUS MNDEZ FERRN E RESPOSTA DO ILUSTRSIMO SEOR DON RAMN LORENZO VZQUEZ A CORUA 2000

DISCURSO DO ILUSTRSIMO SEOR DON XOS LUS MNDEZ FERRN

Excelentsimo Seor Presidente da Academia Galega, Seoras e Seores acadmicos, quero agradecervos, primeiro de cousa ningunha, o alto honor que me dispensades ao me acollerdes no seo desta ilustre corporacin, e mis ainda no ano en que andamos a relembrar a figura fundacional do seu primeiro presidente, Manuel Murgua. Seoras e Seores acadmicos, era eu anda un rapaz o da impreciso de 1953 en que lle merquei a Paco o de La Industrial, na ra do Progreso de Ourense, un exemplar da recn publicada, por Porto de Santiago, Geografa de Galicia, de Antonio Fraguas Fraguas. Non saba eu nada, entn, do autor daquel libro e moito menos que haba pouco el fora nomeado acadmico numerario da Galega en sucesin dun Castelao cuxo pasamento, prximo no tempo, era chorado pola Galicia leal, que repeta polo baixo os versos de Cabanillas: Irmn Daniel, na praia de Rianxo... Naturalmente, daquela non poda nin sospeitar que un da eu a ocupar na Academia Galega a cadeira de Antonio Fraguas! Pouco e pouco e aps da lectura a conciencia da Geografa de Galicia. que marcou as lias bsicas da mia persoal idea das rexins naturais en que se manifesta o Pas, por poer a penas un caso, fun sabendo de Antonio Fraguas e lendo todos os seus libros e moitos dos numerossimos artigos publicados por el en revistas cientticoculturais e mesmo na prensa diaria ata hai tempos recentes. Quero exculparme agora da falta de non ter lido todo Fraguas considerando que moi escasas persoas faran tal (teo a seguranza) xa que el pertence -xunto con Filgueira, con Bouza Brey- a esa caste indombel dc cursidosos investigadores multi-disciplinares do Seminario de Estudos Galegos cuxa bibliografa un carballo de mil ponlas e cuxa obra completa unha silva de sabedora e de informacin complexa sobre a terra e a historia de Galicia. Carballos que nin cen homes abrazan, por lle pedir emprestadas as verbas a lvaro Cunqueiro. Formado na sa mocidade ao abeiro de Otero Pedrayo, Vicente Risco e Florentino Cuevillas, o groso e a maior parte dos libros, folletos, artigos e conferencias de Antonio Fraguas referronse s materias que aqueles homes da Xeracin Ns frecuentaran preferentemente: a Xeografa, a Etnografa e a Arqueoloxa e Prehistoria de Galicia. Con certeza, de todas as reas de estudio nas que traballou Antonio Fraguas, este recipendiario prefire as que atinxen a cultura material e espiritual do pobo habitante da vella Galicia que, con razn, foi entendida como grande complexo agrario. E isto, seguramente porque o home Antonio Fraguas cando trataba de cultura popular estaba a facer comentos dunha materia que lle era propia: estaba a falar da sa familia, da sa aldea, de homes e mulleres coma os seus vecios e el mesmo que, ao travs de sculos coma area, foron creando e compoendo o tesouro do noso corpo de cultura tradicional e colectiva. E digo eu, cando estes traballos eran redactados en galego anda mis transparecan a emocin e o amor cousa estudiada do cientfico Antonio Fraguas, natural de Loureiro de Cotobade, aldea onde os labregos pobres se reduplican en xeitosos canteiros e pedreiros. Hai unha cadea de intelixencia cordial que vn de Murgua ata ns outros formada de elos que van construindo a idea comunal de nacin galega desde alicerces cientficos e non mticos ou imaxinarios. Esta Academia simboliza como ningun dita cadea fraguada (digo ben) cun metal no que se alea a esperanza nun futuro de emancipacin e de progreso e o coecemento da propia realidade. Eu sei que a obra de Antonio Fraguas constite un dos elos imprescindibles da cadea que non nos aferrolla, que nos libra. Anda mis direi: Antonio Fraguas, modelo de humanidad y buen semblante segundo o prototipo manriqueo, foi un home leal, humilde, humorista,

intelixente, dado, que a polo mundo repartindo a mans cheas o seu saber sen pedir retribucin en troco. Era un modelo de fidelidade Patria. Eu sntome orgulloso de suceder a don Antonio Fraguas Fraguas na cadeira da Academia Galega que el ocupou con dignidade suma. Mestre Otero Pedrayo respondera ao discurso de ingreso do meu predecesor. Ramn Lorenzo far o propio comigo. Todo, Seoras e Seores acadmicos, canxa conforme debido. A cadea persiste, e eu sntome orgulloso e honrado ao pasar a formar parte dela. Seoras e Seores acadmicos, evidente o feito de que nos anos finais do sculo que fenece, en Galicia, eiqu e acol, coma se se tratase dunha necesidade fondamente sentida pola nacionalidade para mellor definir o seu propio destino, diversas voces individuais e concilios colectivos andaron a re-pensar a Historia de Galicia tanto luz das mis recentes investigacins coma que cara o pasado proxecta a necesidade poltica e social dun presente insatisfactorio. Moi especialmente, a Historia Medieval, dominada polas definicins castelanistas e espaolistas da historiografa metropolitana dominante, foi visitada de novo, e mitos, ideoloxemas e tpicos que semellaban inamobbeis e que facan pesar sobre o noso pasado medieval a laxe esmagadora do nacionalismo imperial escomenzaron a ser destituidos sen temor represalia acadmica ou ao ostracismo institucional. o propsito destas mias palabras lanzar unha ollada non sistemtica sobre a poesa medieval, a xeito de miscelnea, dentro desa corrente de re-interpretacin da nosa historia e sen ningn tipo de pretensin dogmatizadora, madialeva. A propsito da poesa dos Cancioneiros, os autores portugueses optan na sa interpretacin pola exclusin ou pola marxinacin diminutiva. Certamente, para o grande relato da sa nacionalidade, os Cancioneiros supoen unha colosal dificultade e presentan un obstculo difcil de remover. En lugar de pensar en que Portugal nace da escisin, con Afonso Henriques, do Sul do Reino de Galicia, seguida da expansin en forma de Reconquista deica o Algarve, eles propoen a aparicin ex-nihilo dun estado nacional, o que non verdade pois a Gallaecia dos suevos o primeiro reino que se constite en Europa sobre a ruina do Imperio Romano e o Reino de Galicia existiu realmente entre Hermerico a Don Garca, to av de Afonso Henriques, e seguiu existindo despois en forma declinante, iso verdade. Esta idea dun Portugal que aparece desde o nada dificilmente podera asimilar o feito de que Galicia e Portugal (a Galicia autodeterminada e ampliada cara o Sul) sigan a falar a mesma lingua desde que hai testemuas escritas no sculo XII ata polo menos o XV, mesmo que as diferencias medievais entre os usos linguisticos daquel Norte e daquel Sul existen e foron irrebatibelmente precisadas polo acadmico e profesor Ramn Lorenzo. O cal implica que o trnsito do latn vulgar para o romance portugus non puido senn terse feito a travs dun galego primitivo. Que os Cancioneiros renan poetas galegos e portugueses (e doutros pases) e que os textos se refiran toponimia do Norte e do Sul e que estes se codifiquen nunha lingua non diferenciada e nica moi custoso de asimilar polo pensamento portugus. Como chamarlle, pois, a esa lingua e a esa literatura? No mellor dos casos (Rodrigues Lapa) flase de Lingua e de Literatura Galego-Portuguesa; nos casos mis ideolxicos, de Lingua e de Literatura Portuguesa Arcaica, ignorando o alto grao de elaboracin e perfeccionamento que unha e outra amosan. A fantasa pseudo-histrica do Padre Vieyra, Zelozo da Patria, e doutros, ideara unha orixe mtica para Portugal que sera a Luzitania, chegando a chamarlle Reis Luzitanos aos suevos de Galicia, e o mito chega ata nosoutros sen que ningn intrprete portugus da sa Historia reunise valor suficiente para afirmar que as races da propia patria deben ser buscadas na Gallaecia

nunca arabizada. Na Gallaecia, que a nica provincia romana cuxo nome segue vivo neste sculo so as formas Galicia, Galiza. Perante a dificultade que sopoen os Cancioneiros e as Cantigas de Afonso X, os autores portugueses optan pola tctica de choscar un ollo e ver o pouco onde est o moito. Ou a de ollar polo burato da chave, en lugar de introducir decididamente esta e abrir a porta para arexar as estancias clausuradas. Este recipendiario respecta, admira e quer ben a scar Lopes. Como habera de ser doutra maneira tratndose dun mestre da historia da literatura portuguesa co que moitos nos sentimos tan identificados inclusivemente na dimensin poltica? Pois ben, na introduccin sa Historia da Literatura Portuguesa, scar Lopes e A. J. Saraiva completan a fazaa de elaboraren unha coherente mini-historia da lingua portuguesa sen mencionar a Galicia nin a lingua galega. E nin citan as Cantigas de Santa Mara. poesa dos Cancioneiros, aos cales non chaman galego-portugueses senn so portugueses, dedcanlle 34 pxinas, includas as de bibliografa, dun total de 1272. A poesa dos Cancioneiros ocupa, por tanto, apenas 267 por cento da mellor historia da literatura portuguesa. Sigamos por tierras de Portugal y de Espaa. Sen dbida foi Ramn Menndez Pidal a figura destacada para lle dar fundamento cientfico, en materia de lingua e de literatura, ao mito da Castela xenitriz e ao ideario nacionalista da xeracin espaola do 98 que eu creo que pertencia sentimental e ideoloxicamente aquel fillogo. Esquenzamos hogano a impresin tan negativa, e mesmo dolorosa, que nos produciu na nosa primeira mocidade a mnima presencia da poesa galega en Poesa Juglaresca y Juglares e demais escritos de Menndez Pidal sobre literatura media peninsular, o que, para ns, revelaba un incomprensbel menosprezo. Veamos a un caso moi concreto. Na sa edicin do Cantar do Mo Cid Menndez Pidal presume gratuitamente que a era (ano 1207) que indubitalmente figura no manuscrito conservado non a da composicin do texto senn que se trata dun erro de escrita e que Per Abbat non o autor senn un humilde copista, por moito que o texto diga que si. Menndez Pidal inventa logo como ano de culminacin do poema o 1140 e como autores verdadeiros dous xograres imaxinarios mis un proceso herderiano e nacional que el chama tradicionalizacin. Unha vez feito recuar sen proba documental o ano de confeccin do Cantar, s lle quedaba a don Ramn adaptar a sa lingua a un modelo arcaico. Cousa que fixo, corrixindo e reconstruindo sistemticamente o poema para presentalo nun casteln da primeira metade do sculo XII, por outra banda conxectural, posto que non conservamos textos literarios de tal poca. Como sabido, a falsidade mantvose en crculos filolxicos espaois como artigo de fe ata que vieron os editores britnicos do Poema del Cid, Ian Michael e Colin Smith, e deixaron claro que debemos aternos ao que se asegura na nota manuscrita. Ou sexa: que o cantar foi escrito en 1207 por Per Abbat e que a maquillaxe arcaizante , polo menos, un atrevemento que s o nacionalismo exacerbado de Menndez Pidal podera explicar. Ou como soa decerse: Falen cartas e calen barbas. Mais, por que ese interese do Patriarca da Escola de Filoloxa Espaola en converter en mis antigo do que o Poema del Cid facndoo retroceder ata a poca misteriosa e fundacional na que os poemas sobre os que se basea a Nacin carecen de autor identificado e son fabricados por todo un pobo? Moi sinxelamente, para instaurar o Poema del Cid como primeiro monumento literario da literatura espaola e a Castela como nai e cerne verdadeiro de Espaa, deixando a poesa galega, cuxa primeira mostra, a Cantiga da Guarda de Don Sancho I, posibelmente do 1198, como posterior e propia dunha poca en que os textos literarios xa non eran emanacin da Volkspoesie, decer, juglarescos, senn que tian autor culto (e non un homrida) chamado

