Está en la página 1de 58

Informe final UPD IntegrOU

OU como estragar un proxecto único para a integración das persoas con discapacidade en Ourense

xosé antón vázquez dorrío

ASESORÍA XURÍDICA
Non queremos cambiar de opinión, ao contrario que os monos e outros cerebros sofisticados. Eduardo Punset
Licenza de Creative Commons
Este informe foi elaborado por Xosé Antón
Vázquez Dorrío para ASPANAS no marco do
proxecto UPD IntegrOU. Si non se indica o
contrario, este Informe está suxeito a unha
licenza de recoñecemento non comercial e as
súas obras derivadas (3,0 España) de
Creative Commons. Pódese copiar, distribuír
e comunicar publicamente sempre que sexa
citado o autor e o nome da entidade, e non se
faga un uso comercial nin da obra derivada.
Na cidade de Ourense, 2010 Consulte a licenza completa
INTRODUCCIÓN

Neste informe non busco máis que reflectir a miña experiencia persoal ao paso pola UPD
Integrou de ASPANAS, primeiro para a miña propia aprendizaxe, segundo, para quen
queira sacar proveito dela. Este informe é o resultado doutros recollidos ao largo destes
case seis meses, informes ignorados, vilipendiados (chegando a romperse dous deles
diante do meu nariz) e tratados de xeito irrespectuoso.

O que aquí recollo son, especialmente, feitos que eu mesmo constatei e tentarei,
ensimesmo, evitar, na medida do posible, facer alusións a comentarios de compañeiros
pois estes non aportan nada a construción e desenvolvemento dunha organización e,
moito menos, que ao fin é o que me atinxe, a miña aprendizaxe.

As opinións que verto aquí non son en absoluto obxectivas nin resultado dun debate con
outros compoñentes do grupo (nunca tal existiu, nin unha cousa nin a outra), son o meu
punto de vista persoal sobre unha situación vivida que, recoñezo, non ten porque ser a
máis acertada pero, deica agora, ninguén foi capaz de negarma ou mostrarme outra
realidade diferente. Tampouco son froito de reflexión algunha, ao contrario, son a base
para mesma.
1.- UNHA DESCONCERTANTE OFERTA DE EMPREGO

No mes de xuño recibín unha oferta de emprego para Técnico UPD. Como xa dixen
naquel momento no meu blog, nunha entrada co mesmo título que este apartado, estas
cousas non pasan moi a miúdo. Porén non me gustan este tipo de ofertas, pois non
obedecen máis que a 'paripés' administrativos para colocar ao 'amiguiño' dalgún político.
Amais deuse a circunstancia de que era a segunda vez que me chamaban, en menos de
dous anos, para participar nun proceso de selección para o mesmo posto e ofertado pola
mesma entidade: ASPANAS.

Da primeira ocasión rexeitáronme por carecer de experiencia no posto. “Buscamos a


alguén con experiencia”, díxome Juan José Rodríguez -en adiante, Juanjo-, Director
Xeral de ASPANAS. Na segunda colléronme sen ter experiencia algunha e, o que é o
peor, logo de seis meses na UPD, saio coa mesma. No que si coinciden, unha e outra
oferta, é a función para a que eu estaba destinado: facer de actor secundario; na
primeira para que fose a persoa que finalmente colleu a praza, a beneficiada; na
segunda para outra que, quen sabe porque circunstancias, non apareceu na entrevista
(cando tan só uns dias antes, si entregou o seu curriculum para optar a praza). Ver:
A todo isto hai que engadir que a máxima puntuación que se podía obter na entrevista
era de 7 puntos, é dicir, que soamente facendo unha entrevista brillante podería superar
a esa persoa, sempre que M. Jesús Feijóo fixese, non unha entrevista nefasta, senón
nula, na que non obtivese máis nota que 0,00 puntos. É iso posible? Creo que tanto
unha cousa como a outra é imposible, especialmente, porque o resultado dunha
entrevista non depende soamente do entrevistado senón, e de xeito transcendente, do
entrevistador, neste caso entrevistadores.

Soamente a curiosidade, a aprendizaxe, ou a necesidade de non contar con


rexeitamentos de ofertas de emprego, para procesos futuros nos podía levar ao resto de
'aspirantes' a acudir a esa entrevista. Pola miña parte, e logo dunhas semanas pensando
un día que iría, outro que non, finalmente acudín. Fíxeno logo de autoconvencerme,
unhas horas antes da entrevista, cando de madrugada escribín o artigo 'Unha
desconcertante oferta de emprego', onde remataba dicindo: acudirei a entrevista. Será
divertido!, artigo que enseguida acabaría na portada de Vieiros.

E foino. Foi tamén moi breve, apenas 5 minutos. Como poden pesar máis eses 5
minutos (a punto por minuto, xa que me deron 5,00 puntos na entrevista) que toda a
miña experiencia e formación (3,15)?

Durante a entrevista, malia brevidade, xurdiron situacións moi curiosas. O proceso de


selección de persoal para UPD obriga a ter dous representantes da Consellería (unha
administrativa, cuxo nome non lembro, e Antonio González Amaro, nº 1 da candidatura
de Castro Caldelas polo PP) e dous representantes da entidade promotora (Rosa
Carrera Carballo, nº 2 da candidatura do PP en Maceda e Responsable de Persoal da
entidade, e Ramón Martínez Alonso -en adinte Moncho-, xerente de ASPANAS). Ao final
durante a entrevista só intervén unha desas persoas por cada parte (Antonio e Rosa), as
outras, simplemente estaban e, unha delas, da Consellería, as veces estaba e outras
non (todo iso en 5 minutos), entrando e saíndo para facer chamadas. Non sei quen lle
faltaba!. Ao final,estaba máis pendente dos que non dicían nada que dos que me falaban
pois, estábanme contado en que consistía o posto de traballo, que era a UPD Integrou,
que era ASPANAS,... un monologo de Rosa. Contábame algo que eu xa coñecía, pois
molestárame en pescudar crendo que me ían preguntar ao entrevistarme (algo habería
que facer para gañar eses 7 puntos, non?). Non houbo preguntas nin sobre a miña
experiencia, nin sobre a miña formación, nin sobre as miñas expectativas,... a ninguén lle
interesaba o que eu podía dicir.
Tratouse dun relatorio que rematou cunha única pregunta: “tes algún tipo de problema
para tratar con persoas con discapacidade intelectual?. A esta pregunta respondo que
non e engado: 'para min a discapacidade intelectual é un asunto familiar, co que convivín
dende neno. Teño dous primos con discapacidade intelectual'. Nos seis meses que
estiben en ASPANAS ninguén me preguntou por eles, maila a que un membro de
ASPANAS, Moncho, estaba tomando notas constantemente. Máis grave é que Rosa non
me preguntase nada.

Durante esa breve entrevista tamén teñen tempo de mentirme, ao dicirme Rosa, a
entrevistadora, que o contrato sería de seis meses (ao final faltáronlle catro días, mais
non me refiro a isto), que poderían ser prorrogables por outros dous anos si a
Consellería renova finalmente a UPD. Como descoñecía o funcionamento das UPD
crino, máis non era certo. A norma que regula as UPD deixa ben clariño que as UPD non
se renovan, poderán solicitarse outras que continúen a labor iniciada, como sucede
agora coa 'UPD Coordina Local II', que ven de iniciar un proceso de selección para o seu
novo proxecto; un proceso que, a diferencia do que eu participei, é aberto a tódalas
persoas que lles interese. E máis, incluso teño as miñas dúbidas da existencia dun
proxecto para 'UPD Integrou II', cuxo prazo de presentación remataba uns días despois
desta entrevista (o 15 de xuño de de 2009), por máis que me digan que si existía ese
proxecto pero que, finalmente, polos problemas que lle causou o primeiro, decidisen non
presentalo. Porén, a inexistencia deste proxecto, e logo de que ía vivir, estaba máis que
xustificada.

As miñas dúbidas sobre o proceso de selección utilizado foron outra das razóns para
acudir a esa entrevista, pois sentía a necesidade de recriminar a alguén, quen fose, ese
modo de actuar tan tendencioso, tan descaradamente conducido. E si non era así, é
evidente que o parece. Ou non? Cando me pregunta Rosa si teño algunha dúbida,
pregunto polo proceso de selección: como se leva a cabo? Quen fai a preselección? Que
criterios se seguen? ... Respóndeme con evasivas. Aínda na actualidade, cando
pregunto por isto quedo sen resposta.

Antes da entrevista, mentres entrevistaban a outra persoa recibín unha chamada de


SEAGA, para que acudise as súas oficinas. Como me imaxinaba, era para comezar a
traballar nesta empresa o día 15 de xuño (a entrevista para a UPD foi o día 11 do
mesmo mes), onde me atopaba nunha lista no posto 17 para 26 prazas (o terceiro na
miña circunscrición).
Na entrevista dinme que o contrato, de ser seleccionado, comezaría o 1 de xullo, logo de
preguntarlles e advertirlles que estaba pendente doutra oferta de emprego (a que sinalo).
Ao saír paso por SEAGA, onde consigo que me cambien de destino, para a Lagoa de
Antela, a 5 minutos da miña casa, mais a duración laboral do contrato correspondente a
este posto era menor. Aínda así arríscome, confiando en que M. Jesús Feijóo finalmente
non fose tida en conta para o posto da UPD, por non acudir a entrevista -cousas máis
raras se teñen visto-, e en que as outras persoas que se presentaron non sacasen máis
puntuación ca min (posto que a duración da entrevista para eles foi tan breve como a
miña). Aos poucos días publican a resolución do proceso no que a persoa seleccionada
son eu.
2.- A CHEGADA A UPD

Aínda que xa vira publicada a miña selección no taboleiro da Consellería, recibo a


chamada da persoa responsable de ASPANAS para comunicarmo e para citarme un día
antes de comezar o traballo. Paréceme ben, así podería coñecer ese posto antes de
renunciar ao outro, o de SEAGA, no que debería comezar a traballar o mesmo día.

Recíbeme Rosa Carrera, ensíname as instalacións, preséntame aos compañeiros, agás


a Directora da UPD, que ese día non está,... e vivo a primeira bronca a conta do horario
de verán ao recriminarlle Rosa a Lucía Vila a desconsideración dos membros da UPD
cara os demais traballadores de ASPANAS por reivindicar este horario. Para min o
horario non era ningún impedimento e o lugar e as persoas resultáronme agradables.
Despídome cun Ata mañá!

Agora tiña que resolver outro problema: SEAGA. No camiño, aínda que antes o tiña máis
claro, invádenme as dúbidas, pois renunciar agora a ese posto implica quedar tamén
fora ao ano seguinte, por non falar dos méritos que deixaría de acumular para optar a
outros postos dentro da empresa; por non falar do feito de estar nun posto pouco
estresante, que me permitiría estudar ou ler libros de lecer, pasar todo o verán cos
sobriños,... Sen embargo, a UPD son seis meses... e poderían ser outros dous anos,
non? A priori parece que merece a pena arriscarse.

Este primeiro día, de toma de contacto, foi moi diferente ao segundo, este si, o primeiro
día de traballo: un que fixo nacer no meu imaxinario un mundo cheo de expectativas e o
outro rachou con todas. Ese día entramos as 08,00 horas. Nada máis chegar vou ó
despacho da Directora, Nuria Bueno Aizpuru, tal e como me encomendaran o día
anterior. Ela é quen me explica cales serán as miñas funcións dentro da UPD. Volve a
presentarme ao persoal da UPD e explícame cales son as funcións de cada un. Noto,
dende o primeiro momento que me presentan a menos persoas das que eu vira na foto
que estaba colgada na páxina web da UPD Integrou (fáltanme sete persoas):
Logo amósame o meu posto de traballo e acto seguido a directora sácame a rúa. Entón
é cando me di o que hai -textualmente-, advertíndome que teña coidado con Mari e
Diego, dous compañeiros de oficina, xa que son persoas problemáticas (engade que a
mesma advertencia llela fixera a Diego e ao final acabou liándoa, liándose,... ou algo
así); advírteme tamén que por nada do mundo me dirixa a Rosa, que ela non está aquí
para soportar as nosas as nosas queixas. Neses intres aparece Rosa pola rúa e cambia
de tema cinicamente, falándome da UPD, desexándome sorte, bla, bla, bla,... Todas
estas advertencias 24 horas antes de comezar e seguro que aquel ata mañá! sería un
ata nunca!.

En fin,... como xa non había volta atrás dirixinme ao meu posto de traballo como si fose a
unha trincheira, en primeira liña de guerra, cuns inimigos aos que non coñecía de nada e
dos que vagamente lembraba os seus nomes (disto non ten culpa ninguén. Eu son un
desastre para relacionar cada nome coa súa faciana, máis isto é algo que se solventa en
poucos días). Os minutos daquel día semellaban horas... horas que me pasei vendo o
funcionamento da páxina web, primeira misión, cousa que xa tiña feito incluso antes da
entrevista. Aínda así póñome a asexar na procura dalgunha das virtudes desta páxina, a
que lle adicaron seis meses do programa, a primeira fase da UPD, e das que a Directora
tanto me falara. Utilizo o usuario e contrasinal que me dan para acceder ao seu interior e
a decepción foi monumental. Calquera blog, calquera web, creados con software libre é
infinitamente mellor que o que me atopei. Dende logo, négome a facer calquera tipo de
comparación con sitios profesionais, como aqueles nos que veño traballando a diario
(universidade, bases de datos, banca, ...). Comparándoa coa páxina web da outra UPD,
creada ao tempo que a de ASPANAS, a UPD Coordina Local, promovida polo IGAPE
-isto tamén o fixera antes de entrar aquí-, tanto pola forma como polo contido, a de UPD
Integrou sae enormemente prexudicada.

Entre as cousas positivas desta primeira toma de contacto coa Directora é a súa
actitude, en principio, receptiva a toda crítica. Amais, dime que cada mes debo entregar
un informe de xestión no que relate as tarefas realizadas durante este período.
Paréceme perfecto, pois cría que eses informes logo serían utilizados para debater en
grupo propostas de mellora, corrixir erros e outras cousas. Soamente era papel para
reciclar.
III. INFORMES:

III.1.- INFORME DE NAVEGABILIDADE

Este foi o primeiro informe que elaborei, aos poucos días da miña chegada, e presentei a
Directora da UPD:

Coñecemento do entorno,

Unha das ferramentas que uso máis acotío é internet. Neste espazo busco sempre
información acerca das situacións previstas no meu quefacer diario e, como non podía
ser doutro xeito, utilicei a páxina web de “UPD Integrou” para preparar a entrevista, para
ir collendo unha idea de cal ía selo meu traballo, para ir coñecendo aos meus futuros
compañeiros, etc.

A foto de equipo da UPD engana moito, pois aínda que cada un de nos faga de xeito
individual, unha labor importante en beneficio dun mesmo fin, a sensación de equipo non
a percibo, máis ben ó contrario. Supoño que as barreiras físicas axudan a levantar
barreiras mentais.

Como xa dixen, doulle moito gasto a internet e, como usuario, enseguida me decato si o
deseño dunha páxina web é ou non navegable. Para que unha páxina web sexa
navegable entendo que é preciso que o usuario atope o que busca no menor número
posible de clic's. No servizo xurídico da “UPD integrou” cumpre clicar un bo número de
veces para, moitas veces, chegar a un lugar baleiro:

Un exemplo sinxelo, clicando en todas as categorías que aparecen en primeiro lugar:


Servizo Xurídico - Ámbito Autonómico - Subvencións e Axudas Autonómicas - Subv
DOG Xullo 09 - Acuicultura

Cinco clics e, que atopamos? Nada.

