Está en la página 1de 35

LETRAS GALEGAS 2012

VALENTN PAZANDRADE

SELECCIN DE TEXTOS

PRANTO MATRICIAL
(Bos Aires, 1955)

1 O que todo galego chorara


Chora, terra, teu pranto das augas, e dos eidos, e dos ares, as vivas preas csmicas da raza, en mantelo de brtemas envoltas, que noso fin ao noso orixe ligan, Deita nas aurias leiras do horizonte labradas de solpores e de abrentes, en doas de luz a debullarse, as sementes feridas da ta dor. Arpa de nobres cordas esquecidas, ceiba teu son no corazn retido, e fai acordes en total latexo almas, paxaros, ros e paisaxes.

Chora, Terra, teu pranto xeneroso. O que todo galego chorara, en roda de multnime silencio e ollares abatidos, sobre do longo corpo derrubado que fora vivo mastro en loita na; perto daqueles beizos, seca fonte da verba nunca dantes mis belida; do peito petrucial, reflorecido de mapoulas pampeiras, que envexan a nacencia das chorimas; xunto das postas maos voltas ao xelo, onde a eito agromaron do seu arte, no cerne da galega patrona, vizosas primaveras.

Chora, Terra, teu pranto matricial. O que todo galego chorara, se inda chorar puidera, at cubrir de bgoas o mare.

2 Dor da paisaxe
Das augas deloridas, doce pranto que escorra pola face das alboradas, deica a raz das herbas, destilado na pinga dos orballos, e dea seu latexo a noite e da nas rezadoras choivas que soerguen o canto-chao das tellas, e o responso romntico das grgolas sobre as pedras mortas de Sant Yago. O cristalino pranto manadeiro polos ollos das pontes, onde o pulso dos ros esmorece, e se acugula co solpor calado, na verdecida soidade dos vales, toda a dor da ribeira sen cantigas, dos cruceiros e as nimas sen luz, dos camios sen lida labradora, dos fogares sen sangue gomarizo. Pranto baril dos ventos galgadores alimentados co sal da Ra, que xa non baten velas de Rianxo, e te chaman, Daniel, con voz ferida, -agullas dos lentos pieirales, verdes coros arpados do Salns-

ou con voz dos abismos, roncadeira, na crtera fadal das oleaxes, p das rochas de Slvora. O salaio de ferro das motoras, coa agona da nboa e dos naufraxios, chmante polas bocas de Marn; e o nacarado choro das buguinas, uivando nos salgados areales, sobre as laxes rachadas dos cantiles, nos cabos onde escachan as tormentas co folgo mis sostido e sonoroso que brotaran de peitos marieiros. E al, nos curutos desnevados das serras estremeiras, ou polas corredoiras dos lugares esquecidos no ermo, a corna inxel que tallan os pastores, buguinada da urce, ceiba tamn no azul fanal aberto a coita da montaa taciturna, ferida polo mesmo desconsolo.

3 A terra e os sinos
Foi a terra levada, barro materno ao barro teu xuntado, con lricos loureiros, no camposanto de Padrn unxidos polo amor e a dor de Rosala sagra primeira estrofa deste pranto. Para compoer as outras, tanguidos a unha man de Sul a Norde, os sinos todos das eirexas todas

que por todos redobran, e tamn se ouvirn polos escuros, non recollern no coral de bronce a dimensin da nosa desventura. Por ti, Daniel, a mis dos campanarios, sialeiros da morte empadroada, han de dobrar, da vida, acentos novos; han de dobrar as cordas dos espritus; das cousas, seus metales: das cousas, nas que os homes deixamos en anacos os anacos da ialma.

4 Al lonxe
Que se escoiten agora seus lquidos acentos al lonxe, vibradoiros na libre rede dos merindins ultramarinos. E mergullen, Daniel, no mesmo pranto os ronseles postreiros das tas signaturas deriva abraiante de Marte; dende o trpico a foro pintigado ao balbordo de Hudson, e s peladas serras de Araucania. En Cuba se derramen, e no Mare de Corts, e no ardente mato dos bandeirantes paulistamos e nas punas do inca, e nas pampas do gaucho cabalgadas, con Don Segundo Sombra polos mdanos. Ocano de terras

escontra o dique ssmico dos Andes, mexido polo zonda sequioso e por quillas sen leme navegando; natureza auroral que se espreguiza co inxerto de vidas esgazadas; foro aberto do mundo, onde a estrela dos parias tamm loce; mapa de libramento presentido, onde o sangue romeiro dos galegos a ventureira vocazn renova.

