Está en la página 1de 5

PEQUENA ESTRELA

( Alexandre Rodríguez Blanco)

Corría o un de setembro do ano 1992 cando naceu un neno chamado Ramón, o


que ía ser o futuro rei da música. Vivía ao leste da Coruña nunha pequena casa facendo
esquina entre a Praza dos Loureiros e o parque infantil Os cativos. Medrou en compañía
dos seus pais, Xoaquín e Sara.

A historia comeza cando Ramón cumpre os seis anos. Era alto e desaxeitado,
cunha ancha fronte e o pelo castaño escuro. Tiña, en cambio, uns deslumbrantes ollos da
cor do mel. Estaba contento porque ía cumprir anos, pero esta vez era especial. Non só
ía pasar do seu primeiro lustro, senón que ademais iniciaría o ensino primario, o que
significaba cambio de patio. A partir de agora en lugar de xogar coas pas no areeiro
faríao no campo de fútbol cun balón de regulamento.

Os seus pais sempre o quixeran levar a unha escola de música, pero non
encontraran ningunha que fose para nenos de menos de 6 anos. Tiñan unha
especialmente reservada para este momento: a Escola de Música ‘Pandeiretas e
tambores’.

O neno sempre tivo claro que quería tocar o óboe. Sara e Xoaquín non estaban
moito polo labor. Eles desexaban que aprendese piano, claro, pero o máis importante
era o que quixese Ramón. Este celebrou o aniversario ao grande; fixo unha festa na que
estiveron presentes todos os seus amigos e familiares, de modo que conseguiu uns vinte
regalos, polo menos. Entre todos eles houbo un que lle gustou por enriba dos restantes,
tratábase dun libro de partituras para óboe.

Como cumpría a finais de verán, pronto comezarían as clases, tanto do cole


como de música.

QUINCE DÍAS DESPOIS


Comezaron oficialmente as clases na escola de música. A súa profesora
ensinoulle a tocar as notas de dó a dó agudo, e aprendeulle tamén algunhas cancións

1
populares en linguaxe musical. Á parte, déronlle unha web de ditados e demais
exercicios de oído. O neno, tan contento, chegou á casa, como era lóxico, moi
emocionado. Nun intre, colleu o ordenador e meteuse na páxina. Chamábase
“Ditadosemais.com”. Pero era moi tarde, e os seus pais prohibíronlle entrar en internet
a esas horas:

- Ramón, non podes navegar no ordenador tan tarde -dixo Sara.


- Pero, mamá…
- Nin pero, nin pera! -contestoulle súa nai.
- Veña, lava os dentes e á cama. Xa farás iso mañá.

Ramón tiña clases no colexio a partir das nove, pero a súa mamá obrigábao a
levantarse ás oito. Era algo que el aínda non comprendía. Unha vez preparado, saíu da
casa de camiño á escola. Hoxe tocábanlle dúas horas de Lingua Galega, unha de
Relixión e un recreo dunha media hora aproximadamente. Nas últimas horas tiña
Educación Física e Plástica.

Chegou á casa verdadeiramente esgotado, pero non o suficiente como para non
acceder á páxina web que tanto desexaba dende o día anterior. Nela atopou un gran
número de exercicios, e sobre todo, como non, moitos ditados. Ramón interesouse por
estes. Nos altofalantes do ordenador escoitábase unha melodía e o neno tiña un
pentagrama para facelo. Entón, deulle ó botón “Play”, agarrou o rato e escoitou a
canción. Aos cinco minutos, Ramón plantouse diante dos seus pais con toda a emoción
do mundo e mostroulles os tres ditados que fixera. Estaban perfetos!

Esa mesma tarde, Xoaquín e Sara, aínda sen poder crelo, foron ao Conservatorio
Profesional de Música de Santiago para contarlle o sucedido ao director, que era amigo
deles. Este nunca vira tal cousa. Ramón fixera uns ditados de terceiro grao, cando só
tiña seis anos, e iso que soamente fora a unha clase de óboe na que apenas lle ensinaran
as notas!

- Este neno é un xenio! –exclamou o director.


- Si, e temos que aproveitalo sexa como sexa -pensaron os seus pais.

2
Para asegurarse, mandáronlle que fixese outros cantos ditados máis e a historia
repetiuse. O neno non cometeu un só erro.

Os pais de Ramón decidiron converter o neno nunha estrela. Collerían


rapidamente o primeiro voo a Barcelona. Ían levar a Ramón a facer unha proba para un
famoso concurso televisivo. Ramón estaba asustado.