O máis práctico, cando entramos nunha web por primeira vez é usar o buscador, sobre
todo cando sabemos con certeza que nese sitio está a información que buscamos máis,
resulta que o buscador desta web non funciona.

Cando buscamos unha información é coñecemos o día en que foi publicada, o lóxico é
clicar no mesmo día do calendario e que, ao facelo, nos aparezan tódolos resultados
dese día, incluído o que nós buscamos. Pois ben, resulta que na nosa páxina web temos
un calendario pero as publicación de cada día non están ligadas, tampouco por meses.
O calendario ten que ter algunha utilidade, estar configurado como un arquivo temporal,
doutro xeito, non ten sentido a súa presenza na web. Todo usuario dispón dun
calendario no seu ordenador facendo clic sobre a hora.

A configuración das categorías do Servizo Xurídico están máis pensadas dende o punto
de vista do profesional que introduce os datos que dende o que tería un usuario que
busca información. Un usuario, poñamos por exemplo un pequeno empresario, que
quere renovar os seus equipos informáticos e busca información na nosa web, co
primeiro que se atopa e que na páxina de inicio non ten pista algunha de por onde
empezar. Será o servizo xurídico o que me informará sobre estas axudas? Será iniciativa
empresarial Supoñamos que acerta e clica en servizo xurídico -non sen antes perder uns
segundos pensando-, e de súpeto atópase con que ten que escoller de novo entre tres
ámbitos, o autonómico, o estatal e o europeo. Saberá o noso usuario quen é o que da
ese tipo de axudas? Si o soubese seguro que non estaría buscando información aquí,
estaría na fonte orixinal.

A información, independentemente do sistema organizativo no que sexa recollido, cando


é ofertada debe facerse pensando no usuario, así, si entre os nosos usuarios están
técnicos de emprego de concellos ou asociacións será preciso que existan unhas
categorías para eles (por exemplo, administración local e asociacións). Si ademais
diriximos a nosa labor a PEMES e autónomos deberíamos ter outra categoría para eles
(PEMES e autónomos). E por último, deberíamos ter unha categoría para particulares
que buscan información para si, para diferentes colectivos, para por en marcha unha
empresa, etc.

Catro categorías son suficientes, podemos engadir algunha subcategorías as principais,


pero tampouco fai moita falla (moito menos temporais, pois o sistema xa se encarga de
ordenar a información cronoloxicamente, dende a máis recente a máis antiga). O que si
debe atoparse o usuario, ben en cada categoría, ben de xeito xeral, é unha nube de
etiquetas, con palabras clave (muller, xuventude, agro, dependencia, saúde, servizos
sociais, I+D+I, emprego, formación, axudas, subvencións,...) de xeito que clicando en
cada unha desas palabras nos apareza, en orden cronolóxico, tódalas entradas que nos
etiquetamos con esa palabra, indiferentemente da fonte da que partira a información
que, ó caso, ó usuario é o que menos lle importa.

No deseño da páxina web é fundamental o xeito en que a información se presenta ó


usuario, así, cando estamos lendo unha información calquera e vemos que a un lado e a
outro uns indicadores están en movemento, non só nos distraen da lectura, senón que
nos están invitando dun xeito inconsciente a entrar aí (por exemplo o apartado ofertas de
emprego, a dereita ou o de suxestións a esquerda). Deberían reducirse ao mínimo este
tipo de imaxes en movemento.

Amais é aconsellable que só exista unha barra de navegación horizontal, por baixo da
cabeceira , e outra lateral, preferentemente no lado dereito. Isto ten unha explicación
lóxica. O maior número de visitas que chegan a unha paxina web fano dende un
buscador (case sempre de google) e os buscadores sitúan unha páxina máis arriba ou
máis abaixo no resultado de buscas seguindo diferentes criterios: page rank (moi
relacionado co número de enlaces que existan a nosa web -o page rank da web da UPD
na actualidade é 0-), actualización de contidos (neste eido non hai problema, actualizase
case a diario) e a importancia que lle demos ao contido.

Quen valora isto? Iso fano un robots (arañas, no argot informático) que se adican a ler
tódalas páxinas webs do mundo, tódolos días e a tódalas horas. Comezan pola
cabeceira (header) ata o pé (footer) pasando polas barras (sidebars) e o corpo (body) do
mesmo xeito que o facemos nós, de esquerda a dereita, de arriba a abaixo) O robot
valorará como máis relevante o que aparece máis arriba e menos o que está cara a fin.
1
2
3 19
15
4 20
5 21
6 22
16
7 23
8 24
9 25
17
10 26
11 27
12 28
18
13 29
14 30

Con un deseño, semellante ao que ten a actualidade a web da UPD Integrou, o que
realmente é importante para o usuario, o contido, está sendo interpretado por uns robots
como algo menos importante que o contido da barra lateral esquerda.
Podemos ver como, na actualidade, a maioría dos xornais, onde cada visita supón
ingresos por publicidade, prescinden desta barra. As noticias aparecen sempre no lado
esquerdo e a noticia máis relevante do día, pola que uns e outros se disputan a
audiencia dos usuarios que veñen dos buscadores, está a primeira.

Non necesitaremos inverter en expertos cualificados para acadar un deseño semellante.


É suficiente con copiar do deseño dos xornais máis importantes, xa eles se encargaron
de facer estudos de ergonomía cognitiva por nós.

Así deberíamos modificar o deseño da páxina web na que conservaríamos a cabeceira.


Logo teríamos unha barra de navegación de dous niveis, con categorías e
subcategorías. Nela instalaríamos tamén o buscador e o botón inicio. Logo a esquerda
estaría reservada para o corpo, onde irían as noticias, a ser posible cun sombreiro ou
introdución da noticia, non só, como agora se ven facendo, co titular. Todos os titulares
seguidos causan un mal efecto e a súa lectura resulta pesada, máxime si queremos
conservar a cor corporativa . Na dereita colocaríamos a única barra, deixando imaxes en
movemento só para aqueles lugares que máis nos interese que vaia o usuario.

1. Cabeceira

2. Barra de navegación (inicio, categorías, buscador)


3. Barra de navegación (subcategorías, páxinas da web)
8
4. Post 1
9
10
11
5. Post 2
12
13
14
6. Post 3
15
16
17
7. Post 4 ...
18
19
20. Pé de páxina
Ao entregar este informe, e logo de lelo, chámame a Directora para falar comigo.
Recoñece que a páxina é mala e innavegable mais advirte que a estas alturas xa nada
se pode facer nela. Logo cóntame a súa particular historia sobre como se fixo, historia
que irá variando en función do interlocutor, para esta o responsable é un primo de Rosa
ao que ela persoalmente lle encomendou este traballo; para a outra parte a culpa tena
unha técnica colocada pola Consellería, amiga de Nuria, que non tiña os coñecementos
necesarios para realizar semellante tarefa. Todos, absolutamente todos, recoñecen que
é un desastre, mais ninguén dixo nada antes e, por suposto, todos teñen algún culpable
que nunca comeza por eles mesmos. Refírome, de xeito especial a quen estivo dende
os primeiros intres nesta UPD e, como non, con quen teñen unha vinculación especial
coa posta en funcionamento da páxina. Seis meses para a súa realización é moito
tempo e non debería dar soamente para facer unha moi boa páxina, senón para que
tódolos membros do equipo adquirisen coñecementos avanzados nas Novas
Tecnoloxías da Información, algo, do que dou fe, carecen absolutamente tódolos seus
compoñentes, moitas veces, incluso, de nocións básicas.

III.2.- INFORME XULLO

Sobre a primeira encomenda, coñecer o entorno, xa tiven oportunidade de expresarme


nun informe de navegabilidade, no que me refiro as eivas que atopo na navegación pola
páxina web. É unha mágoa que toda esa información -e tan útil- resulte tan difícil de
atopar polo usuario e, incluso, polos que a recollemos.

En canto ao entorno físico, o primeiro que me chamou a atención antes de chegar a UPD
é a foto de equipo, sen embargo, unha vez aquí, dentro, resulta máis difícil sentirse parte
dese equipo. Si existe, non se ve. Si existe, onde está? É posible que as barreiras físicas
axuden a levantar barreiras mentais.

Respecto ao meu traballo, cada mañá comezo a xornada de traballo lendo os Boletíns
Oficiais, tarefa que veño rematando, máis ou menos, no espazo dunha hora. Aínda que
suxiro a Mari (unha das nosas administrativas) as novas que son de interese para a
elaboración do BITE (Boletín Informativo para Técnicos de Emprego), é ela quen ven
desenvolvendo a práctica totalidade das novas.

Dende a primeira semana, cada mércores envío o 'Boletín para pemes e Autónomos' a
tódolos interesados en recibir esta información. Trátase dun boletín que se pon en
marcha logo da miña chegada, e dicir, que no ano e medio precedente, non se enviou
ningún tipo de información aos empresarios e autónomos. Tivemos problemas con
algúns contactos, pois viñan de volta os e-mail (actualmente seguen a vir de volta tres
dos contactos que forman parte desta base de datos).

A tarefa que me ocupou máis tempo foi a elaboración dun manual para o ofrecemento de
cursos relacionados cos dereitos e obrigas dos traballadores, un manual que ten pouco
de orixinal -o tempo non permite este tipo de frivolidades- e que se puido facer realidade
grazas aos manuais de Dereito do Traballo, Dereito Penal, e Dereito Penal Económico,
da UOC, a diferentes módulos do Máster de Dirección de Persoal e Asesoría Laboral, de
INFOREM, e o traballo realizado anteriormente por Montse, de cuxo traballo conservo
algunhas partes. Todo este tempo considero perdido xa que logo eses cursos que se
supuña que debía dar encomendáronllos a outras persoas (caso da intervención en
Celanova) ou anuláronse (os previstos para impartir as persoas con discapacidade).

Logo de ler este último informe a Directora volve a chamarme ao seu despacho e
pregúntame si non estou contento na UPD, si teño problemas con algún compañeiro ou
si me quero ir. Respondo que ningunha desas cousas. Entón convídame a que me sente
e comeza a explicarme de novo 'o que hai', todo o que lle gustaría ter feito e non lle
deixan (incluída a pasaxe dos pobres inmigrantes que ASPANAS non lle permitiu traer a
Galiza, como si iso fose función desta UPD!?. Que barbaridade! Logo, remexendo entre
a pila de folios que deixou Montse observei kilos de papel sobre a inmigración... e eu,
que son moi desconfiado ao ve este tipo de cousas só me ven unha idea a cabeza: voto
emigrante. En fin, que habería entre todo o que -me din- tirou antes de marchar?), sobre
a desviación de fondos a outros fin distintos dos da UPD, etc., etc.

Insisto nas miñas críticas, na cuantiosa inversión realizada e na escaseza de resultados.


E fágoo facendo referencia as siglas que dan nome ao programa UPD Integrou, pois
como xa dixera antes non vexo por ningunha parte tal UNIDADE ou grupo de técnicos
(fáltanme membros do equipo e os que están anda cada quen ao seu); nin vexo que se
faga nada na PROMOCIÓN persoal das persoas con discapacidade, coas que non
temos contacto algún, cando existen ducias de asociacións de persoas con
discapacidade coas que poderíamos ter contactado para ofrecerlle os nosos servizos a
persoas interesadas en por en marcha algún proxecto; e outras áreas nas que
intervimos, como os obradoiros, onde se realiza unha simple recollida de datos sen
finalidade algunha (ou iso prefiro pensar) e baixo a pseudo-promesa de buscarlles
emprego; nada de DESENVOLVEMENTO pois da UPD non xurdiu, nin se impulsou, nin
se investigou novos nichos de negocio, non se creou nin tutelou unha soa empresa, i é
máis, non se fixo un só plan de empresa.

Tamén me pregunto para que estou aquí. Fágolle saber a Directora que para ler un
Boletín Oficial, para buscar e atopar algo concreto, non se precisa a un Licenciado en
Dereito. Entendo que estou para resolver cuestións xurídicas máis, onde están as
cuestións?. Ninguén da UPD, ninguén de ASPANAS, ningún técnico, axente ou
orientador se dirixiu a min en todo este mes para facer algunha consulta. É lóxico que
me pregunte que fago aquí: é lóxico que me pregunte que é o que fan os demais; i é
lóxico que me pregunte como é posible que exista xente capaz de vivir durante dous
anos nun posto de traballo sen facer nada, absolutamente nada.

III.3.- INFORME AGOSTO

Non dispoño de informes analíticos sociolaborais, nin de prospeccións empresariais, nin


de diagnósticos situacionais, nin estudos de viabilidade, ... nin de ningunha desas
cousas que se supón que unha UPD elabora en aras de incidir no desenvolvemento
socioeconómico en materia de formación e emprego. Cando solicito os anteditos
informes para preparar un curso de creación de empresas no Concello de Os Blancos
dime a Directora que llelo pida ao técnico de emprego de alí. (?) E os seus técnicos para
que están?

Dar cursos de creación de empresas non é a miña labor, máis fágoo porque quen se
encarga de facelo vaise de vacacións. Esta persoa tratou de darme unhas directrices
sobre como debería enfocar ese curso e a miña sorpresa foi ver que non contan con
nada axustado para a zona na que se vai intervir. O máis arrepiante foi atoparme como
exemplo de creación dunha empresa, a posta en marcha dunha franquía, nin máis nin
menos que de BEEP, unha tenda de produtos informáticos. No centro de Os Blancos ía
quedar niquelado.

Chegarlle con este exemplo a un pobo, cun obradoiro de cantería, e como dicirlle a esa
xente: aquí non tedes futuro, vendede todo o que teñades, ídevos para a cidade e
facédevos cunha franquía cos cartos que obteñades... Non estou de acordo. No rural hai
recursos para sobrevivir í é labor dun técnico sacarlle proveito.
Neste mes comecei a enviar tamén o 'Boletín para Pemes e Autónomos' aos axentes e
técnicos de emprego locais, co gallo de que o compartan no entorno socioeconómico do
seu concello.

Para proceder ao envío utilicei, primeiro, unha lista de distribución elaborada por min a
partir dos datos que figuran na nosa base de datos. O xestor de correo non me permitiu
realizar o envío xa que moitos dos datos contiñan erros no enderezo de correo que
bloqueaban o programa (unha letra cambiada, unha coma en lugar dun punto, guións
altos por baixos,...).

Como me urxía enviar o boletín, era mércores, pedinlle a Mari a súa lista de distribución,
lista que me pasou mediante un documento 'word'. Copio e pego os datos e realizo o
envío. Axiña me atopo con outra sorpresa: a maioría dos correos enviados dende esta
lista veñen de volta. Esta lista de distribución utilizase a diario para enviar alertas e,
seguramente a diario chegan ducias de correos electrónicos rexeitados (tarefa que
realizan tanto a Directora como a administrativa). Non entendo como ninguén reparou
nisto deica agora, nin como non se solucionou este problema, isto é, tomarse a molestia
de actualizar a base de datos.

Un feito especialmente grave foron as escapadas inducidas pola Directora. Cando a ela
lle conviña mandábanos saír unha media hora ou unha hora antes do horario habitual,
iso si, sempre coidando que non estivese cerca Rosa. Por iso estas escapadas foron
máis habituais no período en que Rosa estaba de vacacións.