trobador. Castela, saira, por tanto, triunfante sobre Galicia no papel director que lle atriben Menndez Pidal e, sen aparato cientfico positivista, tamn os seus compaeiros da Xeracin do 98. A poesa dos Cancioneiros pasaba a ser secundaria, isto e: mis moderna. E anda en parte importada de Provenza 1 . Como aconteca no caso portugus, pro doutro xeito, a poesa galega dos Cancioneiros constitua un obstculo. Esta vez, un obstculo ideolxico que se lle pua dediante a un dos principais arquitectos do nacionalismo espaol moderno, Menndez Pidal. E non podemos deixar pasar a ocasin para sinalar o xbilo con que os sucesores de Menndez Pidal, Dmaso Alonso ou Garca Gmez, celebraron a publicacin por Stern en 1948 das kharxas romances que, mesmo estando incluidas en muwaxahas do sculo XIII, de autor rabe ou hebreo culto, e contemporneas por tanto dos nosos Cancioneiros, foron situadas, conxecturalmente de novo, en sculos anteriores e no territorio da poesa popular, annima e colectiva. Se cadra sexa agora oportuno manifestar que non teo nada en contra da hiptese dunha lrica popular de voz feminina arcaica e ibrica, a condicin de que se amplen as dubidosas estremas da sospeita a toda a Romania e a Xermania, non sen antes lembrar o feito, moi enxeosa e picaramente posto de relevo por un ilustre estudioso, de que na vella China tamn poden detectarse cntigas con tales caractersticas. A idea fundacional de Nacin colectivamente profesada polos portugueses e maila militancia castelanista da Escola de Filoloxa Espaola, condicionaron e condicionan seriamente os cientficos non ibricos que traballan a materia da nosa poesa medieval e, como non, por veces tamn os galegos que se ocupan dos mesmos asuntos. En 1952 saa ra, na recn creada Galaxia, o tomo I da Escolma de poesa galega, asinado por Xos Mara lvarez Blzquez. Non serei eu, cecais o nico que a criticou neste senso, o que defenda a neo-galeguizacin dos textos levada a cabo sen d polo autor da colectnea citada. Orabn, esta tan asisada, son tan pertinentes e acertados os xuizos esttico-literarios que nos comentarios se aventuran, tan orientadoras as noticias histricas que se acumulan no libro de lvarez Blzquez, e resultou este un elemento suscitador de atencin poesa dos Cancioneiros tan notbel, que o imos tomar como punto de partida para a seguinte reflexin. Podemos, digo, chamarlle hoxe poesa galega medieval Escola Lrica Galego-Portuguesa tal como fai lvarez Blzquez no subtitulo da sa obra? En verdade, os Cancioneiros amosan unha acentuada diversidade de frmulas retricas e de modelos conceptuais. Achamos neles unha lrica feminina paralelstica en cuxa enunciacin predomina o asndeton e cuxas referencias revelan a existencia da natureza, por non falarmos neste caso de paisaxe; e unha tamn lrica de voz varonil na que se aparecen avanzadas estructuras de subordinacin sintctica con algunhas conxuncins expresas, unida a valores ideolxicos corteses. Atopamos al un conglomerado satrico, no que conviven moi diversas formas e actitudes, desde o formalismo imprecatorio en rexistro elevado, deica o improperio xocoso e realstico. A narrativa pico-lrica mis lizgaira e amatoria anda ao p do relato amplo de propaganda relixiosa. Ou, como comunmente decemos, hai Cntigas de Amigo, de Amor, de Escaro e Maldizer e mailo Cancioneiro Marial de Afonso X, xunto coa Pastorela e outros prototipos mixtos ou pouco representados.
Sigo pensando que a Cantiga da Guarda debe ser da autora de Sancho I e non de Afonso X. En todo caso, se a cntiga de John Soares de Pavia que se sita entre 1200 e 1201 fose a mis antiga coecida, tamn resultara anterior a 1207.
1

A unidade programtica e formal, o modelo reducido e a necesaria presencia de fachos iluminadores ou directores diante dun conxunto de secuaces que suxire a verba Escola non teen nada que ver co universo da poesa dos Cancioneiros. Non existe, pois, Escola, senn toda unha literatura da que, por mgoa, s conservamos o tesouro que se acubilla nos Apgrafos e, se pensamos que entre estes e as Cantigas de Santa Mara se defrontan dous conceptos irreconcilibeis da poesa en lingua vulgar, o laico e o relixioso e confesional, teriamos que nos robustecer na idea de non existencia de Escola ningunha e si, pola contra, de escolas diversas e mesmo dentro delas de grupos de afinidade (bailadas, albas, de romaxe, etc.) que o afn taxonmico dos estudiosos, como dixera Guerra da Cal, ten ido entomoloxizando ao longo dos anos con excelente fortuna polo menos no plano didctico. E se non podemos falar direitamente de Escola moito menos seria razobel adxectivar esta de galego-portuguesa. Escritos os seus textos nunha lingua literaria comn, por mis que aparezan formas consideradas especificamente septentrionais por toda parte, esta non pode ser chamada doutro modo ca galega. O esgallamento anda non tivera lugar. O enxordecemento das palatais e sibilantes sonoras pola banda de Lao s comezaba daquela e a explosin, como estrelas novas perturbadoras, dos ditongos nasais pola de Lestrove, anda habera de tardar moito tempo en ser realidade. E ben, Seoras e Seores acadmicos, seria pola mia banda unha impertinencia vir eiqu, no da en que piso por primeira vez esta Casa, cunha proposta de innovacin lxica. Pero chome no intre de ir botar unha ollada no corpo das De Amigo, que eu preferira pronuncialas cntigas no canto de cantigas, co voso permiso. E iso pola razn de que eu, de menio, na cidade de Ourense, e de maior e vello noutros lugares, on a palabra na sa forma esdrxula e mis porque na escrita medieval non existe indicacin diacrtica que nos sinale onde a pesando a tonicidade. E el non ser que cantiga se sobrepuxo a cntiga debido a que na historia cannica da literatura espaola vense falando sempre de Cantigas de Santa Mara, mesmo que ben pouco? Non seremos, ao fin, vctimas da perfidia do Marqus de Valmar?2 Falabamos, a propsito das Cntigas de Amigo da hiptese, xeralmente admitida, da existencia dunha lrica primitiva paneuropea, de carcter feminino e paralelstico. Deixemos a unha banda as coecidas kharxas romnicas de Al Andalus, s que xa nos referimos denantes. E vexamos: como non sentrmonos impresionados co encantador relato do debate entre unha mocia que quer andar cos mozos e a sa Muoter vixiante e represora, da autora de Neihart von Reuental, trobador bvaro da primeira metade do sculo XIII, que non pode senn recordamos vivamente algunha composicin galega, poo por caso de Pero Meogo? Di as nun treito, que eu non saberei pronunciar ben con toda certeza: Walt nu schne loubet. mn muoter niht galoubet, der joch mit einem seile", s sprach ein maget geile, mr bunde einen fuoz, mit den kinden zuo der linden f den anger ich doch muoz.
Certamente, a forma cantiga existe en amplas zonas de Galicia. Oraben, a preferencia absoluta por esta forma grave na lingua literaria e o confinamento da esdrxula ao mbito do folclrico pode ser un indicador de colonialismo casteln.
2

Ou sexa: O bosco agora est fermosamente enfollado. / A mia madre non o cre / pero anda que cunha corda / (as falaba unha menia enardecida) / me pexe un p, / coas raparigas ao campo das festas onda o tilleiro / eu teo que ir. E como non maravillarnos da fascinante concomitancia entre Martin Codax, Vaqueiras, e... un strambotto popular recollido no noso tempo na rexin de Trentino, segundo nos informa Rodrigues Lapa?: O rondinella che al mare te vegni, portane nova del mio caro bene; porteme nova, porteme conforto, porteme nova, se l vivo e morto! E se l vivo, mandamelo a dire e se l morto falo sepelire! E se l morto dighe na corona e se l vivo, vegna ch m persona! Si, moi posibel que existese unha lrica arcaica cuxos motivos fosen semellantes en toda Europa, e non somentes na Romania, pro, ai, nunca poderiamos certificalo a non ser que dispuxeramos da mquina do tempo do seor H. G. Wells para viaxarmos ao pasado e vermos e sentirmos cantar e evolur as madres e raparigas nos verdes prados e nas claras fontes e cabo das altas ondas de antano. Iso si, de todo ese fondo de orixe folclrica, ningn conxunto tan abondoso, ningn acervo tan arrecedente mellor poesa intemporal como o conxunto das nosas Cntigas de Amigo felizmente conservadas. Delas, das De Amigo, tense falado moito e nada mis lonxe da mia intencin que intentar mellorar o cadro descritivo que, comunmente acepte, gravita sobre as notas de realismo ambiental, naturalismo paganizante, erotismo elusivo, paralelismo arcaizante, asindeton na orde da arquitectura sintctica e feminismo. Quixera, con todo, destacar equ o carcter culto e popularista das Cntigas de Amigo. Un poeta con nome coecido, que pode ser o dun Rei ou a penas o alcuo de guerra dun plebeo, consciente da sa arte soberana refai con pulso de creador individual uns modelos previamente annimos e transmitidos oralmente en forma folclrica. E isto non todo, porque setecentos anos (ou as) mis tarde (e agora cando eu gostara de enfatizar), achan estas cntigas popularistas tan frescas e incitadoras algns poetas de noso que anda aqueles motivos populares arredados no pasado dos trobadores do sculo XIII son capaces de pedir ser imitados e revisitados outra volta no XX. Eis, xa que logo, a poesa neotrobadoresca, poamos dun Cunqueiro dialongando con Pero Meogo, que a sua vez o faca coas musas populares e cos arquetipos ancestrais que xa eran sustrato no seu tempo. A vertixe apodrase de nosoutros ao sentrmonos parte de tal continuidade. Estes barbados trobadores que se travisten de menia rstica nun delicioso festival cortesn son, como case todos os popularistas, desde os idilios de Tecrito e toda a masa tpica da pastoral deica os costumistas e romnticos imitadores da poesa tradicional, uns mediocres coecedores da realidade camponesa que estaba al, fra de murallas. Precisamente fra das de Vilanova das Infantes, en Trala Cerca, pose este recipendiario un souto nas clareiras do cal decidiu hai anos plantar unhas avelaneiras que anda al as estn. Eu, ignorante que son das cousas campestres, pensaba, como literato unha miga popularista, que aquelas avelairas chegaran a formar unha fermosa copa que florida no temps novel xusto e mtico do Maio e so a que a rapaciada da mia

