Está en la página 1de 4

BOLETÍN INFORMATIVO DEL CLUB NÁUTICO DE PORTOSÍN

Nº 12. Octubre - Noviembre de 2003


Dep. Legal nº C-1701-03

PEREIRIÑOS
Boletín Informativo
Decano de la da Biblioteca
prensa náutica del Barbanza do
CEIP do Foxo

BOLETÍN Nº 81
MARZO 2010

OS DE INFANTIL VAN Á FEIRA

O
Sr. Tendeiro esterricou o seu brazo por riba de todas as viandas e
dounos un anaquiño de queixo, que semellaba unha media lúa, a
cada un de Nós, ao tempo que exclamou con esa súa voz ronca:

- A estes meniños hai que coidalos, que son o futuro…

Eu non entendín moi ben iso do futuro pero o Sr. Tendeiro caeume moi
ben… E o queixo, que semellaba unha media lúa, era moi, moi sabedeiro…

CMYK verdehierba
PEREIRIÑOS

Páxina 2

Os pequenos do cole foron de


excursión á feira. Percorreron
todos os recunchos do mercado.
Fixeron cola para pagar na
caixa do supermercado.
Visitaron a Praza de Abastos.
Comeron na Praza do Mercado e
brincaron en Brincadeira, a casa
das bólas…

Na súa andaina pola Estrada


descubriron os produtos que
consomen nas súas casas… E
(re)coñeceron moitas froitarías,
carnizarías, peixarías,
panaderías, mercerías,
zapaterías, librarías, tendas de
xoguetes, de roupa…

Os tendeiros e toda a xente da


Estrada foron moi amables e
agarimosos cos pereiriños,
déronlle queixo, churros,
galletas… o Sr. Policía
Municipal, que lucía galóns de
Inspector, axudou a que o
Autobús Escolar puidese aparcar
sen problemas…

O Xerente, a encargada e as
empregadas do Gadis coidaron
Páxina 3

Nº81. MARZO 2010

de que todo estivese listo para


a visita ao supermercado.

O Sr. Alcalde da Estrada


saudounos moi alegremente na
Praza do Mercado.
O encargado da Praza de
Abastos guiounos por todos os
seus recunchos… e os nosos
pereiriños respondíanlle a todos
eles cun grande sorriso nos
beizos…

E é que ir mercar á Estrada, o


día de feira, évos moi
divertido.
NA FEIRA DA ESTRADA

Na feira da Estrada véndese de todo. Os vendedores son tan profesionais que as


persoas que acoden os mércores de feira á Estrada mercan o que lles cómpre e o
que non lles cómpre.

O día que fomos nós, un vendedor vendía cousas raras: o río Liñares, a Torre de
Guimarei, as nubes de Ouzande, os mares da Lúa, o océano Pacífico, a Ría de
Arousa… dáballe a cada comprador unha escritura de propiedade, para que todo o
mundo soubese quen era o dono desas cousas.

Tiña unha labia extraordinaria. Falaba tan ben que convenceu a unha chea de
xente para que levase a súa mercancía. Ao cabo dunha hora só lle quedaba por
vender a cidade de París.

Quen quedou coa cidade de París foi un barbeiro da Porta do Sol chamado Filipe, a
cambio de cortarlle o pelo e a barba a aquel home.

Filipe enmarcou a escritura e púxoa nun lugar ben visible da súa barbería, para
que todos os clientes a puidesen ler: “Propietario da cidade de París”.

Filipe aprendeu moitas cousas sobre a cidade de París e fachendeaba;

- É unha cidade de Francia, máis aínda, é a capital de Francia.


- Por ela pasa un río que se chama o Sena.
- Está fermoseada pola Torre Eiffel…

Filipe foi aforrando pouco a pouco, e finalmente marchou a París para ver a súa
propiedade.

A cidade era marabillosa, e Filipe atopou aos parisienses moi amables e moi
guapos. Pero nin el entendía unha palabra do que lle dicían os parisienses ni estes
entendían nada do que dicía Filipe.

- Son o dono da cidade, non volo dixeron aínda?

Os parisienses asentían coa cabeza, porque non entendían nada… e o


Filipe poñíase todo contento.

Cando volveu á súa barbería de A Estrada, Filipe comentaba cos


clientes:

Unha cidade así a cambio dun corte de pelo e barba….


verdadeiramente merquei ben barato…

Pero o Filipe enganábase. Pagara de máis. Porque cada neno que vén a este mundo
ten dereito a gozar do mundo enteiro sen pagar un céntimo. Só ten que abrir os
ollos e collelo coas súas mans.

O MELLOR FARO PARA IMPEDIR QUE OS POBOS TROPECEN


É UNHA ESCOLA

También podría gustarte