Amais continuaba a realizar outras tarefas semellantes ás do mes de xullo (lectura de


Boletíns, elaboración do Boletín para pemes e autónomos, manual de xardinería,...).

Este informe non é exactamente o que lle enviei a Nuria pois, logo de romperme o de
xullo, tamén me dixo que tratase de por soamente as cousas 'guai' da UPD e as tarefas
que fago. Iso non impedía que eu levase conta, paralelamente do que sucedía pois, non
sei si será virtude ou defecto, acostumo a tomar nota de feitos que a min me parecen
relevantes, xa sexa no ámbito profesional, político, social ou persoal, notas que, a
veces, si o considero preciso acabo publicando.

O modo de actuar de Nuria neste caso delata a súa personalidade manipuladora. A


primeira vez que sucedeu, coincidindo con que Rosa se marchara con motivo das festas
de Maceda, a Directora apareceu na nosa oficina, cerrou tódalas portas e con voz baixa
díxonos a todos: “os voy hacer una proposición indecente”. Por suposto, díxonos que na
outra oficina estaban todos de acordo mais que, si algún de nós, un só de nós, decidía
non saír, 'no pasa nada'. Iso si, nese caso quedabamos todos. Que chantaxe máis
sublime! Eu, que soamente levaba un mes na UPD, tiña a oportunidade perfecta para
cabrealos a todos e fastidiarlle esas horas, mais aguantei a tentación (esta última frase
léase con moita retranca).

Na penúltima semana do mes de agosto apareceu de novo, no mesmo ton encantador,


con outra nova proposta. Desta vez, aínda máis indecente. Decidira darnos a todos un
día de asuntos propios extra (seica os seis que -din- lles 'corresponden' eran
insuficientes. Por máis que lea o convenio correspondente non vexo eses seis días que
se autooutorgaron por ningunha parte. Debo recoñecer que tanta permisividade a este
grupo de traballadores por parte de ASPANAS cheira moi mal), a condición de que
todos nos puxeramos de acordo e non coincidísemos no mesmo día. Todos colleron o
seu día agás eu, que dende o momento en que o propuxo lle dixen que non tiña ningún
asunto persoal que atender. Que lle vou facer!

Aínda así seguiume insistindo durante días para que collese ese día de asuntos propios
-'si quieres no vengas mañana', dicíame), mais, desta, con me convenceu. Non terme
'collido', coma a todos os demais, fixo que comezase a tratarme de xeito distinto.

O último día do mes de agosto estiven só todo o día na oficina, uns estaban de
vacacións, outros de asuntos propios (ese extra). Na outra estaban tan só Iván e Lucía,
polas mesmas razóns. Non había moita xente máis nas dependencias de ASPANAS.
Escoitei subir as escaleiras a aqueles dous dende a súa oficina para dirixirse ao
despacho da Directora e ao cabo dun intre baixalas e, en menos dun minuto, tíñaos aos
dous asinando a ficha de control na oficina onde eu estaba. É entón cando Iván me di
que nos imos, que 'lo dijo Nuria', ao que respondo que 'a min non me dixo nada'... e
marchan.

Esta situación púxome nunha situación complexa: por un lado quería saber cal era a
razón dese 'trato diferenciado', polo outro non quería que Nuria me dixese 'vaite ti
tamén' si a chamaba e lle pedía explicacións. Sería de novo a miña curiosidade a que
me levaría a chamala e comentarlle a escena que acababa de suceder. A Directora
dime que Iván e Lucía lle pediron marchar antes do posto de traballo -o cal teño que
crelo, pois eu mesmo fun testemuña de como os dous subiron e baixaron nuns intres- e
que ela llelo permitiu.
Dime que soamente quedamos ela e máis eu pero que, si eu quero -outra vez!-
vámonos os dous. E así foi, porque eu quixen... fómonos. En fin.

O certo é que estas 'movidas' axudaron a xerar moita tensión no ambiente, aumentado a
que xa existía, e en cantidades inxentes, antes da miña chegada, entre outras razóns
porque a min non me gustaban. E dicíao. E outros dicían logo o que eu dicía e o que eu
non dicía.

III.4.- INFORME SOBRE RISCOS LABORAIS EN RIBADAVÍA (Obradoiro ABOBRIGA)

Logo da miña visita a Ribadavia para impartir o curso de Prevención de Riscos Laborais,
voltei pasmado polos que os seus propios membros me relataron e que transcribo a
continuación:

O módulo de prevención de riscos laborais estaba enfocado a prevención de riscos en


xardinería. Amais dos alumnos de xardinería sumáronse a clase os de carpintería e
albanelería.

No primeiro contacto decátome que este módulo non poderá ser explicado de xeito
específico para ningún dos grupos xa que os de xardinería me din que están realizando
traballos forestais e non de xardinería (o máis curioso é que ao largo do día vin uns
traballadores nun parque e ao preguntar si eran os xardineiros respondéronme que non,
que eran da brigada forestal do Concello). Trátase non só dun fraude a Xunta de Galicia,
que é quen financia o obradoiro, senón tamén aos propios traballadores.

Finalmente acabamos vendo os riscos xerais e analizando, vía debate, os demais riscos
que lles afectaban a cada un dos colectivos. Coido que, neste senso, a clase foi moi
interesante, ao percibiren os alumnos numerosas anomalías no desenvolvemento da súa
actividade. Son as seguintes:

– Gafas protectoras de baixa calidade que reducen a visibilidade.

– Botas de seguridade que pasan auga.

– Inexistencia de botas de seguridade anticorte para a manipulación de


desbrozadoras e motoserras.

– Tampouco dispón de mandil e manguitos para realizar estas mesmas tarefas.

– Fundas de baixa calidade xa que destinguen, non protexen dunha simple picadura
de ortigas, non son cerradas nas extremidades nin no pescozo (dándose caso de
picaduras de insectos con elas postas), etc.

– Amais, algúns alumnos, din que lles falta a parte superior da mesma, outros a
inferior, algúns camisetas, botas,...

– Non dispón de equipo de protección para o frío, agora que polas mañás xa fai
falla.

– Aseguran ter traballado na vía pública sen ningún tipo de sinalización, pois non
dispón da mesma.

– Tampouco teñen a roupa de alta visibilidade esixida para este tipo de labores.

– No obradoiro escasean os arneses véndose na obriga de compartilos entre os


distintos grupos (albanelería e xardinería, ou mellor dito: forestal).

– Traballan con maquinas que fan ruído (especialmente en carpintería e forestal)


sen que ninguén dispoña de tapóns para os oídos ou cascos que protexan dos
trastornos que este pode provocar.

– Outras máquinas, fontes de ruído, como un compresor, non permanece illado.

– Nos traballos de deforestación as mulleres cargan con pesos superiores aos


permitidos para mulleres, de xeito continúo (as desbrozadoras pesan máis de 15
Kg., carga de rastrollos, etc.).

– As luvas que utilizan tamén son de baixa calidade, non protexendo


suficientemente das arestas ou das picaduras da vexetación.

– Dispón dunha caseta (módulo de obra) sen ventilación e sen vestiarios (sobra
engadir que non hai vestiarios para ámbolos dous sexos, non hai para ninguén).

– O grupo de albanelería di ter traballado con materiais perigosos como o amianto,


sen dispor dos equipos necesarios para estes traballos nin, por suposto, da
formación necesaria, xa que este tipo de labores están reservadas para empresas
especializadas.

– Non dispón de medidas de extinción de incendios (un extintor para poder apagar
unha máquina que se poña a arder, por exemplo) nin, moito menos, nocións
básicas de como se manipulan este tipo de aparellos.

– As caixas de urxencias están incompletas (algunhas delas o único que contén é


unha botella de alcohol e auga osixenada).
– Moitas veces, o grupo que realiza traballos forestais, están incomunicados. O
monitor acércaos a obra e déixaos alí, non dispondo de ningún medio para
desprazarse no suposto dunha emerxencia.

– Etc.

Este informe foi presentado a directora da UPD e a súa resposta foi que 'lo que allí
sucede no es asunto de la UPD'. Paréceme lamentable que diga iso quen dirixe unha
UPD pois, entre as nosas funcións está de formar aos traballadores e informalos dos
seus dereitos e obrigas, entre eles, os relativos a riscos laborais.

Non se trata tampouco de ir por aí denunciado a todo o que se move, pois si fose así, un
Licenciado en Dereito, dado o seu coñecemento do lícito e ilícito non sairía do xulgado
en todo o día só para denunciar o que que de motu propio ve. Isto dígoo aquí porque,
non sei si froito da miña paranoia, ou porque realmente se fai con esta intención, en
máis dunha ocasión Rosa Carrera insiste en recalcarme que 'en ASPANAS se
respectan tódolos dereitos laborais dos traballadores'. Xamais puxen en dúbida isto
como para que mo teñan que dicir como mo din. E sei que non debería, pero vouno
facer, sinalar que un aforismo latino que todo estudante de dereito, de primeiro curso,
sabe de memoria di: excusatio non petita, accusatio manifesta. Xa veremos máis
adiante canto disto é certo.

Todo isto sucede porque, tralo sucedido co affaire de Ribadabia ninguén se molestou en
escoitarme e, por suposto, ninguén obedeceu ao principio mínimo de responsabilidade.
Como Licenciado en Dereito non é meu dereito denunciar todo acto ilícito, é unha obriga
que de non cumprila tería repercusións legais sobre a miña persoa moito máis graves
que sobre calquera outra. Mais non é iso o que máis me preocupa, como xa dixen antes,
senón a integridade e a vida de outras persoas, ás que eu lle vou dar un curso de
Riscos Laborais e onde os alumnos reflicten unhas condicións lamentables de traballo,
froito do cal, a maioría pídeme que 'faga algo', que o denuncie, permanecendo calados
unha minoría deles sen que ninguén, nin un só alumno saia en defensa dunha posición
contraria.

Repito: son quen lle dá o curso a estas persoas! Que ocorrería si ao día seguinte se
mata alguén? Sairían todos nos medios dicindo que xa llelo advertiran a tempo ao
técnico e que este -EU- non lles fixo caso. Acusaríanme a min, e non sen razón, de ser
o causante final desa desgraza. Por iso me desespera a actitude da Directora,
dicíndome que non é asunto da UPD, e a de ASPANAS, por suposto, ao non facer nada
ao respecto (si é certo que Nuria lle pasou o meu informe, cousa que aínda poño en
dubida). Están xogando coa vida desas persoas e coa miña propia. Pode haber maior
falta de RESPECTO?

Por suposto, quen finalmente foi tachado de irrespectuoso fun eu, por Nuria e Rosa, e a
saber de cantas cousas máis...

III.5.- INFORME SOBRE OS ENVIOS A PEMES E AUTÓNOMOS

Unha das primeiras encomendas que recibín dende a miña chegada a UPD foi a de
realizar un Boletín con información dirixida a pequenas e medianas empresas e
autónomos, cun formato semellante ó Boletín que se envía aos técnicos de emprego. A
diferencia daquel, a periodicidade deste sería semanal, para que ningunha nova chegase
ao seu destinatario co prazo de convocatoria finalizado, pois os empresarios, a diferencia
dos técnicos non reciben alertas diarias. Amais, optei por un formato a unha soa
columna, moito máis axeitado para ler dende un ordenador persoal, xa que a dúas
columnas obriga a quen le, unha vez chega ao final da primeira columna a subir cara
arriba para comezar a ler a segunda das columnas, formato aquel máis apropiado para a
lectura en papel.

As novas recollidas neste Boletín refírense esencialmente a aquelas que convocan


axudas e subvencións destinadas a pequenas e medianas empresas e autónomos sobre
distintas materias: financiamento, contratación de persoal, renovación de maquinaria e
infraestruturas, prevención de riscos laborais, responsabilidade social empresarial,
inserción de persas con discapacidade, promoción da igualdade, incorporación ás novas
tecnoloxías, formación continua, promoción do asociacionismo, investimento en I+D+I,
apoio ao emprendemento, especialmente ao feminino, así como outras noticias
relacionadas con políticas sociais e laborais.

Cando a información acumulada ao largo da semana resultou moi reducida aproveitamos


o espazo para achegar ao empresariado ourensán un compendio das políticas de
emprego vixentes para o ano 2009 (Boletín número catro e número oito) ou sobre
financiamento de empresas (Boletín número nove). Soamente nunha semana, na que vai
dos días 9 a 15 de setembro, non foi posible editar un Boletín por falta de novas.
Nun principio este Boletín foi enviado as empresas e autónomos que conforman a nosa
base de datos. Déronse algúns problemas no envío por incorrección nos datos ou
inexistencia de destinatario. Aínda hoxe seguen chegando algunhas devolucións. Amais,
resulta difícil saber si estes e-mails están chegando ó seu destino pois xamais ningún
empresario se dirixiu a min para completar e/ou complementar a información recibida.
Quizais teña algo que ver o carácter impersoal da mensaxe ao non haber unha persoa
física que asine con nome e apelidos, unha persoa a que dirixirse.

Máis tarde, a partir do Boletín número catro tamén se envía a técnicos e axentes de
emprego. Aquí as devolucións de e-mails son sorprendentemente masivas, e digo
sorprendente, xa que esas listas de distribución -a axentes e técnicos- úsanse a diario no
envío de alertas ou mensualmente para o BITE, sen que ninguén advertise e solventase
ese problema, máxime cando trala miña chegada a UPD preguntei si se estaban
asegurando de que eses e-mails chegaban a seu destino, pois contén numerosas
ligazóns e os filtros de correo-lixo acostuman a rexeitar este tipo de correos sen que o
destinatario se decate.

Moitos deses enderezos de correo contiñan erros ortográficos, cometidos na transcrición,


solventados buscando na base de datos ou dirixíndome a algúns dos axentes e técnicos,
máis aínda seguen sendo ducias os e-mails que veñen de volta.

Porqué? Porque cando detectei esta situación e llelo dixen a Directora encomendoume a
min solventalo, chamando a tódolos axentes e técnicos titulares dos e-mails devoltos.
Moléstame especialmente, non polo feito de ter que realizar tarefas que non son propias
do meu posto de traballo, menos cando dispomos de dúas administrativas, senón porque
daba a sensación de que me mandaba solucionar a min cada problema que detectaba.
Imaxino que pensaría que así deixaría de sinalar erros.

Hai alguén ao outro lado? Resulta difícil de contestar. As deficiencias nas


comunicacións, sumada coa despersonalización da mensaxe, fai que nin axentes, nin
técnicos, nin empresarios, nin autónomos se dirixan ao servizo xurídico da UPD para
solicitar máis información ou na procura de asesoramento xurídico por ningunha das vías
postas a súa disposición (telefónica, e-mail ou web). Esaxero, nestes tres meses recibín
dúas consultas: unha para preguntarme por unha orde (consultar correo electrónico), vía
e-mail; e a outra para preguntar si existían axudas para a adaptación do posto de traballo
para minusválidos, dende a Asociación de Empresarios de San Cibrao, vía telefónica.
Nos dous casos tratábase de técnicos de emprego.
Antes de rematar o mes Nuria pídeme que lle faga este outro informe, un informe sobre
os Boletíns que semanalmente elaboramos para unha miserenta, hai que recoñecelo,
lista de distribución. Unha UPD de ámbito provincial que soamente conta cunha lista de
correo de pouco máis de 100 empresas cando son miles as pemes e autónomos nesta
circunscrición? Incrible!