casa e amigas varias podera beillar. Pero non: resultou que as avelairas forman unhas gallas que non dan constituido copa adecuada para troulear por baixo e que nin siquera botan flores lindas, senn unhas verdes que se confunden coa ramallosa. Por tanto, o urbano Airas Nunes, como bon autor culto e popularista, demostrou que ignoraba tanto coma min o que era unha avelaira cando escribiu o seu inmorredoiro convite baila. So as avelanieras floridas non hai quen dea beillado mis ca no interior dun poema, a non ser que Nunes sentise mal o motivo popular, de habelo, e este, s como hiptese, rezase algo as como so aquestas amendoeiras frolidas. Daquela si. En realidade, as Cntigas de Amigo, por popularistas e arcaizantes, estn moito mis prximas da nosa sensibilidade moderna do que poderiamos supor. E moito, moito mis achegadas vida do mundo real dos galegos actuais do que calquera literatura medieval de Europa poda estar dos seus habitantes contemporneos. Certo da, un importante investigador estranxeiro da nosa lrica trobadoresca abriu a boca de espanto ao ser sabedor de que ns nos baamos toda a vida nas ondas do mar de Vigo, que podemos descansar sombra de mis dun souto de Crecente, que tranquilamente somos quen de fumar un cigarro onda a ermida de San Simin, probar as augas sulfurosas de Santa Mara de Rea, meterlle unhas cuncas de tintafemia na romara anual de San Mamede do Mar, e as seguiriamos nunha resta interminbel de nomes de lugar, menor e maior, que estando nas nosas Cntigas de Amigo permanecen inclumes hoxe na nosa realidade circundante. E isto un gozo maior; abof. Vaiamos a outro mundo. Pobres das Cntigas de Amor, tantos e tantos anos situadas nun segundo lugar nas preferencias dos lectores contemporneos! Secomas, elas son moito mis interesantes do que soe sospeitarse. E mis autnomas. Aparentemente as Cntigas de Amor semellan mis cultistas ca as De Amigo. Pero isto s unha impresin de superficie. Ao non xogaren glosa e imitacin dun modelo popular e arcaico, enfrntanse sen disfrace coa sensibilidade esttica do feudalismo coetneo. O poeta simula tanto como o fai a De Amigo, pero na Cntiga de Amor a sa voz aparenta ser a dun grande seor dotado da fortuna dunha lingua abundante en ponlas de subordinacin sintctica. Os substantivos abstractos converten cada composicin nun espazo asfixiante e disterado do mundo real. Non hai nomes de persoa nin nomes de lugar, polo que non sabemos en que pas e en que medio se representa o teatro da coita amatoria. As conxuncins evidncianse no texto, por moito que algunhas sexan polivalentes e de antiptica perseverancia repetitiva. As anlises subts dos estados de falencia sentimental presntanse apuradas, con pretensin de fineza extrema, con frecuencia impenetrbeis. As simetras de intencin lxica estructuran xeometricamente os poemas. Unhas Cntigas de Amor son anda cantadas, outras seguramente estaban destinadas lectura ou ao dizer non musicado. Sera agora o intre de nos preguntar se a Cntiga de Amor , como sempre se dixo, unha simple imitacin galega da Can occitnica. Aln do feito, para ns evidente, de que a nosa Cntiga amosa unha suxeicin ao cdigo do Amor Corts moito maior, en xeral, ca os presuntos modelos provenzais, podemos asegurar varios extremos. Un: que, coma tal, o corpo da muller amada non visualizado na Cntiga de Amor como o na Can provenzal. Dous: que na Cntiga de Amor non entra a natureza, nin o verxeu, nin, concretamente, a flora tpica (lembremos o simblico albespi ou estirpeiro) do poema occitano desde o Duque Guilhem, o que converte os poemas nosos en non figurativos e poderosamente aborrecidos. Tres: que, en xeral, na Can provenzal o Amor aparece con frecuencia na sa dimensin sensorial e que, por contra, na Cntiga de Amor a penas podemos respirar unha sublimacin conceptista ertica non moi do gusto, todo o hai que decer, do noso tempo.

Por todo o dito, hora de declararmos que consideramos a Cntiga de Amor coma un producto, non de importacin desde as encantadoras cortes de Occitania, senn autctono de vez e nado nas cortes de noso, s cales tamn lles debemos supor algn encanto. O cal non quer decer que os modelos provenzais, e tamn os de Ol, fosen descoecidos en Galicia. E viceversa: para Eugenio Asensio el camino de Santiago era de ida y vuelta. A Cntiga de Amor , pois logo, un discurso aristocrtico orixinal (coma a De Amigo) que dar lugar nos sculos XIV e XV a unha herdanza: os Cancioneiros chamados galego-castelns e mailos cortesns portugueses. Esta poesa tarda procede en bloque, segundo o noso xuzo, da Cntiga de Amor e os seus autores non coecan xeralmente a poesa provenzal, imitando, deica o esgotamento e a substitucin dos seus modelos polos italianos, a lrica galega anterior. Os poetas cortesanos do outono da Idade Media, en Castela e Portugal, non provenzalizan: galeguizan. Visitemos anda outros territorios. Do Cancioneiro de Bulas, das Cntigas de Escaro e Maldizer, cabe que digamos, antes de cousa, que un conglomerado de elementos da mis varia feitura unificados polo s feito de se tratar de poesas satricas ou satrico-bulrescas. De carcter autorial, coma os xneros hai pouco examinados, deseen a este terreo, aparentemente mis baixo, da stira mesmo os poetas de mis alto rango social, como o caso de Afonso X o Sabio. Podemos, pois logo, encontrar Cntigas de Escaro moi seguramente inspiradas en modelos de fondo carnavalesco, oral e folclrico, como o caso de algunhas composicins provenzais, mais as nosas sern sempre menos narrativas ca as de Occitania e poden ser practicantes do paraleismo arcaizante propio das De Amigo. Nun lugar oposto, erxese a severa materia do Sirvents dito moral, considerado occitano anda que son evidentes na nosa literatura contidos propios de tal composicin que acentan a crtica social por cima da tpica moralizante que podemos ver dominando no clsico Porque no mundo mengou a verdade de Airas Nunes. Polo contrario, cando lemos en Martin Moxa duns hipotticos lavradores que se perden nas cidades porque non han homen que as defenda, / nen lavran vinhas nen lavran herdades / nen ar teen per se pagua renda, daquela asistimos a unha manifestacin de incomodidade social que nos sita nun pas de moi temperns e abondosos conflictos anti-nobiliarios e anti-eclesisticos que veen anunciando a rebelin irmandia desde moi atrs. Cntigas de Amigo, de Amor, de Escao e Maldizer, outras de xneros menores, como a Pastorela, configuran o cadro dunha literatura galega laica. Configuran o panorama dunha das literaturas europeas modernas, ou sexa a-relixiosas e que se expresan en lingua vulgar e que prefiren os ideais cabaleirescos, a metrificacin regular, a autora explcita das obras, o erotismo regrado segundo a norma dita corts. Estas literaturas son expresin da cultura aristocrtica, e, coa escrita en lingua vulgar, destiten o rol dirixente do clero que monopolizara, e en latn, o cultivo das belas letras e do tratadismo doutrinal. Engels maravillrase do fenmeno e pensara que o poeta trobadoresco, a-relixioso, fora prenuncio do vate do Renacemento. No sculo XII, en Normanda e Grande Bretaa, en Anjou, na douce France, o roman courtois, en fluentes eneaslabos, fai nacer a cultura cabaleiresca inicialmente laica: Artur e os seus eternos pares e mais un modo de soar as estorias que logo continuar, nese romance de cabalara que vai ter longa vida, ata a invencin do Quixote, que representa o desengano, a razn, o humorismo dualista, a fin da fantasa. Nese mesmo sculo XII, e igualmente, ou mis, ertica e a-relixiosa, aparece certa lrica nos condados de Occitania, tolerantes da disidencia ctara; lrica que ser modelo e gua preferente da poesa amatoria de toda Europa. A parte principal da nosa literatura potica medieval,

isto , a contida nos Cancioneiros da Ajuda, Vaticana e Biblioteca Nacional, e que non a das Cntigas de Santa Mara, intgrase neste movemento cultural denantes descrito: aristocracia, laicismo, erotismo, expresin en lingua vulgar, stira. Na realidade, na segunda metade do sculo XII cunda en Roma e nos grandes cenobios un grande desacougo. O poder monopolstico da Igrexa sobre os eidos da cultura entraba en creba, e con el a literatura latinoeclesistica. Aparecan escolas de autores que non eran cregos e que escriban nas linguas intelixibeis dos pobos letras de cancins mundanas, de tradicin e tasto plebeu e paganizante, ao que se sumaba a circunstancia de que os novos seores da palabra eran tamn seores poderosos das armas e das terras. Acontecen, pois logo, un conflicto, no seo do bloque dominante, entre nobreza e clero. Moi sabiamente, o papa Inocencio III apoiouse nos frncicos de Simon de Montfort para destruir Occitania, acabar co poder dos seus grandes feudos e, ao mesmo tempo que masacraba a espiritualidade dos albixenses nunha orxa de sangue que supn unha das vergoas da historia da Igrexa Catlica e da Humanidade, daba cabo da cultura aberta, da poesa amorosa e ceibe de lingua provenzal. Parece que a culminacin da Cruzada contra os Albixenses marca a fin da cultura potica occitnica e sinala o intre da sa diseminacin polo mbito cataln, e outros, no sculo XIII. Como se desprende do xa dito, ver na poesa dos Cancioneiros, e mis anda nas Cntigas de Santa Mara, un mero eco imitativo ou formulacin secundaria da poesa trobadoresca provenzal do sculo XII constite un erro no que con frecuencia se ten cado e recado. O trobadorismo foi unha corrente de civilizadin comn e non s provenzal. Despois da Cruzada contra os Albixenses, a Igresa Catlica acomete grandes labores de rearmamento ideolxico, sendo o principal deles, sen dbida, a construccin dun sistema total de pensamento filosfico e teolxico fundamentado no realismo aristotlico: a Summa de san Tom de Aquino. As Universidades constitense en motores do novo pensamento nico. As Cruzadas impoen unha disciplina internacional que, en rxime de mobilizacin total, como dira o nazi Jnger, cohesiona Europa, cun rexime especial nos reinos ibricos. A Igrexa proponse nesta altura a tarefa de contrarrestar a influencia deletrea da poesa trobadoresca laica, ertica on cabaleiresca, co concurso doutra poesa portadora de contidos didcticos, confesionais e propagandstico-relixiosos. Ocorre, entn, que altura do sculo XIII os poderes eclesisticos xa non poden erradicar o gusto polo poema cantado en lingua vulgar, xa non poden restaurar o latn neste mbito e facerlle esquencer s xentes os meles do poema trobadoresco. A tctica ser entn darlle ao pobo poesa en lingua vulgar facturada cunha fermosa cobertura que faga mis agradbel de enviar a amndoa amargue do ensino e instruccin doutrinal. Aparece as, de Norte a Sul de Europa, toda unha corrente de literatura relixiosa en lingua vulgar. A literatura cabaleiresca, sada mundana e laica das factoras de Normanda e de Anjou e da Inglaterra romance, faise mstica e crptica e confesional: o Graal pasa a ser un obxecto relixioso incluso na ortodoxia, o Parzival de Wolfram von Eschenbach reorienta cara a fe mistrica o laicismo primitivo do ciclo artrico. O franciscanismo, que asimila a vestimenta e a pobreza dos albixenses sacrificados en Occitania, promove unha sensibilidade que herda o naturalismo provenzal pro o sublima dentro dos limites da catolicidade. En toda Europa practicase a propaganda en forma de vidas exemplares de santos, que pasan dos circuitos da literatura latina aos mis abertos das linguas faladas e comprendidas polos pobos. Europa anda non chegara a unha cultura literaria tan elevada e contaminada de platonismo que puidera facer posibel a Divina comedia e habase de conformar con colecccins de credulidades de corte paisano que se copiaban as unhas s outras, de Gauthier de Coincy a Gonzalo de

