Está en la página 1de 6

III RUTA BTT

MANCOMUNIDADE TERRA DE CELANOVA

O domingo día 3 de Xullo terá lugar a III Ruta BTT Mancomunidade Terra de Celanova.

REGULAMENTO XERAL DE OBRIGADO CUMPRIMENTO

Art.1. A III Ruta BTT Mancomunidade Terra de Celanova está aberta a todo aquel que dispoña

da maioría de idade ou 16 anos con autorizacións de pais ou titores e que teña completado

satisfactoriamente o proceso de inscrición.

Art2. Conta con dous recorridos: un de dificultade media-alta de aproximadamente 51 km e

outro de dificultade media de 35 Km. A Mancomunidade Terra de Celanova como organizador

do evento, resérvase o dereito de modificar o recorrido cando as circunstancias ou

autoridades así o recomenden. A saída oficial da ruta será ás 9.00 horas e o peche do control

será ás 14.30 horas.

Art3. Pódese facer a inscrición en:

http://www.terradecelanova.es/index.php?option=com_artforms&formid=1&Itemid=95.

O ingreso deberá realizarse no número de conta:

2080-0292-91-0040038650 da entidade CAIXANOVA

por un importe de 15 euros, facendo constar nome, apelidos e DNI do participante. Ningunha

inscripción se considerará en firme ata que non se efectúe o pago da mesma.

Os participantes tamén poderán inscribirse por correo, enchendo a ficha de inscrición e

enviandoa a Mancomunidade “Terra de Celanova” Barrio da Ermida nº39/baixo 32800 Celanova

–Ourense xunto co xustificante bancario, ou por vía mail mandando ambos impresos a dirección

terradecelanovasaudable@hotmail.com, ou por fax o 988451646 (verificar envío) ou nas

oficinas da Mancomunidade. Tamén se poderán inscribir no lugar da proba sempre e cando non

se sobrepase o número máximo de participantes (150) ata 15 minutos antes do comenzo da

1
mesma. Calquera duda ou aclaración pódese resolver chamando o teléfono 988451646

(preguntar por Nazaret ou Víctor quenes aclararán as peticións correspondentes).

O pago deste importe da dereito a participar na ruta BTT, portando obligatoriamente o

dorsal, a acceder ás duchas ó termino da mesma, a recibir un obsequio conmemorativo da súa

participación (cortaventos) a repoñer enerxías cun xantar na zona sinalada paro o mesmo

(Hostal*** O Miradoiro), o sorteo de varios obséquios e ceas e a disfrutar das instalacións das

piscinas municipais de Quintela de Leirado gratuitamente nese día. Os acompañantes tamén

poderán acceder a comida e as piscinas previo pago de 6 euros na mesma conta indicando nome,

apelidos e a referencia “acompañante”.

Art4. Poderase efectuar a recollida de dorsais:

1. Das 9.00 a 14.30 na Mancomunidade Terra de Celanova (Barrio da Ermida,

nº39/baixo – Celanova) a partir do 6 de xuño.

2. No control de saída, situado en Quintela de Leirado, na porta do concello

(Leirado s/n) entre ás 8.15 e ás 8.55 horas do propio día 3 de xullo.

Art5. Todo participante inscrito está obrigado a levar casco e a seguir as indicacións dos

axentes da autoridade e o persoal da organización habilitado.

Art6. Todo participante deberá situarse por detrás do vehículo da organización que se

identifique como de apertura da proba e non rebasalo en ningún caso.

A organización declina toda responsabilidade naqueles casos que por falta de

cumprimento do presente regulamento, da Lei de seguridade vial, así coma das instruccións

dadas polo persoal habilitado pola organización, se poideran producir danos físicos ou morais,

propios ou a terceiros, así coma outro tipo de prexuicios ou accidentes que por estas causas se

poideran ocasionar.

A organización resérvase o dereito de emprender as accións que consideren pertinentes

naquela persoa que non presente o comportamento debido ou faga caso omiso as indicacións que

reciba por parte dos membros habilitados pola organización.

Art7. A Ruta BTT ten un carácter lúdico polo que non se realizará ningún tipo de clasificación,

nin mención especial de orden de chegada considerando que tódolos participantes oficialmente

2
inscritos e que realicen o percorrido completo son os verdadeiros vencedores deste evento

deportivo.

Art8. A bicicleta que se utilizará será de montaña e, recoméndase levar vestimenta adecuada e

bote de auga ou mochila de hidratación.

Art9. A aceptación (inscribíndose) do presente regulamento implica que o participante da o

seu consentimento á Organización para que poida utilizar a súa imaxe para a promoción e

difusión da Ruta BTT da Mancomunidade Terra de Celanova en tódalas súas formas (internet,

carteis, medios de comunicación, etc).

Art.10. Os avituallamentos serán:

1. Líquido + sólido

2. Líquido + sólido

3. Líquido + sólido

Art12. O feito de inscrición nesta proba supón a aceptación do presente regulamento e a

renuncia a tódolos dereitos contra a Organización.

Art.13. Recoméndase levar o día da proba a seguinte documentación: DNI, xustificante da

inscrición ou xustificante de pago por se fose necesario.

A saída e a chegada da marcha será no concello de Quintela de Leirado. O percorrido

trazado será polos concellos de Quintela de Leirado, Ramirás, Celanova, Verea e Quintela de

Leirado apreciando as paisaxes esplendorosas e inolvidables con grandes cimas coma

Penegache, San Paio dos Pitos e momumentos como o monasterio de San Salvador de Celanova

ou A Torre de Vilanova dos Infantes, etc...

3
RUTA

4
CÓMO CHEGAR
Celanova é o punto de confluencia de dúas importantes vías de comunicación: a N-540

(Ourense-Portugal) e a C-531 que une A Cañiza con Xinzo de Limia. Ademáis na comarca hai un

acceso desde a N-540 a A-52 a través de A Mezquita no concello de A Merca.

 Desde Ourense

Para chegar a Quintela de Leirado desde Ourense, temos que chegar a Celanova (26

Km), e unha vez na entrada da vila collemos a dereita dirección Cortegada – Quintela de

Leirado, carretera comarcal 531 (dirección A Cañiza, Cortegada), e o chegar a menos dun Km.

tomar unha desviación á esquerda da comarcal OU-0209 dirección Quintela de Leirado. Está

ben sinalizado.

Pasado un pequeno alto encontraremonos ca aldea de SANTA EUFEMIA (Milmanda). A

continuación ven CARRACEDO e despois chegan a LEIRADO (aproximadamente 15 minutos).

 Desde A Cañiza

Unha vez na Cañiza collemos dirección Cortegada, unhos 13 Km aproximadamente e alí

dirección Celanova. Ó chegar a Celanova collemos no campo de fútbol á dereita, a carretera

OU-0209 dirección Quintela de Leirado.

Distancias aproximadas:

OURENSE: 26 Km.

SANTIAGO: 137 Km.

PONTEVEDRA: 103 Km.

5
ALOXAMENTOS

 Pensión “O Miradoiro”

Leirado, s/n - 32814

Quintela de Leirado

Telf. 988 49 37 17

También podría gustarte