Documentos de Académico
Documentos de Profesional
Documentos de Cultura
REGULAMENTO
Organiza:
A.D.Fogar da Xuventude
Federación Galega de Tríatlon e P.M.
Patrocina e promove:
Federación Galega de Tríatlon e P.M.
Colabora:
Xunta de Galicia- Secretaría Xeral para o Deporte
Control da proba:
Colexio de Xuíces da FEGATRI
Participantes previstos:
70 por categoría (280)
Data e horarios:
Domingo 29 de maio do 2011
Quecemento piscina: 09:30 a 10:30hs.
Probas Piscina: 10:30 a 12:00hs
Probas Pista: 12:00 a 13:30hs
Distancias:
Benxamín: 50m -500m
Alevín: 100m -500m
Infantil: 200m -1000m
Cadete: 400m – 2000m
Probas:
Final Galega de Biatlon Escolar Infantil e Cadete
Final Galega de Biatlon Escolar Benxamín e Alevín
Orde de competición:
Comezará a categoría infantil, despois cadete, e finalmente participará o resto
(benxamíns e alevíns).
Primeiro faran todos o sector de natación e despois a carreira.
Instalacións:
Inef Bastiagueiro (piscina municipal e pistas de atletismo)
Recollida de dorsais:
Na piscina do Inef Bastiagueiro
Premios:
Na final galega haberá trofeos ou medallas na clasificación individual e por equipos un
trofeo e medallas para os membros do equipo, que nunca poden superar os 8
compoñentes, nin ser menos de 6 (3M e 3F).
Normas de competición
A carreira rexerase segundo as normativas vixentes do Regulamento de Actividade
deportiva en idade escolar 10/11 que edita a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta
de Galicia.