Fun moi crítico, como se pode ler neste informe e Nuria pídeme que refaga o Informe,
volvendo a rompelo diante miña (nese intre paréceme que está rompendo tanto este
informe como o de Ribadavia, sen embargo, non era así). Si a Directora quere un
informe que fale das 'marabillas' da 'súa' UPD debería facelos ela mesma e non pedir
que os faga e asine outra persoa que non pensa o que ela quere que digan eses
informes. Refago o informe, e poño todo o que ela quere que diga, mais desta vez nin
poño o meu nome nin o asino. Non volve a pedirme outro informe no que resta de UPD
e eu tampouco volvo a asinar un informe.

Da falta de consultas xurídicas o que máis doe e que a entidade para a que traballo en
ningún intre me pedise consello, un informe de conformidade, ou calquera outra cousa.
Alguén pode imaxinarse maior desaproveitamento de recursos?

III.6.- INFORME SETEMBRO

Por segunda vez no ano teño que ver como a directora da UPD rompe un informe diante
dos meus narices (ao que me refiro máis arriba). Entrégolle logo outro informe 'a carta',
xa dixen, mais, posto que non o considero meu, non o asino.

Polo que respecta as tarefas habituais, comezo a xornada de traballo lendo os Boletíns,
tarefa que veño rematando, máis ou menos, no espazo dunha hora. Das novas recollidas
vou seleccionando as que se deben mandar nas alertas e as que se desenvolven para o
BITE e para o Boletín de Pemes e Autónomos.

Na xornada do martes adícome a elaborar o 'Boletín para pemes e Autónomos' para logo
envialos a tódolos interesados en recibir dita información. Durante este mes tiven
problemas para confeccionar o boletín dada a escaseza de novas relativas a pemes e
autónomos. Na semana do 9 a 16 de setembro foi imposible elaborar o Boletín, de modo
que non se envía.

Esta escaseza de novas obrígame a buscar outra información alternativa (financiamento


para empresas, políticas de emprego, ...) para complementar coa información habitual.
Preparar unha clase tamén me ocupa bastante tempo, máis ao non ser sempre do
mesmo, nin tratarse de materias que eu domine (creación de empresas e prevención de
riscos laborais), pois non son nin economista nin Técnico de Prevención.

Os obradoiros de Os Blancos e Ribadavía foron os máis interesantes en canto ao


aproveitamento que os alumnos fixeron do curso. Tratábase, maioritariamente, de
persoas entre 45 e 60 anos, moi interesadas na aprendizaxe. A única eiva, a duración da
clase en Ribadavia, 7 horas, que a diferencia de Os Blancos, 5 horas, se lle fai moi longa
a estas persoas.

Pola contra, en San Cibrao, a impartición dos módulos de creación de empresas e


Prevención de Riscos Laborais, non pasa de ser un mero trámite. Os alumnos, con
idades comprendidas entre os 17 e 20 anos, non amosan o máis mínimo interese polas
materias. Agás dous ou tres dos alumnos do grupo -dun total de 25-, a maioría deles non
amosa respecto, nin atende e, no tocante a materia, non ten a máis mínima
preocupación pola súa propia situación laboral, nin pola seguridade, saúde e hixiene no
traballo. Sete horas teóricas, para eles, tamén resultaron excesivas.

Este mes rematou coa miña paciencia, coa miña tranquilidade, coa miña serenidade e
con outras moitas cousas máis. O máis positivo foi, sen dúbida, saír a dar estes cursos,
enfrontarme cun grupo de persoas que ten a mirada e, nalgúns casos, a atención posta
nun. Aínda que non era a primeira vez que tiña que facer algo semellante, pois noutros
ámbitos da miña vida xa tivera ocasión de defender posicións ideolóxicas fronte a outras
persoas, coa vantaxe, nun casos, de ser secundado por outras persoas -o cal reforza- e,
tamén, noutras, a contra de ser rebatido; aínda así non é o mesmo atoparse fronte a
persoas descoñecidas que a compañeiros (por máis endeusados que puidesen estar
naqueles momentos).

Gustoume tanto a experiencia que agardaba con ansia os vindeiros cursos, que serían
en novembro antes de coller as miñas vacacións. Amais, estes serían sobre dereito,
unha materia na que podo exercer máis control. Sen embargo, iso nunca chegaría a
suceder. Alguén debe temer que encontre novas irregularidades, como sucedeu en
Ribadavía, e por iso prefiren teme afastado e entretido nun manual para as persoas con
discapacidade. Hoxe pola rúa podes ver como todas as PCDI levan o seu manual baixo
os abrazos. Un instrumento moi útil.
III.7.- INFORME OUTUBRO
O día 1 de outubro pídolle a Mari que faga algo, xa non me lembro que, e dime que está
ocupada creando as categorías da páxina web. Eu cría que as categorías estaban
integradas no código da web e se creaban automaticamente cada mes, mais non era así.
Fanse manualmente cada mes a pesar de que dende a dirección da UPD, logo de que
lle presentase o informe de navegabilidade, se me recoñecía a excesiva categorización
do servizo xurídico. Dende o primeiro momento apostei por un sistema máis sinxelo mais
dixéronme que aí xa non se ía tocar porque o código da páxina estaba cerrado. Non era
certo, si as categorías se crean manualmente, podía evitarse seguir cometendo o
mesmo erro de crear carpetas que van permanecer para sempre baleiras, si se aposta
por crealas soamente cando realmente xurda unha nova relacionada coa mesma. Non
se me fixo caso algún. Ignorase totalmente todo o que digo, tanto como usuario e
coñecedor da web (onde traballo dende hai anos en contornos avanzados) ou como
xurista, sen que ninguén me demostre que estou errado nin, moito menos, posuír máis
coñecementos ca min. O pésimo traballo realizado nos derradeiros anos nesta web ten
nome e apelidos e non son, afortunadamente, os meus.

Para máis infortunio entramos neste mes do peor xeito que se podía facer, ao coller
nunha grave mentira a Directora da UPD. Hai algo peor que un xefe che minta? Que
necesidade pode ter un superior para facelo? Medos? A que?

O martes 29 de setembro, cando chego ao traballo, pola tarde, as 15,45 Nuria dime que
Rosa Carrera lle preguntou que si “sabía para que quería falar con ela”. Eu nin me
acercara polo despacho de Rosa, nin tiña nada que dicirlle e así llelo fixen saber. O
venres 2 de outubro, antes de marchar de fin de semana e non irme coa intriga,
pregunteille a Rosa si falara con Nuria e si me buscaba por algunha razón. Díxome que
non e que si quería algo de min sabía perfectamente onde atoparme. Non o dubido.

É así como descubrín que Nuria me mentiu. Entendo que o martes a Directora soamente
estaba indagando si eu me dirixira a Rosa (lembremos que nolo tiña prohibido a tódolos
membros da UPD) para falarlle do informe sobre prevención de Riscos que elaborara
sobre o Obradoiro de Ribadavia.

Ese día, nada máis chegar a casa publico o informe no meu blog e engádoo a todas as
redes sociais; noutras, como facebook ou windows live faino o sistema de xeito
automático. É na primeira destas redes onde o informe adquire máis transcendencia,
chegando a amigos da CIG, do BNG, entre eles o concelleiro de Ribadavia, e do PP,
entre eles José Manuel Baltar Blanco. Estes dous agradecéronme a información. Na
miña rede tamén hai persoas do PSOE, ninguén dixo nada.

Coa CIG xa falara o 29 de setembro (ao día seguinte de impartir o curso), cando
quedaron en denunciar os feitos, logo de constatalos, como así fixeron o día 7 de
outubro, sacando un comunicado de prensa que se fixo publico en diferentes xornais o
día 8, sen facer referencia algunha a miña persoa nin a UPD, tal e como eu lles pedira,
por mandato da Directora da UPD.

Con Anxo Collarte, concelleiro do BNG, falo o luns, amais de agradecerme a publicación
do informe ofrécese a facer todo o posible por solventar os graves feitos aos que me
refiro no informe, á vez que me manifesta o sentimento de corresponsabilidade que lle
afecta como socio do Goberno de Ribadavia, pese a non pertencer o Obradoiro a
ningunha área da súa competencia. Ao día seguinte diríxese ó Concello de Ribadavia
para presentar a súa queixa.

Pronto chegan as novas a UPD. O martes, 6 de outubro, o director do Obradoiro chama


reiteradas veces para falar con Nuria, que está ao telefono ocupada durante case unha
hora. Cando ao fin colga, Lucía (outra das nosas administrativas) pásalle o recado e en
menos dun minuto chámame para que suba 'inmediatamente'.

Nun estado de histeria pregúntame si son consciente do que fixen. Respondo que si, que
xa lle advertira que non ía quedar de brazos cruzados mentres se pon en perigo a vida e
se violan os dereitos duns traballadores aos que eu, precisamente eu, lle fun falar deses
dereitos. Denunciar eses feitos era amais dun compromiso persoal comigo mesmo, cos
propios traballadores, os cales me pediron que o fixese público. Nuria repíteme iso de
que 'te va a caer el pelo' e 'se lo voy a decir a Rosa'.

É lamentable que precisamente a persoa da UPD que máis cousas ten que agochar, xa
sexa froito da súa irresponsabilidade, xa da súa incompetencia, teña que dirixirse a Rosa
para falarlle dun artigo publicado nun blog persoal dun dos seus membros de equipo.

Chámame Nuria pouco antes das dúas para dicirme que me quede a esa hora para falar
con Rosa. Digo que non, as dúas voume a comer. Entre outras razóns, entendo que me
pretende facerme quedar a esa hora para que eu perda do meu tempo de lecer e ela non
perder do seu (amais, tiña asuntos persoais que resolver nese tempo que non podían
agardar). Dígolle que antes das catro estou de volta.
Na reunión con Rosa fálanme que de que violei a cláusula de confidencialidade
(descoñezo quen foi o asesor xúridico que a aconsellou); si, ese tipo de cláusulas, que
se asinan ó abeiro da Lei de Protección de Datos. O fin desta Lei non é protexer as
empresas da violación de dereitos individuais, nin ós seus dirixentes dos abusos cara os
seus traballadores, senón protexer os datos confidenciais que afecten ás persoas
(enderezos, DNI, Tfno, CCC,...). Si non fose así, sería a fin do dereito laboral.
Seguramente sobra dicir que tratar de burlar o verdadeiro espírito dunha norma implica
un fraude de lei. O artigo 1 da Lei de Protección de Datos non deixa lugar a dúbidas
sobre cal é o seu verdadeiro obxecto:

La presente Ley Orgánica tiene por objeto garantizar y proteger, en lo que concierne al
tratamiento de los datos personales, las libertades públicas y los derechos
fundamentales de las personas físicas, y especialmente de su honor e intimidad
personal y familiar.

Máis, o feito de que nesta reunión se fixese alusión a violación da antedita norma, e sen
ánimo de caer na paranoia ambiental dominante, faime pensar que Nuria pediu que me
botasen do meu posto traballo. Ninguén me negou este estremo.

Ben, volvendo aos feitos: ao rematar o meu 'interrogatorio' deixo a Rosa unha copia de
tódolos informes que fun pasando a Nuria ao largo deste tempo, dende que cheguei a
UPD, entre eles os que me rompeu diante do nariz. Amais deses informes engado outras
anotacións que vou recollendo para o meu informe final, un copia e pega que fago
apresurado logo de comer. Son consciente que se me pasaron algunhas outras cousas
de interese que irei engadindo sobre a marcha, mais do que contén non sobra nada.

Rosa e Nuria quedan reunidas no seu despacho. Nuria queda intrigada (mellor dito, moi
preocupada) polos documentos que entrego a Rosa. Pouco despois recibo unha
chamada de Rosa na que me di que xa coñecía as”escapadas” dos membros da UPD,
que ten quen a informa de todo. Non o dubido, Rosa é coma Nuria, quere ter todo baixo
o seu control, unha cualidade pouco recomendable para ocupar unha Dirección. O ideal
é saber delegar, pero para iso é necesario que quen dirixe cree o seu propio equipo e
aquí os equipos confórmanos os partidos políticos que ocupan as distintas
administracións. É a peaxe que hai que pagar para recibir axudas.

Dende o día en que Nuria rompeu diante miña un dos informes que lle presentei, elaboro
dous tipos de informes: a versión resumida que segue as directrices que ela me deu (que
me limite a dicir o marabillosa -con outras verbas máis cursis- que é esta UPD amais de
anotar as tarefas que realizo) e a versión estendida, para o meu uso persoal (a
elaboración deste informe final). Dende este mes só haberá versión estendida.

A mañá seguinte, o mércores 7 de outubro, a primeira hora Ana dime que lle parece moi
mal que fale mal dos seus compañeiros no meu blog. Sorprendido, dígolle que no meu
blog non falo mal de ningún compañeiro. Nese intre decátome do que realmente
sucedera: Nuria foille co 'chisme' a outra oficina para dicirlle que descubrira as
escapadas do mes de agosto, así que decido por o informe en web en servidor e
compartilo con todos, para que todos dispoñan da mesma información e non segada,
como pretende a Directora. Está tratará de convencer a todos para que lle digan a Rosa
que eu minto nos meus informes, e farano, farano todos menos Lucía Carreira. Non só
menten para protexer a súa directora, ou para atacarme a min por descubrir (ou iso cría,
posto que Rosa afirma saber de todo iso) o sucedido, menten por eles mesmos, que
eran quen máis gozaban do incumprimento dos horarios.

Os informes que eu fago hai que entendelos como o que son:

– Internos: dirixidos a Directora.

– Persoais: resultado do criterio propio, que non ten porque ser o acertado.

– Críticos: a prioridade é atopar defectos, nin alardear, nin falsear unha realidade
que non percibo.

– Construtivo: feitos co ánimo de advertir e corrixir eivas que se dan dentro da UPD
por quen ten a responsabilidade de facelo.

Que estes informes non sexan tidos en conta pola Directora -en canto que non
produciron efecto algún sobre o funcionamento da UPD-, nin sequera deriven nunha
reunión de grupo para falar do contido dos mesmos, para tratar de mellorar e orientar ou
reorientar o traballo do mes que entra, é responsabilidade daquela, que prefire ternos a
todos divididos, compartimentados e mesmo enfrontados. Magnifica labor de Dirección.
O mesmo pode dicirse respecto a ASPANAS, que pouco ou nada controlou a actividade
da UPD e o cumprimento dos obxectivos marcados.

Un exemplo, desta confrontación son as continuas chamadas para falar individualmente


con cada un de nós onde, imaxino, non se fomenta precisamente a labor de equipo,
senón que se chuza neles en aras confrontalos contra a miña persoa. Que necesidade
ten unha persoa que dirixe un grupo para acabar facendo algo así? Inseguridade
persoal? Desconfianza no grupo?
Estes feitos provocarán situacións como a que a continuación vou contar: logo de ler
estes informes diríxense a min Ana e Iván. Ana queixase do feito de que meta a todos no
mesmo saco cando falo de 'descoñecemento global das TIC'. Evidentemente, non sei ata
onde alcanzan os coñecementos de cada quen pero si que, de telos, estes non se ven
reflectidos no traballo realizado na UPD dende a súa creación, nin na comunicación
externa (páxina web) nin, moito menos, na interna. O recurso a realización de
comunicados en papel é só unha mostra (Ana, precisamente, para comunicarnos a todos
que crear unha nova carpeta en “web en servidor” entréganos un comunicado en papel a
cada un dos membros da UPD. É ese o dominio que ten das Novas Tecnoloxías?). Outra
proba do que digo pode atoparse no seguinte enderezo, en cuxa páxina web que se
pode observar todas as ligazóns que levan a web da UPD:

http://wholinkstome.com/url/updintegrou.org.

