Está en la página 1de 4

Nº 12.

Octubre - Noviembre de 2003


Dep. Legal nº C-1701-03

PEREIRIÑOS
Boletín Informativo
Decano de la da Biblioteca
prensa náutica del Barbanza do
CEIP do Foxo

BOLETÍN Nº 87
MAIO 2010

SUMARIO

ENTREVISTA: XOSÉ NEIRA VILAS Páx. 1


" ENTREVISTA A
XOSÉ NEIRA VILAS

O
s lectores do PEREIRIÑOS queren saber máis Páx. 4
polo miúdo como é o noso protagonista; por " UNS VERSOS PARA
iso, sometemos a Xosé Neira Vilas á nosa OS PEREIRIÑOS

particular entrevista, “Unha Rolda de Rosquillas”.

CMYKVerde mar
Páxina 2 PEREIRIÑOS

1. Un libro para ler e reler mil veces mil.

Os contos de Compay grillo

2. Unha comida para chuparse os dedos


dun en un.

Filloas con mel

3. Unha poesía para recitar aos catro


ventos no alto de Castro Mouzo.

Río Ulla do libro Dende Gres

4. Cales son as cores do seu equipo de


fútbol?

Téñoo moi lonxano

5. Refrán que sempre leva no caletre


por se acaso.

O peor que lle pode pasar a unha persoa


é que non lle pase nada

6. Unha peza dramática para ver


representada no Teatro Principal da
Estrada.

Pancho de Rábade de Álvaro de las


Casas

7. Algunha fobia?

Aos ratos e ás persoas mintireiras e ás


persoas con soberbia

8. Unha película para gozar en boa


compaña.

Adiviña quen vén esta noite

9. Cal é ou cal foi o seu heroe?

Ernesto Che Guevara

10. Un escritor imprescindible.

Castelao, Rafael Dieste, Alejo


Nº87. MAIO 2010 Páxina 3

Carpentier, Gabriel García Márquez,...

11. Unha manía.

A puntualidade e a insistencia para que


as cousas se fagan

12. Un recuncho paradisíaco en Gres.

As Ínsuas de Gres

13. Unha profesión.

Carpinteiro

14. Un cantante ou grupo musical polo


que sinta devoción.

A Quenlla, Joan Manuel Serrat, Pablo


Milanés

15. Un recuncho paradisíaco no que


perderse unha fin de semana en
Galicia.

Malpica de Bergantiños

16. Unha afición.

Ler

17. Un programa de televisión.

Os concertos musicais do canal 2

18. Pense ben, por favor, e conteste sen


dubidar: fai a cama, pon a lavadora,
cociña..?

Fago a cama e cociño

19. Un país.

Cuba

20. Unha mensaxe para os lectores do


PEREIRIÑOS.

Hai que ler moito e ben, en bos libros.


A Xosé Neira Vilas…
con todo o agarimo do Mundo

Para que camiñes a paso de boi


polas Estradas da Vida.

Para que percorras, novamente,


a longuísima Avenida de Rancho Boyeros
e as corredoiras do teu querido Gres.

Para que pasees de vagariño a túa sapiencia


pola República das Nosas Letras.

Para “pedalear pola vida, compañero”


que dirían os teus irmáns cubanos.

Para que os teus pasos deixen por sempre


unha fonda pegada.

Para que os poñas cunha guayabera


e sexas o académico máis elegante
de toda a Real Academia Galega.

Para que te lembres sempre de todos Nós,


os Pereiriños do Foxo.

Para que das túas pisadas


agrome un camiño que será o noso abrente...

Por todo iso, e por moito máis...


Xosé Neira Vilas
recibe este agasallo do ceip do foxo,
con todo o agarimo do Mundo.

O Foxo, 5 de maio de 2010

O MELLOR FARO PARA IMPEDIR QUE OS POBOS TROPECEN


É UNHA ESCOLA

También podría gustarte