Berceo, ou traducindo e reproducindo ata o mnimo detalle os prototipos latinos nos que os novos poetas confesionais pacan con docilidade. O culto a Santa Mara estndese como novidade, con forza. Atopmonos, pois, cun contra-ataque, cunha contrarevolucin ideolxica e potica. Era preciso borrar o espirito e a letra laicos da poesa dos trobadores. Era preciso impor o alleamento relixioso nos territorios liberados do espirito. Quen entre ns tomou sobre si a responsabilidade desta contra-reforma foi Afonso X. El dirixiuse aos seus coevos para chamar por eles e convocalos batalla: Dizede, ai trovadores, / Sennor das Sennores / por que a non loades? A verdade que os trobadores deixaron ao Rei s, como os cabaleiros armados o deixaran mis dunha vez nas batallas reais. Os trobadores galegos non se interesaron pola poesa confesional nin por Santa Mara, e seguiron loando as Seores tanxbeis que respiraban no mundo real e suscitaban amor humano ou continuaron disfrazados de menia gaiteira tamn namorada ou seguironlle dando lume ao insulto gloriosamente soez. O Rei fixo o labor s e por todos: o resulte foi a monumental obra das Cntigas de Santa Mara, coa forza do seu discurso pico-lrico, coa sa lingua rica, realista, que nos obriga a ver o mundo do sculo XIII como se o tivesemos dediante dos ollos3. O Rei, que pesia ao xuizo de Garca Solalinde demostrara ser un xenio orixinalsimo en lricas tales como a chamada Cntiga de Dor, consegue un mundo, nas De Santa Mara, de lingua forte, de mtrica diversa e complexa, de excelente dosificacin narrativa. Que importa que os argumentos fosen tirados das fontes anteriores da Idade Media latina se a sa actualizacin e formulacin tan ben conseguida? De carcter rigorosamente reaccionario, as Cntigas de Santa Mara representan na nosa literatura o espirito confesional da poesa europea do sculo XIII posterior Destruccin de Occitania, mentres que os Cancioneiros son a culminacin da aportacin galega ao universo laico da lrica trobadoresca, tamn pan-europea e non s provenzal. Coido que chegados a esta altura, Seoras e Seores acadmicos, este que lles dirixe a palabra xa ter aducido razns bastantes para soster a sa tese de que a nosa poesa medieval non unha Escola senn toda unha literatura no interior da cal se defrontan forzas contradictorias e locen fachos de lume individual. Ora ben, toda literatura implica unha Historia da Literatura, e a da nosa poesa medieval nunca foi feita. Es, pois, unha grave dificultade: deica ns chegaron os tres Cancioneiros e mais as Cntigas de Santa Mara, o que incle obras e autores que cobren, mis ou menos, o sculo XIII. Antes da primeira composicin, a Cntiga da Guarda de Sancho I o Vello, situbel nos anos derradeiros do sculo XII, ou da de John Soares de Pavia, non coecemos nin textos nin autores, nin moito menos msicas. Pro veleiqu que todo o conxunto trobadoresco de noso amsase como compacto, isto : sen evidencias dunha zona primitiva e outra desenvolvida. D a sensacin de acharse aquela poesa nun intre de madurez, o cal presupn unha etapa anterior de formacin. Desta ltima non restan textos. Certamente, a poesa dos Cancioneiros presntasenos coma un corpo tan maduro que non puido nacer en semellante estado de perfeccin desde o nada (como parece que naceu Portugal no Grand Rcit nacional dos irmns do Sul da serra do Xurs). Os nosos Cancioneiros son fillos de algo e sen dbida proceden de todo un sistema literario anterior. verdade que, neste paso difcil, podemos caer nunha tentacin: a de
Anda que Afonso contase, coma sempre se pensou, coa axuda dun conxunto de msicos e poetas para culminar o corpus das Cntigas, a sa clara intencin ideolxica e o seu xenio converten a totalidade das composicins nunha obra persoal inequvoca.
3

entendermos as Cntigas de Amigo, polas sas caractersticas, como mis antigas ca as De Amor, ou coidar que representan un estado arcaizante da nosa poesa a respecto daquelas evoluidas nas que razoa un eu potico mis conceptual e masculino. Pro non coido que debamos pensar as: as Cntigas de Amigo son cultas e popularistas, o que representan un mesmo nivel que as cultas e non popularistas De Amor. Ambos conxuntos son laicos, erticos e referidos a autores individualizados cos seus nomes e rango. E o mesmo pode ser dito en referencia ao Cancioneiro de Bulras. O estado de perfeccin que amosan a lingua e o repertorio retrico dos Cancioneiros reclama necesariamente a hiptese da existencia dun sistema anterior preparatorio, por non pensar agora en camadas prehistricas anda mis recuadas no tempo; se cadra reclama mesmo a existencia hipottica dun xenio individual fundador, como o foi Guilhen de Peiteus na lrica occitana; qun sabe. E este estado anterior, ao noso xuizo e por comparacin coa maneira e fasqua de florir en Europa a lrica trobadoresca en lingua vulgar, debe de estar ligado aristocracia feudal, nunca ao estado clerical, e tamn s cortes grandes e pequenas da Galicia dos inicios do sculo XII. Supoemos, pois, que as formas da poesa galega que coecemos nos Cancioneiros tiveron a sua primeira sazn no perodo que se abre con Don Garca (1065-1074), contina coa tirana de Afonso VI (1072-1109), con Orraca (1109-1126), cos curmns Afonso Henriques de Portugal (1128-1185) e Afonso VII (Rei de Galicia desde 1111-1126), con Fernando II de Galicia e Len (1157-1188) e con Sancho I de Portugal (1185-1211). Este ltimo, autor, como sabido, da cntiga reputada como mis antiga das colixidas nos Cancioneiros. So o dominio destas cpulas de poder seprase o Sul de Galicia, creando a realidade histrica de Portugal, o primeiro estado nacional de Europa, do Norte que contina ata hoxe a perpetuar o nome da vella Gallaecia. Tratarase, pois, dun sistema potico que se conforma na poca da Secesin. Ora ben, este mesmo feito comporta unha insistencia: a escisin poltica, de tan funestas consecuencias para ns, os galegos ao Norte do Xurs, non foi unha escisin lingstica nin cultural. Precisamente nos das da Secesin nacera un complexo potico unitario que contradeca o azar poltico-militar que levou un sector da aristocracia do Sul polo camio da Reconquista Occidental en lugar de conseguir a unidade e supremaca do reino de Galicia. Se fose verdade, cousa imposbel de aseverar cos elementos que temos na man, que a poesa dos Cancioneiros naceu cando eu supoo que o fixo, a pregunta necesaria sera por aquilo que houbo antes do que houbo antes. Pro se non podemos satisfacer a nosa curiosidade sobre cmo se conformou a poesa explcita dos Cancioneiros, moito menos poderemos saber o estado da lingua e da poesa, agora si arcaica, que dera lugar a aquela prehistoria. Polo menos isto non sera posbel sen dispormos da mquina do tempo da que falabamos en intres anteriores deste discurso. Ora, a poesa relixiosa de Afonso X non tivo mis cultivadores ca el propio e polo tanto nin antecesores nin continuadores. Non procede dun estado anterior da poesa galega senn dunha innovacin europea do propio sculo XIII. estilisticamente innovadora, e, con todo, conceptualmente reaccionaria, como xa temos expresado. A Cruzada contra os Albixenses e a violencia vaticanista e francesa arruinaron un proceso en marcha: a evolucin da lrica provenzal do sculo XII deica un novo esplendor in situ nos sculos XIII e XIV. A represin ideolxica catlica non puido evitar os Minnesnger en Alemania nin os nosos Cancioneiros galegos, que florecen paralelamente no sculo XIII. Pro a direccin magna, pola voie royale, a cara a culminacin, que non puido ter lugar na mesma Occitania porque esta fora destruida a sangue e lume. E resultou Petrarca: este soubo levar ao cumio o laicismo, o erotismo, o

trobadorismo en suma. A sublimacin da lrica provenzal, e da nosa autctona Cntiga de Amor, digamolo xa, Petrarca; por iso, cando o Canzionere posto en galego coevo por Daro Xohn Cabana resulta como un regresar a casa propia. As vemos que Petrarca chegou a ser modelo principal da lrica do Renacemento, conseguindo o triunfo final do trobadorismo medieval, o destino ltimo a que estaba abocado e que s a barbarie francesa e catlica puidera estorbar en Occitania. O petrarquismo gaou a batalla dos trobadores aliado co clasicismo eglxico da buclica, mais non confundido con el. No Renacemento, Petrarca foi a presencia soberana do ser humano, da sa dor, da sa complexidade sentimental, frente ao tpico e a fascinacin libresca polo mundo clsico que el mesmo desatara. Petrarca foi un emblema para o Renacemento, incluindo o seu labor filolxico humanista e a sa restitucin da lingua latina clsica. E ben, con pleno dereito Petrarca foi tamn o derradeiro trobador e mantedor do espirito libre e a-relixioso de Provenza e de ns outros galegos. Desde este ponto de vista, as Cntigas de Santa Maria foron sen dbida moi innovadoras, pro contriburon a empexar a evolucin laica da nosa lrica medieval no sculo XIV e nunha direccin de plenitude renovada, cousa que non aconteceu pola decadencia poltica de Galicia, e a dar paso a algo semellante a Petrarca que eiqu seguramente non tivo lugar, digmolo con dor e con malencona. Esto que levo falado, Seoras e Seores acadmicos, lles un a maneira de compendio daquilo que eu, a travs de longos anos, fun meditando sobre ese lugar chave da historia literaria e poltica de Galicia que a poesa galega medieval e o tempo en que ela naceu, floriu e feneceu, se que feneceu. E isto parte do que penso sobre o caso, dito sen suxeicin a esoutra academia que a do canon dominante en Espaa ou en Portugal. Confo en que soubesedes disimular o cariz excesivamente doctrinario do meu discurso e, con todo, e flgome de que sexades tan xenerosos coma para aceptardes a mia presencia no seo da corporacin que perpeta hogano aquel espirito patritico, democrtico e progresista do seu primeiro presidente, Manuel Murgua, na persoa do actual que, non podo menos que lembralo con emocin, quixera prologar un da moi afastado no tempo o meu primeiro libro de relatos, Francisco Fernndez del Riego. Beizn a todos vs, Seoras e Seores acadmicos. Dixen.