Todas son de blogs meus ou de outros nos que participo. Non aparecen ligazóns
creadas por ningún outro membro da UPD, ninguén fixo nada, absolutamente nada, por
dar a coñecer a páxina a que tanto aportaran no ciberespacio.

Pola súa banda, Iván está molesto porque critico as actividades que el presenta nos
cursos que imparte no módulo de creación de empresas. Cada un de nós ten claro o que
defende e, cada un de nós, pode estar no certo, cada cal dende o seu punto de vista,
mais, as funcións dunha UPD non as define nin sequera a súa Directora, menos eu,
senón a Orde pola que se regulan e os obxectivos do proxecto da entidade promotora.

Iván dime que axudou a por en marcha unha cafetería con franquía. Promover e
desenvolver non significa só crear emprego, que pouco se ten creado dende esta UPD,
implica, sobre todo, crear riqueza para o país a partir dos recursos cos que contamos,
naturais especialmente. De aí a necesidade de ter un coñecemento exhaustivo do medio
no que intervimos, para descubrir novos nichos de negocio e/ou potenciar os xa
existentes (agricultura, minería, forestal, enerxético, industrial,... non servizos onde a
competencia é excesiva, como son o sector hostaleiro). Logo de tres meses aquí non fai
falla ser moi astuto para decatarse que non se realizan esas funcións e, moito menos, se
cumpriron obxectivos. O custo global da UPD, como xa dixen en reiteradas ocasións, é
desproporcionado si temos en conta os logros acadados. Omito onde dixo a Directora
que estaban os cartos, non vou facer eu o que ela non tivo valor de facer en dous anos,
menos por que o diga ela, unha persoa que estafou durante dous anos o seu propio
salario a cambio de nada.
O derradeiro episodio desta surrealista situación prodúcese o mesmo mércores cando
Nuria me achega un comunicado no que me invita a despublicar (sic) o artigo do meu
blog facendo uso da coacción e a ameza.

O comunicado di así:

Parece que a nosa Directora se erixe en portavoz do Concello socialista de Ribadavia


(só da parte socialista), preocupándose máis das ofensas -di ela- que dende o meu blog
se puidesen facer que do verdadeiro problema. Así llo fago saber na miña resposta:

En vista da falla de capacidade para comprender o verdadeiro miolo do problema que se


presenta coa publicación do post “Riscos e fraude laboral en Ribadavia”, o perigo ao que
están expostos os traballadores do Obradoiro Abobriga, a cuxos responsables si cumpre
esixir responsabilidades -por tódalas vías, facéndolle fincapé na vía penal- e non a min
por publicalo, recórdolle a lexislación vixente:

Artigo 311 CP

Serán castigados coas penas de prisión de seis meses a tres anos e multa de seis a doce
meses:

1,- Os que, mediante engano ou abuso de situación de necesidade impoñan aos traballadores o
seu servizo condicións laborais ou de Seguridade Social que prexudiquen, supriman ou
restrinxan os dereitos que teñan recoñecidos polas disposicións legais, convenios colectivos ou
contrato individual.

Artigo 316 CP

Os que con infracción das normas de prevención de riscos laborais e estando legalmente
obrigados, non faciliten os medios necesarios para que os traballadores desempeñen a súa
actividade coas medidas de seguridade e hixiene adecuadas, de forma que poñan así en perigo
grave a súa vida, saúde ou integridade física, serán castigados coas penas de prisión de seis
meses a tres anos e multa de seis a doce meses.

Artigo 317 CP

Cando o delito a que se refire o artigo anterior se cometa por imprudencia grave, será castigado
coa penainferior en grado.

Artigo 318 CP

Cando os feitos previstos nos artigos deste título se atribuíran a persoas xurídicas, imporase a
pena sinalada aos administradores ou encargados do servizo que fosen responsables dos
mesmos e a quen, coñecéndoos e podendo remedialo, non adoptasen medidas para elo. Nestes
supostos a autoridade xudicial poderá decretar, ademais, algunha ou algunhas das medidas
previstas no artigo 129 deste Código

Resulta lamentable que a miña Directora acuda a min ameazándome con que o Concello
de Ribadavia adopte medidas legais contra min – porqué?, si os feitos son certos! – si
non retiro o artigo do meu blog, cando o que debería facer é xusto o contrario, advertir ao
Concello de Ribadavia da adopción de posibles medidas legais pola flagrante violación
de dereitos. Lamentable, unha vez máis, que ASPANAS llelo permita.
A servizo de quen e de que estamos? Da UPD ou do Concello de Ribadavia? Da
legalidade ou da ilegalidade? En fin... non agardo resposta. É evidente.

Resulta curioso que agora se me ofreza a posibilidade de concertar unha reunión co


Director do Obradoiro, reunión que non rexeito, máis porque agora e non hai unha
semana. Que agardábamos? Que todo se esvaecera co tempo?

O blog é persoal e ninguén alleo a miña persoa decide o que nel se debe publicar ou
non. O único que estou disposto a publicar no meu blog, e previa comprobación dun
Técnico de Prevención de Riscos (pois eu non son técnico) e a miña, é a reparación dos
feitos que denuncio, isto é, que o Concello de Ribadavia proporcione tódolos medios
esixidos aos seus traballadores e os destine ás labores para as que foi formado o
Obradoiro, é dicir, que as persoas que hoxe realizan servizos forestais traballen nos
parques do Concello, como lle corresponde. Mentres isto non suceda entenderei que as
deficiencias denunciadas persisten e polo tanto non hai lugar a retirada do meu artigo.

Sen máis,

O primeiro destes documentos (imaxe) foi achegado ese mesmo día aos servizos
xurídicos da CIG que, asombrados, enseguida me prestaron todo o seu apoio. Lamento
non telo feito, o sucedido durante eses meses foi unha situación de acoso laboral, si,
falo de acoso laboral de Nuria: "afogamento psicolóxico ou hostil no marco de calquera
actividade laboral que humille ao que a sofre, impondo situacións de grave ofensa á
dignidade", que sumado con outros factores me levaron a un estado de ansiedade que
nunca antes sufrira. Mentres tanto, dende a Dirección de Persoal de ASPANAS (que
grande lle queda o nome ao cargo) ignoraban toda irregularidade. Soamente se
adicaban a contar os días para que nos fósemos todos.

Hoxe en día o acoso laboral non está tipificado no CP, si no actual proxecto de reforma
do mesmo, por iso, para exercer accións contra quen o realiza utilizase a figura do artigo
de 173 CP, delitos contra a integridade moral (sei que como futura estudante de dereito
isto che interesa). Este tipo de delitos prescriben aos tres anos (artigo 131 CP) dende a
data da súa comisión que, ao tratarse dun delito continuado será o derradeiro día de
traballo: 23 de decembro de 2009, cando Nuria me fixo o último desquite. Son
responsables do mesmo a persoa que o comete, Nuria e, como responsable subsidiaria,
a entidade: ASPANAS.
Así que, ao igual que cando tiña que ir a entrevista, pasareime un día pensando que
"denunciarei" outro que "non denunciarei".

En canto a reunión ofertada co director do Obradoiro está demais dicir que nunca se
deu, menos para corroborar si tódolos membros que o compón dispón ou non das
medidas de seguridade esixidas.

Para rematar, dicir que dende a miña chegada a UPD depositei toda a miña confianza na
directora da UPD, persoal e profesionalmente, pese a que non me gustaba a súa
actitude “paranoica”, e amoseime sempre respectuoso coas súas decisións (incluso con
actos tan irrespectuosos cara min como os que neste informe se mencionan). Traizoada
a primeira delas suporá un gran esforzo manter a segunda, mais por min non vai ser. Iso
si, fareino sempre coa verdade por diante e coa confianza de quen non ten nada,
absolutamente nada, que agochar.

O día trece deste mes -e martes- embarcamos nunha nova aventura: a realización dun
manual sobre a discapacidade, un manual de preguntas e respostas, manuais que, baixo
o meu criterio, acostuman a ter pouco rigor técnico. Trátase dun traballo sobre sobre o
cal non teño coñecementos previos (só sei onde e que impreso se utiliza para facer a
solicitude, por experiencia persoal, así como onde e quen realiza a evolución). Entendo
que unha persoa con discapacidade intelectual non se vai por a ler unha guía de
trescentas preguntas para ver si algunha responde a súa; o que deben facer estas
persoas é dirixirse a quen si está informado e preguntar.

Por outra banda, quen ten o deber de informar, teno tamén de estar ben formado e
informado e non pode facelo a través deste tipo de manuais, senón directamente dende
a lexislación ou as guías oficiais elaboradas polos órganos técnicos competentes, como
as que se poden atopar na Consellería de Traballo e Benestar.

Como non sei por onde comezar con este traballo a Directora aconséllame,
precisamente, que lea a guía desta Consellería e a colla como referencia. Esta guía está
elaborada por persoas de dilatada experiencia laboral, xa que son traballadoras sociais
dende fai dez anos nos Servizos da Xunta de Galicia para Persoas con Discapacidade e,
amais, levan realizando este tipo de guías, cando menos dous anos. Eu non podo
adquirir en días ou semanas, nin sequera en meses os coñecementos que estas persoas
posúen, pola súa formación e experiencia, para elaborar unha guía dese estilo. Así llelo
fixen saber a Directora vía correo electrónico, engadindo os datos (públicos) que atopei
das autoras da guía na rede:
Freire Castro, Mª Concepción
DIRECCIÓN XERAL DA DEPENDENCIA E AUTONOMÍA PERSOAL
SUBDIRECCIÓN XERAL DE COORDINACIÓN DE EQUIPAMENTOS E SERVIZOS PARA
PERSOAS
MAIORES E CON DISCAPACIDADES
Praza de Europa, 2º-10A. Área Central - 15703 Santiago
Servizo de Equipamentos e Servizos para Persoas con Discapacidade
981-540137
Traballadora Social
CONCEPCION.FREIRE.CASTRO@XUNTA.ES
Aprobou a súa oposición o 22 de decembro de 1998, pola quenda de persoas con discapacidade.
No momento de elaborar a guía conta con 10 anos de experiencia

Losada Rodríguez, Bieita


CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR - DEPARTAMENTO TERRITORIAL DE OURENSE
XEFATURA TERRITORIAL
Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal
Sección de Cualificación e Valoración de Minusvalideces
Equipos de Valoración e Orientación - EVO
R/ Sáenz Diez, 33 - 32003 Ourense
988-386167
Traballadora Social
Aprobou a súa oposición o 22 de decembro de 1998
No momento de elaborar a guía conta con 10 anos de experiencia

Que algo estea regulado non significa que corresponda a un Licenciado en Dereito a
decodificación da materia -como, a bo seguro, a codificación foi o resultado do traballo
dun equipo multidisciplinar no que son minoría os licenciados en Dereito-, do mesmo
xeito que tampouco lle correspondería facer os planos dun edificio, senón a quen posúe
coñecementos de arquitectura, por máis que a súa elaboración estea suxeita a unhas
regras.

En canto ao traballo acerca da discapacidade fareino con gusto, tratando coñecer


primeiro a materia, iso si, partindo de cero, mais sen pretender facer nuns días a carreira
de Traballo Social, e a continuación coñecer o que ASPANAS agarda desta GUIA, para
o cal será preciso que fale cos profesionais que están en contacto permanente coas
persoas con discapacidade, para coñecer o tipo de información que lle piden con máis
asiduidade. Logo si poderei facer un bocexo da guía que me solicitan para, entre todos
decidir a estrutura e redacción final pois, por máis normas que lea, non teño a
capacidade para diferenciar, elixindo ou descartando, a información recollida.

Tamén me insiste en que recolla as axudas, cando isto é algo que se renova anualmente
e estamos a uns meses de que saía unha nova orde que substitúa a actual. Non lle vexo
moito sentido.

Precisamente un dos problemas que se me presenta é a limitación do tempo, pois toda


esta tarefa pode levarme varios meses e a UPD remata a finais de ano. Apurar este
traballo máis alá das miñas posibilidades derivará inevitablemente na perda de calidade
do mesmo.

Outra eiva: esta encomenda supón a adicación dunha parte moi importante do meu
tempo ao estudo da materia -tempo que eu lle adico encantado, máxime cando se trata
de temas que me afectan directa e persoalmente- en lugar de aproveitar ese tempo para
funcións máis relacionadas coas miñas cualidades profesionais, o cal reduce a eficiencia
do meu posto de traballo. Tamén lle digo a Rosa que non me pagan para pasar o tempo
estudando, senón para aproveitar os coñecementos que xa posúo. Nin caso.

Máis atrás facía referencia ao 'clima laboral' que propicia a Directora. A súa
permisividade, as súas 'amizades perigosas', as mesmas das que me advertira o
primeiro día de traballo, a súa estratexia de confrontación e división (eses 'sube Mari que
tengo que hablar contigo', ou 'sube Diego y me cuentas que como te ha ido')
desembocaron nun enfrontamento con Mari que, deica agora tiña tido moitos con Lucia,
pero xamais se atrevera a facelo comigo.

Na maña do venres, día 23, nada máis entrar Mari sentase no seu posto, pon o
pinganillo da súa radio e desconecta de todo o que hai ao seu arredor. Fora está Rosa
que manda a Lucía ter a porta cerrada pola calefacción, orde da que Mari non se entera.
Como Lucía pecha e abre a porta cada vez que alguén chama, como lle mandaron, Mari
dille que deixe a porta aberta (o son continuo do timbre non lle permitía escoitar as
noticias),... e comeza unha discusión. Logo entro eu e dígolle que Rosa mandou ter a
porta cerrada hai uns intres pero que si non está de acordo co que di aquela que vaia
xunto dela e llelo diga e, do contrario, que faga o que ordena quen manda. A súa
resposta foi:

“E ti cala a boca que xa estou de ti ata os collóns, que acabas de chegar e xa queres
ordenar aquí máis que ninguén!” (ou algo así).
Semellante falta de respecto non é máis que o resultado da mala dirección do grupo: as
confianzas conferidas pola Directora a Mari nos derradeiros días fixeron que esta persoa
se considerase por riba do mal e do ben e respostase deste xeito. Teño claro que Mari
falou pola boca daqueloutra. Mais, ... como se pode permitir que unha persoa que
comparte oficina con outras tres, estea cos oídos tapados? Como se pode permitir que
chegue cada día ao traballo, acenda a radio, poña o pinganillo nos oídos e desconecte
do seu entorno sen que a Dirección da UPD e a Dirección de ASPANAS lle diga nada?

Soamente este xesto é unha mostra de desprezo aos seus compañeiros de oficina,
desprezo consentido dende as diferentes direccións que, ademais, nos obriga a
dirixirnos a ela varias veces para que nos atenda, tendo que subir o ton de voz en moitas
ocasións, para que se decate de que falamos con ela. Como se vai decatar logo do que
falamos nós ou do que din fora da nosa oficina? Discutiríamos ese día si non estivese co
pinganillo na orella? En fin,... a pesar de todo todo segue igual. Non hai quen se atreva a
dicirlle que deixe a radio na casa. É lóxico que un se pregunte: quen dirixe esta
organización?