- A onde imos? Por que? -preguntaba.

Os seus pais, sen facerlle o máis mínimo caso, seguían preparando o voo e o
hotel no que se poderían aloxar. Nada máis comer, irían directos ao aeroporto de
Santiago de Compostela.

O pobre Ramón seguía sen saber que estaba a acontecer. Comezou a protestar e,
sen saber como nin por que, cando se deu conta os seus pais xa tiñan feitas as maletas.
Comeron ás tres en punto, e ás tres e cuarto estaban saíndo da casa.

Cando por fin chegaron a Barcelona, aloxáronse nunha tan cutre pensión que nin
sequera tiña cuarto de baño e desprendía un olor noxento. Os cartos non lle daban para
máis.

Ao día seguinte sería o ‘casting’ do concurso de novos talentos. Ramón tocaría


“Concerto para óboe”, unha canción que aprendera por internet apenas vintecatro horas
antes.

Ramón, agora, xa sabía onde estaba e por que.

AO DÍA SEGUINTE
Presentáronse trescentos doce rapaces ao concurso, e deses, só pasarían vinte e
cinco á segunda fase. Despois, dous serían seleccionados para a gran final e só un deles
gañaría o gran premio.

Ramón pasou a primeira fase. Chegou a semifinais. Agora era o momento. Tiña
que pasar á final… E logrouno! Estaba moi contento, pero sabía que aínda non gañara e

3
por iso tiña que facer unha radiante actuación. Si, tíñaa que facer, e como non… ¡fíxoa!
Ramón gañou o concurso cun total de 30 puntos fronte aos 24 obtidos polo outro
finalista!

O seu corazón deulle un sobresalto. Todas as televisións españolas saíron ao seu


encontro. Ramón fixo entrevistas, entrevistas, entrevistas e máis entrevistas.

Nesa temporada, o neno, por mandato dos seus pais, dedicou unha gran parte do
seu tempo a subir vídeos a internet. Estes en menos dun mes recibiron máis de dous
millóns e medio de visitas. Todo un récord!

Deste xeito, a familia de Ramón, que era máis pobre ca outra cousa, pero tamén
avara, converteuse de repente unha das dez máis ricas de toda España.

CATRO ANOS MÁIS TARDE


Ramón era practicamente o neno máis famoso do planeta. Con só dez anos, xa
daba concertos polo mundo adiante. Agora estaba de xira nos Estados Unidos, onde tiña
que cambiar de colexio cada pouco polo tema dos concertos. A Ramón gustáballe isto
do óboe. Este instrumento era a súa vida.

DÚAS DÉCADAS DESPOIS


Ramón non era o mesmo. Transformárase nun home serio e con certa inclinación
cara ao alcohol.

El era consciente da vida de luxo que estaba levando dende que gañara aquel
concurso aos seis anos de idade. Era millonario, tiña unha casa impresionante, con
piscina e maiordomos por tódalas partes. Pero había algo que o comía por dentro. Tiña
todo iso e moito máis, en cambio, non se sentía a gusto coa súa vida. Polas noites non
conseguía coller o sono e reflexionaba coa cabeza sobre a almofada. Estaba farto dos
reporteiros, das roldas de prensa, dos fans, de ir de hotel en hotel, de cidade en cidade,
de non vivir en ningunha parte. Ramón choraba. Entón foi cando comprendeu que
nunca fora un neno, que nunca tivera infancia coma calquera outro dos raparigos da súa
escola e do seu barrio.

4
Un bo día, Ramón decidiu reorganizar a súa vida.

AO FINAL
Acabáronse os focos para Ramón. O home pasea agora en vaqueiros, descalzo
pola praia de Camariñas da man dunha fermosa muller galega chamada Ariadna. Ramón
camiña desapercibido entre a xente coma un cidadán máis. Ariadna e Ramón crearon
unha escola de música na que ensinan a nenos autistas a convivir entre eles a través da
música.

Ramón fixo unha gran promesa: non volverá tocar o óboe para gañar diñeiro.
Agora soamente o fai para Ariadna, a muller que co seu amor ensinoulle a ser un home
de carne e óso en vez dunha estrela; e, por suposto, para os nenos da escola. Cando
actúa para eles sente que volve ser aquel pícaro inocente que aínda non fixera a súa
primeira viaxe a Barcelona.

Ramón é o home máis feliz do planeta.

FIN
Asinado: Estrela mariña.
Ourense, maio 2011

También podría gustarte