RESPOSTA DO ILUSTRISIMO SEOR DON RAMN LORENZO VZQUEZ

Ilustrsimo Seor Presidente da Real Academia Galega, seoras e seores acadmicos, mias donas e meus seores. Cando Xos Lus Mndez Ferrn chegou a Santiago en 1955, pouco despois, xa en 1956, suscitouse unha polmica entre o novo acadmico e un xomalista do diario Litoral de Pontevedra. Daquela Ferrn era un rapaz de 18 anos descoecido para aquel xornalista que asinaba co pseudnimo de Leandro Crispn e que coidaba que aquel Mndez Ferrn era un coecido seu que adoptara este nome para contradicilo. Pero chegaron as Festas Minervais e Ferrn conseguiu o primeiro premio de poesa en galego. Entn no Litoral apareceu un titular que dica: Apareci por fin el seor Mndez Ferrn. Algo parecido tera que repetir eu con toda a forza nestes momentos nos que, por fin, entra na Real Academia Galega unha das figuras mis excepcionais da cultura galega da segunda metade do sculo, a quen lle corresponda desde hai moito tempo ocupar un lugar na nosa Institucin. Por iso, se en moitos discursos de contestacin que se fixeron na Academia se repetiu mis dunha vez que era un da grande e de xbilo a entrada do novo membro, con moito mis motivo debo repetir en que hoxe un da grandioso para esta vella Institucin por acoller no seu seo a este egrexio persoeiro que destaca pola sa dedicacin a tantas parcelas e que se pode analizar desde diferentes perspectivas. Ademais, para min este da anda mis especial, porque tiven a honra de ser escollido para contestar seu discurso de ingreso e para facer unha loa da sa personalidade, cousa que fago con todo o entusiasmo. Neste momento eu teo que voltar a vista pasado, poca da mocidade, a aqueles das de chegada Universidade de Santiago en 1955, e lembra-lo contacto inmediato con toda unha serie de rapaces novos, e con outras persoas de mis idade, que me meteron polos vieiros do galeguismo e do nacionalismo. Al me atopei con Franco Grande, Beiras, Lpez Nogueira, Mourullo e tantos outros, pero especialmente con Mndez Ferrn, compaeiro de curso, e de contado todos formamos un grupo compacto, sempre dominado pola idea dunha Galicia nosa, diferencial, desenxugada das forzas vivas que a dominaban e a seguen a dominar. Eramos coma unha irmandade que para min permaneceu sempre viva e que non perdeu forza longo dos anos. Vibrabamos cos ideais dunha Galicia redimida e metimonos de cheo na literatura. Cmo non lembra-la alegra con que celebrmo-la publicacin de Voce na nboa de Ferrn ou Memorias de Tains de Mourullo ou Vieiro choido de Franco Grande. Cmo non lembra-las nosas reunins no Caf Espaol para conversar, ou mellor dito, para escoita-lo longo monlogo potico-evocativo, de Otero Pedrayo, conforme se di en No ventre do silencio (p. 28). Cmo non ter presentes as conferencias que demos en galego no Crculo Mercantil en 1956 ou os premios nas Festas Minervais. Cmo non traer mente as nosas inquedanzas xuvens, o desexo de coecer s autores mis importantes do panorama literario mundial, o paso polas aulas para admira-las clases maxistrais de Otero Pedrayo, a sapiencia do filsofo Carlos Pars, o aburrimento das clases de latn e de grego ou as falcatruadas, as troulas e os divertimentos que organizabamos, porque non s con inquietudes literarias se podan alimentar uns rapaces cheos de vivencias. Con Ferrn convivn estreitamente os dous anos de estudio en Santiago e despois os tres anos de estada en Madrid (entre 1957 e 1960) para estudiar Filoloxa Romnica,

tres anos fecundos nos que adquirimos unha magnfica formacin filolxica e linguistica con Dmaso Alonso e Rafael Lapesa e nos que a nosa amizade e o noso convivio diario se uniu doutros rapaces que andaban daquela por Madrid para formalo grupo Brais Pinto e facer galeguismo, cultura, actividade editorial e artstica, organizar homenaxes a poetas galegos, andar metidos en protestas, profundar nas nosas conviccins nacionalistas e descubrir a novos escritores e os novos camios da arte. Lmbrao ben Ferrn na Nota terceira edicin de O crepsculo e as formigas: Os das eran duros e neles faciamos aprendizaxe da anguria que endexamais nos arriara. Todos ns practicabamos circuitos incesantes, espirais e recurrentes, arredor do mundo e arredor de ns. Sabiamos, e isto o que nos salvaba, que o centro estaba nun home librado e nunha Galicia independente. Ceibe, librado, desalleado, independente, socialista: todo, todo, todo (1983, pp. 7-8). Na capital do imperio quedaba tempo para todo, para ir s clases os que estudiabamos, para facer reunins no Centro Galego ou no Caf Los Mariscos, para ir coecendo a todos aqueles que en Madrid sentan amor pola nosa lingua. Anda teo presente o da que chegou Ferrn reunin para dicirnos con todo entusiasmo que acababa de coecer a un rapaz extraordinario, moito mis visionario ca todos ns, cunha mente anda mis revolucionaria, o chorado Reimundo Patio. E quedaba tempo para ir cine ou andar coas mozas ou para ir cear a restaurantes de pouca categora ou a algunha casa de comidas galega e para tabernear, porque algns deste meu grupo de compaeiros eran moi dados s festas. Estes cinco anos de estreita convivencia marcaron as nosas relacins posteriores e, anda que nos anos seguintes a vida nos levou por camios diferentes, nunca se romperon os lazos que nos uniron e en min sempre foi medrando a admiracin pola sa persoa e pola sa categora intelectual e poltica. Por todo isto sinto hoxe unha profunda emocin contestar o seu discurso de ingreso. Cando falamos de Mndez Ferrn non podemos quedar circunscritos sa condicin de escritor, pois forza debemos analizar diversos aspectos fundamentais das diferentes actividades que realizou longo da sa vida: temos que falar do profesor, do conferenciante, do home poltico, do articulista, do ensaista, do investigador da literatura, do fillogo e, xa dentro do seu aspecto literario, do dramaturgo ocasional, do poeta e do autor de novelas e relatos. Todos estes aspectos son importantes e en todos deixou constancia da sa vala intelectual e dos seus enormes coecementos literarios e cientficos. Ferrn, nacido en Ourense en 1938, desde moi novo entrou en contacto coa literatura e leu moitos libros, e inclusive algunha enciclopedia, o que lle serviu para ir conformando os seus gustos literarios e o interese pola entomoloxa, que o levou a adquirir uns coecementos que se reflectirn nalgunha das sas obras. A sa formacin literaria foina aumentando trasladarse a Pontevedra en 1949, onde estudia o Bacharelato, ten ocasin de ler a numerosos escritores, descobre a literatura medieval, s escritores galegos mis representativos, a teora nacionalista e adquire un compromiso galeguista que o acompaou ata os nosos das. Esta formacin intelectual foina completando nos dous anos de estada en Santiago e nos tres de estudios en Madrid, co descubrimento do existencialismo, doutros moitos autores e da filosofa mis recente. O seu paso por Oxford en 1961 faille entrar en contacto co mundo obreiro e co mundo marxista, polo que se decide a estudiar a fondo a obra de Marx. Desde entn non deixou de ler e sempre estvo da nas sas lecturas, adqurindo unha cultura extraordinaria. Lembremos que xa no Bacharelato asombraba polos seus coecementos literarios e como mostra podemos lembra-lo exame de Revlida en Pontevedra, no que, na redaccin sobre un tema de xeografa, relacionaba as ras coa poesa trobadoresca, para escndalo dunha profesora que non comprenda aquela asociacin.

Mndez Ferrn sempre se caracterizou pola sa curiosidade intelectual e por enfrontarse a aqueles temas que mis atraan sa enorme fantasa. Lembro, por exemplo, que cando eramos estudiantes de segundo curso de Filosofa e Letras en Santiago e tiamos que estudia-la materia de Arte, Ferrn non se caracterizaba precisamente por darlle voltas Summa Anis tratando de reter na memoria as lminas que despois podan sar naquel absurdo exame de recoecemento de diapositivas que condicionaba o aprobado. Para el aquelas lminas de arquitectura, escultura ou pintura que todos tratabamos de gravar na memoria tian menos interese, o que lle interesaba era outra cousa e detase con deleite na contemplacin das miniaturas irlandesas ou na arte oriental, que nunca aparecan nos exames, co conseguinte risco de ter despois dificultades para aprobar. O noso gran escritor, fiel sa especial perspectiva, buscaba sempre o mis enfeitizador, o mis sorprendente, o mis extico. Por iso non debe estraar que desde moi cedo Ferrn comezase a aviva-la sa imaxinacin, a recrear mundos fantsticos coa sa enorme capacidade de fabulacin, a ler e interesarse polos temas mis incgnitos e misteriosos: a poesa trobadoresca, o mundo celta, a literatura irlandesa, a poesa ossinica, as lendas da Materia de Bretaa, a Crnica Troiana, un mundo medieval reinventado na sa portentosa fantasa, un mundo mxico e mtico. Desde o seu primeiro libro comeza a utilizar nomes inventados e imaxinarios de sabor cltico, lado doutros galegos de orixe prerromana. Xunto mundo mtico medieval e das tradicins autctonas ancestrais, tmo-lo existencialismo, o mundo do absurdo, o vangardismo, o clasicismo, o realismo. Pero non s lle importou a literatura, tamn se preocupou pola historia de Galicia, sobre todo polas orixes da nosa nacin, e por Bretaa e por Irlanda; interesoulle a filosofa, sobre todo na sa vertente marxista, e meteuse de cheo no nacionalismo e despois na poltica. De a a sa capacidade para falar de literatura e de tantos outros temas, sempre con mestra e conviccin; de a que nas sas obras o culturalismo estea sempre presente e nos asombre pola variedade e pola profundidade de tan ampla formacin intelectual. As asombraba nosa profesora Pilar Palomo en Madrid cando leu o seu exame de Literatura Espaola e o chamou para dicirle que lamentaba non lle poder dar un sobresaliente porque non contestaba axeitadamente tema, anda que mostraba uns coecementos literarios fra do alcance dos outros estudiantes. Despois de realiza-los estudios de Filoloxa Romnica en Madrid e viaxar por Europa, d clases dous anos no Colexio Fingoi de Lugo e en 1965 consegue por oposicin a Ctedra de Lingua e Literatura Espaola no Instituto Santa Irene de Vigo, cidade que ser referente importante na sa obra e na sa andaina poltica. En 1974, despois de moitas dificultades pola intransixencia do rector fascista Garca Garrido, pode presenta-la sa tese de doutoramento en Santiago e mesmo tempo contina alternando as sas clases no Instituto coa sa actividade poltica e literaria. Foi unha pena que a sa vinculacin a Vigo o levase a rexeitar unha praza de profesor na Universidade de Santiago, porque podera ter sido un magnfico catedrtico de literatura galega naquela Universidade, como demostran as numerosas conferencias e intervencins que leva feitas, os artigos e prlogos escritos e as obras publicadas. Un aspecto importante da sa personalidade est representada pola actividade nacionalista e poltica. En Pontevedra descobre o galeguismo, en Santiago afrmao e en Madrid acentao, co independentismo e a ruptura co que el designou como pieirismo. A sa fama de esquerdista traelle problemas nas Milicias Universitarias, onde non capaz de aproba-lo primeiro ano, se ben en parte tamn debido s seus descoecementos de matemticas, coas que nos martirizaban s estudiantes de Letras, e no segundo ano de campamento deserta e ten que face-la mili ordinaria. En Galicia participa na creacin do Consello da Mocidade, un dos fundadores en 1964 da Unin