Mentres tanto, non só a Lucía, que é quen está máis preto, lle toca oír tódolos días o
irritante sisear da súa radio senón que, en ocasións, oímolo todos... por non falar do
cruce de miradas que nos lanza cada vez que se nos ocorre facer un ruído. Nin que
estivésemos nun balneario!

A pesar de tódalas turbulencias e con moitas dificultades, pois resulta moi difícil manter a
concentración no traballo co mal ambiente creado por Nuria na UPD e especialmente a
meu arredor -outra eiva salientable para levar a cabo a guía sobre a discapacidade- fun
realizando as miñas tarefas diarias: ler os diarios, elaborar o Boletín para pemes e
autónomos, recoller novas para o BITE (Mari xa non o fai),... e agora a guía da
discapacidade. Tamén chamei a Iván para acordar a materia que impartiremos sobre
“Dereitos e Obrigas”. Díxome que anda moi ocupado (como si os demais estivésemos
mirando cara as nubes). O día seguinte chámame el para dicirme que a tarde miramos a
materia e o chegar a tarde, dime que non pode. En fin... que faga o que queira. Por min
como si que ir a Directora a dar esa clase.

Outubro foi un mes caótico dende o seu comezo e marcou o rumbo para o que quedaba
de UPD. A Directora xamais tentou aclarar a situación creada comigo, mais ben ao
contrario, cada acción ía dirixida a agravala. O primeiro retirarme o saúdo.
Unha das situacións que máis me sorprenderon, si é que aquí é posible que iso suceda
nesta institución, é que Lucía Vila foi a única persoa de entre os compañeiros que
deixou de falarme dende aquel 7 de outubro. (Pulsar botón retranca) Dende entón
estrañei os seus 'olas' e 'adeuses'. Que curioso! Esta a única persoa que segue
traballando en ASPANAS dos que estabamos na MiniUPD. Para min non era mellor que
calquera outro membro da UPD, senón máis ben ao contrario: era a cabeceira de todas
as revoltas. Non me creo que a razón sexa que o “criterio da entidade é darlle sempre
unha oportunidade ás persoas que están nos distintos programas, sempre que sexa
posible”, como afirma a Directora de Persoal, pois no tempo en que durou a UPD
realizáronse novas contratacións sen contar con ninguén máis da UPD. As razóns son
sempre políticas, por suposto. ASPANAS é unha entidade totalmente politizada, está
mangoneada por diferentes partidos e administracións públicas. Non a razón non puido
ser esa. Cantas prazas se crearon na nova residencia da Peroxa? Déronlle algunha
oportunidade a alguén da UPD? Por que necesitará administrativos, director,
psicopedagogos, economistas,... ASPANAS contrata a Lourdes, irmá de Tareixa Paz,
unha muller con moitas influencias (eu mesmo son testemuña dese tráfico) pero Lucia
Carreira non segue; iso si, restrégannos a todos que será a única que se queda e iso
faino Rosa ao mesmo tempo que a manda ao paro.

E falando de directores, eu posúo un Máster en Dirección de Persoal, cousa que dubido


teña quen ocupa esa posición en ASPANAS ou mesmo na Residencia de A Peroxa ou
calquera outro centro da organización. Claro que, fáltame o esencial...

Cando falo de UPD hai que interpretalo de xeito relativo xa que “non se debe falar de
UPD senón dunha parte "dun miniequipo" xa que hai unha parte importante de xente
que traballou e traballa en prol de acadar un traballo para as PCDI, e que estivo
financiada polo programa da UPD”, segundo palabras textuais de Rosa Carrera.

Que significa isto? Significa que esa parte da UPD xa traballaba en ASPANAS antes da
UPD? Significa que ese mesmo grupo de persoas segue traballando logo da UPD?

Esta é a miña teoría sobre a UPD: ASPANAS necesita un número importante de


traballadores para expandirse (novas empresas -créanse cinco sociedades das que
Juanjo se converte en administrador único, tal é a confianza nas persoas que contrata-,
residencias, termas...) e non se pode permitir pagar a tanta xente de súpeto.

Necesitan unha suculenta inxección de cartos e unha UPD pode ser unha boa solución;
o problema é que goberna na Xunta PSOE e BNG. Aínda así, cousas da política (será
por Juanjo), ASPANAS consegue que lle concedan esta UPD, iso si, a cambio hai que
colocar a xente do PSOE (que é quen ten competencias en Traballo) e en contrapartida
permitirán integrar na UPD a persoal que xa estaba traballando en ASPANAS (este tipo
de contratacións non está destinada exclusivamente a persoas desempregadas senón
tamén a empregados inscritos no INEM para a mellora do emprego). Creo que os
técnicos da UPD que traballaban en Velle, eses Técnicos supostamente compañeiros
meus aos que nunca cheguei a coñecer, xa eran antes traballadores da entidade
(insisto, é unha suposición) e, polo interpretación que fago das verbas de Rosa, seguen
traballando alí. Significa isto a existencia dunha fraude Laboral? Enlazar contratos
temporais é un fraude de contratación laboral, pero facelo a conta de fondos públicos é
algo máis...

Significa amais que existe prevaricación por parte dos funcionarios da Consellería de
Traballo para elixir unha e outra vez aos mesmos candidatos e un silencio por parte da
administración ao permitir (e mesmo contribuír) a sucesión de contratos temporais.

Así, ASPANAS permite que o PSOE (e UGT, Mari, por exemplo, unha das
administrativas, entrou na UPD por mellora do emprego, e a través deste sindicato,
segundo ela manifestaba) contrate ás demais persoas (a asociación incluso permite que
Nuria participe no xurado de selección, cando a norma di claramente: dous
representantes da Consellería e dous de ASPANAS. Que pinta un membro da UPD
neses procesos? En fin... neste proceso descartáronme a primeira vez. Sei ben como
foi... e quen: Juanjo). Foi un reparto no que todos gañaban porque os cartos saían dos
impostos de todos e nin a uns nin a outros lles custaba nada... ao revés.

Así, para que ASPANAS tivese 7 ou 8 traballadores a custo "cero" soporta a outros 12
cuxa función é unha incógnita. Pode falarse dun financiamento ilegal? Iso si que é un
verdadeiro dilapidamento, porque para atender obradoiros xa estaba a UPD da
Deputación, non? Para formar e informar a técnicos tamén. E amais estaba Coordina
Local. Que tiña que aportar novo a UPD Integrou que non facían as outras? Fíxoo? Non.
Non o fixo porque a súa misión era crear emprego para as persoas con discapacidade
de Ourense, en xeral, e especificamente para as persoas con discapacidade. Que
levante a man a primeira asociación de Ourense, relacionada coa saúde, que saiba o
que foi a UPD IntegrOU.

Entendo que ASPANAS ten todo o dereito do mundo a crecer como organización, pero o
saco das axudas e limitado e, cando unha o leva todo, outras quedan sen nada. Disto
sei un pouco, pois pertenzo a unha asociación na que os recursos son máis ben
escasos, e presido outra na que nunca nos dan nada por razóns políticas.

Cada vez teño máis claro, e vou ter que acabar por darlle a razón a Evo Morales cando
o dixo, que as ONG usan aos pobres para vivir ben. Iso mesmo está ocorrendo en
Ourense con moitas asociacións de discapacitados. Soará forte, pero iso é o que creo.

Pode entenderse a creación de cinco empresas por parte de ASPANAS como proxectos
realizados pola UPD? Entendo que non, porque os membros da UPD, os que realmente
estabamos baixo a dirección da UPD non tivemos intervención algunha neses
proxectos, tal vez si, os outros técnicos que estaban baixo o mandato da Dirección de
ASPANAS.

Estas son as empresas creadas por ASPANAS (insisto, non a UPD):

BORME, Lunes 12 de enero de 2009

13825 - ASPANAS TERMAL SL.


Constitución. Comienzo de operaciones: 12.11.08.
Objeto social: El objeto social de la sociedad es exclusivamente la inserción social y
laboral de las personas con discapacidad, especialmente las que tengan más
dificultades, siendo el único medio para poder alcanzar un empleo remunerado y los
ajustes personales y sociales necesarios. Dicho objetivo, se hará a tr.
Domicilio: AVDA PORTUGAL 93 BAJO (OURENSE).
Capital: 3.010,00 Euros.
Declaración de unipersonalidad. Socio único: FUNDACION AMENCER-ASPANAS.
Nombramientos. Adm. Unico: RODRIGUEZ FERNANDEZ JUAN JOSE.
Datos registrales. T 785 , F 88, S 8, H OR 11958, I/A 1 (9.12.08).

BORME, Jueves 5 de febrero de 2009


65002 - ASPANAS MEDIOAMBIENTE SL.
Constitución. Comienzo de operaciones: 18.12.08.
Objeto social: El objeto social de la sociedad es exclusivamente la inserción social y
laboral de las personas con discapacidad, especialmente las que tengan más
dificultades, siendo el único medio para poder alcanzar un empleo remunerado y los
ajustes personales y sociales necesarios. Dicho objetivo, se hará a tr.
Domicilio: AVDA PORTUGAL 93 BAJO (OURENSE).
Capital: 3.010,00 Euros. Declaración de unipersonalidad. Socio único: FUNDACION
AMENCER-ASPANAS.
Nombramientos. Adm. Unico: RODRIGUEZ FERNANDEZ JUAN JOSE.
Datos registrales. T 786 , F 204, S 8, H OR 12013, I/A 1(19.01.09).

65008 - ASPANAS SERVIZOS SL.


Constitución. Comienzo de operaciones: 18.12.08.
Objeto social: El objeto social de la sociedad es exclusivamente la inserción social y
laboral de las personas con discapacidad, especialmente las que tengan más
dificultades, siendo el único medio para poder alcanzar un empleo remunerado y los
ajustes personales y sociales necesarios. Dicho objetivo, se hará a tr.
Domicilio: AVDA PORTUGAL 93BAJO (OURENSE). Capital: 3.010,00 Euros.
Declaración de unipersonalidad. Socio único: FUNDACION AMENCER-ASPANAS.
Nombramientos. Adm. Unico: RODRIGUEZ FERNANDEZ JUAN JOSE.
Datos registrales. T 786 , F 209, S 8, H OR 12014, I/A 1(19.01.09).

65010 - ASPANAS RECICLAXE SL.


Constitución. Comienzo de operaciones: 18.12.08.
Objeto social: El objeto social de la sociedad es exclusivamente la inserción social y
laboral de las personas con discapacidad, especialmente las que tengan más
dificultades, siendo el único medio para poder alcanzar un empleo remunerado y los
ajustes personales y sociales necesarios. Dicho objetivo, se hará a tr.
Domicilio: AVDA PORTUGAL 93BAJO (OURENSE). Capital: 3.010,00 Euros.
Declaración de unipersonalidad. Socio único: FUNDACION AMENCER-ASPANAS.
Nombramientos. Adm. Unico: RODRIGUEZ FERNANDEZ JUAN JOSE.
Datos registrales. T 786 , F 214, S 8, H OR 12015, I/A 1(19.01.09).

BORME, Martes 10 de febrero de 2009


73375 - EMPRESA DE INSERCION LABORAL, SERVIZOS COMUNITARIOS DE
GALICIA SL.
Constitución. Comienzo de operaciones: 18.12.08.
Objeto social: El objeto social de la sociedad será la incorporación al mercado laboral de
personas en riesgo o situación de exclusión social, proporcionándoles un trabajo
remunerado y la formación y acompañamiento precisos para mejorar su empleabilidad y
facilitarles el acceso al mercado laboral común, a través d.
Domicilio: AVDAPORTUGAL 93 BAJO (OURENSE). Capital: 3.010,00 Euros.
Declaración de unipersonalidad.
Socio único: ASOCIACION DEPADRES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON.
Nombramientos. Adm. Unico: RODRIGUEZ FERNANDEZ JUAN JOSE.
Datos registrales. T 786 , F 220, S 8, H OR 12016, I/A 1 (19.01.09).

Para que tanta empresa? Para telas “inactivas” como me recoñece Rosa. Claro que
unha cousa é que estean inactivas e outra a propaganda a que sempre está disposta a
prestarse esta entidade (ver minuto 41.25 do vídeo:
http://www.crtvg.es/reproductor/inicio.asp?
canal=tele&hora=30/04/2010%2021:34:10&fecha=24/01/2010&arquivo=1&programa=VIVIR
%20AQU%CD&id_programa=381). Non pode ser que a finais de 2008 ASPANAS tivese
unha estratexia e a mediados de 2009 unha totalmente distinta. Si o problema é de
estrategas (os que dirixen a organización) haberá que prescindir deles, o que non se
pode, como din no meu pobo, é andar dando paus de cego. A posta en marcha deses
proxectos custaron cartos e, seguro, cartos que saen do erario público en forma de
axudas e subvencións.

Por suposto,a estas empresas hai que sumar as xa existentes: Amencer Reciclado SL e
Amencer Viveiro SL, todo un holding.

III.8.. INFORME NOVEMBRO

Coma cada mes adícome a buscar información relacionada co emprego e, de xeito


especial axudas e subvencións. Nestas datas, co exercicio a piques de rematar non é
doado atopar novas convocatorias o que dificulta, por outra banda, a elaboración
semanal do Boletín para pemes e autónomos.

Sen embargo, atopar novas de interese para o BITE, posto que ten carácter mensual, si
vai sendo posible. Tanto nun caso coma no outro, en canto que aparece algo relevante,
procedo ao seu desenvolvemento.

Aínda a risco de que isto pareza, a partir de aquí, senón antes, o relatorio dun
enfrontamento entre a directora máis eu o certo é que non se pode ser fiel a realidade
(como así esixe todo informe para que teña algunha utilidade práctica) sen facer
mención a ela. Pois ben, a primeira semana estivemos sen directora e iso fixo que o
ambiente no centro de traballo fose moito máis cordial co grupo, en particular, e co resto
de persoal de ASPANAS, en xeral.

Coa súa volta todo enrareceu de novo. Ao mesmo tempo volven as ordes inintelixibles e,
acotío, dificilmente asumibles. O primeiro día Nuria pídenos a todos os membros da UPD
“o curriculum para entregar a ASPANAS”, palabras textuais. Como é posible que nos
pida o Curriculum para entregar a unha entidade na que xa estamos traballando? Ou
onde cre que estamos? Na súa empresa? Na Xunta de Galicia? Por suposto, non vou a
entregar un curriculum a unha persoa que di llelo vai entregar a empresa na que xa
traballo. É ridículo! Absurdo!

Na semana do 9 ao 13 de novembro traballamos, perdón, tivemos catro días de traballo


(que unha cousa é traballar e outra as xornadas de traballo; e unha é falar en primeira
persoa do singular e outra en primeira persoa do plural) pola festividade de San Martiño.
O luns asistín a un curso que organiza BIC Galicia e imparte Coordina Local (que
diferencia! Que envexa!), adicando as primeiras horas da mañá a buscar novas nos
Boletíns e a tarde para traballar na GUIA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE. Esa
mañá Nuria pídeme que lle envíe o traballo que teño feito respecto da GUÍA logo de
preguntarme como o levaba: sobre isto último díxenlle que o traballo ía por debaixo das
miñas previsións que, xa de por si, son moito máis pesimistas que as súas. E
precisamente nese estado ía quedar o traballo ata que voltase de vacacións, o 9 de
decembro, pois esta semana debía comezar a traballar na preparación dos cursos que
debía impartir sobre 'dereitos e obrigas' en Celanova. Sen embargo, a Directora cambia
de plans: decide que sexa Iván quen imparta ese curso e eu siga traballando na Guía.

