Está en la página 1de 4

BOLETÍN INFORMATIVO DEL CLUB NÁUTICO DE PORTOSÍN

Nº 12. Octubre - Noviembre de 2003


Dep. Legal nº C-1701-03

PEREIRIÑOS
Boletín Informativo
Decano de la da Biblioteca
prensa náutica del Barbanza do
CEIP do Foxo

BOLETÍN Nº 94
NOVEMBRO 2010

E LOGHO...? (Lance único. Diálogo entre a bruxa


Florinda e o trasno Fuxú)
Florinda.- E logho que tal ?
Fuxú.- E logho moi ben. Xantaremos castañas e riremos tamén...
Florinda.- E logho que pasa ?
Fuxú.- E logho que vai pasar. Éche o Magosto do Foxo... unha algarabía
singular.
Florinda.- E logho que ides argallar ?
Fuxú.- Xogos, música e castañas desde a alba ao luar.
Florinda.- E logho cando será ?
Fuxú.- O vindeiro venres perante toda a mañá...

PANTONE H695 13C


Páxina 2 PEREIRIÑOS

MAGOSTO (por Olimpio Arca Caldas)

Durante séculos os galegos veneraron os


abundantes elementos da natureza
(panteísmo): auga, pedras e árbores. No
século X estaba tan espallado este costume
que nos concilios de Lugo e Mondoñedo
advertían aos cregos desta práctica que
desexaban eliminar. Así nunha das actas
destes concilios reza: “que si algún presbítero
sabe que en sus términos hubiese piedras,
fuentes o árboles que los feligreses los
venerasen y le diesen culto que traten de
arrancar esta costumbre, pues sino comete
sacrilegio tanto quien lo consiente como
quien lo practica”.
Son moitas as pedras que teñen o seu aquel
de veneración. En case todas as bisbarras
coñecemos pedras con certas propiedades. A
pedra de abalar en Muxía, a dos cadrís en
Fisterra, a cama do home de Taboadela, para
fecundar ás mulleres, coa correspondente
petición: “Veño a esta peña para que fillos
teña; ou rapaz ou rapariga saia desta barriga”
As augas. Son ben coñecidos os nove baños
nas augas salgadas da praia da Lanzada, ou as
fontes de cerca de certas capelas. No mesmo
bautismo temos a auga purificadora.
As árbores foron tamén obxecto de
veneración: o loureiro como árbore protectora
contra as tormentas e incendios; o carballo
como a árbore sagrada de Galicia, o castiñeiro
e a castaña de connotacións funerarias.
Precisamente a castaña e o centeo eran os
Nº94. NOVEMBRO 2010 Páxina 3

alimentos dos galegos antes de chegar das


Américas as patacas.
A palabra MAGOSTO significa hoxe “festa que
se celebra nos meses de outubro e novembro
con castañas asadas, chourizos e viño”.
O día de Todos os Santos as campás das igrexas
tanxían a morto dende as doce do día ata a
mesma hora do día de defuntos. Os que alí
pasaban toda a noite asaban as castañas no
adro ou no mesmo campanario. Un escritor
inglés que viaxou por Galicia no século XVIII
escribe que na véspera de defuntos a xente ía
comendo castañas coa fe de que cada castaña
comida libraba unha ánima do purgatorio e en
Viveiro os rapaces ían ao cemiterio co rosario
de castañas cocidas rozadas con anís,
chamados zonchos dos que Rosalía Castro
comeza o seu libro Cantares Galegos cunhas
cantiga:”Has de cantar/ que che hei de dar
zonchos;/ has de cantar,/ que che hei de dar
moitos”.
Hai outras cantigas referentes ao magosto:
“Acabáronse as vendimas/ e veñen as
escolladas/ para comer as mozas/ catro
castañas asadas.”
Moi coñecida a cantiga entre mozas e mozos
nas troulas de asar as castañas: Non chas
quero, non chas quero/ castañas do teu
magosto/ Non chas quero/ que me saben a
chamusco.
Na actualidade o magosto derivou moitas veces
nunha gran comilona xa que engaden
empanada, churrasco…
Música-química I: “O arco da vella”
(cantiga-demostración empírica da formación deste fenómeno)
Recollín dos teus ollos
luz e prismas salgados.

Recollín dos teus ollos


a receita da vella
da vella do arco
da flor na lapela.

Recollín dos teus ollos


de risas e prantos
o “ri mentres choras
e sigue cantando”.

Recollín luz e prismas salgados


dos teus ollos.

E vin nos teus ollos


cen fadas de gasa
viaxaban deixando
ronseis de prata.

E vin nos teus ollos


mil prismas salgados
e os raios de cores
ían agromando

Tede por seguro


que batín ben cando dei co corpo no chan.

Tres segundos antes,


o arco da vella era un tobogán
(de) raios de cores.

Raio de tobogán.

Andrea Porto

O MELLOR FARO PARA IMPEDIR QUE OS POBOS TROPECEN


É UNHA ESCOLA

También podría gustarte