5 Teu destino
Sementador leixado, peregrino namorado dos roteios cara o destino da Galiza abertos; flor das vidas chagadas na acedume incerta do desterro: o de morrer al teu sino era. Al, sen escoitar as elexas do violn dos cegos, e a zanfona de pedra dos Profetas, que tan s por ti soar puidera, O de morrer sentindo na agona, a quentura arterial dos emigrados, lonxe do morno ollar das Dolorosas talladas ao respaldo dos cruceiros. O de ancorar a nao, desarborada, nos peiraos de aln-mar, abrindo regos novos saudade; reencendendo os pbilos da ialma na Galiza migral, e na Galiza que anda agarda, Daniel, o teu retorno...

6 Cando ti volvas
Na matricial Galiza, sempre ta, que dende a Torre de Hrcules ao Mio un facho acender por cada illa, cando ti volvas polo mare; de toxo unha fogueira en cada monte, cando ti volvas polo mare; dos castros na coroa unha cachela, cando ti volvas polo mare; unha loura candea en cada pino, cando ti volvas polo mare; o seu cirio de frouma os arciprestes, cando ti volvas polo mare; luces de ardora branca en cada mastro, cando ti volvas polo mare; un farol marieiro en cada dorna, cando ti volvas polo mare; velias xanela en cada casa, cando ti volvas polo mare; e as prolas das bgoas derramadas, cando ti chegues polo mare, cando ti chegues polo mare

SEMENTEIRA DO VENTO
(Ed. Galaxia, 1968)

Rsticas nais
Na cruz dos vosos corpos dobradizos sobre os agros de pan, as races do barro floreceron. Sangue o centeo foi, o millo carne,

enfornados ao longo dos invernos entre leira e lareira. S pola lei dos glbulos que escoan de vedraas nacentes a se xuntar na vosa nfora salva, anda Galiza escoita o seu latexo, as sas cores loce sen adobos emprestados, no viveiro dos pobos en promesa, como roseira que mantn vizosos o ouro do seu polen, de ptalas e arume o seu tesouro

Longas maternidades reschoradas a fo no mandil, para longas anadas sen amor, o lenzo a relembrar das despedidas trestemido no ar, e a seguir para os tortos asoballos da vida en soidade, para o bater das neves e das chuvas, para fames e loitos e naufraxios.

Mais pola seiva morna que alimenta a ramada baril das vosas veas, pola candea que nos vosos peitos reencenden as fontes matriciales e os cruxoles do ser da nosa xente coa voz que criou, s cinzas do pasado que destilan nos teros do tempo para vir anda ns somos ns.

A mesma mao para o sacho e para a teta, na Virxe e no trasno a mesma fe, un agarimo ao neno, outro agarimo a benquerida sombra que deixara

no leito de follatos o home que foi voso aquela noite. Firmes seos de nai onde amadriga das sementes o celme, para recebar as ntimas fontelas das que recibe o seu feito o ser, e para fundir nos eslabns do sangue os acentos no pobo xenerados, o formento da loita, a vontade de amar e resistir.

Rsticas nais de entranas repartidas entre os fillos e os eidos, cal se nos hemisferios da crianza tamn zugaran os menios leite das beres da Terra. Eu sinto da e noite a me roer a cega dor da vosa carne lcida, parideira de brancas andorias no cedo xa tolleita para o amor, a se trocar varona de mantelo, sempre coa sorte revirada en trinca ao timoeiro da pobreza. Tamn sinto a desonda do voso matriarcado escurecido, orfo de la e de luceiro orfo, a devalar axia sobre os areales do presente e cara as parameiras do porvir. E se sinto unha esperanza, ou na destinacin do noso pobo ou una perpetuacin do noso ser, arquiveiras da esencia dunha raza! non senn aquela que anda podemos pr agora e sempre na virtude baril do voso leite.
(Pousa Nova do Mar, 1966)

As beres do medo
Se isto vivir... eu vivo vivo anda neste val de viventes espantallos munxidores das beres do medo, mais a xeito dun prfugo da morte, que por teima dos outros houbo de recuncar quixera ou non, nos arriscados xogos de facer ventureiro resgate da sa vida. Experimentei en quente catro veces mal gobernada Dona da Gadaa! o axexo dos teus tarsos... nos meus pasos, e o tronce dos aceiros tolledores ou a facer peneira no meu coiro, ou a trillar meus osos e deixar debulladas pola area espigas do meu sangue. Fuxir fuxn con vida... non sei como, aos tiros dunha banda arremesados e os pelouros da outra, para aboiar despois facendo o morto, como cortiza a flote mexida no ir e vir de cada ola, sen bourel de loureiro ao pairo polas augas de ningun. Cando a febre do chumbo via a menos ou viraban as las, seus ferrollos abran as cadeas ou sas soidades os desterros, e non faltaban no poleiro galos

10

con gorxa de papel de oficio chea, para me pr sombra ou me liscar co demo unha tempada. Escomas o meu remorso sinto de non ter at agora merecido tentos fanados holocaustos e condecoracins do... revirallo, tanto calafateo de suturas e versiculacin de cicatrices, tanto derramamento de garoubas que atinguiron os brancos e marraron no fin, tanto xemer de folios e de ferros mexido contra aquelo... que non fun. Farei nunca reconto dos aldraxes que nas tboas da lei que o pobo dita non teen cabemento ou son anda mis que mgoa honra. Un non ha ser tan solo a suma do que quixo e do que fixo, illado na sa illa, a forza remador contra corrente, pois os rodicios da inxustizxa allea, contra do non querer do muieiro tamn moen para un. O tempo foi correndo nos reloxos sen corda moitas veces, e nas vsperas de das que virn van indo xa de seca pouco a pouco as beres do medo. Pois mentres agardamos, agardamos...