Que curioso, non? Pásome todo o mes de agosto elaborando un manual sobre 'dereitos
e obrigas' dos traballadores, cando xa Montse tiña preparado un traballo semellante
para, finalmente, non acabar impartindo esa materia (e si outras que nada teñen que ver
coa miña formación, como xa fixera referencia en informes pasados: creación de
empresas e riscos laborais). Seguramente a Iván lle daría igual facer esa labor a partir
do meu manual que do de Montse (incluído o instrutivo manual de 100 preguntas e
respostas sobre o contrato de traballo). Puiden aproveitar todo aquel tempo para
comezar esta GUÍA que agora me ocupa, máis a falta de planificación na Dirección da
UPD -e a escasa supervisión da entidade a que pertencemos, ASPANAS- fai que agora
teña que andar a contrareloxio para rematala. Efectivamente, como era previsible, a UPD
non será 'renovada' así non vai ser posible acabalo no vindeiro ano e, moito me temo
que neste tampouco (máis si poden quedar recollidas partes dese proxecto de interese
para a organización).

Esa mesma semana, coma todas, teño que desenvolver novas para o BITE (poucas, xa
dixen que non había). Aínda que non faga o Boletín para pemes e autónomos si teño a
obriga de revisar tódalas novas recollidas para ver si é suficiente para facer un Boletín, o
cal me leva o seu tempo, de modo que o tempo adicado a GUÍA os dous primeiros días
da semana é pouco. O mércores e festivo. O xoves debo recoller as novas deste día e
do anterior (BOP, DOG, BOE e DOUE) e sempre miro novas das Consellerías e do
Ministerio de Traballo. Achégase Nuria e mándame desenvolver unha das novas
recollidas, a Lei 14/2009, de 11 de novembro, pola que se regula o programa temporal
de protección por desemprego e inserción; isto tampouco se fai nuns minutos, máxime si
a un lle gusta decatarse da información contida nas normas, como é obriga nun técnico.
Si o fai a directora é suficiente con un copy-paste de catro cousas de interese (obxecto,
requisitos, prazos, contías,...) para o seu envío aínda que non se saiba miúdo o que di a
norma, máis si o fago eu, é preciso que saiba de que vai. Non ler con detención as novas
leva a que logo lle vaiamos contando aos alumnos dos obradoiros (como ocorreu en Os
Blancos) que se animen a montar empresas porque hai moitas axudas para facelo. Ese
tipo de demagoxia non leva a nada. Só ao descrédito.

Todas estas tarefas non me deixan adicar moito tempo a GUÍA. O xoves pola tarde si
traballo un par de horas nela xa que logo, as 18.00 h., imos todos ao magosto de
ASPANAS, ao magosto na nosa organización (algúns refírense a ASPANAS como si
fose un ente externo, cousa que nunca entendín).

O venres a primeira hora Nuria pídeme que lle envíe de novo o traballo sobre a GUÍA,
para ver os avances, logo dunha semana na que apenas lle puiden adicar unhas 6-7
horas. En fin. Pouco despois tráeme unha copia, en papel do que lle enviara o luns,
cunhas cantas correccións. Máis de 50 follas de papel para tirar ao lixo -si cada vez que
lle envío unha actualización o imprime dan ganas de non llelo enviar-. Non me parece
propio de quen ten a responsabilidade de dirixir un grupo fomentar e practicar o
dilapidamento de material dese xeito, evidenciando, amais, unha falta total de adaptación
as novas tecnoloxías. O gasto en papel é excesivo na UPD. É algo no que reparei dende
o comezo. Todo se imprime. Ese mesmo día tráeme varias novas imprimidas de BIC
Galicia para o Boletín de pemes... para que lle bote unha ollada! Para que lle bote unha
ollada a algo que viches en internet, mándame o vínculo! E isto faimo intres despois de
que lle pedise que as correccións que tiña que facer do meu traballo as faga
directamente no documento PDF, sen ter que imprimilo. Claro, como o papel non lle
custa nada, como a tinta non lle custa nada, como o medio ambiente non lle importa
nada,... Alguén debería facerlle pagar polo que malgasta e polo que contamina. O caso é
que, rematando co sucedido nesta semana, a última hora chámame por teléfono para
dicirme que non viu moitos avances no traballo realizado esta semana. Respondo que
debería miralo mellor e a súa resposta é que ela ve ben e bótase a rir. Aínda que a
conversa foi un pouco máis larga o certo é que logo diso cólgolle o teléfono, primeiro
porque me está facendo perder o tempo; segundo, porque é imposible facerlle ver que o
problema non é de vista -eu si teño problemas de vista, igual iso é o que lle resulta
gracioso-, senón de capacidade, a que lle falta.

Como o meu traballo non é unha cuestión de esforzo físico, senón intelectual, a súa
irascible presenza dificúltao máis. Un acaba por sentirse coma un funambulista baixo
unha choiva de saragana. Cando menos nesta última semana a choiva amainou. Puiden
traballar máis tranquilo na GUÍA, sen descoidar as outras tarefas. Nesta semana
adiqueime especialmente aos procesos de incapacitación das persoas, unha materia
extensa máis atractiva para min, que si está ligada ao dereito e que, amais, sempre se
me deu ben. Iso non fai que que o traballo avance a pasos axigantados, os traballos
técnicos esixen rigor e mídense por isto, non só pola cantidade.

O que sucedeu neste mes resulta de todo inimaxinable: resulta inaudito que sexa nunha
organización adicada a defensa dos dereitos das persoas con discapacidade e, en
concreto nun proxecto cuxa misión era a integración laboral destas onde tivese que
sufrir a miña primeira humillación pola discapacidade que teño. Non sería a última. Rosa
Carrera no fixo nin dixo nada; ela é a responsable de persoal e coñecía perfectamente o
sucedido, porque todo llelo contan i eu, que sei quen o fai, son o primeiro en dicirlle a
esa persoa o que sucede para que llelo conte. Nada. Calquera barbaridade que realice a
Directora da UPD queda impune. Porque? A quen teme ASPANAS?

Non me considero unha persoa mala, xamais trato de facer dano a ninguén máis cando
alguén me fai dano, non poño a outra meixela, nin quedo quieto nin gardo xenreira.
Reacciono e devolvo. A miña reacción, neste caso, foi por nome e apelidos a persoa
responsable do sucedido no episodio de Ribadavia no artigo do meu blog que tanta
polémica creara, causa fundamental do ambiente reinante dente entón na UPD. Logo o
nome de Nuria Bueno Aizpuru aparecerá noutros dous artigos por feitos posteriores.
Que persigo? Que cada vez que alguén escriba o nome desta persoa atope como
resultado a información que eu lle proporcione, información que poderá ser tida en conta
ou non, fiable ou non, pero información, ao fin e ao cabo, que a falta de outros
referentes, estará sempre nas primeiras posicións dos buscadores.

Síntome mellor? Non ao contrario.

Gaño algo con isto? Non ao contrario.

Mais, facendo poderei pasar páxina e, do contrario, non.

Ou cando menos iso cría. Agora lendo a Eduard Punset, teño que darlle a razón cando
di que “para compensar na persoa o efecto negativo dun un agravio, desmán, insulto, ou
agresión verbal, precisaranse cinco iniciativas benintencionadas”. Creo que subestimei a
pegada causada pola aversión materializada pola miña directora e consentida pola
responsable de persoal. Coido que, no fondo, unha e outra, non son tan diferentes.

III.9.- INFORME DECEMBRO

O primeiro día de traballo, trala volta de vacacións, a primeira hora, entrego a Directora o
traballo que estou facendo sobre a discapacidade, con algunhas modificacións que
realicei durante as vacacións.

A súa resposta é que levo 'non sei cantas preguntas', que vou a un ritmo de 'seis
preguntas por día',... nada sobre o contido, sobre a estrutura,... etc. Ningunha
reportación ao traballo en si, soamente trabas.

Era mércores a miña volta, día en que envío o Boletín para Pemes e Autónomos. Como
non estaba feito non o envío, aínda que tampouco había novas suficientes.

Ao día seguinte mándolle o traballo de novo. Ao pouco tempo volve coas contas de
sempre. Amais dime que non sabe que é o que fixen de novo, que lle sinale o que vou
facendo. Esta idea paréceme tan ridícula como a de numerar as preguntas (que me
dixera o dia anterior) e así llo fago saber. Para saber o que avanzo cumpre ler o traballo,
non só contar páxinas e preguntas. Dime que estou como un 'cencerro' e cólgame o
teléfono. Fixo ben, así non oíu o que eu penso e dixen dela que, de non colgar, oiríao.
A raíz disto non volveu a pedirme o traballo... ata o 23 de decembro. Paseille o traballo a
Lucía para que o lese cando tivese tempo, nunhas horas tiña por riba da mesa varias
correccións (de sintaxe, de forma, preguntas repetidas,...) o que nunca fixo a directora da
UPD por máis veces que lle enviase o traballo.

O mesmo sucede con Rosa, a quen lle achego o traballo regularmente e me fai
correccións e suxestións, xusto o que non atopo e necesitaba dende a Dirección para
afrontar unha encomenda da que non tiña coñecemento algún.

A sensación que me deixou a Directora neste mes é a dunha persoa que non ten control
algún do grupo que dirixe e non porque, como ela di, non llelo permiten, senón porque
ela mesma está fora de control. Dende o primeiro día, cando me sacou para fora das
instalacións, para advertirme do perigo de dúas das persoas da UPD, Mari e Diego, para
advertirme sobre sobre Rosa, ou para que xamais se me ocorrese dirixirme a ela, baixo
ningunha circunstancia. Ese mesmo día me decatei onde fun caer. Quen moito marca o
seu territorio é por que non ten confianza en si mesmo, na súa capacidade, nas súas
cualidades. En Nura vin a unha persoa amedrentada. Logo fóronse mostrando outros
defectos:

– ten que levar o control de todo e protagonismo en todo. Suponse que son o
asesor xurídico da UPD, isto é, un técnico con coñecementos xurídicos, a persoa
capacitada para responder a calquera tipo de consultas que neste ámbito se me
fixese. Pois ben, a Directora advertiume de que calquera consulta que recibise
llela tiña que comunicar a ela e consensuar con ela a resposta. Imaxino que
levaba o mesmo férreo control sobre os demais técnicos.

– Falo de protagonismo por dúas razóns: unha porque impide que calquera dos
membros da UPD asinen os emails que envían co seu nome. Nun principio
fíxenlle caso, dende outubro, asínoos todos. Eu son o técnico e os destinatarios
da información que eu envío ten o dereito a coñecer a identidade da persoa que
llela manda (como eu sei a de quen llela envío); outra, porque acudía aos
obradoiros simplemente para promocionarse, deixarse ver, con fins, só podo
entender, efectivamente políticos. Non en vano, a maioría dos obradoiros eran en
concellos gobernados ou cogobernados polo PSOE. No obradoiro que me
coincidiu con ela, en Os Blancos, a súa presentación foi puramente demagóxica
-como falar de axudas inexistentes- e, por suposto, totalmente innecesaria.

– E unha persoa manipuladora e covarde. Non se pode entender a primeira


cualidade sen a segunda. Nunca fala coas persoas en grupo, senón por separado,
e faino para indagar sobre os demais compañeiros ou para inculcar ideas
interesadas sobre outros ou superiores (persoal de ASPANAS, especialmente
contra Rosa Carrera), tratando de sumar apoios para a súa absurda loita persoal
e contra a entidade na que traballa. Si non está a gusto, non lle fora mellor irse

Esta política derivou, como non podía ser doutro xeito, na mala relación entre os
compañeiros de grupo, xa existente no intre da miña chegada a UPD, onde as
relacións se reducían e se reducen a simples 'olas' e 'adeuses' como xa advertía
no meu primeiro informe do mes de xullo. Naquel entón dicía 'non ver o grupo por
ningún lado' e si moitas 'barreiras mentais'. Estas últimas non fixeron máis que
reforzarse nos últimos meses. Entón descoñecía o nome da persoa responsable
desta desfeita organizativa coa que me atopei. Hoxe non o dubido: Nuria Bueno
Aizpuru. Lembro que logo de ler o meu informe me chamou para preguntarme si
non me atopaba a gusto. Que ironía! Non? Co clima laboral que ela mesmo se
encargara de crear... que esperaba, que me sentise no paraíso?

– É unha persoa incapaz de reconducir unha situación adversa: dende o embrollo


no que me meteu logo de denunciar as carencias do obradoiro de Ribadavia, por
intereses puramente personalistas e políticos, logo de mentirme e traizoar a miña
confianza (confianza que non pode senón obedecer a mina natureza confiada),
non me volveu a falar, agás, de xeito breve e pragmático, sobre cuestións de
traballo (e para ameazarme, como fixo por escrito, cunha denuncia si non retiraba
o artigo do meu blog). Nin un só intento de arranxar a situación e, por suposto, nin
unha soa desculpa.

O traballo encomendado -que finalmente non se chamará '300 preguntas e respostas


sobre a discapacidade' porque acadará preto de cincocentas- acabará rematado a tempo
pero, seguramente con moitos erros e imprecisións, pois como xa dixen no seu
momento, non son a persoa idónea para realizalo, nin unha soa persoa pode facelo sen
axuda. En todo caso, si agradezo a colaboración, as correccións e as achegas de Rosa
e Lucía.

Pódese ser moi reivindicativo e, ao mesmo tempo, moi disciplinado. Da boa ou mala
dirección dependerá que esa actitude reivindicativa sexa en proveito do grupo ou se
transforme en rebeldía e/ou deslealdade.
IV.- CONCLUSIÓNS

Tería que pasar tempo para que puidese madurar estas conclusións ao sucedido ao
longo destes meses na UPD IntegrOU - ASPANAS, especialmente para que xurdise a
autocrítica. Tiña que haber algo -ou moito- que eu fixera mal para que todo resultase un
desastre, sen embargo, ninguén, ata agora, me sinalou o que foi. Son consciente de que
é imposible que todo o que vexo a meu arredor estea mal, eu o diga, e ninguén me
responda que estou errado. Algo falla.

Dende as primeiras dúbidas xurdidas no proceso de selección, na mesma entrevista,


onde preguntei “quen e seguindo que criterios se fixo a preselección?”, ata o mesmo día,
incluso posteriores, a despedida da entidade sego sen respostas a esta e moitas outras
interrogantes que ao longo deste documento expoño. Non é que alguén estea obrigado a
responderme -só faltaría!-, senón que a “non resposta” aclárame, xa de por si, moitas
cousas.

IV.1.- É ASPANAS UNHA SOCIEDADE EGOCÉNTRICA?

Podería engadir ao titular “gobernada por seres egocéntricas”. Ao fin, unha sociedade
non é máis que o reflexo das persoas que a dirixen. ASPANAS acapara maiormente o
protagonismo social e mediático do movemento asociativo ourensán. Acapara tamén,
maiormente, as axudas das administracións públicas.

Pode xustificarse a desproporción de medios e recursos ao bo traballo dunhas e outras


asociacións, como non, pero tamén a manobras políticas dos responsables. É moito
máis doado obter unha axuda dunha administración cando toleras que os responsables
políticos que a gobernan mangoneen na túa asociación, colocando nos postos de
traballo que se crean con esas axudas ás persoas que eles indican.

