Está en la página 1de 4

ACTIVIDADES TEMA 8

1. Que é o ciclo das rochas? Que tipo de transformacións poden experimentar as


rochas durante ese ciclo?

2. É imposible chegar ata o núcleo da Terra, pero os xeólogos saben a que


profundidade se atopa, cal é a súa composición e o seu estado físico. Como
poden sabelo?

3. Que é unha descontinuidade sísmica? ¿Cómo se detecta unha descontinuidade


sísmica?

4. Que é o gradiente xeotérmico? É constante a calquera profundidade? Explica os


procesos que xeraron a calor interna da Terra.

5. Relaciona o tipo de movemento entre as placas (diverxente, converxente e de


cizalla) cos bordos resultantes da interacción e as estruturas xeolóxicas que se
producen en cada caso.

6. Explica as diferentes interpretacións que se deron da astenosfera ata chegar á


idea actual.

7. Que é Panxea?

8. Cando se retomaron as ideas de Wegener? Explica os tres descubrimentos que


afianzaron as teorías mobilistas fronte ás fixistas.

9. As probas achegadas por Wegener sobre o movemento dos continentes seguen


a ser válidas e a súa proposta da existencia do continente único Panxea
confirmouse. Cales son as diferenzas principais entre a tectónica de placas e a
deriva continental?

10. Explica as semellanzas e as diferenzas entre un oróxeno térmico e un arco de


illas.

11. Realiza un resumo que explique o proceso de formación dun oróxeno de colisión.

12. Que diferenzas hai na manifestación superficial dun penacho térmico cando
incide sobre a base da litosfera oceánica ou da continental?

13. Realiza un esquema que conteña os principais elementos dun pregamento.


Cales son os principais tipos de pregamentos?

14. Que tipo de deformación mostra o debuxo? Explica como ocorreu a deformación.
Que sinala cada número?
Decribe o que sucede no límite de placas representado nos debuxos

Debuxo A

Debuxo B

Actividades de síntese da unidade

También podría gustarte