11

a mudanza do sino, eu confesar quixera boamente, que se non fixen da desgraza sorte, sempre tomei a ben aquelo todo que por mal me foi feito. Algn refrn dixo de vellos que... cando non nos acaban tanto os paus como as dores fortalecen.
[Vigo, 1966]

As mias horas sen ti


Amor, lonxe da ta voz o meu ouvido sen ter o mel de sonos que viera a me enlevar na doce transparencia horas escuras son as mias horas. Sen o regueiro azul do teu ollar nos pousos da verdade cada cousa, nin a cuncha ateigada da ta mao para sede de luz do meu esprito horas de area son as mias horas. Sin o par dos teus pasos ao p dos meus no mesto labirinto que ha percorrer o tren das arelanzas onde fan seu viaxe nosas vidas horas sen rumo, cegas singraduras, son as horas, amor, sen ti vividas.

12

Sobresolares horas do Mxico maduro e tamn verde, nas razas de obsidiana e de limn, no sangue feito pedra de pirmides que anda escoa na historia, siada pola serpe e o quetzal. Horas de Veracruz dos marimbeiros, madreprica filla das mars, corpo na bris do Golfo sobre ps de corais e cadril de mestizas abalado. Do Guanaxato de ouro e de Tasco da prata, vividuras de gloria esmorecida dende o fulgor dos sculos mineiros. Das noites de Acapulco no luaral Pacfico arxentadas, con dormicin de Venus nas areas e sensual ondulacin do mar no colo das caletas. Horas reverdecidas na esmeralda sabaneira dos chibchas, con Santa Fe de Bogot e da Chuva cuberta pola sombra de Ximnez e o bafo dos cabalos de Bolvar. Horas do Cauca longas de languidez procesional do ro rimadas na nocturna sonata de arboreda adormecida polo arrolo das garzas, e a lrica gorxa do turpial, Mans do Matto Grosso, co sabi cantor nas mangabeiras, fatos de garimpeiros aos diamantes, vaqueiros e boiadas ao trote nas veredas do sertao.

13

** Horas das travesas esteares nos desertos do ter navegadas, sen quentura de peitos, agarimo de falas nin paisaxe amanto, levando sempre a morte suspendida do folgo dos mecnicos pegasos. Horas esvaradizas pola fraga de ferro das cidades e a cobra das estradas, onde ferven motores, ferven razas, baixan os urubs cheirando a prea aos recintos da xente, e asoballando a vida que tiamos o galope dos dlares redobra. Horas sen o ar do trpico amarelo queimadas nas raxeiras litorais, xunto o espeso xermolar da cnaga e a barba lacustre do manglar, ou na farra criolla, feira dos semellantes entintados, xemida en tangos e mexida en rumbas nos esturdidos caixns dos nigth clubs. ** As mias horas que para ti naceran, as a eito vividas de maos dadas denantes ter do noso lar fuxido as mias horas que para ti naceran baixo un ledo repique de camps revivirn somentes cando a ta quentura globular reviva en min, cando aos meus brazos tornes orballada polo luar das noites da Galiza, envolta anda no resplandor da chama que acendes a coto na lareira onde quece os seus sonos noso amor.
[Sao Paulo, 1959]

14

CEN CHAVES DE SOMBRA


(1979)

As palabras
Vn o ar ateigado de palabras, cada man chamando aos nosos vidros, para pr a xemolar son e semente. As palabras de cote estn falando e somos ns os xordos ao mensaxe que no seo das slabas carrexan. Polas palabras somos outra cousa, e non primaz materia dunha besta, s desbravada en ns polas palabras. Son palabras as ondas do gran ro da fala, que morre un pouco e nace do mencer ao luar de cada da. A eito marteladas nos falares do pobo, que as mestura ao seu suor, limadas cal semnticas moedas nas forxas oficiais do saber, sempre as palabras teen lei de onda a develar na vida dos demais. de palabras a primeira msica que d tremer de luz ao noso tmpano, e de palabras o primeiro ro que verte ao noso canle sas ondas, e se fai subterrneo en cada noite para renascer no leito das auroras.