Os instrumentos para 'enchufar' persoal nas administracións públicas é moi rexo -e aínda
así se colan soamente aqueles que eles queren-, sen embargo, as asociacións son
entes facilmente maleables. Obteñen os recursos para sobrevivir das administracións, e
non sempre o fan concursando en convocatorias públicas, senón mediante convenios.
En que consisten os convenios? Como o seu nome indica son un pacto entre a
administración e as asociacións, pactos que son selados maila letra oculta incorporada.
As administracións pon os cartos de toda a cidadanía, do que recadan dos impostos de
todos, nas mans destes entes 'solidarios', a cambio a asociación ten que prestar aos
políticos de quenda a súa imaxe (actos de presentación, coloquios, cursos, campañas
informativas e/ou reivindicativas, etc.) así como boa parte dos postos de emprego que se
crean para empregar aos seus amigos, militantes e simpatizantes.

Cando unha entidade recorre a este tipo vías para financiarse está prexudicando a
outras, que por ser máis íntegras e decentes, limítanse a presentar as súas solicitudes
pola vía regulamentaria, nas correspondentes convocatorias públicas. Noutras palabras,
a conduta indecente, insolidaria, totalmente egocéntrica, destas asociacións está
prexudicando a maioría do movemento sociosanitario (e a moitos outros).

O modelo de DES-integración de ASPANAS

ASPANAS fixo unha aposta clara pola creación de Centros Especiais de Emprego para
acadar a empregabilidade das Persoas con Discapacidade Intelectual (PCDI). Este é o
camiño rápido -e moi lucrativo- para acadar ese obxectivo mais non serve para salvar a
verdadeira barreira coa que se encontran estas persoas: a integración social. Ao
contrario, ASPANAS o que está conseguindo e conformar “guetos” de persoas con
discapacidade intelectual (PCDI) . Podemos ver a traballadores desta asociación
traballando nos parques e xardíns da cidade de Ourense, recollendo cristal, papel,...
pero sempre xuntos, non integrados noutras empresas ou noutras organizacións,
públicas ou privadas, privándoos do contacto social con persoas de diferente condición.
Noutras verbas: apartándoos da sociedade.

É evidente que non me gusta o seu modelo e sería inxusto non sinalar o que si me
gusta: o adoptado por DOWN Ourense, que si aposta polas integración social das
persoas con Síndrome de DONW, buscándolle prácticas e emprego en distintas
empresas, asociacións e administracións da cidade.

Este modelo non permite manexar un gran volume de fondos a asociación, pois non
necesita contratar un número elevado de traballadores para acadar o seu obxectivo, fano
outros.

Como puidemos ver ASPANAS fúndese hoxe en día nun conglomerado de asociación,
fundación e empresas, que xoga coa contratación -moitas veces fraudulenta- dos seus
traballadores; un xogo ao que, por certo, se prestan os traballadores coa finalidade de
conservar o seu emprego.
Toda organización debe pensar en si mesma para sobrevivir, as organizacións son entes
vivos que deben adaptarse ao entorno e este reflicte unha pelexa entre diferentes
entidades por absorber recursos. Pode culparse a ASPANAS de estar gañando esta
batalla? Non, é tan culpable coma as outras ao entrar nesa pelexa.

É unha batalla especialmente política. Poño como exemplo a miña “non selección” e a
miña “selección”. Cando non fun seleccionado a Consellería de traballo estaba
gobernada polo PSOE así que, xunto aos funcionarios de quenda estaba Juanjo,
socialista. Na última vez, cando fun seleccionado estaba Rosa, do PP, no tribunal.
ASPANAS está sendo moi hábil politicamente por iso podo afirmar que os seus logros
non son resultado dunha boa xestión (só hai que ver os números das empresas nos
últimos anos) senón das súas habilidades relacionais.

IV.2.- A UPD INTEGROU FOI UN PROXECTO PANTASMA

IV.2.a.- O PROCESO DE SELECCIÓN


Seguro que os meus procesos de selección non foron moi diferentes dos outros que se
realizaron. Non penso nas 18 persoas que entraron a dedo na UPD senón nas ducias de
persoas que fomos utilizadas durante eses procesos, creándonos unhas falsas
expectativas de traballo. Os que dirixen esta organización non ten a máis mina decencia
para facer as cousas como as fan. “Xogan coas persoas, tamén coas persoas con
discapacidade”, dime alguén próximo a dirección de persoal. Comigo xogaron unhas
cantas veces.
Aínda hoxe sigo facendo as mesmas preguntas que na derradeira entrevista. Hai uns
días estiven na Consellería de Traballo, tiña ganas de repetir a Antonio González as
mesmas preguntas que ninguén me responde: Quen fixo a preselección? Como? Con
que finalidade? Novamente evasivas. Como estaba seguro que en canto saíse de alí
chamaría a Rosa, mandeille saúdos para ela. Seguro que llos deu.
A verdade é que o Xefe do Servizo de Promoción do Emprego quedou pálido, inmóbil,
coas pupilas dilatadas e a voz tremorosa (estou vendo unha serie que me recomendaron
en "metodoloxía didáctica", "mínteme" e fai que me fixe moito nestes detalles. As
microexpresións das persoas din máis que as palabras, non só cando falan, senón
tamén cando escoitan). A conversa rematou cando lle dixen que a presenza de María
Jesús Feijóo nesa lista non encaixa, que resulta máis que sospeitosa.
Respóndeme que é unha acusación moi grave.
Ao que lle respondo: e tanto! Estamos falando de prevaricación.
Quería devolverme parte do informe que lle dera (só o que fai referencia ao proceso de
selección). Non llelo quixen. Díxenlle que era para el.
Comprendo perfectamente que non poden contarmo todo. Agora espero que os demais
comprenda que eu queira saber porque sucede o que sucede ao meu arredor. Dun xeito
ou de outro descubrireino, pois a resposta a isto responde tamén ao feito de porque
persoas coma min están desempregadas e outras, con moito menos formación ou
formación inadecuada para o posto que desempeñan, non ten problemas para seguiren
ocupadas. Sei cal é a resposta. Quero probalo e quero denuncialo. O mundo pode
cambiarse, si non crese que iso é posible... que fago aquí?

IV.2.b.- UNHA MINIUPD

Nunha conversa Rosa fala dun miniequipo, eu chámolle miniUPD. Iso é o que era
realmente a UPD e nunca houbo vontade de que fose outra cousa. Foi pensada para ser
o que era: un grupo de persoas traballando para o enramado de ASPANAS (oito persoas
-ou nove, si sumamos a Lucía Carreira que exercía de administrativa persoal de Rosa- e
outro ao marxe de ASPANAS.

A desafección entre UPD e ASPANAS

Cando cheguei a UPD o ambiente de enfrontamento ASPANAS-UPD Integrou era máis


que evidente. O enfado viña especialmente dos traballadores que conformaban a UPD a
pesar de ser os máis privilexiados de toda a organización (teñen seis días de asuntos
propios -eu debo ser o único que non fixen uso deles por parecerme un abuso- sen que
lles correspondan por convenio, horario de verán para poder gozar do sol, dereito a
entrar e saír do posto de traballo cando lles pete, o descanso do café, 20 minutos,
multiplicábase por 2, por 3, por ..., gañabamos máis cartos que ningún outro traballador
de ASPANAS coa mesma categoría, ao cobrar o que marca o convenio,...). Aínda así,
estaban descontentes, porque? Por que non se contou en ningún momento con este
grupo nos proxectos da organización. Trátase dunha desafección causada polas persoas
que a dirixen, desaproveitando así todo o potencial que a UPD podía dar para a
asociación, para as persoas con discapacidade, e para a sociedade ourensá en xeral.
IV.2.c.- UN EXEMPLO DE MALA DIRECCIÓN

Na seguinte lista vou detallar as características do que é unha mala dirección, sobre
fondo branco, e o que eu entendo que debe ser unha boa dirección, sobre fondo gris.
Nos seis meses que estiven na UPD IntegrOU-ASPANAS puiden ver tódolos malos
vicios dunha entidade enferma (e iso non pode ser responsabilidade dunha soa persoa
como crin nun primeiro momento):
• O persoal non traballa para lograr os obxectivos da empresa
Os obxectivos son amplamente compartidos polos membros da organización
e están comprometidos en levalos a cabo.
• A xente ve que as cousas van mal e non fai nada para evitalo. A xente fala
informalmente dos erros e fallos con persoas non implicadas neles.
A xente séntese libre para sinalar as dificultades. Confían en que os
problemas se resolverán
• A xente trátase mutuamente de forma ficticia. Enmascáranse os asuntos e os
problemas, especialmente fronte ao/a xefe/a.
Os problemas resólvense con pragmatismo e sen complexidades, de xeito
directo e oficialmente. Tolerase moito a conduta inconforme.
• Quen dirixe a organización controla o maior número de decisións.
A toma de decisións determínase pola habilidade, o sentido de
responsabilidade, de información, a importancia do traballo, o tempo e o
desenvolvemento xerencial. O nivel xerárquico non é considerado como
determinante.
• Os/as directores/as actúan pola súa conta provocando que non se opere conforme
aos plans da organización.
Hai sentido de equipo na planificación, o desempeño e a disciplina. Hai
responsabilidade compartida.
• Non son importantes para o director/a as necesidades e os sentimentos persoais
dos traballadores.
Os problemas que se abordan inclúen as necesidades persoais e as relacións
humanas.
• A xente compite cando se necesita colaborar. Buscar ou aceptar axuda é signo de
debilidade. Ofrecela é algo que non ocorre.
Existe un alto grado de colaboración. Hai disposición para colaborar e a
competencia é mínima.
• En momentos de crise a xente evádese ou incúlpanse mutuamente.
En momentos de crise a xente coopera ata que a situación se supera
• Os conflitos persoais xeralmente ocúltanse e hai un claro incremento de xenreira e
contas por cobrar entre o persoal.
Existe moito aprendizaxe no traballo baseado na vontade de dar. Búscase a
retroalimentación e o consello.
• A retroalimentación e a crítica é evitada.
A crítica considerase inherente ao traballo e é aceptada como parte do cotiá.
• A xente séntese soa e falta de preocupación polos demais.
As relacións son honestas, a xente preocúpase polos demais e non se sente
soa.
• A xente séntese prisioneira do traballo e a rutina, está aburrida, anquilosada e
considerase obrigada a permanecer nel por necesidade. A súa conducta é
indiferente e dócil. Non se sente nun ambiente agradable.
A xente está motivada, moi involucrada voluntariamente. O seu lugar de
traballo é importante e divertido.
• O/a director/a é o “pai/nai” que da ordes na organización.
O liderado é situacional.
• O/a director/a controla esaxeradamente. Da pouca liberdade para permitir erros.
Hai un alto grado de confianza entre a xente, un profundo sentido de liberdade
con responsabilidade. A xente sabe o que é importante para a organización e
o que non o é. Tense a convicción de que se pode aprender dos erros.
• Ten un gran valor minimizar o risco.
Acéptase o risco como unha condición do crecemento e unha oportunidade.
• O desempeño deficiente é disfrazado ou manipulado arbitrariamente.
Afróntase o desempeño deficiente e búscase a solución pertinente.
• A estrutura, política e procedementos da dirección son unha “camisa de forza”
para a empresa. A xente refuxiase nas políticas e procedementos e xoga coa
estrutura da organización.
A estrutura, política e procedementos da dirección, están orientados a axudar
a xente a protexer permanentemente o bo funcionamento da organización.
Non hai unha resistencia excesiva a cambiar a estrutura, política ou
procedementos da dirección.
• Ten plena validez o lema “viva a tradición”. Rexeitase de plano calquera idea
innovadora.
Existe un sentido de orden e un alto grado de innovación.
• A innovación non abrangue, especialmente, en quen ten o poder de dirección.
A dirección e o persoal do grupo adáptanse rapidamente aos cambios e
anticípase o futuro.
• A xente “come” as súas frustracións.
As frustracións son un signo que chama a atención.

IV.2.d.- INCUMPLIMENTO DE OBXECTIVOS

Dinme que se cumpriron os obxectivos da UPD e cando o leo case me da algo. Nos seis
meses que estiven na UPD, e foron os seis últimos, cando se supón que se están
recollendo os froitos do ano e medio anterior, non se creou unha soa empresa, que digo,
non se fixo un só plan de empresa, non se mediou na contratación de ningunha persoa
con ou sen discapacidade, intelectual ou física, un dos obxectivos prioritarios de toda
UPD: crear emprego.

Esta miniUPD adicouse case en exclusiva a dar formación aos obradoiros, a copiar e
pegar traballos de internet e facelos pasar como propios, a falsear as consultas on-line,
onde non existían usuarios reais -máis aló dos inventados polos técnicos- logo de dous
anos, a crear e falsear estadísticas dos logros da propia UPD, etc.

Como xurista da UPD recibín en seis meses dúas consultas: a primeira, na primeira
semana, creo que era unha proba de algunha técnica coñecida de Nuria; a segunda, a
mediados da UPD da Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao. Non
recibín unha soa consulta de Técnicos, Axentes de emprego, ou Orientadores Laborais,
nin unha soa consulta dos membros da UPD e, por último, e máis grave -posto que
pagaban servizos externos a outro avogado-, ningunha consulta de ASPANAS.
IV.3.- O FIN NON XUSTIFIA OS MEDIOS

Hoxe, grazas a ASPANAS hai máis PCDI que nunca traballando, vémolos aparecer nos
xornais moi a miúdo pegados a algún político. O que non sabemos é como se consegue
todo iso e a cambio de que.

A política de transparencia de ASPANAS brilla pola súa ausencia. Non ten páxina web e
non fai públicas as súas memorias nin as súas auditorías. Debería facelo? Dende logo,
manexa un orzamentos superiores aos de moitos concellos que si están obrigados e os
seus recursos provén practicamente na súa totalidade de institucións públicas.

Recentemente solicitei esas memorias a Rosa e non me respondeu. Probablemente non


fose ela a persoa indicada a quen tivese que pedirllas pero, non deberían te acceso a
elas calquera traballador da entidade?

Dise que as asociación non poden contar cos mellores medios (entre estes, os mellores
profesionais) por que os recursos son sempre insuficientes. Pero na cidade que vivimos,
tan escasa de oportunidades, traballar nunha asociación non deixa de ser un luxo, cando
menos iso era para min. Sentíame un privilexiado.

Eu era o primeiro en chagar cada día ao traballo. Subía as persianas cada día. Xamais
me queixei por semellante cousa. Cando me sentaba no meu posto de traballo xa traía
lidos os Boletíns da casa -agás o DOUE que saía máis tarde- para aproveitar o tempo
facendo outras cousas. Tamén traía lidos os xornais, mentres outros aínda se dispuñan
a facelo. Xunto con Lucía era o último en marchar do traballo, Levaba traballo para casa,
para despois do traballo, para os fins de semana, para as vacacións e incluso, trala
finalización do meu contrato, actualizando a GUÍA DE DEREITOS PARA AS PERSOAS
CON DISCAPACIDADE, incluso dende o hospital. Para que? Para que premien aos máis
lacazáns ou para que entren outros que, iso si, veñen cun carnet dun partido político.

As asociación renuncian a moitas persoas con valía para cumprir os caprichos tanto dos
responsables propios como os alleos (os das administracións). Convertéronse nun
“chiringuito” para uns, para conquerir os seus fins clientelares; nun modo de vida para
outros, de boa vida, a conta das persoas con discapacidade.

Oxala conquerisen para as PCDI a calidade de vida que eles ten.

También podría gustarte