Está en la página 1de 1

RESUMO DA AUGA FEITO POLOS NENOS-AS DE INFANTIL E 1º CICLO

¡Canto aprendemos sobre o tema da auga que hai no Pazo! Estivemos indagando durante
este curso e descubrimos moitas cousas.
A auga que entra no Pazo vén do río Mao. Así ,ás veces, pódense ver troitas e anguías que
suben do río ata o pazo.
A auga entra por unha canle moi longa que percorre toda a muralla do pazo. Antigamente
utilizábase para a horta, os xardíns, a turbina ( que producía a electricidade do pazo) o
muíño, o lavadoiro e os estanques.

FOTO DA CANLE LAVADOIRO

Hoxe en día, a auga utilízase con fins lúdicos: para vela e escoitala. Hai sete fontes. Todas
reciben auga da canle e vai pasando dunhas a outras. Tamén está o estanque que dá
beleza á paisaxe.

También podría gustarte