15

Denantes das palabras foi a choiva linguaxe de cristais da natureza, de verticales slabas composto, elemental vocabulario lquido das claves seminales sobre a terra, a descrifrar polas menias da alma. Palabras insonoras baixo o sono como peixes de acuarium apagado que a memoria repesca na vixilia. Palabras e memoria das forzas que xa casadas nascen lonxe, lonxe... no orbe prebablico do home. E cando chega a morte a nosa beira, cando nos pasaporta para o nada, o que de certo pasa e se rexistra, o que nos deixa listos para o embarque na dorna por Caronte tripulada... o naufraxio de todas as palabras.
(Vigo, 1970)

Non escoitedes
Non escoitedes voz onde non trema o vidro do seu tempo, mainamente, como na pel das augas treme a bris tinguida no brancor dos amieiros. Non escoitedes voz na que se esquezan as races do barro que nos dou feito de criaturas, amor pra repartir cos semellantes quentor do noso sangue.

16

Non escoitedes ecos en retorno dos paredns da morte. a vida vir sempre a sulcos novos pra se facer fecunda no grao de cada espiga.
[Pousa Nova do Mar, 1977]

Noso Alexandre, mrtir


Trinta e seis, trinta e seis, trinta e seis Taquicardia da historia dunha imaxe con pulsacin esmorecida. Trinta e seis, trinta e seis, trinta e seis Que ancho o peito teu para os balazos, con corazn equidimensionado, alcouve pola idea frolecido, Que regueiro de folgo para unha fe por un agosto trxico xiado, ao despuntar un da a maancia! Trinta e seis, trinta e seis, trinta e seis Toda a xeografa da Galiza, esqu as aldeas, achola as cidades, da miota fronteira at Teixido, da Curota ao Caurel, al caba dun costado a outro, mapa do corazn comprometido, augas, montaas, pobos, que lavabas cal loriga carnal do pensamento, aquel da Galiza acriboada ao cuspir os fusiles sobre ti. Trinta e seis, trinta e seis, trinta eseis Sete cruces na Tampa como escudo, ste cruces e o calix do Grial, tatuaxe azul dos smbolos amados, unha terra a ceibar de alleas poutas,

17

unha xente a curar da praga extica, unha patria a facer. Sete, catorce tiros na Caeira, contra un pino dos himnos de Pondal, contra un pino de froumas a cair, contra un pino de ponlas a chorar! Trinta e seis, trinta e seis, trinta e seis E unha bandeira de Galiza a furto, cadaleito a pechar, pra o teu peito aquecer no mis al!
(Vigo, 1976)

Canto ao catro de Nadal


Galiza abra os ollos despois da negra sombra que murchara no cedo as roseiras de abril. De novo pua os ps no camio de volta ao de forzas circiais dentro de si. As ras eran ros de peitos xa rimados, na arela de facer unha patria coas mans, desxugar cabezallas que esmagan os destinos devolvendo aos galegos a imaxe do seu chan. A pulsacin do pobo a devalar no asfalto reinzou as calzadas de latexos votivos, de calcaares firmes na fe remanecida de que non mis seremos os decote vencidos. A voz autonoma cobrou azas de pomba que os sonos arrolara do pobo a camiar, A voz autonoma quente de pulsos ledos debullou a sa mensaxe no sangue popular. Labregos a esquecer o smbolo da fouce,
18

marieiros en terra pola Terra a remar, os seores collidos do brazo dos obreiros, mulleres das aldeas con donas da cid. As vivas e os orfos das vendimas noitebras, e os das segas lvidas rente do paredn da sa dor sacaron contricin de silencio e na ara da Terra cancelaron sa dor. E ningun reclamaba desforra nin ordalo, nin das vellas feridas cicatrices furgou. Tdalas voces unha erguendo o mesmo canto, Tdolos berros berro de reliberacin. A bandeira galega na destra tremeloce, ao comps reondean smbolo e corazn. As prazas eran urnas traslcidas e abertas, quientos mil sufraxios e brazos un milln. Repican bronces novos nos vellos campanarios, voces remanecidas desde a raz do tempo, a Galiza de onte e aGaliza de hoxe, alicerce e palanca do mesmo pensamento. Galiza dixo agora na linguaxe de Euclides, sa palabra acesa nas luces de man, quere facer a pulso seu anaco de historia con ferramenta dcil ao sangue matricial.
[Pousa Nova do Mar, decembro 1977]

As ovellas de Joyce
Can correu no milleiral. Can? Non. Isegrim orellas murchas. At lobo. E ovellas sineiras paran sen flego. (James Joyce, Finnegans Wake)

19

Ai!, delatadas ovellas dos seus rixelos arrente. Ai!, polas linguas de bronce que dos seus colares penden. Ai!, polas linguas de bronce que esporan do lobo o dente. Isegrim orellas murchas -duplo pavilln solerteIsegrim orellas murchas malo raio te estatele! Non eres o can que ladra dantes de trabar na xente. Os milleirales contigo murcharon seus fogos verdes, a paz que nas chocas tanxe e nos pendns arrecende a paz que nas chocas tanxe de cana se fai, e fende. Sineiras de sinos mornos, orbillo de sons no abrente, sineiras se signos mornos, copas de candor vertentes. O voso espaller de sons un facn por cada dente. Pombas do chan nas auroras Pombas do chan nos poentes, De Isegrim a treidura, o badal cisca a semente. De Isegrim a treidura Na vosa candura quece. * ***

20

Baixo a l das ovellias, O corazn do home treme. Polo son que outros penduran Ao noso pescozo dbil, Polo son que outros penduran, Tamn o lobo nos fere.