do Pobo Galego, desempea unha grande actividade poltica e sofre varias veces detencins ou prisin. Cada vez mis entra en contacto co mundo campesio, obreiro e estudiantil e vaise distanciando do Partido, que o expulsa en 1977. Funda entn a UPGLia Proletaria, transformado despois no Partido Galego do Proletariado e en 1979 en Galicia Ceibe. Desde entn segue coa sa militancia sindical, coa sa ideoloxa marxista, coa sa idea de liberacin de Galicia e presntase varias veces s eleccins como candidato da Frente Popular Galega. Sempre rebelde, sempre inconformista, sempre ntegro na sa postura nacionalista, toda esta traxectoria poltica, unida s numerosos escritos nos que expresa o seu ideario, tanto en manifestos coma en artigos xornalsticos ou na propia obra literaria, fixo que Ferrn se convertese nun mito para a xente nova e para moitos de ns, nun guieiro a seguir para moitos rapaces. Aln disto, Ferrn foi e un grande animador de actividades culturais. A estn Brais Pinto, o Clube Cultural Adiante, o peridico Espiral e a revista A Trabe de Ouro. A sa enorme importancia como escritor, fixo que no ano 1999 fose proposto para o Premio Nobel de Literatura e que a Universidade de Vigo o fixese doutor Honoris Causa. Ademais, rexeitou o Premio de Literatura lvaro Cunqueiro 1983, recibiu o Pedrn de Ouro 1987 e a homenaxe en 1993 do Patronato da Cultura Galega de Montevideo e algunhas das sas obras foron galardoadas co Premio da Crtica Galega ou Espaola; aln doutros premios: nas Festas Minervais de 1956 e 1957, o Premio Cao Turnes de Buenos Aires en 1957 e o Premio Eixo Atlntico 1998. Ferrn autor dunha obra literaria inxente e variada, na que chegou a cotas poucas veces alcanzadas, tanto no terreo da poesa coma no da prosa. De poesa, o primeiro libro que publicou foi en 1957 Voce na nboa, no que vemos xa reflectidas algunhas das tendencias caractersticas de toda a sa obra posterior: dominio do lxico, Galicia, presencia dos animais, a invencin de nomes con sabor cltico, a capacidade imaxinativa para recrea-lo tema cabaleiresco medieval e soar mundos fantsticos e exticos, as como un pesimismo existencialista. Pasaron tantos anos e anda estou vendo a aquel rapaz alto, delgado, estilizado, mentres la o poema Adeus que conseguira o primeiro premio nas Festas Minervais, vestido de etiqueta, cun smoking alugado, no Hostal dos Reis Catlicos, rodeado de toda a parafernalia poltica e universitaria, de toda a alta sociedade compostel, mis amiga da festa ca da poesa, pero tamn acompaado de todos ns: Fisenos un ano, / vello amigo (p. 23). Bastante tempo despois, en 1972, publicou a Antoloxa popular e en 1975 o Sirvents pola destruccin de Occitania, co pseudnimo de Heriberto Bens, poemas que en 1989 recolleu en Poesa enteira de Heriberto Bens, cun prlogo agresivo e poemas dos anos en que se dedica intensamente poltica, nos que sae a relucir toda a sa forza rebelde, o carcter social, a protesta, a sa visin da Galicia perdida e da actual, unhas veces de maneira optimista e outras nostlxica. O carcter poltico e nacionalista est presente en todos, ben coa lembranza das barbaridades cometidas no medioevo (a grandiosa elexa a Roi Xordo) ou na guerra civil e na posguerra, ben proclamando a sa ideoloxa de esperanza. A eles nese o famoso e sublime Sirvents, no que poetiza a derrota dos albixenses e a destruccin da cultura occitana, facendo alarde dunha portentosa erudicin e sapiencia e enlazando os feitos medievais cos modernos. Estamos ante unha poesa renovadora, rompedora, moi traballada, comprometida co seu ideario poltico de esquerdas e con Galicia, unha poesa que canta a loita e a resistencia do pobo ou dos patriotas contra a represin e a intolerancia, s veces cun acento pico, outras con irona, outras cun realismo desgarrador. Pouco despois do Sirvents, en 1976 apareceu o transcendental Con plvora e magnolias, un libro que abriu novos camios nosa poesa e serviu de guieiro a moitos poetas. Son poemas nos que podemos atopar mostras de carcter revolucionario,

nacionalista e patritico, coma o esplendoroso Reclamo a libertade pr meu pobo, e tamn poemas que nos mostran a faceta dun autor xa maduro, que empeza a sentir desilusin, soidade, nostalxia, tristeza, recordo dos amores perdidos, da infancia e da mocidade fuxidas, da Compostela estudiantil, poemas da fugacidade do tempo, nos que agroma o sentimento, a intimidade, pero tamn a descricin da paisaxe, xogos de palabras ou un brinco cara erotismo e a expresin amorosa, e a todo isto unido o tema da morte, que comeza a aflorar nos seus versos, O sentido negativo e pesimista de parte do libro, nese esperanza no futuro e o constante culturalismo. En 1982 atopmonos con O fin dun canto, outro libro fundamental na poesa galega contempornea, un libro con algns poemas que seguen a lia poltica e de protesta e o desexo do triunfo contra os que nos someten; outros de homenaxe a escritores e constante culturalismo, outros de sabor medieval, de contido filosfico, ldico-amorosos ou erticos, de canto paisaxe de Galicia e de amor terra. Todo unido nostalxia do tempo perdido, recordo da infancia e idea da morte, que pode ir asociada canto vida e amor. A estes libros debemos engadir en 1986 Homes e Illas, en 1990 Morte de Amads, en 1991 Ertica, todos eles caractersticos da esttica ferriniana, e xa en 1994 Estirpe, o ltimo dos seus libros de poesa, no que adiamos temas novos e a reiteracin de ideas xa expresadas anteriormente. Trtase doutro libro que rompe cos esquemas da poesa que se estaba a facer en Galicia e que representa outro cumio potico na sa obra. Aqu volvemos ter Ferrn defensor de Galicia, comprometido coa terra e cos sometidos, con confianza nas novas xeracins e mesmo tempo pesimista; Ferrn nostlxico, saudoso, pico, telrico, que volve os ollos cara pasado e cara tema da morte; Ferrn festivo, imaxinativo, dominador do lxico e da mtrica; Ferrn evocador dos seus lugares queridos, de amigos queridos, de smbolos queridos, da nosa historia medieval, coecedor da literatura universal que lle serve para incrustar versos alleos nos seus versos. Estamos ante outro libro maxistral, dono de tdolos recursos estilsticos, cunha linguaxe rica e axeitada, porque Ferrn domina o idioma coma poucos. Pasando xa prosa, debemos lembrar que empezou moi cedo a publicar contos, pois xa atopamos tres en Litoral en 1954. O primeiro libro que apareceu foi en 1958 Percival e outras historias e nel aquel mozo de 20 anos amsanos xa un esbozo definido das cualidades que o converteron neste escritor tan valorado. Son relatos dominados pola fantasa, pola fabulacin, polo simbolismo, pola recreacin do mundo medieval, polo absurdo, polo misterio, polo existencialismo, polos coecementos entomolxicos, pola tendencia a inventar nomes fantsticos para as persoas ou os animais. Tres anos despois publicou O crepsculo e as formigas, no que anda podemos ver, agora limitado, o gusto polos nomes fantsticos e o apelo imaxinacin e fabulacin, pero xa cun dominio da escrita de carcter existencialista e a descricin de mundos urbanos cargados de paixn, de odio, de violencia, de demencia, de crimes, de fatalismo, de absurdo e mesmo de neorrealismo; e tamn amosa un afn culturalista, despois tan utilizado polo autor. Pasan outros tres anos e publica a sa primeira novela, Arrabaldo do Norte, na que cambia, en parte, de perspectiva e se suma literatura dominante no momento para presenta-la historia dun home que chega do sur arrabaldo do norte dunha cidade na busca de algo que non sabe o que e que termina por levar unha malleira nesta busca sen sentido. A novela curta Retorno a Tagen Ata, de 1971, un punto intermedio na concepcin da sa obra literaria coma un macrotexto, pois nela hai referencias a toda a obra anterior e est presente en moitos dos seus escritos posteflores. a historia Rotbaf Luden, enviada a Tagen Ata para establecer contactos polticos co lder nacionalista

Ulm Roan, a quen termina por matar por traidor causa da liberacin. Ferrn quixo facer un texto ambiguo que levase a diversas interpretacins, unha alegora de polticaficcin. Contina con Elipsis e outras sombras, un libro de narracins publicado incompleto en 1974, debido censura, e xa completo en 1983, no que atopamos algns dos seus mellores contos e no que contina a fantasa, xunto a outros elementos tratados na poesa, como son o tema poltico e a denuncia da barbarie franquista e falanxista contra os republicanos e os guerrilleiros, a violencia, os interrogatorios sanguinarios e degradantes, xunto mundo kafkiano, simblico, fantstico e de ciencia-ficcin ou a crtica da mediocridade que se vai apoderando do mundo, con abundante apelo culturalismo. Despois temos Antn e os inocentes, de 1976, unha novela na que se entrecruzan das historias que final converxen e presentada desde perspectivas diferentes, pois unhas veces o narrador o que vai contando as das historias e outras son os propios protagonistas os que se expresan en primeira persoa nas cartas que se escriben. Desta maneira aparece a historia de das familias, os feitos da guerra e da posguerra, coa intercalacin da historia paralela de Antn Carballo, que est a loitar na guerra de Indochina e despois regresa; aparece a represin contra os traballadores, a carga da Garda Civil contra os manifestantes, atentados, a presencia dos marieiros no Gran Sol, as vctimas da silicose e a folga na factora lvarez, etc. Estamos ante unha novela de corte realista, anda que nalgns momentos deixa actua-la fantasa, na que Ferrn mestura super-autobiografa e invencin de personaxes e na que describe a realidade urbana dos anos cincuenta. Ademais constante a tendencia a referirse a personaxes reais e a autores e a reflecti-las sas preferencias culturais e polticas. Segue o libro de narracins Crnica de ns (1980), que presenta episodios da historia de Galicia e da Galicia contempornea, nos que est presente a poltica e a situacin da nosa terra, xunto a outros menos comprometidos, sen esquece-la mestura nalgn conto de elementos reais e fantsticos, da realidade e da ficcin, coa intercalacin na narracin de escritores e artistas galegos. Fala da UPG, do comunismo, do marxismo, do galego, das revoltas dos obreiros de Ascn en Vigo e a represin subsecuente, analiza a poltica das correntes falanxistas, critica a Risco e grupo de fascistas de Ourense, fai un recordo dos maquis e dos paseados en Pontevedra cunha visin pesimista, refrese a interrogatorios e torturas, tema do Don Xon, a vivencias aldes, con inclusin de culturalismo e recordos persoais. O libro seguinte Amor de Artur, de 1982, tamn de relatos. Nel fai unha recreacin do mito do Rei Artur e dos amores de Guenebra e Lanzarote, igual que far en 1996 en Le sage conseil; estudia os episodios que se producen na casa dunha familia de agrimensores partindo dunha situacin realista para rematar cunha situacin enigmtica e fantstica; mtese coa ficcin histrica, inventando o imperio imaxinario de Lam-ko, estudiado por unha filloga de Tagen Ata, coa novidade de que o conto vai acompaado de notas, coma se se tratase dun estudio de crtica literaria; trasldase mundo rocambolesco de Manhattan, para rematar coa historia fantstica que a vella Fra Hortensia lles vai contando a uns rapaces e na que vai aparecendo a historia das relacins entre a Nosa Terra e Tagen Ata, mesmo tempo que se narran as aventuras en Vilanova dos Infantes e noutros lugares dalgns rapaces que pasan al o vern. Esta mestura de fantasa e realidade est plenamente lograda, cunha magnfica recreacin dun mundo imaxinario e un perfecto dominio dos cambios de perspectiva. Despois aparece en 1987 a novela Bretaa, Esmeraldina, unha obra ambiciosa e complexa que require unha lectura moi consciente para poder gozar de todo o seu contido. Ferrn traza a sa novela desde dous planos diferentes. Por un lado tmo-lo

