Está en la página 1de 4

BOLETÍN INFORMATIVO DEL CLUB NÁUTICO DE PORTOSÍN

Nº 12. Octubre - Noviembre de 2003


Dep. Legal nº C-1701-03

PEREIRIÑOS
Boletín Informativo
Decano de la da Biblioteca
prensa náutica del Barbanza do
CEIP do Foxo
BOLETÍN Nº 92
OUTUBRO 2010

O ARTISTA NA SÚA OBRA


Ramiro Cimadevila
na procura da perfección
por Xosé Luna

Sabe Ramiro Cimadevila que a mellor obra, o mellor conto, a mellor pintura, a mellor
creación é a que está por chegar, por facer, por ensoñar, por pintar, por crear.
Sabe Ramiro Cimadevila que A Vida é Bela e que hai un CEIP (que ten por anagrama un
buxo que é o símbolo da R(existencia) que gusta de existir coa beleza creativa da súa
pintura que desde agora forma parte da nosa Vida.
Sabe Ramiro Cimadevila todo isto e moito máis
por iso nos agasalla co seu tempo, coa súa obra e coa súa persona.
Por iso constitúe a súa obra, a súa persoa (a súa traxectoria estética e ética) unha
búsqueda constante da perfección, da beleza… da Verdade.
Cimadevila pinta (e de qué maneira!) como os anxos do Ceo do Foxo
mollando o pincel nas cores da Vida
e iso é sempre de agradecer,
ou non?

PANTONE H695 13C


Páxina 2 PEREIRIÑOS

QUEN É O NOSO INVITADO?

Ramiro Cimadevila Cea: San Xurxo de Vea,


5 de Febreiro do 1.957.
Pintor autodidacta de vocación temperán, comeza
de novo a pintar os primeiros cadros. Nos anos 1978-
79 en Barcelona acude a cursos de pintura e
tratamento da cor, e máis tarde en Santiago de
Compostela, no estudio de Elisa Abalo. Toda a súa
vida está relacionada cos pinceis, traballa como
muralista e no mundo da decoración. No entanto,
non foi ata hai uns anos que, aconsellado polos seus
amigos e compañeiros, entre eles pintores galegos
de renome, comeza a expoñer a súa pintura.

2005 Galería Guimart (A Estrada)


2005 Unión P. De Artesanos (Santiago de
Compostela)
2007 Xunta de Galicia (Lugo)
2007 Sala de exposicións Caixanova (A Estrada)
2008 Museo de Quiroga (Lugo)
2009 Club Financiero Vigo (Vigo)
2009 Sala de exposicións Caixanova (A Estrada)
2006 Ilustración do libro Gotiña e Pingueira de
Olimpio Arca Caldas.
2010 Artista convidado na V Festa da Poesía da
Estrada.
Participación na actividade “O artista na
súa obra” e elaboración dun mural (coa
axuda dos pereiriños do 6ºcurso) no
CEIP do Foxo.

A súa obra xa comezou a espallarse por todo o


territorio galego e tamén está presente nalgunha
colección fora de Galicia.

Ten obras en exposición permanente na Galeria


Guimart de A Estrada .
Discóbolo

Na actualidade traballa no seu estudio en A Estrada.


Nº92. OUTUBRO 2010 Páxina 3

Torre de Guimarei con pazo

Mes de febreiro curto e frío. Na mañá do día cinco,


no fogar dos Cimadevila Cea, freguesía de San Xurxo de Vea,
un brado forte racha o silencio da alcoba.
O neófito Ramiro anuncia unha nova vida. Ano 1957.
Ramiro, adolescente, comenza a súa xeira vital como pintor.
Vivencia obrigada, soldado en Barcelona.
Naquela cidade, de pinturas a estalla,
sabe Ramiro de cores quentes e cores frías.
Alí, os anceios de neno trócanse realidade
e comenza a creación de cadros ao óleo,
ao pastel, a acuarela. Na actualidade Ramiro
móstrase como un artista pintor cun agudo sentido
da observación do seo entorno.A traves da súa pintura,
de ampla temática (bodegóns, mariñas, paisaxes), deíxanos
a pegada persoal do seu realismo. A suave gradación da luz,
a serea tonalidade da cor imprimen unha tenra frescura
a todas as súas obras.

Olimpio Arca
UNS VERSOS PARA OS PEREIRIÑOS

IV
Cada estrela, o seu diamante;
cada nube, cada pruma,
triste a lúa marcha diante.

Diante marcha crarexando


veigas, prados, montes, ríos,
donde o día vai faltando.

Falta o día, e noite escura


baixa, baixa pouco a pouco,
por montañas de verdura.

De verdura e de follaxe,
salpicada de fontiñas
baixo a sombra do ramaxe.

Do ramaxe donde cantan


paxariños piadores,
que ca aurora se levantan.

Que ca noite se adormecen


para que canten os grilos
que cas sombras aparecen.

Rosalía de Castro

O MELLOR FARO PARA IMPEDIR QUE OS POBOS TROPECEN


É UNHA ESCOLA

También podría gustarte