(Pousa Nova do Mar, outubro 1975)

Veo da Morte
Galegos, meus irmaos, veo de ter co-a morte. Sin o agardar unha vez mais atopo o ventureiro empalme con a vida. Estou na singladura do retorno, con ollos recuncantes na alborada, tmpano a se tremer en libres odas, pernas reencanadas para andar os camios resucitados. Veo da morte, irmaos, e no fardel, pouco trouxen pra vos: cicatrices de ferro nas palavras

POEMAS SOLTOS

Na brtema, tres cantos


A Lus Seoane in memoriam tuam

21

I
Xa bogas, sen fardel, na brtema sen horas intrmula bandeira na arcada de outro mar, a nosa sombra ollando por buraco estear, rachada nos carreiros abruados de amoras. Contigo levas fachos para novas autoras, e deixas a Galiza nun cego navegar, co destino atrapado na pouta moncloar, debruzada de novo na ponte das deshoras. Xa semellamos moucos exiliados na Terra, con segunda hipoteca na nosa liberdade. S o ronsel que canta dos mortos nos acentos nos devolve a esperanza a que o home se aferra, nos ergue at as almeas da moura soidade, onde anda agardamos teu mensaxe nos ventos.

II
Tas mans tallaran corpos e almas no buxo, retbulo de opresos a corazn magoado, de anatomas quentes cdigo promulgado na distole de brancos e tintas sen embruxo. Plana imaxinera o teu pulso compuxo, para lle dar vida do hoxe aos mitos do pasado, de Rui Xordo descobres o arrufo alanzado, de Mara Balteira o namorar cabuxo. Sorna, panos, tamancos, remontas, parachuvas raza en pristinidade, como a terra a pariu, con brazos para a fouce, o remo e o badal, na vspera do da de madurar as uvas

22

na mtica parreira que o destino encubriu, onde nos chaman hoxe as voces de metal.

III
Ao aln chegaras, Orfeu dos emigrantes, con Ramn Cernadas no adro a te agardar, e Mesdamus, Basalo e tantos que a mis dar, abonan co seu calcio camposantos errantes. Da loita as cicatrices cavadas nos semblantes, Galiza sen Galiza, a patria a despatriar, races sen filame beira a beira do mar, emerxendo da cinza das lareiras vacantes. Ao fin agora deixas o posto nos combates, sen recoller as gubias nin pinceles limpar, eles berrarn sempre polo que xa non berra, erguern o teu nome nos vindeiros embates, cando Galiza volva de seu a camiar, e sexa nosa mao a mao da nosa Terra.
[Maio de 1980]

Castelao no Harlem preto


Virando a ponte fra do Triboro, na pasaxe de Harlem a Broadway, diante dos teus ps romeiros toparas as vareas mis ingremes que an ensarillar o teu exilio. Corpo sen sombra a pervagar seras en ronsel sen estrela, e quente man sen palma irmn aberta
23

onde poder pousarse, e o corazn a latexar en vougo, perdidio no mato de cimento e sombras alongadas sobre as almas e deitar de alciprestes ferro-ergueitos sobre dos corpos ao metal dobrados en orfandade de races. Xa levabas andando encosta arriba o labirinto vial do Harlem preto, recollendo sa imaxe e seu ritmo, no prismtico espello do esprito, e na plstica antena do teu lapis. Outra fronteira humana descubriras na xeografa epitelial das razas onde teus ollos cativos tentan reatopar ao home como Deus o tirara do seu forno, levando no seu queimo seu mensaxe e seu fado fanado para a vida. Ai Harlem, Harlem, Harlem dos pretios! Ai Harlem dos menceres estourantes no repicar de gongs e de maracas, a referver nas noites estragadas de farras saturnais! Al topou teu arte novas lias, outro latexo irmn vibrou teus pulsos, outro amor no teu peito magoado principou a medrar. E por Baixo das dermis chamuscadas Tas menias macias desvearon outras virxindades seculares, outro drama social agabeando a cabalo da sombra de Can, pola cor dunha pel.

