Está en la página 1de 3

O CREADOR DE SOMBRAS

(Alexandre Rodríguez Blanco)

Cando Xurxo tiña sete anos vivía cos seus papás e coa súa irmá

Claudia na cidade de Ourense. Xurxo sempre foi un neno de boas notas ao

que lle encantaba ler . Unha vez lera nun libro que a súa cidade fora

construida polos Romanos, cando estes descubriron unha fonte da que

manaba auga quente. Esta historia deixouno abraiado ata o punto de non

querer ler nada máis que vellos relatos de Romanos. Tal vez, por iso, cando

xa non lle quedaban libros que ler, comezou a debuxar sombras: sombras

de crocodilos, sombras de leóns, sombras de xirafas, e tamén a sombra dun

dinosauro.

Unha noite de chuvia, mentres Xurso dormía, as sombras comezaron

a sair de amodo das cuadrículas do caderno onde Xurso as tiña debuxado.

Pola mañá temprano encontrounas recostadas enriba da alfombra do seu

cuarto mirándoo fixamente sen facer ningún ruido. Estaban cheas de vida e

o dinosaurio movía a súa testa con moita simpatía. Xurxo apenás podía

crelo, pero como había que facer algo decidiu montar un circo. En

realidade tiña animais de abondo.

- Domareinos –pensou – gañarei moito diñeiro e serei o neno máis

famoso do mundo.
Esta tarefa, en cambio, no era nada doada, e unha vez a xirafa, que debía

estar famenta, chegou a comerse un mechón do pelo de Xurxo, crendo que

se trataba da follas que colgaban dunha árbore. Xurxo moi enfadado

golpeuna cun latígo e gritoulle: - Xa esta ben, agora terei que volver ao

perruqueiro outra vez,e iso que xa me cortei o pelo fai só dúas semanas.

Un intre despois, Xurxo que tiña un gran corazón, estáballe pedindo perdón

ao animal.

Cando, por fin, o circo estivo listo para a primeira función, as

sombras cansas de tanto adestramento decidiron durmir todo o tempo e non

actuar. O público enfadouse moito e non paraba de chillar:

- ¿Onde están os animais do circo?

¡ Pobre Xurxo! Poñer en marcha un circo non era tan fácil como el pensara.

As sombras non lle facían ningún caso. Estivo moito tempo pensando

como podería resolver o problema sen atisbar a solución. De repente veulle

aos miolos a idea de facer un casting e puxo mans á obra:

- Este non, este non, ese tampouco, este si, este non, aquel quizais. Vaia

isto do casting funciona.

E así estivo ata que escolleu a trece homes e a catro mulleres. Con

todos eles fixo un circo de verdade con trapecistas, domadores,

equilibristas, malabaristas e incluso un pallaso, aínda que as auténticas

estrelas eran as sombras. Gracias a elas, o público de todo o mundo

quedaba apampado e aplaudía ata que lle doían as mans.


Unha mañá de primavera as sombras desapareceron da carpa. Por

máis que as buscaron nunca máis se soubo delas e iso que a policía

secreta investigou a súa desaparición. Uns xornais publicaron que as

secuestraron para pedir un rescate. Outros dixeron que coma eran sombras

desapareceron sen deixar ni unha soa pegada. De calquera dos xeitos

nunca máis se soubo delas.

Xurxo despertou, tras unha axitada noite de pesadelos, cando a súa

nai encendeu a luz do dormitorio. Levantouse cunha estrana sensación.

Estaba canso como se regresara de percorrer o mundo. Foi directo a mesa

de estudo e algo nervoso abriu o caderno de cuadrículas. Alí estaban as

sombras todas, tal como o día anterior el mesmo as debuxara.

Asinado: Mandarina

Ourense, maio 2008

También podría gustarte