mundo tenebroso da prisin, na que ingresa un mozo, que se vai facendo adulto e chega a vello sen poder sar dela, o que lle d p para describi-lo ambiente srdido, brutal e angustioso da cadea, coa represin dos carcereiros, o poder e o contrapoder, os intentos de fuga, as intrigas internas e a revolta final. Por outro tmo-los continuos soos deste mozo-adulto-vello, de escura orixe bretona, que lle escribe cartas imaxinarias sa amada Esmeraldina, sempre preocupado por coece-la sa procedencia, e que sistematicamente se traslada desde a cadea por medio do soo sa terra de Bretaa para relembra-la sa nenez e os recordos neboentos dos seus primeiros anos. Amaury, desde a cadea do Prncipe, imaxina o mundo de Bretaa, transformndose en numerosos Amaurys. Desta maneira xorde un mundo histrico-fantstico, pico, mxico, cabaleiresco, no que Ferrn deixa actuar a sa portentosa capacidade recreativa e describe mundos fascinantes, feitizos, pelexas entre cabaleiros medievais, maxia e realidade, con referencias Bretaa actual e a Tagen Ata ou a Galicia, no que se combina a fantasa coas vivencias persoais e co amor. Nos dous planos, real e fantstico, hai unha presencia abafante da chuvia e, como normal en Ferrn, aparece a mestura da recreacin lendaria medieval con referencias concretas e actuais. Este mundo de aventuras prodixiosas segue en Arnoia, Arnoia, de 1985, no que, sen dar tempo respiro, se suceden os episodios mis extraordinarios que cabe imaxinar, anda que todo este mundo fantstico-marabilloso d un salto mortal final cando vemos que todo el fora unha figuracin experimentada por un rapaz que est no seu cuarto o da que fai dezasete anos. A esta obra segue Arraianos, de 1991, un libro de ndole totalmente diversa s dous anteriores, con relatos nos que tenta recoller experiencias reais, ou supostamente reais, pero dndolles sempre un aire de ficcin e de misterio. Son acontecementos que ocorren pola Raia que divide Galicia e Portugal, por esas terras tan queridas para el desde o seu Vilanova ata as zonas outro lado da fronteira, que el percorreu a p, ou cabaleiro no seu cabalo de traccin animal ou de traccin a motor, para falar coas xentes, para coecer tdolos currunchos, para quedar abraiado coa paisaxe, todo descrito marabillosamente nestes relatos. Xa en 1999 aparece a sa ltima novela, No ventre do silencio, unha impresionante descricin da Compostela dos anos cincuenta que, s que eramos estudiantes naquela poca, nos fai volver mocidade e ollar con nostalxia aqueles anos tan distantes. A novela describe toda unha serie de aconcentementos ocorridos na vida diaria, mis ou menos desordenada, dun fato de estudiantes, con implicacins na vida social e acadmica da cidade e con referencias s feitos da guerra e s represalias falanxistas. O narrador neste caso unha muller invisible que, desde o cuarto do sanatorio onde est internada, describe os eventos de hai corenta anos. Ferrn aproveita o gran coecemento da sa poca de estudiante en Compostela para facer unha recreacin real e atinada de todo o que pasaba na cidade. Unhas veces faino inventando personaxes, outras citando s persoas reais polo seu propio nome, pero enmaraando a historia para que rompmo-la cabeza inutilmente tratando de descubrir a qun representan moitos dos personaxes imaxinados. O resultado unha novela totalmente realista, anda que en ocasins cun aire de misterio, na que est presente a ideoloxa de Ferrmn, coas sas fobias e coas sas fibias. Por diante de ns pasa a cidade tal como era nos anos cincuenta, coas Festas Minervais, as tertulias no Caf Espaol, as continuas referencias a obras e autores nas conversas e discusins entre os estudiantes: o existencialismo, o modelo Faulkner, a postura contraria a Rilke, Aranguren, Risco e a Filosofa da Saudade, a discusin sobre Heidegger, o seu nacismo e a sa influencia no pensamento galeguista, a importancia de Sartre e o existencialismo marxista e o constante culturalismo, coa presencia de

numerossimas persoas reais citadas cos seus propios nomes ou con nomes imaxinarios. No libro hai intriga, episodios da polica e da Falanxe, referencia s refuxiados polticos protexidos, suicidios, asasinatos, lembranza das barbaridades cometidas polos fascistas, unha lograda incrustacin da sublevacin de Hungra e a chegada dos tanques rusos para recompoe-la situacin, conexins co que se narra en Antn e os inocentes e tamn o enigma e o carcter visionario e delirante dalgns personaxes, especialmente da narradora invisible. Hai crticos da sa obra literaria que falan das influencias que recibiu de diferentes autores e o propio Ferrn indica os escritores que influiron nel no libro de conversas con Salgado-Casado, en autopoticas e no delicioso discurso con que nos deleitou cando o nomearon doutor Honoris Causa. Resulta normal que un escritor tan culto tea influencias de obras que deixaron pegada na literatura universal e en Ferrn podemos ver concomitancias con escritores galegos e estranxeiros. Pero a modio, porque s veces as cousas estn no ambiente e as coincidencias son ocasionais. Cando publicou Percival e outras historias, no prlogo Salvador Lorenzana citaba a varios autores que coincidan co mundo imaxinario de Ferrn, entre eles a Marcel Aym, para ns totalmente descoecido. Unha vez andando por Madrid, no escaparate dunha librera atopamos en casteln La Vouivre, que nos entusiasmou, pero que non influira no libro de Ferrn. Tamn lembro unha entrevista a Dmaso Alonso na que lle preguntaban pola influencia de Sartre en Hijos de la ira e el foi a unha estantera, colleu un exemplar a medio abrir de La nause para dicirlle entrevistador que aquilo era todo o que el coeca do filsofo francs. O que asombra de Ferrn a enorme cantidade de libros que leu e como soubo asimilalos, a sa capacidade para incrustar versos ou frases alleas na sa obra de maneira consciente e oportuna. Para min a sa obra un macrotexto, no que unhas obras remiten s outras, como el mesmo nos di en Elipsis e outras sombras, onde indica que este libro un fragmento do libro que despaciosamente escribe desde unha tarde fra de 1955, na que se lle revelou a va que conduce a certa literatura nostlxica e materialista, apuntada cara a un futuro noso, de plvora e cristais liberados; palabras que repite no libro de conversas con Salgado-Casado e no Boletn de Literatura, 7, 1992. O que debe quedar claro que esta nica obra ten unha parte central moi politizada e que o resto vai alternando sempre entre o campo da realidade e o fantstico-simblico. Neste macrotexto nico unhas obras remiten s outras, hai episodios que se repiten e hai conceptos, imaxes, esquemas, personaxes, palabras, ideas que van duns libros s outros. Poderiamos citar numerosos exemplos: en relacin con Tagen Ata, o arrabaldo do norte, o mundo medieval, os pobos oprimidos (Occitania, Irlanda, Bretaa, Galicia), a creacin de cargos, dependencias, pases ou nomes xeogrficos imaxinarios, a utilizacin de nomes xeogrficos galegos situados noutras terras, a constante referencia a cidades por onde discorreu a sa vida (Ourense, Vilanova, Pontevedra, Vigo, Santiago) e guerra civil, posguerra, cos guerrilleiros, os maquis e as terribles represins franquistas, a actuacin cruel dos falanxistas, os asasinatos e os fusilamentos. Ademais, pode salientarse a sistemtica repeticin de temas ou motivos recorrentes: a espiral, a elipse, o labirinto, a espada, as trabes de ouro e de alcatrn, os animais, os paxaros e os bichos (os cans de Castro Laboreiro, os cervos, os cabalos, etc. e, de maneira especial, a serpe). Tamn abraia e impresiona o culturalismo constante na sa obra, tanto na prosa coma no verso, onde podemos atopar citados escritores medievais, clsicos ou modernos, galegos ou estranxeiros, sen esquece-la tendencia a citar a aigns amigos aproveitando calquera circunstancia favorable, como en No ventre do silencio (Germade, Testa, Bernardino, Franco Grande s voltas con Sren Kierkegaard, Beiras ou Mourullo),