24

Un vertical exilio polo sangue que ten tamn do noso a mesma cor, mais que leva nos glbulos da liberdade as cinzas anda mornas a querer soerguer as sas linguas e cancelar as dores milenarias, que arrastro traguen polo chan da historia o ser mais o destino dunha raza. E foi en ti, Daniel, o nacemento, de novas cordas na arpa do ancho peito, que despois cantaran nas formas e nos ritmos de acibeche, o poema de amor en tintas libres do sangue irmn que ferve nos proscritos.
(Pousa Nova do Mar, xullo 1982)

Ode sen pranto s cinzas rescatadas

I
Arela de resflor, Hoxe remanecida musa nosa Daniel desde a nacenza carismando con leos de profeta esta man volvo en achego a ti. Dobrarn bronces sagros no ar vivo a brazo nu tanguidos Desde o Mio arterial foz do Navia Sonou ao cabo a data degorada da restituto ceneris, a terra que das chagas convalece na restinga das dcadas umbricias,

25

onde ben fora que nos atoparas desatrelados xa, ceibes e ledos para o complexo de Can avesos remerecentes circios das liberdades porque ti loitabas. Daniel desde a nacenza carismando pra que teu pasamento se trocara en revoada de espritos.

II
En boas medras eu quixera agora -Daniel a luz pairal restitudoNesta polo San Xon man lavada, Con orballo arumado de naisilvas Que translevar a ti puidera hoxe As palabras quecidas Na fe do pobo anda resistente. As tantas veces por ta voz vibradas, En tmpanos annimos Dantes que a paz civil fose esmagada. Palabras de mensaxe que xuntos espallamos moitos das nos adros das parroquias, desde a escada de pedra dos cruceiros, por sobrados vilegos ags para os serodios rechouchos dos mandachuvas recuncantes. Primavera esquecida da que foras o mis lanzal lilaz, denantes da sa hora deslogrado.

26

III
Mais agora, Daniel, _delfn maior dos exiliados nosos_, nesta a deshora hora do retorno, van de camio longo xa exauridos anos demais do tempo xerminante, que teus faraldos pretos agoiraran. Xa es cinza, Daniel, anda que sempre cinza namorada. Xerme en calada trasremudacin da concienciana idea. Cinza asuntiva de valores prestos a outro vizoso afloramento que anada tras anada se rence no mido milagre da semente para longas labradas no porvir. Verbo con son eterno propagado no pas a rescatar agora das servidumes residuais. Desembargada prenda A se facer do seu dona e seora.

IV
Cos fos de ouro da ta vida e a fulguracin da ta obra, nos anais do pas restitudo anda se escribirn, tras de moitos captulos de sombra outros alumeados de esperanza, en romnicas letras lapidares, onde unha pauta esgrevia se retrace do modelo de Patria que soaras

27

como Pondal denantes para o solar dos bos e xenerosos. Sono e bandeira nosos, que sen se transfundir en realidade xa de abondo sera para que teu ollar atoutiante e ta man sabida, na cadea sen reixas nin alxemas, na onda fraternalia dos galegos sufrintes vellos da orfand do chan, unha noite arxentina de xaneiro no eternal exilio esmoreceras.

V
Teu Nome de vagoes ecoantes -Daniel barn baril de transparenciaspolos ermos do aln onde navegas en volta da ta imaxe unha coral de razas que se convoca. Cal si de axia convertido foras, de paladino estrenuo de Galiza nun mago para os outros a nivel semellante marxinados. Desembruxada plstica social, da nosa xente pristinazo molde e dos outros trasunto avivecido, -coa sa cor enfornados, e seu carril balsante, pel e ritmono obradoiro do mesmo do Paradiso.

Labregos no zoar dos milleirales, marieiros de mares repartidos,

28

matronas parideiras de emigrantes, sanguixolas do Fisco, umbilicado, prisioneiros e mrtires de Marte, pretos de Harlem, guaxiros de Cuba, chineses de matute na Manhattan, gauchos de pingo e poncho pola Pampa.

VI
Unha resaca negra de saudade, do baleiro que deixas, desde nontronte abala a Chacarita. Tingue de dor as pedras tumlares polos cinceles de Asorey labradas, onde, Daniel, gaada a peito tias ta mis delongada residencia. Rianxo de ultramundo! Morada sen morar dunha Galiza ciscada por espazos emprestados. Dez anos de vivencia convivida en comunin belixerante. E trinta e catro mis de conmorencia. A suma dos teus restos, noso Daniel por Bonaval gaados, compre que a Patria nosa faga hoxe reasuncin de cinzas asociadas. As de todos aqueles que tas soidades compartiron e contigo loitaron de mans dadas. Galiza tamn vive dos seus mortos.
(Pousa Nova do Mar, San Xon, 1984)

29

A EVOLUCIN TRAS-CONTINENTAL DA LINGUA GALAICO-PORTUGUESA


(dentro do volumen colectivo O porvir da lingua galega. Lugo, 1968) [Extracto do texto de 1968, includo no volumen colectivo O porvir da lengua galega, editado polo Cculo das Artes de Lugo]

