Está en la página 1de 4

BOLETÍN INFORMATIVO DEL CLUB NÁUTICO DE PORTOSÍN

Nº 12. Octubre - Noviembre de 2003


Dep. Legal nº C-1701-03

PEREIRIÑOS
Boletín Informativo
Decano de la da Biblioteca
prensa náutica del Barbanza do
CEIP do Foxo

BOLETÍN Nº 86
MAIO 2010

XOSÉ NEIRA VILAS


no CEIP do Foxo
Mércores, 5 de maio
ás 16.00 h.
Salón de Actos Varela Buxán
CMYK azul crepúsculo
Páxina 2 PEREIRIÑOS

XOSÉ NEIRA VILAS

Nace en Gres (Vila de Cruces) en 1928. Vivíu ata os


dezanove anos na comarca do Ulla. Fillo de labregos,
compaxinou ata os catorce anos a asistencia á escola cos
labores do campo. Traballou logo varios anos nas oficinas
dun aserradeiro mentres estudaba Comercio por
correspondencia, loitaba por non afundirse na miseria
(económica e cultural) que o rodeaba e procuraba
completar a súa formación lendo todo o que tiña ao seu
alcance.

En 1949 emigra a Arxentina, onde, ao tempo que


desempeña os traballos máis dispares, segue a estudar e En Xenebra (Suíza), 1994.
vencéllase á cultura galega a través dos intelectuais
exiliados, tales como Luís Seoane, Rafael Dieste, Eduardo
Blanco Amor,.... feito que lle fai tomar conciencia da
realidade de Galicia e iniciar un intenso activismo en prol
da cultura galega. En 1953 funda as Mocidades Galeguistas
e en 1956 participa na organización do I Congreso da
Emigración Galega.

En 1957 casa coa escritora cubana Anisia Miranda e con ela


funda “Follas Novas”, editorial e distribuidora do libro
galego en América. En 1961 instálase en Cuba e
comprométense activamente no proceso revolucionario ;
no 69, Neira Vilas pon en marcha a Sección Galega do
Instituto de Literatura e Lingüística da Academia de
Ciencias de Cuba organismo que desenvolverá un labor sen
precedentes de investigación e recompilación das
aportacións da emigración galega na illa. Neira Vilas volta
a Galicia en 1972 e instálase definitivamente en Gres en
1992. Un ano despois crea, xunto a súa dona, a Fundación
Xosé Neira Vilas, centro cultural que conta cunha
Biblioteca Pública, un Museo Etnográfico e unha Sala de
Exposicións e Concertos.

Premios (entre moitos outros):


Investidura como Doutor Honoris Causa polas universidades
da Coruña e da Habana; o Premio da Crítica Española
(1978) na categoría de narrativa por Aqueles anos do
Moncho; o Premio da Crítica Galega (1981) na modalidade Con Otero Pedrayo e con Neira Vilas
en Buenos Aires, 1959.
Nº86. MAIO 2010 Páxina 3

de ensaio por Galegos no golfo de México; o Pedrón de


Honra (1986); a Medalla Castelao (1988); o Celanova Casa
dos Poetas (1989); o Premio Irmandade do Libro (1999), a
Vieira de Prata (1999) e o Premio Trasalba (2004). Dende
o ano 2001 é membro numerario da Real Academia
Galega. En xaneiro do ano 2006 o concello de Vila de
Cruces nomeouno Fillo Predilecto.

Narrativa:
Memorias dun neno labrego,Editorial Follas Novas de Bos
Aires, ano 1961. Ediciós do Castro, 1968. Libro que foi
traducido ao inglés.
Xente no rodicio, Galaxia, 1965.
Camiño bretemoso, Galaxia, 1967.
Historias de emigrantes, Patronato da Cultura Gallega,
Montevideo, 1968. Ediciós do Castro, 1975.
A muller de ferro, Galaxia, 1969.
Remuíño de sombras, Castrelos, 1973. Galaxia, 1991.
Memorias dun neno labrego,
Aqueles anos de Moncho, Akal Editor, 1977. Xerais, 1989. o betseller da literatura galega.
Premio da Crítica Española, 1978.
Querido Tomás, Ediciós do Castro, 1980.
Tempo novo, Ediciós do Castro, 1987
Papeis, serie “Contos do Castromil”, 1992.
O home de pau, Xerais, 1999.
Relatos mariñeiros, Xerais, 2003.

Narrativa para nenos.


Cartas a Lelo, Ediciós do Castro, 1971.
O cabaliño do buxo, Edidciós do Castro, 1971.
De cando o Suso foi o carteiro Ediciós do Castro, 1988.
Chegan forasteiros, Ediciós do Castro, 1993.
Espantallo amigo, Celta, Lugo, 1971. Glaxia, 1989.
A marela Taravela, Celta, 1976. Glaxia., 1989.

Poesía:
Dende lonxe, Follas Novas, Bos Aires, 1960.
Inquedo latexar, Xistral, 1960.
Cantarolas e contos prá xente miúda, escritos coa muller,
Anisia Miranda, Akal Editor, 1975.
Bágoas e outros poemas, separata de “Papeles de Son
Armadáns”, 1968.
Poesía recadada, Espiral Maior, 1994.
Cantatolas, escritos coa muller, Anisia Miranda, Xerais,
1995. Chegada por primeira vez a Galicia.
Dende Gres, Ediciós do Castro, 2004. Gres, 1972.
ANISIA
Tamén ti es de Gres
amiga amada.
De Gres e miña, nosa,
de nós todos.
Deste río, deste val e destes montes.
Es desta terra,
deste vello lugar,
da xente desta aldea
que te agarima
dende que aquí pousaches
as túas ás de pomba tropical.
Es de aquí e dalá
—daquela Antilla,
daquel soleado corazón—.
Es palma e piñeiro,
sinsonte e rula,
gaita e bongó.
Dúas patrias
que o mesmo mar abraza.
Toda unha vida compartida.
Es de Gres, deste eido.
Así o sinto
cando regas acivros e camelias,
e ollas estes campos verdescentes,
e bebes destas augas,
e recolles un seixo milenario,
e vas polos meus carreiros
ou falas cos veciños
na lingua ancestral, viva e sagrada.

Anisia,
cidadá do mundo,
árbore florecida
con raíces en Cuba
e a vizosa ramaxe
con espazo de seu, intransferible
neste doce, inmemorial recanto.

Xosé Neira Vilas

O MELLOR FARO PARA IMPEDIR QUE OS POBOS TROPECEN


É UNHA ESCOLA

También podría gustarte