Crnica de ns (Cribeiro) e outras obras. Anda resaltan outras particularidades na sa obra. Un feito que se nota cada vez con mis intensidade a medida que vai pasando o tempo a nostalxia con que contempla o pasado, a soidade que o domina por veces, o tema da fugacidade do tempo, a lembranza da mocidade e da infancia, a desilusin e o pesimismo, como mostra no prlogo segunda edicin de O crepsculo e as formigas en 1982: lembranza atristurada do que foi e xa non . Xa non Brais Pinto, grupo de xentes de ben no seo do cal se xerou esta obria polo ano 1958... Xa mortos somos todos os que ergueramos bandeiras neboentas, e fcanos entre os dedos apenas o libro do silencio (p. 7). Tamn o tema da morte, anda que, s veces o trata con sarcasmo e dndolle unha reviravolta, e a tristeza e desesperanza pola patria cada vez mis degradada, polo proceso de desaparicin do galego, pola autodestruccin do pobo; unha desesperanza (En Compostela estamos / moitos xa pra sempre derrotados en Con plvora e magnolias, p. 7) que vai unida esperanza nos obreiros, nos campesios, nos mareiros, nas novas xeracins que levarn liberacin nacional. Ferrn un escritor de enormes recursos literarios, cun dominio absoluto do lxico e da lingua, cousa que se reflicte en tdolos seus libros de maneira constante e asombrosa, tanto na poesa coma na narrativa, pero tamn coa mesma intensidade en textos coma o Dilogo de Lampesura e Sponsor. Recursos moi queridos por el son o da repeticin de frases, como en pra conqueri-los das / nos que ti non ests, nos que ti non ests, nos que ti non ests (Con plvora e magnolias, p. 19), ou o do xogos coas palabras e as slabas, como en linguas que lapan lapra dura (Estirpe, p. 17), aborbollan as braas vinchas verdes (Estirpe, p. 22) ou ao lonxe, unha lucia, Lionarda, lume, leda, laberca, larapeta que o levaba, que me leva (Antn e os inocentes, 1986, pp. 99-100). Na prosa consegue en moitas ocasions efectos logradsimos, mudar do estilo indirecto directo, facendo falar de maneira entrelazada s protagonistas e imitando o estilo medieval na descricin das batallas. Tampouco esquece a sa faceta de fillogo e fai s veces referencia s caractersticas fonticas dos personaxes. Tamn se caracteriza por introducirse en ocasins a si mesmo de maneira consciente na obra, como fai nos contos Dictadura das cousas. Epilogo de Elipsis e outras sombras e Animal de Crnica de ns, no Dilogo de Lampetusa e Sponsor e no poema Jerry Lee Lewis de Estirpe. En Bretaa, Esmeraldina Amaury interesouse polas narracins dun autor, de que non lembraba o nome, especializado en novela-la vida social da burguesa claudicante de Tagen Ata nos tempos mticos do vello Ulf Roan (p. 176). A todo o que levo dito sobre literatura anda hai que engadir outras cousas, posto que Ferrn non s un extraordinario escritor de narracins, novelas ou poesa, a sa pegada est presente, ademais, en artigos, ensaios e libros de investigacin escritos con mestra e altura literaria, nos que demostra os seus enormes coecementos, o amplo espectro dos temas que lle interesan e que trata dunha maneira persoal e orixinal. Aln da sa breve incursin no teatro con Celtas sen filtro (1983), debemos destacar que desde os quince anos leva escribindo na prensa e sempre mantivo esta especie de vicio para falar de literatura, de poltica, de arte, para criticar todo aquilo que lle parece inxusto ou non est de acordo co seu pensamento nacionalista e de esquerdas, sempre radical, mordaz, atinado, sempre na defensa da nosa terra ameazada. Desde os artigos xuvens de Lan Feixoo ata os maduros de Mndez Ferrn, pasando polos de Dosinda Areses, o noso autor deleitounos sempre coa sa pluma fcil, punzante e irnica en diferentes peridicos e revistas. Unha boa mostra tmola nas Prosas completas de Dosinda Areses, publicadas por Antn Capeln en 1998.

Xunto s artigos xornalsticos temos outros traballos en revistas especializadas. En A Trabe de Ouro publicou recensins, asinou a Posicin Lus Soto (9, 1992), deixou actuar a Heriberto Bens (27, 1966; 33, 1998) e escribiu outras colaboracins de maior entidade. No nmero 15 (1993) aparece A Gadaa no mundo para lembrar artigos seus de La Noche nos que interviu nunha polmica entre Cunqueiro e Patio e para falar de Brais Pinto, da importancia que tivo o grupo de pintores relacionados coa Gadaa e da UPG; no 18 (1994) apareceu Risco no feixismo: achegamento trabe de alquitrn, luminoso e denso artigo, con profunda erudicin e coecementos literariopolticos, no que analiza o fascismo de Risco desde o nacional catolicismo, e no 41 (2000) A derradeira leccin do mestre, no que fai unha magnfica, lcida e persoal visin do labor desenvolvido por Castelao no exilio. Xunto a eles tmo-los preciosos dilogos socrticos Dilogo de Lampetusa e Sponsor (1988) e Ascensin Pena de Anamn (1990), cheos de reminiscencias literarias e de paixn evocadora. No primeiro dialogan onda a igrexa romnica de Castrelos unha dona de idade e un mozo sobre a cidade e a historia de Vigo, desde o Vigo medieval de Martn Codax ata os momentos actuais, coa evolucin da cidade, a incultura, o Vigo marieiro, a desgaleguizacin dos anos corenta, a vida intelectual, as tertulias, as absurdas construccins modernas, as illas Ces e o contorno de Vigo. E un texto cheo de nostalxia, de amor cidade, de crtica s barbaridades cometidas na cidade e nas praias, de apuntes polticos e referencias s revoltas que asoman moitas veces nas sas obras literarias. Neste Dilogo con evocacins poticas, Ferrn consegue unha maxistral descricin dunha cidade que coece profundamente, unha gua particular, chea de soidade do tempo vello, de lamento polas desfeitas e despropsitos perpetrados longo dos tempos, con numerosas citas literarias e histricas. O outro dilogo entre Lidia e Sebastio ten lugar mentres os dous van subindo cara Pena de Anamn e nel fai unhas reflexins sobre o comunismo a partir de perestroika de Gorbachov, a quen critica duramente, mesmo tempo que defende o seu ideario persoal socialista e comunista. Xunto posicin poltica, destacan as logradsimas pxinas literarias que nos presentan s dous camiantes subindo polas terras da Rala ata chegaren Pedra Mourisca, desde onde ollan o coto da Pena de Anamn. Smese a isto a sa participacin nunha Mesa Redonda no XX Congreso Internacional de Ciencias Onomsticas de 1999, na que nos deleitou cunha fermossima disertacin en francs sobre onomstica literaria, e os seus traballos de investigacin literaria. Tendo en conta tdalas caractersticas que citei nesta laudatio a ningun lle debe parecer estrao que Ferrn escollese para realiza-la sa tese de licenciatura en 1960 poeta galego que mis se distingua pola sa temtica e tcnica literarias, como Eduardo Pondal, e coecendo a sa profunda formacin, a sa intuicin e a sa capacidade discursiva, tamn resulta natural que no seu libro De Pondal a Novoneyra (1984) nos deixe unha das mellores interpretacins da poesa da posguerra, e tamn da anterior, con captulos maxistrais e de crtica renovadora, cousa que xa deixaba entrever un artigo sobre o formalismo publicado en Grial (26, 1969). E con isto chego seu discurso de ingreso, anda que pasando antes por outras contribucins filolxico-literarias do novo acadmico. Xa dixen en varios lugares que Ferrn coece desde moi novo a lrica medieval e que sempre se interesou polos temas literarios mis sorprendentes. Por iso, cando tivo a idea de facer unha edicin crtica dun poeta medieval, fcil supor que non a dbidar na escolla do trobador: tia que ser Pero Meogo, un dos mellores autores da nosa poesa trobadoresca, o mis enigmtico de todos eles e o que mis se identificaba coa sensibilidade extraordinaria de Ferrn. As apareceu O Cancioneiro de Pero Meogo (Galaxia, 1966), un libro de consulta obrigada

para tdolos estudiosos da lrica medieval e que converteu a Ferrn nun dos pioneiros desta clase de estudios na nosa terra; un libro que interesa pola magnfica interpretacin que fai dos poemas, polo estudio das fontes, pola fixacin do texto e polo estudio do lxico. Ferrn estaba capacitado para desenvolverse perfectamente no estudio literario e filolxico da literatura medieval e, anda que non seguiu por este camio, nunca deixou de lado a sa preocupacin pola lrica medieval e a tmo-lo seu maxistral estudio titulado Meendinho connosco (A Trabe de Ouro, 34, 1998), no que fala da illa de San Simn e da sa historia tenebrosa a partir do 1936, eleva a Meendio categora de trobador por mritos propios e fai un estudio do seu poema a partir do psalmo 87 (88) da Biblia, con outras referencias culturais que demostran a sa enorme vala cientfica. E velaqu tmo-lo seu discurso de hoxe, onde puidemos admirar unha vez mis os seus coecementos literarios e filolxicos. A idea do seu discurso valle proendo desde hai tempo e xa en artigos anteriores podemos atopar algunha referencia. No artigo sobre A Gadaa de 1993 fala de que s veces en Galicia hai innovacins e lembra a orixinalidade das cantigas galegas fronte cans provenzal (p. 410); no traballo sobre Meendio (p. 197) e no Dilogo de Lampetusa e Sponsor (p. 14) dinos que o Camio de Santiago era de ida e volta, lembrando unhas palabras de Eugenio Asensio, e no segundo tamn indica que Raimbaut de Vaqueiras copia a imaxe das ondas de Martn Codax. Mesmo na novela Bretaa, Esmeraldina aparece a imaxe de tdalas aves do mundo que cantaban de amor, que choutaban de ramo en ramo, mentres as abelairas brancas coma o leite eran cobexo para a muller de Garin e para a mulier de Pierrot (p. 179). Entre moitos dos temas preferidos por Ferrn est o das orixes de Galicia e o das orixes da nosa lrica medieval. As orixes de Galicia sempre lle anda dando voltas e concdelle grande importancia s asentamentos xermnicos, pobo suevo que, confundido cos galego-romanos, fara a Galicia practicamente igual a como hoxe. O mesmo acontece coas orixes da nosa lrica, cunha interpretacin coa que nos acaba de deleitar no seu discurso. Por iso na mia contestacin eu s teo motivos de eloxio e ningn de rplica. Os dous pasamos pola mesma escola. En Madrid todo se mova arredor de Menndez Pidal e al estaban os nosos grandes mestres Dmaso Alonso e Rafael Lapesa, pero a ns non nos gustaba o forte nacionalismo espaol que respirabamos, recoecimo-la categora intelectual de Pidal e Lapesa, o rigor, a disciplina e os grandes coecementos deste, pero odiabmo-lo seu espaolismo e diso falabamos moitas veces durante os nosos estudios. Eu tal vez anda con mis visceralidade, porque a mia tese de licenciatura foi sobre os Cancioneiros e as orixes da lrica e a cada paso tiven que atoparme coas teoras centralistas de Pidal. Eu concordo co discurso de Ferrn porque desde sempre me interesou a nosa lrica e sempre lle andei dando voltas nosa historia medieval e porque el soubo tratar este tema cunha profunda luminosidade, cun enfoque persoal, moi seu, e con orixinalidade. O mesmo que fixo no seu conto-discurso do doutorado Honoris Causa (1999), onde nos indica que a lingua dos Cancioneiros galega, que a cantiga de amor non imitacin da cans provenzal e si unha formulacin retrica, moderna e plenamente autctona e onde nos fala da Escola de Filoloxa Espaola que Menndez Pidal anda presida no Santuario de Chamartn, coma un Pantocrtor universalmente venerado cun culto latricante (p. 28). Remato xa. Aqu temos a Ferrn, un Ferrn que pode ser polmico, radical, apaixonado, contradictorio, pero tamn cunha tremenda humanidade, un patriota, un loitador por unha Galicia nosa, redimida, independente. Aqu temos a este cabaleiro andante, que camiou polas terras de Bretaa, que coeceu rei Artur, a Perceval, a Lanzarote, a Amads, que camiou por Brocelandia, por Tagen Ata, polo reino de Galicia, que andou por mundos imaxinarios e incribles, que subiu s curutos mis indomables, que venceu a tdolos que se lle puxeron no camio. Aqu o temos con toda

a gloria conseguida no seu longo camiar por tantos eidos diferentes. Querido Ferrn, amigo, compaeiro da alma, irmn, no meu nome e de tdolos membros da Academia, benvido a esta casa.

También podría gustarte