Da teimosa nunha ptica revirada ao pasado ningn proveito poder agardarse. Con conciencia do mal, ou sen ela, semellante visin a que mantn anda hoxe, envolto nun senso reverencial de reliquia, ao idioma galego. Dunha banda, polo fenmeno de marxinacin, que xa leva durado mis de catro sculos. Resulta, quirase ou non, da presin asimilista que exerce o casteln oficializando. Doutra banda, polo complexo de inferioridade, que ao redor da fala propia aquela marxinacin provocou na rea de nacenza. A proscricin do uso nas escolas, no culto, nas relacins administrativas, etc., tia que carrexar ao longo termo, cando menos, esta paulia serodia da auto-subestimacin. Mxime na poboacin monolinge, que anda hoxe chega ou pasa dos tres cuartos da total. Temos diante de ns un status posicional vicioso e falaz, que algn da entrar no desxeo. Mais para conquerir tan lextimo obxectivo, non abonda coa denuncia isolada e terica. Cando menos se se exerce como deica agora, arrequecida nos sentimentos reivindicativos e pouco mis. Recuncando neste xeito de obrar, ben seguro que non se vencer a xordeira das esfinxes entronizadas. Mais a cousa podera mudar de vez, se fsemos homes dabondo para ligar o problema do idioma a un pensamento social moito mis que reaccin sentimental. Fai falla escomenzar poniendo en destaque, entre os valores que a nosa lingua conserva, a sa capacidade como medio de comunicacin. Chegou o intre de cifrar a importancia do idioma mais que na sa orixe e os seus servizos creacin literaria ou histrica, no censo das persoas que valndose da ferrramenta verbal recibida no lar, poden entenderse polo ancho mundo. Ao

30

mesmo tempo compre ter en conta a evolucin previsible das magnitudes demogrficas que veen avencelladas, na comunidade lingstica, resultante dun arriscado proceso histrico.

O MAPA DA FALA COMN O mapa da lingua de Camens e Rosala abrangue terras de catro continentes. Atendendo ao censo dos que a usan, clasifcase no terceiro posto entre as linguas neolatinas. Despois do ingls e o casteln, tamn a terceira das Amricas. Hoxe o cmputo anda polas beiras dos cen millns de falantes. Todos se entenden, ou pdense entender, nas mesmas voces. O feito de que algunhas desemellanzas se aprecien na fontica ou na escritura non mingua validade ao xuzo. Do total daquel censo, mis dos oitenta millns viven s nun pas. O que ha de ter sempre papel gravitante no conxunto, non soamente pola forza do nmero. Hoxe tamn pola sa puxanza econmica e a xerarqua da sa literatura. Compre engadir que, entre o contixente supermaioritario do Brasil, e o ncleo orixinario, aquelas desemellanzas son minguadas. Maiormente no idioma escrito. O exemplo da prosa de Guimares Rosa, entre outros menos ao da, constitue o mellor testemuo para reforzar a nosa apreciacin. Os datos que describen o expandemento xa arrecadado pola lngua galaico-portuguesa son impresionantes. Mais o son moito menos do que tern de ser ao cabo dalgns decenios. Os ndices de crecemento demogrfico e tamn econmico do Brasil fornecen proba anticipada da realidade que est a vir, moito mis densa e prspera anda da que hoxe existe. Tardarn mis, se se quer, outros pases, como ngola ou Mozambique, en chegar a unha escala de maior desenvolvemento. De todos os xeitos, a descolonizacin nunca poder inclur a lingua, o seu mellor herdo, definitivamente xunguido historia futura de moitos pobos chamados a conquerir fortes aceleramentos no ritmo da sa expansin.

31

Polo tanto, dentro da comunidade, o valor-espazo canto o valor-tempo da nosa lingua, son ben claros. O primeiro dunha realidade grandiosa. O segundo vn ser hoxe tan positivo como prometedor cara o ma.[...]

UNIFICACIN POLA LINGUA Lingua do pobo e dos trobadores era o galego que no sculo XIII Dom Diniz, Rei labrador, plantador e poeta, converteu en idioma oficial do seu Reino. Daquela, Galiza e Portugal mantanse anda en certa unidade de esprito. Foi tan gloriosa simbiose o berce remoto do espectculo cultural, que hoxe podemos contemplar e vivir. De tan nobre orixe sobreviven realidades sociais cheas de fecundidade. As que fixeron posbel, a despeito de diferenciacins raciais, de continentes e de hemisferios, paralelos e meridianos... que un labrador de Castroverde poida parrafear cun facendeiro de Rio Grande do Sul, que un mineiro de Silleda poida entenderse mao a mao cun garimpeiro que arrinca diamantes en Rochedo ou Corguio (Matto Grosso); unha regateira do Berbs ou do Muro da Corua cunha varina de Peniche ou de Porto Alegre; un intelectual luso-galaico cun bugre dos Campos Gerais. Cantos galegos labraron despois fortunas inmensas en Lisboa ou no Brasil, saron da terra cunha man diante e outra detrs. Non manexaban mis arma que a sa lingua para vencer na emigracin. Sen ela, os fados que lles foron agarimosos, teranse afastado do seu camio. Sen ela, e sen coecemento suficiente doutra fala, a franqua que a comunicacin proporciona non lle abrira a porta de estraos pases. As verticais gaiolas de ferro e cimento, que aloxan a febre dos negocios en So Paulo, Rio, Santos, Belo Horizonte, Recife... estn poboadas de voces galegas. As que foron arrincadas s cordas do pobo desde Airas Nunes a Macias, pasando polo Rei Sabio. As voces nas que rezan as negras da Bahia noveladas por Jorge Amado, as mesmas oracins que se ofrecen ao Bon Jesus de Braga ou Virxen da Franqueira. Unificacin pola fe, que no caso

32

non simple exemplo de sincretismo relixioso, pois presupn outro xeito de unificacin. A unificacin pola linguaxe.

CHAVE DE MUNDOS PECHADOS Ningn experimento mellor que o de mergullarse por certo tempo nesta estalante bulsa do orbe, escoitar a disforme cadencia dos seus latexos, tomar o achego dos feitos violentamente diferenciais, para coecer a percusin, profundamento humano, do fenmeno socio-cultural a que me veo referindo. Hai xa algns anos percorrn, cuase de ponta a ponta, a xeografa lingstica galaico-portuguesa. Poucos ensinos mis fecundos, para un galego de hoxe, que o recibido da comunicacin na sa lingua, cos inmigrados xaponeses radicados en Campo Grande ou Cuyab, ou explorar a i-alma dos tups-guarans que baixan da tribo ao mercado das cidades, por citar s dous exemplos. Almas pechadas a cal e canto nos muros do ancestro racial. Soamente poderan abrirse un pouco para os estraos ao conxunto da fala comn. Penso que non pequena regala dispoer dunha chave mxica para penetrar no segredo de mundos morais tan diferentes do noso. Non vn ser un privilexio do meirande valor humano? Descubrrono ben a tempo os misioneiros das Relixins militantes. En troques, non parecen sospeitalo os que podendo favorecer a plena rehabilitacin da lingua nativa, escomezando pola escola, igrexa, os medios audio-visuais mantense afincados na teimosa da marxinacin.

POSICIN CARA O FUTURO A rea de espallamento da lingua galaico-portuguesa non fica limitada a dous continentes. Mais xa se sabe que Europa e Amrica sern os escenarios do seu futuro, como son do seu presente. Ningun pode con certeza aventurar prognsticos, sobre se o censo de falantes manter no da de ma a proporcionalidade que hoxe garda co censo do casteln. O crecemento explosivo do Brasil

33

alimenta non poucas dbidas. Anda seguindo as cousas do mesmo xeito con superioridade numeral do idioma de Cervantes- o problema de coexistencia e da evolucin de entrambos sistemas de comunicacin non perder interese socio-cultural. Moito mis, tendo a emigracin espaola proclividade histrica para escoller os das Amricas como pases de acollemento. Este e outros imperativos farn sempre inxustificbel que do mesmo lado se mantea unha posicin inhibitoria, cando non subestimatoria, para a ponla orixinaria da terceira das linguas faladas mis al do Atlntico. Non debera botarse a esquecemento o fenmeno de subordinacin entre o florecemento das linguas e o desenvolvemento das sociedades a que vean incorporadas. Anda que da parte do Estado se persistise en abandonar o galego sa sorte, a lingua extraverncula seguir evolucionando e mellorando as sas marca nos territorios que a porfillaron. De xeito que ao descoecer este proceso multiplicador, sen proporcionar a Galiza axudas para acompaalo, sern tamn os intereses xerais de Espaa os que resulten danados. Sufriran a perda da mellor va de influencia humana, econmica e cultural , no trpico ultramarino. S pola coexistencia activa do casteln co galego, sen servidume nin alxadre dun sobre outro, poder establecerse neste orde de relacins unha posicin vantaxosa cara ao porvir. Unha posicin que anda Espaa pode aproveitar a fondo, grazas a que a lingua oficialmente leixada non se perdeu. Unha posicin que para si quixeran norteamericanos, rusos, ingleses, franceses ou italianos para aumentar o seu influxo en terras que sempre lle encheron o ollo. Soamente valndose do tnel lingstico do Noroeste, hoxe tan pouco aberto, a cultura e a economa espaolas poderan expandirse naquel fabuloso mundo. O cobizado mundo do porvir, ao que a esquecida Galiza vai xa para cinco scalos, transmitiu o seu herdo mis glorioso, nos lusitanos beizos de Pedro lvares Cabral. []

34

35

También podría gustarte